Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra...

36
Maio 2007 Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo EDITORIAL A DIVISIÓN SEXUAL NO EMPREGO: A PRESENZA FEMININA EN POSTOS TRADICIONALMENTE MASCULINOS PEDRO BORRAJO. DELEGADO DA CONSELLERÍA DE TRABALLO "A INSERCIÓN DAS ALUMNAS DOS PROGRAMAS DE ESCOLAS E OBRADOIROS DE PONTEVEDRA É A MÁIS ELEVADA DE GALICIA"

Transcript of Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra...

Page 1: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Ma

io 2

007

Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

EDITORIAL

A DIVISIÓN SEXUAL NO EMPREGO: A PRESENZA FEMININA

EN POSTOS TRADICIONALMENTE MASCULINOS

PEDRO BORRAJO. DELEGADO DA CONSELLERÍA DE TRABALLO

"A INSERCIÓN DAS ALUMNAS DOS PROGRAMAS DE ESCOLAS E

OBRADOIROS DE PONTEVEDRA É A MÁIS ELEVADA DE GALICIA"

Page 2: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Revista informativa

Edita:Mancomunidade da Área

Intermunicipal de Vigo

Unidade de Promocióne Desenvolvemento

Dirección:Zara Pousa Arbones

Equipo editorial:Rosa Aguado López

María Alonso ReyBegoña Álvarez GonzálezCarmen Domínguez Paz

Blanca González de la CuestaJulio López Walliser

Silvana Martínez RodríguezAngeles Romero BelloXulio Troitiño Dapena

Colaboran neste número:Alumnado e Equipo Directivo / Docente

do OE “Plan Mondariz” de RianxoAlumnado e Equipo Directivo / Docente

do OE “A Freixeira II” de MoañaAlumnado e Equipo Directivo / Docente

do OE “Nordés” Equipo Directivo / Docente

do OE “Vilaboa” Pedro Borrajo Rivas

Mº Carmen González IglesiasSusana Alonso Pérez

Sergio Martínez PérezJosé Luis Abraira

Beatriz García FolgarRosa Mº de Santiago Martínez

Sara Vicente MartínezGloria Pascual Casal

M. Carmen Méndez Senlle

Unidade de Promocióne Desenvolvemento

Vía da Hispanidade, 17. 36203 Vigo

Teléfono: 986 423366Fax: 986 4714 44

e-mail: [email protected]: www.maiv.org/upd

Depósito legal: VG-129-2001

Imprime: Tórculo

Landra é unha publicación querespecta a liberdade de expresión. AUPD non comparte necesariamente a

opinión das persoas colaboradoras

EditorialA división sexual no emprego: a presenzafeminina en postos tradicionalmentemasculinos

PortadaO delegado provincial da Consellería deTraballo en Pontevedra, Pedro BorrajoRivas, fala sobre a Lei do Traballo enIgualdade

Escolas abertasAs titorías: espazos de reflexión e traballocara a construción de pensamentos e aaprendizaxe de actitudes non sexistas noámbito laboral e social

A educación como ferramenta básicapara a consecución da igualdade deoportunidades

Mesa redonda co equipo directivo edocente do OE Vilaboa para falar sobreas perspectivas laborais das alumnas-traballadoras

ObraquedobraColoquio con alumnas-traballadoras domódulo de construción do OE “PlanMondariz”

Son necesarias tantas actividadescomplementarias? Están ben deseñadas?

O camiño portugués

Coloquio co alumnado-traballador do OE"Nordés" sobre a igualdade deoportunidades das mulleres nos oficios detradición masculina

ApuntamentosUnha traballadora nun oficiotradicionalmente masculino

Muller empresaria, a superación persoale profesional nun mundo de homes

landra

Sum

ario

Page 3: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

A discriminación damuller ben de antigo e seasenta nunha organiza-ción social e nun pensa-mento androcéntrico queten adxudicado capaci-dades, actitudes e aptitu-des distintas a homes emulleres, conformando oque se coñece comoestereotipos de xénero.Estes estereotipos teñencondicionado non só arelación entre ambos,senón tamén a súa parti-cipación no mercadolaboral e na sociedade enxeral, asignando diferentesresponsabilidades, funcións e roles que colo-caron ao xénero feminino no ámbito privadoou reprodutivo, caracterizado pola subordi-nación e as desvantaxes; mentres que aomasculino se lle cedeu o desempeño naesfera pública ou produtiva, con privilexios econ dereitos superiores aos da súa conxéne-re, que pasou a ser a metade invisible.

A modo de pincelada anecdótica, aocomezo da editorial recóllese un fragmentode texto que amosa como os pensamentosestereotipados poden converterse en leisrestritivas non sustentadas en criterios obxec-tivos. En dito fragmento pódese entrever que

a percepción da mullercomo sexo débil serviupara xustificar a aproba-ción1 , a mediados doséculo pasado, dun realdecreto que lle prohibíao exercicio de diversastarefas propias de activi-dades económicascomo as das industriasforestais, o traballo enpedras e terras, as dasindustrias das constru-cións, etc. E dado queas leis poden facilitar ouobstaculizar os cambiosna sociedade, dito realdecreto, vixente ata o

1995, sen ser responsable das trabas labo-rais ás que se ten enfrontado a muller, nonaxudou a mellorar a visión social e a posi-ción no espazo público da metade dapoboación. Ao contrario, lexitimou a crenzada "inferioridade biolóxica" da muller cara adesempeñar determinados postos de traba-llo, normativizando unha segregación sexualxa presente no imaxinario colectivo, limitan-do o dereito ao traballo que toda persoa tenpara poder permitirse unha vida digna e,polo tanto, discriminando directamente aunha parte da poboación.

1BOE de 26 de agosto de 1957

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

3

Edito

rial

A división sexual no emprego: apresenza feminina en postostradicionalmente masculinos

Os estereotiposde xénero teñencondicionadonon só a relaciónentre ambossexos, senóntamén a súaparticipación nomercado laboral

"El alto concepto que en general al español merecela mujer y la atención que de manera especial debe serpuesta en evitar que un trabajo nocivo pueda perjudicarsu naturaleza (…)"

Decreto do 26 de xullo de 1957 que regulaba os traballos prohi-bidos aos menores de 18 anos e ás mulleres.

Page 4: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

Na actualidade, as intervencións das

diferentes administracións públicas van na

liña de superar as desigualdades de xénero a

través da aprobación de leis2 e o deseño de

medidas e accións correctoras que promo-

van a igualdade de trato entre homes e

mulleres e, polo tanto, a construción de

sociedades máis equitativas. E é que a pesar

de que nas últimas décadas se ten incre-

mentado considerablemente a incorpora-

ción da muller ao mercado laboral, non obs-

tante non se está producindo en clave de

igualdade. A separación entre os espazos

ocupacionais que ocupan mulleres e homes

persiste, e se segue materializando en dous

tipos de segregacións: a horizontal, que

determina a concentración das mulleres e

homes en determinados sectores, estable-

cendo unha división entre empregos femini-

nos e empregos masculinos; e a vertical ou

"teito de cristal", referida aos obstáculos aos

que se enfrontan as mulleres para optar a

postos directivos, de responsabilidade ou

prestixio.

Centrándonos na segregación horizontal,os convencionalismos sociais e a anterior-mente mencionada adxudicación diferen-ciada de capacidades, actitudes e aptitu-des continúan determinando as elecciónsprofesionais, de tal maneira que os mozos seseguen decantando por estudos e traballostradicionalmente masculinos e as mozas porestudos e traballos tradicionalmente femini-nos que están vinculados ao rol exercido noespazo doméstico e cuxas condicións labo-rais amosan unha maior precariedade e

eventualidade..

A superación desta situación debe ser un

dos retos da educación, en todas as súas

vertentes, logrando que todos e todas tome-

mos conciencia de que podemos e temos

dereito a ocupar calquera emprego, deben-

do romper coa tendencia histórica de dividir

ocupacións por razón de xénero.

No caso do programa de escolas obra-

doiro e obradoiros de emprego, o seu carác-

ter de centros nos que se capacita en oficios

a través da formación en alternancia coa

práctica laboral, convértenos en valiosos ins-

trumentos de cambio social na medida en

que cualifican a futuras e futuros traballado-

res que poden actuar como axentes que

incorporen unha visión máis equitativa das

relacións entre sexos, trasladándoa tanto á

esfera pública como á privada.

Un aspecto salientable destes proxectos é

que, en termos xerais, hai unha tendencia a

que a muller teña unha maior presenza -65%

sobre o total-, xa que os elevados índices de

desemprego feminino sitúanas como colec-

tivo preferente nas medidas activas de

emprego. Estes datos que resultan positivos

de cara a favorecer o seu acceso ao mer-

cado laboral tras unha mellora da súa cuali-

ficación, non obstante non se acompaña de

cifras de inserción laboral óptimas. Polo con-

trario, a análise3 dos seguimentos de inser-

ción realizados ao alumnado traballador

reflicten como son eles os que atopan con

maior facilidade un posto de traballo..Unha

2Ley Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, paraa igualdade efectiva de mujeres y hombres, cuxoámbito de aplicación é a nivel estatal, e Lei2/2007, do 28 de marzo do Traballo en Igualdadedas Mulleres de Galicia

3A UPD da MAIV ten redactado un informesobre a "Inserción no programa de EscolasObradoiro e Obradoiros de Emprego da Provinciade Pontevedra (2002-2004)". www.maiv.org/upd

Edito

rial

4

A pesar de que nasúltimas décadas seten incrementadoa incorporación damuller ao mercadolaboral, non se estáproducindo enclave de igualdade

Page 5: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

5

Edito

rialdas razóns fundamentais atópase nas

características das especialidades que habi-tualmente se desenvolven nestes proxectose que están vinculadas a actividades daconstrución nas que a muller está subrepre-sentada, o que a sitúa en desvantaxe cara oposterior acceso ao mercado laboral.

Sendo conscientes de que se debe tra-

ballar cara a superación desta división

sexual no traballo, nesta nova etapa da

Unidade de Promoción e Desenvolvemento

da MAIV ten un peso significativo as actua-

cións en materia de igualdade. Neste senso,

cobra especial incidencia o deseño de

estratexias que favorezan a inxerencia das

alumnas traballadoras no mercado laboral,

especialmente cando se trate de especiali-

dades vinculadas a ocupacións tradicional-

mente masculinas. Este labor irá encamiña-

do a favorecer a superación de, por unha

banda, as barreiras persoais e motivacionais

das propias mulleres respecto ao seu

desempeño laboral nesas ocupacións; e,

por outra banda, a actitude remisa do

empresariado do sector cara a súa contra-

tación.

Nestes primeiros meses estase a deseñar

unha campaña de sensibilización do

empresariado que permita comezar a derri-

bar estereotipos sexistas que infravaloran as

capacidades profesionais das mulleres que

participan nestes proxectos e, polo tanto, as

invisibiliza como posibles persoas a incorpo-

rar as súas organizacións empresariais.

Trátase dunha campaña que se vai levar a

cabo co apoio do equipo do proxecto

Equal "Conta con Elas" da Mancomunidade

da Area Intermunicipal de Vigo, que dedica

os seus esforzos a incorporar a igualdade de

oportunidades no mundo empresarial.

Un dos primeiros produtos, no marco

desta acción, consiste nun políptico co que

se busca vender capacidades e favorecer o

incremento das contratacións femininas en

empresas que desenvolven actividades vin-

culadas a profesións tradicionalmente mas-

culinas. Este material será achegado ás

empresas coas que traballa o equipo de

Conta con Elas e tamén será distribuído aos

proxectos de escolas obradoiro e obradoiros

de emprego, como apoio ao labor de pros-

pección que desenvolven os equipos direc-

tos.

A finalidade última é que quen contrata

se percate de que

EELL AASS ttaamméénn ssaabbeenn,,

ssaabbeenn ffaacceerr,,

ssaabbeenn eess ttaarr

Page 6: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

6Po

rtad

a

Por que considera que foi necesaria aaprobación da Lei do Traballo enIgualdade das Mulleres? Que resultados seesperan alcanzar coa súa aplicación?

A análise da sociedadeactual amosa unha realida-de: o colectivo das mulle-res está marcado poladesigualdade. Ás veces éobrigado preguntarsecomo é posible que aíndaquede tanto por facer, apesar do importante desen-volvemento lexislativo enmateria de emprego e rela-cións laborais, e do impulsodado dende os ámbitos danegociación colectiva, ins-trumentos ambos con grancapacidade transformado-ra na aplicación do princi-pio de igualdade. As condi-cións herdadas do pasado,a construción social na que

nos desenvolvemos, conducíronnos a asumir

a desigual situación de mulleres e homes

como unha característica da vida e non

como unha interpretación unilateral imposta

pola forza en beneficio dun grupo dominan-

te.

Só accións colectivas e políticas, cons-

cientes de toda a complexidade que ence-

rra o traballo e o uso do tempo como pro-

xecto de vida, unidas a accións individuais,

darán lugar a cambios profundos. O contra-

rio son trabas estructurais cara a un proxecto

social realmente igualitario.

Esta lei supón elevar ás máis altas esferas

da acción política a aplicación do principio

de igualdade entre mulleres e homes. Trátase

dunha lei valente, comprometida, medible e

con achega de recursos. Estou seguro de

que constituirá o alicerce para a conquista

do benestar que aproxime a sociedade

galega ás expectativas democráticas máis

avanzadas do século XXI.

“O índice de inserción dasalumnas dos programasde escolas e obradoirosde Pontevedra é o máiselevado de Galicia”

O delegado provincial da Consellería deTraballo en Pontevedra, Pedro Borrajo Rivas, falada Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres

Pedro Borrajo Rivas

Page 7: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

7

Port

ada

Que opinión ten respecto á responsabi-lidade social das empresas en materia deigualdade?

Todos e todas sabemos que hai moitísi-mo camiño por andar neste terreo, tantopolo que respecta á igualdade de oportuni-dades na promoción da carreira profesional,como no referente á conciliación de traba-llo e vida familiar. Non obstante, naConsellería de Traballo constatamos a pro-gresiva sensibilización por parte do empresa-riado. Boa proba disto é a súa constantecolaboración á hora de sentar a traballarpara chegar a acordos positivos paraambas partes, e o seu compromiso na sina-tura do Acordo polo Emprego, froito doDiálogo Social, que inclúe un pacto especí-fico precisamente sobre a responsabilidadesocial empresarial.

Tendo en conta á realidade dasempresas galegas, na súa maioría peque-nas e medianas empresas, realmente éfactible a incorporación de plans deigualdade? Como se vai a apoiar dende aadministración para favorecer a súa apli-cación?

Ben, a Lei do Traballo en Igualdadeinclúe, concretamente no artigo 12 do TítuloII, o apoio económico e técnico para aimplantación voluntaria de plans de igualda-de, así como doutras medidas de promo-ción da igualdade. En virtude deste artigo, aConsellería de Traballo subvencionará acontratación de persoal especializado desti-nado a asesorar na elaboración dos plansde igualdade. Ademais, serán convocadasanualmente axudas especialmente dirixidasás pequenas e medianas empresas conlimitados recursos económicos.

Asemade, na lei faise referencia ao dis-tintivo da Marca Galega de Excelencia enIgualdade, considera viable que asempresas galegas tendo en conta de novoo seu tamaño e capacidade organizativapoidan cumprir os requisitos cara a súaobtención?

Estamos seguros de que si. De feito, a leidedica un capítulo enteiro á Marca Galegade Excelencia en Igualdade. A súa conce-sión fundamentarase en distintos paráme-

tros, que inclúen desde a existencia dunha

adecuada representación de mulleres na

empresa, a adopción de medidas de

acción positiva, garantías de igualdade na

retribución e melloras dos dereitos de conci-

liación dos traballadores e traballadoras, ata

cuestións como a publicación de publicida-

de non sexista, a implantación de medidas

contra o acoso sexual ou moral, ou a

implantación de medidas para a preven-

ción de riscos laborais das mulleres.

Nesta lei faise tamén referencia á crea-

ción dunha unidade administrativa de

igualdade. Cal será o seu obxectivo?

Tendo en conta que xa funciona o Servizo

Galego de Igualdade, esta nova unidade

vai traballar coordinadamente con dito

servizo?, e se é así, como? Ou, actuará de

xeito independente?

Por suposto, funcionará coordinada e vin-

culada funcionalmente co departamento

da Administración autonómica competente

en materia de igualdade, con funcións de

asesoramento en materia de xénero, para o

impulso da participación equilibrada de

mulleres e homes nos postos de traballo do

citado departameto, e o deseño de forma-

ción en materia de igualdade, por exemplo.

“a Consellería deTraballosubvencionará acontratación depersoalespecializadodestinado aasesorar naelaboración dosplans de igualdadedas empresas”

Page 8: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

8Po

rtad

a

Por que a necesidade desta unidade?

Reitero a idea que plantexei inicialmente: éevidente que a pesar da normativa legalque ampara ás mulleres como iguais res-pecto dos homes, en materia laboral ascifras nos demostran claramente que non éunha igualdade efectiva. O 54% das mulle-res que traballan fóra da casa concéntranseen só o 13% das actividades; só o 4% dasmulleres que traballan o fai nos sectores conmáis oportunidades de traballo, nos que seemprega ao 60% da poboación; o salariomedio das mulleres é o 73% do dos homes;as mulleres directivas teñen só o 20% depeso nas ocupacións de dirección; porcada 14 homes ocupados hai 10 mulleres, epor cada 10 homes parados hai 16 mulleresdesempregadas; 4 de cada 10 mullerespadece precariedade laboral, que afectasen embargo a 3 de cada 10 homes; e só o34% dos afiliados por contra propia sonmulleres.

Son cifras que argumentan plenamente adecisión de crear unha unidade específicapara a igualdade das mulleres no mundolaboral.

Unha clave da dificultade no acceso aoemprego das mulleres está en que aíndase asume en solitario o rol reprodutivo. Nalei faise referencia a medidas de concilia-ción como os bancos municipais de tempoe as redes comunitarias de apoio á conci-liación. Que actuacións se deberían con-templar para que os homes participenactivamente, e, polo tanto se evite que ao

final se convertan en espazos comunitarios

feminizados?

A experiencia desenvolvida ata o de agora

noutros países e mesmo noutras

Comunidades Autónomas españolas revela

o éxito deste sistema en ambos sexos, non só

para axudar a repartir os tempos de homes

e mulleres, senón como unha nova fonte de

ocio. Os mozos e mozas son moi receptivos

a este tipo de experiencias, pero agardamos

que, coa conveniente difusión e promoción

por parte dos concellos, se consiga a partici-

pación de cidadáns de todas as idades. Hai

que lembrar que a única unidade de inter-

cambio é o tempo, e que se se trata dunha

iniciativa sen límite de idade, na que os

nosos maiores tamén poden encontrar

espazos de interese.

Centrándonos no programa de escolas

obradoiros e obradoiros de emprego, as

mulleres supoñen, como mínimo, o 64%

das persoas que participan nestes proxec-

tos. En que grao as especialidades que se

desenvolven sistematicamente na provin-

cia de Pontevedra permiten que as mulle-

res que se capacitan nestes proxectos

accedan ao mercado laboral?

A elección de especialidades que se desen-

volven en obradoiros e escolas correspónde-

se coas necesidades do mercado laboral e

coas necesidades de inserción laboral da

muller. A provincia de Pontevedra presenta

os índices de inserción feminina máis altos

de Galicia nestes programas. De feito, en

servizos culturais é á comunidade onde se

rexistra unha porcentaxe de inserción de

alumnas do 75%; na industria de madeira e

cortiza un 65%, e un 60% en módulos agro-

forestais.

Pedro Borrajo Rivas

Page 9: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

9

Port

ada

Para acadar estes resultados poranse enmarcha medidas como potenciar acciónsformativas para capacitación de mulleresen tecnoloxías da información e da comuni-cación, potenciar formas de traballo quefavorezan a conciliación laboral (teletraba-llo, horario flexible,...) ou a través do apoio aservizos de coidado de fillos e persoasdependentes.

O índice de inserción das alumnas traba-lladoras saíntes dos proxectos de escolasobradoiro e obradoiros de emprego ébaixo. Ademais da incorporación dunmódulo de formación complementariasobre "sensibilización en igualdade dexénero", que outras medidas se prevéndende a Consellería de Traballo en xeral edende a Sección de Escolas, en particularpara potenciar a inserción das mulleres,especialmente aquelas que se capacitanen empregos tradicionalmente masculi-nos?

Como xa lle comentei, os índices de inser-ción das alumnas destes programas mixtosde formación e emprego son os máis altosde Galicia. Para mellorar as porcentaxes, aConsellería de Traballo leva a cabo iniciati-vas de grande importancia e pioneiras den-tro do Estado, entre as que destaca a apro-bación da Lei do Traballo en Igualdade dasMulleres en Galicia e o apartado de igual-dade no Acordo polo Emprego asinadopola Xunta coa patronal e os sindicatos. Coneste acordo marcámonos uns obxectivosambiciosos, como reducir o paro rexistradofeminino en 65.500 mulleres e acadar unhataxa de paro feminino do 12% no 2.009.Nese mesmo ano, pretendemos chegar ás482.000 afiliadas e a unha taxa de empregodo 57%. Así mesmo, búscase unha reduciónda segregación ocupacional das mulleresnos sectores onde estean subrepresentadas,incrementando a súa presenza en 10 pun-tos.

Por último, que nos pode adiantar respec-to ao Plan Galego de Emprego Feminino,ao que se fai referencia na Lei e, en con-creto, como se tratará de favorecer a inser-ción laboral das mulleres do rural que sonas que se atopan con maiores dificultadesde acceder ao mercado de traballo?

Segundo especifica a propia lei, o PlanGalego de Emprego Feminino consideraráespecialmente a participación das mulleresrurais e do sector marítimo-pesqueiro nodesenvolvemento sustentable. En virtudedeste plan, a Consellería de Traballo, encolaboración co departamento da Xuntacon competencias en Igualdade, coordi-nará cos concellos de Galicia medidas deorientación e formación laboral. Como élóxico, estas medidas serán acordes ao teci-do produtivo de cada municipio.

“como especifícaa lei, en virtude doPlan Galego deEmpregoFeminino, aConsellería deTraballo e odepartamento daXunta concompetencias enigualdade deoportunidades,coordinarán cosconcellos deGalicia medidasde orientación eformación laboral”

Page 10: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

10Es

cola

s abe

rtas

As titorías: espazos de reflexión e traballocara a construción de pensamentos e aaprendizaxe de actitudes non sexistas noámbito laboral e social

O acceso, permanencia e a promoción

das mulleres no mercado laboral ven deter-

minada por unha serie de barreiras sociais e

culturais establecidas no reparto de roles

masculinos e femininos na nosa sociedade

que derivan de situacións como a dificulta-

de para conciliar a vida persoal, familiar e

laboral, a segregación ocupacional, a discri-

minación laboral, etc.

Como unha das múltiples medidas para

paliar estas desigualdades, dentro dos pro-

xectos de obradoiros de emprego estase a

favorecer a inserción laboral das mulleres a

través de accións positivas aumentando a

súa porcentaxe de participación na procura

de que accedan a unha cualificación pro-

fesional que mellore as súas posibilidades

dentro do mercado laboral en oficios nos

que tradicionalmente están subrepresenta-

das, como no caso que nos ocupa, o obra-

doiro de emprego "Petroglifos II", nas espe-

cialidades de: construción, carpintería e

medio ambiente.

A través das titorías, tanto individuais

coma grupais, que se realizan de forma

continuada co alumnado traballador dos

proxectos, evidéncianse, en moitos casos,

certos aspectos que incrementan as dificul-

tades das mulleres para manterse no mer-

cado de traballo.

Un destes aspectos é o seu descoñece-

mento do que conleva ter un traballo remu-

nerado e do valor que pode ter no seu pro-

xecto de vida. As mulleres que participan

nos obradoiros de emprego como alumnas

traballadoras, na maioría dos casos, teñen

escasa información sobre o mercado labo-

ral, descoñecen os requirimentos actuais

para a permanencia no ámbito ocupacio-

nal, teñen máis dificultades para clarificar os

motivos e prioridades polas que queren

seguir traballando, manifestándose un claro

desaxuste entre as súas expectativas e a

actual realidade do mercado laboral.

Estes aspectos trabállanse de xeito indivi-

dual e grupal dende as titorías, centrándose

en tres puntos clave: motivación persoal,

información e orientación laboral e organi-

zación do tempo.

O traballo de titoría iniciase cun achega-

mento persoal para recompilar información,

a partir do cal comeza un proceso de refle-

xión na procura de que cada unha identifi-

que e valore aspectos e recursos persoais e

profesionais positivos relevantes para a súa

posterior inserción e permanencia no mer-

cado laboral.

Mª Carmen González Iglesias Directora do OE “Petroglifos II” de Campolameiro

Susana Alonso Pérez Titora do OE “Petroglifos II” de Campolameiro

Sergio Martínez Pérez Administrativo do OE “Petroglifos II” de Campolameiro

Page 11: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

11

As entrevistas individuais e as accións gru-pais permiten levar a cabo distintas activida-des nas que se orienta ás mulleres de xeitopersonalizado traballando a autoestima e oreforzo persoal, mediante unha autoanáliseque permite a clarificación dos propios valo-res, actitudes e comportamentos, así comoos seus intereses e preferencias no ámbitoocupacional. Incídese en que coñezan eanalicen tamén o que o desenvolvementodunha actividade laboral lles vai esixir, ascualidades que demandan as empresas, ascondicións laborais, as posibilidades deinserción na profesión na que se están a for-mar.

En canto á organización do tempo, pro-curase que as alumnas traballadoras visibili-cen cal é a distribución nos usos do tempo ede canto dispoñen realmente para dedicarao emprego, xa que isto vai influír de xeitodecisivo na aceptación ou rexeitamento dedeterminadas condicións laborais. A apren-dizaxe de actitudes e comportamentos pla-nificadores, facilita que a toma de decisiónsposterior sexa máis consciente, razoable eresponsable.

Neste sentido, un aspecto fundamental ésensibilizar na corresponsabilidade, aspectoaínda utópico xa que a realidade con quenos atopamos é que a maior parte dasmulleres teñen cargas familiares e seguenasumindo case en exclusividade a realiza-ción do traballo no ámbito doméstico e ocoidado de persoas dependentes, tanto demenores coma de maiores, aspectos que

no rural fanse se cabe máiscomplicados de resolver, xa quehai unha carencia de servizos erecursos no contorno próximoque incrementan as dificultadespara que as mulleres poidan

permanecer no mercado laboral unha vezrematado o obradoiro de emprego.

Acadar o logro dunha conciliación real,ten que pasar por un cambio de valoressociais e un recoñecemento do traballofamiliar tradicionalmente asignado ás mulle-res. A corresponsabilidade debe supoñerque tanto as mulleres coma os homesdesenvolvan por igual as tarefas vinculadasaos quefaceres do ámbito doméstico e ocoidado das persoas dependentes, estacoparticipación facilitaría a difusión social dovalor dun traballo que tradicionalmentepasou desapercibido por ser infravalorado einvisibilizado sen terlle asignado un valorcuantitativo a través da súa remuneración, eneste sentido queda moito camiño porandar.

Esco

las a

bert

as

Alumnado traballadordo OE “Petroglifos II”

Alumnado traballadordo OE “Petroglifos II”

Page 12: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

Neste senso debería darse unha correla-

ción entre a obrigatoriedade que na orde de

convocatoria de obradoiros de emprego se

esixe de incorporar un 64% de mulleres entre

o alumnado traballador coas especialida-

des escollidas polas entidades promotoras,

pasando das clásicas centradas na constru-

ción e oficios tipicamente masculinizados a

outras máis centradas no sector servizos, moi

demandadas no mercado laboral, e onde

as mulleres poden facer realidade de

maneira efectiva o obxectivo destes progra-

mas.

Outra realidade dos obradoiros de

emprego é que moitas das mulleres que

participan nos proxectos pasan de dedicar o

seu tempo as tarefas propias do fogar á rea-

lización dun oficio tradicionalmente masculi-

no que mentres están no obradoiro de

emprego e grazas ao horario con xornada

continua son capaces de compatibilizar

pero que, unha vez rematado, representa en

moitos casos un salto demasiado grande

provocando unha finalización anticipada da

súa andaina profesional.

Dende o obradoiro de emprego procura-

mos unha concienciación para que sexan

elas mesmas as que inicien cambios signifi-

cativos cando acceden ao traballo, e da

continuidade dos mesmos unha vez finaliza-

do, favorecendo a adaptación e equilibran-

do a balanza das responsabilidades domés-

ticas entre todos os membros da familia.

A nivel social e laboral é preciso un impul-

so que fomente a sensibilización nas empre-

sas e organismos para que asuman o com-

promiso de poñer en marcha plans de igual-

dade levando á práctica medidas que favo-

rezan a permanencia e promoción das

mulleres nas empresas incorporando

accións positivas como poden ser a flexibili-

zación de horarios, redución das xornadas

laborais, servizos de gardería,… como prác-

ticas habituais nas súas políticas de recursos

humanos.

Esco

las a

bert

as12

Alumnado traballadordo OE “Petroglifos II”

Alumno traballador doOE “Petroglifos II”

Page 13: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

Esco

las a

bert

as

13

A situación da muller no mercado de tra-

ballo está marcada por un aumento signifi-

cativo da súa participación diminuíndo a

taxa de paro e presentando unha evolución

positiva moi superior á dos homes, pero non

se reflicte unha diversificación do emprego e

a incorporación plena ós dereitos sociais e

económicos é aínda considerablemente

deficitaria.

Outras características do emprego femi-

nino, segundo o Instituto da muller son as

seguintes:

- A gran maioría das traballadoras subs-

criben contratos de emprego a tempo par-

cial. Estes contratos supoñen ademais da

reducción da xornada, a realización de tra-

ballos dunha clase inferior e con poucas

posibilidades profesionais

- A falsa crenza de que o absentismo

laboral é maior nas mulleres que nos homes

- Non existe diversificación de emprego,

o 80 % do emprego feminino concéntrase

nos sectores de comercio, agricultura, edu-

cación, sanidade e téxtil, apreciándose ade-

mais unha subrepresentación das mulleres

nos niveis superiores destes sectores.

- A segregación laboral horizontal (traba-

llos propios de mulleres) e segregación verti-

cal (escaseza de mulleres en postos de res-

ponsabilidade).

Partindo do coñecemento desta situa-ción na que na actualidade se atopa apoboación feminina cómpre reflexionarsobre a función dos obradoiros de empregocomo instrumentos de formación e inserciónlaboral de mulleres. Os obradoiros deemprego son instrumentos moi axeitadospara modificar estructuras e actitudes ten-dentes á igualdade entre homes e mulleres.

A educación é a ferramenta básica paraa consecución da igualdade de oportunida-des entre homes e mulleres e un elemento

indispensable para a autonomía das mulle-res e para que podan exercer os dereitosque lle corresponden.

A educación como ferramentabásica para a consecución daigualdade de oportunidades

José Luis AbrairaDirector do Obradoiro de Emprego “Plan Mondariz”

Alumnas traballadorasdo OE “Plan Mondariz”

Page 14: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

14Es

cola

s abe

rtas Pese ao cambio tan significativo que nos

últimos anos se produciu no referente á edu-cación das mulleres como é a escolariza-ción total das nenas durante a educaciónobrigatoria e o acceso a universidade, aíndaas mulleres presentan unha porcentaxe moisuperior ás dos homes na taxa de analfabe-tismo e unha escasa presenza de mulleresen carreiras relacionadas coa ciencia e atecnoloxía.

A educación é un factor clave nesteavance, favorecendo as experiencias iguali-tarias e contribuíndo á superación dos pre-xuízos, estereotipos e a construción da iden-tidade persoal do alumnado coma homes emulleres. A falta de recoñecemento as con-tribucións femininas, a escasa representa-ción de mulleres nos niveis de maior prestixioe os estereotipos que os materiais didácticosson factores tendentes a reproducir as

expectativas do que tradicionalmente se

considera asumible polos homes e as mulle-

res. Dende a educación é preciso fomentar

actitudes críticas ante estas pautas que a

sociedade impón como modelos a seguir e

que levan resultados negativos para a convi-

vencia entre homes e mulleres e que sope-

sen ademais unha barreira para o desenvol-

vemento persoal e profesional da muller.

A educaciónfavorece asexperienciasigualitarias econtribúe ásuperación dosprexuízos,estereotipos e aconstrución daidentidade persoaldo alumnado comahomes e mulleres

Alumna traballadorado OE “Plan Mondariz”

Page 15: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Esco

las a

bert

as

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

15

“Hai que cambiar amentalidade non só doempresario senón dostraballadores e da propiasociedade”

Mesa redonda co equipo directivo e docentedo OE “Vilaboa” para falar sobre as perspectivaslaborais das alumnas traballadoras

A UPD da Mancomunidade de Vigo organizou un coloquio coequipo directivo e docente do obradoiro de emprego de Vilaboapara abordar temas como o traballo das alumnas traballadoras noOE, a relación cos seus compañeiros homes e a súa futuraintegración no mercado laboral. Participaron na mesa redonda odirector, José Luis Marchetto, a titora, Adela Uríz, e os docentes, RosaMaría Campelo (Medio Ambiente), José Gallego (Albanelería),Ramón Rodríguez (Fontanería) e Mario López (Carpintaría).Moderaron o debate Silvana Rodríguez e Xulio López da UPD.

José Luis Marchetto,Silvana Martínez, RamónRodríguez, José Gallego,Mario López, Adela Uríz eRosa Campelo

Page 16: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

16

Silvana: Cales son as dificultades coasque se atopan as mulleres nestes oficios,tanto no proceso de formación como ahora de acceder ao mercado laboral?

José: Un dos obxectivos que ten o obra-doiro e formar e capacitar ao alumno parasaír ao mercado laboral. Teoricamente epracticamente. E iso se consigue. A dificulta-de máis grande está, penso eu, na mentali-dade dos empresarios á hora de contratar axente. O problema da integración está nomomento en que un empresario lle ten quedar un traballo a unha muller. Non porquenon estean capacitadas. As mulleres sonigual de competentes. Habería que facerunha labor de sensibilización do empresaria-do, polo menos no sector da construción.

Mario: No primeiro obradoiro que tiven o100% eran mulleres. Entrei con certo reparo.Ao longo dese primeiro obradoiro fóisemecambiando a mentalidade, e hoxe en díaprefiro formar mulleres e non homes.Traballan mellor, dunha forma máis organiza-da, ordenada e limpa. Polo menos a maioríadelas.

Polo que respecta a inserción das mulle-res, creo que moitas veces elas mesmas nonqueren entrar no mercado laboral, pois oshorarios e salarios das empresas son moitomenos vantaxosos que nun obradoiro deemprego. Moitas mulleres buscan unha xor-nada continua para poder seguir atendendo

as súas labores domésticas, entón cando setrata de traballar en fábricas non teñen pro-blema, pero nas empresas de carpinteríasoamente teñen xornada partida.

José: Penso que o salario tampouco asanima a traballar, porque o que pagan asempresas é moi pouco.

Ramón: Creo que a muller é tan válidaou máis que calquera home e quizá comodixo o meu compañeiro o problema esteanos empresarios, polo menos nun 60%. Perocreo que tamén estamos nunha sociedadeque é bastante machista e moitas veces sonos propios traballadores os que impiden aintegración da muller no mercado laboral.Nós mesmos, os homes, ás veces somosbastante remisos a ter como compañeira detraballo a unha muller. Moitas veces os tra-balladores discriminan as súas compañeiras.Din cousas como "que fan estas aquí, a queveñen" ou búrlanse delas. Moitas vecescando se pide un fontaneiro e aparece polaporta unha muller, é a propia ama de casaa que é remisa a aceptar esa situación. Haique cambiar a mentalidade non só doempresario senón dos traballadores e dapropia sociedade. Habería que cambiar orol da muller na casa, que se encarga caseexclusivamente das labores domésticas. Oshomes temos que compartir esas labores eos pais temos que educar aos fillos na igual-dade.

Esco

las a

bert

asAlumnado traballador doOE “Vilaboa”

Page 17: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

17

Esco

las a

bert

as

Rosa: No eido forestal acéptanse demellor maneira as mulleres. Son máis curio-sas e ordenadas, tanto no labor de rozacomo de acordoado. Se pode haber certaslimitacións no aspecto físico en traballoscomo o tallado, pero en xeral non hai pro-blema.

Xulio: Na especialidade de medioambiente e forestal, inflúen os horarioscomo noutras especialidades no momentoda súa integración no mercado laboral?

Rosa: Si pasa o mesmo. Son 8 horas nomonte ás que hai que sumar os despraza-mentos, o que supón ter que chegar ás 6 datarde a casa. Si se teñen que coidar pais,fillos ou sogros, isto faise moi complicado.

Silvana: Que diferenzas atopades naaprendizaxe entre homes e mulleres.Observades algunha diferenza no procesode aprendizaxe entre un grupo conforma-do unicamente por mulleres e un que émixto?

Ramón: Non hai diferenzas. As veces astípicas bromas machistas no primeiro mes:"muller tiñas que ser", etcétera. Pero pasados15 ou 20 días a integración é total. Non haidiferenzas entre homes e mulleres, ao con-trario hai bastante colaboración entre todose teñen todos a mesma capacidade e inte-rese. Dalgunha maneira co tempo as mulle-res demostran que son tan capaces ou máisque eles e aos homes non lles queda máisremedio que aceptalo.

Xulio: Teñen as mulleres maior reparono momento de traballar con máquinasque os homes?

José: Calquera ten medo, sexa home oumuller. No momento de coller a máquina aalgún lle pode dar máis ou menos impresióne uns son máis decididos ca outros.

Mario: Depende da persoa, non de si éhome ou muller. Hai quen manexa a máqui-na sen problemas ao pouco e outros quetardan máis, pero da o mesmo que sexahome ou muller.

Ramón: Unha vez que aprenden, perdeno medo e entón desfrutan do traballo.

Xulio: É importante a diferenza no querespecta a forza física entre homes emulleres nun sector como o da constru-ción.

José: Hoxe en día a maquinaria existentepermite limitar o esforzo a realizar. Xa non haique andar con eses pesos.

Xulio: Con respecto as medidas de pre-vención de riscos laborais. Nótase diferen-za no momento de aplicalas entre homese mulleres?

Ramón: As mulleres soen ser máis coida-dosas e máis interesadas no momento deprotexerse de posibles accidentes laborais.Polo que respecta ao casco, por exemplo,esquécense máis os homes. As mulleres porinercia xa o levan, saben que o teñen quepoñer e o poñen.

“as mulleres soenser máiscoidadosas emáis interesadasno momento deprotexerse deposiblesaccidenteslaborais”

Alumnado traballadordo OE “Vilaboa”

Page 18: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

18Es

cola

s abe

rtas

Silvana: Incorporase o módulo formativode igualdade de oportunidades. Que sedebe incorporar nos obradoiros de empre-go para mellorar a inserción laboral?

Deli: Eu non creo que o problema da inser-ción laboral estea nos obradoiros de empre-go. O triste na sociedade na que estamos eque ten que existir unha lei que obrigue esensibilice para a contratación de mulleres.

Silvana: Pero como centros de formación,non pensas que os obradoiros de empregopoden influír para cambiar a mentalidade,polo menos no alumnado traballador?

Deli: Eu animo ás alumnas a que inicienunha aventura empresarial, que entren nomercado laboral creando unha empresa, xaque ás veces é difícil que un empresario ascontrate. Despois só teñen que amosar asúa valía como traballadoras, pois a xente sefixa no traballo realizado e non en que quenfixo a obra fora home ou muller.

José Luís: Habería que facer unha campaña

de divulgación entre o empresariado para

que se acheguen aos obradoiros de empre-

go, onde unha gran maioría do alumnado

traballador son mulleres. Que os empresarios

veñan pola obra, polo taller, para que vexan

que traballo realizan as mulleres que aquí se

forman. Quizás poderíanse facer determina-

dos convenios con empresas que deman-

den man de obra e enviarlles traballadoras.

Deli: Tamén poderíase avanzar na inserciónlaboral si se traslada o obradoiro ás instala-cións da empresa. Os monitores e os titorestraballarían así coas alumnas dentro daempresa e os empresarios e os traballadorespoderían ver o traballo que realizan. Sempredentro do mesmo proxecto de obradoiro deemprego.

“animo ásalumnas a queinicien unhaaventuraempresarial, queentren nomercado laboralcreando unhaempresa”

Ramón Rodríguez, JoséGallego, Mario López,Adela Uríz e Rosa Campelo

Page 19: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

19

Obra

qudo

bra

“Contratar a unha mullernon ten vantaxes perotampouco desvantaxes”

Coloquio con alumnas traballadoras domódulo de construción do OE “Plan Mondariz”

O director do Obradoiro de Emprego "Plan Mondariz", José LuisAbraira, conversa coas alumnas traballadoras do módulo deconstrución do obradoiro de emprego, sector moi masculinizado eonde a muller case non está representada

A punto de finalizar o obradoiro, cuns

resultados máis que favorables, tanto na

formación teórica como práctica e cunha

ampla experiencia laboral ¿como foi a

vosa experiencia nun traballo eminente-

mente reservado aos homes?

A construción é un traballo fisicamente

duro, tes que coller pesos, traballar á intem-

perie, subir ao tellado…. Ademais, ningunha

das tres tiñamos experiencia e sentíamonoscohibidas cos compañeiros que a maiorparte deles xa tiñan unha experiencia previaneste traballo. Pero de seguido fixémonos aestes inconvenientes e a frustración que oprimeiro día sentimos por non ser asignadasá especialidade de axuda ao domiciliodesapareceu. O seu traballo tamén requiremoito esforzo físico e emocionalmente émoi duro.

Alumna traballadorado OE “Plan Mondariz”

Page 20: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

20

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

Obra

qued

obra

¿Que aspectos foron os que contribuí-ron a facilitar a vosa integración no grupo?

En primeiro lugar pensamos que si nosseleccionaron para este traballo sería por-que pensaban que o poderíamos realizar. Aactitude do monitor foi un elemento decisivona nosa permanencia e integración nogrupo; dende un principio mostrou confianzaen nós implicándonos na realización detodas e cada unha das tarefas. Como anéc-dota dicir que de forma inconsciente asmulleres asignámonos ás tarefas de recoller,limpar a ferramenta, carrexar auga, cemen-to e os nosos compañeiros aproveitábanseun pouco desta situación e sentíronse unpouco molestos cando o monitor fixo uncalendario de tarefas e todos tiñamos quedesenvolver tódolos traballos.

¿Cales foron as diferencias máis signifi-cativas entre mulleres e homes na realiza-ción dos traballos asignados?

O resultado final era o mesmo; os traba-llos eran mellor ou peor realizados en funciónda habilidade da persoa que os realizabanon dependía de que foran un traballo dehome ou de muller. O que si temos que dicirque nun principio eramos máis lentas polafalta de práctica e por que faltábanos segu-ridade e iniciativa, pero nesta mesma situa-ción atopábanse tamén os homes que nontiñan experiencia na construción. Hoxe endía somos autónomas no traballo, o monitor

pode asignarnos calquera tarefa que somoscapaces de realizala e tomar as decisiónsque polo camiño faga falta tomar.

¿Cómo vos ven os compañeiros conrespecto ao inicio do proxecto?

Antes a relación era máis tensa, taménhai que dicir que non nos coñecíamos. Oscompañeiros preferían xeralmente un com-pañeiro, pero agora traballamos xuntos indis-tintamente

¿Contariades co apoio da familia sedecidides dedicarvos a este traballo deforma permanente?

A miña familia apóiame dende que meviron construír e encintar un pequeno murode pedra que temos na casa; pensabanque isto era un entretemento e que unhamuller non podería aprender nada de cons-trución, pero dende ese día o meu pai, queé albanel, coméntame cousas do traballo,pregúntame sobre materiais e incluso píde-me opinión sobre a forma de realizar certostraballos.

¿Credes que podería ter algunha van-taxe para un construtor contratar a unhamuller?

Cremos que non tería ningunha vantaxepero tamén cremos que non tería desvanta-xes. As desvantaxes son para nós, que temosque traballar dentro e fóra da casa, ás vecestemos persoas a cargo, fillos, avós, pais epoucas son as parellas que comparten estascargas. Por se fora pouco están os embara-zos e a conseguinte baixa por maternidade.A este respecto queremos dicir que durantecase 8 meses tivemos unha compañeiraembarazada, e ata o momento da baixapor maternidade non faltou un so día ao tra-ballo, algúns compañeiros teñen collido bai-xas ou pedido días de descanso por atopar-se mal, doerlle a cabeza, o lombo ou estararrefriado, preocupado ou simplementecanso. As mulleres cando faltamos ao traba-llo non é, en xeral, por causa nosa, senóndas persoas que dependen de nós pero quenon son só nosas. Contamos con moi pou-cos apoios familiares e institucionais parasuperar estas situacións.

Alumnado traballadordo OE “Plan Mondariz”

Page 21: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

21

Obra

qued

obra

Imos analizar unha por unha as activida-

des complementarías que nun principio e

obrigatorio impartir dentro dos planes forma-

tivos, atendendo á Orde de 24 de marzo de

2006.

Graduado en ESO: Para obter o actual

graduado en educación secundaría obriga-

toria, as cousas trocaron en boa medida en

relación ao antigo graduado escolar. Antes

só se facía unha única proba, a cal de

pasarse, xa acadabas dito título; pero agora

as cousas son ben diferentes, xa que conta-

mos con catro cursos, 1º, 2º,3º e 4º da ESO.

Isto trae como consecuencia negativa, que

no mellor dos casos, os alumnos dos

Obradoiros de Emprego só poidan rematar

1º e 2º, debido a falla de tempo, xa que nun

ano só poden dar dous cursos.

¿E isto que implica?, pois na maioría dos

casos, nun 90% aproximadamente, o alum-

nado traballador dos Obradoiros, non con-

tinúa con esta formación, polo que de

pouco lle vai valer ter os dous primeiros anos,

sen rematar os cursos de 3º e 4º da ESO.

Son necesarias tantasactividades complementarias?Están ben deseñadas?

Mesa redonda no obradoiro de emprego de “AFreixeira II” de Forcarei sobre as actividades deformación complementaria

Os/as representantes doalumnado traballador xuntoco titor, algún dos monitorese a mestra de educacióncomplementaría, realizaronun debate co tema de si érealmente necesaria tantaformación complementaríapara acadar o certificadoen cada unha dasespecialidades.

As conclusións ás quechegamos todos foronbastante claras.

Alumnado traballador doOE “A Freixeira II”

Page 22: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

22

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

Obra

qued

obra

Tamén é sabido, que estes dous derra-deiros cursos son de bastante complexida-de, máis si partimos da premisa, que amaioría do alumnado traballador dosObradoiros, ten unha formación bastantebaixa, e que deixaron de estudar, fai moitosanos, polo que na súa medida, as horasdedicadas para este tipo de formación nonson suficientes para a maioría dos alumnos.

Por outra banda, temos aqueles alum-nos, cuns coñecementos teórico-prácticos anivel socio cultural bastante baixo, polo queo obxectivo principal vai ser acadar con elesuns mínimos formativos ao remate doObradoiro, baseados, principalmente enconceptos de lecto-escritura e cálculo.

Aclarado isto, nos preguntamos, entónata que punto e rendible dar EducaciónSecundaría Obrigatoria, sabendo que duran-te o ano de formación no obradoiro, non sevai poder obter dito título?

Máis, pódese pensar nunha formaciónencamiñada aquel alumnado traballadorcunha baixa formación socio cultural, base-ada en temas de lecto escritura é calculo.Porque, onde se viu que un bo albanel, ouun bo carpinteiro, non acadaran traballo pornon ter o título en educación secundariaobrigatoria?

Por outro lado, tamén temos que contarcoa "presión" que exercen as entidades pro-motoras, no tocante, ao remate das obrasque se teñen que executar. Onde, nestecaso, lle interesa máis o remate das mesmasque a propia formación dos alumnos, princi-palmente no tocante ás actividades com-plementarías.

Informática: Realmente e importanteo módulo de informática dentro dosObradoiros de Emprego? Ao longo do deba-te chegouse á conclusión de que esta acti-vidade podería ser totalmente prescindible.O porque da cuestión está un pouco no sen-tido, que tendo en conta o nivel sociocultu-ral da maioría dos alumnos, as especialida-des formativas que se están ofertando den-tro dos Obradoiros, na maioría dos casos,esta formación podería desaparecer, ededicar este tempo, e estes cartos, á forma-ción propiamente da especialidade.

Sabemos que gran parte dos alumnosteñen problemas de lecto escritura, cálculo,comprensión,… polo que é un erro, dendenoso punto de vista, que lle poñamos nasmans un ordenador, onde, sabemos, porexperiencias acadadas noutros obradoiros,non é demasiado positivo.

Dende logo que queda moi bonito, isode formación nas novas tecnoloxías, peroestá claro, que para chegar a esas novastecnoloxías os alumnos teñen que pasar pordiferentes etapas formativas previas.

Técnicas construtivas e debuxo técni-

co: Dende logo, somos partidarios de dita

formación, pero como parte integradora de

cada unha das especialidades, e impartidas

polos monitores de cada unha das especia-

lidades, xa que estes teñen que ter a forma-

ción e os coñecementos necesarios para

poder impartila.

Sensibilización Ambiental: Aquí, todos

coincidimos que é necesario ter unhas

nocións básicas en relación a esta materia,

xa que é fundamental ter unha harmonía e

un respecto polo medio natural no que vivi-

mos.

Alumnadotraballador doOE “A Freixeira II”

Page 23: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

23

Obra

qued

obra

Prevención de Riscos Laborais: Aquí,

tanto o alumnado traballador como nós,

pensamos que esta é unha actividade

imprescindible dentro de un Obradoiro.

Se partimos da base de que estamos a

formar futuros profesionais dentro dos dife-

rentes campos de actuación, como poden

ser construción, carpintería, xardinería, etcé-

tera, é unha obriga, impartir unha formación

no tocante a prevención de riscos laborais.

De todos é sabido que España é un dos

países da UE, que encabeza a lista de sinis-

tralidade no tocante a accidentes de traba-

llo, polo que, a formación neste campo é

fundamental, para previr e evitar futuros

accidentes.

Temos que lograr que os alumnos adqui-

ran uns hábitos en materia de prevención, xa

que sen eles, non se terían en conta as EPIs,

ou outro tipo de medidas de seguridade, de

tal xeito que os traballadores estarían máis

expostos a sufrir accidentes laborais unha

vez traballen nas empresas.

Orientación, asesoramento, informa-

ción profesional e xestión empresarial:

Tendo en conta o debatido en relación a

este punto, e á experiencia de Obradoiros

anteriores, chegamos a conclusión, que non

todos os alumnos deberían

recibir a mesma formación

nesta actividade. O porque

está moi claro, xa que aínda

que pareza mentira, hai

unha parte do alumnado

traballador que unha vez

remate o Obradoiro, non

está interesado en atopar

emprego, nin recibir algún

tipo de formación comple-

mentaria. Aínda que soe

duro esta afirmación é do

máis certa, polo que se che-

gou á conclusión de dar

este programa formativo,

(seguindo o temario que

especifica a Consellería de

Traballo) a aqueles alum-

nos/as que realmente queiran atopar

emprego, ben por conta allea ou propia, ou

recibir algún tipo de formación. Mentres que

ao resto do alumnado traballador, se lle

daría outro tipo de formación, encamiñada

máis a temas prácticos e de utilidade dentro

da vida cotiá, tales como: redactar unha ins-

tancia, como interpretar unha nómina, que

é o IVE, etc..

Deste xeito, os alumnos que polos moti-

vos que sexan non estean interesados, non

perderían o tempo asistindo a clases propia-

mente ditas de orientación laboral, xa que o

seu obxectivo non ía ser a inserción socio-

laboral, pero si poderían formarse nestoutra

faceta, na que de seguro lle podería ser de

gran utilidade.

Pensamos, que isto é debido a un pro-

blema de base, principalmente debido a

selección do alumnado traballador, xa que

nun principio, todos eles/as terían que estar

interesados/as neste programa formativo.

Dicir tamén, de aquel alumnado que si

quere realmente atopar emprego e seguir

formándose, as entidades promotoras,

deberían implicarse máis con estes alum-

nos/as, de maneira, que fagan un segui-

mento e esforzo necesario para acadar

estas metas.

Alumnado traballadordo OE “A Freixeira II”

Page 24: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

24Ob

raqu

edob

ra

COMO CONCLUSIÓNS FINAIS NO QUE RES-

PECTA ÁS ACTIVIDADES COMPLEMENTARÍAS

PODEMOS DICIR:

Non podemos transformar os Obradoiros

de Emprego en centros de formación regra-

da, porque isto levaría a un fracaso formati-

vo do alumnado traballador. Temos que ter

moi presente cal é o obxectivo principal

para o que se crearon os obradoiros. E nos

últimos anos estamos a ver que estes estan-

se a parecer máis aos módulos formativos

de Formación Profesional, e isto é un gran

erro, debido a que a maioría destes alum-

nos, non teñen unha capacidade socio edu-

cativa e/ou formación necesaria para che-

gar a uns obxectivos mínimos. Por iso, pensa-

mos que non se trata só de ir introducindo

novas actividades, tamén de ir remodelando

as que xa hai, e incluso prescindir dalgunha

delas.

Dende este punto de vista, pensamos,

que tanto a Consellería de Traballo, entida-

des promotoras e profesionais de obradoiros

de emprego e escolas obradoiros, teñen

que xuntar esforzos, de maneira que a for-

mación que se imparta sexa a mellor para o

alumnado traballador, e que non veña só

imposta dende arriba como ata agora.

Como premisa final, podemos dicir: "Aformación ten que ser a necesaria parapoder acadar os obxectivos mínimos mar-cados en relación aos certificados de profe-sionalidade de cada unha das especialida-des, pero sempre adaptándose ao nivel doalumnado traballador, e sen intentar transfor-mar nunca un Obradoiro de Emprego ouEscola Obradoiro nun centro de formaciónregrada.

Non podemostransformar osobradoiros deemprego encentros deformaciónregrada, porqueisto levaría a unfracaso formativodo alumnadotraballador

Alumnado traballadordo OE “A Freixeira II”

Page 25: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

25

Obra

qued

obra

O camiño portugués

O camiño de Santiago é o trazado paraacceder a Galiza a través de terras portu-guesas, aínda que existen rutas históricasque parten dende o sur e dende Lisboa,podendo marchar cara a Coimbra por dúasvariantes.

Adquire importancia no século XII e per-mitiu consolidar rutas e intercambio culturale económico.

Por aquí pasa o camiño portugués donorte cuxo percorrido é:

Do Porto, Barcelos, Ponte da Lima,Vilanova da Cerveira, na parte portuguesa.

En Goián, Tomiño, Gondomar, Vigo eRedondela na parte galega, onde únese aocamiño interior.

Neste momento estamos a traballar narecuperación e acondicionamento dun anti-go edificio para unha sala permanente deexposicións sobre o camiño de Santiago e

tamén arranxando un antigo recinto para o

parque do peregrino.

A recuperación dos lugares relacionados

co camiño é bastante interesante sobre

todo para coñecer e dar a coñecer lugares

marabillosos da xeografía galega.

As escolas obradoiros realizan algunhas

labores de recuperación dalgún tramo do

camiño, son bastante interesantes para a

mocidade galega xa que ensínalles a res-

pectar e querer a natureza que rodea o

camiño ademais de aprender un oficio que

seguro que lle será de utilidade no futuro.

Facer o camiño é unha experiencia

única e inesquecible posto que durante

todo o percorrido sentes unha paz interior e

unha tranquilidade inmensa, aínda que o

cansazo e as bochas dos pés non te deixan

case nin camiñar, pero algo no teu interior

axúdache a levantarte e chegas ata o final.

O alumnado traballador da escola obradoiroCamiño de Santiago “Tomiño” escribe as súasimpresións sobre o Camiño Portugués doNorte, onde realizan labores de recuperación

“A recuperación do camiño danosa coñecer lugares marabillosos daxeografía galega”

Beatriz García FolgarAlumna traballadora de albanelaría da EO Camiño de Santiago "Tomiño"

Page 26: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

26Ob

raqu

edob

ra Visita ao Santuario de San Campio deLonxe

Na EO Camiño de Santiago de Tomiñorealizamos unha visita cultural ao Santuariode San Campio de Lonxe.

Comezamos no embarcadoiro de Goián(antigamente chamado "A Barca" debido aque por alí cruzaban mercaderes e peregri-nos nunha barca que era o único medio detransporte que unía os dous pobos deVilanova de Cerveira (Portugal) e Goián(España).

Pasamos pola Torre de Goián ata Figueiróe alí observamos a súa Igrexa, escoitando asúa historia e a do botafumeiro.

Tamén vimos o espazo destinado aosperegrinos onde poden encontrar un lugartranquilo para descansar e recuperar forzaspara o seu longo camiño, dispondo decociña, un gran comedor, merendeiro aoaire libre e tamén cuberto, ademais dunha

cama para descan-sar.

Unha visita tan inte-resante como ines-quecible.

A Fortaleza de SanLorenzo e a súa vincu-lación co camiño deSantiago

Na beira do ríoMiño, na parroquia deGoián atopamos a for-taleza de SanLourenzo, forte cons-

truído no século XVII (1671), tardouse dousanos en terminalo e durante o reinado deCarlos II, malia que gobernaba a súa naiDona Mariana de Austria como reza na ins-crición fundacional que se pode observarsobre a porta principal.

A súa planta e cadrada con baluartesdefensivos nos seus vértices dándolle unaspecto de estrela.

A fortaleza foi construída con fines exclu-sivamente militares e de defensa fronte oForte de Vilanova da Cerveira, do que soa-mente separáballe o río Miño.

Goián está ligado á ruta portuguesa docamiño de Santiago (Camiño Portugués doNorte) por ser o portal entre España ePortugal para os peregrinos procedentes docamiño do norte. É un paso fronteirizo impor-tante, de feito a zona chamábana "A Barca"porque era a ponte da travesía de merca-deres e peregrinos xa no século XVII.

Sobre a orixe da ruta existen testemuñasescritas como o de Leon de Rosmithal ou doitaliano Juan Bautista Confalonievi nos sécu-los XV e XVI.

A fortaleza aínda que foi construída confins militares foi refuxio para moitos peregri-nos cando cruzaban ás beiras galegas.

Por mor da reconstrución das relaciónsentre os países, a Fortaleza foi abandonadano século XIX xa que non tiña que desenvol-ver a súa función defensiva.

A historia di que cada baluarte defensivotiña nome de santo (o que esta situado oentrar a dereita chámase San Diego)

Visita ao Santuario de San Campiode Lonxe e a Fortaleza de SanLorenzo

Rosa Mª de Santiago MartínezAlumna traballadora de carpintería da EO Camiño de Santiago "Tomiño"

Goián está ligadoá ruta portuguesado Camiño porser o portal entreEspaña e Portugalpara osperegrinos queviñan do norte

Page 27: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

27

Obra

qued

obraNa escola estamos a realizar a obra do

Campo dá Feira que despois será o ParquePúblico do peregrino. Nós como xardineirasfixemos a poda dos arbores, buracos parainstalación de rego por sistema de progra-mación onde se axardinaron grandes zonascon céspede. Noutras zonas encheuse ourebaixouse de herba, sempre baseándoseno que xa estaba e que non se pode modi-ficar. Grandes xardineiras de pedra e lastrasenchéronse de plantas e se recubriron decodia dándolle un toque de vida a un par-que onde van pasear as familias cos seusfillos. Os meus compañeiros canteiros, alba-neis e carpinteiros tamén fixeron un bo tra-ballo. Puxeron mesas, bancos, fíxose unhapérgola (onde se porán plantas rubideiro),puxéronse farois, varandas de pedra e arran-xouse o muro. A casa reformouse toda, eonde vai ir a Sala de Exposicións do Camiñode Santiago, fixéronse camiños de zahorra,formigonado e pisos de pedra.

A miña opinión: vai quedar todo moiben e moi bonito. Sería unha pena que logoveña un grupo de xente e que o estraguen.É aí onde se mira e valora o traballo que faiun, sobre todo porque se fai un gasto moigrande que é para desfrute de todos e amin dáme moito gusto ver as cousas prepa-radas e coidadas.

Nós como xardineiros tamén arranxamosun invernadoiro que estaba en moi malascondicións. Case non se sabía que había uninvernadoiro cando se comezou; había unmonte onde só se vían os ferros da parte deenriba. Arranxouse e púxose o plástico (quenon nos foi nada fácil pola falta de expe-riencia e sobre todo polas condicións clima-

tolóxicas que non nos foron nada favora-bles). Pero nós gracias ao monitor fomoscapaces de buscarlle solucións e hoxe endía témolo moi coidado e cheo de plantascon instalación de rego con microasperso-res. Ademais plantamos fora no terreo asarbores que trouxemos do viveiro de areasque agora os estamos replantando na partede enriba para que luzan e adornen a estra-da.

Estanse recuperando zonas esquecidas,que dan moita vida a un pobo comoTomiño que está aumentando moito apoboación con tanta construción que seestá a facer. É moita a xente que ven de forae é moi grato ir a un lugar e ver todo ben coi-dado.

Ademais o Camiño no concello ten unhaimportancia turística grande porque venmoita xente de visita e algunha ten a súaresidencia de vacacións na zona porque éun sitio tranquilo e bonito.

“Estanse recuperando zonasesquecidas, que dan moita vida aun pobo como Tomiño”

Sara Vicente MartínezAlumna traballadora de xardinería da EO Camiño de Santiago "Tomiño"

O Camiño deSantiago noconcello deTomiño ten unhaimportanciaturística grande xaque atrae amoita xente

Page 28: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

28

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

Obra

qued

obra

"Antes de pasar por aquí,nunca se me ocorreríatraballar nunha empresade construción naval"

Coloquio co alumnado traballador do OE"Nordés" sobre a igualdade de oportunidadesdas mulleres nos oficios de tradición masculina

A UPD realizou unha mesa redonda co alumnado traballador doOE "Nordés" da Illa de Arousa para que expuxeran as súas impresiónssobre a súa aprendizaxe e traballo nunha especialidade detradición masculina como é construción naval e noutra que non teneste carácter como é confección de complementos náuticos.Participaron no faladoiro Raquel Pérez e Fina Gondar daespecialidade de confección, así como Javier Gómez, Julia Dacostae María Leiro de construción naval.

Alumnado traballadordo OE “Nordés”

Page 29: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

29

Obra

qued

obra

UPD: Credes que a confección deroupa é un traballo de mulleres?

Raquel: Eu penso que si.

Fina: Depende do traballo. No de cortesen embargo prefiren a homes.

Raquel: Porque andas con máis peso.

Fina: Sen embargo, pode facelo unhamuller. Eu xa o fixen.

Javier: É coma todo, non hai traballos demulleres ou de homes.

María: Non ten por qué. Tamén hai xas-tres.

Fina: E que todo é o que estamos acos-tumados tamén a ver.

Javier: Estás acostumado a ver sempre amulleres, pero non quere dicir que un homenon o faga.

María: E no traballo físico onde atopas adiferenza. Porque por exemplo cando tesque mover un molde por exemplo, eu soanon podo e teño que pedir axuda. Un homepode mover só o molde, non ten que cha-mar a ninguén.

UPD: É a falta de forza física un impedi-mento para que poidan traballar as mulle-res?

María: Non é un impedimento. Máis bené unha vantaxe que teñen os homes simple-mente.

Javier: Nun traballo de mulleres igual haiunha caixa que pesa moito e tampoucopoderían. Pero iso non quere dicir que o tra-ballo o fagan igual.

Fina: Nós os rolos de tela plástica tiña-mos que collelos entre dous ou tres parapoder con el. Se non pode unha, van dúas,se non poden dúas van tres. Pero non impi-de facer o traballo.

María: Tamén depende da persoa. Haimulleres que moven o que faga falta.

UPD: Cales son as maiores dificultades

que atopades na aprendizaxe ás da espe-

cialidade de confección?

Raquel: Soldar as mangas e a única difi-

cultade.

Fina: Soldar certas cousas. É unha pran-

cha recta e con cousas que son moi curvas

é moi complicado de facer.

UPD: E as de construción. A parte do

que xa falamos da forza física

María: O único, que tes que traballar con

mascariña e protección por iso de que tra-

ballamos con materiais tóxicos. Máis por

incomodidade que por que sexa complica-

do.

UPD: Pensades que realizar traballos

onde se precisa mascariña ao traballar

con materiais tóxicos ten unha dificultade

maior para unha muller pois é necesaria

unha maior forza física?

Javier: Non, é como outro traballo cal-

quera. Se tes que subir bloques tamén se

esixe certa fortaleza física.

Julia: Os que traballan nunha estada

tamén teñen que levar un arnés, un casco. É

unha incomodidade pero non fai máis difícil

o traballo.

UPD: Pensades que ides seguir traba-

llando no que estades aprendendo no

obradoiro?

Fina: Intentarémolo.

Raquel: Se hai oportunidade si.

Fina: Todo depende da demanda que

haxa. As empresas de confección de com-

plementos náuticos de por aquí teñen un

cadro de persoal fixo desde hai moitos anos

e é moi difícil entrar.

UPD: E vos os de construción naval,

como vedes o futuro?

Julia: Non penso traballar despois.

Page 30: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

30

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

Obra

qued

obra

Javier: Aínda que eu penso seguir traba-llando nesto, non é o que estamos facendono obradoiro tampouco. O traballo é moidiferente aquí. Ademais, non hai que cum-prir uns obxectivos nin tes un xefe aí todo otempo enriba.

María: Vas a unha empresa e non é omesmo. Non fas barcos pequenos comoaquí, senón que estás dentro de barcos e otraballo é máis duro. E fisicamente queimamoito.

UPD: Contratan as empresas por igual amulleres e homes? Teñen máis dificultadesas mulleres de inserirse no mercado labo-ral?

María: Eu penso que non, é ao revés.Polo menos na construción naval.

UPD: E na relación cos homes com-pañeiros de traballo?

Fina: Se son todos homes e ti es a únicamuller pode haber diferenzas no trato.

María: Creo que non ten porque haberproblemas.

Javier: Eu o que vin, é que aínda as coi-dan mellor.

Fina: Eu creo que depende. Si nunhaempresa durante moitos anos só traballaronhomes, aí meterlle unha muller de repente...

Javier: Depende. Non é o mesmo meterunha muller para que che mande que paraque traballe contigo.

Fina: Poderán axudala, pero sempre vaihaber diferenzas.

Javier: Eu penso que agora non é comoantes, que se vía unha muller traballando eera unha cousa rara. Agora das unha voltapor aí e ves unha muller traballando en cal-quera sitio.

Fina: Depende en que traballos. Porexemplo, non é tan doado ver unha mulleralbanela. Eu creo que en albanelería si queteñen problemas.

María: Eu creo que é un problema de

costume. Non estamos acostumados a ver

albanelas. Pero se eu vou traballar e realizo o

meu traballo, e cada compañeiro fai o

mesmo, non vexo porque ten que haber

problemas. Se hai algún, serán máis ben

casos puntuais.

Raquel: Se non lle gusta a un home tra-

ballar cunha muller, penso que ten que

adaptarse a nova situación.

María: O que si pode pasar e que no

momento de ter un problema cun com-

pañeiro, o primeiro que este me achaque é

o feito de ser muller. Non digo que todos os

homes, pero moitos si.

Fina: Eu creo que isto pasa moito entre a

xente maior aínda. Entre a xente moza non

pasa tanto. Os maiores non teñen a mesma

mentalidade ca nós. Por moito que cambien

as leis se nós seguimos pensando igual, non

hai nada que facer.

UPD: Pensades que ten cambiar a men-

talidade da xente, aínda que teñan máis

de 60 anos?

Raquel: Eu penso que a mentalidade da

muller xa cambiou, non é a que había antes.

María: E a do home tamén. Antes era

impensable ver a un home cambiándolle un

cueiro a un fillo.

Fina: Ou simplemente paseando cun

carriño pola rúa. Meu pai sempre o dicía,

antes levar un carriño era que se riran todos

de ti.

UPD: Como é o trato cos vosos monito-

res?

María: Nótaselle que nunca traballou

con mulleres. Tamén nós nunca traballára-

mos con máquinas e o principio lle tíñamos

certo respecto e era unha situación nova

para nós e para el.

UPD: Que vos dicían os vosos amigos e

familiares cando comezastes a traballar no

obradoiro na especialidade de constru-

ción naval?

Page 31: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

31

Obra

qued

obra

María: Antes de comezar dicíannos queíamos "flipar" co escozor de corpo, queíamos ter alerxias, problemas para respirar...Era en plan esaxerado e ao final da misa ametade.

UPD: Javier, que diferenzas atopas entretraballar con homes ou traballar conmulleres?

Javier: Penso que o home é un poucomáis "pasota". Lle din fai iso e o fai. A mullerpresta máis atención, se o pode facer unpouco mellor o fai. Moita diferenza tampou-co hai. A vontade, o interese, todo iso vaimáis na persoa que no xénero.

UPD: Nun principio, ao estar na espe-cialidade de confección viades máis posi-bilidades de cara a entrar no mercadolaboral que os vosos compañeiros de cons-trución naval?

Fina: Nun principio si. Pero démonosconta de que non era así. Ademais aquí haimoi poucas empresas de confección náuti-ca. A maioría están pola zona doMediterráneo.

UPD: Como alumnas-traballadoras deconstrución naval, cambiou a vosa visión ementalidade a hora de buscar ou aceptartraballos que veñen sendo realizados tradi-cionalmente por homes?

María: Si cambiou. Pérdeslle o medo ouo respecto a certas cousas. No momento decoller un trade ou de traballar con máqui-nas. Veste capaz de realizar ese tipo de tra-ballos. Mentres non sexa un traballo que poloseu esforzo físico non es capaz, no resto noncreo que tivera problemas.

Julia: Sí que cambiou a miña mentalida-de. Agora véxome capacitada para realizarestes traballos.

María: Tampouco é o mesmo traballarnun obradoiro que nunha empresa. Aquíestás aprendendo e esíxenche menos quenunha empresa, onde es novo e vas conmáis medo. Pero a min antes de pasar poraquí, nunca se me ocorrería mandar uncurrículo a unha empresa de construciónnaval.

UPD: Pensades que os empresarios hoxeen día contratan igualmente a mulleresque a homes?

Javier: Eu creo que iso depende da per-soa. Hai xefes que prefiren contratar ahomes e a outros dálle igual.

Raquel: Eu creo que contratan antes ásmulleres. Coa cantidade de axudas e sub-vencións que hai.

María: Sáelles máis rendible unha muller.

UPD: Aínda así, contrátanse a máishomes que mulleres e cobran máis oshomes que as mulleres?

Fina: Creo que aos homes se lles fai uncontrato fixo case tan pronto comezan a tra-ballar e ás mulleres non. É como si houberaque probalas.

Javier: As mulleres cobran menos porqueven o soldo como unha axuda ao salarioque trae o home a casa.

Fina: Tal como está a cuestión do traba-llo, moitas veces as mulleres teñen queaceptar salarios moi baixos.

UPD: Védevos como emprendedoras?

Fina: En confección fan falta moitos car-tos porque a inversión é moi importante.Necesitas máquinas moi caras, un localgrande...

Raquel: Ademais non é rendible faceraquí a roupa. Todas as empresas van parafora polos custes laborais.

UPD: Despois da vosa experiencia naespecialidade que realizastes no obradoi-ro, védevos continuando a traballar nelanoutras empresas?

María: Eu considero que é unha opciónmáis. Non é a única pero tampouco a des-carto.

Fina: Temos unha aprendizaxe e unhaexperiencia que nos pode valer a hora debuscar traballo noutros sitios. Podo coser amáquina, soldar, cortar, repartir. Ampliamoso currículo.

Page 32: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

32

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

Apun

tam

ento

s

Gloria Pascual CasalEscaiolista

Unha traballadora nun oficiotradicionalmente masculino

Comecei a traballar de escaiolista deforma casual. Estaba preparando oposiciónspara policía pero tiven un accidente e nonpuiden presentarme. Como estiven bastantetempo de baixa non aturaba sen facernada. Preto da miña casa había uns cursospara distintos oficios e decidín apuntarme aun deles. Falei cun orientador laboral e medixo que probara no de Escaiolista porqueme vía unha persoa moi activa. Antes xa tra-ballara nun supermercado, rexentando unbar, como dependenta nunha tenda deroupa e como viaxante. O problema é queera un curso de 9 meses e 6 horas diarias eeu non buscaba unha profesión senón máisben un entretemento mentres estaba debaixa. O orientador laboral díxome que pro-bara durante 15 días. Así o fixen e o traballogustoume moito, polo que decidín continuaro curso.

Na clase eramos 14 homes e unhamuller, e xa entón atopei as primeiras dificul-tades polo feito de ser muller. Por exemplo,

no momento de facer parellas ou tra-ballos en grupo, a xente intentabaevitar estar xunto a min. Co tempopuiden traballar en parella. Mais aoprincipio eles pensaban que ían per-der se viñan comigo, porque habíaque cargar ou facer outros esforzosfísicos polo que consideraban que eumolestaba máis que axudaba.Tamén deuse o caso de que unhaempresa pediu traballadores queestaban facendo o curso. Enviaronaos tres que segundo o monitor esta-bamos máis cualificados, pero aochegar alí o empresario nin me pro-bou. Díxome que el quería xente para

traballar e que eu sendo muller tiña quemeterme en manualidades.

Pero non todo foron dificultades, taméntiven certo apoio. Durante o curso, deuse acasualidade de que veu para Vigo unhaamiga de Barcelona que instalou unha novacociña e eu funlle facer o peche e a mol-dura. E aí tiven o meu primeiro cliente. Aohome que instalara a cociña a miña amiga,José Manuel, chamoulle a atención opeche que eu fixera e díxolle a miña amigaque me enviara pola súa tenda. El foi o queme deu o meu primeiro traballo, un teito dunchalet no Castro. Hoxe en día sigue sendocliente meu. A partir de aí comecei a traba-llar.

Tamén, mentres facía o curso, Javier, unmozo do meu barrio e que tamén eraescaiolista comezou a darme traballo.Tratoume como a unha traballadora máis,non dun xeito paternalista. Deixábame ferra-mentas e axudábame en todo o que podía.

Tiven apoio, pero continuei tendo proble-mas. Unha vez cheguei a unha obra ondehabía que facer un teito e o encargadodíxome: "Neniña sinto moito pero isto o tenque facer un home porque ti te podes caer".Isto volveume a pasar outra vez máis adian-te e contestei: "Non hai problema, cantoshomes quere?" Outra vez, fun a unha obra eos albaneis dicíanme que tiña que limpar oque eles ensuciaran previamente. Eunegueime e desde ese momento retiroumea palabra toda a obra. Tiven momentos moiduros e chorei un montón de veces. Cotempo te vas facendo forte e deixan deimportarte certas cousas.

Un empresario ninsequera meprobousimplemente polofeito de ser muller.Díxome que elquería xente paratraballar

Page 33: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

33

Apun

tam

ento

s

Atopei falta de respecto tanto entre amocidade como entre os maiores. Nondepende tanto da idade como da persoa.Onde si máis machismo atopei foi entre osalbaneis, non tanto noutros oficios da profe-sión como carpinteiros, fontaneiros, etc.

De todas formas creo que hai un cambio

de mentalidade. Agora noto un cambio fun-

damental no trato. Si chego a unha obra

estráñanse de que unha muller sexa escaio-

lista pero reaccionan dun xeito cordial. Eu

tamén doume conta de que a miña reac-

ción tamén cambiou xa que agora teño

máis experiencia. Dependendo da miña

reacción o de enfronte tamén vai actuar de

maneira distinta. A xente tamén reacciona

segundo o que ve. Si en vez dunha muller na

obra foramos oito, os obreiros acostumarían-

se a ver mulleres traballando e reaccio-

narían de forma distinta no trato connosco.

O que tamén notaba cando ía a unha

obra e que a xente quedábase "pillada". Os

obreiros observábanme con curiosidade. Un

día, tiven que ir traballar a un edificio de seis

plantas. Cando cheguei, como a xente

estaba traballando abaixo eu decidín ir tra-

ballar arriba. Mais que nada para non estor-

barnos. Mentres estaba coa miña tarefa

deberon pasar máis de vinte obreiros para

ver como realizaba o meu traballo. Despois

fóronse adaptando a nova situación e ao

pouco tempo xa ía comer con eles.

Tamén tenme pasado atoparme con

xente coa que traballara anos atrás e

estrañarse de que eu siga como escaiolista.

Pensaban que polo feito de que eu fora

unha muller este traballo o realizaba mentres

non atopaba outra cousa.

En todo este tempo, a miña familia que

agora "flipa", apoioume moito. O meu

irmán, o pequeno, axudoume desde o prin-

cipio. A miña nai tamén me apoiou, aínda

que tiña certo medo polo problema que tiña

nas costas despois do accidente.

Agora, xa non me dedico só á escaiola,

tamén traballo como contratista facendo

reformas. Realizo o proxecto e subcontrato a

obra. Teño realizado distintos cursos, como o

de "Xefe de Obra" ou o de "Mulleres

Emprendedoras" da Xunta de Galicia.

O feito de ser muller nun entorno de

homes e ter que loitar con dificultades alleas

a profesión, axudoume en certo modo a

aventurarme como empresaria.

Creo na igualdade de oportunidades á

muller. A oportunidade hai que dala, pero

sempre hai que coller ao que máis vale,

sexa home ou muller. Penso que as subven-

cións para que traballe unha muller son

unha boa idea porque lle estás poñendo un

caramelo ao empresario para que a contra-

te. Impoñer que traballe unha muller creo

que non beneficia nin ao empresario nin a

propia muller.

Tenme retirado apalabra toda unhaobra. Tivenmomentos moiduros e chorei unmontón de veces.Co tempo te fasforte e deixan deimportarte certascousas

Page 34: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

34

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

M. Carmen Méndez SenlleEmpresaria

Muller empresaria, a superaciónpersoal e profesional nunmundo de homes

Só pasaron seis anos dende que, reali-zando os meus estudos na Escola deEmpresariais de Vigo, alternaba estes contraballos en piscinas como monitora denatación e socorrista.

Nesa época o meu pai, que tiña unpequeno camión co que facía rutas polaprovincia de Pontevedra, cae nunha graveenfermidade e ante as necesidades econó-micas da familia, sentinme na obriga deaxudarlle. A miña primeira decisión foi con-tratar a un traballador que levase o seucamión.

Cando o meu pai morre, continuo cosmeus estudos e ao mesmo tempo traballonunha empresa como administrativa.Finalmente, renuncio a este posto de traba-llo e fágome cargo do camión do meu pai,aínda con medo a afrontar este reto porparte de miña familia.

Comecei a tomar contacto co transpor-te e, concretamente, a dar ordes, supervisare tomar decisións sobre unha persoa maiore masculina. Asemade, empecei a buscarnovos mercados e novos clientes, así comoampliar os provedores e colaboradores. Noano 2002 matriculeime para a obtención docarné de camión e conseguino. A partir deentón, de maneira esporádica, véxome naobriga de conducir o camión e facer labo-res de carga e descarga. Esta foi unha expe-riencia interesante, pois causaba sorpresa alí

por onde pasaba. Grazas á constancia e ao

traballo positivo, invisto en máis vehículos ata

ter unha flota de sete camións.

No día a día laboral moitas veces sentía-

me observada nas empresas e nos talleres,

sendo o trato con estes últimos de certa des-

confianza cara a miña capacidade para

levar as rendas da empresa e, máis concre-

tamente, para realizar un diagnóstico dunha

avaría dun vehículo industrial. Esta situación

afronteina con valentía, seguridade en min

mesma e firmeza, resolvendo as miñas dubi-

das antes de tomar calquera decisión.

Apun

tam

ento

s

M. Carmen Méndez Senlle

Page 35: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

35

Foi un longo camiño dende un primeiroempregado, que era un home de cincuen-ta anos que manifestaba indirectamente oseu rexeitamento a ter un xefe muller epouco a pouco foise adaptando. Hoxe consete empregados masculinos (condutores) eunha feminina (administrativa) teño unharelación extraordinaria onde o respecto e acolaboración mutua, forman parte da vidacotiá.

O meu maior obstáculo: atoparme fre-cuentemente con actitudes hostís, tanto nasrelacións cos traballadores como en talleres,sobre todo cando o trato foi con persoaspouco abertas e con idade superior a 40anos. Pero o paso do tempo amosa a unhasociedade chea de dubidas, que a habili-dade, capacidade e valentía non son patri-monio de xénero.

Hoxe, tendo superado grandes obstácu-

los, síntome orgullosa do traballo realizado.Pero son consciente de que isto non foi máisque un punto de partida para seguir desen-volvéndome profesionalmente.

Creo que a muller ten evolucionado navida laboral, mentres que o home non o fixoda mesma maneira no ámbito social e nocontorno doméstico.

Houbo un importante avance, aínda quenon estamos na igualdade plena, agora xanon existe diferenza nos salarios cando setrata do mesmo posto de traballo; peroaínda acontece, sobre todo nas grandesempresas, que as mulleres coa mesma for-mación que os homes e lles asignan postosde traballo con inferior categoría, resultandoentón que non logramos a igualdade quenos corresponde.

Máis grave aínda é a violencia de xéne-ro que considero consecuencia do pasadoonde a muller se sinte máis vulnerable anteas presións masculinas, non soamente pornon ter recursos de subsistencia propiossenón pola súa especialización no roldoméstico que leva consigo connotaciónsde servidume.

Esquezamos o medo, sendo positivas,demostrando a nosa habilidade no ámbitolaboral e empresarial. E se decidimos formarunha familia, non renunciemos nunca ásnosas expectativas profesionais.

Apun

tam

ento

s

O maior obstáculo:atoparmefrecuentementecon actitudeshostís, tanto nasrelacións costraballadores comoen talleres, sobretodo cando o tratofoi con persoaspouco abertas econ idade superiora 40 anos. O pasodo tempo amosaque a capacidadenon é patrimoniodun xénero

M. Carmen Méndez Senlle

Page 36: Revista informativa da Unidade de Promoción e ... › upd › archivos_editor › file › landra › landra_num10.pdf · Revista informativa da Unidade de Promoción e Desenvolvemento

UNIDADE DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO

DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOODDOO TTEERRRRIITTOORRIIOO

EESSCCOOLLAASS OOBBRRAADDOOIIRROOEE OOBBRRAADDOOIIRROOSS DDEE

EEMMPPRREEGGOO

centro dedocumentación

proxectos de desenvolvemento

observatorios centro de información territorial

boletíns informativos

guías metodolóxicas

proxectos de emprego

revista dixital

recursos web

estudios monográficos

investigaciónplanificación

apoio e dinamizaciónavaliacióndifusión