Unidade Didáctica 1
-
Upload
fatima-ferreiro-diaz -
Category
Documents
-
view
208 -
download
4
Transcript of Unidade Didáctica 1
Unidade didáctica 1:O contexto da intervención educativa
ÍNDICE
1. O contexto da intervención educativa
• 1.1. Unha perspectiva histórica: evolución da atención á infancia ao longo da
historia (MÓD. INTERV. CON FAM…. )
• 1.2. Características dos protagonistas: as nenas e os nenos (MÓD. DESENV.
COG. E MOT. e DESENV. SOCIOAFEC.)
• 1.3. Características dos coprotagonistas: as familias na sociedade actual
• 1.4. O Estado do “benestar”
2. Modalidades de “viaxe” ou tipos de educación
• 2.1. A educación formal
• 2.2. A educación non formal
• 2.3. A educación informal
3. As “regras do xogo”: lexislación fundamental na atención á infancia
4. O voso papel como educadoras e educadores infantís nesta travesía
Francesco Tonucci: “A máquina da escola”
1. O CONTEXTO DA INTERVENCIÓN EDUCATIVA
INTERVENCIÓN = conxunto de accións destinadas a previr
ou corrixir aspectos insatisfactorios.
A INTERVENCIÓN EDUCATIVA é un tipo de intervención que
utiliza recursos e prácticas de tipo educativo.
CONTEXTO = conxunto de circunstancias nas que se
desenvolve un feito.
Algúns aspectos importantes do CONTEXTO DA INTERVENCIÓN
EDUCATIVA son as características das nenas e os nenos, as
características das familias, as características máis amplas da
sociedade no seu conxunto (Estado do benestar), o tipo de
institución no que se leva a cabo a intervención e a lexislación
vixente en materia de atención á infancia.
1.3. AS FAMILIAS NA SOCIEDADE ACTUAL (I)
A incorporación da muller ao mundo laboral fixo que a educación
dos fillos xa non se considerase como unha responsabilidade
exclusiva das nais, dando lugar a unha redistribución de papeis.
Sen embargo, en lugar dunha organización simétrica das
tarefas, moitas veces a muller realiza unha “dobre tarefa”: o
traballo fóra da casa e os labores domésticos e de coidado dos
fillos.
Xunto coa familia nuclear tradicional (pai, nai e fillos), conviven
novos modelos de familia: familias monoparentais, familias
reconstituídas, familias homoparentais...
No noso contexto rexistrouse nas últimas décadas un aumento das
familias procedentes doutros países como consecuencia da
inmigración.
1.3. AS FAMILIAS NA SOCIEDADE ACTUAL (II)
Outros cambios importantes que afectan ás familias son:
Diminución no nº de fillos: a maioría das familias españolas actuais
teñen 1-2 fillos.
Cambio de valores: a maioría dos proxenitores actuais queren
reservar unha parcela da súa vida para si mesmos e demandan a
presenza de servizos profesionais de atención á infancia.
Cambio das pautas de crianza: dun estilo de crianza baseado na
disciplina pasouse a un estilo de crianza máis permisivo.
Redución do tempo para a convivencia familiar debido ás presións
laborais: os proxenitores dispoñen de pouco tempo para os seus
fillos e moitas veces teñen que delegar nos avós (sobre todo nas
avoas) → falta de medidas de conciliación da vida familiar e
laboral.
1.4. O ESTADO DO BENESTAR
ESTADO DO BENESTAR = modelo político no que as Administracións
garanten a protección social das cidadás e os cidadáns.
Papel intervencionista do Estado: o Estado intervén na actividade
económica, social e cultural e contribúe á redistribución da riqueza a
través do sistema impositivo.
Catro piares fundamentais: a educación, a sanidade, as pensións e os
servizos sociais.
Nas sociedades europeas o Estado do benestar apareceu trala II Guerra
Mundial, mentres que en España non se consolidou ata a chegada da
democracia (Constitución de 1978).
Consecuencias para as educadoras e educadores infantís → a atención
á infancia non é xa unha cuestión privada senón que adquire unha
dimensión social.
2. TIPOS DE EDUCACIÓN
EDUCACIÓN FORMAL
EDUCACIÓN NON FORMAL
EDUCACIÓN INFORMAL*
NOTA: * O asterisco significa que non aparece no libro.
2.1. A EDUCACIÓN FORMAL
EDUCACIÓN FORMAL = aquela que está integrada no
sistema educativo (educación regrada).
Estruturada xerarquicamente en etapas (desde a educación
infantil ata a universidade).
Actuación planificada na que o currículo, as instalacións e a
duración están previamente establecidos→ certa rixidez.
Impartida por profesionais cualificados.
2.2. A EDUCACIÓN NON FORMAL
EDUCACIÓN NON FORMAL = toda acción educadora de
carácter intencionado realizada fóra do sistema educativo.
Lévase a cabo a través de proxectos.
Aínda que está planificada, os contidos, as instalacións e a
duración adáptanse en función dos usuarios → flexibilidade.
Desenvolvida por distintos grupos e asociacións.
ELEMENTOS DUN PROXECTO
1. Que? DENOMINACIÓN A idea, o nome.
2. Por que? XUSTIFICACIÓN Necesidades que resolve.
3. A quen? DESTINATARIOS Persoas ás que vai dirixido.
4. Para que? OBXECTIVOS Finalidade, metas.
5. Como? METODOLOXÍA Métodos de traballo e actividades.
6. Cando? TEMPORALIZACIÓN Duración e cronograma.
7. Onde? LOCALIZACIÓN Lugar e espazos necesarios.
8. Con quen? RECURSOS HUMANOS Profesionais implicados.
9. Con que? RECURSOS MATERIAIS Orzamento e materiais necesarios.
10. Como valoralo? SEGUIMENTO E AVALIACIÓN Análise da eficacia do traballo.
PROXECTOS DE EDUCACIÓN NON FORMAL
ÁMBITO PROXECTOS
CULTURA Museos para a infanciaTalleres en museosAnimación en bibliotecas
MEDIO AMBIENTE Granxas escolaAulas da natureza
LECER E TEMPO LIBRE LudotecasCampamentos urbanosCentros abertos de tardeActividades deportivasTalleres de psicomotricidade
SAÚDE Animación en hospitais
ALGÚNS PROXECTOS DE EDUCACIÓN NON FORMAL (I)
GRANXA ESCOLA = espazo
educativo que ofrece ás nenas e
aos nenos que habitualmente
viven nun contexto urbano a
posibilidade de ter contacto coa
natureza e un conxunto de
experiencias relacionadas co
medio rural (coidado dos animais
da granxa, cultivo da
horta, elaboración de comidas a
partir de produtos naturais...).
ALGÚNS PROXECTOS DE EDUCACIÓN NON FORMAL (II)
LUDOTECA* = espazo educativo
que persegue o desenvolvemento
integral das nenas e os nenos a
través dos valores formativos do
xogo: desenvolvemento da
capacidade sensorio-
motriz, estimulación da imaxinación
e a creatividade, potenciación da
comunicación e a convivencia
con outros nenos e cos adultos...
ALGÚNS PROXECTOS DE EDUCACIÓN NON FORMAL (III)
ANIMACIÓN EN HOSPITAIS = proxectos que ofrecen ás nenas e
nenos hospitalizados a participación en actividades recreativas
que lles permitan distanciarse da súa enfermidade e expresar os
seus temores e desexos.
2.3. A EDUCACIÓN INFORMAL*
EDUCACIÓN INFORMAL = aquela que se produce de
forma espontánea en interacción co medio.
Adquisición de coñecementos mediante as experiencias
cotiás.
Non planificada (non se definen obxectivos nin estratexias
metodolóxicas).
Exercida a través de distintos axentes: FAMILIA, barrio, medios
de comunicación...
3. LEXISLACIÓN FUNDAMENTAL NA ATENCIÓN Á INFANCIA (I)
FINALIDADE: garantir os dereitos das nenas e os nenos.
3. LEXISLACIÓN FUNDAMENTAL NA ATENCIÓN Á INFANCIA (II)
LEXISLACIÓN INTERNACIONAL:
I Declaración dos Dereitos do Neno (Sociedade de Nacións,
1924).
II Declaración dos Dereitos do Neno (ONU, 1959).
Convención sobre os Dereitos da Infancia (ONU, 1989).
LEXISLACIÓN ESTATAL:
Constitución Española (1978).
Lei Orgánica 1/1996 de protección xurídica do menor.
LEXISLACIÓN AUTONÓMICA:
Lei 3/2011de apoio á familia e á convivencia*.
DECLARACIÓNS DOS DEREITOS DO NENO
Dúas Declaracións:
I Declaración dos Dereitos do Neno (Sociedade de Nacións,
1924) → dereito a un desenvolvemento físico e espiritual
normal.
II Declaración dos Dereitos do Neno (ONU, 1959) → dereito á
educación.
Principios xenéricos.
Unha Declaración é unha manifestación colectiva de
principios pero non é un documento xuridicamente
vinculante (non é de obrigado cumprimento para os
Estados que a asinan).
CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA (ONU, 1989)
Eleva o neno á categoría de cidadán.
Asinada e ratificada por 193 Estados (excepto EEUU e Somalia,
que só asinaron).
PRINCIPIOS:
Principio de interese superior do neno: en caso de conflito de
intereses, o interese do neno prevalece sobre os demais.
Principio a favor da familia: a familia é o medio natural para o
crecemento dos nenos e debe ser obxecto de protección.
Principio de protección especial: pola súa falta de madurez, os
nenos necesitan protección e coidado especial.
Unha Convención ten rango xurídico: é de obrigado
cumprimento para os Estados que a ratifican.
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA (1978)
Principais artigos con implicacións sobre os dereitos da
infancia:
ARTIGO 27:
Dereito á educación.
Desenvolvemento da personalidade humana como fin da
educación.
ARTIGO 39:
Protección social, económica e xurídica das familias.
Protección dos fillos (independentemente da filiación) e das nais
(independentemente do estado civil).
Deber dos pais de prestar asistencia aos fillos.
Compromiso cos acordos internacionais sobre os dereitos dos nenos.
LEI ORGÁNICA 1/1996 DE PROTECCIÓN XURÍDICA DO MENOR
PRINCIPIOS
Interese superior do neno.
Carácter educativo das medidas que se adopten.
Algúns aspectos salientables:
Prohibición da difusión de datos e imaxes de menores de
idade cando sexa contrario ao seu interese.
Deber de toda persoa (e especialmente daquelas que
traballan con nenos) de comunicar á autoridade
competente as situacións de risco ou desamparo que se
detecten, sen prexuízo de prestar auxilio inmediato se é
preciso, así como deber de comunicar as ausencias
habituais do centro educativo sen xustificación.
LEI 3/2011DE APOIO Á FAMILIA E Á CONVIVENCIA*
PRINCIPIOS:
Interese superior do neno.
Carácter educativo e socializador das medidas que
se adopten.
Mantemento do menor no seu medio familiar
sempre que sexa posible.
OUTRA LEXISLACIÓN DE INTERESE
UE (28 Estados):
Carta Europea dos Dereitos do Neno (Parlamento Europeo, 1992) → documento
prográmatico sen valor xurídico.
Carta de Dereitos Fundamentais da UE (Parlamento Europeo, Consello da UE e
Comisión Europea, 2000) → valor xurídico.
Consello de Europa (47 Estados):
Convención europea sobre adopción de nenos (1967).
Convención europea sobre repatriación de menores (1970).
Convención europea sobre a situación xurídica dos nenos nacidos fóra do
matrimonio (1975).
Convención europea sobre o recoñecemento e execución de decisións sobre
custodia dos nenos (1980).
Convención europea sobre o exercicio dos dereitos dos nenos (1996).
Convención do Consello de Europa sobre a protección dos nenos contra a
explotación e o abuso sexual (2007).
ELABORACIÓN DUN COMPENDIO LEXISLATIVO
1. NOME DO TEXTO LEGAL Constitución Española
2. DATA DE ENTRADA EN VIGOR 1978
3. ÁMBITO DE APLICACIÓN Estado español
4. ASPECTO/S QUE REGULA Dereitos fundamentais dosespañois
5. OBSERVACIÓNS DE INTERESE Artigo 27 → dereito á educación
Artigo 39 → protección social,económica e xurídica das familias
Francesco Tonucci: “Os dereitos do neno”
4. O PAPEL DA EDUCADORA OU EDUCADOR INFANTIL (I)
Caspar David Friedrich:
“Camiñante sobre o mar de néboa”
4. O PAPEL DA EDUCADORA OU EDUCADOR INFANTIL (II)
COMPETENCIA XERAL DO TÉCNICO SUPERIOR
EN EDUCACIÓN INFANTIL (TSEI)
(Real Decreto 1394/2007 no ámbito estatal e
Decreto 226/2008 no ámbito galego)
Deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no
primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal,
consonte a proposta pedagóxica elaborada por un
mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil, e en toda a etapa no ámbito non
formal, xerando contornos seguros e en colaboración
con profesionais e coas familias.
4. O PAPEL DA EDUCADORA OU EDUCADOR INFANTIL (III)
CAMPO PROFESIONAL OU SAÍDAS PROFESIONAIS
1º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL(0-3 anos) → escolas infantís.
INSTITUCIÓNS CON MENORES EN RISCO SOCIAL (0-6 anos) → casas
de acollida, residencias infantís, fogares infantís...
PROGRAMAS DE EDUCACIÓN NON FORMAL (0-6 anos) →
programas de lecer e tempo libre (en ludotecas, campamentos...),
programas culturais (en bibliotecas, museos...), programas de
animación infantil (en centros comerciais, espazos abertos...),
programas de educación ambiental (en granxas escola, talleres de
natureza...), programas relacionados coa saúde (en consultas
pediátricas, hospitais...), programas de atención á infancia en
zonas rurais, etc.
4. O PAPEL DA EDUCADORA OU EDUCADOR INFANTIL (IV)
FUNCIÓNS E TAREFAS
Tarefas de atención directa ao GRUPO DE NENOS: o TSEI debe
favorecer o progreso individual e colectivo dos nenos.
Tarefas en relación coas FAMILIAS: debe haber unha relación fluída
familia-escola que permita o intercambio de información para
mellorar a intervención educativa e evitar contradicións.
Tarefas como membro dun EQUIPO DE TRABALLO: a comunicación
e o intercambio con outros profesionais son fundamentais para
ampliar coñecementos, facer máis significativas as experiencias e
acadar unha maior seguridade profesional e persoal.
TAREFAS DE ATENCIÓN DIRECTA AO GRUPO DE NENOS
Organizar o ambiente.
Establecer as rutinas diarias.
Atender as necesidades básicas dos nenos.
Promover a autonomía e confianza.
Iniciar determinadas aprendizaxes.
Ensinar xogos, contos e cancións do folclore infantil.
Incorporar novas actividades e crear novos
intereses.
Crear situacións de comunicación e intercambio.
Axudar e orientar aos nenos.
4. O PAPEL DA EDUCADORA OU EDUCADOR INFANTIL (V)
CARACTERÍSTICAS PERSOAIS E PROFESIONAIS
COÑECEMENTOS PROFESIONAIS.
CUALIDADES PERSOAIS: empatía, paciencia, estabilidade
emocional, seguridade nun mesmo, expresividade, creatividade,
interese pola infancia, apertura a novas ideas, disposición para o
traballo en equipo...
ÉTICA PROFESIONAL: respecto á persoa e aos dereitos humanos,
respecto e valoración da diversidade cultural, responsabilidade,
competencia profesional, interese superior do neno,
interdisciplinariedade.
4. O PAPEL DA EDUCADORA OU EDUCADOR INFANTIL (VI)
FORMACIÓN CONTINUA
FORMACIÓN CONTINUA = proceso encamiñado á revisión e
actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes do
profesional coa finalidade de adaptalos aos cambios e avances da
sociedade.
FORMACIÓN
CONTINUAINNOVACIÓN
EDUCATIVA
MELLORA DA
CALIDADE
BON VOYAGE!