Plan de Goberno 2015 - 2019

16
Plan de Goberno 2015 - 2019 100 Medidas para un proxecto de Concello Municipais 2015 Vilalbaberta

description

100 Medidas para un proxecto de Concello

Transcript of Plan de Goberno 2015 - 2019

Page 1: Plan de Goberno 2015 - 2019

Plan de Goberno

2015 - 2019

100 Medidas para un proxecto de Concello

Municipais

2015

Vilalbaberta

Page 2: Plan de Goberno 2015 - 2019

1

Índice

Limiar ....................................................................... 2

Vilalbaberta á Democracia e a Participación ..................... 3

Vilalbaberta á Economía e ao Emprego ............................ 5

Vilalbaberta ao Desenvolvemento Local Sostible ................ 7

Vilalbaberta ao Rural ................................................. 9

Vilalbaberta a uns Servizos Públicos e de Calidade ............ 10

Vilalbaberta á Igualdade ............................................ 12

Vilalbaberta á Mocidade ............................................ 13

Vilalbaberta á Cultura e a Defensa da nosa Lingua ............. 14

Page 3: Plan de Goberno 2015 - 2019

2

Limiar

O presente documento é o resultado dun proceso de elaboración colectiva en base ao método aberto e cidadán do Programa Colaborativo no que tanto a través das diferentes asembleas programáticas coma nas propias áreas de traballo, participaron decenas de veciños e veciñas. Un programa que parte da premisa irrenunciable da participación e o protagonismo veciñal, da capacidade de escoitar e a posta en valor das diferentes opinións así como da búsqueda de respostas concretas fronte a cada un dos problemas aos que día a día nos enfrontamos o conxunto dos vilalbeses e as vilalbesas. Queremos precipitar o cambio, con ambición e un programa valente para a maioría social. Sabemos que non hai fórmulas máxicas para resolver as dificultades coas que nos atoparemos; pero tamén sabemos que estamos ante un momento histórico que non debemos, nin queremos, desaproveitar. O momento é agora. Non mañá nin dentro de catro anos, por iso quixemos presentar un programa diferente para unha forma de gobernar diferente. Un proxecto de Vilalba no que os veciños e veciñas entremos no noso Concello para poñelo ao noso servizo. Algo que sen vós seria imposible, pero que xuntos/as, o vindeiro 24 de Maio será unha realidade.

Page 4: Plan de Goberno 2015 - 2019

3

Vilalbaberta á Democracia e a Participación

1. Implantación dos Orzamentos Participativos, unha ferramenta mediante a cal a os veciños/as poderán decidir sobre o destino dos recursos municipais. 2. Celebración de Audiencias Informativas anuais co fin de achegar aos veciños/as a realidade das contas municipais. 3. Establecemento dun regulamento de consultas veciñais ou referendos. Abondará con que o solicite 15% do corpo electoral e serán vinculantes sempre e cando participe 1/3 do mesmo. 4. Creación de Consellos Sectoriais (sanidade, muller, xuventude, deportes, Consello Escolar Municipal, etc…) como organismos de debate, proposta, e seguimento. 5. Transparencia total. Publicación da información do Concello de xeito continuo: contas, axendas, concursos, axudas, contratos… 6. As contratacións realizáranse a través de comisións transparentes e públicas estando garantida a representación veciñal e a dos diferentes grupos políticos municipais. 7. Revogabilidade dos cargos públicos ou moción de censura veciñal. O procedemento poderase poñer en marcha a partir dun número de firmas non menor ao do 20% do corpo electoral. 8. Establecemento dun mecanismo regulatorio que obrigue ao alcalde e ao equipo de goberno a render contas ao Pleno municipal de xeito semestral. 9. Reformulación dos Plenos Municipais, que pasarán a ser mensuais, propiciando a asistencia e participación veciñal, así coma a súa retransmisión por internet. 10. Creación dunha Plataforma Dixital de Participación Veciñal.

Page 5: Plan de Goberno 2015 - 2019

4

11. Mellora da web municipal, garantindo a pluralidade nos contidos informativos e ampliando os trámites on-line que permite na actualidade. 12. Respecto á laicidade da institución municipal, de acordo ao principio de neutralidade relixiosa.

Page 6: Plan de Goberno 2015 - 2019

5

Vilalbaberta á Economía e ao Emprego

13. Auditoría veciñal das contas municipais. Sabermos a orixe da débeda e a quén ou a que empresas se beneficiou con diñeiro público para tomar canto antes o control sobre o gasto. 14. Política de gasto austera e racional. Máxima prioridade para a progresiva remunicipalización dos servizos públicos e o investimento para a creación de emprego. 15. Progresividade fiscal. Os impostos e os seus recargos así como as taxas e prezos públicos recollerán os principios de equidade, suficiencia e progresividade. 16. Fomento, apoio e defensa do pequeno comercio local, fronte ás grandes superficies comerciais. Potenciar estratexias colaborativas entre os/as comerciantes. 17. Nova ordenanza de tramitación a fin de simplificar os trámites para a obtención de licenzas de todo tipo: actividade, funcionamento, obras, creación de novas empresas e impulsar as actividades. 18. Elaboraración dun catálogo de propiedades municipais susceptibles de xerar actividade económica e emprego, para ofertalos ás PEME e emprendedores locais. 19. Promoción do turismo sostible, a fin de planificar unha estratexia que aglutine os nosos recursos locais, ecolóxicos, culturais, monumentais, artísticos e gastronómicos. 20. Translado ao núcleo urbano do Albergue para Peregrinos e mantemento periódico do Camiño Norte. 21. Plan de apoio aos traballadores/as desempregados en base a labores ambientais, isto é, restauración, conservación, mantemento e mellora de espazos rurais, etc…

Page 7: Plan de Goberno 2015 - 2019

6

22. Posta en marcha dunha Estratexia Municipal polo Emprego que a través dun observatorio con participación cidadá, sindical e social, siga e fiscalice a súa evolución. 23. Planificación de persoal municipal co fin de cumprir co obxectivo de mellorar os servizos públicos e atender á cidadanía mediante a definición obxectiva de novas prazas e postos necesarios. 24. Endurecemento do control ás empresas contratadas para prestación de servizos mediante a revisión das claúsulas de contratación e prestación. 25. Claúsula social nas licitacións, priorizando as pequenas empresas e autónomos locais, nunha firme aposta polo mantemento e a creación de emprego no noso Concello. 26. Apoio á creación de cooperativas para a xestión de determinados servizos dende unha óptica de complementariedade da xestión municipal. 27. Regulación única das condicións de traballo para todos os empregados/as municipais en base á estabilidade, a fin de evitar a súa dependencia respecto do poder político.

Page 8: Plan de Goberno 2015 - 2019

7

Vilalbaberta ao Desenvolvemento Local Sostible

28. Ordenación do territorio e xestión do solo a partir de mecanismos de participación veciñal dentro dun enfoque ecolóxico e social. 29. Incorporación de criterios medioambientais, éticos e sociais aos contratos de obras, contratos e compras realizadas polo Concello. 30. Fin da desfeita urbanística e remate da elaboración do PXOM. 31. Peonalización e posta en valor do casco vello da vila. 32. Adecuación, mantemento e racionalización do uso dos aparcadoiros públicos municipais a fin de evitar a súa saturación. 33. Elaboración dun novo regulamento do tráfico urbano. 34. Creación dun parking público no polígono industrial para vehículos de tonelaxe superior aos 3.500 kg. 35. Recuperación do espazo da estación de autobuses, para fomentar un maior uso do transporte público. 36. Remunicipalización do servizo de auga. A auga é un ben universal polo que o acceso á mesma constité un dereito humano básico. 37. Reutilización das augas residuais depuradas e uso de auga depurada para o rego das zonas axardinadas. 38. Creación da Axencia Local de Enerxía, de carácter público, que regule todo o referente ao consumo de enerxía no Concello. 39. Integración das políticas de eficiencia enerxética en todas as áreas de xestión municipal, incluídos os eventos e as festas. 40. Medidas de apoio e fondo municipal para casos de impago xustificado. Recoñecemento das situacións de pobreza enerxética.

Page 9: Plan de Goberno 2015 - 2019

8

41. Análise, en base ao estado das contas municipais, das posibilidades de transitar cara a xestión directa dos nosos resíduos cun enfoque de recuperabilidade e reutilización. 42. Sensibilización xeral, a través de xornadas informativas e cursos de formación, para propulsar un tratamento máis racional do lixo, 43. Vilalba libre de maltrato animal. Supresión de calquera apoio municipal a eventos nos que se maltraten animais. 44. Creación dun Centro Municipal de Protección Animal. Aposta progresiva e sostible cara un modelo de xestión con criterio de sacrificio cero.

Page 10: Plan de Goberno 2015 - 2019

9

Vilalbaberta ao Rural

45. Elección democrática do Alcalde Pedáneo por parte dos veciños/as das diferentes parroquias. 46. Posta en marcha do Proxecto Integral para o Rural (transporte público; emprego; vivenda; servizos públicos; deseño agropecuario; rede TIC; creación feiras, etc… 47. Mantemento da rede viaria, máis alá dos meses previos aos períodos electorais. 48. Impulso da renovación dos tendidos eléctricos que non se adecúen á legalidade vixente. 49. Facilitar a creación dunha planta de biomasa para aproveitamento da masa forestal excedente. 50. Elaboración de programas de desenvolvemento e diversificación rural para impulsar a agroindustria a partir da transformación dos recursos do sector primario. 51. Impulso do modelo de mercados produtores fronte ao de intermediarios. Defensa da soberanía alimentar. Canles curtas de comercialización. 52. Posta en marcha dun mercado de productos do noso agro para fomentar a soberanía alimentar do concello, acompañado de medidas de sensibilización entre os veciños/as. 53. Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, de acordo coa Lei 3/2007. 54. Potenciar a sinalización da microtoponimia dos distintos lugares de cada parroquia do Concello, co fin de poñer en valor a mesma, ao tempo que serve de referente informativo.

Page 11: Plan de Goberno 2015 - 2019

10

Vilalbaberta

a uns Servizos Públicos e de Calidade

55. Prioridade municipal para a progresiva remunicipalización dos servizos públicos; auga, saneamento, lixo, conservatorio, piscina ,etc… 56. Creación do Consello Escolar Municipal como órgano de participación con competencias de goberno, control e en cuestións sobre as que non poida decidir, de proposta. 57. Elaboración dun Plan Integral de Formación Profesional convocando aos representantes dos axentes sociais, a partir dunha análise das expectativas de emprego e as necesidades de centros. 58. Organización das Xornadas Municipais de Educación, en colaboración coa comunidade educativa, e con carácter anual. 59. Reforzamento da rede pública de escolas infantís ata cubrir a demanda do ciclo de 0 a 3 anos. 60. Fomento da participación democrática nos centros educativos en base a medidas de apoio ao asociacionismo do alumnado e das AMPAs. 61. Fomento de actividades extraordinarias nos Centros: concursos matemáticos, certames literarios, semanas culturais, etc… 62. Creación do Consello Municipal de Saúde, participativo, interdisciplinario, intersectorial e interinstitucional. 63. Reivindicación ante a administración sanitaria autonómica de que a dotación de profesionais no noso centro de saúde garanta a distribución de 1.500 pacientes por médico xeral e 800 nenos por pediatra. 64. Desenvolvemento das competencias municipais en materia de saúde elemental, consumo e demais cometidos especificados na Lei Xeral de Sanidade.

Page 12: Plan de Goberno 2015 - 2019

11

65. Posta en marcha de actividades e programas de promoción de hábitos saudables en materia de alimentación, educación sexual, actividade física, prevención de infeccións, etc… 66. Creación dun banco de préstamo de material e mobiliario adaptado para persoas dependentes ou de mobilidade reducida. 67. Posta en marcha tamén, dun Banco de préstamo e recollida de material infantil. 68. Creación do Consello Municipal de Deportes a fin de que tanto os veciños/as coma os/as representantes das entidades deportivas propoñan e avalíen os nosos servizos e instalacións. 69. Posta en marcha do Programa Vilalba en Forma para a dinamización da actividade física nos espazos públicos e potenciar o uso de parques e xardíns para este fin. 70. Incremento da colaboración cos clubes deportivos do municipio co fin de potenciar a actividade federada e a difusión das distintas modalidades nos centros educativos e entre os veciños/as.

Page 13: Plan de Goberno 2015 - 2019

12

Vilalbaberta á Igualdade

71. Creación da Concellería de Igualdade como órgano encargado de planificar e coordinar as políticas municipais en materia de xénero e diversidade cultural. 72. Creación do Consello Local da Muller, composto unicamente por organizacións e asociacións de mulleres a fin de trasladar a visión de xénero ao conxunto das actuacións municipais. 73. Inclusión da perspectiva de xénero nos contratos que se subscriban con persoas e empresas, alleas á administración municipal. 74. Plan municipal contra a violencia de xénero, en coordinación con outras administración, priorizando a sensibilización, prevención e detección. 75. Establecemento canles municipais de denuncia da publicidade que atente contra a dignidade das mulleres. 76. Plan Municipal de Convivencia Intercultural a 4 anos vista, en base á democracia participativa que teña en conta todas as dimensións esenciais da vida en sociedade. 77. Creación do Consello Municipal de Liberdade Afectivo Sexual como órgano de debate e proposta do colectivo LGTB no noso Concello. 78. Posta en marcha de protocolos de apoio ás persoas que sofren agresións pola súa orientación sexual, identidade de xénero ou expresión de xénero, así como para perseguir ditos delitos de odio de forma contundente. 79. Eliminación de calquera expresión antidemocrática, que atente contra a sana e libre convivencia (simboloxía, nomes de rúas, pintadas,etc…)

Page 14: Plan de Goberno 2015 - 2019

13

Vilalbaberta

á Mocidade

80. Creación do Consello Municipal de Xuventude a fin de promover e coordinar políticas integrais de adolescencia e mocidade. 81. Renuncia do Concello á utilización de subterfuxios como bolsas, prácticas non remuneradas, etc... como mecanismo para contratar mozos/as sen remuneralos axeitadamente. 82. Posta en marcha de espazos xuvenís municipais autoxestionados pola propia mocidade como forma de avanzar en dinámicas de corresponsabilidade co medio público. 83. Organización de semanas da xuventude concibidas como espazo de proposta e iniciativa xuvenil a nivel político, asociativo, participativo e de ocio. 84. Gratuidade para os mozos e mozas en todo tipo de eventos culturais con patrocinio público. 85. Creación dunha rede de atención e asesoramento en materia de educación sexual e diversidade afectiva e sexual. 86. Habilitación de espazos de encontro para a mocidade nos centros socioculturais das parroquias. 87. Impulso dende o Concello ao transporte colectivo xuvenil en horarios de ocio nocturno.

Page 15: Plan de Goberno 2015 - 2019

14

Vilalbaberta á Cultura e a Defensa da nosa Lingua

88. Impulso e desenvolvemento da vida cultural local en todos os eidos facilitando o acceso ás instalacións e recursos municipais. Celebración dunha feira do libro con carácter anual. 89. Creacion dun local de ensaio para os diferentes colectivos musicais da vila favoreciendo a sua proliferación e desenvolvemento. 90. Creacion de unha Escola de Musica Municipal que complete a oferta do Conservatorio e que se ocupe da formacion en novas tecnoloxias e música actual. 91. Aproveitamento do Auditorio Municipal coma centro cultural multidisciplinar e potenciación dos seus espazos para realizar novas actividades. 92. Favorecemento dende o Concello á relizacion de actividades culturais de todo tipo na rúa así como impulsar a colaboración cos distintos locais para o seu desenvolvemento. 93. Posta en marcha dunha Sala de Cine Municipal, cun criterio de servizo público, non competitivo. Espazo para o cine galego e o cine independente de todas as culturas. 94. Ampliación de horarios e servizos de locais municipais, como a Casa da Cultura e/ou a Biblioteca Pública, co fin de facelos máis eficientes na súas funcións. 95. Creación de medios de comunicación municipais sintonizables a través de radio ou internet, asentados no pluralismo político, na participación cidadá e na transparencia. 96. Implantación progresiva do software libre. Zonas de acceso wifi gratuíto. 97. Defensa e posta en valor da lingua, cultura e identidade galegas.

Page 16: Plan de Goberno 2015 - 2019

15

98. Disposición de que todos os departamentos e organismos dependentes do concello teñan a lingua galega como lingua xeral de referencia oral e escrita. 99. Establecemento de normas xerais e uniformes sobre a capacidade lingüística esixible nos procesos de acceso á función pública e no desempeño desta función. 100. Establecemento de que as respostas telefónicas da administración local sexan en galego (Oferta Positiva).