Pita Faladora 28

56
Nº 28 CEIP “Nosa Señora dos Remedios”, Ponteareas Curso 2008-2009 O CEIP “Nosa Sra dos Remedios” e a súa ANPA “O Loureiro” celebrou o Entroido con desfiles, exposición e degustación de sobremesas. MURAL 30 de xaneiro: DÍA DA PAZ

description

Xornal escolar do 2º trimestre do curso 2008-2009

Transcript of Pita Faladora 28

Page 1: Pita Faladora 28

Nº 28 CEIP “Nosa Señora dos Remedios”, Ponteareas Curso 2008-2009

O CEIP “Nosa Sra dos Remedios” e a

súa ANPA “O Loureiro” celebrou o

Entroido con desfiles, exposición e degustación de

sobremesas.

MURAL 30 de xaneiro: DÍA DA PAZ

Page 2: Pita Faladora 28

2 INDICE

1. EDITORIAL ....................................................................... 3

2. O GALEGO. PÁSAO ........................................................ 4

3. A PAZ ............................................................................... 9

4. INTERCAMBIO DE ACTIVIDADES .................................. 11

5. ACTIVIDADES BIBLIOTECA 2º TRIMESTRE ............... 14

6. CONTOS ........................................................................... 15

7. CONCELLO DE PONTEAREAS ........................................ 31

8. ENTROIDO ....................................................................... 33

8.1.RECEITAS ............................................................... 33

8.2.DESFILE DO ENTROIDO ..................................... 35

9. A PRIMAVERA ................................................................. 36

10. EDUCACION ARTISTICA ................................................ 38

11. AS NOSAS SAÍDAS ....................................................... 39

12. SEMINARIO INTERCULTURAL ...................................... 46

13. NOVA ESCRITORA GALEGA NO COLEXIO ................. 48

14. DICIONARIO MÉDICO IMAXINARIO (CONTINUACIÓN) .... 50

15. EQUIPO DE REDACCIÓN DA PITA FALADORA 2º T.. 52

16. EQUIPOS DE LOCUTORES RADIO FALADORA 2º T.. 53

17. PASATEMPOS ............................................................... 54

Page 3: Pita Faladora 28

3

editorial

Cada vez que recibimos nas nosas mans un novo número da revista “A Pita Faladora”, podemos comprobar o magnífico traballo realizado polo alumnado e polo profesorado deste Centro. Son moitas as horas que se lle dedica a realizar as actividades que nela se reflicten, e as que non aparecen, pero iso non importa, porque o que realmente interesa é ver como a comunidade educativa goza á hora de realizar o traballo que se deseña para eles, de ver as súas actividades expostas nos taboleiros do Centro, na súa páxina web, nos distintos blogs…, en definitiva, senten que eles tamén están a participar da súa aprendizaxe.

Agardamos que comecedes a recta final do curso con moitas ganas!!!!!!

Page 4: Pita Faladora 28

4

O GALEGO. PÁSAO

Os alumnos e alumnas de 2º A realizaron unha banda

deseñada en prol da defensa e uso da lingua galega;

participaron con ela no concurso convocado polo

Correlingua, e non acadaron premio, porén no colexio

pareceunos un bo traballo merecente da súa

publicación, por iso a continuación aparecen as bandas

debuxadas por estes alumnos e alumnas baixo a

dirección da súa titora, para que poidades lelas con

calma unha vez máis, pois, como xa fostes vendo ao

longo do trimestre, tamén estiveron expostas unhas

copias nos Recunchos Galegos de cada corredor.

Dende aquí PARABÉNS para todos e todas!!!

Page 5: Pita Faladora 28

5

Page 6: Pita Faladora 28

6

Page 7: Pita Faladora 28

7

Page 8: Pita Faladora 28

8

Page 9: Pita Faladora 28

9

Page 10: Pita Faladora 28

10Mural creado polos alumnos e alumnas do 1º Ciclo

de Primaria.

Acto no patio o 30 de xaneiro de 2009.

Page 11: Pita Faladora 28

11INTERCAMBIO DE ACTIVIDADES

Os alumnos e alumnas de 3º C levaron a cabo un intercambio de actividades mediante correo electrónico co CEIP de Arteixo na provincia de Coruña, co gallo do día da Paz.

Page 12: Pita Faladora 28

12

Page 13: Pita Faladora 28

13

Page 14: Pita Faladora 28

14 ACTIVIDADES BIBLIOTECA 2º TRIMESTRE

Gañadores e gañadoras do Recuncho do Sabichondo… Noraboa

Os nenos e nenas aproveitan o tempo de recreo para traballar no recuncho de investigación

Obradoiro de cortinas

Novos ordenadores para o RECUNCHO de INVESTIGACIÓN Novo XOGO do Sabichondo

Chegan moitos, moitos libros novos á Biblioteca

Page 15: Pita Faladora 28

15

CONTOS

O gato

peliculeiro

Page 16: Pita Faladora 28

16

Page 17: Pita Faladora 28

17

Page 18: Pita Faladora 28

18

Page 19: Pita Faladora 28

19

Page 20: Pita Faladora 28

20

Page 21: Pita Faladora 28

21

Page 22: Pita Faladora 28

22

Page 23: Pita Faladora 28

23

Page 24: Pita Faladora 28

24

Page 25: Pita Faladora 28

25

A selva

salvaxe

Page 26: Pita Faladora 28

26

Page 27: Pita Faladora 28

27

Page 28: Pita Faladora 28

28

Page 29: Pita Faladora 28

29

Page 30: Pita Faladora 28

30

Page 31: Pita Faladora 28

31

Page 32: Pita Faladora 28

32

Page 33: Pita Faladora 28

33

CONCELLO DE Ponteareas Ponteareas é un Concello da Provincia de Pontevedra en Galicia. Pertence á Comarca do Condado. Ten unha extensión duns 125,56 km. A súa poboacion no 2007 era de 22 411 persoas. O territorio do concello de Ponteareas sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda cos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, O Porriño e Mos. Conta con 220 entidades de poboación repartidas en 24 parroquias. Historia Ata 1833, dentro do reino de Galicia, pertenceu á provincia de Tui. Trala reforma constitucional quedou enmarcado na actual provincia de Pontevedra. As súas parroquias integrábanse daquela nas xurisdicións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra. Na actualidade, o alcalde do concello de Ponteareas é Salvador González Solla, do Partido Popular. Lugares de interese Ponte romana, que segundo algúns estudos é a que lle dá nome a Ponteareas. Pena dos namorados, situada na parroquia de Arcos, forma parte dun conxunto natural de restos de bólas graníticas que ben merecen ser coñecidas. Pena do equilibrio, forma parte do mesmo conxunto granítico ao que tamén pertence a "pena dos namorados". Destaca por ser un enorme penedo situado enriba doutro en pleno equilibrio sen axuda de ningún tipo. Castelo de Sobroso, situado no veciño concello de Mondariz é propiedade do Concello de Ponteareas. Destaca pola súa arquitectura medieval e foi escenario de importantes acontecementos ao longo da Idade Media. Hoxe as súas estancias albergan o Centro de

Page 34: Pita Faladora 28

34Recuperación de Cultura Popular, cunha exposición permanente sobre indumentaria tradicional de gran interese. Castro de Troña, é un dos principais enclaves da cultura castrexa de Galicia, destacando polo seu privilexiado enclave e as súas importantes defensas. Está en Pías. Personaxes de sona · Gabino Bugallal Araújo, político, Ministro de Gobernación e de Economía

(1861-1932). · Reveriano Soutullo Otero, compositor (1884-1932). · Manuel Domínguez Benavides, escritor e político (1895-1947). · Fermín Bouza-Brey, escritor (1901-1973). · Delio Rodríguez Barros, ciclista (1916-1994). · Rogelio Groba, compositor (n. 1930). · Abel Ramón Caballero Álvarez, político (n. 1946). · Alfonso Pexegueiro, escritor (n. 1948). · Álvaro Pino Couñago, ciclista retirado (n. 1956). · Kiko Neves, escritor (n. 1969). Parroquias de Ponteareas

· Angoares (San Pedro) · Arcos (San Breixo) · Areas (Santa María) · Arnoso (San Lourenzo) · Bugarín (Santa Cristina) · Celeiros (San Fins) · Cristiñade (San Salvador) · Cumiar (Santo Estevo) · Fontenla (San Mamede) . Fozara (San Bartolomeu) · Guillade (San Miguel) · Guláns (San Xulián) · Moreira (San Martiño)

· Nogueira (San Salvador) · Oliveira (Santiago) · Padróns (San Salvador) · Paredes (San Cibrán) · Pías (Santa Mariña) · Ponteareas (San Miguel) · Prado (San Nicolao) · Ribadetea (San Xurxo) · San Lourenzo de Oliveira (San

Lourenzo) · San Mateo de Oliveira (San

Mateo) · Xinzo (Santa Mariña)

ALUMNOS/AS DE 6º B

Page 35: Pita Faladora 28

35

ENTROIDO Receitas

FOLLAS DE LIMÓN: Ingredientes: Leite, fariña, ovos, follas de limoiro,sal, aceite. Preparación: Mesturamos o leite, a fariña e os ovos batidos ata facer unha masa cremosa. Logo cóllese a folla dun limoeiro rebózase coa pasta e frítese. Tírase a folla e sérvese. Cada folla emprégase unha soa vez. ORELLAS DE FRADE: Ingredientes: Fariña, ovos, levadura, maneiga, azúcre e limón. Preparación: Mesturar a fariña, os ovos, a levadura, a manteiga e o limón. Faise unha masa e despois de ben amasada estírase, frítese e bótaselle azúcre por riba. CHULAS:

Ingredientes: 1 vaso de auga, 1 vaso de fariña, unha culler de azúcre, unha culler pequena de levadura, unha culler de manteiga, un chisco de canela e 3 ovos.

Page 36: Pita Faladora 28

36Preparación: Pónse ao lume a auga coa raiadura de limón, a canela, o sal e a manteiga. Cando a auga comeza a ferver engádeselle a fariña e a levadura de golpe. Traballar isto cunha culler de madeira ata que a masa estea compacta e se solte do cacharro sen pegarse. Retirar do lume e engadir as xemas unha a unha e logo as claras a punto de neve. Fritilas en abundante aceite ben quente, logo botarlle azúcre.

Alumnos e alumnas de 1º C

Page 37: Pita Faladora 28

37DESFILE DO NTROIDO

O día 20 de febreiro celebrouse o Desfile pola vila até a praza, este ano o tema foi “Érase unha vez...”, cada ciclo escolleu un conto para o seu disfrace, así os de E. Infantil eran “Os tres porquiños”, os do 1º Ciclo “A casiña de chocolate”, os do 2º Ciclo “Os 101 Dálmatas” e os do 3º Ciclo “O frautista de Hamelín”

Page 38: Pita Faladora 28

38

Page 39: Pita Faladora 28

39

Page 40: Pita Faladora 28

40EDUCACION ARTISTICA

Dous debuxos

da aula de 5 anos C

Dous debuxos da aula de 4ºC

Samuel Yerai

Martín Iván

Page 41: Pita Faladora 28

41

Page 42: Pita Faladora 28

42

Page 43: Pita Faladora 28

43

Page 44: Pita Faladora 28

44

Page 45: Pita Faladora 28

45

Page 46: Pita Faladora 28

46

Page 47: Pita Faladora 28

47

Page 48: Pita Faladora 28

48

seminario intercultural

SALUT MES COPAINS

Ola, chamámonos Alexiane e Lucas Labajos aínda que en realidade temos tres nomes cada un. Alexiane (o que escolleron os meus pais para min), Muriel (como a miña avoa materna), Celia (como a miña avoa paterna), Labajos (o apelido do meu papá). E Lucas (o nome que escolleron os meus pais para min), Christian (como o meu avó materno), Luis (como o meu avó paterno), Labajos (o apelido de papá). Somos de Francia e a nosa escola alí chamábase St. Just. O noso horario era das 8:30 ata as 11:30 cun recreo de media hora. De 11:30 a 13:30 comiamos e de 13:30 a 16:30 clase outra vez con 30 minutos de recreo. Como materias tiñamos: Historia, Xeografía, Inglés, Ciencias, Ortografía, Conxugación, Gramática, Matemáticas, E.P.S. (E.F.) e Música pero non había frauta nin libro. Tiñamos só unha profesora para todas as materias menos para Música e E.F.

A nosa escola Saint Just As excursións no noso colexio non eran como aquí porque un neno de 7 anos xa se vai unha semana. Eu (Alexiane) fun de excursión dúas veces e duraron unha semana cada unha. A primeira viaxe foi en terceiro e fomos a Saint Andeól e ao chegar alá tivemos que facer as camas e despois fomos esquiar en grupos dependendo do nivel que tiñamos. O segundo día fomos facer unha fogueira no bosque e había un gato que sempre ía detrás de nós. Era moi divertido! Outro día fomos a unha granxa onde había ovellas, cabras e unha cabra montesa e alí fixemos pegadas con escaiola. O xoves fixemos unha festa de despedida. Ao ano seguinte volvemos de excursión, esta vez a Rencurel durante a primavera. Fixemos sendeirismo polas montañas e estudamos as flores e

Page 49: Pita Faladora 28

49plantas. Ao día seguinte fomos a unha granxa de vacas e outro día xogamos a uns xogos de preguntas. O último día fixemos unha festa. O ano pasado Lucas non tivo sempre a mesma profe porque a primeira profe estaba embarazada e marchou en outubro. Despois Lucas tivo que estar con outra profe pero a segunda foise pola enfermidade do seu fillo. Durante tres semanas Lucas non tivo colexio. A segunda profe volveu ata o final do ano escolar pero Lucas non puido ir de excursión porque a profe non podía estar lonxe da súa casa por se o seu fillo enfermaba. Outra cousa diferente de aquí é que en Francia iamos ao colexio os luns, martes, xoves, venres e sábado pola mañá e NON IAMOS os mércores. Pero a partir deste ano tampouco se vai ao cole o sábado porque a lei cambiou. A nosa vila chámase TULLINS e sitúase nos Alpes na provincia de Isère a capital da cal é Grenoble. No noso tempo libre xogabamos na casa ou iamos ver a familia e os amigos e tamén iamos ver xogar ao fútbol a Lucas.

Concello de Tullins-Fures

AU REVOIR ET Á BIENTOT

Alexiane 5º A Lucas 3º B

Page 50: Pita Faladora 28

50NOVA ESCRITORA GALEGA NO

COLEXIO

No CEIP “Nosa Sra dos Remedios” aínda que non o sabiamos, pois é moi discreta e non fai alarde do seu valor e mérito; temos unha compañeira que escribe libros de literatura infantil ilustrados. E no comezo do mes de marzo publicáronlle o seu conto “Soños de andel” da editorial Tambre na colección Ala Delta. O vindeiro día 3 de abril as 8 da tarde fai a presentación deste libro na libraría “La vara”, en Ponteareas. A continuación está a portada e contraportada.

Page 51: Pita Faladora 28

51

Susana Lamela co seu libro “Soños de andel” o día que lle entregaron a publicación. Na sala de mestres do cole.

Page 52: Pita Faladora 28

52DICIONARIO MÉDICO IMAXINARIO

(CONTINUACIÓN) Laboratorio: Lugar ao que os investigadores se retiran a orar.

Lactante: Mamón .

Lapa: Paciente que vive asido fortemente ao seu médico.

Malta: Tipo de café, que produce febre.

Mamífera: Madre con mal carácter.

Miopía: Dise da persoa corta de vista pero moi devota.

Nariz: Prominencia da cara na que se fabrican as “pelotiñas” que

serven para o maior e máis frecuente entretemento dos seres

humanos.

Nonato: Dise dos nados fóra da Organización do Tratado do

Atlántico Norte, o que cada vez resulta máis difícil.

Ortodoncia: Auténtico filón atopado polas clínicas dentais.

P: Letra rica en Fósforo.

Paciente: Díse do enfermo que leva máis de seis meses na sala de

espera co convencemento de que vai ser atendido axiña.

Pan: Alimento que pode chegar a matar, sobre todo cando se

dispara máis dunha vez: PAN-PAN.

Parasito: Organismo que vive a costa doutro, e ademais invita a

que o fagan os da súa manada.

Page 53: Pita Faladora 28

53Quiste: Dise do chiste tan endurecido, que máis que humor parece

un tumor.

Repipí: Neno afectado de incontinencia urinaria.

Risoloxia: Parte da Medicina que se ocupa dos humores.

Roñica: Paciente ao que lle costa tanto soltar un euro como lavarse.

Sana: Persoa que nunca foi examinada a fondo.

Santiamén: O que soe durar algunhas consultas na Atención

Primaria da Saúde.

Silla: É o elemento máis importante da consulta de calquer médico.

Sobañón: Dise do dormilón que ten a cama tan manida que

incluso chega a provocarlle eritemas, inflamacións e úlceras.

Sonámbulo: Individuo que é capaz de inventar trolas ata en

soños.

Stresstococcus: Nome dado aos microorganismos de conduta máis

estresante.

Sudoración: Síntoma que soe aparecer logo de completar a

declaración da renda.

Alumnos e alumnas de 3ºc

Page 54: Pita Faladora 28

54EQUIPO DE REDACCIÓN DA PITA FALADORA

2º TRIMESTRE

Durante o 2º trimestre colaboraron na elaboración do xornal escolar “A Pita Faladora” o Equipo de redacción formado por: Belén, Jamile, Leticia, Ainhoa, Milary e Alba, alumnas de 6º curso de Primaria.

Os alumnos e alumnas buscando información na aula de informática para a elaboración do xornal e para a Radio Faladora.

Page 55: Pita Faladora 28

55 EQUIPOS DE LOCUTORES DA RADIO FALADORA

2º TRIMESTRE

Equipo Radio Faladora do mes de xaneiro, formado por: Nacho, Belén, Noelia e Noé.

Equipo Radio Faladora de marzo: Ainhoa, Uxía, Robert e falta Pedro.

Equipo Radio Faladora de febreiro: Paula, Ángela, Iria e Noel

Page 56: Pita Faladora 28

56pasatempos

● Se resolves o encrucillado, atoparás a palabra clave.

1. Parroquia na que está o Castro de Troña. 2. Provincia á que pertence Ponteareas. 3. Pena dos _________________ . 4. Festa na que nos disfrazamos. 5. Alumna do cole que ten tres nomes. 6. Escritor ponteareán. 7. Postre típico do Entroido. 8. Voan entre as nubes en Primavera. 9. Celébrase o día 30 de xaneiro. 10. Marqués que dá nome ao Castelo.

1

2

3

4

5

6

7

9

10

8

Podes atopar as respostas no

interior d’A Pita Faladora.