Programa de recualificcacion profesional

2
PREPARA Programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego Para máis información: Servicio Público de Empleo Estatal 901 11 99 99 www.sepe.es www.redtrabaja.es www.sistemanacionaldeempleo.es Que normativa se aplica? Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro, de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e a recualificación profesional das persoas desempregadas. (B.O.E. Núm. 37, do 12 de febreiro de 2011) Resolución do 15 de febreiro de 2011, do Servicio Público de Empleo Estatal, póla que se determina a forma e os prazos de presentación de solicitudes e de tramitación para a concesión de axudas económicas de acompañamento pola participación no programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego, establecidas no Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro, de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e a recualificación profesional das persoas desempregadas. (B.O.E. Núm. 40, do 16 de febreiro de 2011) SERVICIO PÚBLICO DE EMPLEO ESTATAL Trabajamos para ti No Servicio Público de Empleo Estatal traballamos en colaboración coas CC. AA. e os axentes sociais e económicos para facilitar xestións relativas ao emprego, tanto á cidadanía como ás empresas. Coa reforma das Políticas Activas de Emprego queremos contribuír á redución do desemprego e ao incremento da actividade da economía española. NIPO: 794-11-036-6 Catálogo de publicacións da Administración Xeral do Estado: http://publicacionesoficiales.boe.es

description

Programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a sua prestacion por desemprego

Transcript of Programa de recualificcacion profesional

Page 1: Programa de recualificcacion profesional

PrePara

Programa de recualificación

profesionaldas persoas que

esgoten a súa protección por

desemprego

Para máis información:Servicio Público de Empleo Estatal

901 11 99 99www.sepe.eswww.redtrabaja.eswww.sistemanacionaldeempleo.es

Que normativa se aplica?

Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro, de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e a recualificación profesional das persoas desempregadas.

(B.O.E. Núm. 37, do 12 de febreiro de 2011)

Resolución do 15 de febreiro de 2011, do Servicio Público de Empleo Estatal, póla que se determina a forma e os prazos de presentación de solicitudes e de tramitación para a concesión de axudas económicas de acompañamento pola participación no programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego, establecidas no Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro, de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e a recualificación profesional das persoas desempregadas.

(B.O.E. Núm. 40, do 16 de febreiro de 2011)

SerVICIO PÚBLICO De eMPLeO eSTaTaLTrabajamos para ti

No Servicio Público de empleo estatal traballamos en colaboración coas CC. aa. e os axentes sociais e económicos para facilitar xestións relativas ao emprego, tanto á cidadanía como ás empresas.

Coa reforma das Políticas activas de emprego queremos contribuír á redución do desemprego e ao incremento da actividade da economía española.

NIPO: 794-11-036-6Catálogo de publicacións da administración Xeral do estado:http://publicacionesoficiales.boe.es

Page 2: Programa de recualificcacion profesional

Que é PREPARA? Que dereitos teñen as persoasbeneficiarias deste programa?

Que organismos interveñenno seu desenvolvemento?

SISTEMA NACIONAL DE EMPLEO SISTEMA NACIONAL DE EMPLEO SISTEMA NACIONAL DE EMPLEO

PREPARA é un programa específico, de carácter nacional, que ten un dobre obxectivo:

3Impulsar a recualificación das persoas desempregadas.

3Proporcionar unha axuda económica de acompañamento.

Ten unha duración de seis meses, desde o 16 de febreiro ata o 15 de agosto de 2011.

as persoas desempregadas por extinción da súa relación laboral, inscritas nos Servizos Públicos de emprego, que desde o 16 de febreiro de 2011 ata o 15 de agosto de 2011 esgoten a prestación por desemprego de nivel contributivo e non teñan dereito a calquera dos subsidios por desemprego, ou ben esgoten algún destes subsidios, incluídas as súas prórrogas.

Non poderá acollerse quen percibise a axuda extraordinaria do Programa Temporal de Protección por Desemprego e Inserción (PrODI) nin quen esgotase ou poida acceder á renda activa de Inserción, así como os traballadores eventuais do reaSS que esgotasen a renda agraria ou o subsidio por desemprego.

As persoas beneficiarias deste programa teñen dereito a:

1. realizar un itinerario individualizado e personalizado de inserción que inclúa o diagnóstico sobre a súa empregabilidade e medidas de políticas activas de emprego.

2. Participar en actuacións encamiñadas á súa recualificación e/ou reinserción profesional especialmente en sectores emerxentes e con maior potencial de crecemento.

3. Percibir unha axuda económica de acompañamento do 75 % do IPreM mensual (399,38 €), ata un máximo de seis meses, cando a persoa solicitante careza de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao 75 % do SMI, excluída a parte proporcional de dúas pagas extras.

a finalidade desta axuda é reforzar e facilitar a súa participación no programa de recualificación profesional.

•OsServizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas que son os encargados da atención individualizada das persoas participantes no programa e de asegurarlles o seu acceso ás accións de recualificación e/ou reinserción profesional que programen.

•OServicio Público de Empleo Estatal, que é o responsable da xestión e o pagamento das axudas.

O programa PREPARA desenvolverase mediante o intercambio de información e a coordinación entre o Servicio Público de Empleo Estatal e os Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas.

3Ás Oficinas de Emprego dos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas para a realización de itinerarios individualizados e participación nas accións de recualificación.

3Ás Oficinas de Prestacións do Servicio Público de Empleo Estatal, distribuídas en todo o estado español, para a solicitude da axuda económica de acompañamento.

acceso ao Directorio de Oficinas en:www.sepe.es

Que persoas poden beneficiarse deste programa?

Onde dirixirse para participar en PREPARA?