Unidade Didáctica 5

29
UNIDADE DIDÁCTICA 5: METODOLOXÍA E ACTIVIDADES

Transcript of Unidade Didáctica 5

Page 1: Unidade Didáctica 5

UNIDADE DIDÁCTICA 5:METODOLOXÍA E

ACTIVIDADES

Page 2: Unidade Didáctica 5

Como xa vimos na U.D. 4,

a metodoloxía dá

resposta á pregunta

“COMO ENSINAR?”

“A letra con sangue entra”

(Francisco de Goya)

“O mestre de escola”

(Adriaen van Ostade)

Page 3: Unidade Didáctica 5

*ÍNDICE

1.Principios metolodóxicos

2.As actividades na escola infantil

3.As actividades na educación non formal

4.Propostas metodolóxicas globalizadoras

4.1. Os recantos

4.2. Os talleres ou obradoiros

4.3. Os centros de interese

4.4. Os proxectos

5.A atención á diversidade

6.Documentar as actividades

Page 4: Unidade Didáctica 5

“Sempre que se lle ensina

algo a un neno, impídeselle

que o invente.”

*Seymour Papert

Page 5: Unidade Didáctica 5

1. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS (I)1. ACTIVIDADE*. O neno/a aprende a través da súa propia acción, polo que

os métodos de traballo basearanse na actividade, a experiencia e o xogo.

2. DIFICULTADE AXEITADA. A actividade situarase na zona de

desenvolvemento próximo do neno/a, nin moi afastada do seu

desenvolvemento actual (desmotivación por non poder realizala con éxito)

nin limitada ao que xa sabe facer (perda de interese por non supoñerlle

ningún reto).

3. INTERESE. As propostas deberán conectar cos intereses dos nenos/as; en

vez de impoñerlles actividades, ofreceráselles a posibilidade de elixir as

que respondan aos seus intereses para favorecer a súa implicación.

4. CLIMA DE SEGURIDADE E CONFIANZA. Os nenos/as necesitan sentirse

coidados, aceptados, queridos, valorados, escoitados; as educadoras/es

demostrarán que confían neles e atenderán as súas necesidades.

5. ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA. Cada neno/a é un individuo único, polo que

se lle dedicará un tempo só para el, observándoo, escoitándoo,

satisfacendo as súas necesidades, ofrecéndolle apoio. Isto non significa

promover o individualismo, senón respectar a individualidade á vez que se

favorece o encontro e a cooperación entre nenos/as.

Page 6: Unidade Didáctica 5

1. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS (II)6. TEMPO FLEXIBLE. A organización do tempo deberá ser flexible,

respectando os ritmos biolóxicos e as necesidades dos cativos/as. As

actividades realizaranse sen présas, incluíndo na planificación o tempo

necesario para a recollida dos materiais e para unha posta final en

común.

7. ESPAZOS E MATERIAIS AXEITADOS. Planificaranse os recursos espaciais e

materiais necesarios para cada actividade, escollendo os máis axeitados

entre as opcións dispoñibles.

8. COHERENCIA PEDAGÓXICA. Todas as actividades responderán a unha

determinada finalidade, coherente co modelo de educación que se queira

promover.

9. GLOBALIZACIÓN. O neno/a percibe a realidade como un todo, polo que

se lle ofrecerán experiencias que integren de forma natural contidos

diversos e lle permitan desenvolver todas as súas capacidades.

10. APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA*. Proporcionaráselles aos nenos/as

situacións de aprendizaxe con sentido e funcionalidade que lles permitan

conectar os novos coñecementos cos que xa posúen.

Page 7: Unidade Didáctica 5

AS ACTIVIDADES NA ESCOLA INFANTIL

Page 8: Unidade Didáctica 5

2. AS ACTIVIDADES NA ESCOLA INFANTIL (I)

a) ACTIVIDADES DA VIDA COTIÁ/RUTINAS:

Son as actividades que se realizan de forma regular todos os días de acordo cos

ritmos naturais dos cativos/as; constitúen a base sobre a que se programan as

demais actividades (xa que o primeiro é satisfacer as necesidades básicas das

crianzas).*

Han de realizarse procurando a adquisición de cotas cada vez maiores de

autonomía por parte dos nenos/as.

ACTIVIDADES DA VIDA COTIÁ/RUTINAS

ACTIVIDADES ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS

Comida É unha actividade fundamental para a supervivencia, pero tamén un

momento de relación e convivencia. Debe desenvolverse nun clima

tranquilo e respectando o ritmo de cada neno/a.

Sesta Satisfai a necesidade de descanso e sono das crianzas. Debe dispoñerse

dun espazo axeitado (con berces ou colchóns) e crearse un ambiente

relaxado (baixar a voz e a iluminación, facer actividades tranquilas,

usar obxectos transicionais...).

Hixiene Inclúe o cambio de cueiros, o lavado de cara e mans, o cepillado de

dentes, o control de esfínteres... Debe favorecerse o gusto pola limpeza

corporal evitando actitudes críticas que poidan xerar angustia nos

nenos/as.

Page 9: Unidade Didáctica 5

2. AS ACTIVIDADES NA ESCOLA INFANTIL (II)

b) XOGO LIBRE:

É a actividade principal que ocupa os momentos de vixilia dos nenos/as menores

de 3 anos, xa que constitúe a súa forma natural de coñecer o medio e aprender.

Aínda que a intervención directa do adulto debe ser a menor posible, o papel do

educador/a é moi importante porque ten a responsabilidade de preparar o

ambiente, acompañar aos cativos/as e facer achegas para enriquecer o xogo.

XOGO LIBRE

TIPOS DE XOGO ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS

Xogo sensorial

e motor

Desenvólvese desde o nacemento e baséase no pracer funcional que

experimenta o neno/a ao exercitar os seus sentidos e poñer o seu corpo en

movemento. Dúas actividades moi axeitadas para favorecer este tipo de xogo

son o cesto dos tesouros (6-12 meses) e o xogo heurístico (12-24 meses; ver

as diapositivas seguintes).

Xogo simbólico Desenvólvese dos 2 anos en adiante e consiste na representación de situacións

da realidade por parte do neno/a mediante o uso da imitación e a imaxinación.

Na aula 2-3, poden crearse distintos recantos para o xogo simbólico como a

casiña, a cociña, os disfraces, etc.

Xogo de

construción

Empeza a desenvolverse cando os nenos/as aprenden a estar sentados e vaise

perfeccionando a medida que gañan control motor, xa que consiste na

manipulación e amoreamento de pezas xeométricas (facendo torres, filas,

casas...). Na aula 2-3, convén dispoñer dunha zona para este tipo de xogo.

Page 10: Unidade Didáctica 5

O CESTO DOS TESOUROS

* Idade: 6-12 meses.

* Preparación: Disporase dunha cesta sólida e estable para evitar que envorque e

dunhas dimensións que faciliten o acceso dos nenos/as a ela. Na cesta

introduciranse unha ampla variedade de obxectos de distintas cualidades

sensoriais: materiais da vida cotiá (culleres, pelotas, pinzas da roupa...), materiais

naturais (pedras, cunchas, piñas...) e materiais de refugallo (rolos de papel

hixiénico, botes de iogur baleiros, oveiras...); estes materiais revisaranse

periodicamente, renovando os que estean estragados e os que non atraian a

atención dos nenos/as. A cesta colocarase nun lugar da aula que garanta a

comodidade das crianzas.

* Desenvolvemento: O neno manipulará libremente os obxectos da cesta, sen a

participación directa do adulto (agás nos momentos iniciais, nos que poderá axudar

ao neno/a a establecer os primeiros contactos cos obxectos). O número máximo de

nenos/as que poden acceder á cesta no mesmo momento limitarase

aproximadamente a 3. Non se prolongará a sesión demasiado tempo para evitar que

os cativos/as se aburran.

Page 11: Unidade Didáctica 5

O XOGO HEURÍSTICO* Idade: 12-24 meses.

* Preparación: Contarase con: a) coleccións numerosas de distintos obxectos de

carácter non estruturado (cadeas, chaveiros, cintas, argolas, tapóns,

esponxas...), gardando cada colección de obxectos do mesmo tipo na súa bolsa

correspondente, e b) obxectos que poidan empregarse a modo de contedores

(caixas, botes, cilindros...). Distribuiranse os obxectos en distintos focos de

material (un para cada neno/a), incluíndo en cada foco unha morea de obxectos

de cada bolsa e varios contedores.

* Desenvolvemento: Cada sesión constará de dúas fases: a) na fase de exploración,

os cativos/as actuarán libremente sobre os obxectos (baterán neles, meterán uns

obxectos dentro doutros, amorearanos, deixaranos caer, poñeranos en fila...); b)

na fase de recollida, o educador/a collerá as bolsas e animará ás crianzas a que

depositen os obxectos na súa bolsa correspondente. Este xogo realizarase en

grupos de aproximadamente 10 nenos/as como máximo e en sesións de

aproximadamente unha hora.

Page 12: Unidade Didáctica 5

2. AS ACTIVIDADES NA ESCOLA INFANTIL (III)

c) ACTIVIDADES DIRIXIDAS:

Son as actividades que xorden a proposta do educador/a.

Debe terse en conta que os nenos/as non aprenden só a través destas actividades,

polo que non poden substituír a autoaprendizaxe.

ACTIVIDADES DIRIXIDAS

ACTIVIDADES ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS

Corro/

Asemblea

O grupo reúnese, recoñécese e fala sobre experiencias acontecidas na casa ou na escola,

os seus sentimentos, o que vai facer ese día... (momento privilexiado para o

desenvolvemento da linguaxe oral). Debe ter un carácter flexible, sen caer no

formalismo nin impoñelo a idades moi temperás.

Psicomotri-

cidade

É habitual que as escolas organicen sesións para promover o desenvolvemento motor dos

nenos/as (circuítos con obstáculos, rodas, trens, exercicios rítmico-musicais...), ás veces

a cargo dun especialista. A ubicación destas sesións é variable (aula, patio, sala de usos

múltiples...), pero debe dispoñerse sempre dun espazo amplo que permita a liberdade

de movemento dos nenos/as.

Actividades

de plástica

Poden realizarse traballos de pintura (de dedos, témperas, acuarelas, ceras grosas...),

“collage” (con papeis de xornais, fotos, papel de seda, papel “pinocho”...), modelado

de masas (fariña, papel, arxila, plastilina...). É máis sinxelo realizar estas actividades en

pequeno grupo.

Contar un

conto

Moitas escolas planifican a hora do conto como un momento máxico. Os libros deben

resultar atractivos para os nenos/as e é necesario que o educador/a manexe algunhas

técnicas de conta-contos.

Page 13: Unidade Didáctica 5

AS ACTIVIDADES NA EDUCACIÓN NON

FORMAL

Page 14: Unidade Didáctica 5

3. AS ACTIVIDADES NA EDUCACIÓN NON FORMAL

As actividades que se poden desenvolver na educación non formal son

innumerables, polo que só imos mencionar algúns exemplos:

Nas GRANXAS-ESCOLA realízanse actividades de contacto coa natureza (visita da

corte e o curral, cultivo da horta...), talleres de transformación de produtos

naturais (taller de cociña, taller da la...), actividades de expresión (cancións,

dramatizacións...), etc.

Nos CAMPAMENTOS URBANOS realízanse talleres, excursións, xogos colectivos,

actividades de expresión, etc., xeralmente utilizando como fío condutor o tema

dalgún proxecto.

Na nosa sociedade de consumo, estase estendendo a celebración de FESTAS DE

ANIVERSARIO dos nenos/as como un novo campo empresarial que atrae ao sector do

lecer e o tempo libre. As actividades destas celebracións soen incluír algún

espectáculo (pallasos, monicreques...), xogos colectivos, unha merenda, actividades

físicas en instalacións tipo piscinas de bólas, etc. Se ben, para que estas festas

posúan unha finalidade educativa e non meramente recreativa, cómpre coidar algúns

aspectos: favorecer o encontro e a relación entre nenos/as, promover a creatividade,

evitar o exceso de regalos, evitar a comida insá...

Page 15: Unidade Didáctica 5

PROPOSTAS METODOLÓXICAS

GLOBALIZADORAS

Page 16: Unidade Didáctica 5

4. PROPOSTAS METODOLÓXICAS GLOBALIZADORAS

Son aquelas estratexias de ensino-aprendizaxe nas que as

actividades non se presentan de forma illada, senón organizadas

arredor dun fío condutor.

Aquí se inclúen:

Os recantos

Os talleres ou obradoiros

Os centros de interese

Os proxectos

ORGANIZACIÓN DO

ESPAZO

ORGANIZACIÓN DOS

CONTIDOS

Page 17: Unidade Didáctica 5

4.1. OS RECANTOS* Concepto: Espazos claramente delimitados da aula destinados a realizar distintos

tipos de actividades que as crianzas escollen libremente.

* Preparación: Requiren unha planificación minuciosa: determinar o nº e tipo de

recantos (segundo o espazo dispoñible, a idade dos cativos/as, etc.), escoller unha

área axeitada para cada recanto, seleccionar materiais apropiados e estimulantes,

dispoñer os materiais ordenadamente para facelos accesibles aos nenos/as, fixar as

normas, ir transformando os recantos para adecualos ás necesidades infantís, etc.

* Desenvolvemento: Os nenos/as distribúense libremente entre os recantos e traballan

en pequenos grupos de forma autónoma. O educador/a observa e está á disposición

dos nenos/as en todo momento, pero só intervén se é necesario (recordando as

normas, motivando, orientando ante as dificultades...). Convén que todos os nenos/as

utilicen todos os recantos, anotando os nenos/as que pasan por cada recanto cada

día.

* Tipos: Cos máis pequenos/as fálase de zonas máis que de recantos (zona do descanso,

zona do aseo, zona da comida, zona do xogo libre). Máis adiante pódense incorporar

os recantos propiamente ditos, por exemplo: recanto da alfombra (cunha alfombra e

coxíns para a asemblea, os contos, o xogo de construción...), recanto do xogo

simbólico (ten distintas variantes: recanto da casiña, recanto da cociña, recanto da

tenda, recanto dos disfraces...), recanto de plástica e manualidades (con materiais

diversos de debuxo, pintura, modelado...), recanto de experimentación e natureza

(con lupas, espellos, auga, area, plantas...), recanto da psicomotricidade (espazo

amplo con pelotas, aros, cordas...), etc.

Page 18: Unidade Didáctica 5

4.2. OS TALLERES OU OBRADOIROS

* Concepto: Aprendizaxe en grupo dunha determinada técnica baixo a guía dun experto.

* Preparación: Soen realizarse de forma complementaria a outras actividades,

permitindo a implicación de toda a comunidade educativa (de feito, poden estar

dirixidos por un educador/a, un pai/nai ou calquera outra persoa que domine a técnica

concreta). Deste xeito, requiren unha planificación coidadosa das funcións e

responsabilidades dos distintos participantes, ademais dunha adecuada organización

do tempo, o espazo e os materiais. Dada a súa relación coa aprendizaxe de técnicas,

deben programarse para promover a adquisición de destrezas que sexan aplicables na

aula.

* Desenvolvemento: Soen desenvolverse en grupos relativamente pequenos e requiren

un ambiente de certa orde e de respecto ás normas de convivencia. O traballo está

moi sistematizado e dirixido polo experto: as crianzas seguen as pautas que este lles

proporciona para conseguir un determinado produto final ou resultado, pero sen que

isto signifique coartar a súa creatividade.

* Tipos: Obradoiro de manualidades, pintura ou modelado, obradoiro de cociña,

obradoiro de dramatización, obradoiro musical, obradoiro de xogos, etc.

Page 19: Unidade Didáctica 5

4.3. OS CENTROS DE INTERESE* Concepto: Organización dos contidos arredor dun tema que resulta de interese para as

crianzas.

* Preparación: O punto de partida é a observación dos nenos/as para a elección dun

tema que sexa realmente interesante para eles e que conecte coas súas necesidades,

xeralmente derivado do seu propio contorno físico ou social. A partir de aí, o

educador/a deberá planificar unha secuencia variada de actividades relacionadas co

tema escollido, ambientar o espazo da aula e do centro en consonancia co tema e

delimitar a profundidade e duración que prevé que terá o centro de interese (aínda

que a duración final virá condicionada pola motivación que amosen os cativos/as).

* Desenvolvemento: O traballo soe desenvolverse a nivel do grupo-aula, sendo o

educador/a quen propón as distintas actividades e orienta aos cativos/as na súa

realización. As actividades lévanse a cabo en tres fases sucesivas: observación

(contacto coa realidade), asociación (establecemento de relacións entre obxectos ou

fenómenos) e expresión (comunicación dos coñecementos adquiridos de forma oral,

plástica, musical...).

* Tipos: Seguindo a proposta de Decroly, hai dous grandes ideas-eixo para os centros de

interese: a) o neno e as súas necesidades (alimentarse; loitar contra a intemperie;

defenderse dos perigos e inimigos; actuar, traballar, descansar e divertirse) e b) o neno

e o seu medio (os animais; as plantas; a terra, a auga e o aire; o Sol, a Lúa e as

estrelas; a familia; a escola; a sociedade).

Page 20: Unidade Didáctica 5

4.4. OS PROXECTOS* Concepto: Plan de traballo que implica a participación activa das crianzas na

realización de distintas tarefas para resolver un problema, dar resposta a unha

pregunta ou satisfacer unha curiosidade.

* Preparación: O tema xorde das demandas dos propios nenos/as: a partir dunha

situación problemática inicial, vinculada ás experiencias persoais dos cativos/as, o

educador/a creará unha situación de aprendizaxe que estimule a busca de respostas e

a investigación directa por parte do grupo de nenos/as.

* Desenvolvemento: O método de traballo é activo, vivencial e cooperativo. O

conxunto dos nenos/as da aula buscan, manexan, constrúen e intercambian a

información de forma autónoma e en interacción cos iguais e as familias. Dependendo

da idade dos cativos/as e a dificultade do proxecto, o papel do educador/a será de

coordinador do proxecto ou de simple animador. O proxecto consta de catro fases:

definición da intención, preparación, execución e avaliación.

* Tipos: Kilpatrick distinguiu catro tipos de proxectos: proxectos manuais (xardinería,

confección dun xoguete...), proxectos para a realización dunha actividade

(organización dunha festa, preparación dunha dramatización...), proxectos de

investigación (o ciclo da auga, o corpo humano...) e proxectos de aprendizaxe dunha

técnica (pintura, modelado de barro...).

Page 22: Unidade Didáctica 5

5. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (I)a) Normativa (I)*:

LOE/LOMCE:

A LOE utiliza a expresión “alumnado con necesidade específica de apoio educativo”

(ACNEAE) para referirse ao alumnado que require unha atención educativa diferente

á ordinaria por algunha das seguintes razóns:

Por presentar necesidades educativas especiais (NEE): discapacidade ou trastornos graves de

conduta.

Por dificultades específicas de aprendizaxe.

Por altas capacidades intelectuais.

Por incorporarse tarde ao sistema educativo.

Por condicións persoais ou de historia escolar.

Asemade, establece que a atención ao ACNEAE se rexerá polos principios de

normalización e inclusión (por exemplo, escolarización preferente en centros

ordinarios) e sinala que é responsabilidade das Administracións educativas dotar aos

centros dos recursos necesarios para atender adecuadamente a este alumnado.

Sen embargo, contémplase a atención á diversidade como principio e non como

unha medida que corresponde ás necesidades duns poucos, xa que se persegue que

todo o alumnado acade o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e

emocional.

Page 23: Unidade Didáctica 5

5. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (II)

a) Normativa (II)*:

Outra normativa de interese:

DECRETO 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o

currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a

atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da

Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas

establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

DECRETO 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede

galega de atención temperá.

Page 24: Unidade Didáctica 5

5. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (III)b) A diversidade en Educación Infantil:

Unha adecuada atención á diversidade implica concibir as diferenzas individuais

como un valor que enriquece ao grupo.*

En calquera grupo de nenas/os de Educación Infantil existe diversidade en canto a

idade, sexo, saúde, ritmos biolóxicos, personalidade, intereses, capacidades,

etc. (en definitiva, cada nena/o é unica/o). Polo tanto, a educadora ou o educador

debe axustar a intervención educativa á individualidade de cada nena/o.

Posto que a Educación Infantil é a 1ª etapa educativa na vida das nenas/os, asume

unha importante función preventiva e compensadora de desigualdades. Así

mesmo, é responsabilidade da escola infantil ofrecer unha educación inclusiva (de

todas/os e para todas/os) que permita o máximo desenvolvemento posible de cada

unha das nenas/os con independencia da consecución de determinados estándares

de execución.

Para iso, cómpre programar actividades abertas, flexibles e variadas (propostas

máis que impostas, con distintos niveis de dificultade, que ofrezan diversidade de

materiais e tempos...) e promover a cooperación entre nenas/os.

Page 25: Unidade Didáctica 5

5. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (IV)c) As necesidades educativas especiais (NEE) en Educación Infantil:

Algunhas das NEE que poden estar presentes en Educación Infantil derívanse dos

seguintes trastornos e discapacidades, requirindo unha intervención coordinada con

outros profesionais e coas familias*:

TRASTORNO/

DISCAPACIDADE ORIENTACIÓNS PARA A INTERVENCIÓN

Trastornos do

desenvolvemento

Alteracións nunha área específica (coordinación motriz, linguaxe...): poñer retos

adecuados ao seu nivel, ofrecer un ambiente estimulante, fomentar o contacto cos

iguais, valorar os logros... / Trastornos xeneralizados do desenvolvemento*: dar

instrucións claras, proporcionar información por varias canles sensoriais, actuar como

modelo para a nena/o, reforzar positivamente...

Discapacidade

intelectual

Propoñer actividades adecuadas ao seu nivel, promover aprendizaxes útiles para a

vida cotiá, actuar sen sobreprotección, proporcionar axuda...

Discapacidade

física

Adaptar o contorno, facilitar o acceso ás actividades e aos materiais, atender o seu

benestar físico, promover a comunicación e a expresión...

Discapacidade

sensorial

Discapacidade auditiva: reforzar a comunicación a través da canle visual (debuxos,

xestos...), recorrer a axudas técnicas (audiófonos...), favorecer a interacción social...

/ Discapacidade visual: organizar a aula de forma estable, reforzar a comunicación

oral, incorporar material táctil...

Problemas

de conduta

e emocionais

Hiperactividade e condutas disruptivas: establecer unha relación positiva, propoñer

actividades diversas, fixar uns límites claros, reforzar positivamente en vez de

castigar... / Inhibición: establecer unha relación positiva, crear espazos e tempos nos

que poidan expresarse con liberdade, favorecer a relación cos iguais, non forzar...

Page 26: Unidade Didáctica 5

5. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (V)d) Medidas de atención á diversidade (extraídas do DECRETO 229/2011)*:

Medidas ordinarias: non alteran os elementos prescritivos do currículo (obxectivos, contidos e

criterios de avaliación). Inclúense, entre outras, as seguintes:

Adecuación da estrutura organizativa do centro e a aula ás características do alumnado.

Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado.

Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos e outras que promovan a

inclusión.

Adaptación dos tempos aos distintos ritmos do alumnado.

Reforzo educativo: medida encamiñada a complementar a acción educativa ordinaria para

consolidar o proceso de aprendizaxe do alumnado que presenta dificultades puntuais.

Medidas extraordinarias: supoñen modificacións significativas do currículo ordinario e/ou

cambios esenciais no ámbito organizativo ou na modalidade de escolarización (requiren

autorización da dirección do centro e da Inspección Educativa ou da dirección xeral que

proceda). Inclúense, entre outras, as seguintes:

Flexibilización da duración do período de escolarización (a escolarización en Educación Infantil

poderá aumentarse ou reducirse nun ano respecto do establecido con carácter xeral).

Adaptacións curriculares (significativas): modificación dos elementos prescritivos do currículo a fin

de dar resposta ao ACNEAE.

Page 27: Unidade Didáctica 5

DOCUMENTAR AS ACTIVIDADES

Page 28: Unidade Didáctica 5

6. DOCUMENTAR AS ACTIVIDADESDocumentar significa rexistrar de maneira sistemática e intencionada o proceso de

aprendizaxe dos nenos/as ao longo dunha ou varias actividades → proporciona aos

nenos/as un recordo moi valioso das súas experiencias e permite informar aos pais/nais

do traballo desenvolvido.

Hai distintas ferramentas para documentar as actividades:

FERRAMENTAS ORIENTACIÓNS

Fotografías Planificar con antelación o que queremos fotografar, dispor dos recursos

materiais e persoais axeitados, realizar un tratamento individual de cada

neno/a (na medida do posible), reflectir o proceso de aprendizaxe

completo (do principio ao final), coidar a estética... Unha vez feitas as

fotos, elixir as mellores e facer unha montaxe dixital, elaborar un mural,

realizar un álbum individual de cada neno/a...

Vídeos Gravar actividades que queremos recordar e explicar ás familias ou que

queremos avaliar, non mover apenas a cámara, facer primeiros planos, non

pretender gravalo todo, facer montaxes atractivas...

Textos orais (recoller palabras

ou frases dos

nenos/as)

Anotar as palabras mentres observamos aos nenos/as ou gravalos e

transcribir as palabras despois, incluír as palabras ou frases dos nenos/as

nas súas producións (debuxos, manualidades...), elaborar un mural coas

palabras ou frases ditas polos cativos/as...

Ficheiro de

actividades

Recoller o esencial da planificación e a avaliación de cada actividade para

poder recordala, analizala e mellorala no seu uso posterior.

Page 29: Unidade Didáctica 5

PERO HAI…

tantas formas de viaxar…

como viaxeir@s...