Parlamento da infancia

4
Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a presentar no pleno ordinario do mes de Marzo (04/03/2016) Parlamento da Infancia Moción presentada para a creación dun Parlamento da Infancia, artellado a través do Consello Municipal da Infancia e a Adolescencia. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: PREÁMBULO A nena e o neno, como suxeitos de dereito, teñen un total recoñecemento lexislativo internacional, igual ao das persoas adultas. É, en definitiva, unha cidadá máis, con plenos dereitos, que debe ser escoitada e ser tida en conta como ser activo da vida social. O dereito de participación dos nenos e nenas está recollido en multitude de declaracións internacionais, como a Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos do neno 1 . Ademáis, diferentes organismos de Nacións Unidas, como UNICEF, promoveron reflexións, debates, estudos e divulgación de boas prácticas no ámbito das políticas de infancia e da defensa e promoción dos seus dereitos. Moitas destas iniciativas foron de carácter local e focalizáronse nos dereitos á participación social. Cabe destacar de forma especial o proxecto de UNICEF de promoción de Cidades Amigables coa Infancia Tamén dende o marco europeo, o Consello de Europa desenvolveu no período 1991-1996 un Proxecto de Políticas de Infancia. O grupo de traballo do proxecto fixo referencia á "Participación dos nenos na vida familiar e social" estudandoa en profundidade. Tratou o tema da participación a partir da idea de que a familia é un contexto que pode facilitar e promover a práctica da participación responsable desde as idades máis temperás e na que se pode educar para a comunicación e o diálogo. DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN En canto a conceptualización, unha das definicións máis utilizadas na comunidade internacional é a que propón Hart (1993), segundo a cal, a participación é o proceso de compartir as decisións, que afectan a vida propia e a vida da comunidade na cal se vive. É o medio polo cal se constrúe unha democracia e é un criterio co cal se deben xulgar as democracias. A participación é o dereito fundamental da cidadanía. Seguindo a este autor, a participación infantil supón, en primeiro lugar, achegar e cooperar para o progreso común. En segundo lugar, implica xerar nos nenos, nenas e adolescentes confianza en si mesmas e un principio de iniciativa. En terceiro lugar, sitúa aos nenos, nenas e adolescentes como suxeitos sociais coa capacidade de expresar as súas opinións e decisións nos asuntos que lles competen directamente na familia, a escola e a sociedade en xeral. 1 Cando nos referimos á participación da infancia, recoñecida na Convención, alúdese fundamentalmente aos artigos do 12 ao 17.

description

Moción presentada para a creación dun Parlamento da Infancia, artellado a través do Consello Municipal da Infancia e a Adolescencia.

Transcript of Parlamento da infancia

Page 1: Parlamento da infancia

Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a

presentar no pleno ordinario do mes de Marzo

(04/03/2016)

Parlamento da Infancia

Moción presentada para a creación dun Parlamento da Infancia, artellado a través do

Consello Municipal da Infancia e a Adolescencia.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

PREÁMBULO

A nena e o neno, como suxeitos de dereito, teñen un total recoñecemento lexislativo internacional, igual ao das persoas adultas. É, en definitiva, unha cidadá máis, con plenos dereitos, que debe ser escoitada e ser tida en conta como ser activo da vida social.

O dereito de participación dos nenos e nenas está recollido en multitude de declaracións internacionais,

como a Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos do neno1. Ademáis, diferentes organismos de Nacións

Unidas, como UNICEF, promoveron reflexións, debates, estudos e divulgación de boas prácticas no ámbito das

políticas de infancia e da defensa e promoción dos seus dereitos. Moitas destas iniciativas foron de carácter local e

focalizáronse nos dereitos á participación social. Cabe destacar de forma especial o proxecto de UNICEF de

promoción de Cidades Amigables coa Infancia

Tamén dende o marco europeo, o Consello de Europa desenvolveu no período 1991-1996 un Proxecto de

Políticas de Infancia. O grupo de traballo do proxecto fixo referencia á "Participación dos nenos na vida familiar e

social" estudandoa en profundidade. Tratou o tema da participación a partir da idea de que a familia é un contexto

que pode facilitar e promover a práctica da participación responsable desde as idades máis temperás e na que se

pode educar para a comunicación e o diálogo.

DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN

En canto a conceptualización, unha das definicións máis utilizadas na comunidade internacional é a que propón Hart (1993), segundo a cal, a participación é o proceso de compartir as decisións, que afectan a vida propia e a vida da comunidade na cal se vive. É o medio polo cal se constrúe unha democracia e é un criterio co cal se deben xulgar as democracias. A participación é o dereito fundamental da cidadanía.

Seguindo a este autor, a participación infantil supón, en primeiro lugar, achegar e cooperar para o progreso común. En segundo lugar, implica xerar nos nenos, nenas e adolescentes confianza en si mesmas e un principio de iniciativa. En terceiro lugar, sitúa aos nenos, nenas e adolescentes como suxeitos sociais coa capacidade de expresar as súas opinións e decisións nos asuntos que lles competen directamente na familia, a escola e a sociedade en xeral.

1 Cando nos referimos á participación da infancia, recoñecida na Convención, alúdese fundamentalmente aos artigos do 12 ao 17.

Page 2: Parlamento da infancia

Un dos elementos que permite considerar ata que punto se produce unha participación infantil auténtica, é

a análise das relacións que os adultos manteñen cos nenos, nenas e adolescentes. Neste sentido e ao longo dos

anos, diferentes autores tentaron medir os niveis de participación social infantil, tendo en conta o rol das persoas

adultas e o das nenas e nenos. Moitos autores tomaron como base a escaleira da participación proposta por Hart

(1992), pero nós ímonos centrar na proposta de Trilla e Novella.

O modelo proposto por Trilla e Novella (2001) define, partindo da escala de Hart, catro clases máis amplas

de participación: participación simple, participación consultiva, participación proxectiva e metaparticipación.

A participación simple refírese a tomar parte nun proceso ou actividade como espectador ou executante,

sen que a nena, neno ou adolescente haxa intervido para nada nin na súa preparación nin nas decisións

sobre o seu contido ou desenvolvemento. Estes limítanse basicamente a seguir indicacións.

A participación consultiva supón un paso máis: escoitar a palabra das nenas, nenos e adolescentes. Non

son meros espectadores, executantes ou usuarios de algo previa e externamente decidido, senón que se

lles demanda o seu parecer sobre asuntos que de forma directa ou indirecta lles conciernen. Aléntaselles

a opinar, propoñer ou valorar e facilítanse canles para iso.

Na participación proxectiva o suxeito non se limita a ser un simple usuario, senón que fai algo máis que

opinar desde fóra: convértese en axente activo. No seu grao máis elevado, a participación proxectiva dáse

nas diversas fases do proxecto ou da actividade. En primeiro lugar, na propia definición do proxecto, na

determinación do seu sentido e dos seus obxectivos. En segundo lugar, no seu deseño, planificación e

preparación. En terceiro lugar, na xestión, execución e control do proceso. E, finalmente, na súa

valoración.

A metaparticipación consiste en que as propias nenas, nenos e adolescentes piden, esixen ou xeran

novos espazos e mecanismos de participación. Aparece cando un individuo ou un colectivo consideran

que o recoñecemento dos seus dereitos participativos non é o debido, ou cando cren que as canles

establecidas para iso non son suficientes ou eficaces. Dáse cando se reclama o dereito para tomar parte

nas decisións e a ser escoitados.

A medida que as nenas e nenos crecen e se desenvolven, as súas oportunidades para a participación

expándense desde o ámbito privado a espazos públicos, desde unha influencia local á global. A pesar diso, non

existe consenso entre os autores sobre os diferentes espazos nos que as nenas e nenos e adolescentes

poden e deben participar.

Apud (2001) defende que existen tres espazos básicos onde se debe desenvolver e experienciar a

participación:

1. A familia. É a primeira instancia de socialización para o desenvolvemento da participación infantil.

Parte do seu importante papel neste proceso radica no seu potencial para promover na infancia e a

adolescencia habilidades participativas e sentido de responsabilidade social.

2. A escola. A participación, neste contexto resulta determinante na aprendizaxe dos dereitos e

responsabilidades tanto individuais como colectivas.

3. A vida social, que se concreta sobre todo no nivel local ou municipal conforma o outro campo de

participación infantil e xuvenil. O municipio é o espazo de participación cidadá, incluíndo á infancia e

adolescencia, máis importante no proceso de consolidación da democracia. Mediante unha

participación infantil e xuvenil activa no municipio, promóvese a educación cívica da infancia na

cidade. As nenas, nenos, mozas e mozos coñecen máis a súa cidade, sentense máis "membros

activos" do desenvolvemento da súa comunidade, comprenden mellor como e por que deben ser

cidadáns partícipes das súas cidades. Ao levar a cabo prácticas de participación infantil a escala

local, as nenas, nenos e adolescentes senten un certo protagonismo que aumenta o seu sentimento

de pertenza e implicación para coa cidade.

Page 3: Parlamento da infancia

Casas (1995) sinala un cuarto espazo relevante para a participación infantil:

4. Os procedementos administrativos e xudiciais. Cando calquera neno, nena ou adolescente entra en

contacto con calquera servizo público ou co sistema xudicial, a súa opinión debe ser tida en conta

ante calquera toma de decisións que lle concierna, considerando o seu nivel de desenvolvemento e

as súas capacidades e competencias concretas. É unha forma de que os profesionais de calquera

instancia pública que teñan contacto con persoas menores de idade tómenlles en consideración

como cidadáns de pleno dereito, e sexan proactivos no respecto aos seus dereitos.

Existen diferentes características para que as iniciativas e os proxectos deriven en espacios de

participación. Novella y Trilla (2001) sinala as seguintes:

Teñen que permitir actuar sobre a contorna próxima e a vida cotiá para que se perciban como espazos

coñecidos e que se poidan transformar perceptiblemente. É necesario promover experiencias que permitan aos

nenos, nenas e adolescentes aprender a intervir e participar na súa contorna máis próxima, que é sobre o que

teñen a información suficiente, o que lles facilitará a práctica de opinar e actuar, creando un clima de seguridade

para participar.

Teñen que explicitar as intencións e o proceso de participación. Para que sexa posible aprender a

participar, é necesario que as nenas e os nenos coñezan a metodoloxía que se vai a utilizar, e o obxectivo final da

acción ou o proxecto. Ademáis, é importante que elas e eles poidan redefinir a proposta.

Teñen que ser percibidos como espazos de participación polos propios nenos e nenas. Deben ser

espazos adaptados ás condicións sociais e psicolóxicas da infancia. É dicir, non se teñen que trasladar os modelos

participativos das persoas adultas para aplicalos a nenos, nenas e adolescentes.

Existe unha gran cantidade de experiencias de participación, a nivel internacional e tamén no Estado

español. Con estas experiencias móstrase que, cun adecuado acompañamento e rol das persoas adultas segundo

o caso, os nenos e nenas son capaces de planificar, xestionar e realizar cambios importantes no seu medio

ambiente. Tamén son capaces de supervisar e monitorizar a calidade do medio ambiente no que viven. E mesmo

son capaces de participar activamente en proxectos de investigación-acción, para avaliar os resultados dos seus

propios proxectos.

Aínda que as experiencias máis coñecidas son as de organizar parlamentos ou consistorios infantís,

diferentes autores expuxeron a profunda diferenza entre organizar algunha sesión illada e con amplo eco mediático,

e realizar un traballo quizais máis silencioso, pero máis regular, que permita unha participación máis real e menos

excepcional de representantes infantís na vida municipal.

Exemplos como o Parlamento dos Jovens, en Portugal ou os Grupos Municipais de Participación Infantil,

en diferentes concellos de Asturias, Madrid ou Aragón, poden servir de modelo para artellar o noso espacio

participativo dentro do Concello.

EPÍLOGO

Se se entende que dende o Concello de Ourense é posible e necesario xerar espazos de participación,

que cada vez se participe máis e mellor, hai que pasar necesariamente por entender a participación como unha

labor pedagóxica. Deste xeito, a infancia como “estado natural de aprendizaxe”, é o pouso da cidadanía do futuro,

sen obviar que o acto de aprender e des-aprender é permanente e exércese durante toda a vida. A máis eficaz

formación para a participación é aquela que se consigue a través da propia práctica da participación. Ademáis, o

desenvolvemento de competencias participativas abarca todo o arco das dimensións da educación, é dicir,

coñecementos, destrezas e habilidades, actitudes e valores.

Deste xeito, é preciso artellar un órgano de representación da infancia, vencellado ao Consello Municipal

da Infancia e a Adolescencia. Propoñemos que o órgano sexa nomeado Parlamento da Infancia, pola orixe do

concepto. "Parlamento" é o termo co que se designa á asemblea dos representantes populares, deriva do francés

"parlement", vocábulo que expresa a acción de "parler" (falar): un "parlement" é unha charla ou discurso, e por

Page 4: Parlamento da infancia

extensión aplícase á reunión de representantes do pobo onde se discuten asuntos de interese público. En calquera

caso a denominación tamén podería ser "Pleno Infantil Municipal", como é na cidade de Zaragoza, ou "Consello de

Participación Infantil".

Calquera aproximación a unha pedagoxía da participación deberá involucrar transformacións nas

estruturas de poder, na forma como se expoñen as relacións e os roles adultos en relación coa infancia. A

construción de espazos sociais que realmente respondan a un interese superior da nena e o neno, rétanos a un

cambio de paradigmas e formas de vincularnos con elas e eles para achegarnos a relacións novas e máis

equitativas.

É por todo o anterior que o grupo municipal Ourense en Común presenta ao Pleno para o seu debate e aprobación

o seguinte

ACORDO:

1. Creación do Parlamento da Infancia, a través do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia. Dotándoo dun marco

normativo de constitución, organización e funcionamento do mesmo.

E para que conste aos efectos oportunos Martiño Xosé Vázquez Mato, en calidade de concelleiro e voceiro do

grupo municipal de Ourense en Común, asina o presente documento en Ourense a 29/02/2016

Asdo. Martiño Xosé Vázquez Mato