PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para...

15
ONG PROGRAMA DE TRANSFORMACIÓN CULTURAL para Conectar coa alma das ONG Emprender e vivir novos camiños socialia

Transcript of PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para...

Page 1: PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para ONGafundacion.org/docs/cesionsalas/17071/programa_transformacion_cultural...modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse

ONGPROGRAMA DE TRANSFORMACIÓN CULTURAL

para

Conectar coaalma das ONG

Emprender e vivirnovos camiños

socialia

Page 2: PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para ONGafundacion.org/docs/cesionsalas/17071/programa_transformacion_cultural...modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse

1. PRESENTACIÓN

2. ENFOQUE DA TRANSFORMACIÓN CULTURAL

3. ONG DESTINATARIAS

4. OBXECTIVOS

5. FASES DO PROGRAMA

6. EQUIPO DE COORDINACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA

7. METODOLOXÍA

8. PREZO

9. SOLICITUDES

10. ANEXO: CONTIDOS DO PROGRAMA

ONGPROGRAMA DE TRANSFORMACIÓN CULTURAL para

socialia

Conectar coaalma das ONG

Emprender e vivirnovos camiños

Page 3: PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para ONGafundacion.org/docs/cesionsalas/17071/programa_transformacion_cultural...modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse

1.- PRESENTACIÓN

Na Fundación Novacaixagalicia levamos desde 2002 contribuíndo a mellorar a capacidade de intervención das ONG sobre unha realidade social cada vez máis complexa. A través do noso programa Socialia acompañamos un avance moi significativo na profesionalización do Terceiro Sector en Galicia, desenvolvendo unha metodoloxía propia baseada en accións de formación, consultaría e acompañamento ás ONG, aos seus directivos/as e técnicos/as, favorecendo a implementación de melloras organizativas e funcionais.

No período 2005-2013, co programa Socialia Calidade, promovemos a implantación da xestión por procesos e a obtención de Certificacións de Calidade ISO 9001, a implantación de Plans Estratéxicos en 80 das ONG máis importantes de Galicia, con máis de 1000 persoas formadas durante este período.

Tras este percorrido, centrado na profesionalización e mellora continua, consideramos que é necesario abrir unha nova etapa acorde co cambio de época que estamos a vivir.

Un dos principais retos do Terceiro Sector Social é afrontar as conse-cuencias sociais da crise, o aumento da desigualdade social e da poboa-ción en risco de pobreza e exclusión social nun contexto con maiores dificultades de acceder ao financiamento público para manter os servizos e dar resposta ás novas necesidades.

Para facilitar e acompañar este proceso, a Fundación Novacaixagalicia pon en marcha a I Edición do Programa de Transformación Cultural para ONG coa colaboración de Rivas e Medín, os nosos socios estratéxicos na liña de consultaría e formación de Socialia.

Cada vez máis entidades comparten a visión de que a atención e a prestación de servizos ás persoas máis vulnerables deben ser compatibles co compromiso das ONG para loitar contra as causas que xeran exclusión, a súa vocación transformadora e a súa participación nos procesos de cambio social.

Todos estes retos esixen cambios profundos, máis alén das habituais renovacións dos plans estratéxicos. É o momento de orientar o norte das organizacións en coherencia cos valores que as caracterizan conectando co seu espírito fundacional.

Page 4: PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para ONGafundacion.org/docs/cesionsalas/17071/programa_transformacion_cultural...modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse

2.- ENFOQUE DA TRANSFORMACIÓN CULTURAL

O enfoque do programa baséase nas seguintes premisas:

• A cultura e os valores impactan decisivamente nos resultados das organizacións. Conectando co intanxible (as raíces, a alma e os valores de cada organización), pódense transformar actitudes e condutas tanto individuais como colectivas. Transformando condutas individuais e colectivas pódese cambiar e mellorar a vida das persoas, pódese transfor-mar a súa contorna e pódense mellorar os resultados clave da entidade.

• A transformación das organizacións inicia coa transformación das persoas. Tomar conciencia dos nosos mellores valores persoais (o que é importante para nós) e asumir que debemos despregalos en obxectivos e accións concretas ten un claro impacto colectivo nos resultados clave da organización. O modo máis eficaz de que unha persoa poida influír sobre a súa contorna, ou sobre unha difícil situación, consiste en traballar sobre si mesma

Formarase aos participantes nos distintos modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse diferentes ferramentas e coaching de equipos para identificaren os valores clave compartidos da entidade, reflexio-naren sobre os trazos de identidade e os retos de futuro de cada ONG, para impulsar e vivir plans de transformación cultural.

Personalizarase a intervención en función das necesidades concretas e específicas de cada ONG. Os participantes traballarán con ferra-mentas de diagnóstico de valores e, a través de sesións de coaching, desenvolverán plans indivi-duais de acción que colaborarán ao desenvolve-mento dos Plans de Transformación Cultural de cada ONG.

Page 5: PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para ONGafundacion.org/docs/cesionsalas/17071/programa_transformacion_cultural...modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse

3. ONG DESTINATARIAS

• Este programa está dirixido ás ONG de acción social con sede en Galicia, que queiran emprender un proceso de transformación.

• Participarán dez ONG que serán seleccionadas entre as que presenten a súa solicitude.

• No desenvolvemento do programa participarán membros do equipo directivo, mais tamén mandos intermedios e persoal de atención directa. Concretamente, na fase inicial de diagnóstico poderán partici-par ata 15 persoas e nas seguintes ata 8 persoas.

• Cada unha das ONG participantes terá que definir ao comezo do programa o alcance do seu Plan de Transformación Cultural que pode ser toda a ONG ou determinadas áreas dela.

• Antes de abordaren un proceso de transformación da cultura organi-zacional, é desexable que as ONG participantes realizaran un itinerario previo de mellora nos seus aspectos tanxibles, baseados na incorpora-ción da planificación estratéxica, os sistemas de xestión de calidade, a obtención de certificacións, ou calquera outro proceso de mellora continuada ao longo do tempo.

4. OBXECTIVOS

• Xerar un profundo diálogo sobre o futuro e os trazos de identidade en cada ONG, facilitando que as persoas conecten as raíces e valores cos resultados desexados e coa procura de novos camiños.

• Impulsar e vivir a Transformación Cultural, definindo un Plan de Transformación Cultural que, partindo dunha visión e valores compar-tidos, facilite que cada ONG descubra e emprenda as súas propias estratexias para dar resposta ás novas necesidades sociais.

• Implicar, dar poder e aliñar as persoas, torno aos valores clave, ás novas estratexias e novos resultados esperados, mellorando os niveis colectivos de ilusión, innovación, confianza e implicación.

• Fomentar a capacidade de liderado dos participantes para que sexan promotores e guías da transformación dentro da ONG.

• Compartir experiencias con directivos/as de entidades de diferentes sectores para pór en común as aprendizaxes.

Page 6: PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para ONGafundacion.org/docs/cesionsalas/17071/programa_transformacion_cultural...modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse

5.- FASES DO PROGRAMA

1. Fase preparatoria e de diagnósticoDO 13 AO 17 DE XANEIRO DE 2014

• Realización de enquisas online individuais de valores e estratexia

Ata 15 participantes por entidade

2. Conectar coa alma das ONG: elaboración do Plan de Transformación CulturalDO 6 DE FEBREIRO AO 9 DE ABRIL DE 2014

• Obradoiro “Os valores como impulsores da transformación e a mello-ra nas ONG” (16 horas)• Elaboración do borrador do plan de Transformación Cultural da ONG• Sesión de grupo para a posta en común dos plans de transformación das 10 ONG (6 horas)

Ata 15 participantes por entidade no obradoiro e 2 membros do equipo directivo na sesión de grupo

3. Descubrir, emprender e vivir novos camiños: despregamento de plans individuaisDO 22 DE ABRIL AO 22 DE OUTUBRO DE 2014

• Sesións de coach individual (8 horas, 1 hora por participante)• Elaboración de plans de acción individuais• 4 sesións de coach de grupo de seguimento (16 horas)• Sesións de grupo (10 horas)

Ata 8 participantes por entidade

Lugar de realización: as sesións de grupo realizaranse no Centro de Estudos Fundación Novacaixagalicia, en Rúa Nova 33, de Santiago de Compostela. As sesións de coach individual e as sesións de coach de grupo realizaranse no Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia máis próximo á sede social de cada ONG.

Page 7: PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para ONGafundacion.org/docs/cesionsalas/17071/programa_transformacion_cultural...modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse

6. EQUIPO DE COORDINACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA

DOCENTES / FACILITADORES

Jesús Medín. Consultor facilitador de equipos e organizacións

É doutor en Psicoloxía e licenciado en Pedagoxía, consultor sénior especialista en acompañamento ao cambio cultural en organizacións, na implantación de Sistemas de Xestión de Calidade ISO 9001 e en selo de Excelencia EFQM, planificación estratéxica e CMI. É socio de Rivas e Medín S. C., e foi Director de División de Consultaría e Calidade en Intress. Adquiriu a súa formación en ESADE, AENOR e no Club de Excelencia en Xestión, sendo licenciatario do Modelo EFQM. É membro da Comunidade Global de Consultores CTT (Cultu-ral Transformation Tools), coach certificado por International Coaching Com-munity (ICC) e certificado en Coaching sistémico de equipos por ICF e AECOP. O seu labor enriquécese pola súa experiencia directiva en varios ONG de acción social: foi director da Fundación Meniños e coordinador para Galicia da Funda-ción Intermon Oxfam. No plano asociativo é un emprendedor social que participou na fundación de varias entidades, Colectivo Galego do Menor en 1979, cofundador da Cooperativa Millo Verde en 1980, Escola Galega de Educadores en 1983, promotor de Intermón Oxfam en Galicia en 1990, da Fundación Meniños en 1996 e colaborador na creación da Rede de Consultaría social en 2008.

Jorge Rivas. Consultor facilitador de equipos e organizacións

É licenciado en Dereito e consultor especialista no acompañamento ao cambio cultural de organizacións e na implantación de Sistemas de Xestión de Calidade ISO 9001, selo de excelencia EFQM e planificación estratéxica. Membro da Comunidade Global de Consultores CTT, coach certificado por International Coaching Community, certificado en Coaching sistémico de equipos por ICF e AECOP e con máis de 10 anos de experiencia como consultor e formador de 120 ONG de diversos ámbitos: de atención a menores, persoas con discapacidade, atención a maiores e dependentes, drogodependencias, loita contra a pobreza e a exclusión social ou apoio á inserción sociolaboral de colectivos vulnerables. Acompañou a implantación de certificados de calidade das principais ONG de Galicia durante os últimos anos. Actualmente é socio fundador de Rivas e Medín S. C., de 2006 a 2011 foi Delegado Zona Norte da División de Consulta-ría e Calidade de INTRESS, Consultor Departamento de Calidade de Algalia. S. Coop. Galega entre 2005 e 2006. Entre o ano 2002 e o 2005 foi auditor interno de Calidade ISO 9001 na Asociación A. D. Coruña Solidaria e responsable do “Plan de Formación para Entidades do Terceiro Sector” da Rede de Cooperación Coruña Solidaria. Ademais ten ampla experiencia como voluntario en colabora-ción con entidades non lucrativas, especialmente en programas de acompaña-mento e apoio a menores en risco de exclusión e está implicado en actividades culturais, asociativas e vinculado con varios movementos sociais e ambientais.

Coordinación do programa

Sabela Couceiro Núñez. Directora de Conti-dos de Acción Social na Fundación Novacaixaga-licia

Xosé Luís Liñares. Responsable de programas de formación da Fundación Novacaixagalicia

Page 8: PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para ONGafundacion.org/docs/cesionsalas/17071/programa_transformacion_cultural...modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse

• Xerar un profundo diálogo sobre o futuro e os trazos de identidade en cada ONG, facilitando que as persoas conecten as raíces e valores cos resultados desexados e coa procura de novos camiños.

• Impulsar e vivir a Transformación Cultural, definindo un Plan de Transformación Cultural que, partindo dunha visión e valores compar-tidos, facilite que cada ONG descubra e emprenda as súas propias estratexias para dar resposta ás novas necesidades sociais.

• Implicar, dar poder e aliñar as persoas, torno aos valores clave, ás novas estratexias e novos resultados esperados, mellorando os niveis colectivos de ilusión, innovación, confianza e implicación.

• Fomentar a capacidade de liderado dos participantes para que sexan promotores e guías da transformación dentro da ONG.

• Compartir experiencias con directivos/as de entidades de diferentes sectores para pór en común as aprendizaxes.

7.- METODOLOXÍA

Este programa integra as achegas teóricas e metodolóxicas de distintos modelos e liñas de pensamento en relación a temas coma os valores, a cultura organizacional, a estratexia, a transformación cultural, o coaching e o cambio persoal.

No seu desenvolvemento combinará o traballo específico con cada ONG participante a través de diferentes ferramentas: enquisas de valores, consultaría, coaching de equipos e individual con sesións de traballo de grupo de posta en común de aprendizaxes e experiencias.

Á parte disto, a metodoloxía empregada require que os equipos de cada ONG desenvolvan un traballo na entidade entre as diferentes sesións, que permita avanzar, revisar e adaptar o Plan de Transformación Cultural da entidade e os plans individuais.

O custo do programa para cada ONG é de 5.920 euros e inclúe as enqui-sas individuais do Barret Values Center, os informes valorativos, a forma-ción, as sesións de coaching e consultaría e os materiais.

A Fundación Novacaixagalicia financia o 70 % do importe, de modo que as ONG seleccionadas deberán aboar 1.800 euros que representan o 30 % do custo do programa. En concreto esta achega servirá para cofinanciar o obradoiro de formación “Os valores como impulsores da transformación na ONG” de 16 horas, que se desenvolverá ao comezo do programa. Este obradoiro será bonificable a través da Fundación Tripartita de Forma-ción para o Emprego se as entidades así o desexan. En tal caso, a Funda-ción Novacaixagalicia encargarase da xestión desta bonificación.

8.- PREZO

Page 9: PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para ONGafundacion.org/docs/cesionsalas/17071/programa_transformacion_cultural...modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse

9.- SOLICITUDES

Prazo de presentación de solicitudes ata o 11 de decembro de 2013

As ONG interesadas deberán presentar a seguinte documentación:• Formulario de solicitude• Plan estratéxico ou semellante• Misión, visión e valores actuais da entidade, trazos de identidade declarados• Memoria da entidade• Carta ou vídeo de motivación sobre o seu interese en participar no programa

A presentación da documentación deberá realizarse simultaneamente por correo electrónico e por correo postal aos seguintes enderezos:

• Por correo electrónico: [email protected]• Por correo postal a: Fundación Novacaixagalicia, R/ San Andrés 135-137, 1º. 15003, A Coruña.

Información e consultas: Xosé Luís Liñares. Tel.: 981 188 293

Page 10: PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para ONGafundacion.org/docs/cesionsalas/17071/programa_transformacion_cultural...modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse

ENQUISAS INDIVIDUAIS DE VALORES E ESTRATEXIA

DatasEntre o 13 e o 17 de xaneiro

ContidoOs participantes cubrirán de forma individual as dúas enquisas, con carácter confidencial.

O obxectivo é realizar un diagnóstico de valores persoais e valores da organización, clima do equipo e predisposición ao cambio.

• Enquisa online “Individual Values Assessment” do Barrett Values Centre, ferramenta recoñecida internacionalmente para o diagnóstico de valores. A enquisa comprende tres seccións: valores persoais, valores actuais e desexables da organización.

• Enquisa individual sobre obxectivos e estratexia da organización, clima de equipo e predis-posición ao cambio.

DestinatariosCada ONG poderá anotar nesta fase do programa ata un máximo de 15 persoas que cubrirán as enquisas de forma individual. Recoméndase que en cada ONG se inscriban todos os membros do equipo directivo, así como persoas significativas polo seu liderado formal ou informal, tanto da Xunta Directiva coma do resto de niveis da organización (mandos intermedios, persoal de atención directa etc.)

ANEXO: CONTIDOS DO PROGRAMA

1. FASE PREPARATORIA E DE DIAGNÓSTICO DO 13 AO 17 DE XANEIRO DE 2014

Page 11: PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para ONGafundacion.org/docs/cesionsalas/17071/programa_transformacion_cultural...modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse

OBRADOIRO “OS VALORES COMO IMPULSORES DA TRANSFORMACIÓN E A MELLORA NAS ONG” (16 HORAS DURANTE 2 DÍAS CONSECUTIVOS CON CADA ONG)

DatasProgramaranse os obradoiros de dous días con cada ONG entre o 6 de febreiro e o 14 de marzo. ContidoCada ONG recibirá no propio obradoiro un informe sobre a situación de partida ou diagnóstico da entidade a respecto dos seus valores e estratexia, elaborado a partir dos resultados agregados das enquisas individuais. Cunha metodoloxía participativa e facilitadora de vivencias profun-das, abordaranse os seguintes temas:

• Formación nos conceptos clave de valores, cultura organizacional e transformación cultural nos principais modelos teóricos existentes.

• Construción dunha misión e visión compartidas a partir dos valores persoais dos participan-tes. O obxectivo do obradoiro non é xerar novos documentos que substitúan as declaracións actuais de misión, visión e valores. Pola contra, búscase conectar con todo o esforzo histórico de cada ONG, recoñecelo e, a partir desas raíces, xerar un profundo diálogo torno ao futuro e os trazos de identidade da ONG.

• Identificar posibles novas estratexias ou proxectos desexables a partir da nova visión compar-tida.

• Achados sobre os informes valorativos de cada ONG: identificación e selección dos valores clave de cada ONG.

• Ideas forza para a elaboración do Plan de Transformación Cultural da ONG.

Destinatarios15 persoas da ONG, as mesmas que cubriran as enquisas individuais.

2. CONECTAR COA ALMA DAS ONG: ELABORACIÓN DO PLAN DE TRANSFORMACIÓN CULTURAL

Page 12: PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para ONGafundacion.org/docs/cesionsalas/17071/programa_transformacion_cultural...modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse

ELABORACIÓN DO BORRADOR DO PLAN DE TRANSFORMACIÓN CULTURAL POR PARTE DA ONG

DatasA partir do 15 de marzo (desde a data de finalización do obradoiro) e ata o 9 de abril.

Contido• En cada ONG as persoas implicadas nesta fase concretarán e definirán o Plan de Transforma-ción Cultural da ONG, a partir das ideas-forza identificadas no obradoiro. • Definiranse os contidos, o alcance e os obxectivos do Plan de Transformación Cultural.

DestinatariosOs membros da dirección da ONG encargaranse da elaboración do primeiro borrador do Plan de Transformación Cultural.

1ª SESIÓN DE GRUPO COAS 10 ONG PARTICIPANTES NO PROGRAMA DE TRANSFORMACIÓN CULTURAL (6 HORAS)

En total programaranse un total de 3 sesións de grupo

Datas9 de abril

ContidoAs 10 ONG participantes porán en común e revisarán mediante unha metodoloxía colaborativa os Plans de Transformación Cultural de cada ONG.

DestinatariosNas sesións de grupo participarán 2 membros do equipo directivo de cada ONG.

Page 13: PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para ONGafundacion.org/docs/cesionsalas/17071/programa_transformacion_cultural...modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse

SESIÓN DE COACH INDIVIDUAL CON CADA ONG(8 HORAS EN TOTAL, 1 HORA POR CADA PERSOA PARTICIPANTE)

En cada ONG realizarase unha única sesión de coach individual para 8 persoas

DatasProgramaranse as sesións de un día con cada ONG entre o 22 de abril e o 7 de maio.

ContidoO obxecto destas sesións é axudar aos participantes a identificaren un plan de acción individual, cuxo resultado poida ter impacto nalgún dos resultados clave da ONG.

DestinatariosCada ONG inscribirá nesta etapa do programa a 8 persoas. Recoméndase que para a selección se teña en conta que no futuro poidan desenvolver un labor facilitador para sensibilizar e implicar ao resto de persoas da ONG nos procesos de transformación.

1ª E 2ª SESIÓN DE COACH DE GRUPO DE SEGUIMENTO (8 HORAS)

En cada ONG realizaranse un total de 4 sesións de seguimento

Datas• 1ª sesión de coach de grupo de seguimento (4 horas): programarase a sesión de media xorna-da con cada ONG entre o 26 de maio e o 9 de xuño.

• 2ª sesión de coach de grupo de seguimento (4 horas): programarase con cada ONG entre o 23 de xuño e o 7 de xullo.

ContidoEn cada ONG organizaranse 4 sesións de seguimento para apoiar e acompañar o despregamento dos plans individuais e do Plan de Transformación Cultural. O tempo entre cada unha das sesións será de aproximadamente un mes.

DestinatariosParticiparán as mesmas 8 persoas que formarán parte nas sesións de coach individual.

3. EMPRENDER E VIVIR NOVOS CAMIÑOS. DESPREGAMENTO DE PLANS INDIVIDUAISDO 22 DE ABRIL AO 22 DE OUTUBRO DE 2014

Page 14: PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para ONGafundacion.org/docs/cesionsalas/17071/programa_transformacion_cultural...modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse

2ª SESIÓN DE GRUPO COAS 10 ONG PARTICIPANTES NO PROGRAMA DE TRANSFORMACIÓN CULTURAL (6 HORAS)

Datas9 de xullo

ContidoPosta en común dos plans individuais iniciados en cada ONG e da súa evolución. Seguimento e axustes aos Plans de Transformación Cultural de cada ONG.

Destinatarios2 directivos/as de cada unha das 10 ONG participantes.

3ª E 4ª SESIÓN DE COACH DE GRUPO DE SEGUIMENTO (8 HORAS)

Datas• 3ª sesión de coach de grupo de seguimento (4 horas): programarase con cada ONG entre o 8 e o 19 de setembro.• 4ª sesión de coach de grupo de seguimento (4 horas): programarase con cada ONG entre o 6 e o 17 de outubro.

ContidoPosta en común dos plans individuais iniciados en cada ONG e da súa evolución. Seguimento e axustes aos Planes de Transformación Cultural de cada ONG.

DestinatariosParticiparán as mesmas 8 persoas que participaran nas sesións de coach individual.

3ª SESIÓN DE GRUPO COAS 10 ONG PARTICIPANTES NO PROGRAMA DE TRANSFORMACIÓN CULTURAL (4 HORAS)

Datas22 de outubro

ContidoAvaliación do momento actual dos Plans de Transformación Cultural. Avaliación final dos plans individuais. Avaliación do impacto do programa. Perspectivas de futuro.

Destinatarios2 directivos/as de cada unha das 10 ONG participantes.

Page 15: PROGRAMA DE T RANSFORMACIÓN CULTURAL para ONGafundacion.org/docs/cesionsalas/17071/programa_transformacion_cultural...modelos teóricos sobre Transformación Cultural e aplicaranse

ONGPROGRAMA DE TRANSFORMACIÓN CULTURAL para

socialia

Conectar coaalma das ONG

Emprender e vivirnovos camiños