Unidade Didáctica 4

24
UNIDADE DIDÁCTICA 4: A PLANIFICACIÓN EDUCATIVA

Transcript of Unidade Didáctica 4

Page 1: Unidade Didáctica 4

UNIDADE DIDÁCTICA 4: A PLANIFICACIÓN EDUCATIVA

Page 2: Unidade Didáctica 4

ÍNDICE1 .Para non perder o norte: o currículo como expresión das intencións educativas

1 . 1 . Concepto de currículo

1 .2 . Elementos do currículo

1 .3 . Niveis de concreción curricular

2.O currículo da Educación Infantil

3.A proposta pedagóxica e outros documentos do centro

4.A planificación na educación non formal

Page 3: Unidade Didáctica 4

O termo “currículo” provén do latín “currículum”, que significa “carreira”.

O termo “currículo” provén do latín “currículum”, que significa “carreira”.

Page 4: Unidade Didáctica 4

1. O CURRÍCULO COMO EXPRESIÓN DAS INTENCIÓNS EDUCATIVAS

1.1. Concepto de currículo (I)Definición de currículo

A) Conxunto de decisións relativas ao proceso educativo sobre que, cando e como ensinar e que, cando e como avaliar.

B) Conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación (definición da LOE).*

OLLO: A LOMCE define o currículo como a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe, incluíndo os obxectivos, as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os estándares e resultados de aprendizaxe e os criterios de avaliación.*

Funcións do currículo

◦ Facer explícitas as intencións do sistema educativo.

◦ Servir como guía para orientar a práctica pedagóxica.

Page 5: Unidade Didáctica 4

Fontes do currículo*

O currículo fundaméntase nas seguintes bases teóricas:

1.1. Concepto de currículo (II)1.1. Concepto de currículo (II)

Base sociolóxica: demandas sociais acerca do sistema educativo

CURRÍCULO

Base epistemolóxica: coñecementos sobre as distintas áreas ou materias curriculares

Base pedagóxica: factores favorecedores do ensino-aprendizaxe

Base psicolóxica: procesos de desenvolvemento e aprendizaxe do alumnado

Base filosófica: ideas sobre que é o mellor para o ser humano

Page 6: Unidade Didáctica 4

1.2. Elementos do currículo (I)1.2. Elementos do currículo (I)

De acordo coa definición “A”

1. Que ensinar? Selección de obxectivos e contidos.

2. Cando ensinar? Secuencia de obxectivos e contidos.

3. Como ensinar? Metodoloxía.

4. Que, cando e como avaliar? Avaliación.

De acordo coa definición “B” (LOE)*

1. Obxectivos.

2. Competencias básicas.

3. Contidos.

4. Métodos pedagóxicos.

5. Criterios de avaliación.

Page 7: Unidade Didáctica 4

1.2. Elementos do currículo (II)1.2. Elementos do currículo (II)

Imos centrarnos na definición “B”...

1. Obxectivos

◦ Son os fins que dirixen a intervención educativa.

◦ Describen as capacidades que se espera que adquira o alumnado como consecuencia do proceso educativo.

◦ Os currículos de Educación Infantil poden incluír tres tipos de obxectivos:

OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA (período 0-6).

OBXECTIVOS DO CICLO (0-3 ou 3-6).

OBXECTIVOS DE ÁREA (para cada área curricular).

Page 8: Unidade Didáctica 4

1.2. Elementos do currículo (III)1.2. Elementos do currículo (III)

2. Competencias básicas*

◦ Son as aprendizaxes que se consideran imprescindibles para que unha persoa acade un adecuado desenvolvemento persoal, escolar e social.

◦ Están asociadas ao ensino básico (Primaria e Secundaria), aínda que a Educación Infantil tamén debe contribuír ao seu desenvolvemento.

◦ Non se desenvolven só a través da educación formal, senón tamén a través da educación non formal e informal.

◦ Son 8: competencia en comunicación lingüística, competencia matemática, competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá, competencia cultural e artística, competencia para aprender a aprender e autonomía persoal.

Page 9: Unidade Didáctica 4

1.2. Elementos do currículo (IV)1.2. Elementos do currículo (IV)

3. Contidos

◦ Son as aprendizaxes que debe realizar o alumnado para acadar os obxectivos.

◦ Poden ser de 3 tipos:

CONTIDOS CONCEPTUAIS (saber cousas)

CONTIDOS PROCEDIMENTAIS (saber facer)

CONTIDOS ACTITUDINAIS (saber ser)

OLLO: Na LOE non aparecen definidos estes tres tipos de contidos, pero todos eles deben estar presentes no currículo.*

◦ Outros contidos que cómpre mencionar son os denominados “TEMAS TRANSVERSAIS”: contidos esencialmente actitudinais que pola súa relevancia social non se traballan como áreas específicas senón que impregnan toda a intervención educativa Educación cívica e moral, educación para a paz, educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos, educación para a saúde, educación ambiental, educación do consumidor/a, educación sexual, educación vial.

OLLO: Na LOE os temas transversais aparecen como “educación en valores”.*

Page 10: Unidade Didáctica 4

1.2. Elementos do currículo (V)1.2. Elementos do currículo (V)

4. Métodos pedagóxicos*

◦ Son as estratexias utilizadas na intervención educativa para favorecer o proceso de ensino-aprendizaxe.

◦ Trátase dun elemento referido á práctica docente.

5. Criterios de avaliación*

◦ Son normas de referencia para valorar a consecución dos obxectivos por parte do alumnado.

Page 11: Unidade Didáctica 4

1.3. Niveis de concreción curricular (I)Niveis de concreción curricular (I)

O currículo debe ser aberto e flexible, é dicir, debe permitir que os centros e os educadores/as adapten as decisións curriculares ás características do contexto educativo e do alumnado.

Desde esta perspectiva, pódense diferenciar dous momentos distintos no currículo:

◦ DESEÑO DO CURRÍCULO: plan xeral que guía as accións educativas.

◦ DESENVOLVEMENTO DO CURRÍCULO: posta en práctica dese proxecto, coas necesarias adecuacións á realidade.

Page 12: Unidade Didáctica 4

1.3. Niveis de concreción curricular (II)Niveis de concreción curricular (II) Un currículo aberto vaise concretando do xeral ao particular,

dando lugar a tres niveis de concreción:

Page 13: Unidade Didáctica 4

CURRÍCULO DA EDUCACIÓN

INFANTIL

Page 14: Unidade Didáctica 4

2. O CURRÍCULO DA EDUCACIÓN INFANTIL

Existe certa asimetría no currículo LOE do 1º ciclo e do 2º ciclo de Educación Infantil:

◦ No 2º ciclo, o Goberno fixa as ensinanzas mínimas (Real Decreto 1630/2006, do 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas do 2º ciclo de Educación Infantil) e as Comunidades Autónomas establecen os seus respectivos currículos respectando esas ensinanzas mínimas.

◦ No 1º ciclo, en cambio, o Goberno non dispón as ensinanzas mínimas e son as Comunidades Autónomas as que determinan os “contidos educativos”. Polo tanto, existe unha realidade plural nos distintos territorios do Estado español en canto aos “contidos educativos” ou currículo para o período 0-3.

O currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia vén establecido nun Decreto único que completa as ensinanzas mínimas fixadas a nivel estatal para o 2º ciclo e determina os principais elementos curriculares do 1º ciclo: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.*

Page 15: Unidade Didáctica 4

DECRETO 330/2009, POLO QUE SE ESTABLECE O CURRÍCULO DA EDUCACIÓN INFANTIL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (I)*

Constitúe o 1º nivel de concreción curricular da Educación Infantil en Galicia (Decreto do currículo ou “Deseño Curricular Base”, DCB).

Contén unha serie de disposicións xerais para o conxunto da etapa de Educación Infantil: principios xerais, fins, obxectivos, áreas de coñecemento, distribución horaria, avaliación, atención á diversidade, etc. (ver artigos 2 a 13).

Tanto o currículo do 1º ciclo como o do 2º ciclo estrutúranse arredor de tres áreas de coñecemento, entendidas como ámbitos propios da experiencia e do desenvolvemento infantil que deben abordarse de forma interrelacionada a través de actividades globalizadas que teñan interese e significado para as nenas e os nenos:

1. Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.

2. Coñecemento do contorno.

3. Linguaxes: comunicación e representación.

Page 16: Unidade Didáctica 4

DECRETO 330/2009, POLO QUE SE ESTABLECE O CURRÍCULO DA EDUCACIÓN INFANTIL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (II)*

O Decreto inclúe tanto elementos de carácter prescritivo como de carácter orientador:◦ Son elementos de carácter prescritivo: os obxectivos, os contidos e os criterios

de avaliación das áreas (ver Anexo I, currículo do 1º ciclo).Os contidos organízanse en bloques:

◦ Son elementos de carácter orientador: as orientacións metodolóxicas (ver Anexo I, currículo do 1º ciclo) e as contribucións ás competencias básicas (ver Anexo II).

Algunhas orientacións metodolóxicas: ambiente agradable, estimulante e flexible que lles permita ás crianzas sentirse cómodas e explorar; relación fluída coas familias e co contorno; globalización da aprendizaxe; individualización da atención educativa; desenvolvemento das potencialidades das nenas e nenos a través da axuda doutras persoas, o movemento e o xogo; creación de situacións de interacción social nun contexto afectuoso...

Page 17: Unidade Didáctica 4

A PROPOSTA PEDAGÓXICA… E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO

Page 18: Unidade Didáctica 4

3. A PROPOSTA PEDAGÓXICA E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO (I)

A proposta pedagóxica

◦ A proposta pedagóxica (anteriormente chamada “proxecto curricular”) constitúe o 2º nivel de concreción currricular (adaptación do Decreto do currículo ao contexto do centro).

◦ Debe ser un instrumento vivo e revisable que recolla as decisións de todo o equipo educativo. A LOE sinala que a elaboración e seguimento da proposta pedagóxica do 1º ciclo de Educación Infantil está baixo a responsabilidade dun profesional co título de mestre/a de Educación Infantil ou equivalente, pero o conxunto do equipo educativo de ciclo debe participar, facer achegas, establecer acordos e finalmente aprobar o documento co fin de dotar de coherencia e unidade á práctica educativa.*

◦ Tomando como referencia o que a Comunidade Autónoma de Galicia fixa para o 2º ciclo de Educación Infantil (Orde do 25 de xuño de 2009), pode incluír aspectos como os seguintes: adecuación dos obxectivos xerais da Educación Infantil ao contexto do centro; aspectos xerais para a elaboración das programacións (tendo en conta os obxectivos, contidos e criterios de avaliación das áreas dispostos no currículo); decisións sobre metodoloxía, agrupamento do alumnado e planificación dos espazos, materiais e tempo; educación en valores; atención á diversidade; decisións sobre a avaliación; accións para a colaboración coas familias; proxecto lingüístico; planificación do período de adaptación...*

◦ Forma parte do proxecto educativo do centro e debe basearse no establecido nel.

Page 19: Unidade Didáctica 4

3. A PROPOSTA PEDAGÓXICA E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO (II)

O proxecto educativo do centro (PEC)*

◦ O PEC é o documento que expresa as intencións da comunidade educativa con respecto aos principios rectores, as opcións educativas e as características esenciais do centro, dando coherencia a todas as accións que se desenvolven nel e reflectindo a súa singularidade.

◦ Dá resposta ás seguintes preguntas:

◦ Quen somos? Sinais de identidade.

◦ Que pretendemos? Obxectivos.

◦ Como nos organizamos? Estrutura organizativa.

◦ Na elaboración do PEC deben participar os distintos sectores da comunidade educativa, baixo a coordinación da dirección do centro. A aprobación do PEC correspóndelle ao Consello Escolar do centro.

OLLO: Na LOMCE, a aprobación do PEC correspóndelle ao director/a.

Page 20: Unidade Didáctica 4

3. A PROPOSTA PEDAGÓXICA E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO (III)

Outros documentos do centro*

◦ Regulamento de réxime interior: conxunto de normas de organización e funcionamento do centro.

◦ Proxecto de xestión: documento no que se plasma a xestión económica e a administración dos recursos do centro.

◦ Programación xeral anual: documento que concreta todos os plans de actuación acordados para un curso académico.

◦ Memoria anual: avaliación das actuacións previstas na programación xeral anual que se realiza ao finalizar o curso académico co fin de identificar e corrixir posibles incidencias.

Page 21: Unidade Didáctica 4

- Poder ías dicir me, por f avor , que camiño debo t omar par a saír de aquí? - I so depende en gr an par t e do sit io ao que queir as chegar - dixo o gat o.- Non me impor t a moit o o sit io - dixo Alicia.- Daquela t ampouco impor t a moit o o camiño que t omes -r espondeu o gat o.

(“Alicia no país das mar abillas”, Lewis Car r oll)

A PLANIFICACIÓN NA EDUCACIÓN

NON FORMAL

Page 22: Unidade Didáctica 4

4. A PLANIFICACIÓN NA EDUCACIÓN NON FORMAL (I) A educación non formal tamén precisa dunha planificación. O proceso de planificación na educación non formal prodúcese en

distintos niveis, dando lugar aos seguintes niveis de planificación:

NIVEIS DE PLANIFICACIÓN

Nivel 1 Nivel 2 Nivel 3

Planificación estratéxica

PLAN-Grandes liñas de actuación para un territorio ou sector da poboación a medio/longo prazo.

-Establece os obxectivos xerais, sinala as actuacións máis representativas e prevé o financiamento.

-Pode ser de ámbito euro-peo, nacional, autonómico...

Planificación táctica

PROGRAMA

-Aplicación do plan a unha realidade concreta nun prazo de tempo máis limitado.

-Concreta os obxectivos do plan, sinala prioridades e determina os recursos.

-Soe ser desenvolvido por administracións máis próxi-mas ao cidadán (autonómica ou local).

Planificación operativa

PROXECTO

-Intervención concreta que dá resposta ás intencións dun programa.

-Especifica o proceso que se vai levar a cabo con detalle.

-É responsabilidade do equipo de traballo que o vai poñer en práctica.

Page 23: Unidade Didáctica 4

4. A PLANIFICACIÓN NA EDUCACIÓN NON FORMAL (II)

En liñas xerais, un proxecto debe conter os seguintes elementos:

OLLO: é preciso que os elementos do proxecto teñan coherencia e lóxica interna.

ELEMENTOS DUN PROXECTO

1. Que? NATUREZA DO PROXECTO Denominación e presentación.

2. Por que? XUSTIFICACIÓN Necesidades que resolve.

3. A quen? DESTINATARIOS Persoas ás que vai dirixido.

4. Para que? OBXECTIVOS Metas concretas que se perseguen.

5. Como? METODOLOXÍA E ACTIVIDADES

Como se vai levar a cabo.

6. Cando? TEMPORALIZACIÓN Duración e cronograma.

7. Onde? LOCALIZACIÓN Lugar e espazos que se van empregar.

8. Con quen? RECURSOS HUMANOS Persoal que o leva a cabo.

9. Con que? RECURSOS MATERIAIS E ECONÓMICOS

Materiais necesarios e orzamento.

10. Como valoralo?

AVALIACIÓN Valoración de todo o proceso.

Page 24: Unidade Didáctica 4

MÁIS ALÁ!NORTE E

RUMBO AO