Pinnic musical

3
1 PINNIC MUSICAL Había unha vez un Mercado Persa moi, moi , moi grande; cheo de moitos alimentos. Nunha mañá, sabedes o que aconteceu? Catro amigos músicos chamados Mussorgsky, Keltelbey, Saint-Saens e Grieg… querían ir de pinnic a Cova do Rei das Montañas, e precisaban comida para o xantar. Que alimentos mercaron? - Saint-Saens dixo: temos que mercar ovos de Galiñas e Pitiños. - Keltelbey respondeu: dacordo, podemos facer unha tortilla. - Grieg añadiu: pero entón teremos que mercar tamén patacas.

description

Relato dos nenos e nenas de 6º C infantil para participar I Certame de Relato Curto Ceip Sigueiro

Transcript of Pinnic musical

Page 1: Pinnic musical

  1  

PINNIC MUSICAL

Había unha vez un Mercado Persa moi, moi , moi grande; cheo de moitos alimentos.

Nunha mañá, sabedes o que aconteceu?

Catro amigos músicos chamados Mussorgsky, Keltelbey, Saint-Saens e Grieg…

querían ir de pinnic a Cova do Rei das Montañas, e precisaban comida para o xantar.

Que alimentos mercaron?

- Saint-Saens dixo: temos que mercar ovos de Galiñas e Pitiños.

- Keltelbey respondeu: dacordo,

podemos facer unha tortilla.

- Grieg añadiu: pero entón teremos

que mercar tamén patacas.

Page 2: Pinnic musical

  2  

- Mussorgsky exclamou: mmm… que rico! Encántanme os ovos!

Así que os catro amigos foron ó Mercado Persa e mercaron 12 ovos e 2 kilos de

patacas. Colleron os seus instrumentos: os pratos, a frauta, o clarinete e o xilófono, e…

foron cantando e tocando a canción favorita de Saint-Saens, co, co, co, pi, co, co, co, pi,

co, co , pi, co, co, pi, co, co, pi, kikirikiiiii… camiño de Cova do Rei das Montañas.

Pasiño, a pasiño polo sendeiro… atopáronse primeiro cun troll e botáronlle 1 ovo pola

cabeza e seguiron camiñando.

Despois atopáronse con dous trolls e para liberarse deles botáronlle 2 ovos e os pratos.

- Ben sigamos!!!, dixeron os catro músicos.

A continuación atopáronse con tres trolls e botáronlle 3 ovos e algunhas patacas.

- Xa estamos preto da cova, afirmou Grieg, que coñecía moi ben o camiño.

Chegando a cova sorprendéronlle catro trolls e botáronlle 4 ovos e o xilófono.

Page 3: Pinnic musical

  3  

Por fin chegaron a cova e menos mal que sobraron ovos e patacas.

Fixeron entre todos unha tortilla, moi pequeniña pero… moi rica!!!

E para celebralo bailaron os catro amigos músicos moi contentos o

Ballet dos Polluelos.

E colorado, colorín…

este relato curto chegou ó seu

FIN