Programa Completo da IV Mostra de Ciencia e Cinema da Corunha

2
IV EDICIÓN MOSTRA DE CIENCIA E CINEMA A CORUÑA, 24/28 OUTUBRO 2011 www.cienciaecinema.org Colaboran Organiza Patrocina

description

A Mostra Internacional de Ciencia e Cinema conhece este ano a sua quarta edição e pretende assumir-se como um ponto de encontro para todas as pessoas que estão interessadas na divulgação de ciência. A Mostra esforça-se por romper a fronteira arbitrária entre “as duas culturas”, a das artes e a das ciências, estabelecendo contactos entre criadores e investigadores de âmbitos muito diferenciados, com a intenção de explorar as relações entre ambos os mundos.Todas as actividades da Mostra são de carácter geral e abertas ao público, visto que o seu principal objectivo é alcançar a máxima difusão das obras que o constituam.Pelas edições anteriores do festival já passaram nomes de cineastas como Barbara Hammer, José Luis Torres Leiva, Xurxo Chirro, Werner Herzog, Jean Painlevé, Robert Gardner, Ilisa Barbash e Lucien Castaing-Taylor, Sharon Lockhart e J.P. Sniadecki, entre outros.A Mostra exibe, este ano, um total de 38 filmes.

Transcript of Programa Completo da IV Mostra de Ciencia e Cinema da Corunha

Page 1: Programa Completo da IV Mostra de Ciencia e Cinema da Corunha

IV EDICIÓN MOSTRA DE CIENCIA E CINEMAA CORUÑA, 24/28 OUTUBRO 2011www.cienciaecinema.org

Colaboran

Organiza Patrocina

Page 2: Programa Completo da IV Mostra de Ciencia e Cinema da Corunha

SECCIÓN OFICIAL

ANGST (Graça Castanheira, 2010)Portugal | 53 minNada do que producimos ou descubrimos nos distingue dos outros animais de maneira tan formidábel como desexariamos. Limitámonos a crear un mundo de ilusións, sen as cales non sobreviviríamos a nós mesmos. Este filme trata diso.DocLisboa 2010, It’s all true 2011, Vila do Conde 2011

ANNE VLIEGT (Catherine van Campen, 2010)Holanda | 21 minAnne é coma calquera outra nena de once anos: monta en bicicleta, gústalle saltar na cama elástica, pasar o tempo cos amigos. Mais vivir coa síndrome de Tourette supón que ela ás veces fai cousas difíciles de controlar. IDFA 2010, Toronto 2010, Visions du Réel 2011, Hot Docs 2011

A SIMPLE RHYTHM (Tess Girard, 2010)Canadá | 52 minUnha exploración filosófica sobre o ritmo e a sincronización. A película conecta disciplinas tan diverxentes coma a matemática e a música nunha mesma dirección, a nosa inconsciente tendencia a manternos en sincronía.Vancouver International Film Festival 2010, BAFICI 2011

COMO AS SERRAS CRESCEM (Maria João Soares, 2010)Portugal | 28 minCada ano a salina prepárase para recibir as montañas de sal. A auga, o barro, o vento, o sol e o home son os elementos que o producen.Doclisboa 2010

DE ZIEL VAN WITGOED (Susanne Engels, 2010)Holanda | 50 minUn filme que escrutina a relación entre humano e máquina dunha maneira visual; a naturalidade coa que as persoas se rodean de electrodomésticos e mesmo a dependencia cara a eles, mais tamén a irritación que nos producen cando parecen actuar de forma incomprensible.

ELECTRIC MIND (Nadav Harel, 2010)Israel | 60 minUnha viaxe fílmica á cabeza e o corazón de catro persoas afectadas por problemas cerebrais incapacitantes: depresión, desorde bipolar, epilepsia e distonía. Estas persoas -homes e mulleres, novos e vellos- experimentan tratamentos rompedores que implican intervir sobre a actividade eléctrica cerebral. Pariscience 2010, Margaret Mead 2010

LA LINEA GENERALE (Oleg Tcherny, 2010)Francia | 16 minFantasía inspirada no Diálogo sobre os dous máximos sistemas do mundo de Galileo Galilei.Orizzonti-Venecia 2010

LA TERCERA MIRADA (Colectivo Olhares Nomadas, 2011)Arxelia, Portugal | 23 minFilmado por mulleres do campo de refuxiados saharaui de Dajla (Argelia). Durante cinco días convivimos con algunhas familias que, ao abriren as súas casas, filman, falan e cantan a súa cultura, música, historias, demandas e soños.Panorama – Mostra de Documentário Português 2011

MEMOIRS OF A PLAGUE (Robert Nugent, 2010)Australia | 77 minUn retrato impresionista, impredicible e persoal dunha guerra contra un fenómeno natural: as lagostas e o home, a vida e a morte. A película segue a viaxe do director ao mundo das lagostas e os que as cazan en África e Australia.IDFA 2010, HotDocs 2010

NÉNETTE (Nicolas Philibert, 2010)Francia | 1h 10 minNacida en 1969 nas selvas de Borneo, Nénette vén de facer 40 anos: é moi raro que os orangutáns cheguen a esa idade. Reside no zoo de Jardin des Plantes de París dende 1972, polo que acumula máis antigüidade que calquera membro do persoal desta institución. Estrela indiscutíbel do lugar, Nénette ve cada día centos de visitantes que se deteñen -e falan- diante da súa gaiola.Berlinale 2010 – Forum, Punto de Vista 2011

NO GRAVITY (Silvia Casalino, 2010)Alemaña | 60 minA enxeñeira espacial Silvia Casalino soña con ir ao espazo. Con forma de ensaio documental, No Gravity é unha historia persoal, pero tamén unha aproximación á historia das mulleres no espazo e as relacións entre xénero e tecnoloxía.

NOSTALGIA DE LA LUZ (Patricio Guzmán, 2010)Chile, Francia | 90 minEn Chile, a tres mil metros de altura, os astrónomos chegados de todo o mundo reúnense no deserto de Atacama para observar as estrelas. Aquí, a transparencia do ceo permite ver até os confíns do universo. Abaixo, a sequidade do solo preserva os restos humanos intactos para sempre: momias, exploradores, mineiros, indíxenas e ósos dos prisioneiros políticos da ditadura. Mentres os astrónomos buscan a vida extraterrestre, un grupo de mulleres remove as pedras: busca os seus familiares.Sección Oficial Cannes 2010, Toronto 2010 (premio do público), FIDMarseille 2010, San Sebastián 2010, Punto de Vista 2010. Mellor documental Premios Academia do Cine Europeo 2010.

PENÍNSULA X-Y (Juan Lesta & Belén Montero, 2011)Galicia. España | 26minDúas rutas rodadas en formato timelapse, entre o orto e solpor, que percorren a península de sur a norte (Sagres-Bares) e de leste a oeste (Creus-Fisterra) e se cruzan en Galicia. Estas rutas están xeoposicionadas e enriquecidas cun diario de viaxe dixital na web do proxecto.

RAY’S BIRDS (Deborah Stratman, 2010)EEUU | 7 min 7 segRay Lowden ten setenta e dúas grandes aves de presa, cinco cervos e varios exemplares de wallaby na súa casa de Northumberland, Inglaterra. El só estivo dez días fóra en doce anos e ama o que fai. A película é unha pequena homenaxe á súa ao mesmo tempo tímida, imperial, curiosa e obstinada casa de feras.Oberhausen Film Festival 2010

THE CITY DARK (Ian Cheney, 2011)EEUU | 84 minLongametraxe documental sobre a contaminación lumínica e a desaparición do ceo nocturno. O director explora as múltiples implicacións de vivirmos nun planeta que brilla con luces artificiais, entre elas o incremento da taxa de cancro de peito debido á exposición á luz durante a noite, e a existencia dunha xeración de nenos que se criou sen apenas ter noción do universo que se estende sobre as súas cabezas.South by Southwest 2011

THE YELLOW BANK (J. P. Sniadecki, 2010)EEUU, China | 27 minObservar, esperar e desprazarse: un retrato de Shangai no que conflúen un tempo tempestuoso, unha arquitectura ameazante e as sucias canles fluviais durante unha eclipse total de sol.Vancouver International Filme Festival 2010, Jeonju International Filme Festival 2011, Migrating Forms 2011

WOLFRAMIO, UN TIPO CON QUÍMICA (Laureano Jiménez & Gonzo Bello, 2011)España | 34 minToda a química é mala? A química é obrigatoriamente aburrida? Estamos convencidos de que a química se pode presentar de forma amena e transmitir aspectos positivos: queremos contribuír a minimizar a quimifobia. O obxectivo é mostrar algúns aspectos de química cotiá.

FOCOSFOCO DOCUMENTAL PORTUGUÉSA FLOR, A FORMIGA E A BORBOLETA AMEAÇADA (Bruno Cabral, Ivânia West & Patrícia Garcia-Pereira, 2008)25 minEn Portugal, a Maculinea Alcon, a bolboreta azul de montaña, é unha bolboreta ameazada. Vive nunha relación de equilibrio complexo cunha especie de formiga, unha planta e o ser humano. O documental rexistra o traballo e o esforzo de Ernestino Maravalhas para estudar e percibir estas estrañas relacións ecolóxicas que pasan desapercibidas para a maioría das persoas.

AS HORAS DO DOURO (António Barreto & Joana Pontes, 2010)100 minInspirada nos “Libros de Horas” medievais, mostra como o ciclo da viña e do viño determina a vida das persoas na rexión do Douro. O que se pretende expor, a través do recoñecemento minucioso da transformación da paisaxe ao longo das estacións do ano, é que o viño é unha obra humana e así debe mostrarse.Indielisboa 2010

ENCONTROS (Pierre-Marie Goulet, 2006)105 minO filme evoca o sentimento dunha tribo poética, humana e musical. A película intercala distintos encontros, do presente e do pasado, entre persoas e recordos, que nos levan a preguntarnos de que estamos feitos e como nos enriquecen a memoria.FIDMarseille 2006, Documental Madrid 2007, BAFICI 2007, FIC Valdivia 2007, Yamagata International Filme Festival 2007

MILHO (José Barahona, 2007)54 minO millo é parte integrante da forma en que evolucionaron as nosas civilizacións. Tomándoo como personaxe principal, esta película fálanos da influencia da tecnoloxía na maneira de vivir das nosas sociedades no pasado, presente e futuro.

PARE, ESCUTE, OLHE (Jorge Pelícano, 2009)100 minDecembro de 91. Unha decisión política acaba con parte da centenaria liña ferroviaria de Tua, entre Bragança e Mirandela. Quince anos despois, o asubío do tren só é un eco

na memoria dos transmontanos; o desenvolvemento da rexión viuse severamente afectado e acentuáronse as diferenzas entre o litoral e o interior de Portugal. Unha viaxe por un Portugal profundo e esquecido, conducido pola voz soberana dun pobo vítima de promesas incumpridas.DocLisboa 2009 (Mellor documental portugués, mellor montaxe, premio da mocidade), CineEco Seia 2009 (Gran Premio Ambiente, Premio Lusofonia)

PORTUGAL, UM RETRATO AMBIENTAL: DAS CATÁSTROFES ÀS FONTES DE ENERGIA (Francisco Manso, 2004)52 minUn documental sobre as catástrofes naturais, os problemas enerxéticos, as preocupacións ambientais e o drama dos incendios forestais. CineEco Seia 2004

REMEMORAÇÕES (José Coimbra & Tiago Guimarães, 2007)50 minEste é un documental sobre a xente do Alentejo, vítimas da ditadura salazarista e das dificultades da vida, que non viviron a súa infancia nunha escola. Xente de coraxe que na vellez busca unha identidade que se resume, moitas das veces, no acto de asinar co seu nome. Nun mundo feito de palabras, como é crecer e vivir sendo analfabeto?

FOCO BEN RIVERSORIGIN OF THE SPECIES 2008 | 16 min

SLOW ACTION 2010 | 45 min

FOCO DEBORAH STRATMANON THE VARIOUS NATURE OF THINGS 1995 25 min

FROM HETTY TO NANCY 1997 | 44 min

IT WILL DIE OUT IN THE MIND 2006 | 4 min

RAY’S BIRDS 2010 | 7 min

CINEMA MUDO: MAX & DAVE FLEISCHEREINSTEIN’S THEORY OF RELATIVITY 1923 | 20 min

DARWIN’S THEORY OF EVOLUTION 1925 | 50 min

LUNS 24

MARTES

25MÉRCORES

26XOVES 27

VENRES 28

CGAI

Rúa Durán Loriga, 10 baixo 15003 A Coruñawww.cgai.org

18:00 FOCO DEBORAH STRATMANFROM HETTY TO NANCY, IT WILL DIE OUT IN THE MIND, ON THE VARIOUS NATURE OF THINGS e RAY’S BIRDS. VOSG.

20:45 NÉNETTE (SO). Nicolas Philibert, 2010 [SO] + LA LINEA GENERALE. Oleg Tcherny, 2010 [SO]. Vídeo. VOSG.

18:00 Conferencia Juan Herbera Está en crise o mercado cinematográfico español?

20:45 FOCO BEN RIVERSORIGIN OF THE SPECIES e SLOW ACTION. 16mm / Vídeo HD. VOSG + THE YELLOW BANK. J. P. Sniadecki, 2010 [SO]. Sen diálogos. Vídeo.

18:00 ENCONTROS. Pierre-Marie Goulet, 2006 [FDP]. Vídeo. VOSE.

20:45 NOSTALGIA DE LA LUZ. Patricio Guzmán, 2010 [SO]. Vídeo.

8:00 NOSTALGIA DE LA LUZ. Patricio Guzmán, 2010 [SO]. Vídeo.

20:45 CINEMA MUDO: MAX & DAVE FLEISCHEREINSTEIN’S THEORY OF RELATIVITY e DARWIN’S THEORY OF EVOLUTION. Filmes mudos con narración en vivo a cargo de Belén Regueira e Susana Rois. 16mm.

Fundación Rodríguez IglesiasCordelería 32. Edificio Hérculeso Barrié de la Maza, 20 15003 A Coruña T. 981 220 585 | F. 981 220 717

www.herculesediciones.com/fundacion-rodriguez-iglesias.html

18:00 - 22:00

COMO AS SERRAS CRESCEM. Maria João Soares, 2010 [SO] Sen diálogos.

A SIMPLE RHYTHM. Tess Girard, 2010 [SO]. VOSE.

NO GRAVITY. Silvia Casalino, 2010 [SO] 60 min. VOSG.

THE CITY DARK. Ian Cheney, 2011 [SO]. VOSE.

19:00 - 22:00

ANNE VLIEGT. Catherine van Campen, 2010 [SO]. VOSG.

PARE, ESCUTE, OLHE. Jorge Pelícano, 2009 [FDP]. VOSE.

WOLFRAMIO, UN TIPO CON QUÍMICA. Laureano Jiménez & Gonzo Bello, 2011 [SO]. Coa presenza de Laureano Jiménez.

18:00 - 22:00

MILHO. José Barahona, 2007 [FDP]. VOSE.

ELECTRIC MIND. Nadav Harel, 2010 [SO]. VOSG.

ANGST. Graça Castanheira, 2010 [SO]. VOSE.

REMEMORAÇÕES. José Coimbra & Tiago Guimarães, 2007 [FDP]. VOSE.

19:00 - 22:00

MEMOIRS OF A PLAGUE. Robert Nugent, 2010 [SO]. VOSG.

AS HORAS DO DOURO. António Barreto & Joana Pontes, 2010 [FDP]. VOSE.

18:00 - 22:00

LA TERCERA MIRADA. Colectivo Olhares Nomadas, 2011 [SO]. VOSE.

PENÍNSULA XY. Juan Lesta e Belén Montero, 2011 [SO]. Sen diálogos. Coa presenza do coautor, Juan Lesta.

DE ZIEL VAN WITGOED. Susanne Engels, 2010 [SO]. VOSG.

A FLOR, A FORMIGA E A BORBOLETA AMEAÇADA. Bruno Cabral, Ivânia West & Patrícia Garcia-Pereira, 2008 [FDP]. VOSE.

PORTUGAL, UM RETRATO AMBIENTAL. Francisco Manso, 2004 [FDP]. VOSE.

Entrada de balde a todas as actividadesEsta programación pode experimentar cambios. As alteracións do programa comunicaranse a través do sitio web e dos espazos de proxección da Mostra. Programación na Domus, consultar no sitio web.

VOSE Versión orixinal subtítulos en español

VOSG Versión orixinal subtítulos en galego

[SO] Sección oficial

[FDP] Foco documental portugués

AS PELÍCULAS

PROGRAMA

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA ASTRONÓMICA

En colaboración coa Agrupación Astronómica Io

Casa da Cultura Salvador de Madariaga r/ Durán Loriga, 10 15003 A Coruña

Máis información no sitio web http://cienciaecinema.org