PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro,...

24
PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA ESPECIALISTAS DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA MARIA PILAR LÓPEZ LAGO PATRICIA ORTIGUEIRA MAGARIÑOS CURSO 2020/2021 IES LUÍS SEOANE 1

Transcript of PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro,...

Page 1: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

PROGRAMACIÓN AULAPEDAGOXÍA

TERAPÉUTICA

ESPECIALISTAS DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

MARIA PILAR LÓPEZ LAGOPATRICIA ORTIGUEIRA MAGARIÑOS

CURSO 2020/2021IES LUÍS SEOANE

1

Page 2: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

ÍNDICE

1. Introdución páx. 3

2. Marco lexislativo páx. 3

3. Contextualización e necesidades páx. 7

4. Organización e funcionamento da APT páx.11

5. Temporalización. páx. 16

6. Obxectivos, contidos e competencias páx. 18

7. Orientacións metodolóxicas páx. 20

8. Recursos páx.22

9. Avaliación páx. 23

2

Page 3: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

1. INTRODUCIÓN

A Programación da Aula de Pedagoxía Terapéutica é a ferramenta de traballo do

profesorado de pedagoxía terapéutica para dar resposta á diversidade do alumando con

necesidades especificas de apoio educativo escolarizado no centro. É o punto de partida

para deseñar actuacións que posibiliten responder de forma axustada e individualizada á

diversidade do alumnado e polo tanto, recóllese no Proxecto Educativo e incluído na

Programación Xeral Anual (PXA) onde quedan plasmadas as accións a levar a cabo

durante o curso 2020/2021.

Como profesoras especialistas de pedagoxía terapéutica e membros do departamento de

orientación (DO), participamos da súa elaboración xa que a resposta á diversidade non é

responsabilidade única destas especialistas; require da implicación, colaboración e

coordinación de toda a comunidade educativa e máis concretamente do equipo docente,

profesorado titor, profesores de área, equipo directivo, departamento de orientación,

servizos externos e familias.

Partindo da atención a diversidade a cal pódese definir segundo o Decreto 229/2011 do

7 de decembro , como o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade

adecuar a resposta educativa as diferentes características e necesidades de todo o

alumnado faise imprescindible aclarar o concepto ACNEAE recollido na Lei Orgánica

2/2006, do 3 de maio de educación (LOE), e modificado na Lei Orgánica 8/2013, do 9

de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE) a cal fai referencia o

alumnado que require unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar

necesidades educativas especiais, dificultades específicas de aprendizaxe, trastorno por

déficit de atención e hiperactividade, altas capacidades intelectuais, incorporación tardía

ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar.

2. MARCO LEXISLATIVO

As actuacións recollidas na Programación da APT quedan delimitadas dentro do marco

lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia. Para a súa realización tomáronse

como referencia as distintas normativas que expoñeremos a continuación:

3

Page 4: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

Organización de centro

Orde 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada laboral docente.

Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros

docentes sostidos con fondos públicos na CAG

Resolución do 29 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e

Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico

2019/20, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da ESO e do BAC nos centros

docentes da CAG

Real Decreto 132/2010, de 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que

imparten ensinanzas de segundo ciclo de EI, EP e ESO.

Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos IES

Orde do 1 de agosto de 1997, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996

polo que se aproba o Regulamento orgánico dos IES e se establece a súa organización e funcionamento.

Orde do 28 de xuño de 2010, pola que se modifican parcialmente as Ordes do 1 de agosto de 1997 pola

que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996, polo que se aproba o regulamento

orgánico dos IES e se establece a súa organización e funcionamento

Admisión alumnado

Orde 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión del alumnado en centros

docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de EI, EP, de ESO e BAC.

Orde del 25 Xaneiro 2017 que modifica a Orde do 12 de marzo do 2013.

Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos

con fondos públicos de 2º ciclo de EI, EP, ESO e BAC.

Orientación educativa

Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional.

Orde 24 de xullo de 1998, pola que se establece a organización e funcionamento da orientación

educativa e profesional.

Circular 10/2010 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola

que se ditan instrucións para coordinar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de

orientación educativa e profesional na CAG.

Circular 18/2007 das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de

Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se ditan instrucións para unificar as actuacións e

establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional das ensinanzas

escolares de Galicia

Atención á diversidade

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención a diversidade.

4

Page 5: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

Real Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento e

execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras.

Lei 10/2014, do 3 decembro, de accesibilidade e supresión de barreiras.

Orde 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos ACNEE e establecese o

procedemento e os criterios para a realización do ditame de escolarización.

Orde 6 de outubro de 1995, pola que se regulan as adaptacións de currículo.

Circular 9/1999, do 1 de setembro, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación

Profesional pola que se ditan instrucións para a atención á diversidade na ESO

Circular 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola

que se regulan algunhas medidas de atención á diversidade para o alumnado de ESO

Orde do 27 de decembro de 2002, pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización

en centros de alumnos con NEE.

Orde 28 de outubro de 1996, pola que se regulan as condicións e o procedemento para flexibilizar a

duración da escolarización obrigatoria dos alumnos con NEE asociadas a condicións persoais de

sobredotación.

Real Decreto 943/2003, do 18 de xullo, polo que se regulan as condiciones para flexibilizar a duración

do período de escolarización dos alumnos AC.

Orde 20 de febreiro 2004 medidas de atención a la diversidade para o alumando procedente do

estranxeiro.

Resolución do 23 de xullo de 2019, da Secretaría do Estado de Educación e Formación

Profesional, pola que se convocan axudas para ACNEAE para o curso académico 2019-2020.

Resolución do 7 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e

Innovación Educativa, pola que se regulan os Contratos-Programa e se establecen as bases para a

convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de

EI, EP e ESO dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o

curso 2019/2020.

Resolución do 19 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación

Profesional e Innovación Educativa, para a posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de

Competencias e Orientación dirixidas a centros públicos de EP e ESO dependentes da Consellería de

Educación, Universidade e Formación Profesional, en réxime de concorrencia competitiva, cofinanciado

polo Fondo Social Europeo.

Convivencia escolar

Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.

Decreto 8/2015, de 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e

participación da comunidade educativa.

Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

Decreto Lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que apróbase o texto refundido das

disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

5

Page 6: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

Lei 12/2016, do 22 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a

prevención e o tratamento integral da violencia de xénero

Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais,

bisexuais e intersexuais en Galicia.

Outras de interese

Lei Orgánica de Educación, do 3 de maio de 2006, LOE.

Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, 9 de decembro, de 2013, LOMCE.

Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da ESO e do BAC na Comunidade

Autónoma de Galicia.

Orde 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na ESO na Comunidade Autónoma de

Galicia.

Orde ECD65/2015, do 21 de xaneiro, pola que se describen ás relacións entre competencias, contidos e

criterios de avaliación de EP, ESO e BAC

Decreto 74/2011,de 14 de abril, polo que se regula a formación permanente del profesorado.

Decreto 79/2010, do 20 de marzo, para o plurilingüismo no ensino non universitario.

Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o

plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á exención da materia de lingua

galega

Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Protocolos de actuación recollidos na estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020

Instruccións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde

pública aprobadas polo consejo interterritorial do sistema nacional de salud pública (DOG Nº 174 bis do

28-08-2020) e a actuación das recomendacións sanitarias do comité clínico ao protocolo do 22 de xullo

de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso

2020-2021.

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa,

modificou a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, coa finalidade de seguir

avanzando cara un sistema educativo de calidade, inclusivo, que garanta a igualdade de

oportunidades e faga efectiva a posibilidade de desenvolver ao máximo as

potencialidades do alumnado.

Para tal fin, no artigo 7 do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o

currículo da ESO e do BAC na CAG, establécese que os centros deberán adoptar as

medidas necesarias para a identificación e a valoración do alumnado con necesidades

6

Page 7: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

específicas de apoio educativo, e de ser o caso, propoñer unha intervención educativa

derivada desa valoración, concretada na adopción de medidas curriculares e

organizativas para responder as necesidades detectadas. Asemade recóllese que a

medida de adaptación curricular, recollida na Orde do 6 de outubro de 1995 pola que

se regulan as adaptacións do currículo nas ensinanzas de réxime xeral. procurará o

máximo desenvolvemento das competencias atendendo a Orde ECD/65/2015, do 21 de

xaneiro, pola que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os

criterios de avaliación da EP, ESO e BAC.

O artigo 7 do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, que regula a atención á diversidade

en Galicia recollen as medidas de atención a diversidade, entendidas como o conxunto

de actuacións, estratexias e programas destinados a proporcionar unha resposta axustada

ás necesidades educativas do alumnado, establecendo a diferenciación entre medidas

ordinarias e medidas extraordinarias nos artigos 8 e 9 de dito decreto. Seguindo co

artigo 10, o Plan Xeral de Atención a Diversidade (PXAD) do IES Luís Seoane foi

elaborado polo Departamento de Orientación, de acordo coas directrices aprobadas na

Comisión de Coordinación Pedagóxica, no curso 2016/17. Tratase dun documento de

centro que recolle todas as actuacións e medidas deseñadas para adecuar a resposta

educativa ás necesidades do alumnado.

3. CONTEXTUALIZACIÓN E NECESIDADES

No ano 1994, coincidindo coa dedicatoria do día das Letras Galegas a Luís Seoane, o

instituto adopta este nome por considerar que o espírito de modernidade e compromiso

social deste artista e escritor galego, reflicte o que o instituto quere ser.

Procede dun desdobramento, no ano 1987, do antigo Instituto Politécnico de

Pontevedra, chamándose naquel primeiro momento Instituto de Formación Profesional

de Monte Porreiro polos únicos estudos que ofrecía (rama administrativa de FP) e polo

barrio no que se encontra situado.

Monte Porreiro é unha urbanización recente, situada ao leste do núcleo urbano da cidade

de Pontevedra (centro xeográfico e capital da Provincia e das Rías Baixas), da que dista

3km. Como datos máis relevantes da súa poboación debemos subliñar que é máis nova

que a media do municipio, dentro da súa diversidade social, ten relevancia a presenza de

7

Page 8: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

habitantes de etnia xitana. O grupo ISEC (Índice Socioeconómico e Cultural no que se

atopa o Centro) está catalogado de baixo.

Os equipamentos cos que conta na actualidade son: un centro de Educación Infantil 0-3

(Galiña Azul), unha escola de Educación Infantil (EEI Fina Casalderrey), un centro de

Educación Primaria (CEP Marcos da Portela), adscrito a este Instituto, o centro asociado

da UNED e un Centro Cultural, dentro do cal, hai espazo habilitado para unha Escola

Taller. En canto a equipamentos deportivos, conta cun pavillón polivalente, un campo

de herba sintética de fútbol e rugby e un campo privado de fútbol sala. A urbanización

tamén conta cun Centro de Saúde de atención primaria.

Ademais, debido á implicación veciñal, existen as seguintes asociacións preocupadas

pola mellora do barrio en xeral: AA.VV. “El mirador”, Asociación Cultural “La

mimosa”, Sociedade deportiva Monte Porreiro, un Club de tenis de mesa, Asociación

Promoción Xitana e Cáritas Parroquial.

Non podemos esquecer que, dada a súa proximidade á cidade de Pontevedra, ten acceso

a outras ofertas como: Museo de Pontevedra, Teatro Principal, Pazo de Congresos e

Exposicións, Arquivo municipal, Biblioteca Pública, Conservatorio de música, etc.

No IES Luís Seoane impártense as seguintes etapas do sistema educativo:

- Educación Secundaria Obrigatoria.

- Bacharelato nas modalidades de Humanidades e Ciencias Sociais e de Ciencias.

- Formación Profesional:

Na familia de Administración e Xestión:

o Réxime ordinario:

CS de Administración e Finanzas.

CS de Asistencia á Dirección.

CM de Xestión Administrativa.

o Réxime adultos:

o Modalidade presencial:

CS de Administración e Finanzas.

CM de Xestión Administrativa.

o Modalidade distancia:

CM de Xestión Administrativa.

8

Page 9: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

Na familia de Comercio e Marketing:

o Réxime ordinario:

CS Comercio Internacional.

CS Xestión de Ventas e Espazos Comerciais.

CM Actividades Comerciais.

Ciclo Básico de Servizos Comerciais.

o Réxime adultos:

ZM dual Comercialización de Produtos Alimentarios.

O alumnado de 1º ESO procede, segundo a rede de centros, dos centros de Educación

Primaria adscritos: O CEP Marcos da Portela, situado no barrio de Monte Porreiro. Este

centro conta con orientadora propia que forma parte do departamento de orientación do

instituto, tal e como se recolle na lexislación vixente. O CEIP Santo André de Xeve do

que proceden doce alumnos/as. Este centro conta cunha orientadora compartida co CEIP

de Campolameiro que forma parte do departamento de orientación do instituto, tal e

como se recolle na lexislación vixente. O CEIP Daría González García; este centro

conta cunha orientadora propia, ten unha adscrición compartida con noso centro e co

IES Frei Martín Sarmiento. A meirande parte do alumnado deste centro está interno na

Cidade Infantil Príncipe Felipe e caracterízase por presentar NEAE derivadas dunha

gran problemática social, emocional, de conduta e por presentar un baixo nivel de

competencia curricular.

Temos que salientar que, ademais destes colexios, o alumnado procede dunha gran

variedade de centros educativos da provincia e doutros países. Este alumnado é

escolarizado directamente pola Comisión de Escolarización, conxuntamente co

alumnado adscrito que non solicita a admisión e a matrícula en prazo. Este feito

dificulta enormemente o labor organizativo e educativo xa que pode chegar alumnado

ao longo do curso escolar. Ademais, xeralmente presentan importantes necesidades que

se suman ás existentes no centro.

O IES ten como sinal de identidade a atención á diversidade do alumnado, para lograr

que acade o maior nivel de desenvolvemento das súas capacidades e logre as

competencias necesarias para obter o título correspondente.

Partindo dunha análise exhaustiva determinamos as seguintes necesidades tendo en

conta os niveis de intervención: contexto, centro e alumnado.

9

Page 10: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

Necesidades do contexto:

- Estimular a participación e implicación de familias e alumnado.

- Fomentar un clima de convivencia e inclusión no centro, desenvolvendo

actitudes de respecto, tolerancia, solidariedade e non discriminación

- Favorecer a comunicación e coordinación entre a comunidade educativa, a

administración educativa e servizos externos.

Necesidades do centro:

- Conseguir que o centro sexa un lugar de intercambio de experiencias e

innovacións educativas.

- Impulsar o uso das TICs e da biblioteca escolar.

- Adquirir competencias dixitais que permitan un uso funcional da aula virtual e

de E-Dixgal.

- Crear un clima de convivencia que propicie o traballo en equipo e conseguir o

respecto mutuo da comunidade educativa.

- Establecer canles de comunicación e coordinación

- Participación do profesorado na toma de decisións e colaboración coa dirección

do centro. Valoración do traballo e do diálogo.

- Evitar calquera tipo de discriminación e fomentar a igualdade.

Necesidades do alumnado:

- Fomentar a convivencia baseada na tolerancia e respecto mutuo.

- Educar na solidariedade, a colaboración e a comprensión ante a diferenza e

inculcar a necesidade de compartir actitudes e valores coa súa comunidade.

- Concienciar ao alumnado no respecto e conservación do medio que o rodea.

- Valorar o coidado e hixiene persoal, interiorizando a normativa do protocolo

Covid-19.

- Incrementar habilidades comunicativas e habilidades sociais.

- Primar o esforzo, a actitude e os valores por enriba do rendementos académico.

- Deseñar os programas de intervención tendo en conta as necesidades do

alumnado favorecendo desenvolvemento das competencias.

- A nivel educativo, establecer os canles de comunicación e coordinación co

profesorado de cada materia para impartir e reforzar os contidos non traballados

na etapa de confinamento.

10

Page 11: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

4. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DAS AULAS DE PT

As mestres especialistas en pedagoxía terapéutica pertencen ao departamento de

orientación, segundo D120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación

educativa e profesional. As súas funcións aparecen recollidas no Decreto 324/1996 do

26 de xullo polo que se establece o regulamento orgánico dos institutos de Galicia , na

Orde do 27 de decembro de 2002, pola que se establecen as condicións e criterios para

a escolarización en centros de alumnos con NEE, no Decreto 229/2011, do 7 de

decembro, que regula a atención á diversidade en Galicia e na Orde 24 de xullo de

1998, pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e

profesional. Entre as nosas funcións, destacamos:

Co alumnado: intervir co ACNEAE de forma individual ou en grupo e dentro ou

fora da aula pero preferiblemente no grupo clase.

Co profesorado titor, de área ou materia: colaborar en elaboración conxunta de

ACS, no deseño de materiais específicos, nas adaptacións metodolóxicas e

organizativas, e na avaliación e promoción.

Cos demais profesores/as e claustro: propoñer medidas que unifiquen criterios

de de actuación para ACNEAE.

Cos servizos de orientación: facilitar coordinacións entre profesorado e servizos

de apoio.

Coa familia: colaborar co profesorado titor para informar e orientar sobre

cuestións relevantes do desenvolvemento do alumnado..

Inicialmente comezamos o curso escolar 2020/21 cunha previsión de 18 alumnos/as que

presentan Necesidades Específicas de Apoio Educativo, escolarizados en 1º e 2º da

ESO, que recibirán apoio do profesorado de PT, e con situacións socioeconómicas e

familiares complexas que precisan dunha resposta axustada e individualizada as súas

necesidades e características para poder seguir o proceso de ensinanza aprendizaxe.

Entre eles destacamos os seguintes:

- Un alumno escolarizado en 1º ESO procedentes do CEIP Daría González García

cun nivel de competencia curricular de 3º Primaria, ademais de presentar

desvantaxe socio educativa.

- Un alumno escolarizado en 1º da ESO que presenta discapacidade auditiva e que

está pendente de valorar a intervención da Intérprete de Lingua de signos. O

11

Page 12: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

alumno a nivel de recursos conta con audífono e pendente de valorar a Emisora

FM.

- Unha alumna escolarizada en 2º ESO que presenta discapacidade auditiva que

conta cos recursos de Equipo FM e Intérprete de Lingua de Signos para poder

seguir o ritmo da aula.

- Un alumno, tutelado pola xunta, interno na cidade Príncipe Felipe cun grao de

discapacidade elevado. Ten un nivel de competencia curricular de 3º de

E.Primaria.

- Varios alumnos de 1º e de 2º da ESO que presentan TDAH.

- Alumnado de 2º da ESO que contarán con ACS en diversas materias e alumnado

de 1º dos que se valorará a continuidade das ACS de E.Primaria.

- Varios alumnos que presentan desfase curricular e absentismo escolar.

Tendo en conta isto, apróbase a concesión dunha segunda profesora especialista de PT

que se incorpora ao centro a principios de curso coa intención de axudar a atender de

xeito mais eficaz e eficiente ao devandito alumnado, aínda así é complicado cubrir a

resposta da totalidade de alumnado.

Na actualidade contamos cunha previsión de 26 alumnos/as que presentan Necesidades

Específicas de Apoio Educativo, escolarizados en 1º e 2º da ESO, que reciben apoio do

profesorado de PT. A continuación, presentamos un cadro coas necesidades do

alumnado e a previsión de apoios:

Alumnado CURSO Nº horas

PT

Dentro

Nº horas

PT

Fóra

Nº horas

RE

Apoio

ACS

(S/N)

Plan de

intervención

específico

Alumno/a 1 1ºA 6 2 8 -- SI

Alumno/a 2 1ºA 6 3 9 SI --

Alumno/a 3 1ºB 6 6 6 SI --

Alumno/a 4 1ºB -- 5 5 -- SI

Alumno/a 5 1ºB -- 4 4 -- SI

Alumno/a 6 1ºC -- 2 2 -- --

Alumno/a 7 1ºC -- 1 1 -- SI

Alumno/a 8 1ºC -- 1 1 -- --

Alumno/a 9 1ºD -- 6 6 SI --

Alumno/a 10 1ºD -- 2 -- -- --

Alumno/a 11 1ºE -- 6 6 -- --

12

Page 13: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

Alumno/a 12 1ºE -- 1 1 -- SI

Alumno/a 13 2ºB 2 -- 2 -- --

Alumno/a 14 2ºB 5 2 7 -- SI

Alumno/a 15 2ºB 2 -- 2 -- --

Alumno/a 16 2ºC -- 5 5 SI --

Alumno/a 17 2ºC -- 8 8 SI --

Alumno/a 18 2ºD -- 6 6 -- --

Para organizar a resposta educativa das aulas de PT, compre destacar que nelas

atendese ao alumnado con necesidades especificas de apoio educativo, tal e como se

recolle na LOE e na LOMCE. Aclarar que o alumnado con necesidade específica de

apoio educativo é aquel que require, de forma temporal ou permanente, apoios ou

provisións educativas diferentes ás ordinarias por presentar necesidades educativas

especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, por altas capacidades intelectuais,

por incorporarse tardiamente ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de

historia escolar.

As intervencións das especialistas en pedagoxía terapéutica perseguen o obxectivo de

ofrecer unha atención individualizada e axustada ao alumnado que presenta necesidade

específica de apoio educativo tendo en conta ao conxunto de alumnado anteriormente

descrito, alumnado con dificultades nas áreas instrumentais de 1º e 2º da ESO e

alumnado que vén recibindo apoios na etapa de educación primaria que continuará con

esta atención seguindo as indicacións do profesorado do centro adscrito.

A proposta de organización de apoios foi realizada pola Xefatura do Departamento de

Orientación coa participación do profesorado titor, demais profesorado do grupo e

profesoras especialistas en PT, de acordo cos criterios establecidos na Plan Xeral de

Atención á Diversidade. Citando entre outros:

1. Alumnado obxecto dunha adaptación curricular significativa.

2. Alumnado con NEE.

3. Atenderase primeiro ao alumnado que permaneceu un ano máis en calquera curso.

4. Continúase co alumnado que recibiu apoio o curso anterior.

Na aula haberá grupos de 5 alumnos/as como máximo e sempre que sexa posible, o

apoio levarase a cabo dentro da aula para favorecer a inclusión e o sentimento de

pertenza ao grupo clase, respectando o establecido na Orde 27 de decembro de 2002,

13

Page 14: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

onde se contempla que a atención individualizada fóra da aula ordinaria non poderá

superar a terceira parte da xornada escolar.

Co obxectivo de aproveitar os recursos procurouse, na medida do posible, ter conta os

seguintes criterios na elaboración dos horarios:

- O nº de sesións de apoio será proporcional ao desfase curricular existente en

cada área e das necesidades educativas específicas, é dicir, canto maior sexa o

desfase e os programas individualizados que haxa que aplicar, máis nº de sesións

serán atendidos nas aulas de PT.

- Terase en conta o nº total de sesións asignadas a cada área, para que exista unha

proporción entre as sesións da aula de referencia e as sesións nas aulas de PT.

- Priorizarase a saída as aulas de PT nas sesións correspondentes ás áreas

instrumentais, lingua castelá e galega, matemáticas, e nas sesións

correspondentes a exención da segunda lingua estranxeira

A previsión de horario é a seguinte:

PT1

Apelidos e Nome LÓPEZ LAGO, MARIA PILAR

Sesión

Hora LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

1ª 9:00-9:50

Alumno 17(2ºC)Alumno 5(1ºC)*

(Aula pt-LC)

Alumno 18 (2ºD)(Aula pt- LC)

Alumno 5 (1ºB)(Aula pt - LG)

Alumno16(2ºC)Alumno17(2ºC)(Aula pt- LG)

2ª 9:50-10:40

Alumno 6 (1ªC)Alumno 7 (1ªC)Alumno 8 (1ªC)(Aula pt - LC)

Alumno 13(2ºB)Alumno 14(2ºB)Alumno 15(2ºB)

(Apoio Aula - LG)

Alumno 15(2ºB)(Apoio Aula -F/Q)

Alumno 16(2ºC)Alumno 17 (2ºC)Alumno 18 (2ºD)(Aula pt- MAT)

3ª 10:40-11:30

Alumno 18(2ºD)(Aula pt-LG)

Alumno 17(2ºC)(Aula pt- Xe/Hi)

Atención a nais/pais Alumno 13 (2ºB)Alumno 14 (2ºB)Alumno 15 (2ºB)(Apoio Aula - LC)

Alumno 14(2ºB)(Apoio Aula – MAT)

4ª 12:00-

12:50

Alumno 16(2ºC)Alumno 17(2ºC)Alumno18(2ªD)(Aula pt- MAT)

Alumno 16(2ºC)Alumno 17(2ºC)Alumno6(1ºC)(Aula pt- LG)

Alumno 16 (2ºC)Alumno 17 (2ºC)Alumno 18 (2ºD)

(Aula pt- LC)

Alumno 14 (2ºB-Ex.Francés)(Aula pt- LC)

Alumno14 (2ºB-Ex.Francés)(Aula pt- LG)

5ª 12:50-

13:40

Coordinación ptElaboración

Materiais

Alumno 17 (2ºC)(Aula pt- F/Q)

Alumno18(2ºD)Alumno5(1ºC)*

LG

6ª 13:40-

14:30

Alumno 14(2ºB)(Apoio Aula – Xe/Hi)

Alumno 5 (1ºB)(Aula pt - LC)

14

Page 15: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

PT2

Apelidos e Nome ORTIGUEIRA MAGARIÑOS, PATRICIA

Sesión

Hora LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

1ª 9:00-9:50

Alumno 3 (1ºB)Alumno 4 (1ºB)(Aula pt- LG)

Alumno 1 (1ºA-Ex.Francés)(Aula pt- LC)

Alum.2(1ºA-LC)Alum.9(1ºD-LG)Alum11(1ºE-LG)Alum12(1ºE.LG)

(Aula pt- LG)

2ª 9:50-10:40

Alumno 3 (1ºB)(Aula pt – X/H)

Alumno 3 (1ºB)Alumno 4 (1ºB)Alumno 11 (1ºE)

(Aula pt- LC)

Alumno 3 (1ºB)(Aula pt – B/X)

Alumno 9 (1ºD)Alumno 11 (1ºE)(Aula pt – MAT)

3ª 10:40-11:30

Alumno 2 (1ªA)Alumno 3 (1ºB)Alumno 4 (1ºB)(Aula pt- MAT)

Alumno 11 (1ºE)(Aula pt- LG)

Alumno 1 (1ºA)Alumno 2 (1ºA)

(Apoio Aula - LG)

Alumno 1 (1ºA)Alumno 2 (1ºA)

(Apoio Aula – X/H)

4ª 12:00-12:50

Alum. 2(1ºA-LG)Alum.9(1ºD-LC)

Alum. 11(1ºE-LG)(Aula pt- LG)

Alumno 1 (1ºA)Alumno 2 (1ºA)

(Apoio Aula - MAT)

Atención nais/pais Alumno 1 (1ºA-Ex.Francés)(Aula pt- LG)

Alumno 2 (1ªA)Alumno 3 (1ºB)(Aula pt- MAT)

5ª 12:50-13:40

Alumno 9 (1ºD)Alumno 11 (1ºE)

(Aula pt – MAT)

Coordinación ptElaboración

Materiais

Alumno 1 (1ºA)Alumno 2 (1ºA)

(Apoio Aula - LC)

Alumno 1 (1ºA)Alumno 2 (1ºA)

(Apoio Aula – B/X)

6ª 13:40-14:30

Alumno 9 (1ºD)Alumno 10 (1ºD)

(Aula pt- LC)

Alumno 3 (1ºB)Alumno 4 (1ºB)(Aula pt- LC)

Alumno 3 (1ºB)Alumno 4 (1ºB)Alumno 9 (1ºD)Alumno10(1ºD)(Aula pt- LG)

Nomenclatura: Re L (exención de francés: programa de reforzo de linguas), LC (lingua castelá), LG

(lingua galega), Mat (matemáticas), BiXe (bioloxía e xeoloxía), XeHi (xeografía e historia) e IL

(inmersión lingüística)

A organización das aula de PT terán carácter flexible, e poderá ser modificada en base a

necesidades que xurdan ó longo do curso académico.

En resumo, o horario das especialistas de PT para o presente curso estruturase así:

- Docencia: 21 sesións.

- Atención a familias: 1 sesión.

- Coordinación-elaboración de materiais, pt1 e pt2: 1 sesión.

- Reunión DO, a partir da modificación da xornada laboral da Orde 23 de xuño

de 2011, non forma parte das horas presenciais, senón das 7 horas que van das

23 ata as 30, lévase a cabo o martes de 18:10 a 19:00h.

- Gardas: ningunha, priorízase a atención ao ACNEAE.

15

Page 16: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

5. TEMPORALIZACIÓN

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS PREVISTAS CURSO 2020-2021

SETEMBRO

- Avaliación inicial 1ºe 2º ESO (detección de necesidades, medidas a adoptar...)

- Asistencia a reunións do equipo docente coordinándonos especificamente con

respectos aos contidos non abarcados no pasado curso escolar por mor do

confinamento.

- Revisión da memoria final da aula de apoio e dos informes do alumnado

- Elaboración da programación da APT

- Toma de contacto co alumnado

- Toma de decisións e planificación do traballo

- Aplicación de probas para identificar o nivel de competencia curricular nas

linguas e matemáticas e probas de velocidade e fluidez lectora

OUTUBRO

- Elaboración de programas de intervención individualizados

- Adopción das actuacións xurdidas das reunións de coordinación co

departamento, profesorado implicado e titores

- Revisión das ACS elaboradas e participar na elaboración e desenvolvemento

das novas ACS

NOVEMBRO

- Avaliación continua

DECEMBRO

- Toma de decisión na 1º avaliación ordinaria e propostas de mellora.

- Preparación dos informes de alumnado con NEAE de 1ª avaliación.

XANEIRO

- Análise dos resultados obtidos na 1º avaliación e adopción de novas medidas

- Reflexións sobre os resultados da avaliación: medidas adoptadas a nivel de

obxectivos, contidos ou metodolóxicos.

- Avaliación continua

FEBREIRO

- Avaliación continua.

MARZO

- Toma de decisión na 2º avaliación e propostas de mellora.

16

Page 17: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

- Elaboración dos informes de alumnado con NEAE de 2ª avaliación.

ABRIL

- Análise dos resultados obtidos na 2º avaliación e adopción de novas medidas

- Desenvolvemento da resposta educativa adaptada.

- Avaliación continua.

- Reflexións sobre os resultados da avaliación: medidas adoptadas a nivel de

obxectivos, contidos ou metodolóxicos.

- Seguimento dos alumnos suxeitos de medidas de reforzo e adaptacións

significativas do currículo.

MAIO

- Avaliación continua.

XUÑO

- Toma de decisión na avaliación final ordinaria e propostas de mellora.

- Reflexións sobre os resultados da avaliación: medidas adoptadas a nivel de

obxectivos, contidos ou metodolóxicos.

- Elaboración dos informes finais de alumnado con NEAE

- Elaboración da memoria final.

TODO O CURSO

- Desenvolvemento da resposta educativa adaptada, seguimento e modificacións.

- Elaboración, selección e organización de materiais

- Atender ás demandas do alumnado e velar polo seu benestar socio emocional

- Favorecer a inclusión do alumnado no grupo clase e na vida do centro

- Seguimento e recollida sistemática de información do alumnado a través da

observación directa

- Asesorar e apoiar ao profesorado na atención á diversidade

- Establecer canles de comunicación fluídos, coordinación e colaboración cos

titores e profesorado de área implicado na atención do alumnado con NEAE

- Informar e asesorar o profesorado sobre a aplicación dos protocolos activados

no centro para a atención do alumnado con NEAE.

- Participación nas sesións da avaliación, reunións DO, CCP, etc.

- Solicitar consentimento e informar as familias sobre as medidas de atención a

diversidade a aplicar co seu fillo/a. (RE fora da aula)

- Incentivar ao alumnado no uso e aproveitamento das competencias dixitais

17

Page 18: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

6. OBXECTIVOS, CONTIDOS E COMPETENCIAS

Os obxectivos parten dunha avaliación previa das necesidades identificadas tendo en

conta os tres niveis de intervención xa mencionados. Tanto os obxectivos como os

contidos son de carácter flexibles e poderán ser susceptibles de modificacións e

supresións, incluso poderanse engadir algún novo en función das competencias

acadadas por parte do alumnado.

Obxectivos do contexto:

- Implicar as familias no proceso de ensinanza aprendizaxe e nas actividades de

reforzo e apoio educativo dos seus fillos/as.

- Informar e asesorar as familias sobre distintas cuestións de interese: o proceso de

ensinanza aprendizaxe a seguir, os servizos dos que dispón o centro, recursos

externos, etc., proporcionándolles o apoio necesario.

- Contemplar a atención á diversidade nos distintos documentos do centro.

Obxectivos do centro:

- Participar na avaliación inicial co obxectivo de coñecer o seu nivel de

competencia curricular, estilo de aprendizaxe, motivación, intereses, etc. e

valorar as NEAE existentes no centro.

- Participar na toma de decisións das reunións de claustro, CCP e aquelas de

coordinación que sexan precisas.

- Axustar a resposta educativa ás necesidades do alumnado mediante reforzos,

adaptacións do currículo, desdobres, agrupamentos e outras medidas.

- Coordinar os criterios e procedementos para a toma de decisións sobre diferentes

medidas de atención á diversidade, especialmente as adaptacións curriculares

significativas.

- Poñer en marcha, implantar e avaliar os diferentes programas de apoio ó proceso

de ensinanza aprendizaxe, destacando a súa función preventiva.

- Favorecer a coordinación e colaboración dos equipos docentes coa fin de

homoxeneizar actuacións.

- Asesorar e apoiar ao profesorado na atención á diversidade: proporcionando

información sobre as posibles medidas e pautas de intervención máis adecuadas

co alumando.

18

Page 19: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

- Participar no proceso de revisión, elaboración e desenvolvemento das

adaptacións curriculares significativas.

- Colaborar na adaptación do material de uso común, buscar e deseñar material de

elaboración propia para as áreas nas que sexa preciso.

- Colaborar na elaboración do informe individualizado.

Obxectivos do alumnado:

- Favorecer as competencias dixitais en concreto o uso da aula virtual e do E-

dixgal.

- Deseñar os programas de intervención en función das necesidades do alumnado

(comprensión e expresión tanto oral como escrita, cálculo, razoamento lóxico

matemático, habilidades sociais, etc.). Recoller propostas de mellora.

- Realizar un seguimento do alumnado mediante instrumentos de avaliación non

estandarizados: rexistros, rúbricas, etc. e ofrecerlle en cada momento a resposta

educativa máis axustada ás necesidades detectadas.

- Establecer a modalidade de apoio máis adecuada para cada alumno/na (dentro

ou fóra aula, apoio previo, simultáneo ou posterior ao proceso de ensino

aprendizaxe).

- Velar polo benestar socio emocional do alumnado.

- Evitar, na medida do posible, o abandono e fracaso escolar do alumnado.

Tendo en conta os obxectivos expostos, establécense os contidos recollidos nos

programas de intervención individualizados do alumnado. Os contidos teñen como

referencia a consecución das competencias a través das diferentes áreas recollidas no

Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da ESO e do BAC na

Comunidade Autónoma de Galicia.

Citamos, entre outros:

- Reforzo e apoio no desenvolvementos das ACS

- Estimulación cognitiva.

- Procesos psicolóxicos básicos: atención, percepción, memoria e motivación

- Procesos psicolóxicos superiores: razoamento, linguaxe, abstracción y

xeneralización de aprendizaxes.

- Aprendizaxes instrumentais básicos.

19

Page 20: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

- Nocións de cálculo e resolución de problemas lóxico matemáticos.

- Lectura e escritura: expresión e comprensión tanto oral como escrita.

- Estimulación da habilidades lingüísticas e habilidades sociais.

Os criterios para a organización e secuenciación dos contidos son:

- A súa adecuación ao nivel de desenvolvemento do alumnado.

- A súa adecuación aos coñecementos previos do alumnado

- O equilibrio necesario entre os contidos e as capacidades do alumnado

- A interrelación significativa dos obxectivos, contidos e competencias.

- A continuidade e progresión dos aprendizaxes

A LOMCE define as competencias como o conxunto de destrezas que se deben adquirir

ao finalizar a ensinanza obrigatoria para conseguir un desenvolvemento pleno. O

concepto de competencia inclúe tanto os saberes como as habilidades e as actitudes e

vai máis alá do saber facer, incluíndo o saber ser ou estar.

Atendendo ao currículo da ESO e a Orde ECD65/2015, do 21 de xaneiro, pola que se

describen ás relacións entre competencias, contidos e criterios de avaliación de EP, ESO

e BAC, desde a aula de Pedagoxía Terapéutica preténdese que o alumnado acade os

obxectivos básicos de etapa e adquiran as competencias clave contribuíndo o seu

desenvolvemento:

1) Competencia en comunicación lingüística (CCL).

2) Competencia matemática e competencia básica en ciencia e tecnoloxía

(CMCCT).

3) Competencia dixital (CD).

4) Competencia social e cívica (CSC).

5) Competencia de aprender a aprender (CAA).

6) Competencia de sentido da iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)

7) Competencia de conciencia e expresións culturais (CCEC)

7. ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS

Os principios pedagóxicos que se terán en conta son, entre outros, organizar os contidos

seguindo un enfoque interdisciplinar e propiciar os intercambios comunicativos,

20

Page 21: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

destacando a importancia de crear un clima cálido e de afecto como fío condutor do

proceso de ensino aprendizaxe.

Empregaranse metodoloxías activas, inclusivas e innovadoras, onde a acción educativa

buscará a integración das distintas experiencias e aprendizaxes e o goce pola lectura

será un factor fundamental no desenvolvemento das competencias clave.

Asemade o proceso de ensino aprendizaxe fundamentarase nos seguintes principios

psicopedagóxicos:

O alumnado será protagonista do seu aprendizaxe respectando sempre o seu

ritmo. Se partirá do nivel de desenvolvemento do alumnado, tendo en conta os

coñecementos previos para a construción de aprendizaxes significativas,

seguindo a aportación de Ausubel, de cara a facilitar o establecemento de

relación significativas entre os coñecementos previos e os novos contidos.

Construción de aprendizaxes funcionais, aplicando coñecementos e habilidades

da vida diaria mediante aprendizaxes significativos o que supón tamén o

desenvolvemento de estratexias de planificación e regulación da propia

aprendizaxe: aprender a aprender.

Aprendizaxe cooperativos, de maneira que se impulse a relación entre iguais e se

pon de manifesto o papel mediador da profesora/or, de acordo cosa aportacións

de Bruner e Vigotsky.

Importancia da ensinanza gradual a través de encadeamento cara atrás e

aprendizaxe sen erros.

Presentaranse actividades en crecente complexidade, variadas e curtas para garantir a

atención, motivación e interese do alumnado e evitar a fatiga.

Debido as dificultades para autoevaluarse e autorregularse, ofrecerase feedback sobre a

súa execución mediante o reforzo positivo tendo en conta especialmente o significativo

número de alumnado desmotivado e absentista.

21

Page 22: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

8. RECURSOS

Os recursos materiais deben de ser variados segundo as actividades pois da mesma

maneira que a capacidade para adquirir os contidos é diferente, tamén o é a forma na cal

asimilan. Por dita razón, non se recorrerá exclusivamente á presentación da información

escrita, senón que se utilizarán apoios visuais, ferramentas TIC e recursos

manipulativos. Naquelas áreas con ACS adaptaranse os temas dos libros de texto e

apuntamentos do proporcionados polo profesorado, e se elaborarán cadernos especifico

para cada materia. Neste senso, empregarase co alumnado material adaptado tendo en

contas as áreas instrumentais básicas para estimular as nocións de cálculo e resolución

de problemas, comprensión e expresión oral e escrita, ortografía, etc. pudendo adquirir

novos recursos en función das necesidades do alumnado. Compre engadir que no

presente curso 2020-2021, implantaranse libros dixitais para o alumnado de 2º da ESO a

través de E-DIXGAL, xa que en 1º se implantaron no curso pasado .

Os recursos organizativos fan referencia aos tipos de agrupamentos do alumnado e á

organización espazo temporal. Poderá ofrecerse dentro da aula ordinaria ou fora desta

con carácter excepcional. Os agrupamentos dependerán do tipo de actividade e das

normas establecidas no protocolo Covid, así como do obxectivo que se persiga, será

oportuno formar grupos semellante nivel de competencia curricular e poderán realizarse

dentro de aula ordinaria ou na aula de PT. En relación aos espazos dicir que se

favorecerá a utilización polivalente dos diferentes espazos do centro. A distribución das

aulas de PT será flexible para facilitar a interacción e apoio das dificultades que

presentan. Asemade, organízanse distintas zonas de traballo individual e en grupo, en

función das necesidades específicas, dos contidos a traballar e dos programas a aplicar.

Dada a situación, no presente curso académico, non se poderá levar a cabo este tipo de

organización.

Entre os recursos humanos, diferenciar os recursos internos propios do centro como o

profesorado implicado no proceso de ensinanza aprendizaxe, o departamento de

orientación e o equipo directivo. E os recursos externos ao centro como o Equipo de

Orientación Específico, Fundación Secretariado Xitano, Meniños, CIPF, etc.

22

Page 23: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

9. AVALIACIÓN

A avaliación entendese como un proceso que se desenvolve ao longo do espazo e do

tempo e ten tres momentos importantes: inicial, continua e final.

O comezo do curso, farase unha avaliación inicial para valorar o nivel de competencia

curricular do alumnado, servirá como punto de partida para fundamentar a

programación individual do alumnado.

A avaliación continua levarase a cabo tendo en conta os obxectivos propostos e cobra

gran relevancia de cara a adecuar a intervención pois fai posible a modificación da

resposta educativa a partir do coñecemento das dificultades e logros do alumnado.

Estará baseada na observación directa, nas probas específicas e nas actividades

realizadas na aula por cada alumno/a. Trimestralmente, nas sesións de avaliación

informarase dos avances e posibles retrocesos do alumnado e, se é preciso, faranse os

axustes necesarios para palialos.

Ao remate do curso farase unha avaliación final para constatar en qué grao se acadaron

os obxectivos propostos, establecer o nivel de desenvolvemento acadado polo alumnado

e orientar futuros procesos de ensino aprendizaxe. Os resultados acadados por cada

alumno/a serán recollidos nun informe trimestral e nun informe final, de carácter

confidencial. As propostas de mellora e a avaliación do grao de cumprimento dos

obxectivos propostos ao longo do curso, quedarán reflexos na Memoria Final do Curso.

A avaliación e promoción do alumnado recóllese na Orde 21 de decembro de 2007

pola que se regula a avaliación na ESO na CAG, tomando como referencia os criterios

de avaliación e os estándares de aprendizaxes recollidos no Decreto 86/2015 polo que

se establece o currículo da ESO e do BAC na CAG. No caso da avaliación e promoción

do ACNEAE complementase a su vez pola Orde do 27 de decembro de 2002, Decreto

229/2011 para NEE e Orde do 28 outubro de 1996 e RD943/2003 para ACI.

Polo tanto, a cualificación ao finalizar cada avaliación terá como referente os criterios

de avaliación así como os estándares de aprendizaxe das correspondentes ACS e será

tomada conxuntamente entre o profesorado de PT e o profesorado de área ou materia.

23

Page 24: PROGRAMACIÓN AULA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 2021. 3. 28. · Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos

O instrumento de avaliación fundamental para levar a cabo a avaliación do alumnado é

a observación directa, a recollida sistemática de información e as activades realizadas

nas aulas de PT, que serán tidas en conta na avaliación continua.

Na avaliación da práctica docente analizarase a adecuación da programación de aula, a

adecuación dos programas específicos ás NEE, á metodoloxía e recursos empregados, o

grao de coordinación co profesorado implicado e a concreción das medidas de atención

á diversidade adoptadas.

Os instrumentos de avaliación para levar a cabo a avaliación da nosa propia práctica

docente e a elaboración de rexistros de observación directa e rubricas.

En Pontevedra,14 de outubro de 2020.

Asdo.: As especialistas de Pedagoxía Terapéutica.

Mª Pilar López Lago Patricia Ortigueira Magariños

24