Presentación da unidade

2
COMO SE UTILIZA ESTE LIBRO Presentación da unidade ante e. PROPOÑÉMOSCHE UN RETO Estes son algúns dos elementos do Universo. Po- derías identificalos? Escribe no teu caderno o que ves en cada unha das imaxes. Para descubrir o Universo, imos mirar o ceo desde o noso planeta, a Terra. Que obxectos luminosos ves no ceo? Todo o que ves son estrelas? Todos estes obxectos luminosos forman parte do Universo. Saberías definir que é o Universo. Se observas o ceo, verás que os astros non están sempre na mesma posición. Móvese tamén o noso planeta Terra? Ten algo que ver o seu movemento cos días e coas noites? E coas estacións do ano? OBSERVANDO O UNIVERSO 6 Un interesante texto vaiche presentar cada unidade, para que poidas ver a ciencia aplicada ao mundo real. No Sumario, avanzámosche os contidos da unidade. 48 UNIDADE 2 49 UNIDADE 2 1.4. Os niveis de organización dos seres vivos Como xa viches, a célula é a peza básica de todos os seres vivos. Pero non todos os organismos teñen o mesmo número de células, polo que non todos teñen o mesmo nivel de complexidade. Segundo o número de células que os integran, podemos establecer unha primeira diferenciación entre os seres vivos: Organismos unicelulares. están constituídos por unha única célula. Aínda que poden asociarse de maneira independente. Nos reinos das moneras e protoctistas só hai organismos unicelulares. Os organismos pluricelulares están formados por moitas células es- pecializadas. Cada unha delas realiza unha función determinada e por iso dependen unhas doutras para que o organismo poida realizar as súas fun- cións vitais. Os reinos das plantas, animais e fungos están formados por organismos pluricelulares. SABÍAS QUE… A alga unicelular deno- minada Volvox asócia- se formando colonias esféricas. Cada célula pode realizar as fun- cións vitais de maneira independente. 12. Clasifica os seguintes organismos segundo sexan unicelulares ou pluricelulares. Paramecio Araña Polbo Estrela de mar Lévedo Delfín Bacteria ACTIVIDADES Figura 2.6. Niveis de organización en organismos pluricelulares. A célulaé o nivel máis pequeno que ten vida. O tecidoé o conxunto de células do mesmo tipo cunha mesma función. O órganoé o conxunto de tecidos cunha mesma función. O sistemaou aparato comprende un conxunto de órganos que serven para realizar algunha das funcións vitais. O organismo é o corpo ou a totalidade dun ser vivo. A agrupación dos diferentes organismos orixina novos niveis de organización de maior complexidade, ata acadar o maior nivel de organización, correspon- dente á biosfera. 13. Clasifica cada imaxe no nivel de organización que corresponda. Lagarta Manda de cabalos Neurona Lagoa Corazón ACTIVIDADES A poboacióné o conxunto de individuos da mesma especie que habitan un mesmo hábitat. O ecosistemaé o conxunto de comunidades que interaccionan entre si e coa paisaxe. A comunidadeé o conxunto de poboacións que viven nun mesmo territorio. A biosferaé o conxunto de ecosistemas que conforman o planeta Terra. 184 UNIDADE 6 185 UNIDADE 6 2.2. O Sol e os planetas A. A nosa estrela, o Sol O Sol é a estrela do noso sistema planetario. É tan grande que no seu interior poderían caber un millón de planetas como a Terra. Naceu fai 4.650 millóns de anos e atópase aproximadamente na metade da súa vida estable. Algún día transformarase nunha xigante vermella e cando morra converterase nunha anana branca. Sobre a superficie do Sol aprécianse zonas escuras chamadas manchas sola- res. Son rexións do Sol algo menos quentes. A luz e a calor do Sol son esenciais para todos os seres vivos. Grazas a esta enerxía, a Terra pode albergar vida tal como a coñecemos. B. O planetas do Sistema Solar Son corpos celestes que orbitan arredor do Sol. A súa órbita ten forma de elipse, pero o Sol non está no seu centro. Están formados por gases, rochas e xeo. A Terra ten abundante auga en estado líquido, imprescindible para que exista vida. Os planetas do noso sistema clasifícanse en dous grupos: Os planetas terrestres, rochosos ou sólidos. Mercurio, Venus, Terra e Mar- te. Son densos e están formados principalmente por rochas e metais. Teñen atmosferas lixeiras. Os planetas gasosos ou xigantes. Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Son pouco densos e están formados principalmente por gases e xeo. Teñen at- mosferas grosas e aneis de materiais sólidos que os rodean. SABÍAS QUE… Entre os centos de mi- llóns de estrelas da Vía Láctea, o Sol é unha es- trela moi normal. Nin moi grande, nin moi peque- na, nin moi quente, nin moi luminosa. 1. Como podes observar na imaxe anterior, o tama- ño dos planetas é moi variado. Pero non só teñen tamaños diferentes, tamén presentan outras ca- racterísticas que os diferencian como a súa com- posición ou a súa temperatura. a ) Saberías dicir en que planetas a temperatura é maior? E menor? b ) Busca as temperaturas medias dos planetas Mercurio, Terra e Neptuno. Son moi diferen- tes? Por que? c ) Indica que posicións ocupan os planetas te- rrestres e os planetas gasosos con respecto ao Sol. Cales son os planetas interiores? Ca- les os exteriores? d ) Ten en conta as respostas anteriores e expli- ca se atopas algunha relación entre a posición dos planetas e as súas características. e ) Investiga de que están compostos os aneis que rodean algúns planetas. Que planetas presentan aneis? PENSA E REFLEXIONA Figura 6.3. O Sistema Solar. Mercurio. É o máis próximo ao Sol e o máis pequeno. Non ten satélites. Terra. É o terceiro planeta do Sistema Solar. Ata onde se sabe na actualidade, é o único planeta onde existe ou existiu vida. Marte. É o cuarto planeta do Sistema Solar. É bastante semellantes á Terra, aínda que máis pequeno. Estase estudando que no pasado existiu auga líquida na súa superficie. Posúe dous pequenos satélites. Xúpiter. É o maior planeta do Sistema Solar. O seu tamaño duplica o de todos os demais planetas xuntos. Pódese ver desde a Terra simple vista. Ten máis de 50 satélites e aneis tenues. Venus. É o segundo planeta do Sistema Solar e o máis parecido á Terra en tamaño. Tamén posúe atmosfera. Rota en sentido contrario ao resto dos planetas e faino moi lentamente. Non ten satélites. IMAXINA Que te pousas na super- ficie de Saturno. Faríalo sobre unha capa fluída de hidróxeno e helio. Se mirases cara ao ceo ve- rías as súas numerosas lúas, de moitas cores e tamaños, e un fondo mul- ticolor dos aneis que o rodean. Saturno. Sexto planeta do Sistema Solar. Rodéao un rechamante sistema de anei formados principalmente por partículas de xeo. Ten máis de 18 satélites. Neptuno. Último planeta do Sistema Solar. De cor azul polo metano da súa atmosfera. Urano. Sétimo planeta do Sistema Solar. É de cor verdeazulada pola súa atmosfera de metano. Tamén ten numerosos satélites e aneis. 5. Copia este crucigrama no teu caderno e complétao. 1. Planeta coa auga en estado líquido. 2. Planetas formados por gases e xeo. 3. Planeta máis grande do Sistema Solar. 4. Tipo de atmosfera dos planetas rochosos. 5. Forma da órbita dos planetas. 6. Planeta que puido ter auga líquida no pasado. 7. Segundo planeta do Sistema Solar. ACTIVIDADES 1 2 3 4 5 6 7 Antes de empezar, Propo- ñémosche un reto: unha actividade para que coñe- zas que sabes dos novos contidos. Para consolidar os teus coñecemento. ACTIVIDADES Exercicio resolto que che ensi- nará contidos importantes. ACTIVIDADE RESOLTA Actividades para aprender a ra- zoar. PENSA E REFLEXIONA Vas atopar actividades de diferen- tes tipoloxías para desenvolver diferentes aptitudes, e ademais in- formación adicional á marxe. PROPOÑÉMOSCHE UN RETO APRENDEMOS A SER CIENTÍFICOS Actividades para investigar máis alá dos coñecemento que tes. Experimentos científicos para aprender como se resolve na práctica o estudado. Desenvolvemento de contidos O texto está acompañado de imaxes reais e ilustradas que che van axudar a entender dunha forma clara e concisa a teoría. As infograas vanche amosar o que tes que aprender dunha forma doada e visual.

Transcript of Presentación da unidade

Page 1: Presentación da unidade

COMO SE UTILIZA ESTE LIBRO

Presentación da unidade

Embaixo nosa a Terra xa é negra e a xente dorme. O Sol, centrado no arco azul de atmosfera, está rodeado de negrura. Quedan 30 segundos. A atmosfera coloréase na súa parte inferior de laranxa, e o Sol achátase. Queda un fulgor laranxa, logo unha bóla de luz achatada, logo só o arco laranxa e azul da atmosfera, e entón, e só entón, fanse visibles as ca-pas altas da atmosfera. Un arco dúas veces máis groso, pero moito máis tenue, aparece sobre o anterior, efémero, e ambos desaparecen de re-pente na máis completa negrura. Os ollos acostúmanse e empezan a distinguir a terra do ceo; e, se hai sorte, veranse as luces das cidades ou a aurora boreal.

Diario de Pedro Duque, Misión Cervantes, outubro de 2003

Sumario 1 O Universo.

2 O Sistema Solar.

3 O Universo en constanteO Universo en constante

movemento.

4 Aprender a orientarse. Aprender a orientarse.

PROPOÑÉMOSCHE UN RETO

Estes son algúns dos elementos do Universo. Po-derías identificalos? Escribe no teu caderno o que ves en cada unha das imaxes.

Para descubrir o Universo, imos mirar o ceo desde o noso planeta, a Terra.

Que obxectos luminosos ves no ceo? Todo o que ves son estrelas? Todos estes obxectos luminososforman parte do Universo. Saberías definir que é o Universo.

Se observas o ceo, verás que os astros non están sempre na mesma posición. Móvese tamén o noso planeta Terra?

Ten algo que ver o seu movemento cos días e coas noites?

E coas estacións do ano?

OBSERVANDO O UNIVERSO

6

Un interesante texto vaiche presentar cada unidade, para que poidas ver a ciencia aplicada ao mundo real.

No Sumario, avanzámosche os contidos da unidade.

48 UNIDADE 2 49UNIDADE 2

1.4. Os niveis de organización dos seres vivosComo xa viches, a célula é a peza básica de todos os seres vivos. Pero non todos os organismos teñen o mesmo número de células, polo que non todos teñen o mesmo nivel de complexidade. Segundo o número de células que os integran, podemos establecer unha primeira diferenciación entre os seres vivos:

• Organismos unicelulares. están constituídos por unha única célula. Aínda que poden asociarse de maneira independente.

Nos reinos das moneras e protoctistas só hai organismos unicelulares.

• Os organismos pluricelulares están formados por moitas células es- pecializadas. Cada unha delas realiza unha función determinada e por iso dependen unhas doutras para que o organismo poida realizar as súas fun-cións vitais.

Os reinos das plantas, animais e fungos están formados por organismos pluricelulares.

SABÍAS QUE…

A alga unicelular deno-minada Volvox asócia-se formando colonias esféricas. Cada célula pode realizar as fun-cións vitais de maneira independente.

12. Clasifica os seguintes organismos segundo sexan unicelulares ou pluricelulares.

Paramecio Araña Polbo Estrela de mar Lévedo Delfín Bacteria

ACTIVIDADES

Figura 2.6. Niveis de organización en organismos pluricelulares.

A célula é o nivel máis pequeno que ten vida.

O tecido é o conxunto de células do mesmo tipo cunha mesma función.

O órgano é o conxunto de tecidos cunha mesma función.

O sistema ou aparato comprende un conxunto de órganos que serven para realizar algunha das funcións vitais.

O organismo é o corpo ou a totalidade dun ser vivo.

A agrupación dos diferentes organismos orixina novos niveis de organización de maior complexidade, ata acadar o maior nivel de organización, correspon-dente á biosfera.

13. Clasifica cada imaxe no nivel de organización que corresponda.

Lagarta Manda de cabalos Neurona Lagoa Corazón

ACTIVIDADES

A poboación é o conxunto de individuos da mesma especie que habitan un mesmo hábitat.

O ecosistema é o conxunto de comunidades que interaccionan entre si e coa paisaxe.

A comunidade é o conxunto de poboacións que viven nun mesmo territorio.

A biosfera é o conxunto de ecosistemas que conforman o planeta Terra.

184 UNIDADE 6 185UNIDADE 6

2.2. O Sol e os planetasA. A nosa estrela, o SolO Sol é a estrela do noso sistema planetario. É tan grande que no seu interior poderían caber un millón de planetas como a Terra. Naceu fai 4.650 millóns de anos e atópase aproximadamente na metade da súa vida estable. Algún día transformarase nunha xigante vermella e cando morra converterase nunha anana branca.

Sobre a superficie do Sol aprécianse zonas escuras chamadas manchas sola-res. Son rexións do Sol algo menos quentes.

A luz e a calor do Sol son esenciais para todos os seres vivos. Grazas a esta enerxía, a Terra pode albergar vida tal como a coñecemos.

B. O planetas do Sistema SolarSon corpos celestes que orbitan arredor do Sol. A súa órbita ten forma de elipse, pero o Sol non está no seu centro. Están formados por gases, rochas e xeo. A Terra ten abundante auga en estado líquido, imprescindible para que exista vida.

Os planetas do noso sistema clasifícanse en dous grupos:

• Os planetas terrestres, rochosos ou sólidos. Mercurio, Venus, Terra e Mar-te. Son densos e están formados principalmente por rochas e metais. Teñen atmosferas lixeiras.

• Os planetas gasosos ou xigantes. Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Son pouco densos e están formados principalmente por gases e xeo. Teñen at-mosferas grosas e aneis de materiais sólidos que os rodean.

SABÍAS QUE…

Entre os centos de mi-llóns de estrelas da Vía Láctea, o Sol é unha es-trela moi normal. Nin moi grande, nin moi peque-na, nin moi quente, nin moi luminosa.

1. Como podes observar na imaxe anterior, o tama-ño dos planetas é moi variado. Pero non só teñen tamaños diferentes, tamén presentan outras ca-racterísticas que os diferencian como a súa com-posición ou a súa temperatura.a ) Saberías dicir en que planetas a temperatura

é maior? E menor?b ) Busca as temperaturas medias dos planetas

Mercurio, Terra e Neptuno. Son moi diferen-tes? Por que?

c ) Indica que posicións ocupan os planetas te-rrestres e os planetas gasosos con respecto ao Sol. Cales son os planetas interiores? Ca-les os exteriores?

d ) Ten en conta as respostas anteriores e expli-ca se atopas algunha relación entre a posición dos planetas e as súas características.

e ) Investiga de que están compostos os aneis que rodean algúns planetas. Que planetas presentan aneis?

PENSA E REFLEXIONA

Figura 6.3. O Sistema Solar.

Mercurio. É o máis próximo ao Sol e o máis pequeno. Non ten satélites.

Terra. É o terceiro planeta do Sistema Solar. Ata onde se sabe na actualidade, é o único planeta onde existe ou existiu vida.

Marte. É o cuarto planeta do Sistema Solar. É bastante semellantes á Terra, aínda que máis pequeno. Estase estudando que no pasado existiu auga líquida na súa superficie. Posúe dous pequenos satélites.

Xúpiter. É o maior planeta do Sistema Solar. O seu tamaño duplica o de todos os demais planetas xuntos. Pódese ver desde a Terra simple vista. Ten máis de 50 satélites e aneis tenues.

Venus. É o segundo planeta do Sistema Solar e o máis parecido á Terra en tamaño. Tamén posúe atmosfera. Rota en sentido contrario ao resto dos planetas e faino moi lentamente. Non ten satélites.

IMAXINA

Que te pousas na super-ficie de Saturno. Faríalo sobre unha capa fluída de hidróxeno e helio. Se mirases cara ao ceo ve-rías as súas numerosas lúas, de moitas cores e tamaños, e un fondo mul-ticolor dos aneis que o rodean.

Saturno. Sexto planeta do Sistema Solar. Rodéao un rechamante sistema de anei formados principalmente por partículas de xeo. Ten máis de 18 satélites.

Neptuno. Último planeta do Sistema Solar. De cor azul polo metano da súa atmosfera.

Urano. Sétimo planeta do Sistema Solar. É de cor verdeazulada pola súa atmosfera de metano. Tamén ten numerosos satélites e aneis.

5. Copia este crucigrama no teu caderno e complétao.1. Planeta coa auga en estado líquido. 2. Planetas formados por gases e xeo. 3. Planeta máis grande do Sistema Solar. 4. Tipo de atmosfera dos planetas rochosos.5. Forma da órbita dos planetas. 6. Planeta que puido ter auga líquida no pasado. 7. Segundo planeta do Sistema Solar.

ACTIVIDADES

1 2 3

4

5

6

7

Antes de empezar, Propo-ñémosche un reto: unha actividade para que coñe-zas que sabes dos novos contidos.

Para consolidar os teus coñecemento.

ACTIVIDADES

Exercicio resolto que che ensi-nará contidos importantes.

ACTIVIDADE RESOLTA

Actividades para aprender a ra-zoar.

PENSA E REFLEXIONA

Vas atopar actividades de diferen-tes tipoloxías para desenvolver diferentes aptitudes, e ademais in-formación adicional á marxe.

PROPOÑÉMOSCHE

UN RETO

APRENDEMOS A SER

CIENTÍFICOSActividades para investigar máis alá dos coñecemento que tes.

Experimentos científi cos para aprender como se resolve na práctica o estudado.

Desenvolvemento de contidosO texto está acompañado de imaxes reais e ilustradas que che van axudar a entender dunha forma clara e concisa a teoría. As infogra� as vanche amosar o que tes que aprender dunha forma doada e visual.

Page 2: Presentación da unidade

Axudas

Peche da unidade

Proxecto de investigación

152 UNIDADE 5

2.6. A importancia dos minerais e as rochasDos mineriais e das rochas obtemos moitas materias primas que utiliza o ser humano. Pero non debemos esquecer que se trta de recursos naturais non renovables.

Os xacementos son acumulacións naturais dun mineral que poden ser explo-tados para obter un rendemento económico. Nos xacementos atópanse as menas, que son os minerais dos que se poden extraer un elemento químico útil, xeralmente un metal.

Unha mina é a excavación que se realiza para extraer o mineral ou rocha. As minas poden ser a ceo aberto, como as canterias de granito, ou subterráneas, como as minas de carbón.

A. Minerais de interese económico

SABÍAS QUE…

O Instituto Xeomineiro de España é un dos máis importantes do mundo. Está en Madrid e é moi recomendable visitalo. Ten moitos obradoiros e actividades divertidas!Se está lonxe de onde vives, podes atopar moi-ta información, fotos, vídeos e actividades no seu web:http://www.igme.es/museo.

A halita, formada por cloruro sódico, é o sal común que utilizamos nas comidas.

Algúns minerais destacan pola súa beleza, como o diamante ou o topacio. Denominámolos pedras preciosas. Utilízanse en xoiería, ao igual que prata e o ouro.

O xeso utilízase na construción.

O cinabrio é unha mena de mercurio, como o que se utilizaba nos termómetros.A pirita, a magnetita e o hematita son menas de ferro.A galena é unha mena de chumbo.

12. Observa estas imaxes. Indica que mineral ou rocha se utilizou para fabricar os obxectos que aparecen.

Busca na túa casa materiais feitos con minerais ou rochas. Busca ben, poden estar na repisa da túa cociña, nas paredes, nunha pulseira ou, incluso, nun teléfono móbil. Anota catro e indica que rocha ou mineral se utilizou para crealo.

ACTIVIDADES

A teoría péchase cun Mapa semántico no que poderás ver os contidos vistos na uni-dade clasifi cando a súa impor-tancia por cores.

Dous proxectos de investigación, un de Xeoloxía e outro de Bio-loxía, para que profundices en cada unha desas cuestións.

201UNIDADE 6

MAPA SEMÁNTICO

formado por

GALAXIAS

exemplo

VÍA LÁCTEA

onde seatopa

estrela

SOL

forman

Eclipses

Días Estacións

Movementos

PLANETAS

terrestres gasosos

Mercurio Xúpiter

Venus Saturno

Terra Urano

Marte Neptuno

satélite

UNIVERSO

CORPOSMENORES

Asteroides

Cometas

Planetasananos

SISTEMA SOLAR

dan lugar adan lugar a

Rotación Translación

Lúa

As Actividades finais están formula-das para que acades os coñecementos imprescindibles, ademais están distri-buídas por conceptos e con cores de im-portancia como os do mapa semántico.

202 UNIDADE 6 203UNIDADE 6

ACTIVIDADES FINAIS

1.El Universo1. As palabras astroloxía e astronomía compar-

ten a mesma raíz grega (astro, astron: estrela), pero diferéncianse no seu sufixo (logia, logo: estudo; nomía, nomo: norma ou regra).

a) Busca nun dicionario o significado destas dúas palabras.

b) Tendo en conta o anterior, explica se o ter-mo astroloxía é o máis adecuado para a súa definición.

2. Co que aprendeches, intenta definir coas túas palabras os seguintes conceptos: planeta, estrela, galaxia, Universo.

2. O Sistema Solar3. Clasifica os planetas do Sistema Solar en gaso-

sos e terrestres. Que diferenzas existen entre eles?

4. E que se parecen e en que se diferencian un planeta e un planeta anano? Pon algún exemlo de cada tipo.

5. O soño de moitos astrónomos é poder pisar outros planetas do Sistema Solar diferentes á Terra. Non obstante, a día de hoxe, camiñar por estes planetas é imposible. Para cada un dos planetas do Sistema Solar, cita polo menos dúas características que fagan imposible a vida neles (podes buscar na Internet información sobre a súa atmosfera, temperatura, distancia do Sol, gravidade).

6. Poderiamos ver estrelas fugaces desde a Lúa? Por que?

7. O cometa Halley completa a súa órbita arredor do Sol en 76 anos de media. No ano 2011, este cometa pasou moi preto da Terra e deixou unha chuvia de estrelas que se observou desde dife-rentes puntos do noso planeta.

a) Por que, tratándose só dun cometa, deixou ao seu paso unha chuvia de centos e centos de estrelas fugaces?

b) Cando volverá estar o cometa Halley preto do noso planeta?

3. O Universo en constante movimiento8. Copérnico propuxo a teoría heliocéntrica por-

que con ela conseguía explicar mellor o move-mento dos astros. Non obstante, esta nova teoría tardou moito tempo en ser aceptada. Por que cres que puido acontecer isto?

9. Sinala se son verdadeiras ou falsas estas afir-macións. No caso de que sexan falsas, corrixe o erro.

• A órbita da Terra traza un círculo perfecto arredor do Sol.

• Cando no hemisferio Norte é primavera, no hemisferio Sur é inverno.

• En verán, os raios do sol inciden máis per-pendicularmente sobre a Terra que en inverno.

• A variación do eixe de inclinación dos raios do sol sobre a Terra é a única razón pola que existen as estacións do ano.

10. O movemento de rotación de Venus dura 243 días terrestres, fronte aos 225 días que emprega en dar unha volta ao Sol. É correcto dicir que en Venus os días duran máis que os anos? Razoa a túa resposta.

11. A inclinación do eixe de rotación non é a mesma para todos os planetas. Marte ten o seu eixe de rotación inclinado de maneira semellante á Terra. Pero Xúpiter e Urano son dous casos extremos. Xúpiter ten o eixe case vertical, mentres que o eixe de Urano está case horizontal sobre o plano da súa órbita.

Contesta as seguintes preguntas.a) Existen zonas con climas diferentes en Xú-

piter? Por que?

b) Hai estacións en Xúpiter? Por que?

c) Tendo en conta a inclinación do eix de Xú-piter, é correcto dicir que case todos os días de Xúpiter son equinoccios?

d) Como pode influír o eixe de rotación de Urano na duración dos días e das noites?

e) Hai equinoccios en Urano?

12. Observa os seguintes debuxos. Debuxa como verías a Lúa en cada unha das posicións Sol-Terra-Lúa. Que nome recibe cada unha das fases que debuxaches?

Agora imaxina que é lúa nova, debuxa no teu caderno a posición Sol-Terra-Lúa que corres-ponda con esta fase lunar.

13. Se se produce unha eclipse de Sol, pódese observar desde todas as partes da Terra? E unha eclipse de Lúa? Por que? Mira a seguinte imaxe. A sombra proxectada é a da Lúa sobre a Terra durante unha eclipse de Sol. En que parte do planeta Terra se está vendo unha eclipse de Sol? Nomea algúns países desde os que se poderá ver.

14. O GPS é un instrumento que nos permite ori-entarnos, indicándonos o punto no que nos atopamos e a dirección que debemos tomar para chegar a un determinado lugar. Como é posible que o GPS coñeza a localización exacta na que estamos? Que obxectos do espazo permiten o funcionamento deste dis-positivo? Explica como é posible que os ditos obxectos permanezan xirando arredor da Terra.

15. Le a seguinte lista de termos: Terra, Sol, Lúa, luz, planetas, rotación, translación, días, estacións, órbita, estrela, planetoide, Xúpiter, Venus, orientación, UA, cinto de Kuiper.

Distribúeos en tres círculos concéntricos, e escribe no círculo interior os que che parezan moi importantes, no segundo, os que creas que son importantes e, no círculo exterior, aqueles que che parezan curiosidades simple-mente. Elixe catro termos do primeiro círculo e defíneos.

Eixe de rotación

Plano da órbita

Xúpiter Urano

Para rematar a unidade, atoparás unha actividade de Aprender a aprender para relacionar o que viches na unidade co teu contorno, e en Mira ao teu redor, alterna-rase un breve proxecto de investigación e unha pregunta PISA.

204 UNIDADE 6 205UNIDADE 6

A contaminación lumínica

Le o seguinte artigo sobre a contaminación lumínica e responde as preguntas que se formulan ao final.

Contaminación lumínica e saúde ambiental: recomendacións básicas

Dentro do mundo dos contaminantes ambientais, atopámonos cun tipo de contaminación pouco co-ñecida, pero non por iso pouco estudada no noso contorno, como é a contaminación lumínica (CL).

Dunha maneira sinxela diremos que é o resplandor ou brillo que se pro-duce no ceo nocturno pola difusión incontrolada da luz artificial. O uso inadecuado de luminarias nas nosas cidades, o mal apantallamento da iluminación de exteriores, moitas veces dirixido cara ao ceo, xunto co au-mento de gases e partículas no aire, fenómeno máis acentuado nas nosas cidades, favorece unha maior dispersión da luz dá lugar á perda de visibili-dade do noso ceo. Non é este o único efecto adverso do exceso de luz arti-ficial, xa que durante a noite aféctalle ao noso hábitat ecolóxico e produce alteracións biolóxicas en animais e insectos e cambios de conduta; nalgúns casos, pode incluso causar a morte.

A CL nas cidades impide que o ollo humano poida gozar das máis de sete mil estrelas que poden apreciarse a simple vista en condicións de escuri-dade plena.

Recomendacións básicas

• Iluminar de arriba cara abaixo. Orientar os focos correctamente, non enviar luz ao ceo.

• Apantallar o feixe de luz.

• Utilizar lámparas de baixo consumo. Non lámparas de vapor de mercurio ou metais pesados, sempre utilizar as de vapor de sodio a baixa presión, xa que son as únicas con residuos inocuos.

Texto modificado. Texto orixinal: «Contaminación lumínica y salud ambiental. Recomendaciones bási-cas». Concello de Madrid.

Luz sen apantallamento.

Luz con apantallamento.

APRENDER A APRENDER

Como lle afecta á nosa saúde a contaminación lumínica?

• Estrés.

• Dor de cabeza.

• Alteracións do soño e funcións neuro-

endócrinas.

• Distraccións perigosas. Accidentes de tráfico.

• Problemas ecolóxicos (afástanse algunhas es-

pecies e rómpese o equilibrio ecolóxico).

Contesta as seguintes preguntas relaciona-das co texto: A contaminación lumínica.

a) Que é a contaminación lumínica?

b) En que lugares existe unha maior contamina-ción lumínica?

c) Como pode afectarlle á nosa saúde? E ao medio?

d) Que medios se poden usar para combatela?

e) Cres que é importante reducir a contamina-ción lumínica? Por que?

Breve proxecto de investigación. Viaxe a outros planetas do Sistema Solar

A través desta actividade… Viaxaredes cara a un planeta do Sistema Solar! Primeiro teredes que elixir o voso destino para despois planificar a vosa viaxe.

1. Formade un grupo de entre 4 e 6 persoas.

2. Elixide un planeta. Moito mellor se non está repetido!

3. Cales son as características fundamentais do voso planeta?

4. Reflexionade sobre estas preguntas: Que información nos dá coñecer o período de translación e de rotación do planeta? A que lle afecta a inclinación do eixe de rotación do planeta? Anotade a información deducida dos datos recollidos na táboa.

5. Elaborade unha táboa de requirimentos con todo o que precisaríades levar á vosa viaxe para poder sobrevivir no planeta. Para non vivir en soidade e poder comer, necesitaredes levar tamén outros seres vivos.

En función das características do planeta, debedes decidir que mecanismos utilizariades para que os seres vivos puidesen habitar nel. Non é necesario que existan. Utilizade a vosa imaxinación!

6. A que conclusións chegastes? Agora, podes facer unha posta en común na clase. Que condicións do planeta Terra fan posible a vida? Por que é tan importante coidar do noso planeta Terra?

Planeta Composición do aire

Temperatura ambiente Gravidade Período de

translaciónPeríodo de

rotaciónEixe de

inclinación

Que preciso?

Composición do aire

Temperatura ambiente

Necesidade de auga e alimentos Gravidade Horas

de luz

Amigos

Mascotas

Plantas

MIRA AO TEU REDOR

206 UNIDADE 7 207UNIDADE 7

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN: O detective da saúde ambiental

1. As nubes vanse cargando de gotas de auga ata que chega un momento en que teñen tantas que deben descargalas en forma de chuvia ou neve. Que nome recibe este proceso de descarga de auga?

2. As actividades humanas producen moitos residuos que contaminan a auga onde se verten. Que significados teñen as palabras r̀esiduo' e c̀ontaminante'?

3. A auga introdúcese polo solo por infiltración, as plantas do campo absórbena a través das súas raíces e emprégana para nutrirse, en que proceso a utilizan as plantas?

4. Os contaminantes empeoran a calidade da auga e os microorganismos patóxenos presentes na auga poden causar enfermidades infecciosas nos organismos que a inxiren, que tipo de microorganismos patóxenos existen?, que son as enfermidades infecciosas?

5. A acumulación de partículas contaminantes e microorganismos patóxenos empeora a calidade da auga, que nome recibe a auga neste caso?

6. As gotas de auga corren polo interior das covas cársticas e forman as estalactitas e as estalagmitas, en que consiste este proceso?

7. A auga utilizada para regar os parques a miúdo non é apta para o consumo humano, a que cres que se debe?

8. A paisaxe kárstica fórmase pola disolución da rocha calcaria, a cauda da acción da auga, e forma unhas covas moi características. Investiga onde poderías atopar unha cova kárstica.

9. Os microorganismos patóxenos da auga afectaron a flora intestinal do rapaz e provocáronlle gastroenterite. Que é a flora intestinal? En que consiste a gastroenterite?

10. Cando a auga quence pasa á fase gasosa. Que nome recibe este proceso? Desta maneira a auga ascende de novo ata as nubes.

11. O vapor de agua, ao ascender, arrefríase e as gotas volven ao estado líquido, como se chama este proceso? Desta maneira as nubes volven acumular gotas de auga no ceo.

212 UNIDADE 7 213UNIDADE 7

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN: O detective da saúde ambiental

Aínda que penses que son demasiado ríxida e que non me movo, o certo é que son dinámica. Estou en continuo movemento! Aínda que este é moi lento desde o punto de vista humano. Tamén son plástica, é dicir, defórmome cando a forza é o suficientemente elevada. Grazas a esta propie-dade, a plasticidade, observas pregamentos, montañas...

5. Observa ben a figura e marca os lugares donde se forman as rochas magmáticas que estudaches no texto. Explica como se forman.

6. Observa ben a figura e indica o lugar onde se forman as rochas metamórficas que xa estudaches, Xustifica a túa resposta.

Las placas se separan Las placas chocan Plegamientos alpinos

Volcán

Placa del Pacífico Placa de la Antártida Placa de Sudamérica

Nos bordes converxentes ou destrutivos, tamén chamados zonas de subdución, as placas colisio-nan entre si. Unha delas «subduce» baixo a outra, que ante a presión se prega e eleva ata formar as cordilleiras. O proceso recibe o nome de oroxénese e é o responsable da creación do relevo terrestre.

7. Agora que me coñeces mellor podes deducir moitos dos procesos xeolóxicos asociados aos bordes das placas tectónicas. Observa atentamente a ilustración inferior. Que che suxiren os puntos vermellos?

8. Sabes que é un volcan? Investiga e debuxa a estrutura dun volcán no teu caderno9. Por que hai volcáns nos bordes das placas? Busca nun mapa a distribución de volcáns na Terra. Que conclusións obtés?

Xusti�caas.

Focos superficiais

Astenostera

Focos superficiales

Focos intermedios 79-300 km

Focos profundos

300-600 km

Litosfera

Codia oceánica

Mar

Placa oceánica

Ri�

Cordilleira Costa

Volcáns

Escudo brasileiro

Placa continental

Astenostera

LitosferaCodia continental

O vulcanismo e a sismicidade son fenómenos asociados tamén aos bordes de placa. O magma, sometido a grandes presións e temperaturas sae á superficie a través dos volcáns. Os movemen-tos sísmicos ou terremotos prodúcense pola fricción ou colisión entre placas tectónicas, ou ben pola fratura destas, unha vez superado o límite de plasticidade.

Xa estamos na superficie! Aquí as cousas cambian e teñen lugar procesos impulsados polos fenó-menos atmosféricos, que dependen da enerxía solar, e pola atracción gravitatoria terrestre. Tamén interveñen a atracción gravitatoria do sol e a lúa. Son procesos xeolóxicos externos!

Os procesos xeolóxicos externos débense á actuación dos axentes xeolóxicos externos: atmos-fera, auga, vento e seres vivos que modelan o relevo formado nos procesos xeolóxicos internos. Prodúcense a meteorización, a erosión, o transporte e a sedimentación dos materiais, o que des-gastan o relevo producido nos procesos xeolóxicos internos. Ambos os procesos, que actúan de modo permantente, constitúen o ciclo xeolóxico, onde teñen lugar a construción e modelado do relevo, así como a formación das rochas e o solo.

10. Localiza nesta imaxe os procesos xeolóxicos externos. Investiga e describe en que consiste cada un de eles e pon exemplos.11. Saberías identificar no esquema os lugares onde se forman as rochas sedimentarias? Busca, define e pon exemplos dos tres

tipos de rochas que estudaches. Indica onde se forman.

Rochavolcánica

VolcánChuvia

VentoErosión

Rochaplutónica

Magma

Magma

SedimentaciónMar

Rochas sedimentarias

Rochas metamórficas

Transporte

Meteorización

Todas as páxinas web que aparecen no libro amplían a informa-ción e pódelas atopar no CEO.

Na web de recursos CEO vas atopar materiais de apoio: vídeos, infogra� as, actividades, etc.