Programa de Veciños por Lugo (VL)

34

description

Unha nova alternativa para a cidade de Lugo, que pretendemos construir entre todas e todolos veciños da cidade. Dinos que che parece, que crees que falta, que engadirías. Ti podes facelo, e Xuntos, Podemos.

Transcript of Programa de Veciños por Lugo (VL)

Page 1: Programa de Veciños por Lugo (VL)
Page 2: Programa de Veciños por Lugo (VL)
Page 3: Programa de Veciños por Lugo (VL)

Indice

¿Quenes somos? ...................................................... 5

Un Decálogo de mínimos ..................................... 9

I.- A Participación cidadáe a loita contra a corrupción .................................... 10

II.- A xestión eficaz dos nosos recursos .......... 11

III.- Pola Sanidade Pública, de calidade e gratuíta............................................ 14

IV.- O apoio ó noso Comercioe ás nosas industrias.............................................. 16

V.- Por unha educación pública e de calidade.... 19

VI.- Por un desenrolo sostible.............................. 20

VII.- Xeneración de emprego e riqueza............ 22

VIII.- Por unha política de solidaridade e igualdade........................................................ 27

XIX.- Planificación urbanística de futuro........ 29

X.- Por uns servizos públicos de calidade........ 30

Page 4: Programa de Veciños por Lugo (VL)
Page 5: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 5

Somos persoas normais e correntes. Somos lucenses coma ti: lucenses que nos ergue-mos polas mañáns para estudar, para traballar ou para buscar traballo, xente que temos fami-lia e amizades. Lucenses que traballamos arreo todo-los días para vivir e darlles un futuro mellor a nosos fillos e a quen nos rodea.Alguns somos máis progresistas, outros máis conservadores. Uns crentes, outros non. Uns temos ideoloxías ben definidas, outros considerámonos apartidarias ou apolíticas… En suma, non é que sexamos de esquerdas ou de dereitas, somosche os “de abaixo”, os de sempre -cidadáns preocupa-dos e indignados co desenvol-vemento político, económico e social que vemos ó noso redor- e estamos unidos contra os de “arriba”: políticos corruptos,

¿ Quenes somos ?

grandes empresarios, banquei-ros … Debemos todos compro-meternos a atopar solucións en torno a todo o que nos fere de igual forma. Por esta razón decidimos aparcar as nosas pe-quenas diferenzas e non andar en xogos de cativos a ver quen é máis que o outro, ou quen ten máis razón.

Non buscamos beneficios persoais. Somos cidadáns

que creemos no ben común.As prioridades de toda socieda-de avanzada deben ser a igual-dade, o progreso, a solidarie-dade, o libre acceso á cultura, a sustentabilidade ecolóxica e o desenvolvemento, o benestar e a felicidade das persoas, cun tra-ballo e vivenda dignas, demo-cracia, xustiza e libertade.

Non podemos permitir o deterioro dos dereitos das

persoas, especialmente máis fráxiles, aqueles con baixos in-gresos, a mediocridade e a es-tandarización da cultura e o coñecemento, a desregulación absoluta dos mercados financei-ros e o apoio pasivo a operacións puramente especulativas.

Page 6: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 6

Rompe co pasado. Xuntos, podemos.

A d e m o c r a -cia parte

do pobo, de xei-to que o gober-no debe ser do pobo. Así e todo, a maior parte da clase políti-ca nin sequera nos escoita. As súas funcións deberían ser as de levar a nosa voz ás institu-cións, facilitan-

do a participación política e ci-dadá mediante vías directas e procurando o maior beneficio para o groso da sociedade, non a de se enriqueceren e medra-ren a expensas nosa, atenden-do unicamente aos ditados dos grandes poderes económicos e aferrándose ao poder median-te unha ditadura partitocrá-tica encabezada polas inamo-vibles siglas do PP e o PSOE.

A ansia e acumulación de po-der dunhas poucas persoas

xera desigualdade, crispación e inxustiza. Nos estamos dispostos a acabar con iso, poñendo tódo-los recursos dos que se dispoña no Concello a favorecer e mello-rar a vida dos veciños e veciñas.

Manifestación lucense por unha sanidade pública e servizos de calidade

Existen uns dereitos básicos que deberían estar cubertos

nestas sociedades: dereito á saú-de, (E en Lugo non temos aínda nin Hemodinámica as 24 horas, nin Mediciña Nuclear nin Hemo-diálisis). A o traballo (que non se pechen as empresas pequenas porque se ven afogadas, axudar a abrir empresascon novas ideas), á educación (non pechar os intitutos e cen-tros como fixeron este curso pasado co das Mercedes), á cul-tura, á vivenda, á participación política dos cidadáns en cada toma de decisión, ó libre des-envolvemento persoal e ó con-sumo dos bens necesarios para unha vida digna.

Page 7: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 7

Partimos dun sistema xa ca-duco e obsoleto feito xa hai 40 anos, e que si ben nun momento servíu para facer unha transi-ción, non podemos estar per-manentemente anclados nesa etapa. E así como a sociedade avanza, o sistema debe mellorar e avanzar para poñerse ó servi-cio dos cidadáns, e non ó revés.

Hoxe nós somos parte da engrenaxe dunha máqui-

na que so enriquece unha mi-noría que non sabe nin das no-sas necesidades. Somos xente anónima, pero sen nós, nada disto existiría, pois nós so-mos os que movemos o mun-do, e xeramos as suas riquezas.

I este mundo está camiñan-do cara a un sistema onde

as grandes empresas cada vez gañan máis beneficios e precisa de menos persoas para diná-mica as 24 horas, nin Medici-ña Nuclear nin Hemodiálisis). A o traproducir, reducindo os que non poden atopar o seu si-tio á inseguridade, a pobreza e o esquecemento. Esto é o que xenera o malestar, a delincuen-cia e a inseguridade, os recor-tes en todo, a nosa indignación.

Manipulan os medios de comu-nicación e propaganda, xunto

cunha educación que non busca a formación en cuestións fundamen-tais humanitarias, senón que vai di-rixida a impedirnos e sensibilizar-nos polo declive do sistema no que vivimos e promover unha sensación de insignificancia e inseguridade: “e total, non se pode facer nada”.

Cada un só, non, pero Xuntos, Po-demos. Todos sumamos nesta viaxe.

ciadora de solidaridade e igualdade

Page 8: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 8

Rompe co pasado. Xuntos, podemos.ideas e da participación de tódo-los cidadáns.

Para elo, pensamos que o fundamental é comenzar de

novo, epor eso debemos partir dun de-cálogo ó que vos animamos a participar, incrementar e apor-tar ideas. Decálogo que non sig-nifica nin moito menos resumir ahí a totalidade da problemática e solucións que necesita Lugo, senón que son os puntos máis apremiantes, os de maior ur-xencia de aplicación neste intre, e mediante o que xa, dende esta declaración, quedan como pun-tos inherentes e, innegociables, e que poidan servir de partida para a formación de calquera goberno municipal que poida contar coa nosa presenza.

P or todo isto, o grupo “Veci-ños por Lugo”, quere pre-

sentar unha alternativa distinta e diferente ós modos de actuar na política na nosa cidade de Lugo: con honestidade, con soli-daridade, polo ben común, por-que naide se sinta excluído, por un traballo e unha vivenda dig-nas,por unha igualdade social que nos orgulleza a todos, pola xustiza, pola libertade, pola de-mocracia.

Pero para eso, necesitamos contar contigo, con tódolos

cidadáns, que todos poidamos participar na vida política, so-cial e cultural da nosa vila, por-que sempre repetiremosque unha cidade non a fai un al-calde, nin uns cantos concellei-ros, unha cidade faise a base

das

Page 9: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 9

Decalogo1) A Participación cidadán, e a loita contra a corrupción. Punto de inicio.

2) A Xestión dos recursos do Concello:* As Empresas públicas e as de participación mixta do concello* Política de Contratación de persoal, por oposición, e acabar cos asesores amiguiños e fami-liares contratados a dedo.* A austeridade non equivale a recortes sociais.*As contas públicas: saneamen-to, ingresos, gastos e malgastos, que deben coñecer os veciños e veciñas de xeito transparente.

3) Pola sanidade Pública,de calidade, e gratuita. * Atención especial e esmerada ós nosos maiores e ós nenos.

4) Apoio o noso comercio, dun xeito decidido e firme así como a nosa industria, e os no-sos productos agrogandeiros.

5) Por unha educación pública e de calidade e fo-

mentar unha cultura solidaria e participativa.

6) Por un desenrolo sos-tible e social, que xenere be-nestar sin degradar o medio ambiente.

7) Xeneración de emprego e riqueza.

8) Solidaridade e igualdade.Esixiremos unha política con-cienciadora da igualdade, e a so-lidaridade (isto non é caridade).A mocedade. Muller.

9) Planificación Urbanís-tica de futuro, e non so a cua-trianual dos períodos electorais, fonte de corrupcións.

10) Servicios públicos de calidade, ó servicio de tódolos cidadáns.

Page 10: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 10

Rompe co pasado. Xuntos, podemos.

I A Participación Ci-dadán e a loita contra a corrupción.

A Participación Cidadán. ¿Non oísteis esto montóns de veces, e que parece que a tó-do-los políticos se lles enche a boca cando están a vendernos a moto?. Pero a realidade e que casi naide a aplica despois das eleccións. Vímolo repetindo nós xa montóns de veces: unha cidade, unha vila, non a fai o seu alcalde, ou seu equipo de goberno, nin 25 concelleiros. Unha cidade como Lugo, onde contamos con 100.000 habitants, teñen que facela 100.000 cidadáns, que son os que viven, sofren, pagan impostos, teñen necesidades que cumplir como a da sanida-de, a educación, a cultura, un

posto de traballo, e un espazo de ocio. E ahí, podemos e debe-mos dar todos a nosa opinión de cal é o mellor sistema, cales son as primeiras necesidades, cómo poder atraer empresas que xeneren postos de traballo, si a auga está saíndo cara ou non, si é preferible peatonali-zar unha rúa e ter esparcimento para as persoas, si se fai unha terceira ponte por exemplo para manter unido ó barrio de San Lázaro, ou deixámolos ahí illa-dos e que fagan a súa repúbli-ca independente, o mesmo que co da Ponte Romay; por que os autobuses urbans a veces andan tan escasos ¿non hai abondo, ou non temos o transporte axeita-do á nosa cidade de buses máis pequenos e con maior intensi-dade? ¿Gustanvos os xardins de Lugo? ¿Vistedes os preciosos xr-

dins doutras vilas e cidades? ¿Que facemos co Cuar-tel de San Fernan-do?...... Todo iso, e moito máis, é onde os cidadáns temos que inter-vir para planifi-car unha cidade digna, fermosa,

Page 11: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 11

agradable, humana.... pero hai que lograr que os cidadáns par-ticipen nesa reconstrucción do Lugo do Futuro, son os cidadáns quenes teñen que decidir de que xeito queren facelo, e por iso, hai que habilitar unhas disposi-cións de participación, mecanis-mos para que a xente poida par-ticipar, dende os seus barrios, favorecendo cauces asamblea-rios, cauces de diálogo, a nivel individual ou a nivel colectivo, e nos casos necesarios, cauces de votación para saber que é o que necesitan máis os nosos veciños. Nos estamos pola labor de cambiar esa forma de ver ó alcalde ou ós concelleiros como unha autoridade, estamos máis cambiar nese vocabulario o de autoridade, polo de administra-dor. Estamos pois pola labor de que sexan “os administradores do ben común que nos elexi-mos”, do que é de todos, que se-xan uns bós xestores, eficaces, e que polo demáis, sexan coma un cidadán máis. E que si non cumplen, e non chega un toque de atención, bótaselle fora e que veñan ou-tros. Lóxicamente o oscuran-tismo, o facer ás cousas e as pla-nificacións de corto ou largo al-

cance, ás espaldas dos cidadáns, da a entrada á corrupción, eso que empeza polo amiguismo e remata nun sobre con cartos. Queremos acabar con iso, con tantos exemplos que ben co-ñecemos xa, e queremos admi-nistradores e xestores honestos, que pensen no ben de todos, e unha perra mal gastada, é unha perra mal gastada.

II A Xestión eficaz dos Recursos do Concello.

Parece unha cousa de pe-rogrullo, pero as contas da vella son as contas da vella. Si tes 50, non podes gastar 100 porque non os tes (a non ser que des-pois subas os impostos as veci-ñas e veciños da cidade). Si tes 50, non te podes quedar en gas-tar só 40, porque entón denota que fixeche unha mala xestión de abandono, non che importa o que necesitan os teus veciños, ou non sabes onde andas, e me-llor que non sigas ahí e te vaias pra casiña. Si tes 50, invirtes 50, pero é necesario saber invertir con sabedoría, con capacidade, onde os hai que invertir, onde están as necesidades da xente.

Page 12: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 12

Rompe co pasado. Xuntos, podemos.

¿Privatización dos servizos

municipais?

Pero hai cousas que teñen o seu aquel. Imos ver: O transpor-te público, os servizos de Augas, os servizos de mantenemento de parques e xardíns, os servizos de asesoramento a novos empren-dedores.... ¿Teñen que ser todos necesariamente privados? Oiga, imos votar contas, ¿vale? Si polo mantenemento do servizo de augas o Concello debe de pa-gar X a unha empresa, e entón nos cobran a nós X+ o beneficio que se leva a empresa que seña, ¿Porqué non ó revés? Comezar por un estudo serio de canto lle custaría ese mantenemento do servizo de augas, a extracción á depuradora, a calidade da auga,

a súa sanidade, a distribución, os contadores e o persoal de lec-tura....

¿Canto lle sae ó Conce-llo aínda que teña que contratar por oposicións a persoal novo? ¿Canto sairía ó ano? E lembre-mos que cada veciño (normal, o 90% dos veciños) en Lugo es-tamos pagando un mínimo que casi chegaría para encher de auga os servizos dun hotel... ¿e que estamos tolos ou qué?.

Así pois, haberá que fa-cer un estudo pormenorizado dos contratos asinados anterior-mente con empresas privadas, e o que non sirva para o Concello, é decir, para beneficio dos cida-dáns.... fora, ou cámbiase, rene-gociase ou mirase doutro xeito.

E hai moitos servizos donados ou regalados a ou-tras empresas externas: Non so Transporte público, tamén au-gas, tamén parques e xardins, tamén servizo de grúa, tamén sistema ORA, …... e nin tan si-quera temos unha ambulancia medicalizada para o que poidan necesitar os cidadáns... home.... home..... xa está ben, ¿non?

Page 13: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 13

Outro escape de gas que existe no Concello, e sobor de todo dun tempo a esta parte, son os chamados contratos de asesores. Que si asesores para o alcalde, que si asesores para os concelleiros, que si telefonistas ou recollerecados dos diferentes partidos... uff, ¡Un auténtico es-cándalo, por onde se van miles e miles de euros así pola jeta. Porque eses postos non saen a ofertas públicas de emprego e mediante oposición. Son cedi-dos a dedo, a xente do partido, a xentes amiguiños, a fillos de familiares... home, home, home, que xa está ben, que xa estamos na 2ª década do S.XXI. Nos pensamos que conta-mos de entrada con 1.500 aseso-res que están no concello como funcionarios, que cada un sabe perfectamente o que fai e o que ten que facer, que están capaci-tados porque aprobaron as suas oposicións. ¿Para que gastar tan enorme cantidade de cartos en eses “asesores”, que despois ó final, convírtense no escudo do contratador, e non hai cidadán que poida entrar no despacho a falar directamente con el. Isto tamén se ten que acabar, e nos, estamos dispostos a Romper

con iso. Son os funcionarios que-nes teñen que desenrolar o tra-ballo marcado; e os políticos, alcalde e concelleiros, sobera-namente aconsellados polos seus cidadáns nesas asambleas de barrio ou a traverso deses cauces de participación dos que falábamos antes, son que-nes deben marcar a política de desenvolvemento e o camiño a seguir por tal ou cal area, sexa de transporte, de urbanismo, de circulación vial, etc.

E hai outra cousa que o Grupo de Veciños por Lugo, te-mos moi clara: Estamos pasan-do unha mala racha, Si, pero non é culpa dos veciños e veciñas de ningunha cidade, non é nosa culpa, nós non debemos a nin-gún Banco europeo ou mundial nin unha cadela.... serán os ban-cos, polas súas malas xestións, polo fiasco do ladrillo, polos enganos e chapuzas cometidas, tamén por eses entes chama-dos Caixas de Aforros que en-cheron tamén os seus consellos directivos de políticos corrup-tos e facinerosos a mans cheas. Son eses grandes empresarios que non pagan a facenda, que

Page 14: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 14

Rompe co pasado. Xuntos, podemos.nos aconsellan que hai que tra-ballarmáis e cobrar menos, que sexamos solidarios e abandone-mos o contrato indefinido, que non fagamos tantas vacacións, son os señoritos que non pagan o imposto de patrimonio, en fin, con esto queremos decir, que si, a mala racha si, e que haberá que andar con ollo e con austeri-dade, pero esa austeridade non equivale a recortes sociais nin a reducir servizos públicos e de calidade, como son os da sani-dade pública, o ensino público, o contar con bolsas de vivenda de aluguer para as familias, nin equivale a aumentos de impos-tos.

Dahí que rematemos cun-ha exposición transparente das contas públicas, comenzando por facer e ver cómo sanear as arcas do Concello, qué gastos son inevitables, que gastos son necesarios, onde poder aforrar, ben, en definitiva e para enten-dernos, as contas da vella. E si temos que pasarnos dous ou tres anos, por exemplo, cunhas festas onde en vez de 50.000 só temos 5.000, pois tiramos de gaita e tambor, que o que non debe é faltar a alegría no noso Concello.

III Pola sanidade Pública,de calidade, e gratuita.

* Atención especial e esmerada ós nosos maiores e ós nenos.

Si. Sobre todo ós lucenses, non nos hai que explicar moito sobre esto, xa que dende que se fixo o novo Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), temos na memoria colectiva as pro-mesas incumplidas polo pre-sidenta da Xunta de Galicia na inauguración, e unha longa loita emprendimos hai xa màis de 2 anos pola obtención de servizos de calidade ós que temos derei-to, sobor de todo, os que atinxen o infarto, polo que esiximos a dotación do servizo de hemodi-námica continuado as 24 horas, así como os medios e persoal necesario para atender ós nosos enfermos de cancro, esixindo a posta en marcha da Mediciña Nuclear e Radioterapia.

Loitamos duro por eses dereitos, declaracións, manifes-tacións de protesta e reivindi-cación, ate recollimos as firmas que se precisaban (moitas máis) para presentar unha Iniciativa

Page 15: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 15

que imos mantendo os lucenses por unha sanidade de calidade e digna. Seica no verán se pechan 300 camas hospitalarias, como si esta fose a estación da saúde e a xente non se enferma. Como a dotación do antigo Hospital, dos servicios medicos axeitados e requeridos polos residentes da zona, centro social de aten-ción ós maiores, Centro de Saúde para o barrio...

E o peor de todo isto, é que vai encaixando como unha media dentro dos plans dun go-

berno que pretende desestruc-turar a nosa sanidade que fora exemplo mundial en atención e calidade, e ila desmembrando para concesións ás empresas privadas, que nin tan siquera en moitos casos teñen mada que ver ca saúde, somentes unha inversión en personal e instru-mental, e a obtención de fabu-losos beneficios a conta da nosa saude. Pasamos de ser “pacien-tes ou doentes”, a ser “clientes”.

Pois ahí, o Concello, debe ser garante de que a sanidade sexa un sistema público, univer-sal, algo no que se ten que basar a igualdade de toda a cidadanía,

Lexislativa Popular (ILP). Pero todo caéu polas alcantarillas dos detritus cando esa lei a co-

Page 16: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 16

Rompe co pasado. Xuntos, podemos.convertindose en portavoz e de-fensor das necesidades de saúde dos seus veciñors e veciñas, co fin de ter esa infraestructura sa-nitaria que hoxe necesitamos e demandamos os cidadáns.

Si aspiramos a un mu-nicipio cunha calidade de vida aceptable, onde poidamos dis-frutar cada vez máis dun benes-tar común, é o Concello quen debe fomentar esas políticas sanitarias, orientar o consu-mo responsable, e unha saúde medioambiental, procurando así o benestar de tódolos cida-dáns.

Ë por iso que nos propo-ñemos que dende o Concello, se intensifique o control sanitario das augas, tanto por unha banda da auga que consumimos, como das augas residuais que non vaian contaminar os nosos rios, a contaminación atmosférica e acústica, a hixiene e saneamen-to tanto nos lugares públicos de concentración ou uso dos cida-dáns, como nas propias viven-das, un control e inspección dos vertidos e residuos urbáns... Ademáis, todo isto debe ir precedido e coordinado cunha

planificación axeitada de educa-ción e participación, de promo-ción da saúde e con programas de saúde en hábitos saudables, elaboración de plans de saúde municipal, e promovendo a pro-moción da saúde entre a xente máis nova, apoiar os proxectos das asociacións na loita contra o sida, e favorecendo mediante subvención a venta de preser-vativos entre os máis novos, ou reparto gratuíto entre a xente sen poder adquisitivo.

IV Apoio o noso comer-cio, dun xeito decidido e firme así como a nosa in-dustria, e os nosos produc-tos agrogandeiros.

Dende o grupo de “Veci-ños por Lugo”, queremos apoiar, impulsar e promocionar moi de-cididamente o noso comercio, xa que esa é unha das medidas que non só axudarán a combatir a destrucción de emprego, se-nón a incrementalo.

E isto, é algo que cae de caixón: a compra nos estable-

Page 17: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 17

Lugo enamora,

si, pero necesítate

cementos comerciais da cidade, xenera beneficios para a nosa xente, xenera demanda de tra-balladores, xenera emprego, e salvo curiosas ou escasas ma-teriais ou mercadorías que non existen na nosa cidade, non te-mos por que ir gastar e comprar fora o que temos ó lado da casa.

Estámoslles dando os no-sos cartos a empresas de fora, de Francia (Carrefour), do pais vas-co (Eroski) e outras, sin darnos conta que estamos empobrecen-do ós nosos propios veciños, e todo isto forma parte dunha ca-dea que escomenza polo peche dunha empresa, os traballado-res quedan no paro, non poden ir a comprar un abrigo ou un par de zapatos..... esa laboura de concenciación e sensibilización debe partir tamén do concello, poñendo un pouco de sentidiño á hora de gastar e consumir.

É o Concello quen debería de botar unha man, e presionar a caixas e bancos paraa mirar da concesión destes pequenos créditos que unha persona ou un matrimonio ou un xoven con ideas, están dispostos a facer e comenzar a traballar pola sua conta como autónomos.

Porque ti queres

Porque estás farto

Porque xa está ben

Porque queres romper

Page 18: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 18

Rompe co pasado. Xuntos, podemos. O comercio na nosa cida-de, está basado principalmente na estructura familiar, traballa-dores autónomos que con esfor-zo, foron abrindo e mantendo os seus negocios. As veces e si a fortuna lles toca de cerca, am-plian este negocio e contratan traballadores e traballadoras, sendo así un dos sectores que máis xeneran emprego, ó non termos en Lugo esas grandes empresas que contratan centos de traballadores en cadenas de montaxe; e poñendo a un lado ó funcionariado que é outro dos sectores que manteñen en ocu-pación ás xentes de Lugo. Pero a chegada das gran-des multinacionais, e outros fac-tores de moda e de costumbres, está facendo peligrar este sector que na nosa cidade é tan impor-tante. Ben por idade, ou pola crise que afecta a amplios sec-tores de consumo, estmos a ver cómo continuamente nos esca-parates dos comercios aparecen máis asiduamente os carteliños de “se traspasa”, “se alquila”, “se vende”... non habendo por outro lado unha demanda de substitu-ción para ese negocio familiar.

E os impostos munici-

pais, as trabas para abrir un novo negocio, non son alleas todo elo. Por eso, o Grupo de “Ve-ciños por Lugo”, estamos em-peñados en facer unha defensa dese pequeno comercio, impul-salo, establecer axudas e favo-recer e impulsar a aparición de cooperativas comerciais que os comerciantes poidan utili-zar para poderse suministrar en grandes cntidades e acadar así prezos máis baratos para as mercadorías que ofertan ós clientes, axudar ás campañas de promoción de comprar na nosa cidade, axudar a unha forma-ción comercial de márqueting, trato cos clientes, idionas, e todo aquelo que poida supoñer un es-paldarazo para axudar a manter vivo ese pequeno comercio, esa industria que está ó noso lado, esas pequenas tiendas de ali-mentación de barrio onde mer-cabas os garbanzos ou o pan, leite e aceite, a escasos meros da casa, esa compra diaria que fas cando chegas do traballo, e pa-sas por ali diante.

Todo iso, redunda en manter os postos de traballo, e incluso incrementalos, si se fai

Page 19: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 19

unha política destinada a pro-mover, e potenciar o pequeno negocio, apoiar a novos em-prendedores que teñen unha boa idea, e traballar todos xun-tos por unha cidade digna e de futuro, combatindo o paro por todolos medios posibles.

V Por unha educación pública e de calidade e fomentar unha cultura so-lidaria e participativa.

Do mesmo xeito, que-remos e esixiremos unha edu-cación pública, de calidade e gratuita, e que o Concello deba ser partícipe na planificación e ocontrol das enseñanzas im-partidas, tanto das académicas estrictamente como das extraa-cadémicas, para poder configu-ralas tendo en conta o seu ámbi-to territorial.

Seleccionar e impulsar, de acordo cos axentes sociais da cidade, unha formación pro-

fesional de calidade, atenden-do primeiro ás necesidades de profesionales nun determindo sector, como a saídas rentables e ocupacionais dos alumnos cando acaben a súa formación. E regulalo de xeito que non es-teñamos 8 anos ofertando o mesmo tipo de formación pro-fesional, e enchamos a cidade con 1.000 mecánicos torneiros, fresadores, ou deseñadores de interiores porque o que se faría sería fomentar o paro. Hai que ter cabeciña e ir ano a ano ven-do as necesidades sociais da ci-dade, a necesidade de profesio-nais, o que precisan as empresas e favorecer o ben común, A Universidade e Cen-tros Superiores de Ensino, son tamén a ter en conta polo conce-llo, atraer o tipo de estudios que según o entorno territorial vai ter unha saida e necesidade so-cial imperiosa, pero tamén aten-der en seminarios e cátedras, es-tudios de interés para a mellor formación dos futuros profesio-nais, incidindo especialmente no tema da investigación, no que apenas andamos a facer al-gúns escarceos, e iso pola conta dos alumnos.

Page 20: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 20

Rompe co pasado. Xuntos, podemos. Investigación e I+D+iO concello debe involucrar-se neses procesos educativos e investigadores, impulsando a creación de becas, e colaboran-do con centros de investigación a nivel internacional, ou con ou-tras institucións tanto de carác-ter publico como privado.

VI Por un desenrolo sostible e social, que xe-nere benestar sin degradar o medio ambiente.

Non se trata só de medrar e medrar e facer unha grande cidade con moitas diversións e pasatempos, si ó final se convir-te nun espacio casi inhumano, tanto por culpa da contamina-ción, das presas, ... é necesrio pararse a considerar o que sig-nifica o termo sostible, que non gastemos máis do que non te-mos, que non gastemos a ener-xía que non producimos, que vaiamos consumindo productos de lugares onde os traballadores apenas cobran para comer algo, en vez de comprr os nosos pro-pios productos.

Temos por fortuna aín-

da, un entorno rural agradable, de onde sae o 70 % dos pro-ductos que podemos consumir na Praza de abastos, onde po-demos ir a dar longos paseos, onde podemos incluso habitar e organizarnos si non hai deman-da suficiente para un medio de transporte público, o compartir medios de desplazamento.

Ese entorno rural, onde vive unha importante parte da población lucense, no campo mesmo pegado á cidade, e que moitas veces carece dos servi-cios axeitados para un modo de vida equiparable ó da cidade, con escasos medios de transpor-te urbán, achegar os servicios e infraestructuras necesarias, descentralizar os servicios pú-blicos, tanto na zona rural como nos nosos barrios, e potenciar as oficinas municipais de proximidade, reconvertir o que é a figura do pedáneo, nun consello local que poida xenerar as súas propias propostas e que estas sexan vinculantes, xa que é o que lles afecta directamente ós veciños desa zona ou dese barrio en concreto.

En canto o que é de si a cidade, creemos que o centro

Page 21: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 21

urbano intramurallas debería ser unha zona peatonal (prácti-camente o ven sendo xa que non atoparñas nunca onde aparcar), deixando lóxicamente o transi-to de vehículos de residentes na zona, o transito exclusivamen-te ós aparcedoiros, sinalizando ben nas entradas da cidade si hai praza ou non, e o transito a unhas horas axeitadas de repar-to de mercadurías a establece-mentos e comercios, horas que non deben estorbar ás horas de maior peatonalización das ruas do casco histórico da cidade. A calidade medioambiental dos parques e xardíns, o respeto polo ben público que é de todos, o extremo cuidado na hixiene, limpeza e mantenemento das ruas, solares, o cuidado de tella-dos e cuidado e pintura das fa-chadas, así como dos baixantes das augas pluviais, o sistema de alcantarillado, ... todo iso, ten que formar parte do noso entor-no e coidalo, e poder sentirse or-gulloso delo.

A VivendaNesta sociedade que nos tocóu vivir, a Administración ocupou-se primordialmente de extender o uso da mentalidade e a cultura da propiedade da vivenda, can-

do en casi toda Europa os es-forzos van dirixidos máis ben, a orientar e educar en ter e dis-poñer dunha vivenda digna, si, pero de aluguer.

A promoción da “cultura da propiedade”, levóu a moitas familias a deshaucios inxusti-ficables, con perda de tódalas cantidades que habían entrega-do para a compra, e as grandes estafas neste senso que realizan os bancos.

Fronte a esto, o Grupo de “Veciños por Lugo” propoñe-mos a cultura do alquiler social como o mellor xeito paraconseguir la satisfacción do de-recho a ter unha vivenda digna, por parte de tódolos sectores da sociedade.

Todo isto axudaría ade-máis, a atallar a especulación do chan, a cultura do ladrillazo que fomentóu a burbulla inmo-biliaria, e axudaría de por máis, a unha auténtica revolución so-cial, ó contemplar la importan-cia de dotar de vivienda asmulleres con cargas familiares non compartidas, supervisar a igualdade no acceso a vivenda con especial atención a situa-

Page 22: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 22

Rompe co pasado. Xuntos, podemos.ciones de riesgo de exclusión, e moito máis especialmente nos casos das mulleres maltratadas, a xuventude, etc.

Transporte público Outra das grandes queixas dos lugueses e luguesas, é o deterioro no funcionamento do transporte público. A xente que vive por exemplo na zona da Milagrosa, ou xunto á vella Re-sidencia e ten que ir a traballar ás 8 da mañán a Ramón Ferrei-ro, por exemplo, non ten trans-porte, xa que o primeiro bus que pasa chega como moito á sua zona de traballo ás 8,35-8,45e debe usar o transporte privado. Hai zonas onde os buses pasan cada hora. E para maior escar-nio, contamos cunhos autobu-ses que non están axeitados a meirande parte das ruas da ci-dade, ó ser mamotretos xigan-tescos mercados de segunda ou terceira man en Madrid ou grandes urbes, de rúas anchas e grandes avenidas, cando Lugo é unha cidade de ruas máis ben estreitas, e ahí temos moitas veces os problemas de atascos por maniobras destes grandes medios de transporte, en vez de utilizar máis vehículos, con maior cobertura horaria, e máis

pequenos.

Xunto a esto, promover unha educación vial, para o fun-cionamento axeitado do carril bici, que aínda que o tempo non o favoreza moito na nosa cida-de, si hai momentos nos que o desplazamento en bici é posible, saudable, non contaminante, e marcando perfectamente as ru-tas a circular, sin que se deba andar polas beirarruas ou lu-gares peatonais, respetando o paso dos peatóns.

VII Xeneración de em-prego e riqueza no noso municipio.

Estamos ante unha das situacións máis difíciles nas que en determinados períodos se pode atopar unha sociedde no seu conxunto. Porque non é que nos atopemos baixo unha situación de crisis económica, simplemente, que afecte ó siste-ma financieiro, que tamén; pero todo elo deriva dunha profunda crisis total do Sistema.

Esta crisis, provoca o de-terioro das relacións institucio-

Page 23: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 23

nais como estamos a ver, xa que é unha profunda crisis dentro do propio sistema capitalista. Non da máis de sí. Isto xenera unha profunda reorganización da supervivencia do propio sis-tema capitalista, o que significa reestructuración das grandes empresas, reorganizaión do gran capital, unha loita a morte polo mantenemento dos siste-mas productivos baseados cada ve máis en sofisticar os engra-naxes da producción e obten-ción de beneficios, o que á súa vez deriva en crisis de centos de empresas que pechan por non acadar esa productividade e competitividade feroz que hoxe se esixe, e que á súa vez, acaban pagando os cidadáns com miles e miles de postos de trabllo que desprecen, xerando un paro de cifras desorbitadas.

A política neoliberal apli-cada polos detentadores dete poder absoluto do capital, si ben se produce a nivel xerl en todo-los países do mundo, cébase en España coa súa aplicación nos últimos gobernos do PSOE e do PP, primeiro a nivel estatal, e que se vai extendendo logo po-los municipios dete país.

Así pois, nos pensamos que os concellos, deben tomar cartas no asunto, e tratar de fa-cer un frente de choque contra toda esa crisis que estamos a pa-decer, fundamentalmente naue-les eidos onde o Concello pode ter unhas certas competencias, como son as de fomentar o em-prego e favorecer e impulsar a creación de postos de traballo, favorecer ese desenrolo econó-mico, crear políticas activas de emprego, cuidar e botar unha man ós desmpregados; favore-cer a igualdade entre homes e mulleres, e manter un cuidado especial das persoas con risco de exclusión social.

¿Que facer? O primeiro, e xa falamos sobre eso, sería potenciar o noso comercio local, mediante axu-das, formación, campañas de fo-mento da compra local, frente ó das grandes ares comeriis.

Logo, habería que empe-zar por mirar o que temos. Par-tir dos nosos propios productos, e axudar a crear as industrias de transformaión do msmos. e ten-do en conta os parámetros de productividade medioambiental e do ben común, sostible.

Page 24: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 24

Rompe co pasado. Xuntos, podemos.

É importantísimo que o concello poida dispoñer de chan industrial, favorecen-do e atraendo a instalación de industrias de transformación e de producción, atendendo en primeiro lugar a aquelas que podemos sentis máis perto da nosa producción de materia pri-ma, unha producción sostible; favorecer canles de distribución máis directa sin tantos interme-dirios, e darlle máis importanci ós mercados directos.

Manter un chan industrial des-tinado a eses usos, e atraer in-cluso si é preciso, a productores ou empresas que creen postos de traballo, mediante a rebaixa sustancial do valor do chan in-dutrial.

Axudar ós traballado-res autónomos e fomentar o montaxe pola sua banda de pe-quenas empresas e negocios que sexn sostibles, axudando tamén na formación e aconsellando as posibles saidas de mercado. Apoiar e favorecer a aquelas empresas que mante-ñan unha política de apostar polo mantenemento e a cre-

ción de emprego, medinte axudas e rebaixas de impuestos, ou favorecendo a contratación de ervizos a nivel institucional.

Priorizar os plans de estudio de Formación Pro-fesional, a creación de Escolas taller e mellorar a calidade pro-fesional da súa formación.

Creación de bolsas de emprego, e favorecer o ac-ceso ds mulleres a todo tipo de traballos, e tendo sempre en conta a máxima de que a igual traballo, igual slario.

Transporte público gratuíto para aquelas personas que esteñan no paro ou non al-cancen o salario mínimo.

Empresas públicas e Mancomunidades.

Nos somos máis partida-rios das empress mixtas, para xestionar os servicios que poi-dan ser necesario para os con-cellos, incluso o de establecer mancomunidades para abaratar costes, e facer unha xestión efi-caz destes ervicios. Nos casos que pola súa

Page 25: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 25

amplitude ou dificultades para poder ser levads directmente polo concello, cambiar os mode-los de empreas e contratos con elas, para que poidan funcionar dun xeito transparente, donde os cidadáns poidan participar, tanto na xestión, como no fun-cionamento, a xestión e contrat-ción, así como no seu funciona-mento.

Favorecer e impulsar as cooperativas de traballa-dores, apoiando a esas empre-sas dende o seu comenzo, con un ano de exclusión impositiva, e favorecendo a súa ubicación en chan industrial.

Apoio firme e decidido a todalas empresas que adiquen unha importante parte dos seus beneficios, ó impulso do I+-D+I

Apoio o sector turismo

Temos por fortuna en Lugo, unha Meca de atracción turística, que deriva en outras paralelas e complementarias. Falamos da Muralla Ro-mana, e da súa declaración como Patrimonio da Humani-dade. Os vestixios da antigua

Roma, dende a Ponte romana, as Termas, os achádegos que se poden visitar nos diferente mu-seos, a nosa Catedral do S. XII, etc. son un polo de atracción para os visitantes, e turistas que nos visitan. Xunto a esto, a gastro-nomía lucense con gran fama e a xenerosa acollida das xentes de Lugo ós foráneos, constituye un punto de atracción para es-pallar e dar a coñecer tanto ós “Tour-Operators”, como nas di-ferentes feiras e congresos que se fan por ahí dinte. Pero coidamos que é precio establecer unha política afianzada neste terreo, onde o Concello debería de contar con unha area específica de Turis-mo, e con peroal experto tanto en Marqueting como en Ofertas de Turismo, formación histórica e literaria dos responsables da area de Turismo, e contar con personal e guías pola cidade e arredores. Os entornos fluviais, a montaña, e os diversos monu-mentos históricos o municipio de Lugo, (Santa Eulalia de Bóve-da, etc...), poden constituir unha boa fonte de ingresos munici-pais, ingresos no sector da hos-

Page 26: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 26

Rompe co pasado. Xuntos, podemos.telería, e xeración de emprego.Nos e as persoas maiores

Ningún temor temos á hora de poder expresar esa gra-titude debida ós nosos maiores, que con ecertos e fracasos, pero con moito sacrificio, nos permi-tiron a sociedade activa a estar onde estamos.

Non imos limitarnos por suposto, a esixir soamente a dig-nidade dos nosos maiores respe-tándolles e dignificando as súas pensións, senón que sabemos e preguntaremos polas suas in-quedanzas, as suas necesidades, e impulsar planes de atención que atendan as persoas depen-dientes, as que viven soas. En definitiva, trátase de que os nosos maiores, xa que eles deron e fixeron todo o posi-ble por darnos a nós unha edu-cación, unha formación, e un-has preocupacións non poucas veces privándose de beneficios para eles, destinando para nos o que puideron, fagamos con eles e co maior respeto para todos, a labor e axudas sociais que mere-cen, tanto a nivel de vivenda, de esparcemento, de salubridade, de todo.

O Mundo do Deporte Tamén nese eido estamos orfos, xa que non existe aínda unha política forte de apoio ó de-porte base. A canteira, como lle chaman os profesionais.

Non ten sentido ningún que desmesuradas partidas, e máis nos tempos que corremos, se vaian a dosificar os votos dos cidadáns, cubrindo ou dando subvencións millonarias a un ou dous equipos deportivos, cando ben sabemos que nos barrios, os cativos ás veces hasta nin teñen unha pelota para xogar, unha bici para correr, ou cartos nece-sarios para pagar un centro pri-vado onde poder facer piragüis-mo ou xoga ó tenis.

Vemos necesario chegar a acordos cos centros de ensi-no que teñen seus patios ou pe-quenos pabillóns deportivos, ou facer xa pabellóns alí onde son máis necesarios e a mocedade os ten máis a man, e fomentar o deporte base, a base das escolas deportivas municipais, monito-res especializados, e que haxa al-ternativas para o ocio xuvenil.

Page 27: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 27

VIII Por unha políti-ca de Solidaridade e Igualdade.

Cando alguen no noso entorno bota a culpa dadegra-dación nas condicións de vida ós inmigrantes, non podmos facer outra cousa que levar as máns a cabeza e ás veces, intervir na conversación.

Os nosos pais, tios, pri-mos, abós, foron tamén emi-grantes, a Europa e Sudamérica, e sempre nos falaron do ben que foron recibidos, da solidaridade que os axudóu, incluso do impe-rio dos galegos en latinoamérica non só cos seus centros galegos, senón erguendo con axuda de-ses paóses, hospitais e centros de beneficencia. Nos, debemos, cando mímnimo, ese mesmo espíritu de solidariedade, xa que si non nos tocou a nos ter que emigrar, é porque outros tiveron que fa-cer o sacrificio e a dor de despe-dirse dos seus seres queridos, e marchrse a traballar fora para poder manter e axudar ás suas familias.

Por iso, o Concello debe establecer unha forte presión en concienciar e educar á cida-danía nos feitos distintos, saber o que está a pasar por ahí fora, utilizar os recursos que poida ter tanto en escolas, centros educa-tivos etc... de impartir charlas, sin necesidade de expoñer as primicias catastrofistas que ve-ñen na prensa, educar nunha cultura aberta, tolerante, e de respeto a outras costumbres e a outras formas de vivir.

- Pois que respeten eles primeiro as nosas- din algúns, cando nin tan siquiera se lles deu a oportunidade de ense-ñarlles como son as noss cos-tumbre, as nosas leises que todo cidadán por suposto debe cum-plir, e ademáis, precisamente por iso, igual, somos distintos. ¿Eles non nos respetan nos seus países, .. pero nos aquí sí os res-petamos a eles. ¡Por iso somos distintos! E debémonos sentir orgullosos delo. Por canto máis, a diversidade xenera cultura e riqueza persoal e humana.

O concello pode facer moito nese eido, o establece-mento de programas educativos para a Paz, a solidaridade, axu-

Page 28: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 28

Rompe co pasado. Xuntos, podemos.dar a grupos étnicos a interrela-cionarse coa nosa cultura, ense-ñarlles, e fomentar a existencia de grupos que poidan establecer esas relacións.

Igualdade de Xénero

Unha concellería da mu-ller, non é unha “parrochada” como din algúns, é algo moi ne-cesario nesta sociedade aínda super machista, por moito que a xente diga que eses termos xa son condicións do século pasado.

A dia 5 de maio deste 2014, 21 mulleses faleceron vícti-mas da violencia de xénero. En-tre os directivos das empresas, contanse cos dedos da man ocu-pados polas mulleres. Nos postos de decisión da administración, ocurre exactamente o mesmo. A implantación e desen-rolo de plans específicos para a muller, de axuda, de formación, e de concienciación social, pre-cisa dun capítulo presupuestario destinado a conseguir a igualda-de efectiva dos homes e mulleres na nosa cidade.

Aquelas vellas consignas de a igual traballo, igual salario,

seguen sin cumplirse, siguen sin cumplirse por parte das empre-sas, a política de contratación, non collendo mulleres para os postos tan capacitadas ou máis que os homes que se presentan, nula promoción da muller den-tro da empresa (a non ser que sexa a base de escotes, minisaias e algo de postura hourizontal)...

Tamén o Concello pode fomentar o emprego da muller, mediante políticas de fomento do emprego, darlles papel e re-levancia ás empresas que con-traten mulleres, disminución de impostos municipais.... toda unha política destinada a Rom-per coa lacra da discriminación da muller na nosa sociedade.

Romper tamén co ma-chismo exasperado do maltrato físico, e favorecer á muller unha vivenda en condicións dignas, traballo e medios de subsisten-cia, así como apoio legal na se-paración do maltratador.

Page 29: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 29

XIX Planificación Ur-banística de Futuro, e non só para períodos electorais. E que aquí, claro, viñeron a parir as mais do cordeiro. Dende que D. Fernan-do Pedrosa Roldan, alcalde de Lugo en 1971 conseguíu a inver-sión necesaria para desacougar a nosa muralla das casas adosadas que impedían ver o monumento, ningún outro alcalde foi quen de facer unha obra que poidese tar-dar en facerse e levarse a cabo polo menos a 50 anos despois. Aquí, atopámonos con que si unha obra, non a vas poder in-augurar durante o teu mandato, nin a fas.... e así non hai xeito de facer unha planificación urbana decente, como as que teñen as grandes ciudades. So desde hai un anos, con esto dos planes de urbanismo, pepris, planes par-ciais (e reformas amañadas de tal xeito que aparecen logo as comisións e grandes comisións entregadas polos interesados en recalificar tales ou cales terras, entregadas a tales ou cales con-celleiros e a seus pes señor terra-teniente.)

A política Urbanística, debe quedar clara dende un principio, saber que unha cidade en 50 anos pode medrar moito, pero ¿somos as persoas en reali-dade quenes regulamos ese cre-cemento, cara onde, etc? ¿Ou son os cartos que van polas cloa-cas a colarse nos petos de a saber quen? Unha planificación ur-banística, estudada e observada con detenemento, é algo funda-mental, e pódese chegar a acor-dos, con grupos inmobiliarios, constructores, ou donos de so-lares, pero nunca a base de fa-cer escapadiñas a oscuras, se-nón limpa e claramente, con luz e taquígrafos, si en tal zona se poden permitir máis alturas de construcción habitable ou máis espazos, a cambio de espacios públicos onde poder edificar es-colas públicas, centros de saú-de, parques, zonas de paseo e de xogos... todo iso pode ter cabida nun espazo onde toda a cidade debe participar.

Page 30: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 30

Rompe co pasado. Xuntos, podemos.

10) Servicios públicos de calidade, ó servicio de tódolos cidadáns.

Dende “Veciños por Lugo”, pensamos que os serci-cios públicos, deben ser dirixidos e orientados polo concello, e de-ben ser polo tanto xestionados e levados directamente polo Con-cello.

Certo é, que para algúns servizos, polo seu tipo de fun-cionamento, pola súa “tecno-loxización”, pola súa natureza ou actividade concreta, deban ser participados por unha empresa, ben con carácter mixto (empre-sa+Concello), ou ben a nivel ex-clusivo da empresa.

En ambos casos, estable-ceráse un Reglamento moi mi-nucioso do servicio e do seu fun-cionamento, prestando especial atención ó xeito de contrato dos seus traballadores, conforme á reglamentación vixente, excluín-do por sempre a aquelas em-presas que utilicen os servicios das ETT (Empresas de Traballo Temporal), e prestando tamén unha atención especial á dura-ción dos contratos de servicios,

que non sexan excesivamente longos e poidan hipotecar o des-enrolo de futuro en beneficio dos cidadáns.

Nin que decir cabe no resto dos servicios, como son os Servicios Sociais, Servicios de axuda á dependencia, o involu-crarse seriamente nos asuntos de Sanidade e Educación como temos falado, e en definitiva, po-ñer o Concello completamente ó servizo dos cidadáns, e crear un Lugo de futuro, un Lugo solida-rio, un Lugo con dignidade, unha cidade en definitiva onde cunda o benestar social.

Page 31: Programa de Veciños por Lugo (VL)

pax. 31

Page 32: Programa de Veciños por Lugo (VL)
Page 33: Programa de Veciños por Lugo (VL)
Page 34: Programa de Veciños por Lugo (VL)

https://www.facebook.com/pages/Veci%-C3%B1os-Por-LU-

https://www.facebook.com/pages/Veci%C3%B1os-Por-LU-GO/522047134573318?ref_type=bookmark