Pregunta Relativa á Excención Do IBI Ás Confesións Relixiosas

2
Vilalbaberta D. Modesto Renda Santiso con DNI 33550924L, en calidade de Portavoz de Vilalba Aberta e Coportavoz do Grupo Municipal Mixto no Concello de Vilalba, ao amparo do disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e con domicilio a efectos de notificación en Rúa da Pravia 46 2ºB; formula a segunte PREGUNTA en base á seguinte EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O IBI é un imposto directo ligado á propiedade inmobiliaria de natureza rústica e urbana sita no termo municipal e que supón, no noso Concello, unha parte non menor do total de ingresos municipais. A nosa normativa fiscal, que en virtude do Concordato subscrito entre o Estado Español e a Santa Sé no 1979, exonera á Igrexa Católica do pago do Imposto sobre Bens Inmobles polos bens do seu patrimonio inmobiliario, así coma a posterior entrada en vigor da Lei 49/2002 de réximen fiscal das entidades sen fins lucrativos e de incentivos fiscais ao mecenado, que dispuxo un novo réxime fiscal mais beneficioso para entidades sen ánimo de lucro, e posibilitou que non só a Igrexa Católica, senón calquera outra igrexa, confesión ou comunidade relixiosa tivera acceso a eses beneficios fiscais; supuxo na práctica que en todos estes anos, dende a firma do citado acordo, o Concello de Vilalba non ingresase cantidade algunha polos numerosos inmobles que a Igrexa posúe no municipio, agravándose esta situación dende 2002 coa falta de ingresos polos inmobles doutras confesións relixiosas, segundo o réxime fiscal aprobado polo Goberno. A este respecto, e no contexto da situación de crise económica pola que o noso Concello está a pasar, co agravante da pouco efectiva redistribución dos recursos financeiros acorde cos servizos e competencias que exerce de forma certa esta administración:

description

Pleno Ordinario de Novembro do 2015

Transcript of Pregunta Relativa á Excención Do IBI Ás Confesións Relixiosas

Page 1: Pregunta Relativa á Excención Do IBI Ás Confesións Relixiosas

Vilalbaberta

D. Modesto Renda Santiso con DNI 33550924L, en calidade de Portavoz de Vilalba Aberta

e Coportavoz do Grupo Municipal Mixto no Concello de Vilalba, ao amparo do disposto no

Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e

con domicilio a efectos de notificación en Rúa da Pravia 46 2ºB; formula a segunte

PREGUNTA en base á seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O IBI é un imposto directo ligado á propiedade inmobiliaria de natureza rústica e urbana

sita no termo municipal e que supón, no noso Concello, unha parte non menor do total de

ingresos municipais.

A nosa normativa fiscal, que en virtude do Concordato subscrito entre o Estado Español e

a Santa Sé no 1979, exonera á Igrexa Católica do pago do Imposto sobre Bens Inmobles

polos bens do seu patrimonio inmobiliario, así coma a posterior entrada en vigor da Lei

49/2002 de réximen fiscal das entidades sen fins lucrativos e de incentivos fiscais ao

mecenado, que dispuxo un novo réxime fiscal mais beneficioso para entidades sen ánimo

de lucro, e posibilitou que non só a Igrexa Católica, senón calquera outra igrexa,

confesión ou comunidade relixiosa tivera acceso a eses beneficios fiscais; supuxo na

práctica que en todos estes anos, dende a firma do citado acordo, o Concello de Vilalba

non ingresase cantidade algunha polos numerosos inmobles que a Igrexa posúe no

municipio, agravándose esta situación dende 2002 coa falta de ingresos polos inmobles

doutras confesións relixiosas, segundo o réxime fiscal aprobado polo Goberno.

A este respecto, e no contexto da situación de crise económica pola que o noso Concello

está a pasar, co agravante da pouco efectiva redistribución dos recursos financeiros

acorde cos servizos e competencias que exerce de forma certa esta administración:

Page 2: Pregunta Relativa á Excención Do IBI Ás Confesións Relixiosas

1ª A canto ascende o montante que, en base ao citado acordo de 1979 así coma á tamén

citada actualización do réxime fiscal de decembro de 2002, o noso Concello está a deixar

de percibir?

Dado que foi o Estado quen de forma unilateral decidira eximir do pago dun imposto de

competencia exclusivamente municipal tanto á Igrexa Católica coma ao resto de

confesións relixiosas e posto que a Lei Reguladora de Facendas Locais detalla no seu

artigo 9.3 que “Cando o Estado outorgue moratorias ou aprazamentos no pago de tributos

locais a alguna persoa ou entidade, quedará obrigado a arbitrar as fórmulas de

compensación ou anticipo que procedan a favor da entidade local respectiva”,

entendemos se está a recoñecer a obriga do Estado de compensar a reducción de ingresos

dos concellos por este tipo de decisións. Un principio que por outra banda xa foi aplicado

noutras ocasións, como cando se compensou aos concellos pola decisión do Goberno de

Aznar de suprimir o IAE ao 92% dos contribuíntes. A este respecto:

2ª Estaría disposto este Goberno Municipal a reclamar diante do Ministerio de Facenda

a compensación económica que se derive do total resultante da pregunta anterior?

En Vilalba, a 27 de Outubro de 2015

Fdo.: Modesto Renda Santiso

Concelleiro / Coportavoz do Grupo Municipal Mixto