Paseando polo poboado da - edu.xunta.gal · Paseando polo poboado da Idade de ronce que...

8

Transcript of Paseando polo poboado da - edu.xunta.gal · Paseando polo poboado da Idade de ronce que...

Paseando polo poboado da

Idade de Bronce que recons-

truíron en Campo Lameiro.

Metímonos dentro da casa

máis grande do poboado.

Pénsase que era a que utiliza-

ban para facer algún ritual ou

para realizar as reunións da

xente da aldea.

Vendo o petróglifo que fixeron os

arqueólogos do Parque. Este pódese

tocar e pisar. O resto xa non, porque

están protexidos; fixéronse hai uns

4.000 anos a. C.

O

Estes petróglifos xa pertencen á Prehis-

toria. Non se podían pisar nin tocar!!

Os guías explicáronnos o significado dos

gravados que aparecían nas rochas de

granito. Canto aprendemos!

No obradoiro de cerámica!!

Explicáronnos a diferenza entre o barro e a cerámica. Agora entendemos por que as paredes das

casas dos poboados da Prehistoria non sobreviviron ao paso do tempo.

Tamén houbo tempo para gozar da co-

mida todos xuntos dentro da cafetería.

Despois xogamos ao escondite dentro

do labirinto. O símbolo do labirinto tan

frecuente nos petróglifos inspirou a

construción deste.

E xa para rematar, os nenos

e nenas de 3º e 4º de E.P,

xunto coas nosas profeso-

ras: Noelia, María, Laura e

Mar, asistimos a unha de-

mostración de como se

acendía o lume na Prehis-

toria.