Procrastinación - que é e como combatela

22

description

Nesta presentación puxen unha definición do que é a procrastinación, por que nos dá problemas e tamén inclúe algúns consellos para combatela.

Transcript of Procrastinación - que é e como combatela

Page 1: Procrastinación - que é e como combatela
Page 2: Procrastinación - que é e como combatela

• Xeralmente a procrastinación consiste en aprazar tarefas que deberiamos facer, escusándonos, e sentindo malestar (case sempre psicolóxico) a causa da culpa.

• A presión do tempo ou do exceso de tarefas xerará estrés e os resultados case sempre serán peores.

Page 3: Procrastinación - que é e como combatela

• Á marxe das escusas dadas, a causa disto é sentir incomodidade por facer algo no presente, e preferir algunha recompensa inmediata (ocio, redes sociais, etc…).

• Imaxina algo que tes que facer dende hai tempo e que aínda non empezaches. Ponte que pretendes empezar agora. Que sentes? Ahí o tes.

Page 4: Procrastinación - que é e como combatela

• Temos unha “zona de confort”. Aquilo que non nos custa facer e que gozamos ao instante.

• Pero o que non percibe o procrastinador e que está a perder un ben que no futuro podería ter aproveitado: o tempo!

Page 5: Procrastinación - que é e como combatela

• “Tes que facelo ou queres facelo?” A motivación, se ven dende fóra, non nace en ti, é moito máis débil.

• Non é sinxelo, pero hai que aprender a ser conscientes do beneficio a longo prazo, tan conscientes que “desexemos” facer a tarefa en cuestión.

Page 6: Procrastinación - que é e como combatela

• De feito a sensación vai ser de mentirse a un mesmo... Pero non te obsesiones co final, simplemente comeza: pode que os pasos iniciais que deas che motiven un pouco máis. Non lle deas voltas, non te queixes, acepta o malestar e tenta conseguir algo que che motive a seguir adiante.

Page 7: Procrastinación - que é e como combatela

• “Tes que facelo ou queres facelo?” A motivación, se ven dende fóra, non nace en ti, é moito máis débil.

• Non é sinxelo, pero hai que aprender a ser conscientes do beneficio a longo prazo, tan conscientes que “desexemos” facer a tarefa en cuestión.

Page 8: Procrastinación - que é e como combatela

13 consellos

Page 9: Procrastinación - que é e como combatela

1. Observa os teus “debería”... Así como os “teño que”, “estou obrigado a”, etc... Ás veces a falta de liberdade empeora a nosa disposición para traballar. Lembra tentar de cambiar as obrigas por desexos, en vez de “teño que facer este traballo”, “quero facer este traballo”.

Page 10: Procrastinación - que é e como combatela

2. Analiza as túas escusas razoablemente

Fai unha lista coas escusas que che impiden acabar unha tarefa. Examina cada unha das escusas e escribe un pensamento máis realista. “Non estou de humor para isto” pódese cambiar por “estar de humor non é exactamente o que fai que o traballo se faga”.

Page 11: Procrastinación - que é e como combatela

3. Pensa en afirmacións motivadoras Repetirse unha frase ou anotala nun post-it. Algo ao teu alcance que che axude a perseverar. Por exemplo: “unha vez acabe estarei libre”, ou “se o fago agora, non será unha distracción outro día”.

Page 12: Procrastinación - que é e como combatela

4. Fai unha lista de tarefas pendentes Escribe nunha lista as tarefas que tes que facer na semana/día/mes e cunha cruz vai marcando as que vas completando. Na lista poderás ver exactamente o traballo pendente, e seguro que che sentirás mellor cando vexas que conseguiches facer moitas cousas.

Page 13: Procrastinación - que é e como combatela

5. Establece prioridades Na lista de tarefas pendentes, dálle un orde de acción ás tarefas segundo a súa importancia, e logo concéntrate só nunha de cada vez.

Page 14: Procrastinación - que é e como combatela

6. Divide a tarefa Importantísimo establecer uns pasos para un determinado proxecto, sendo cada un deles alcanzable cun esforzo menor. Incluso se non son agradables, se son curtos manexarémolos mellor.

Page 15: Procrastinación - que é e como combatela

7. Vixía o tempo Ás veces non somos conscientes do tempo que nos vai levar facer ben unha tarefa. Mellor que tolear unha semana antes de ter que entregar un traballo, trata de calcular canto tempo real levará facer as tarefas precisas. Ao mellor sóbrache tempo e todo.

Page 16: Procrastinación - que é e como combatela

8. Maniféstate Escribe para ti mesmo un contrato e fírmao. Ou fala cun amigo de confianza acerca do plan de acabar unha tarefa unha data determinada. De feito, non gardar para si os obxectivos e compartilos coas persoas adecuadas pode axudar a que en momentos de fraqueza recibamos apoios.

Page 17: Procrastinación - que é e como combatela

9. Organízate. Ten a túa área de traballo limpa e con todo material necesario a man. Elimina distraccións do ambiente como a televisión, o teléfono ou o ordenador. Avisa aos demais de que durante ese tempo non vas a estar dispoñible.

Page 18: Procrastinación - que é e como combatela

10. Controla o estrés Mediante técnicas xa coñecidas como: respiración profunda, relaxación progresiva, visualización... Pero tamén exercicio físico, humor e música.

Page 19: Procrastinación - que é e como combatela

11. Empeza canto antes

Non esperes a sentirte inspirado para empezar a

escribir. Vai escribindo o que che ven á cabeza, xa o revisarás máis tarde. Un pequeno paso inicia o camiño.

Page 20: Procrastinación - que é e como combatela

12. Recompénsate por acadar pequenas metas En vez de pasar toda a tarde charlando polo móbil, faino só cando termines de facer o traballo marcado, a modo de recompensa.

Page 21: Procrastinación - que é e como combatela

13. Lembra todo o que xa conseguiches

En vez de sentirte mal por non facer o suficiente, pensa de xeito máis positivo tendo constancia do que si fixeches.

E celebra cando completes unha tarefa. Ten en mente unha recompensa específica para cando o proxecto esta terminado. Unha cea, unha viaxe de fin de semana, unha festa... A celebración pode ser proporcional á dificultade da tarefa.

Page 22: Procrastinación - que é e como combatela

• http://www.profesion.es/procrastinacion-que-es-y-como-tratarla/

• http://greatist.com/happiness/how-not-to-procrastinate-reason-procrastination

• http://www.carroll.edu/students/wellness/counseling/time.cc