Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia

5
Con motivo da realización dunha serie de mostraxes para inventariar a fauna de anfibios presentes nos humidais galegos, visitamos un conxunto de charcas e lagoas situadas en diferentes zonas do occidente galego. Nestes inventarios puidemos detec- tar a presenza de Sympetrum flaveolum (Lin- naeus, 1758) en varias lagoas da montaña oriental de Galicia. Nunha primeira fase, realizáronse unha serie de mostraxes nos Ancares lucenses. Froito deste traballo puidéronse localizar numerosos exemplares de Sympetrum fla- veolum no Pozo do Lago Maior, próximo á aldea de Hospital en Pedrafita do Cebreiro (Lugo). Esta lagoa sitúase na cuadrícula UTM 29T PH5429 a unha altitude de 1330 msnm (Figura 1). Primeiras citas de Sympetrum flaveolum (Odonata: Libellulidae) en Galicia Martiño Cabana, Anxos Romeo & Adolfo Cordero Cabana, M., Romeo, A. & Cordero, A. 2011. Primeiras citas de Sympetrum flaveolum (Odonata: Libellulidae) en Galicia. Chioglossa, 3: 15-19. No presente artigo descríbense as primeiras observacións de Sympetrum flaveolum (Linnaeus, 1758) en Galicia, que constitúen as citas máis occidentais da súa extensa área de distribución. Palabras clave: distribución, libélulas, odonatos, Sympetrum flaveolum. Chioglossa, 3: 15-19. A Coruña, 2011 Figura 1. Lagoa e hábitat circundante ó Pozo do Lago Maior no cal se observou a Sympetrum flaveolum. Pode observarse que está completamente seca. Fotografía de Anxos Romeo. [Pond and surrounding habitat at the Pozo do Lago Maior where we observed Sympetrum flaveolum. Note that it is completely dry. Photograph by Anxos Romeo.]

description

Cabana, M., Romeo, A. & Cordero, A. 2011. Primeiras citas de Sympetrum flaveolum (Odonata: Libellulidae) en Galicia. Chioglossa, 3: 15-19.

Transcript of Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia

Page 1: Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia

Con motivo da realización dunha serie de mostraxes para inventariar a fauna de anfibios presentes nos humidais galegos, visitamos un conxunto de charcas e lagoas situadas en diferentes zonas do occidente galego. Nestes inventarios puidemos detec-tar a presenza de Sympetrum flaveolum (Lin-naeus, 1758) en varias lagoas da montaña oriental de Galicia.

Nunha primeira fase, realizáronse unha serie de mostraxes nos Ancares lucenses. Froito deste traballo puidéronse localizar numerosos exemplares de Sympetrum fla-veolum no Pozo do Lago Maior, próximo á aldea de Hospital en Pedrafita do Cebreiro (Lugo). Esta lagoa sitúase na cuadrícula UTM 29T PH5429 a unha altitude de 1330 msnm (Figura 1).

Primeiras citas de Sympetrum flaveolum (Odonata: Libellulidae) en Galicia

Martiño Cabana, Anxos Romeo & Adolfo Cordero

Cabana, M., Romeo, A. & Cordero, A. 2011. Primeiras citas de Sympetrum flaveolum (Odonata: Libellulidae) en Galicia. Chioglossa, 3: 15-19.

No presente artigo descríbense as primeiras observacións de Sympetrum flaveolum (Linnaeus, 1758) en Galicia, que constitúen as citas máis occidentais da súa extensa área de distribución.

Palabras clave: distribución, libélulas, odonatos, Sympetrum flaveolum.

Chioglossa, 3: 15-19. A Coruña, 2011

Figura 1. Lagoa e hábitat circundante ó Pozo do Lago Maior no cal se observou a Sympetrum flaveolum. Pode observarse que está completamente seca. Fotografía de Anxos Romeo. [Pond and surrounding habitat at the Pozo do Lago Maior where we observed Sympetrum flaveolum. Note that it is completely dry. Photograph by Anxos Romeo.]

Page 2: Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia

16 Chioglossa, 3 (2011)

sistemática das lagoas da montaña lucense e ourensán. Prospectáronse a maioría das lagoas dos cordais montañosos do occiden-te galego: Ancares-Courel, Serra de Trevin-ca e Macizo Central. Na Táboa 1 indícanse as poboacións de Sympetrum flaveolum lo-calizadas durante esta fase de traballo de campo.

Sympetrum flaveolum é unha especie de libelúlido que se distribúe pola área pa-leártica. Na Península Ibérica está pre-sente nas zonas de elevada altitude dos Pirineos, Sistema Ibérico, Sistema Cen-tral e Cordilleira Cantábrica (Dijkstra & Lewington, 2006; Ocharan et al., 2006). En Asturias esta especie atópase limitada ós medios acuáticos de alta montaña a co-tas superiores a 1350 msnm. Ademais, é

O día 14 de agosto do 2010 detectáronse nesta lagoa varias decenas de exemplares da especie en tándem e aparentemente reali-zando a posta en seco sobre o seu fondo. Nunha segunda visita, o día 18 do mesmo mes, atopáronse tres parellas en tándem e varios exemplares solitarios e mostrando unha menor actividade que na mostraxe an-terior debido a que o día presentaba os ceos cubertos e unha maior humidade ambien-tal. En ambas mostraxes, a especie estaba acompañada por Lestes dryas Kirby, 1890 que presentaba unha grande abundancia. Segun-do Ocharan e Torralba-Burrial (2004) ambas especies conviven habitualmente nas lagoas de alta montaña asturianas.

Unha vez atopada esta primeira po-boación, decidiuse facer unha prospección

Figura 2. Parella de Sympetrum flaveolum observada no Pozo do Lago Maior, Pedrafita do Cebreiro, Lugo. Fotografía de Anxos Romeo. [Mating pair of Sympetrum flaveolum observed at Pozo do Lago Maior, Pedrafita Cebreiro, Lugo. Photograph by Anxos Romeo.]

Page 3: Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia

17

o odonato que presenta a maior frecuen-cia de aparición corrixida a alturas com-prendidas entre os 1350 e os 1500 msnm (Ocharan & Torralba-Burrial, 2004). A súa presenza en Galicia fora xa prognosticada por Cordero (1996), que indicaba que de-bía atoparse nas zonas orientais de Lugo e Ourense.

Segundo Ocharan e colaboradores (2006) e Torralba-Burrial e colaboradores (en prensa), Sympetrum flaveolum é unha especie vulnerable a nivel ibérico debido a que presenta unha área de ocupación estimada menor a 2.000 km2 e presenta poboacións severamente fragmentadas, as cales sofren unha diminución continua da súa área de distribución e/ou perda da calidade do hábitat. Debido a isto, as pre-

sentes poboacións deberían ser incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameaza-das (Xunta de Galicia, 2007) e realizar un estudo detallado sobre o seu estado po-boacional.

AgrAdecementos

Ó axente forestal Pío Antonio de la Peña e a Rafa Vázquez e Verónica Vázquez por acom-pañarnos na primeira mostraxe realizada. A Pablo Carballo e Mª Dolores Pardo, por ceder-nos o dato da súa observación independente e simultánea de Seoane (A Veiga) arriba in-dicada, dentro das prospeccións que realiza a sección entomolóxica do Grupo Naturalista Hábitat.

Figura 3. Mapa do noroeste ibérico e situación das cuadrículas UTM 10x10 km referenciadas no presente artigo. Imaxe de Martiño Cabana. [Map and location of the northwestern Iberian UTM 10x10 km grid squares referred in this article. Picture by Martiño Cabana.]

Sympetrum flaveolum en Galicia

Page 4: Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia

18 Chioglossa, 3 (2011)

AbstrAct

First records of Sympetrum flaveolum (Odonata: Li-bellulidae) in Galicia

Sympetrum flaveolum (Linnaeus, 1758), new for the fauna of Galicia (NW Spain). The species was found in mountain ponds, between 1300 and 1500 masl, in localities of Lugo and Ourense provinces.

Key words: Distribution, dragonflies, odonata, Sympetrum flaveolum.

bibliogrAfíA

Cordero, A. 1996. A preliminary checklist of the Odonata of Galicia. Advances in Odonato-logy, Suppl. 1: 13-25.

Dijkstra, K-D. B. & Lewington, R. 2006. Field guide to the dragonflies of Britain and Europe. British. Wildlife Publishing, 320 pp.

Ocharan, F. J. & Torralba-Burrial, A. 2004. La relación entre los odonatos y la altitud: el caso de Asturias (Norte de España) y la Pe-nínsula Ibérica (Odonata). Boletín de la So-ciedad Entomológica Aragonesa, 35: 103-116.

Ocharan, F. J., Ferreras Romero, M., Ocharan, R. & Cordero Rivera, A. 2006. Sympetrum fla-veolum. In: Verdú, J. R. & Galante, E. (eds). Libro Rojo de los invertebrados de España. Di-rección General para la Biodiversidad, Minis-terio de Medio Ambiente, Madrid, 275-276.

Martiño Cabana OteroDpto. de Bioloxía Animal, Vexetal e Ecoloxía

Facultade de Ciencias. Universidade da CoruñaCampus da Zapateira, s/n. 15071 A Coruña

[email protected]

Anxos Romeo BarreiroAsociación Saramaganta. Tellado, 8. Romeán

27141 Lugo

Adolfo Cordero RiveraGrupo de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación

Universidade de Vigo, EUE ForestalCampus Universitario. 36005 Pontevedra

Torralba-Burrial, A., Ocharan Larrondo, F. J., Outomuro Priede, D., Azpilicueta Amorín, M. & Cordero Rivera, A. (en prensa). Sympe-trum flaveolum (Linnaeus, 1758). In: Verdú, J.R., Numa, C. & Galante, E. (eds). Atlas y Lista roja de los invertebrados amenazados de España (Especies Vulnerables). Dirección Ge-neral de Medio Natural y Politica Forestal, Ministerio de Medio Ambiente y Medio Ru-ral y Marino, Madrid.

Xunta de Galicia. 2007. Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Diario Oficial de Galicia, 89: 7409-7423.

Page 5: Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia

19

Dat

a /

Dat

eH

umid

al /

Wet

land

UTM

1x1

km (2

9T)

Alti

tude

(m)

Sist

ema

mon

taño

so /

Mou

ntai

n ra

nge

Loca

lidad

e / L

ocal

ityO

bser

vaci

óns /

Obs

erva

tions

21/0

8/20

10A

s Lag

oas

PG 7

070

e 70

7115

05Se

rra

Cal

vaPo

rto d

e Sa

nabr

ia (Z

amor

a)N

umer

osos

mac

hos e

var

ios t

ande

ms.

A

380

met

ros d

a fr

onte

ira c

on G

alic

ia.

29/0

8/20

10A

Pen

a Agu

daPG

717

613

33Se

rra

Cal

vaSe

oane

, A V

eiga

(Our

ense

)3

mac

hos n

unha

peq

uena

xun

quei

ra se

ca.

29/0

8/20

10Ve

iga

do C

outo

PG 7

071

1518

Serr

a C

alva

Vald

ín, A

Vei

ga (O

uren

se)

25 m

acho

s e 5

fem

ias d

e S.

flav

eolu

m.

29/0

8/20

10M

alla

da d

os B

años

PG 7

172

1505

Serr

a C

alva

Vald

ín, A

Vei

ga (O

uren

se)

Num

eros

os S

. flav

eolu

m. 1

0 m

acho

s e

tand

ems d

e S.

sang

uine

um.

30/0

8/20

10La

goa

do L

ombo

(n

orte

)PG

677

015

15Se

rra

Cal

vaPr

ador

ram

isqu

edo,

Via

na d

o B

olo

(Our

ense

)N

umer

osos

tand

ems S

. flav

eolu

m. V

ario

s m

acho

s de

S. sa

ngui

neum

.

30/0

8/20

10La

goa

do L

ombo

(sur

)PG

676

915

15Se

rra

Cal

vaPr

ador

ram

isqu

edo,

Via

na d

o B

olo

(Our

ense

)6

tand

ems e

+50

ex.

2 fe

mia

s S. s

angu

i-ne

um.

30/0

8/20

10En

coro

da

Lago

a de

La

ma

da G

rúa

PG 7

172

1448

Serr

a C

alva

Prad

orra

mis

qued

o, V

iana

do

Bol

o (O

uren

se)

Vario

s mac

hos.

03/0

9/20

10Po

zo d

o La

go M

aior

PH 5

429

1330

Anc

ares

-Cau

rel

Hos

pita

l, Pe

drafi

ta d

o C

ebre

iro

(Lug

o)+5

00 e

x.

10/0

9/20

10La

goa A

Tap

ada

Gra

nde

PG 4

575

1380

Mac

izo

Cen

tral

Cha

guaz

oso,

Vila

riño

de C

onso

(O

uren

se)

1 ex

. con

var

ios e

x. d

e S.

sang

uine

um.

10/0

9/20

10Tu

rbei

ra a

ugas

aba

ixo

do e

ncor

o de

Cen

zaPG

457

212

99M

aciz

o C

entra

lC

hagu

azos

o, V

ilariñ

o de

Con

so

(Our

ense

)1

mac

ho. N

umer

osos

S. s

trio

latu

m.

10/0

9/20

10La

goa

da C

orga

Lon

gaPG

407

513

60M

aciz

o C

entra

lC

hagu

azos

o, V

ilariñ

o de

Con

so

(Our

ense

)1

mac

ho.

13/0

9/20

10La

goa

Her

bosa

PG 6

863

1419

Serr

a C

alva

Prad

orra

mis

qued

o, V

iana

do

Bol

o (O

uren

se)

1 ex

. Num

eros

os S

. san

guin

eum

.

19/0

9/20

10La

goa

do L

ombo

(n

orte

)PG

677

015

15Se

rra

Cal

vaPr

ador

ram

isqu

edo,

Via

na d

o B

olo

(Our

ense

)1

fem

ia e

n ta

ndem

s het

eroe

spec

ífico

con

m

acho

de

S. sa

ngui

neum

. S. fl

aveo

lum

m

áis a

bund

ante

que

S. s

angu

ineu

m.

19/0

9/20

10La

goa

do L

ombo

(sur

)PG

676

915

15Se

rra

Cal

vaPr

ador

ram

isqu

edo,

Via

na d

o B

olo

(Our

ense

)O

bser

vado

s bas

tant

es S

. flav

eolu

m. M

áis

abun

dant

e qu

e S.

sang

uine

um.

19/0

9/20

10La

goa

do L

ombo

(sur

)PG

676

915

15Se

rra

Cal

vaPr

ador

ram

isqu

edo,

Via

na d

o B

olo

(Our

ense

)O

bser

vado

s bas

tant

es S

. flav

eolu

m. M

áis

abun

dant

e qu

e S.

sang

uine

um.

Táb

oa 1

. Obs

erva

ción

s rea

lizad

as d

e Sy

mpe

trum

flav

eolu

m n

o oc

cide

nte

gale

go. [

Obs

erva

tions

of S

ympe

trum

flav

eolu

m in

wes

tern

Gal

icia

.]

Sympetrum flaveolum en Galicia