Plan lector · 2021. 1. 7. · Plan lector Introducción Entre os obxectivos da E. Primaria...
Transcript of Plan lector · 2021. 1. 7. · Plan lector Introducción Entre os obxectivos da E. Primaria...
Plan lector Introducción
Entre os obxectivos da E. Primaria atopamos: Coñecer e utilizar de xeito apropiado a
lingua galega a lingua castelá e crear no alumnado hábitos de lectura.
Por outra banda, encontramos que un dos obxectivos da ESO establece que a lectura
constitúe un factor primordial para o desenvolvemento das competencias básicas. Os
centros docentes garantirán na práctica docente de todas as materias un tempo dedicado
á lectura en todos os cursos da etapa, de acordo co proxecto lector do centro, ao
constituír a lectura un factor esencial para o desenvolvemento das competencias básicas.
Os centros educativos deberán elaborar e incluír nos seu proxectos educativos de centro,
proxectos lectores que integren todas as actuacións do centro destinadas ao fomento da
lectura e da escritura e á adquisición das competencias básicas.
O obxectivo principal do Plan Lector é contribuír ao desenvolvemento da autonomía
dos estudantes para a adquisición de estratexias e métodos que lles permita
desenvolver a comprensión lectora, procesar información en calquera tipo de soporte,
darlle significado, construír textos e comunicar resultados; e ser capaces de xestionar a
lectura persoal para convertela nunha actividade permanente co fin de adquirir
coñecemento pero tamén como fonte de pracer e enriquecemento persoal
1.-Xustificación
A educación debe ir parella ás transformacións producidas na sociedade para lograr un
ensino cualitativamente mellor de acordo coas demandas sociais.
Actualmente a educación non consiste na mera transmisión de coñecementos. A
sociedade da información posibilita unha formación na que desaparece o ensino directo
dando paso a que sexa o alumno o que constrúe a súa propia formación a través de
actividades que lle proporciona o profesorado (aprender facendo). A recollida de
información, selección e transmisión de coñecementos son aprendizaxes
imprescindibles nos que o alumnado debe dispoñer das estratexias precisas para
aprender por si mesmo.
Outro aspecto importante do ensino escolar é que debe contribuír a crear lectores
competentes na utilización de diversos tipos de textos, promover actitudes reflexivas e
críticas ante os distintos medios de transmisión e difusión da cultura escrita e espertar o
interese pola lectura como pracer e actividade de ocio. Nesta responsabilidade débense
implicar tamén as familias sobre todo en idades temperás. Tamén os medios de
comunicación poden contribuír a este fin.
O modelo de currículo escolar máis aberto e flexible permite aos docentes realizar a súa
concreción, posibilita un uso máis racional das bibliotecas escolares e potenciar a súa
utilización.
O currículo aborda en tódalas áreas e tódolos niveis de ensino, os conceptos básicos
relativos á lectura nun contexto amplo, a lectura con distintos fins (aprender, entreterse,
informarse....); lectura de diversos códigos interrelacionados (sonoros, audiovisuais,
verbais...)
Tamén insiste na adquisición de procedementos para unha lectura crítica e comprensiva,
selección da información, formación de criterio propio e a adquisición de valores
universais.
O proxecto lector de centro será a referencia para a elaboración de programas ou plans
anuais de lectura, que se incluirán na programación xeral anual así como na
programación de aula de cada profesor dentro das actividades do currículo.
O proxecto lector inclúe decisións consensuadas sobre a utilización da biblioteca escolar
como centro de recursos da información, da lectura e da aprendizaxe, dinamizadora da
actividade educativa e da vida cultural do centro e como factor de compensación social.
A integración das fontes informativas, en calquera soporte (impreso ou electrónico) no
tratamento dos contidos curriculares.
A formación de lectores e de lectoras competentes e a creación e consolidación do
hábito de lectura.
O desenvolvemento de actitudes favorables á lectura mediante a creación de ambientes
lectores e estratexias de aprendizaxe.
Realizarase unha avaliación continuada dos avances ou dificultades da posta en marcha
do proxecto e das súas concrecións nos plans anuais de lectura.
2.-Análise da situación de partida.
O centro conta dende o curso 2005-06 cun plan lector, cada ciclo e departamento ten
deseñadas as estratexias e accións que vai levar a cabo, dentro dos contidos curriculares
de cada área para que cada alumno acade o nivel de comprensión e expresión que lle
permita acadar as competencias básicas da etapa.
O centro está a participar no proxecto de bibliotecas que organiza a Xunta, polo que ten
deseñadas unha serie de actividades que están xestionadas dende a biblioteca. Moitos
profesores contan con cursos de bibliotecas e actualmente estase a catalogar todos os
recursos co programa Meiga.
Ademais o centro conta cun club de lectura: os participantes len libros, coméntanos e
publican as súas impresións en http://ejournal.eduprojects.net/museo7
As características da biblioteca podémolas ver no seguinte cadro:
Centro de recursos dinámico
Centro de información
activo
Uso óptimo dos recursos
Xestión centralizada
3.-Obxectivos xerais
O proxecto lector de centro ten entre os seus obxectivos a formación de lectores e de
lectoras competentes e a creación e consolidación do hábito de lectura. O
desenvolvemento de actitudes favorables á lectura implica unha serie de estratexias que
levan parello potenciar as posibilidades da biblioteca escolar
o Formar aos alumnos como lectores polivalentes e críticos.
o Facer da biblioteca un espazo de aprendizaxe.
o Converter a biblioteca nunha ferramenta máis dentro da formación dos
estudantes.
o Ampliar as posibilidades do seu uso pedagóxico.
o Constituír un contorno axeitado que posibilite que o alumnado adquira as
capacidades necesarias para a utilización das distintas fontes de información.
Colaboración con outras bibliotecas públicas e concellería cultura
Aberta a tódolos membros da comunidade educativa
Aberta ó exterior
Documentos
impresos, libros e
publicacións
periódicas
Diversidade de materiais e fontes de información
Documentos
audiovisuais
Novos soportes de
información
Xogos didácticos.
Materiais
adaptados ó
alumnado con
necesidades
educativas
especiais
o Impulsar actividades que fomenten a lectura como medio de entretemento e
información.
4.-Accións e procedementos
Consultar o Proxecto Educativo do Centro e o Proxecto Curricular de cada etapa e as
programacións dos ciclos e departamentos: Recollen suficientemente a importancia da
formación lectora do alumnado e a súa formación como usuarios de diversas fontes de
información? Reflicten a importancia de capacitar aos alumnos para a aprendizaxe
autónoma? En que sentido habería que modificalos?
Debater estas cuestións en equipo e destacar tres ou catro conclusións básicas que se
deberán incorporar á programación xeral do próximo curso.
Utilización da biblioteca: A principal razón da biblioteca escolar é apoiar o
currículo, nela profesores e alumnos dispoñen dunha grande diversidade de recursos
educativos que permiten poñer en práctica unha metodoloxía máis activa e participativa.
Outro aspecto importante é analizar os problemas de lectura existentes no centro,
para a definición dun proxecto lector faise necesario detectar previamente as
necesidades que se manifestan no centro. Entre os aspectos que debemos analizar
atopamos:
-Problemas de lectura máis frecuentes
-Posibles causas
-Cales son as posibles solucións
-Posibles respostas da biblioteca e posibles respostas dos ciclos e departamentos dentro
das súas programacións curriculares.
- Contar cos recursos axeitados.
5.-Estratexias de coordinación entre o profesorado
A coordinación entre o profesorado levarase a cabo a través das reunións de etapa,
curso, e departamento, reunións de titores co Departamento de Orientación , a CCP e
o claustro e todas aquelas reunións informais que se consideren oportunas para o
desenvolvemento das distintas actividades.
6.-Organizazón de espazos
A principios de cada curso realizarase unha distribución de espazos de acordo coas
necesidades e programacións dos distintos profesores: sacaráselle rendemento ás
bibliotecas de aula e departamento. En canto a presentación de contidos cada aula conta
con proxector, ordenador/es e, en Secundaria, con visualizador de opacos ( tratarase de
poñer en todas as aulas de Primaria tamén) ademais no salón de actos e na aula de
plástica temos dúas pizarras dixitais. A biblioteca ten doce ordenadores o que facilita
que todos os cursos teñan acceso aos distintos recursos.
7.- Avaliación
Realizarase unha análise dos resultados conseguidos, débese comprobar ata que punto
se desenvolveron as iniciativas previstas no proxecto e como contribuíron á consecución
dos obxectivos. Ver o impacto dos servizos que ofrece a biblioteca analizando ata que
punto cobren as necesidades dos usuarios, ata que punto a biblioteca cubre as
necesidades dos distintos cursos e departamentos (fondos bibliográficos e informáticos).
As actividades programadas para a animación á lectura son as adecuadas?
¿Como inciden estas actividades na competencia lectora dos estudantes?
¿Desenvolven o gusto pola lectura?
Esta avaliación realizarase tratando de sinalar as dificultades atopadas máis que os
logros, é importante aproveitar a experiencia para a planificación do traballo do
próximo curso escolar
Ciclos, cursos e departamentos
Neste apartado recollense as principais liñas de actuación dos ciclos, cursos e
departamentos didácticos.
EDUCACIÓN INFANTIL
Tal e como establede o Decreto 330/2009, de 4 de xuño, polo que se establece o
currículo de Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, os obxectivos
que máis se relacionan coa lectura son:
- Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de
expresión.
- Iniciarse na lectoescritura como medio de comunicación, información e goce.
- Acercarse na medida das posibilidades ao uso das tecnoloxias de información e
da comunicación.
Para acadar estes obxectivos a metodoloxía a seguir será:
- Tempos flexibles.
- Espazos dinámicos e abertos (biblioteca de aula).
- Uso doutros espazos do centro (biblioteca de centro).
- Interacción cos distintos niveis educativos.
Dado o carácter globalizado desta etapa, as actividades a realizar non terán un tempo
limitado nin unha sesión marcada para realizalas, senón que se verán incluidas ao longo
de toda a xornada escolar, como por exemplo:
- ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL:
Trabalingüas, cancións, retahílas, poesías, contos, …
Asociación de imaxes e palabras.
Xogos de palabras (palabras encadenadas, rimas, pareados, entre outros).
Sí cabe mencionar, unha actividade semanal que se levará a cabo no colexio, coa
colaboración e implicación das familias do alumnado.
- SISTEMA DE PRÉSTAMO DE CONTOS.
O obxectivo desta actividade e que cada neno/a leve para casa un conto durante
o fin de semana, para ler en compañía da súa familia e así fomentar a lectura
activa.
EDUCACIÓN PRIMARIA:
Plan Fomento Competencia lectora
1º e 2º de PRIMARIA:
- Sistematizar actividades de lectura comprensiva
Adicar ao menos media hora diaria á lectura lúdica de diferentes
tipoloxías textuais.
Elaborar grupalmente un ficheiro de vocabulario de interese que
xurda da dinámica da clase.
Cando se fan as actividades das distintas áreas, que os nenos as
lean primeiro e despois expliquen oralmente coas súas palabras o
que se lles pide que fagan nesas actividades.
Préstamo de libros para a casa (biblioteca de aula) :1 libro á
semana…
Crear unha biblioteca de aula cos libros do centro e as
aportacións dos alumnos.
Utilización da hora semanal da biblioteca para fomentar a
animación á lectura a través da dramatización e exposicións orais
dos libros lidos.
Tanto en Matemáticas como en Ciencias, adicar un tempo á
lectura de conceptos e á adquisición de vocabulario propio da
materia.
Redacción, en frases moi curtas, de pequenos contos ou historias.
AVALIACIÓN:
Comprobarase a competencia lectora a través de :
1.- Actividades de comprensión oral.
2.- Asociacións de texto e imaxes.
3.- Exercicios de completar, construir e ordenar frases
4.- Exercicios de verdadeiro /falso
5.- Exercicios de libre exposición, que obrigue ós alumnos a redactar.
6.- Dictado de pseudo palabras, palabras, frases curtas,...
7.- Tachar a palabra que non correcponda
8.- Repetir palabras para evitar o solabeo.
9. Memorizar poesías, trabalinguas, ....
2º e 3º de PRIMARIA:
- Adicarlle 2 horas semananais a lectura en voz alta (en grupo).Pode ser de
maneira correlativa, dialogada...Comentamos vocabulario, expresións ou frases
feitas, refráns e preguntas de comprensión oral.
- Potenciación da biblioteca de aula, levando cada neno/a un libro á semana.
Elaboran unha ficha , un resumo, un debuxo, a portada.
- Lectura silenciosa para comprobar que len o libro de lectura, é interesante que o
empecen a ler na aula porque se lles gosta seguen lendo na casa. (Isto é para
nenos que non están motivados para a lectura)
- Potenciación da biblioteca do centro
- En Ciencias sociais e naturais levan o libro case a diario para volver a reler o
tema na casa. Este libro dispón de ilustracións para apoiar o texto e facilitar a
súa comprensión.
MATEMÁTICAS
- Traballar os enunciados dos problemas e os exercicios que teñen máis dunha
orde recalcando que deben fixarse no que deben facer.
- Anotanr debaixo os datos e facer unha explicación do resultado
Outras actividades
A: ½ hora semanal adicada a contarlles contos famosos, clásicos,actuais,
fantásticos..., e á adquisición de vocabulario.
Preguntas de comprensión do conto.
Debe facerse unha relación de contos a contar.
B: Sistema de préstamo de libros para que lean un por semana, e fagan unha
ficha moi sinxela.
D: Tanto en Matemáticas como en Ciencias Sociais e Naturais, adicar de ½
a 1 hora semanal á lectura comprensiva de conceptos, traballando o vocabulario
da propia materia.
Expresión oral e escrita deses conceptos, seguindo unha exposición
lóxica.
E: ½ hora semanal adicada a que redacten eles os seus propios contos, gardando
unha lóxica espacial e temporal.
AVALIACIÓN:
1.- Tódolos os controis de Lingua deben ter unha parte de lectura e escritura
que puntúe a metade do exame.
2.- En tódolos controis debe haber algunha pregunta de vocabulario.
3.- Tódolos Controis deben ter algunha pregunta de libre exposición, que
obrigue ós alumnos a redactar.
4.- No 2º ciclo, e sobre todo no terceiro, procurarase que os alumnos
elaboren os seus propios esquemas, resumes... sobre conceptos de Lingua,
Matemáticas e Ciencias Sociais e Naturais.
Comprobarase a competencia lectora a través de :
1.- Actividades de comprensión oral.
2.- Exercicios de completar, construir e ordenar frases
3.- Exercicios de verdadeiro /falso
4.- Exercicios de libre exposición, que obrigue ós alumnos a redactar.
5.- Traballos con sinónimos
6.- Traballar a entonación, puntuación,........
7.- Expresar una idea con otras palabras.
8.- Extratexias de elaboración: subrayado, resume, esquema.
9.- Utilización do diccionario.
10.- Localizar palabras polo contexto
11.- Poñer título a un texto.
5º e 6º de PRIMARIA
1- 1/2 hora diaria de lectura comprensiva (actividades, vocabularios, comprensión)
Incluindo todas as linguas do currículum
2- Preparar traballos donde teñan que utilizar os libros consulta.
3- Confección de textos utilizando distintas tipoloxías (noticia, exposición, contos...)
4- Globalizar lectura ..... áreas.
5- Confección de esquemas e resúmenes relacionados con temas do currículum.
6- Potenciar o uso da biblioteca
-Visitándoa
-Facendo charlas
- Facendo xogos
-Exposicións temáticas
-Potenciando Cómic
-Dramatizacións
-Lectura en dispositivos dixitais
7-Ofrecer variedad de libros . Adecuar cada libro aos gustos de cada alumno
Avaliación
1. Procurarase que os controis de Lingua e Lengua teñan unha parte de
comprensión lectora e expresión escrita.
2.- Procurarase que os alumnos elaboren os seus propios esquemas e reumes
dos contidos das distintas matérias.
Comprobarase a competencia lectora a través de :
1.- Actividades de comprensión oral.
2.- Exercicios de completar, construir e ordenar frases
3.- Exercicios de verdadeiro /falso
4.- Exercicios de libre exposición, que obrigue ós alumnos a redactar.
5.- Traballos con sinónimos
6.- Traballar a entonación, puntuación,........
7.- Expresar una idea con otras palabras.
8.- Extratexias de elaboración: subliñado, resume, esquema.
9.- Utilización do dicionario.
10.- Localizar palabras polo contexto
11.- Poñer título a un texto.
DEPARTAMENTOS
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS NATURAIS
OBXECTIVOS:
- Considerar a biblioteca como un espazo interesante para procurar
información.
- Utilizar fontes de información diversas.
- Desenvolver unha actitude favorable á lectura.
- Consolidar o hábito da lectura.
- Acadar unha boa compresión de textos científicos de complexidade
crecente.
- Expresar de forma oral e escrita ideas claras e ben organizadas.
METODOLOXÍA:
Ao longo do curso, iranse realizando actividades variadas que permitan
acadar os obxectivos marcados:
- Selección das ideas principais dun texto.
- Elaboración de resumes e esquemas.
- Resolución de cuestións breves referidas a contidos de artigos de
prensa, ou a textos científicos sinxelos.
- Realización de traballos de ampliación buscando información en fontes
escritas distintas do libro de texto (enciclopedias, libros divulgativos, revistas,
internet,...)
- Comentario de textos científicos breves e sinxelos.
- Presentación oral (dos alumnos individualmente) ante a clase, de temas
científicos de actualidade de libre elección, dos que previamente se
documentaron.
- Elaboración dos contidos de certos apartados da materia por parte dos
propios alumnos, empregando diversos libros de texto, e posterior posta en
común.
AVALIACIÓN:
Estas actividades iranse sucedendo ao longo de todo o curso e serán
puntuadas en todos os casos, constituíndo unha nota máis a ter en conta en cada
avaliación.
LECTURA NAS C. SOCIAIS
1º Ciclo
OBXECTIVOS:
1.- Queremos conseguir con esta iniciativa, que o alumno adquira hábitos de lectura
tanto na escola como na súa casa.
2.- Que comprenda o que está a ler.
3.- Que perfeccione o mecanismo da lectura de textos.
CONTIDOS:
-Na clase de Ciencias Sociais dedicaremos un tempo á lectura comprensiva do libro de
texto, así como resumir o lido.
-Cada trimestre lerán na súa casa un libro a escoller entre unha lista proposta polo
profesor.
ACTIVIDADES:
- Facer un resumo do libro.
- Contar diante do resto dos seus compañeiros a experiencia desa lectura: Cousas
que lle gustaron e cousas que non lle gustaron do libro.
- Posta en común entre os alumnos que leran o mesmo libro.
- Recomendación ós demais alumnos de porqué cren que deberían ler ese libro.
2º Ciclo
Proporase un libro de lectura obrigatorio para a asignatura de Historia de 4º de ESO, e tres (un por avaliación) para a asignatura de Educación Ético-Cívica de 4º de ESO que se lles proporcionará por medio do sistema de préstamo en quendas de dez días (contamos na aula con un pequeno banco de libros, 9 de cada título). Obxectivos: Espertar nos alumnos o hábito de lectura como fonte de lecer. Que os alumnos adquiran novos contidos relacionados coa materia. Metodoloxía: Facilitaraselles ós alumnos os libros que deberán ler, en quendas de dez días. Avaliación: Ó final da lectura faráselles un pequeno control da mesma para que o profesor se cerciore de que o libro foi lido. .
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
OBXECTIVOS:
1)Fomentar a lectura comprensiva de todo tipo de textos relacionados coas actividades
físicas e deportivas.
2)Fomentar a capacidade de expresar de forma oral e escrita os contidos conceptuais da
Educación Física.
3)Dispoñer na biblioteca de material relacionado coas actividades físicas e deportivas.
4)Integrar as diferentes fontes de información no tratamento de aspectos relacionados
coas actividades físicas e deportivas.
ACTIVIDADES:
A)Lectura e comprensión de textos relacionados coas actividades físicas e deportivas.
B)Elaboración de resumes de textos relacionados coas actividades físicas e deportivas.
C)Visualización de materiais audiovisuais relacionados coa Educación Física.
D)Realización de resumes e exposicións orais sobre biografías de persoaxes do mundo
do deporte.
METODOLOXÍA:
En cada avaliación proporanse traballos para os alumnos sobre a lectura dun texto
relacionado coas actividades físicas e deportivas.
AVALIACIÓN:
O profesor valorará cunha puntuación de entre 0 e1 punto máis na suma das
cualificacións a presentación e elaboración de traballos.
DEPARTAMENTO DE FRANCÉS
OBXECTIVOS
Ler de forma comprensiva e autónoma textos escritos dun nivel adecuado ás
capacidades e intereses dos alumnos.
Utilizar a lectura como medio de acceso a culturas e formas de vida diferentes
das nosas.
Manter a motivación do alumno cara á lectura.
Integrar os textos lidos na súa aprendizaxe lingüística.
Espertar nos alumnos unha certa curiosidade intelectual a través de textos
variados, literarios ou relacionados con outras materias: historia, xeografía,
artes, ciencias... que sirvan de ponte directa coa sociedade francófona.
Fomentar a tolerancia
Comprender os valores culturais doutros países e pobos.
ACTIVIDADES
Cada curso de E.S.O. ten diferentes necesidades en función dos coñecementos
da lingua francesa e tamén do grao de madurez dos alumnos. Ademais, os textos
seleccionados para cada nivel estarán adecuados ás características do grupo.
1º E.S.O.
Os alumno inícianse na aprendizaxe do francés polo que os textos escollidos
deberán ser moi sinxelos : cómics ( xogando co filón dos aspectos humorísticos), cartas,
documentos auténticos adaptados (xornais xuvenís, folletos...), pequenos poemas con
temática relacionada co léxico da programación.
2º E.S.O.
Continúase coa lectura de cómics e amplíase a pequenos extractos de textos
literarios (relatos de evasión, aventura ou ciencia ficción) ou artigos sinxelos de prensa
xuvenil. O importante e descubrir os seus centros de interese coa fin de acadar o pracer
e o dominio da lectura.
3º E.S.O.
O Departamento propón a lectura e análise de letras de cancións escollidas polos
contidos gramaticais e léxicos. Outra das actividades será a lectura de contos clásicos de
Perrault, que recoñecen na súa lingua materna e que poden xa ler en francés.
4º E.S.O.
Os alumnos que cursan francés neste nivel manifestan un interese especial pola
materia.. Unha vez establecido o grao de progresión, os textos escollidos axudarán a
ampliar o campo das súas preocupacións. Traballarase con textos literarios : extractos
de novelas ou pezas teatrais clásicas (Jules Verne, Victor Hugo, Molière...), poemas de
autores célebres como Prévert (tema da infancia e a escola), novela negra, contos e
lendas, artigos de prensa cotiá francesa, folletos turísticos e guías de viaxes sobre as
rexións francesas que recollen pequenos textos de historia, arte, xeografía, gastronomía,
socioloxía... O obxectivo é ensinar á ler dun xeito cada vez máis profundo e eficaz.
METODOLOXÍA
Trata de desenvolver nos alumnos a competencia comunicativa centrada na
comprensión lectora a través de actividades enriquecedoras porque tratan de ampliar os
coñecementos culturais relacionados cos países francófonos e motivadoras buscando
actividades moi variadas a partir dos textos seleccionados e adaptados ós diferentes
niveis
AVALIACIÓN
Os alumnos deberán ler de forma autónoma diferentes tipos de materiais e con
diferentes intencións: consulta, busca de información, lectura por pracer
As actividades realizadas se integran na avaliación final de todo o proceso formativo do
alumno fomentando actitudes de curiosidade , tolerancia e respecto cara a outras
culturas.
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA
A proposta da área de Lingua e Literatura Galega parte de que moitos dos aspectos
relacionados con este plan veñen xa recollidos na nosa programación de forma explícita
ou implícita, xa que desde a materia de Lingua galega e literatura centrámonos no
dominio da lingua como instrumento de traballo, na reflexión sobre a propia lingua, que
é o cerne da nosa disciplina. Temos que lembrar que o obxectivo último que
perseguimos é o desenvolvemento da competencia comunicativa e tamén o estudo da
literatura, que é unha das máis complexas expresións da creatividade. O seu estudo é
decisivo para o enriquecemento e formación integral da persoa así como para potenciar
a reflexión, expresión e sensibilidade propias.A continuación facemos un repaso dos
contidos, obxectivos e actividades presentes no currículo da materia de lingua galega e
literatura e que teñen que ver co plan de lectura
2.-OBXECTIVOS
I. Comprender oralmente e por escrito diferentes tipos de mensaxes, incluído o
literario.
II. Mostrar interese por expresarse con precisión e rigor. Expresarse oralmente e
por escrito con coherencia, corrección e adecuación ás necesidades
comunicativas.
III. Utilizar a linguaxe oral e escrita como instrumento para a comprensión, análise e
organización de saberes de calquera tipo.
IV. Ler con fluidez, comprensión e actitude crítica, considerando a lectura como
fonte de pracer e coñecemento.
V. Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as bibliotecas, os medios de
comunicación social e as TIC para obter, interpretar, elaborar e valorar
informacións de diversos tipos.
VI. Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e
analizar información e mais para redactar ou expoñer textos propios do ámbito
académico.
VII. Ampliar e precisar semanticamente o vocabulario para comunicar claramente as
ideas que se desexen transmitir.
VIII. Ler de maneira expresiva textos de diferente tipo, tanto en prosa como en verso,
tendo en conta: articulación, entoación, ton e intensidade da voz, acentuación e
pausas.
IX. Resumir e sintetizar textos orais e escritos.
X. Diferenciar as ideas principais e as secundarias contidas en calquera texto, así
como ser capaz de comprender o seu sentido global.
XI. Usar os medios de comunicación como fonte de formación, analizando ao
mesmo tempo, os recursos que estes empregan para influír no público, así como
aqueles que comportan algún tipo de discriminación.
XII. Crear afección pola lectura de textos literarios de diferentes épocas, xéneros e
autores, utilizando criterios propios de selección e interpretación
ACTIVIDADES
Aínda que se propón unha clasificación por temáticas, que é a que vén a seguir,
realmente en cada unha das actividades se traballan aspectos doutras tamén
mencionadas. Xa sabemos que na a materia de lingua os contidos que se traballan están
moi interrelacionados entre si.
1.- ACTIVIDADES RELACIONADAS COA COMPRENSIÓN LECTORA
Lectura comprensiva de textos breves.
Lectura expresiva de textos dramáticos.
Lectura coa entoación adecuada.
Lectura expresiva e en voz alta de textos literarios de diverso tipo.
Explicar o sentido global dun texto.
Explicar o sentido global dun texto literario.
Asociar palabras en campos semánticos.
Empregar os mecanismos de derivación de palabras
Resumir, subliñar textos e elaborar esquemas.
Analizar e resumir textos de diferente tipoloxía.
Adquirir un léxico máis amplo e preciso.
Consultar os dicionarios e da utilizar un léxico preciso.
2.-RELACIONADAS COA REDACCIÓN DE TEXTOS DE DIVERSOS TIPOS
PREVIA PLANIFICACIÓN
Producir textos atendendo a:
planificación
organización lóxica
orde e coherencia
cohesión
puntuación
corrección morfosintáctica
corrección ortográfica
adecuación do nivel de lingua á situación comunicativa
presentación e creatividade
Expoñer textos orais previamente planificados.
Redactar textos nos que mostre as propias ideas e experiencias.
Planificar a estrutura e presentación dos escritos propios.
Empregar os procedementos necesarios para a correcta elaboración de traballos escritos.
Crear textos a partir de modelos dados.
Tomar apuntamentos.
3.-ACTIVIDADES RELACIONADAS COA CORRECIÓN DE ESCRITOS.
Integrar todos os contidos pasivos sobre corrección morfosintáctica, adecuación léxica,
corrección ortográfica na práctica cotiá.
Análise destes diferentes aspectos en textos orais e escritos
Reflexión sobre a corrección da lingua que empregan.
Revisar e autocorrixir na planificación e execución das propias producións pola
organización formal dos textos e pola claridade expositiva.
4.-COMENTARIO DE DIFERENTES TIPOS DE TEXTOS, INCLUÍDOS OS
LITERARIOS
Realizar diferentes tipos de comentarios relacionados coa literatura.
Analizar os medios de comunicación como fonte de información.
Identificar dos elementos estruturais dos textos.
Analizar e comentar textos poéticos e relacionalos coa situación social.
5.-CREACIÓN DE TEXTOS LITERARIOS
Crear de textos narrativos e poéticos a partir dun amplo abano de técnicas, respectando
as características formais do xénero elixido.
Redactar textos nos que mostre as propias ideas e experiencias.
Crear “collages poéticas”, lúdicas e humorísticas a partir de titulares de xornais.
Crear textos a partir de modelos dados.
6.-ACTIVIDADES RELACIONADAS COA ADQUISICIÓN DO HÁBITO LECTOR
Postas en común sobre libros lidos con anterioridade e que gustaron.
Ler os libros recomendados, que se marcará a principios de curso
2ºESO
Hai un libro de lectura obrigatorio por trimestre do cal se fará unha proba escrita,
individual. que se marcará a principios de curso
Poderán facer lecturas voluntarias doutros libros recomendados ou que lles apetezan
(sempre e cando os revisemos para saber se son axeitados) e poderán sumar un punto
como máximo á nota global de avaliación. En setembro deberán ter realizadas tamén as
lecturas obrigatorias do curso
3ºESO
Ademais das actividades que se describen máis abaixo, en combinación coa biblioteca,
farase a lectura dunha selección de cantigas medievais e doutra dos dous libros de
Rosalía Castro
4ºESO
As obras seleccionadas para traballar na aula facilitarase ao alumnado a principios de
cada curso.
3º DIVERSIFICACIÓN
4.- METODOLOXÍA
Canto ao material, os libros, o departamento de lingua galega e literatura leva
adquiridos estes últimos cursos libros de lectura adecuados a cada un dos niveis de
secundaria. Estes libros forman parte da biblioteca de aula e son facilitados ao
alumnado, e ademais de facer unha lectura individual do libro fanse outra moitas
actividades a partir del, moitas descritas con anterioridade. Como todos e todas teñen os
mesmos exemplares dedícaselle tempo de clase para facer, por exemplo, lecturas
colectivas, e certa orientación sobre os aspectos cos que poden ter dificultades. Así
fanse lecturas moi ricas e o alumnado comparte a experiencia gratificante de disfrutar
lendo. Este último enfoque é o que preside todo o noso labor: conseguir que ler sexa un
pracer, e que cheguen a ler fóra das tarefas escolares no tempo de ocio. Ver que os
demais len, anímaos a ler.
Tamén queremos que sexan usuarios da biblioteca do centro e da municipal, que cada
comezo de curso se pon en contacto con nós para que demos propostas de títulos de
libros.
En combinación coa biblioteca traballaremos as seguintes actividades:
ANÍMATE A LELO!. A MIN GUSTOUME
3ºESO: realización de fichas de lectura en ordenador.
Trátase de que cada un dos alumnos e alumnas de 3ºESO lea un libro da nosa biblioteca
seleccionado por el ou ela, seguindo criterios persoais, pero interesándoos en que
busquen información sobre o libro que van ler.
1ª fase: Baixaremos á biblioteca, e alí en grupos reducidos irán revisando diferentes
libros que distribuiremos polas mesas.Cada alumna e alumno escollerá o libro da
biblioteca que crea que lle vai gustar. Darase un pequeno espazo de tempo para que
comecen a lelo e se aseguren da súa elección.
Levarán o libro para casa e no prazo de 15 días terán que rematalo e facer unha ficha no
programa máis adecuado no que se recollerán os seguintes dados:
Ficha completa: Título, editorial, ano, número de páxinas
Biografía do autor ou autora e outros títulos
Resumo sen desvelar o final. Puntuación persoal do 1 ao 10
2º fase: Baixaremos á biblioteca e en grupos reducidos irán revisando diferentes libros
para seleccionar un. Nos ordenadores poderán consultar os dados que introduciran os
compañeiros e compañeiras. Disporán de 15 días para lelo e para realizar un pequeno
traballo que se engadirá ao xa feito. Nesta ocasión centraranse no aspecto que lles
resulte máis interesante: ilustracións, personaxe protagonista, descrición dun lugar
coñecido. Recollerán por escrito o fragmento ou breves fragmentos que lles resulten
máis significativos. Tamén como os compañeiros e compañeiras anteriores puntuarán o
libro.
3ª fase e sucesivas: Despois de seleccionar o libro farán un pequeno comentario
completando a información que xa está dispoñíbel e darán unha razón para que outros e
outras se animen lelo. Tamén o puntuarán.
Ao final de curso teremos unha lista dos libros mellor valorados polo noso alumnado, o
que nos servirá para que os seguintes se acheguen á lectura destes libros condicionados
positivamente: xa antes lle gustou a alguén.
Actividade final:a través de e-mail poderán poñerse en contacto co autor para facerlle
chegar as súas impresións.
Os alumnos e alumnas que leron o mesmo libro farán unha pequena exposición oral na
que lles explicarán aos demais por qué lles gustou, e leranlles algún fragmento.
Escolle un libro que creas que che vai gustar e completa esta ficha sobre el.
Ficha de lectura
TÍTULO: Cal é o título do libro? Que título lle poñerías ti? Por que?
AUTOR /AUTORA: Quen o escribiu? Que sabes del ou dela?
TIPO:É unha historia policíaca, de espías, de terror, de amor, de intriga, de aventuras...?
TEMA:De que trata? Exemplo: relato da vida dunha familia, unha aventura, unha
apaixonante historia de amor...?
PERSONAXES: Quen son? Que relación hai entre eles? Cal se parece máis a ti? Cal
che parece o máis importante?
LUGAR/AMBIENTE¿Onde sucede a Historia? ¿Existen eses lugares? Infórmate nun
atlas ou nun libro de texto, enciclopedia, etc. Recolle nun mapa a localización dos
lugares máis próximos á súa situación xeográfica.
ÉPOCA: A historia está situada no pasado, no momento actual ou no futuro?.
FEITOS: Que sucede?
IDEAS: A historia encerra algunha mensaxe, ten algunha ensinanza?
COMENTARIOS: Que che pareceu ao lelo: fácil, difícil; curto, longo; entretido ou
aburrido? Como describirías ti a historia: realista, divertida, emocionante, triste,
intrigante, apaixonante...? Gustouche? Que foi o que máis che gustou? Que cambiarías
do libro?
PUNTÚA O LIBRO DE 1 A 10 : 1 - 2 - 3 – 4 – 5 – 6 – 7 – 8 – 9 – 10
Título, autor, sinatura, editorial, 1ª edición, nº de edicións, nº páxinas, tamaño libro,
letra portada ilustracións resumo,opinión, puntuación, selección dun fragmento,outras
informacións sobre o autor
Tal e como recolle o decreto a formación da lectura comprensiva esixe un traballo
progresivo e continuado. Traballarase con todo tipo de textos: literarios, expositivos,
xornalísticos, publicitarios, gráficos; en soporte impreso ou electrónico. . Ensinaranse
estratexias de comprensión lectora.
O traballo sobre a lingua escrita basearase en dous tipos de actividades
complementarias:
- comprensión e análise de textos escritos
- expresión e produción de textos
Procederase á análise de textos usados na vida cotiá: apuntamentos, cartas, etc; textos
dos medios de comunicación de masas; textos administrativos, legais, científicos; textos
literarios e da historia da lingua
Na produción de textos insistirase, de modo equilibrado, nos diversos aspectos da
expresión escrita.Terase en conta:
- a organización lóxica, ordenada, cohesionada e coherente do discurso
- a corrección morfosintáctica
- o léxico non repetitivo
- a ortografía e puntuación
- a lexibilidade e a presentación clara e ordenada
Como vemos a Gramática terá que subordinarse ao obxectivo prioritario: desenvolver a
competencia comunicativa (oral e escrita) do alumnado. A reflexión gramatical debe
practicarse ao fío das actividades de produción, análise, interpretación e comentario de
textos.
A partir de textos sinxelos, que poden ser de tipo periodístico, de actualidade, histórico,
literario, etc, farán resumos dunha determinada extensión, realizarán un comentario
sobre algún dos aspectos tratados, e responderán a preguntas relacionadas cos mesmos.
Tamén farán unha explicación do significado de determinadas palabras ou frases de
textos anteriores ou enumeración de sinónimos habituais.
Tamén partindo de textos imos traballar sobre o léxico. Buscamos que se habitúen a
usar as palabras con precisión e adecuación nos textos, tanto orais como escritos que
produzan. O alumnado alternará a determinación do significado polo contexto e a
consulta do dicionario, tanto na aula como fóra. Parte dos textos orais e escritos cos que
se traballe na aula van proceder dos medios de comunicación.
Intentaremos promover actitudes e habilidades que os convertan en usuarios racionais
dos medios de comunicación especialmente de TV., á que dedican varias horas ao días.
Faremos unha análise de mensaxes informativas (versións de diferentes xornais ou
cadeas de TV: sobre unha mesma noticia), publicitarias (por exemplo un pequeno
estudo sobre a campaña de xoguetes e regalos de Nadal) e propagandísticas.
Buscaremos que eles mesmos redixan textos destes ámbitos.
E por último en canto á lingua literaria leremos e comentaremos algúns dos textos
máis sobranceiros da nosa literatura. Así conseguiremos que teñan unha visión
panorámica da produción literaria en lingua galega.
Canto á creación de textos literarios, insistiremos en actividades como:
- ampliar, reducir e reordenar textos
- modificar o punto de vista
- alterar o final
- dramatizar fragmentos poéticos ou narrativos
- ilustrar textos
- crear “collages” poéticas
- continuar un texto.
EVALUACIÓN
En primeiro lugar falaremos da avaliación da posta en marcha do proxecto lector
dodepartamento de lingua galega e literatura. Faremos un seguimento mensual das
actividades programadas para cada nivel, para ver as dificultades que se atopen e
posibles solucións.
Canto a avaliación do progreso do noso alumnado ningún método ou técnica pode ser
utilizado de forma exclusiva, senón que se combinarán para ter unha avaliación do
maior número posible de aspectos. Empregaramos entre outros os seguintes
instrumentos:
Autoavaliación a través de cuestionarios
Exposición oral de traballos previamente planificados.
Traballos escritos individuais ou en grupo.
Traballos sobre as obras literarias propostas como lectura
Os aspectos que imos avaliar son:
Lectura de libros propostos e avance na competencia literaria e de enfrontarse a textos
cada vez máis complexos.
Evolución da súa actitude, comprendendo que a lectura é un medio para a aprendizaxe,
fonte de pracer e recurso para o desenvolvemento persoal.
Se capta a idea xeral dun texto, recoñece os elementos estruturais e os recursos básicos
Se expón oralmente as propias ideas de maneira clara e ordenada
1. Elaborar textos escritos seguindo unha planificación
1. Diferenciar as estruturas de diferentes tipos de texto
1. Recitar, declamar, e ler coa entoación adecuada
1. Producir textos de intención literaria a partir das propias experiencias, tomando
como modelo as obras lidas ou traballadas na aula.
Comentar, oralmente ou por escrito, textos procedentes dos medios de comunicación,
amosando un espírito crítico.
DEPARTAMENTO DE INGLÉS
Obxectivos
1. Ler e comprender textos diversos dun nivel axeitado ás capacidades e intereses
do alumnado co fin de extraer información xeral e específica.
2. Utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento persoal.
3. Valorar a lectura como instrumento de acceso as información de contidos
diversos.
4. Valoración da lectura como medio de coñecemento, respeto e tolerancia con
respeto os aspectos culturáis doutros paises.
5. Fomentar a lectura autónoma de diferentes tipos de textos.
Actividades
Os textos para cada curso serán seleccionados atendendo ás capacidades, intereses
e grado de madurez do alumnado.
1º ESO
Os alumnos lerán diferentes tipos de textos sinxelos sobre diversos temas axeitados á
súa idade e relacionados coas materias do curriculo. Os textos serán utilizados con fins
diversos: para obter información xeral e realizar tarefas individuais ou en grupo.
2º ESO
Os alumnos lerán textos adaptados en fontes diversas como medio de acceso ao
coñecemento doutras culturas. Os textos estarán adaptados ós niveis dos alumnado.
Continuarase coa lectura de textos sinxelos pero cun grado de dificultade maior que o
do primeiro curso e serán elexidos atendendo os seus intereses coa finalidade de
fomentar a motivación no momento da lectura.
3º ESO
Neste curso proponránse libros adaptados en inglés sobre distintos temas relacionados
cos intereses dos alumnos e cun grado distinto de dificultade segundo o nivel do
alumnado. Tamén lerán textos de diversas fontes tanto auténticos como adaptados para
á realización de diversas tarefas.
4º ESO
Neste curso os textos elexidos axudaránlles tanto a coñecer mellor outras culturas coma
a ser máis tolerantes. Estarán en contacto con diferentes tipos de textos que favorezan o
desenvolvemento das diferentes competencias. Os alumnos lerán de forma autónoma
textos mais extensos que nos cursos anteriores tanto para obter información co fin de
realizar tarefas específicas como para consolidar as estrategias utilizadas en cursos
anteriores tales como a identificación do tema dun texto escrito co apoio contextual que
este conteña.
Metodoloxía
As actividades serán variadas e terán como finalidade o desenvolvemento da capacidade
comunicativa e a lectura de textos para identificar tanto a idea principal como os
detalles maís relevantes dun texto. Os alumnos realizarán distintos tipos de tarefas tanto
a nivel individual coma en grupo.
Os textos utilizados nos primeiros cursos serán máis sinxelos tales coma cancións,
biografías, artículos de revistas, etc As actividades a realizar serán completar cancións,
identificar as ideas principais dos textos lidos, elaborar proxectos coa información
obtida de webquests dirixidas,…
Os textos utilizados en terceiro e cuarto estarán encamiñados a favorecer a lectura
autónoma, como medio de comunicación e para adquirir novos coñecementos. Para
favorecer a motivación dos alumnos serán variados e ainda que a dificultade será maior
que nos cursos anteriores, tamén lerán textos como cancións, artigos de revistas e de
prensa e páxinas web e libros en versión adaptada. Os alumnos realizarán tarefas tanto
individuais coma en grupo tales como proxectos sobre a cultura dos paises
anglofalantes, completar cancións, expresar opinións razonadas sobre as ideas
expresadas nos textos, contestar preguntas sobre os diferentes tipos de textos, redacción
de textos coma resposta os textos lidos onde os alumnos amosen a comprensión do
textos lidos,etc
Avaliación
A avaliación da comprensión lectora forma parte da avaliación do proceso de
aprendizaxe.
Nos primeiros cursos apreciarase a capacidade para identificar e interpretar textos
diversos aplicando estratexias básicas de lectura como inferencia de significados polo
contexto. Tamén se avaliará a capacidade do alumno para ler textos, para aprender ou
para gozar da lectura, recorrendo ó diccionario cando sexa preciso.
En terceiro e cuarto apreciarase a capacidade do alumnado para ler textos de forma
autónoma co fin de consultar ou buscar información sobre contidos diversos, para
aprender, ou por pracer ou curiosidade facendo uso correcto dos diccionarios e doutras
fontes de información.
DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
Expresión oral e escrita.
Obxectivos:
Crear unha sección de Matemáticas na Biblioteca do centro con textos e outras fontes
informativas en distintos soportes multimedia.
Editar unha guía de lectura con fichas individuais para cada un dos libros da sección
de Matemáticas da Biblioteca que constarán dun resumo do texto e actividades que
fomenten a comprensión do mesmo e a aplicación dos contidos curriculares.
Integrar as fontes informativas en calquera soporte (impreso ou electrónico) no
tratamento dos contidos curriculares.
Fomentar a lectura comprensiva de todo tipo de textos: literarios, expositivos,
xornalísticos, gráficos, publicitarios,... nos idiomas galego, castelán e en menor
medida nunha lingua estranxeira (inglés).
Fomentar a capacidade de expresar lingüisticamente (de forma oral e escrita) todos os
procedementos, ideas, aclaracións, análises, algoritmos, etc., utilizados no
desenvolvemento curricular da materia.
Actividades:
1. Lectura crítica e reflexiva de textos teóricos, enunciados de actividades, exercicios e
problemas de matemáticas, sendo capaz de expresar as ideas contidas ou sinalar os
datos relevantes e irrelevantes.
2. Elaboración e redacción por parte do alumnado de actividades similares ás propostas
polo profesorado, que serán revisadas polos mesmos alumnos sintacticamente e
semanticamente para mellorar a expresión escrita antes da súa execución
3. Lectura e redacción de recensións ou resumes de textos íntegros ou de capítulos
seleccionados de distintas publicacións clasificadas como novelas matemáticas,
artigos de prensa de caracter matemático, biografías, etc., axeitados ó seu nivel e en
relación cos contidos curriculares.
4. Visualización de vídeos, documentais e presentacións relacionadas cos contidos
curriculares respondendo a cuestionarios con preguntas aberta e pechadas para a súa
comprensión.
5. Realización de resumes e exposicións orais sobre biografías de diversos
Matemáticos e as conexión dos seus traballos cos contidos curriculares da materia.
Metodoloxía :
Diariamente os alumnos realizaran por actividades do tipo 1. Cada alumno debe
realizar polo menos unha actividade deste tipo, ata conseguir comprender e facerse
comprender de forma satisfactoria.
En cada avaliación proporanse traballos para cada alumno sobre a lectura dun texto
completo da biblioteca, dun capítulo seleccionado, dunha publicación electrónica ou
xornalística ou a realización de un traballo resumo sobre a biografía dun matemático e
a súa actividade.
Pasaranse ós alumnos cuestionarios con preguntas abertas e pechadas para avaliar o
grao de comprensión sobre presentacións, vídeos, documentais e lecturas de textos en
formato impreso ou electrónico.
Avaliación:
Un alumnos considerarase avaliado de forma positiva en actividades do tipo 1 se
consigue comprender e facerse comprender de forma satisfactoria polo resto dos
compañeiros.
Nas probas escritas valorarase ( con un punto sobre o total da nota do exame) a
capacidade de explicar de forma escrita os procedementos realizados na resolución
dos problemas e dos exercicios, mostrando e enunciando os pasos que se van levando
a cabo. Gradualmente esixirase maior competencia e precisión na expresión para
poder acadar esa puntuación.
Puntuaranse cunha puntuación de entre 0 e 1 punto máis na suma das cualificacións a
presentación e exposición de traballos así como a resposta os cuestionarios de
comprensión plantexados.
DEPARTAMENTO DE MÚSICA.
Proporase un libro de lectura obrigatorio para os alumnos de música que se lles
proporcionará por medio do sistema de préstamo en quendas de un mes.
Obxectivos:
- Espertar nos alumnos o hábito de lectura como fonte de lecer.
- Adquirir novos contidos relacionados coa materia.
- Coidado do material prestado e respeto ó libro.
Metodoloxía:
- Facilitaraselles ós alumnos os libros que deberán ler, en quendas de un mes.
Avaliación:
- Ó final da lectura faráselles un pequeno control da mesma para que a profesora
se cerciore de que o libro foi lido.
LECTURAS:
2º ESO: “Me llamo…Mozart”
Autor: M. Martí e X. Salomó
Editorial Parramón
3º ESO: “El síndrome de Mozart”
Autor: Gonzalo Moure
Editorial SM
En 4º de ESO, só hai un grupo mais é de Sección bilingüe (música en inglés),
polo que poderán tamén ler o libro de 3º máis sin ser avaliados.
DEPARTAMENTO DE A. PLÁSTICAS
Dentro da materia de Plástica faranse na biblioteca labores de investigación e de
elaboración de información por medio da consulta de libros específicos da materia ou de
enciclopedias xerais.
1º ESO
Obxectivos:
Coñecer a orde e clasificación do fondo da biblioteca, para familiarizarse coa súa
ordenación e facilitar ás prácticas posteriores.
Aprender a buscar información sobre arte no fondo da bilioteca.
Entender a lectura como fonte de lecer e de adquisición de novos coñecementos, tamén
no mundo da arte.
Metodoloxía:
Visita guiada ó recinto da biblioteca, para entender como se organizan os seus fondos.
Proporase un cuestionario sobre un tema específico, e invitarase ó alumno a resolvelos
cos datos que atope nos libros do recinto, a modo de xogo de pistas.
Proponse un libro de lectura común para todo o alumnado, que se facilitará na aula e se
distribuirá en quendas. O libro será unha biografía novelada de algún recoñecido pintor,
como Van Gogh ou Dalí.
Avaliación:
Farase un control da lectura do libro proposto.
Avaliarase o resultado da labor de investigación na biblioteca.
3º ESO
Obxectivos:
Familiarizarse coa orde e clasificación do fondo da biblioteca, para facilitar ás prácticas
posteriores.
Aprender a buscar información sobre arte no fondo da bilioteca.
Entender a lectura como fonte de mecer e de adquisición de novos coñecementos,
tamén no mundo da arte
Metodoloxía:
Visita guiada ó recinto da biblioteca.
Proporase unha práctica consistente en que o alumno elabore un pequeno ensaio sobre
un tema específico. Deberá buscar no fondo da biblioteca o libro ou libros máis
apropiados para redactalo.
Proponse un libro de lectura común para todo o alumnado deste curso, que se facilitará
na aula e se distribuirá en quendas. O libro será "O misterio Velázquez", un relato con
Velázquez e o cadro das Meninas como fío argumental.
Avaliación:
Farase un control da lectura do libro proposto.
Avaliarase o rsultado da labor de investigación na biblioteca.
:
4º ESO
Obxectivos:
Aprender a buscar información sobre arte no fondo da bilioteca.
Espertar no alumno a curiosidade polo mundo da arte, e o espíritu crítico fronte as súas
manifestacións
Entender a lectura como fonte de lecer e de adquisición de novos coñecementos, tamén
no
mundo da arte
Metodoloxía:
Proporase unha práctica consistente en que o alumno elabore un pequeno ensaio sobre
un tema específico. Deberá buscar no fondo da biblioteca o libro ou libros máis
apropiados para redactalo.
Buscar unha imaxe que esperte o interese do alumno para estudiala e versionala despois
na aula de Plástica.
Proponse un libro de lectura común para todo o alumnado, que se facilitará na aula e se
distribuirá en quendas. O libro será "La joven de la perla", sobre o retrato do mesmo
título de Vermeer. Posteriormente visonarase a película que se fixo con base a esta
mesma novela.
Avaliación:
Farase un control da lectura do libro proposto.
Avaliarase o rsultado da labor de investigación na biblioteca.
DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN
Obxetivos:
1.-Fomento e lectura comprensiva de textos, desde xornáis ata publicaciós periódicas
ou monografías.
2.- Expoñer de forma correcta e ordenada os contados da materia ante calquer
auditorio e expresar os contados de maneira comprensible.
3.- Integrar as fontes informativas tanto escritas como das webs do material que
dispoñen.
4.- Na biblioteca ter unha sección de temas relacionados ca relixión e a súa área de
influencia.
5.- Dispoñer na biblioteca de algún material gráfico periodístico para que poidan
acceder os contados periódicamente.
Actividades:
a.- Lectura e comprensión de textos sacros.
b.- Elaboración de un dossier de artigos xornalísticos relacionados cas relixios.
c.- Visualización de videos e outros materiais audiovisuais relacionados cá materia para
despois responder a un cuestionario que reflecta os contados do mesmo.
d.- Letura de alguna biografía de un persoaxe importante na historia da Igrexa, e
exposición o resto do grupo dos rasgos mais característicos.
Metodoloxia:
En cada avaliación os alumnos farán unha investigación xornalística sobor as distintas
relixios e a sua influencia no mundo actual.
Cada trimestre indagarán sobor a vida de algun persoaxe relevante no ámbito das
relixios ou da sociedade actual e esporan os demais as conclusión acadadas.
Elidirán en cada avaliacion un material audiovisual relacionado cá materia e esporan o
seu contido mediante unha analise en comun.
Avaliación
A realización das tarefas encomendadas será representativa do 50% da nota final da
avaliación, dependendo do grao de cumprimento.