Plan traballo proxecto herbario virtual

37
PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA OBXECTIVOS: - Chegar a coñecer as especies de árbores e arbustos máis frecuentes nos parques e montes de Galicia. - Identificar as diferentes especies de árbores a partires das características das súas follas. - Aprender a usar claves dicotómicas como unha ferramenta para a identificación de diferentes especies. - Fomentar o coñecemento da biodiversidade dos bosques galegos de modo que xenere actitudes de respecto cara o noso medio natural. - Adquirir habilidades no traballo colaborativo e de grupo. - Adquirir habilidades no manexo de ferramentas informáticas para a elaboración de presentacións. - Aprender a integrar a información visual e escrita de manera complementaria e creativa, coidando a presentación. FASES DO TRABALLO: O traballo será en grupos de tres persoas. 1.- TRABALLO DE CAMPO: Trátase de saír aos parques e montes na procura das especies que están na guía ou doutras. Como mínimo deben de ser 10 especies das que aparecen na guía. Unha vez identificada a especie, faranse as seguintes fotografías: - Foto da árbore completa con algún membro do grupo. - Foto das follas en primeiro plano. - Foto de flores e froitos no caso de estaren presentes. - Foto do tronco.

description

Guion para a realización do proxecto do 3º trimestre xunto coa Guía de Árbores.

Transcript of Plan traballo proxecto herbario virtual

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

OBXECTIVOS: - Chegar a coñecer as especies de árbores e arbustos máis frecuentes nos parques e montes de

Galicia.

- Identificar as diferentes especies de árbores a partires das características das súas follas.

- Aprender a usar claves dicotómicas como unha ferramenta para a identificación de diferentes

especies.

- Fomentar o coñecemento da biodiversidade dos bosques galegos de modo que xenere

actitudes de respecto cara o noso medio natural.

- Adquirir habilidades no traballo colaborativo e de grupo.

- Adquirir habilidades no manexo de ferramentas informáticas para a elaboración de

presentacións.

- Aprender a integrar a información visual e escrita de manera complementaria e creativa,

coidando a presentación.

FASES DO TRABALLO:

O traballo será en grupos de tres persoas.

1.- TRABALLO DE CAMPO:

Trátase de saír aos parques e montes na procura das especies

que están na guía ou doutras. Como mínimo deben de ser 10

especies das que aparecen na guía.

Unha vez identificada a especie, faranse as seguintes

fotografías:

- Foto da árbore completa con algún membro do grupo.

- Foto das follas en primeiro plano.

- Foto de flores e froitos no caso de estaren presentes.

- Foto do tronco.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

As fotos deben ter a calidade suficiente para que o profesor

poida distinguir con claridade as características da árbore e

comprobar así que está ben identificada.

Por último anotarase a data e o lugar de localización.

2.- ELABORACIÓN DUNHA PRESENTACIÓN DE

POWERPOINT, IMPRESS OU PREZI:

PORTADA:

Inclúe o título do traballo e o nome, apelidos, número e curso dos

integrantes do grupo.

ÍNDICE:

Aparecerán as especies fotografadas en orde de aparición e

numeradas.

SUCESIÓN DE DIAPOSITIVAS:

En cada especie, aparecerá primeiro a diapositiva ou diapositivas

coas fotos. En cada unha das diapositivas das fotos aparecerá o

nome en galego da especie en cuestión.

A continuación aparecerá unha diapositiva coa ficha da especie, a

ficha incluirá os seguintes datos na orde en que se especifica:

o Nome Científico: En cursiva e negrita, coa primeira letra en

maiúsculas e o resto minúsculas, p.ex.: Quercus robur

o Nome en galego.

o Nome en castelán.

o Data e lugar de localización.

o Descrición das follas: breve

o Descrición das flores: breve

o Descrición dos froitos e sementes: breve.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

A cualificación terá en conta:

- O número de especies da lista correctamente identificadas.

- O número total de especies correctamente identificadas.

- Que o traballo se axuste aos criterios explicados na clase e no

presente guión.

- A puntualidade na entrega do traballo.

- A avaliación do traballo individual e do traballo en grupo.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

IDENTIFICACIÓN DE ÁRBORES A TRAVÉS DAS CARACTERÍSTICAS DAS SÚAS FOLLAS A) DESCRICIÓN DALGUNHAS ESPECIES AUTOCTONAS OU QUE SE ATOPAN CON

FRECUENCIA NO MEDIO NATURAL DE GALICIA. Pinus pinaster Piñeiro bravo Pino resinero É unha árbore resinosa de ata 20 m que excepcionalmente alcanza os 40m. A súa cortiza é pardo escura ou negra e está dividida por fendas profundas en pequenas placas. Follas perennes, simples, ríxidas e aciculares, de cor verde intensa, a miúdo retorcidas sobre elas mesmas, reunidas en grupos de 2, rodeados na base por unha vaina membranosa. Tamaño 10-20 x 4-6 mm Flores unisexuais (ver debuxo). Florece entre finais de marzo e primeiros de maio. O froito é unha piña. Atopase con frecuencia nos nosos montes, sendo a árbore que maior superficie ocupa debido a que é cultivada con fins comerciais, nembargantes non é unha árbore autóctona, sendo orixinaria da rexión mediterránea.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Pinus pinea Piñeiro manso Pino piñonero A súa cortiza a diferenza da do piñeiro bravo é de cor castaña avermellada. A súa copa ten unha forma típica de parasol e, é moi densa. (ver debuxo). O seu froito é unha piña e as súas sementes, chamadas piñóns, son comestibles. É moito menos abundante co piñeiro bravo.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Taxus baccata Teixo Tejo Arbusto ou pequena árbore non resinosa, dioica, de ata 10 m de altura. Tronco curto e groso. Cortiza parda-grisacea ou algo avermellada que cando é vella, se desprende en láminas ou placas, deixando no tronco manchas vermella-oscuras ou pardas. Copa baixa, cónica, moi ancha e densa. Follas de 10-30 x 1.5-3 mm, perennes, simples, lineares, aplanadas, coriáceas, de cor verde escura na cara, pálida ou amarelenta no envés, dispostas en espiral o longo das ramas pero semellando estar situadas en dúas filas. Flores unisexuais. O froito é unha falsa baga (ver o debuxo). Polinización anemógama. A súa madeira de boa calidade, era a preferida para construír arcos. Hai que ter en conta que toda a planta é MOI TÓXICA. En Galicia atópase nos Ancares, Caurel e Trevinca. Tamén se pode atopar en parques e xardíns debido as súas debido as súas propiedades ornamentais.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Alnus glutinosa Ameneiro Aliso Árbore monoica de ata 25 m. Cortiza de grisácea a parda. Follas de 4-10 x 3-7 cm, caducas, simples, alternas, pecioladas, abovadas ou arredondadas, dobremente dentadas, de ápice recto ou obtuso e base cuneada ou arredondada, cor verde escura e lustrosas na cara, mais pálidas no envés. As follas son viscosas cando son novas. Flores unisexuais semellantes as do debuxo. Florece en febreiro-marzo. A polinización é anemógama. É característica das beiras dos ríos, e lugares húmidos ou inundados. Moi frecuente.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Betula pendula Bidueiro Abedul Árbore monoica de ata 20m. Tronco curto e dereito. Cortiza lisa, branca, aelada que se desprende en tiras transversais. Co tempo a cortiza vai escurecendo e gretando, sobre todo na parte baixa do tronco. Follas de 4-6 x 3-5 cm, caducas, simples, alternas, pecioladas, romboidais ou ovadas, irregularmente dentadas, de ápice agudo e base cuneada ou truncada, cor verde, mais escuras na cara que no envés. Flores unisexuais, semellantes ó debuxo. Florece entre abril e maio. A polinización é anemógama. Habita en zonas húmidas e nas beiras de cursos de auga. Tamén se atopa con frecuencia en parques e xardíns.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Corylus avellana Abeleira Avellano Arbusto ou pequena árbore monoica de ata 9 m. Tronco curto e dereito. Cortiza parda – grisácea, algo avermellada e lisa cando é nova, cos anos vai escurecendo e gretando. Follas de 5-10 x 5-10 cm, caducas, simples, alternas, rugosas e ásperas ó tacto, curtamente pecioladas, redondeadas dobremente, dentadas, ápice agudo, acorazonadas na base, no envés presentan peliños. Flores unisexuais, aspecto semellante o do debuxo. Habita en lugares frescos e sombríos, tamén nas beiras dos regatos, en zonas de altitude media e alta, mais abundante no leste de Galicia. Frecuentemente cultivado.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Castanea sativa Castiñeiro Castaño Árbore monoica de ata 30 m. Cortiza cincenta – pardusca que se vai escurecendo e gretando segundo a árbore se fai mais vella. Follas de 10-25 x 5-8 cm, caducas, simples, alternas, colocadas en dúas filas (dísticas), con peciolo de 2 cm, oblongo – lanceoladas, serradas, cos dentes rematados nunha aresta, agudas no ápice, cuneadas na base, cor verde lustrosa na cara, mais pálidas no envés. Flores unisexuais, semellantes as do debuxo. Florece entre maio e xuño e a polinización é entomógama.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Quercus pyrenaica Cerquiño Rebollo Árbore monoica de ata 20 – 25 m. Cortiza grisácea – pardusca, gretada e grosa. Follas de 8 – 16 x 4 – 12 cm, simples, alternas, con peciolo de 5 – 20 mm, abovadas ou elípticas, case coriáceas, pinnatipartidas, de cor verde cincenta, mate na cara e tomentosa no envés, branquecinas ou sonrosadas ó se desenvolver. Flores unisexuais. Florece entre maio e xuño. Polinización anemógama. O froito é unha landra de 15 – 45 x 10 – 25 mm. Habita en bosques caducifolios de montaña.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Quercus robur Carballo Roble Pode chegar os 40 m Cortiza grisácea, lisa ata os 20 anos, despois gretada e grosa, tomando unha coloración pardusca. Follas de 5 – 18 x 2.2 – 10 cm, caducas, simples, alternas, membranosas, co peciolo moi curto (2- 7 mm), abovado - oblongas, pinnatilobadas ou pinnatífidas, acorazonadas na base, onde con frecuencia se forman dúas pequenas aurículas. Cor verde escura na cara, mais pálida no envés. Flores unisexuais. Florece entre abril e maio. Polinización anemógama. O froito é unha landra. Frecuente en toda Galiza.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Quercus rubra Carballo americano Roble americano Árbore monóica de 25 – 50 m. Cortiza verde – marrón e lisa cando nova, escurecendo e gretando coa idade. Follas de 15 – 25 x 7 – 20 cm, caducas, simples, alternas, membranosas, oblongas, con peciolo de 25 – 60 mm, pinnatífidas, con 7 – 15 pares de lóbulos provistos de dentes aristados, cor verde – amarelenta. Flores unisexuais. Florece a mediados da primaveira. Polinización anemógama. O froito é unha landra. É orixinaria de Norteamérica; pódese atopar en xardíns.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Quercus suber L. Sobreira Alcornoque árbore monoica de ata 25 m. Cotiza grisácea, primeiro lisa, pasando moi pronto a ser grosa, gretada. A cortiza está feita de cortiza. Follas de 2,5-10 x 1,2 – 6,5 cm, perennes, simples, alternas, coriáceas con peciolo tomentoso. O limbo ten forma de ovada a oblongo-lanceolada. co borde enteiro ou con pequenos dentes espiñentos. Cor verde escura na face, branquecinas e tomentosas no envés. Flores unisexuais, florece entre maio e xuño. Polinización anemógama. O froito é unha landra que madura entre setembro e xaneiro.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Quercus ilex L. aciñeira encina É unha árbore de talla media, alcanzando os 16 a 25 metros de altura como máximo; en estado natural é de copa ovalada ao principio que despois vai ensanchándose e queda finalmente con forma redondeado-esmagada. De xove adoita formar matas arbustivas . A cortiza é lisa e de cor verde grisáceo nos tallos; vaise escurecendo a medida que crecen e, ao redor dos 15 a 20 anos, se agreta en todas direccións, quedando un tronco moi escuro, practicamente negro. As follas, que son perennes, coriáceas e dunha cor verde escuro polo fai e máis claro polo envés, están provistas de fortes espinas no seu contorno cando a planta é nova e, nos adultos,

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

nas ramas máis baixas, carecendo delas as follas das ramas altas. O envés das follas está cuberto dunha borra grisácea que se desprende ao frotalas. Estas follas, moi duras e coriáceas, evitan a excesiva transpiración da planta, o que lle permite vivir en lugares secos e con gran exposición ao sol, como a ribeira mediterránea. A encina é planta monoica e as súas flores masculinas aparecen en amentos primeiro erectos e finalmente colgantes. As flores femininas son pequenas; saen illadas ou en grupos de dous, sobre brótelos do ano e nun pedúnculo moi curto, presentando en principio unha cor avermellada e á madurez un amarelo alaranxado. Florece nos meses de abril ou maio. O seus froitos son landras

Juglans regia Nogueira Nogal Árbore monoica de ata 30 m. Cortiza gris e lisa cando xoven que escurece e fende pouco profundamente ó envellecer. Follas de 30 – 40 cm, caducas, alternas, imparipinnadas, sen estípulas, compostas de 5 a 9 foliolos de 6 – 15 cm cada un, ovais ou elípticos, enteiros, agudos, cor verde escura na cara e mais pálidos no envés. Flores unisexuais de cor verdosa. Florece entre abril e maio. Polinización anemógama. O froito é a noz. Habita en terrenos frescos e fértiles, a miúdo cultivado. Ten interese económica polos seus froitos e a súa madeira.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Laurus nobilis Loureiro Laurel Árbore aromática dioica de 5 – 10 m. Cortiza parda – verdosa cando xove volvéndose grisácea coa madurez. Follas de 6 – 15 x 2 – 5 cm, perennes, simples, alternas, coriáceas, provistas dun curto peciolo, oblongo – lanceoladas, co bordo enteiro mais ou menos ondulado, ápice agudo, base cuneada, cor verde escura na cara, mais pálida no envés. As follas cando se rompen desprenden un forte olor característico. Flores unisexuais de 5 – 8 mm branco – verdosas ou amarelentas coa envolta floral de 4 pezas (semellantes a 4 pétalos). As flores se agrupan en umbelas de 4 – 6 flores de ata 4 cm situadas nas axilas das flores. O froito é unha baga de 10 – 15 cm, ovoide, carnosa, verde que torna negro cando madurece. Florece entre febreiro e abril. Polinización entomófila. Abunda por toda a Galiza litoral e tamén é cultivada.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Acacia dealbata Mimosa Acacia Árbore de ata 20 m. Tronco irregular. Cortiza verde – azulada nos exemplares novos, gris ou negra nos adultos. Follas de ata 12 x 4 cm, perennes, alternas, paripinnadas, dobremente divididas, con 8 – 20 pares de divisións, cada unha destas divisións divídese á vez en 30 pares de foliolos lineares de 3 – 4 mm cada un, cor verde glauca por ambas caras e de tacto aveludado. As follas novas están cubertas de peliños branquecinos. Flores hermafroditas, pequenas (3 mm), moi olorosas, cor amarela intensa. Están reunidas por 20 – 30 en grupos globosos que se reúnen a súa vez en racimos de ata 10 cm, situados no extremo das ramas. Florece entre xaneiro e febreiro. Polinización entomógama. O froito é unha legume de 4 – 10 x 1 – 1.2 cm comprimida lateralmente. É orixinaria de Australia e é moi abondosa en toda a Galiza costeira, onde chega a constituír unha praga.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Acacia melanoxylon Acacia Acacia negra Árbore de ata 30 m. Tronco dereito. Cortiza marrón escura profundamente gretada. Follas de 6 – 13 x 1 – 2 cm, persistentes, simples en apariencia, lanceoladas, de cor verde escura. En realidade non son verdadeiras follas, senón peciolos ensanchados (Filodios). As follas verdadeiras son dobremente divididas, con 14 – 20 filodios oblongos de 4 – 7 mm que se poden observar sobre árbores moi novas. Flores hermafroditas, pequenas, cor branca – cremosa ou amarela clara. As flores se agrupan en capítulos globosos que a súa vez forman acios terminais. Florece de marzo a abril. Polinización entomógama. O froito é unha legume comprimida lateralmente de cor marrón avermellado. É orixinaria de Australia. É frecuente no litoral galego. En principio cultivada con fins ornamentais hoxe en día chega a ser unha praga.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Robinia pseudoacacia

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Falsa acacia Falsa acacia Árbore con ramas espiñentas de ata 25 m. Cortiza pardo grisácea profundamente gretada. Follas compostas, de 20-30 cm, caducas, alternas, imparipinnadas, con estípulas transformadas en espiñas, compostas de 25 foliolos de 25 – 45 x 12 –25 mm cada un, de consistencia branda, ovais, enteiros, cor verde clara na cara e verde glauca no envés. Flores de 20 mm hermafroditas, agrupadas en racimos. Florece de abril a xuño. Polinización entomófila. O froito é unha legume de 8 – 12 cm, comprimida lateralmente e de cor parda. É orixinaria de Norteamérica. É abondosa na Galiza costeira.

Ficus carica

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Figueira Higuera Arbusto ou pequena árbore de ata 5 m , monoica, provista dun xugo leitoso ou látex. Tronco tortuoso e moi ramificado. Cortiza branca – grisácea e lisa. Follas de ata 35 x 28 cm, caducas, simples, alternas, coriáceas, palmeado – lobuladas, con 3-5 (as veces 7) lóbulos obtusos, dentados e separados. Cor verde escura, con pelos, rugosas e ásperas na cara, pilosas no envés. Flores unisexuais e moi pequenas. Florece en primaveira. Polinización entomógama. Os froitos se agrupan en infrutescencias que chamamos figos. É orixinaria do sudoeste de Asia e do Mediterráneo. Frecuentemente é cultivada.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Eucaliptus sp. Eucalipto Eucalipto Árbore de ata 60 m . Cortiza lisa pardo - grisácea que se desprende en tiras lonxitudinais. Follas persistentes, simples, olorosas. Presentan dous tipos de folla, as iniciais de 7 – 16 x 4 – 9 cm, opostas, decusadas, ovadas, glaucas e pruinosas. As definitivas de 10 – 30 x 3 – 5 cm, alternas, entre lanceoladas e falcadas, coriáceas, enteiras, verde escuras. Flores hermafroditas, axilares, solitarias, sentadas ou sobre un pedúnculo curto, dentro dun receptáculo en forma de cápsula (ver debuxo). Florece no inverno. Polinización entomógama. É orixinaria en Australia. Ten interese comercial xa que se emprega para a obtención da pasta de papel, polo que foi cultivada intensamente na zona occidental da Galiza. Hoxe en día nalgúns lugares chega a constituír unha auténtica praga.

Olea europaea

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Oliveira Olivo Árbore ou arbusto de 10 a 15 m. Tronco moi ancho, groso e retorto. Cortiza lisa e gris cando nova que co tempo escurece e fende. Follas de 20 – 80 x 5 – 12 mm, perennes, simples, opostas, decusadas, coriáceas, oval – lanceoladas, enteiras, de cor verde escura e glabras na cara, mais claras no envés. Adoptan aspecto acanalado ó revirarse os bordos cara ó envés. Flores de 5 mm, hermafroditas, cáliz curto e corola branca (ver debuxo). As flores se agrupan en acios. Florece de maio a xuño. Polinización entomógama. O froito son as olivas ou aceitunas. É unha planta orixinaria do Mediterráneo. Atópase de modo natural no leste de Galiza e a miúdo se atopa cultivada en parques e xardíns.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Platanus hispanica Plátano de paseo Plátano de paseo Árbore de cortiza delgada e gris – verdosa, castaña nos exemplares vellos que se desprende en placas irregulares e duras, deixando ver manchas amarelentas ou branquecinas de cortiza interna (aspecto de mosaico). Follas de 12 – 22 x 12 – 30 cm, caducas, simples, alternas, coriáceas, longamente peciolada, palmeado – lobuladas, con 3 – 5 lóbulos ovado – triangulares, enteiros ou dentados, cor viva na cara e mais apagada no envés. Flores unisexuais, pequenas e pouco chamativas. Florece de abril a maio. Polinización anemógama. É orixinaria dos Balcáns e do Himalaia. Atópase moi estendida en parques e xardíns.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Pópulus nigra Choupo negro Álamo negro Árbore dioica de ata 30 m. Cortiza fendida ó longo, formando entre as fendas unhas costelas negras e uns avultamentos moi característicos. Follas caducas, simples, alternas, provistas dun longo e flexible peciolo de 2 – 6 cm comprimido lateralmente, ovadas, romboidais ou ovado – triangulares, de 5 – 10 x 4 – 8 cm, serradas. Cor brilante na cara, mais pálidas no envés. Flores unisexuais pouco chamativas. Polinización anemógama. Habita en zonas húmidas e ribeiras de cursos fluviais.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Salix alba Salgueiro branco Sauce blanco Árbore dioica de ata 15 – 25 m. Tronco dereito e groso. Cortiza pardo grisácea gretada lonxitudinalmente cando é maduro. Follas de 6 – 10 x 1 – 2.5 cm, caducas, simples, alternas, con estípulas pequenas; finamente serradas, agudas no ápice e cuneadas na base, cor verde e cubertos de pelos brancos e sedosos no envés, o que lle da un aspecto prateado. Flores unisexuais (ver debuxo). Habita en ribeiras e lugares húmidos.

Salix atrocinera

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Salgueiro negro Sauce ceniciento Arbusto ou árbore dioica de ata 10 m. Cortiza pardo – grisácea. Follas de 2 – 10 x 1 – 2 cm, caducas, simples, alternas, de abovado – oblongas a lanceoladas, de marxe revoluta, enteira ou levemente dentada, cor verde escura na cara, glaucas no envés. Flores unisexuais (ver debuxo). Floración de xaneiro a abril. Polinización entomógama. Habita en ribeiras de cursos de auga, prados húmidos e bosques.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Salix viminalis Vimbieiro Mimbre Arbusto ou pequena árbore dióica de ata 10 m. Cortiza lisa e marrón grisácea. Follas de 10 x 1cm, caducas, simples, alternas, con peciolo curto, son lineares ou linear – lanceoladas, revolutas, enteiras ou algo denticuladas. Verdes na cara e cubertas de pelos prateados no envés. Flores unisexuais, verdosas ou amarelas (ver debuxo). Florece de marzo a abril. Polinización entomógama. Habita en ribeiras e prados.

Buxus sempervirens L.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Buxo Boj

O buxo común é de porte arbustivo ou arbóreo; alcanza

excepcionalmente os 12 m de altura, cun talo moi ramificado cuberto

dunha cortiza lisa nos exemplares novos, surcada de fendas nos

adultos, de cor pardogrisáceo.

A follas son lanceoladas a ovadas ou elípticas, opostas, coriáceas, de

cor verde escuro polo fai e máis claro no envés, de ata 30 mm, co

bordo algo curvado cara abaixo.

As flores son monoicas, con masculinas e femininas presentes no

mesmo exemplar; aparecen a comezos de primavera, en pequenas

inflorescencias de varias flores masculinas e unha feminina nas axilas

foliares. Miden uns 2 mm, de cor amarela, pouco vistosas, carentes

de corola, sen fragrancia pero ricas en néctar, que atrae a

himenópteros e dípteros.

O froito é unha cápsula marrón ou gris, coriácea, de ao redor de 1 cm

de longo, que contén numerosas sementes.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

B) DESCRIPCIÓN DALGUNHAS ÁRBORES QUE SE ATOPAN ÚNICAMENTE EN PARQUES

E XARDÍNS. Aesculus hippocastnum Castiñeiro das Indias Castiñeiro de Indias Árbore de folla caduca, palmaticomposta, opostas, de 5 – 7 foliolos sentados, dentados no borde e de ata 25 – 10 cm cada un, son de cor verde escuro na cara, e pardo enferruxado no envés, teñen peciolo de 20 cm de lonxitude como máximo. As sementes son semellantes as castañas pero de sabor amargo. É moi frecuente en parques e xardíns ( en Vigo atópase entre outros lugares, na Praza de Compostela). É procedente dos Balcáns.

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA

Magnolia grandiflora Magnolio Magnolio Árbore de follas perennes, brilantes pola cara e mate polo envés, de 12 – 25 x 6 – 10 cm, enteira, cima acuminada. As flores son brancas, moi grandes, ata 25 cm de diámetro, con 3 sépalos verdosos, de 6 – 12 pétalos carnosos e numerosos estames purpúreos dispostos en espiral. Moi olorosas. É orixinaria dos montes de Carolina (EEUU). Aparece con frecuencia en parques e xardíns. En Vigo se pode atopar entre outros lugares na Praza de Compostela.

Fontes de información empregadas na realización desta guía: Guía das Árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi – Carlos Silvar. Ed. Bahia verde. 1997 Guía de los Árboles de la Península Ibérica y Baleares. Francisco Santolalla. ed. Blume 1992 Catálogo de Árbores Singulares do Concello de Vigo. Jesús I. Fernández Alonso, Mª RosaMosquera Losada, Antonio Rigueiro Rodríguez. Colección Documentos de Medio ambiente. GUÍA DAS ÁRBORES AUTÓCTONAS E ORNAMENTAIS DE GALICIA. Castro, Marisa, Prunell, Antonio, Blanco Dios, Jaime Bernardo. Edicións xerais de Galicia. Wikipedia

PROXECTO TRIMESTRAL CIENCIAS NATURAIS 1º ESO HERBARIO VIRTUAL DE ÁRBORES E ARBUSTOS DOS MONTES E PARQUES DE GALICIA