PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE - riveira.es€¦ · Práctica de escalas e intervalos...
Transcript of PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE - riveira.es€¦ · Práctica de escalas e intervalos...
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
PROGRAMACIÓN
DIDÁCTICA
DE
CLARINETE
PROFESOR: RODRIGO MARTÍNEZ DÍAZ
CURSO 2016 / 2017
2
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
ÍNDICE
1. Introdución ................................................................................................................ 3
2. Grao elemental ......................................................................................................... 3
2.1. Obxectivos xerais do grao elemental........................................................ 3
2.2. Contidos xerais do grao elemental............................................................ 4
2.3. Obxectivos, contidos, recursos didácticos, temporalización, criterios de avaliación e mínimos esixidos específicos en cada curso do grao elemental
1º Curso………………………………………………………………... 4
2º Curso………………………………………………………………... 8
3º Curso..……………………………………………………………... 11
4º Curso……………………………………………………….……… 14
3. Grao profesional ..................................................................................................... 18
3.1. Obxectivos xerais do grao profesional.................................................... 18
3.2. Contidos xerais do grao profesional........................................................ 19
3.3. Obxectivos, contidos, recursos didácticos, temporalización, criterios de avaliación e mínimos esixidos específicos en cada curso do grao profesional
1º Curso………………………………………………………………. 19
2º Curso………………………………………………………………. 23
3º Curso………………………………………………………….…… 27
4º Curso…………………………………………………………….… 30
5º Curso…………………………………………………………….… 34
6º Curso…………………………………………………………….… 38
4. Procedementos e instrumentos de avaliación …………………………..…………... 42
5. Criterios de cualificación………………………………………………………...……… 42
6. Atención á diversidade ……………………………………………………………….... 43
7. Enfoque metodolóxico ………………………………………………………………….. 43
8. Probas de acceso ………………………………………………………………………. 46
9. Actividades culturais e de promoción do ensino ………………..…………………… 49
10. Observación sobre a revisión da programación e avaliación interna do departamento ……………………………………………………………………………. 49
3
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
1. INTRODUCIÓN
A lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 45 que as ensinanzas
artísticas teñen coma finalidade proporcionar ao alumnado unha formación artística de calidade e
garantir a cualificación dos futuros profesionais da música.
Toda actividade docente que pretenda acadar o éxito precisa dunha planificación na que se concreten
os obxectivos que a nosa actividade se propón, coa finalidade de orientar, dirixir e planificar
coherentemente os procesos de intervención educativa.
Podemos entender que unha programación didáctica é un plan de actuación, unha forma de organizar a
actividade docente, dándolle unha estrutura coherente coas características do ensino e coas
circunstancias nas que se produce, sempre tendo como referente o currículo establecido oficialmente.
Esta programación terá un carácter aberto e flexible, de tal xeito que trate de adaptarse ás necesidades
educativas diferenciadas do alumnado, do contexto e do centro.
2. GRAO ELEMENTAL
O artigo 48 establece que as ensinanzas elementais de música terán as características e a organización
que as administracións educativas determinen. Ditas características veñen nombradas no posterior
decreto do DOGA do 27 de Setembro de 2007.
2.1 Obxectivos Xerais do Grao Elemental:
O ensino do Clarinete no Grao Elemental terá como obxectivo contribuír a desenvolver no alumnado
as capacidades seguintes:
Adoptar unha posición corporal que permita respirar con naturalidade e que favoreza a correcta
colocación do instrumento e a coordinación entre ambas mans.
Controlar o aire mediante a respiración diafragmática e os músculos que forman a embocadura
de xeito que posibilite unha correcta emisión, afinación, articulación e flexibilidade do son.
Saber empregar con precisión os reflexos necesarios para corrixir de forma automática a
afinación das notas e a calidade do son.
Coñecer as características e posibilidades sonoras do instrumento e sabelas empregar, dentro
das esixencias do nivel tanto na interpretación individual como de conxunto.
Demostrar unha sensibilidade auditiva que permita o control permanente da afinación e
perfeccionamento continuo da calidade sonora.
Emitir un son estable, en toda a extensión do instrumento, comezando a empregar os matices
para dar cor e expresión á interpretación musical.
Interpretar un repertorio básico integrado por obras de diferentes épocas e estilos, dunha
dificultade acorde a este nivel.
4
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
2.2 Contidos Xerais do Grao Elemental:
Práctica da relaxación e a respiración para o desenvolvemento da capacidade pulmonar.
Fortalecemento dos músculos faciais. Exercicios de respiración sen instrumento e con el (notas
longas controlando a afinación, calidade do son e dosificación do aire).
Desenvolvemento da sensibilidade auditiva como premisa indispensable para a obtención
dunha boa calidade de son.
Práctica de escalas e intervalos (terceiras, cuartas) controlando a emisión do ar en diferentes
articulacións.
Emisión do son en relación coas dinámicas e alturas.
Desenvolvemento da flexibilidade nos saltos, nas articulacións, nos trinos, etc.
Práctica de conxunto con outros instrumentos para desenvolver a afinación, o axuste e a
precisión rítmica.
Adestramento permanente e progresivo da memoria.
Adquisición de hábitos de estudo correctos e eficaces.
Lectura á vista de obras ou fragmentos sinxelos.
Iniciación á comprensión das estruturas musicais nos seus niveis –motivos, temas, períodos, frases,
seccións, etc. – para chegar a unha interpretación consciente
Selección progresiva en canto ao grao de dificultade de exercicios, estudos e obras do repertorio
que se consideren útiles para o desenvolvemento conxunto da capacidade musical e técnica do
alumno.
2.3 Obxectivos, contidos, recursos didácticos, criterios de avaliación e mínimos esixidos
específicos en cada curso do grao elemental:
5
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
1º CURSO DO GRAO ELEMENTAL
Obxectivos:
Mostrar os fundamentos dunha posición corporal correcta controlando un ton muscular axeitado do
tronco e das extremidades tanto nunha posición erguida como sentada.
Adquirir os fundamentos dunha boa técnica respiratoria, embocadura e emisión.
Iniciar o alumno no sentido da afinación a través da práctica na clase colectiva.
Reter e madurar os coñecementos adquiridos nas clases individuais e colectivas.
Memorizar pequenos fragmentos musicais.
Coñecer as indicacións de medida, ritmo, dinámica e articulación que se atopan nos textos musicais
propostos neste curso.
Adquirir hábitos de estudo correctos.
Coñecer o clarinete como instrumento musical: partes que o compoñen, nome das chaves,
mantemento e hixiene.
Contidos:
Control, dominio e rectificación da posición corporal do alumno e do instrumento coa axuda dun
espello.
Realización da montaxe, desmontaxe e limpeza do clarinete correctamente sen forzar ningunha das
partes.
Exercicios de respiración con e sen instrumento.
Exercicios de embocadura e emisión.
Exercicios de afinación.
Exercicios de memorización e de interpretación.
6
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Recursos Didácticos:
Estudos
Aprende con el clarinete - Lacruz, Puchol, Bou.
Clarinette HEBDO Débutant – Serge Dangain
Escuchar, leer y tocar 1 - Joop Boerstoel – Jaap Kastelein
Obras
La Clarinette Classique, Vol. A - J. Lancelot et H. Classens.
The Really Easy Clarinet Book - John Davies & Paul Harris.
TEMPORALIZACIÓN:
PRIMEIRA AVALIACIÓN
- Aprende con el clarinete, ata a lección 10
- Clarinette HEBDO, libro do primeiro trimestre
- La clarinette classique, 2 pezas
SEGUNDA AVALIACIÓN
- Escalas de FaM e SolM, unha oitava.
- Aprende con el clarinete, ata a lección 17
- Clarinette HEBDO, libro do segundo trimestre
- La clarinette classique, 4 pezas
TERCEIRA AVALIACIÓN
- Escalas de FaM, SolM e Do M, dúas oitavas
- Aprende con el clarinete, ata a lección 24
- Clarinette HEBDO, libro do terceiro trimestre
- La clarinette classique, 4 pezas
Nota: Esta temporalización estará suxeita aos cambios que o profesor considere oportunos para
atender ás necesidades individuais de cada alumno-a.
7
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Criterios de Avaliación:
Mostrar nos estudos a capacidade de aprendizaxe progresivo individual (dedicación, esforzo,
interese...).
Demostrar que se asimila unha correcta posición corporal.
Interpretar os estudios para o curso utilizando os elementos básicos da interpretación: tempo,
articulación, dinámica e estilo, acordes coa dificultade do curso.
Memorizar textos musicais empregando a medida, articulación e fraseos axeitados ao nivel.
Ler textos a primeira vista con fluidez e comprensión.
Demostrar a adquisición de hábitos correctos de estudo.
Criterios mínimos esixidos para acadar unha cualificación positiva:
Manter unha postura corporal e respiración correctas.
Amosar interese e constancia na preparación de obras e estudos.
Ser quen de realizar unha lectura instrumental correcta das pezas e exercicios
programados.
Interpretar as obras aplicando certos criterios de estilo e musicalidade.
Acadar unha cualificación igual ou superior a 5 aplicando as porcentaxes sinaladas nos criterios de
cualificación.
Participar polo menos unha vez durante o curso nas audicións do centro.
8
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
2º CURSO DO GRAO ELEMENTAL
Obxectivos:
Desenvolver os fundamentos dunha posición corporal correcta do instrumento e do instrumentista.
Afianzar o proceso da inspiración, retención e expulsión do ar
Iniciar ao alumno no control necesario dos músculos que conforman a embocadura permitindo unha
boa calidade sonora en todos os rexistros.
Diferenciar e empregar os diferentes tipos de articulacións básicas: legato, stacatto e picado-ligado.
Mellorar progresivamente o sentido da afinación relativa (clase individual e colectiva) e de conxunto
(clase colectiva).
Elaborar coa axuda do profesor un sistema de traballo individual aplicable ao estudo diario.
Comprender e asimilar as estruturas musicais que poidan presentarse neste nivel, para acadar unha
mellor interpretación.
Memorizar fragmentos musicais.
Coñecer as características e posibilidades sonoras do instrumento.
Empregar as indicacións de medida, ritmo, dinámica e articulación dos textos musicais propostos
neste curso.
Adquirir hábitos de estudo correctos.
Traballar a música de conxunto en diferentes formacións durante a clase colectiva (dúos, tríos,
cuartetos,...).
9
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Contidos:
O control e dominio progresivo da posición do clarinete e do clarinetista.
Exercicios de respiración con e sen instrumento.
Exercicios de embocadura e emisión.
Exercicios de afinación.
Exercicios para desenvolver a flexibilidade nos saltos e articulacións.
Interpretación e memorización dos textos musicais a nivel individual e de conxunto.
Recursos Didácticos:
Estudos
20 études faciles pour clarinette - J. Lancelot.
Vingt six études élémentaires pour clarinette - Dancla, Wohlfahrt (J. Lancelot).
Escuchar, leer y tocar 2 - Joop Boerstoel – Jaap Kastelein
Obras
La Clarinette Classique, Vol. A e B - J. Lancelot et H. Classens.
Abracadabra Clarinet Duets – Malcolm Pollock
10
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
TEMPORALIZACIÓN:
PRIMEIRA AVALIACIÓN
- Iniciación á escala cromática
- Escalas e arpexios de FaM, SolM e DoM
- 20 études faciles pour clarinette, 4 estudos
- Vingt six études élémentaires pour clarinette, 5 estudos.
- La clarinette classique vol A, 5 pezas
SEGUNDA AVALIACIÓN
- Iniciación á escala cromática (continuación)
- Escala e arpexio de DoM e Lam
- 20 études faciles pour clarinette, 4 estudos
- Vingt six études élémentaires pour clarinette, 4 estudos.
- La clarinette classique vol B, 4 pezas
TERCEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- Escalas e arpexios de FaM e Rem, SolM e Mim
- 20 études faciles pour clarinette, 4 estudos
- Vingt six études élémentaires pour clarinette, 4 estudos.
- La clarinette classique vol B, 4 pezas
Nota: Esta temporalización estará suxeita aos cambios que o profesor considere oportunos para
atender ás necesidades individuais de cada alumno-a.
11
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Criterios de Avaliación:
Mostrar nos estudos a capacidade de aprendizaxe progresivo individual (dedicación, esforzo,
interese... ).
Interpretar os estudos para o curso utilizando os elementos básicos da interpretación: tempo,
articulación, dinámica e estilo, acordes coa dificultade do curso.
Memorizar textos musicais empregando a medida, articulación e fraseos axeitados co nivel.
Ler textos a primeira vista con fluidez e comprensión.
Capacidade de adaptación á música colectiva.
Demostrar a adquisición de hábitos correctos de estudo.
Criterios mínimos esixidos para acadar unha cualificación positiva:
Manter unha postura corporal e respiración correctas.
Amosar interese e constancia na preparación de obras e estudos.
Ser quen de realizar unha lectura instrumental correcta das pezas e exercicios
programados.
Interpretar as obras aplicando certos criterios de estilo e musicalidade.
Acadar unha cualificación igual ou superior a 5 aplicando as porcentaxes sinaladas nos criterios de
cualificación.
Participar polo menos unha vez durante o curso nas audicións do centro.
12
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
3º CURSO DO GRAO ELEMENTAL
Obxectivos:
Desenrolar os fundamentos dunha posición corporal correcta do instrumento e do instrumentista.
Coñecer e valorar a importancia da respiración abdómino-diafragmática como medio para posibilitar
un son estable e centrado.
Coñecer as características e posibilidades sonoras do instrumento.
Mellorar o dominio da embocadura permitindo unha boa calidade sonora en todos os rexistros.
Desenrolar o uso das articulacións básicas para acadar unha maior axilidade e flexibilidade nas
propostas musicais do curso.
Iniciar ao alumno no emprego dos reflexos necesarios para corrixir de forma consciente a afinación
das notas e a calidade do son relacionándoo coa respiración e a embocadura.
Adquirir hábitos de estudo correctos.
Consolidar e perfeccionar os elementos técnicos.
Desenrolar por si mesmo un sistema de traballo individual que rentabilice o tempo empregado no
estudo diario.
Memorizar un estudo ou tempo dunha obra proposta neste curso.
Contidos:
Control e dominio progresivo da posición do clarinete e do clarinetista.
Práctica de exercicios con e sen instrumento para iniciar ao alumno na respiración
abdómino-diafragmática.
Exercicios de embocadura e emisión: notas sostidas (notas longas) en diferentes dinámicas (ff, mf, p,
pp, crescendo, diminuendo, crescendo-diminuendo).
Exercicios para desenrolar a flexibilidade nos saltos e articulacións.
Exercicios de afinación.
Interpretación e memorización dos textos musicais a nivel individual e de conxunto.
13
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Recursos Didácticos:
Estudos
Vingt cinq études faciles et progressives - Grünwald, Kayser, Hermann (J. Lancelot)
Vingt études faciles pour la clarinette - A. Samie (U. Delécluse)
Vingt six études élémentaires pour clarinette – J. Lancelot
Escoitar, ler e tocar (vol.2) – J. Boerstoel e J. Kastelein
Obras
La Clarinette Classique, (vol. B e C) - J. Lancelot et H. Classens.
Abracadabra Clarinet Duets – Malcolm Pollock
Belwin Master Duets (Clarinet Easy) – K. Snell
14
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
TEMPORALIZACIÓN:
PRIMEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática ata Do5
- Escalas e arpexios de ReM e Sim
- Vingt cinq études faciles et progressives, 3 estudos
- Vingt six études élémentaires pour clarinette, 4 estudos.
- La clarinette classique vol B, 5 pezas
SEGUNDA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- Escalas e arpexios SibM e Solm
- Vingt cinq études faciles et progressives, 6 estudos
- La clarinette classique vol C, 3 pezas
TERCEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- Repaso de todas as escalas e arpexios maiores e menores aprendidos ata agora
- Vingt cinq études faciles et progressives, 4 estudos
- La clarinette classique vol C, 5 pezas
Nota: Esta temporalización estará suxeita aos cambios que o profesor considere oportunos para
atender ás necesidades individuais de cada alumno-a.
15
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Criterios de Avaliación:
Mostrar nos estudos a capacidade de aprendizaxe progresivo individual (dedicación, esforzo,
interese…).
Valoración das capacidades auditivas, rítmicas e da actitude diante do estudo.
Interpretar os estudos e obras programadas para o curso utilizando os elementos básicos da
interpretación: tempo, articulación, dinámica e estilo, acordes coa dificultade do curso.
Memorizar textos musicais empregando a medida, articulación e fraseos axeitados ao nivel.
Demostrar a adquisición dunha correcta calidade do son e da afinación.
Ler textos a primeira vista con fluidez e comprensión.
Capacidade de adaptación á música colectiva.
Demostrar a adquisición de hábitos correctos de estudo
Criterios mínimos esixidos para acadar unha cualificación positiva
Manter unha postura corporal e respiración correctas.
Amosar interese e constancia na preparación de obras e estudos.
Ser quen de realizar unha lectura instrumental correcta das pezas e exercicios
programados.
Interpretar as obras aplicando certos criterios de estilo e musicalidade.
Acadar unha cualificación igual ou superior a 5 aplicando as porcentaxes sinaladas nos criterios de
cualificación.
Participar polo menos unha vez durante o curso nas audicións do centro
16
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
4º CURSO DO GRAO ELEMENTAL
Obxectivos:
Adoptar unha posición corporal que permita respirar con naturalidade e que favoreza a correcta
colocación do instrumento así como a coordinación entre ambas mans.
Controlar o aire mediante a respiración diafragmática e músculos que interveñen na embocadura de
maneira que posibiliten unha correcta emisión, afinación, articulación e flexibilidade do son.
Saber empregar con precisión os reflexos necesarios para corrixir a afinación das notas e a calidade
do son.
Adquirir hábitos e técnicas de estudo rentables que posibiliten a consecución dos obxectivos do
curso.
Consolidar e perfeccionar os elementos técnicos.
Memorizar completamente unha das obras propostas no curso.
Coñecer as características e posibilidades sonoras do clarinete e saber empregalas tanto na
interpretación individual como de conxunto.
Interpretar un repertorio básico integrado por obras de diferentes épocas e estilos, dunha dificultade
acorde a este nivel.
Coñecer unha breve descripción historica do clarinete, dende a súa aparición ata os nosos días.
Contidos:
Control e dominio progresivo da posición do clarinete e do clarinetista.
Práctica de exercicios con e sen instrumento para desenrolar a capacidade pulmonar do alumno na
respiración abdómino-diafragmática
Exercicios de embocadura e emisión: notas sostidas en diferentes dinámicas (ff, mf, p, pp, crescendo,
diminuendo, crescendo-diminuendo).
Inicio ao estudo dos trinos.
17
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Iniciación á compresión das estructuras musicais nos distintos niveis, para chegar a través delas a
unha interpretación consciente e non meramente intuitiva.
Exercicios de afinación.
Interpretación e memorización dos textos musicais a nivel individual e de conxunto.
Coñecemento das características acústicas e dos feitos históricos propios do clarinete e dos
instrumentos da súa familia.
Recursos Didácticos:
Estudos
22 études pour clarinette - J. Lancelot.
26 studies for clarinet - Jan Van Beekum.
Escoitar, ler e tocar (vol.2) – J. Boerstoel e J. Kastelein
Obras
Sonata Nº 1 - J. X. Lefevre.
Divertimento Nº 2 - W. A. Mozart.
Romanza - M. Reger.
Belwin Master Duets (Clarinet Easy) – K. Snell
18
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
TEMPORALIZACIÓN:
PRIMEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- Escala e arpexio de LaM
- 26 studies for clarinet – 4 estudos
- La clarinette classique vol C, 4 pezas
- Unha obra das indicadas en recursos didácticos
SEGUNDA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- Escala e arpexio de MibM
- 26 studies for clarinet – 4 estudos
- La clarinette classique vol C, 4 pezas
- Unha obra das indicadas en recursos didácticos
TERCEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- Repaso de todas as escalas e arpexios maiores e menores aprendidos ata agora
- 26 studies for clarinet – 4 estudos
- La clarinette classique vol C, 4 pezas
- Unha obra das indicadas en recursos didácticos.
Nota: Esta temporalización estará suxeita aos cambios que o profesor considere oportunos para
atender ás necesidades individuais de cada alumno-a.
19
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Criterios de Avaliación:
Valoración das aptitudes do alumno e da sua actitude diante da asignatura.
Mostrar nos estudos a capacidade de aprendizaxe progresivo individual (dedicación, esforzo,
interese...).
Valoración das capacidades auditivas, rítmicas e da actitude diante do estudo.
Interpretar os estudos e obras programadas para o curso utilizando os elementos básicos da
interpretación: tempo, articulación, dinámica e estilo, acordes coa dificultade do curso.
Demostrar a adquisición dunha correcta calidade do son e da afinación.
Memorizar textos musicais empregando a medida, articulación e fraseos axeitados ao nivel.
Ler textos a primeira vista con fluidez e comprensión.
Capacidade de adaptación á música colectiva.
Demostrar a adquisición de hábitos correctos de estudo.
Criterios mínimos esixidos para acadar unha cualificación positiva:
Manter unha postura corporal e respiración correctas.
Amosar interese e constancia na preparación de obras e estudos.
Ser quen de realizar unha lectura instrumental correcta das pezas e exercicios
programados.
Interpretar as obras aplicando certos criterios de estilo e musicalidade.
Acadar unha cualificación igual ou superior a 5 aplicando as porcentaxes sinaladas nos criterios de
cualificación.
Participar polo menos unha vez durante o curso nas audicións do centro.
20
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
3. GRAO PROFESIONAL
A lei orgánica 2/2006 do 3 de Maio, de educación, establece no seu artigo 6.2 que o goberno fixará, en
relación cos obxectivos, as competencias básicas, os contidos e os criterios de avaliación, os aspectos
básicos do currículo que constitúen as ensinanzas mínimas.
Presentamos a concreción do dito decreto a nivel de aula do grao profesional. Neste nivel, a principal
finalidade é a de proporcionar ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a
cualificación dos futuros profesionais.
3.1 Obxectivos Xerais do Grao Profesional:
A ensinanza de clarinete no Grao profesional terá como obxectivo contribuír ao desenvolvolvemento
nos alumnos as seguintes capacidades:
Dominar escalas, arpexos e terceiras das tonalidades maiores e menores.
Conseguir un son estable e equilibrado en todos os rexistros do clarinete.
Dominar os aspectos técnicos para conseguir unha interpretación correcta.
Amosar unha autonomía e sensibilidade auditiva para resolver cuestións relacionadas coa
interpretación (dixitación, fraseo, articulación e afinación).
Interpretar correctamente un repertorio extenso e variado con criterio persoal.
Ter uns hábitos de traballo que inclúan o método, a constancia, a valoración do esforzo e a
autocrítica.
Dominar a lectura a primeira vista e a memorización.
Mostrar interese e capacidade de superación.
Participar nas manifestacións musicais relacionadas co seu instrumento.
Interpretar en público, con calidade artística e capacidade comunicativa.
21
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
3.2. Contidos Xerais do Grao Profesional:
Coñecemento para solucionar problemas mecánicos do clarinete.
Coñecemento para adecuar canas.
Coñecemento conceptual do clarinete e do seu mantemento.
Coñecemento dalgúns feitos acústicos.
Coñecemento do repertorio de clarinete na música de cámara.
Práctica de escalas, arpexos, terceiras das tonalidades maiores e menores
Traballo de estudos específicos que permitan solucionar e perfeccionar dificultades mecánicas e
técnicas concretas.
Proxección e calidade do son, estabilidade na afinación e control das dinámicas.
Traballo dun repertorio básico que inclúa obras de épocas e estilos diferentes.
Lectura a primeira vista aplicada a repertorio.
Desenvolvemento da memorización.
Interese polas manifestacións musicais relacionadas coa materia.
Hábito de traballo persoal e autocrítico, e vontade de superación persoal.
3.3 Obxectivos, contidos, recursos didácticos, criterios de avaliación e mínimos esixidos
específicos en cada curso do grao profesional a continuación.
22
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
1º CURSO DO GRAO PROFESIONAL
Obxectivos:
Perfeccionar a técnica respiratoria, embocadura, emisión e afinación.
Mostrar dominio do corpo en función á práctica do clarinete. Recoñecementos sensoriais internos.
Controlar e coñecer cada vez máis o instrumento
Coñecer as principales características que determinan a música nas diferentes épocas.
Demostrar suficiente autonomía técnico-práctica para abordar todas e cada unha das dificultades que
poidan aparecer nas interpretacións que se aborden durante o curso.
Interpretar utilizando a medida, afinación, fraseo e articulación correctos.
Prácticar música de conxunto, en formacións de diversa configuración desenrolando o sentido da
interdependencia.
Memorizar textos musicais.
Adquirir fluidez na lectura a primeira vista.
Adquirir unha técnica de estudo rentable.
Contidos:
Exercicios de respiración, embocadura, emisión e afinación.
Traballo auditivo (oído interno), para recoñecer conceptos tais como: afinación, timbre e intensidade,
coa posibilidade de modificalos. Perfeccionamento da interválica afinada.
Perfeccionamento do control postural do corpo, buscando a mellor funcionalidade sonora.
Exercicios de mecanismo. Escalas, terceiras e arpexos.
Exercicios de articulación.
Exercicios de interpretación.
Práctica interpretativa en grupo, buscando escoitar aos demais sen perder as referencias do son
propias.
Entrenamento da memoria.
23
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Exercicios de lectura a primeira vista.
Coñecemento dalgúns feitos acústicos e históricos do clarinete.
Técnicas de estudo.
RECURSOS DIDÁCTICOS:
Estudos
Método completo para clarinete 1ª Parte - A. Romero.
- Exercicios da pax. 19 á pax. 27 e da pax. 56 á pax. 98
21 Caprichos - Gambaro.
26 Estudios – C. Rose
Escalas – Stiévenard (da pax. 2 á pax. 25).
Obras
Concerto - N. Rimsky-Korsakov.
Arabesque - M. Poot.
Sonatina - W. A. Mozart.
Fantasía - C. Nielsen.
Serenata - F. Schubert.
Suite in five - P. Harris.
Sonata en Do menor - G. F. Händel.
Four short pieces - H. Ferguson.
Adagio - H. J. Baermann.
24
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
TEMPORALIZACIÓN:
PRIMEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- Escalas e arpexios de MibM e Dom
- 21 Caprichos (Gambaro) – 3 estudos
- 26 Estudios (Rose) – 3 estudos
- Unha obra clásica das indicadas en recursos didácticos
SEGUNDA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- Escalas e arpexios de LaM e Fa#m
- 21 Caprichos (Gambaro) – 3 estudos
- 26 Estudios (Rose) – 3 estudos
- Unha obra romántica das indicadas en recursos didácticos
TERCEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- Repaso de todas as escalas e arpexios maiores e menores aprendidos ata agora
- 21 Caprichos (Gambaro) – 3 estudos
- 26 Estudios (Rose) – 3 estudos
- Unha obra moderna das indicadas en recursos didácticos
Nota: Esta temporalización estará suxeita aos cambios que o profesor considere oportunos para
atender ás necesidades individuais de cada alumno-a.
25
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Criterios de Avaliación:
Mostrar a capacidade de aprendizaxe progresivo individual (dedicación, esforzo, interese…).
Demostrar que se utiliza un esforzo muscular e unha respiración axeitados ás esixencias da execución
musical.
Demostrar o dominio na execución dos estudos e das obras sen desligar os aspectos técnicos dos
musicais.
Demostrar a sensibilidade auditiva na afinación e no uso das posibilidades sonoras do instrumento.
Mostrar unha autonomía progresivamente maior na resolución de problemas técnicos e
interpretativos.
Memorizar e ler a primeira vista textos musicais acordes co nivel no que se encontra o alumno.
Criterios mínimos esixidos para acadar unha cualificación positiva
Presentarse aos exames, probas ou audicións propostas
Manter unha postura corporal e respiración correctas.
Amosar interese e constancia na preparación de obras e estudos.
Ser quen de realizar unha lectura instrumental correcta das pezas e exercicios
programados.
Interpretar as obras aplicando certos criterios de estilo e musicalidade.
Acadar unha cualificación igual ou superior a 5 aplicando as porcentaxes sinaladas nos criterios de
cualificación.
Participar polo menos unha vez durante o curso nas audicións do centro
26
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
2º CURSO DO GRAO PROFESIONAL
Obxectivos:
Perfeccionar a técnica respiratoria, embocadura, emisión e afinación.
Mostrar dominio do corpo na práctica do clarinete. Recoñecementos sensoriais internos.
Controlar e coñecer cada vez máis o seu instrumento.
Coñecer as principais características que determinan a música nas diferentes épocas.
Demostrar suficiente autonomía técnico-práctica para abordar todas e cada unha das dificultades que
poidan aparecer nas interpretacións que se aborden durante o curso.
Interpretar utilizando a medida, afinación, fraseo e articulación correctos.
Practicar música de conxunto, en formacións de diversa configuración desenrolando o sentido da
interdependencia.
Memorizar textos musicais.
Adquirir fluidez na lectura a primeira vista.
Adquirir unha técnica de estudo rentable.
Contidos:
Exercicios de respiración, embocadura, emisión e afinación.
Traballo auditivo (oído interno) para recoñecer conceptos como: afinación, timbre e intensidade, coa
posibilidade de modificalos. Perfeccionamento da interválica afinada.
Perfeccionamento do control postural do corpo, buscando a mellor funcionalidade sonora.
Exercicios de mecanismo. Escalas, terceiras e arpexos.
Exercicios de articulación.
Exercicios de interpretación.
Práctica interpretativa en grupo, buscando escoitar aos demais sen perder as referencias do proprio
son.
Entrenamento da memoria.
27
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Exercicios de lectura a primeira vista.
Coñecemento dalgúns feitos acústicos e históricos do clarinete.
Técnicas de estudo.
RECURSOS DIDÁCTICOS:
Estudos
24 Caprices - Jean Calmel.
26 études - C. Rose.
21 capricci - Gambaro
Método completo para clarinete 1ª Parte - A. Romero. - Exercicios da pax. 27 á pax. 34.
Escalas - Stiévenard (da pax. 26 á pax. 49).
Obras
Divertimento Nº 3 - W. A. Mozart.
Adagio en Sol menor - T. Albinoni.
Sonata - Wanhal.
Concierto Nº 3 - C. Stamitz.
Sonatina - P. Harris.
Tres piezas - J. Pons Server.
Concertino - G. Tartini.
Five Bagatelles - G. Finzi.
Variaciones Op. 33 - C. M. V. Weber.
28
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
TEMPORALIZACIÓN:
PRIMEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- Escalas e arpexios de LabM e Fam
- 21 Caprichos (Gambaro) – 3 estudos
- 26 Estudios (Rose) – 3 estudos
- Unha obra clásica das indicadas en recursos didácticos
SEGUNDA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- Escalas e arpexios de MiM e Do#m
- 21 Caprichos (Gambaro) – 3 estudos
- 26 Estudios (Rose) – 3 estudos
- Unha obra romántica das indicadas en recursos didácticos
TERCEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- Repaso de todas as escalas e arpexios maiores e menores aprendidos ata agora
- 21 Caprichos (Gambaro) – 3 estudos
- 26 Estudios (Rose) – 3 estudos
- Unha obra moderna das indicadas en recursos didácticos
Nota: Esta temporalización estará suxeita aos cambios que o profesor considere oportunos para
atender ás necesidades individuais de cada alumno-a.
29
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Criterios de Avaliación:
Mostrar a capacidade de aprendizaxe progresiva individual (dedicación, esforzo, interese...).
Demostrar que se utiliza un esforzo muscular e unha respiración axeitados ás esixencias da execución
musical.
Demostrar dominio na execución dos estudos e das obras sen separar os aspectos técnicos dos
musicais.
Demostrar sensibilidade auditiva na afinación e no uso das posibilidades sonoras do instrumento.
Mostrar unha autonomía progresivamente maior na resolución de problemas técnicos e
interpretativos.
Memorizar e ler a primeira vista textos musicais acordes co nivel no que se encontra o alumno.
Criterios mínimos esixidos para acadar unha cualificación positiva
Presentarse aos exames, probas ou audicións propostas
Manter unha postura corporal e respiración correctas.
Amosar interese e constancia na preparación de obras e estudos.
Ser quen de realizar unha lectura instrumental correcta das pezas e exercicios
programados.
Interpretar as obras aplicando certos criterios de estilo e musicalidade.
Acadar unha cualificación igual ou superior a 5 aplicando as porcentaxes sinaladas nos criterios de
cualificación.
Participar polo menos unha vez durante o curso nas audicións do centro.
30
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
3º CURSO DO GRAO PROFESIONAL
Obxectivos:
Perfeccionar a técnica respiratoria, embocadura, emisión e afinación.
Dominar o corpo en función da práctica do clarinete. Recoñecementos sensoriais internos.
Controlar e coñecer cada vez máis o seu propio instrumento.
Coñecer as principais características que determinan a música nas diferentes épocas.
Demostrar suficiente autonomía técnico-práctica para abordar todas e cada unha das dificultades que
poidan aparecer nas interpretacións que se aborden durante o curso, detectando concretamente os
erros e problemas técnicos, intentando plantexar exercicios para superar as dificultades.
Evolucionar na velocidade de dixitación, sen perder os parámetros de calidade e control adquiridos
ata o momento.
Interpretar utilizando a medida, afinación, fraseo e articulación correctos.
Prácticar música de conxunto, en formacións de diversa configuración desenrolando o sentido da
interdependencia.
Memorizar textos musicais.
Adquirir fluidez na lectura a primeira vista.
Adquirir unha técnica de estudo rentable.
Contidos:
Exercicios de respiración, embocadura, emisión e afinación.
Traballo auditivo (oído interno) para recoñecer conceptos como: afinación, timbre e intensidade, coa
posibilidade de modificalos. Perfeccionamento da interválica afinada.
Perfeccionamento do control postural do corpo, buscando a mellor funcionalidade sonora.
Exercicios técnicos específicos incrementados en velocidade, que propicien a interdependencia de
acción dos órganos corporais.
Exercicios de mecanismo. Escalas, terceiras e arpexos.
31
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Exercicios de articulación.
Exercicios de interpretación.
Práctica interpretativa en grupo, buscando escoitar ós demais sen perder as referencias proprias do
son.
Entrenamento da memoria.
Exercicios de lectura a primeira vista.
Técnicas de estudo.
RECURSOS DIDÁCTICOS:
Estudos
40 études pour clarinette Cahier 1 - C. Rose.
Método completo para clarinete - A. Romero.
- 1ª Parte: Ejercicios diarios de mecanismo da pax. 34 á pax. 40
- 2ª Parte: Ejercicios y lecciones para las diversas formas del picado da pax. 2 á pax. 46
416 études progressives Cahier 1 - F. Kroepsch.
Obras
Studie - Donizetti.
Mozartiana - W. A. Mozart.
Sonata - F. Danzi.
Romanze - R. Strauss.
Fantasy pieces Op. 43 - N. Gade.
Sonata en Sol menor - G. F. Händel.
Concierto en Mi b Op. 36 - F. Krommer.
Canzonetta Op. 19 - G. Pierné.
Five Pieces - G. Jacob.
32
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
TEMPORALIZACIÓN:
PRIMEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- Escalas e arpexios de RebM e Sibm
- 416 études progressives Cahier 1 (Kroepsch) – exercicios da escala DoM e Lam
- 40 Estudios (Rose) – 4 estudos
- Unha obra clásica das indicadas en recursos didácticos
SEGUNDA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- Escalas e arpexios de SiM e Sol#m
- 416 études progressives Cahier 1 (Kroepsch) – exercicios da escala SolM e Mim
- 40 Estudios (Rose) – 4 estudos
- Unha obra romántica das indicadas en recursos didácticos
TERCEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- Repaso de todas as escalas e arpexios maiores e menores aprendidos ata agora
- 416 études progressives Cahier 1 (Kroepsch) – exercicios da escala FaM e Rem
- 40 Estudios (Rose) – 4 estudos
- Unha obra moderna das indicadas en recursos didácticos
Nota: Esta temporalización estará suxeita aos cambios que o profesor considere oportunos para
atender ás necesidades individuais de cada alumno-a.
33
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Criterios de Avaliación:
Mostrar a capacidade de aprendizaxe progresivo individual (dedicación, esforzo, interese... ).
Demostrar que se utiliza un esforzo muscular e unha respiración axeitados ás esixencias da execución
musical.
Demostrar o dominio na execución dos estudos e das obras sen separar os aspectos técnicos dos
musicais.
Demostrar a sensibilidade auditiva na afinación e no uso das posibilidades sonoras do instrumento.
Mostrar unha autonomía progresivamente maior na resolución de problemas técnicos e
interpretativos.
Memorizar e ler a primeira vista textos musicais acordes co nivel no que se encontra o alumno.
Nivel técnico asimilado e velocidade de execución.
Criterios mínimos esixidos para acadar unha cualificación positiva
Presentarse aos exames, probas ou audicións propostas
Manter unha postura corporal e respiración correctas.
Amosar interese e constancia na preparación de obras e estudos.
Ser quen de realizar unha lectura instrumental correcta das pezas e exercicios
programados.
Interpretar as obras aplicando certos criterios de estilo e musicalidade.
Acadar unha cualificación igual ou superior a 5 aplicando as porcentaxes sinaladas nos criterios de
cualificación.
Participar polo menos unha vez durante o curso nas audicións do centro
34
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
4º CURSO DO GRAO PROFESIONAL
Obxectivos:
Perfeccionar a técnica respiratoria, embocadura, emisión e afinación.
Mostrar dominio do corpo en función da práctica do clarinete. Recoñecementos sensoriais internos.
Controlar e coñecer cada vez máis o seu propio instrumento.
Coñecer as principais características que determinan a música nas diferentes épocas.
Demostrar suficiente autonomía técnico-práctica para abordar todas e cada unha das dificultades que
poidan aparecer nas interpretacións que se aborden durante o curso, detectando concretamente os
erros e problemas técnicos, intentando plantexar exercicios para superar as dificultades.
Evolucionar na velocidade de dixitación, sen perder os parámetros de calidade e control adquiridos
ata o momento.
Interpretar utilizando a medida, afinación, fraseo e articulación correctos.
Practicar música de conxunto, en formacións de diversa configuración desenrolando o sentido da
interdependencia.
Memorizar textos musicais.
Adquirir fluidez na lectura a primeira vista.
Adquirir unha técnica de estudo rentable.
Contidos:
Exercicios de respiración, embocadura, emisión e afinación.
Traballo auditivo (oído interno) para recoñecer conceptos como: afinación, timbre e intensidade, coa
posibilidade de modificalos. Perfeccionamento da interválica afinada.
Perfeccionamento do control postural do corpo, buscando a mellor funcionalidade sonora.
Exercicios técnicos específicos incrementados en velocidade, que propicien a interdependencia de
acción dos órganos corporais.
Exercicios de mecanismo. Escalas, terceiras e arpexos.
35
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Exercicios de articulación.
Exercicios de interpretación.
Práctica interpretativa en grupo, buscando escoitar aos demais sen perder as referencias do proprio
son.
Entrenamento da memoria.
Exercicios de lectura a primeira vista.
Técnicas de estudo.
RECURSOS DIDÁCTICOS:
Estudos
30 studi in tutte le tonalitá - I. Müller.
40 études pour clarinette vol. 1 - C. Rose.
Método completo para clarinete 1ª Parte - A. Romero
- Ejercicios diarios de mecanismo da pax. 40 á pax. 47
416 études progressives Cahier 1 - F. Kroepsch.
Obras
Gran dúo concertante - C. M. V. Weber.
Concierto Nº 1 - C. Stamitz.
Sonate en Mi b Op. 167 - C. Saint-Saëns.
Duo Concertante - D. Milhaud.
Sonata Op. 49 - M. Reger.
Fantasía - G. Rossini.
Concierto - I. Pleyel.
Introduzione ed allegro appassionato Op. 256 - C. Reinecke.
36
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
TEMPORALIZACIÓN:
PRIMEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- 416 études progressives Cahier 1 (Kroepsch) – exercicios da escala ReM e Sim
- 40 Estudios (Rose) – 4 estudos
- Unha obra clásica das indicadas en recursos didácticos
SEGUNDA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- 416 études progressives Cahier 1 (Kroepsch) – exercicios da escala SibM e Solm
- 40 Estudios (Rose) – 4 estudos
- Unha obra romántica das indicadas en recursos didácticos
TERCEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- 416 études progressives Cahier 1 (Kroepsch) – exercicios da escala LaM e Fa#m
- 40 Estudios (Rose) – 4 estudos
- Unha obra moderna das indicadas en recursos didácticos.
Nota: Esta temporalización estará suxeita aos cambios que o profesor considere oportunos para
atender ás necesidades individuais de cada alumno-a.
37
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Criterios de Avaliación:
Mostrar a capacidade de aprendizaxe progresivo individual (dedicación, esforzo, interese..).
Demostrar que se utiliza un esforzo muscular e unha respiración axeitados ás esixencias da execución
musical.
Demostrar o dominio na execución dos estudos e das obras sen separar os aspectos técnicos dos
musicais.
Demostrar sensibilidade auditiva na afinación e no uso das posibilidades sonoras do instrumento.
Mostrar unha autonomía progresivamente maior na resolución de problemas técnicos e
interpretativos.
Memorizar e ler a primeira vista textos musicais acordes co nivel no que se encontra o alumno.
Nivel técnico asimilado e velocidade de execución.
Criterios mínimos esixidos para acadar unha cualificación positiva
Presentarse aos exames, probas ou audicións propostas
Manter unha postura corporal e respiración correctas.
Amosar interese e constancia na preparación de obras e estudos.
Ser quen de realizar unha lectura instrumental correcta das pezas e exercicios
programados.
Interpretar as obras aplicando certos criterios de estilo e musicalidade.
Acadar unha cualificación igual ou superior a 5 aplicando as porcentaxes sinaladas nos criterios de
cualificación.
Participar polo menos unha vez durante o curso nas audicións do centro
38
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
5º CURSO DO GRAO PROFESIONAL
Obxectivos:
Mostrar un dominio do corpo en función da práctica do clarinete. Recoñecementos sensoriais
internos.
Controlar e coñecer cada vez máis o seu propio instrumento.
Coñecer as principais características que determinan a música nas diferentes épocas.
Demostrar suficiente autonomía técnico-práctica para abordar todas e cada unha das dificultades que
poidan aparecer nas interpretacións que se aborden durante o curso, detectando concretamente os
erros e problemas técnicos, intentando plantexar exercicios para superar as dificultades.
Evolucionar na velocidade de dixitación, sen perder os parámetros de calidade e control adquiridos
ata o momento.
Interpretar utilizando a medida, afinación, fraseo e articulación correctos.
Ampliar o coñecemento de novos efectos sonoros a desenrolar no instrumento.
Practicar música de conxunto, en formacións de diversa configuración desenrolando o sentido da
interdependencia.
Memorizar textos musicais.
Adquirir fluidez na lectura a primeira vista.
Adquirir unha técnica de estudo rentable.
Contidos:
Exercicios de respiración, embocadura, emisión e afinación.
Traballo auditivo (oído interno) para recoñecer conceptos como: afinación, timbre e intensidade, coa
posibilidade de modificalos. Perfeccionamento da interválica afinada.
Perfeccionamento do control postural do corpo, buscando a mellor funcionalidade sonora.
Exercicios técnicos específicos incrementados en velocidade, que propicien a interdependencia de
acción dos órganos corporais.
39
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Control de novos efectos sonoros resultantes do clarinete e da súa representación na partitura.
Exercicios de mecanismo. Escalas, terceiras e arpexos.
Exercicios de articulación.
Exercicios de interpretación.
Práctica interpretativa en grupo, buscando escoitar aos demais sen perder as referencias do proprio
son.
Adestramento da memoria.
Exercicios de lectura a primeira vista.
Técnicas de estudo.
RECURSOS DIDÁCTICOS:
Estudos
40 études pour clarinette vol. 2 - C. Rose.
30 Capricci per clarinetto - E. Cavallini.
48 etüden Heft I - A. Uhl.
Método completo para clarinete - A. Romero.
- 1ª Parte: Ejercicios diarios de mecanismo da pax. 47 á pax. 51
- 2ª Parte: 24 estudios en todos los tonos mayores y menores da pax. 91 á pax. 119
416 études progressives Cahier 2 - F. Kroepsch.
Obras
Sonata - P. Hindemith.
Concierto Op. 73 Nº 1 - C. M. V. Weber.
Sonatina - B. Martinu.
Sonata K. 521 - W. A. Mozart.
Sonata Op. 120 Nº 1 - J. Brahms.
40
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Sonatina - D. Milhaud.
Concerto - G. S. Mercadante.
Sonatina - Malcolm Arnold.
Introducción, tema y variaciones - G. Rossini.
TEMPORALIZACIÓN:
PRIMEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- 416 études progressives Cahier 2 (Kroepsch) – exercicios da escala MibM e Dom
- 40 Estudios (Rose vol.2) – 6 estudos
- Unha obra clásica das indicadas en recursos didácticos
SEGUNDA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- 416 études progressives Cahier 2 (Kroepsch) – exercicios da escala MiM e Do#m
- 40 Estudios (Rose vol.2) – 6 estudos
- Unha obra romántica das indicadas en recursos didácticos
TERCEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- 416 études progressives Cahier 2 (Kroepsch) – exercicios da escala LabM e Fam
- 40 Estudios (Rose vol.2) – 6 estudos
- Unha obra moderna das indicadas en recursos didácticos.
Nota: Esta temporalización estará suxeita aos cambios que o profesor considere oportunos para
atender ás necesidades individuais de cada alumno-a.
41
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Criterios de Avaliación:
Mostrar a capacidade de aprendizaxe progresivo individual (dedicación, esforzo, interese...).
Demostrar que se utiliza un esforzo muscular e unha respiración axeitados ás esixencias da execución
musical.
Demostrar o dominio na execución dos estudos e das obras sen separar os aspectos técnicos dos
musicais.
Demostrar sensibilidade auditiva na afinación e no uso das posibilidades sonoras do instrumento.
Mostrar unha autonomía progresivamente maior na resolución de problemas técnicos e
interpretativos.
Memorizar e ler a primeira vista textos musicais acordes co nivel no que se encontra o alumno.
Nivel técnico asimilado e velocidade de execución.
Criterios mínimos esixidos para acadar unha cualificación positiva
Presentarse aos exames, probas ou audicións propostas
Manter unha postura corporal e respiración correctas.
Amosar interese e constancia na preparación de obras e estudos.
Ser quen de realizar unha lectura instrumental correcta das pezas e exercicios
programados.
Interpretar as obras aplicando certos criterios de estilo e musicalidade.
Acadar unha cualificación igual ou superior a 5 aplicando as porcentaxes sinaladas nos criterios de
cualificación.
Participar polo menos unha vez durante o curso nas audicións do centro
42
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
6º CURSO DO GRAO PROFESIONAL
Obxectivos:
Mostrar un dominio do corpo en función da práctica do clarinete. Recoñecementos sensoriales
internos.
Controlar e coñecer cada vez máis o seu propio instrumento.
Coñecer as principais características que determinan a música nas diferentes épocas.
Demostrar suficiente autonomía técnico-práctica para abordar todas e cada unha das dificultades que
poidan aparecer nas interpretacións que se aborden durante o curso, detectando concretamente os
erros e problemas técnicos, intentando plantexar exercicios para superar as dificultades.
Evolucionar na velocidade de dixitación, sen perder os parámetros de calidade e control adquiridos
ata o momento.
Interpretar utilizando a medida, afinación, fraseo e articulación correctos.
Ampliar o coñecemento de novos efectos sonoros a desenrolar no instrumento.
Practicar música de conxunto, en formacións de diversa configuración desenrolando o sentido da
interdependencia.
Memorizar textos musicais.
Adquirir fluidez na lectura a primeira vista.
Adquirir unha técnica de estudo rentable.
Contidos:
Exercicios de respiración, embocadura, emisión e afinación.
Traballo auditivo (oído interno) para recoñecer conceptos como: afinación, timbre e intensidade, coa
posibilidade de modificalos. Perfeccionamento da interválica afinada.
Perfeccionamento do control postural do corpo, buscando a mellor funcionalidade sonora.
Exercicios técnicos específicos incrementados en velocidade, que propicien a interdependencia de
acción dos órganos corporais.
43
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Control de novos efectos sonoros resultantes do clarinete e da súa representación na partitura.
Exercicios de mecanismo. Escalas, terceiras e arpexos.
Exercicios de articulación. Exercicios de interpretación.
Práctica interpretativa en grupo, buscando escoitar ós demais sen perder as referencias do proprio
son.
Entrenamento da memoria.
Exercicios de lectura a primeira vista. Técnicas de estudo.
RECURSOS DIDÁCTICOS:
Estudos
22 studi progressive - Gambaro.
416 études progressives Cahier 2 - Kroepsch
10 Grandi studi - L. Savina.
48 etüden Heft II - A. Uhl.
Método completo para clarinete 1ª Parte - A. Romero.
- Ejercicios diarios de mecanismo da pax. 51 á pax. 55.
24 Studies In All Keys Op. 49 - Robert Stark.
Obras
Concierto para clarinete K. 622 - W. A. Mozart.
Sonata - L. Bernstein.
Première Rhapsodie - C. Debussy.
Sonatina - H. Genzmer.
Sonatina - B. Bartók.
Sonata Op. 120 Nº 2 - J. Brahms.
44
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Estudio melódico Op. 33 - M. Yuste.
Premiére Sonate - F. Devienne.
Dance Preludes - W. Lutoslawski.
Criterios de Avaliación:
Mostrar capacidade de aprendizaxe progresivo individual (dedicación, esforzo, interese... ).
Demostrar que se utiliza un esforzo muscular e unha respiración axeitados ás esixencias da execución
musical.
Demostrar o dominio na execución dos estudos e das obras sen separar os aspectos técnicos dos
musicais.
Demostrar sensibilidade auditiva na afinación e no uso das posibilidades sonoras do instrumento.
Mostrar unha autonomía progresivamente maior na resolución de problemas técnicos e
interpretativos.
Memorizar e ler a primeira vista textos musicais acordes co nivel no que se encontra o alumno.
Nivel técnico asimilado e velocidade de execución.
Criterios mínimos esixidos para acadar unha cualificación positiva
Presentarse aos exames, probas ou audicións propostas
Manter unha postura corporal e respiración correctas.
Amosar interese e constancia na preparación de obras e estudos.
Ser quen de realizar unha lectura instrumental correcta das pezas e exercicios
programados.
Interpretar as obras aplicando certos criterios de estilo e musicalidade.
Acadar unha cualificación igual ou superior a 5 aplicando as porcentaxes sinaladas nos criterios de
cualificación.
Participar polo menos unha vez durante o curso nas audicións do centro
45
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
TEMPORALIZACIÓN:
PRIMEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- 416 études progressives Cahier 2 (Kroepsch) – exercicios da escala SiM e Sol#m
- 24 Studies In All Keys Op. 49 (Robert Stark) – 4 estudos
- Dúas obras das indicadas en recursos didácticos
SEGUNDA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- 416 études progressives Cahier 2 (Kroepsch) – exercicios da escala RebM e Sibm
- 24 Studies In All Keys Op. 49 (Robert Stark) – 4 estudos
- Dúas obras das indicadas en recursos didácticos
TERCEIRA AVALIACIÓN
- Escala cromática
- 416 études progressives Cahier 2 (Kroepsch) – exercicios da escala Fa#M e Re#m
- 24 Studies In All Keys Op. 49 (Robert Stark) – 4 estudos
- Dúas obras das indicadas en recursos didácticos.
Nota: Esta temporalización estará suxeita aos cambios que o profesor considere oportunos para
atender ás necesidades individuais de cada alumno-a.
46
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
4. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
A avaliación constitúe unha parte moi importante do proceso da ensinanza aprendizaxe, xa que nos
permite recoller información e analizala para orientarnos e tomar decisións. Isto supón que o proceso
sexa aberto e flexible, é dicir, que admita reaxustes a fin de obter unha maior rentabilidade do mesmo.
A avaliación dos graos elemental e profesional, levarase a cabo tendo en conta os obxectivos xerais e os
do curso. O nivel de cumprimento destes obxectivos, non ha de ser medido de forma mecánica, senón
con flexibilidade, tendo presente a situación inicial do alumno, as súas características persoais e as súas
posibilidades.
A avaliación da aprendizaxe dos alumnos será continua e integradora e levarase a cabo a través das
actividades realizadas na clase.
Controlarase de preto como responde e evoluciona o alumno ante unha nova aprendizaxe e a súa
asimilación. Evidentemente, non soamente teremos en conta aspectos técnicos e mecánicos, senón a
súa formación máis completa, desde o punto de vista dos hábitos adquiridos, a musicalidade, o interese
e a adaptación ó instrumento.
5. CRITERIO DE CUALIFICACIÓN
Para a cualificación do alumno consideraráse a asistencia con regularidade a clase como directamente
vencellada coa actitude mostrada ante a materia, o nivel de cumprimento dos obxectivos do curso e a
traxectoria do alumnado.
Serán cualificados con un 9 ou un 10 os alumnos que superen de xeito sobresaínte os obxectivios
fixados para ese curso.
Serán cualificados cun 7 ou 8 os alumnos que superen de xeito notable os obxectivos fixados para
ese curso.
Serán cualificados cun 6 os alumnos que superen os obxectivos mínimos e manifesten una actitude
positiva cara a asignatura.
Serán cualificados cun 5 os alumnos que simplemente superen os obxectivos mínimos.
Serán cualificados cun 4 os alumnos que non acaden os obxectivos mínimos pero manifestaran unha
actitude positiva e ofrecen posibilidades claras de recuperación.
Serán cualificados cun 3, 2 ou 1 aqueles alumnos que claramente non acaden os obxectivos mínimos,
dependendo a cualificación dos criterios de avaliación referidos á actitude ante a materia.
47
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
6. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Para responder ás necesidades concretas do alumnado con necesidades educativas especiais compre
facer as adaptacións metodolóxicas e curriculares correspondentes.
Dependendo das circunstancias que se presentan na aula, o profesor poderá plantexar as seguintes
estratexias:
Adaptacións do material didáctico, que ofrezan unha amplia gama de actividades didácticas que
respondan aos diferentes graos de aprendizaxe.
Variacións da metodoloxía, para adaptala ás necesidades de cada alumno.
Propoñer actividades de traballo diferenciadas: o profesor fará unha análise dos contidos da
materia e preparará actividades con distinto nivel de dificultade que permitan tratar estes
mesmos contidos con esixencias distintas.
Organizar o traballo de forma flexible e con ritmos distintos de aprendizaxe.
Acelerar ou frear o ritmo de introducción de novos contidos adaptándose ao alumno
individualmente.
Reforzar as capacidades do alumno e fomentar o seu espíritu de superación
48
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
7. ENFOQUE METODOLÓXICO
A interpretación musical, meta dos ensinos instrumentais, é, por definición, un feito diverso,
profundamente subxectivo, e no seu resultado sonoro final fúndese en unidade indisoluble a mensaxe
do creador contido na obra e a persoal maneira de transmitilo do intérprete, que fai propia esa mensaxe
modulándoa a través da súa propia sensibilidade. Como en toda tarefa educativa, é o desenvolvemento
da personalidade e a sensibilidade propias do alumno o fin último que se persegue aquí, de maneira
acusada canto que a música é, ante todo, vehículo de expresión de emocións e non de comunicación
conceptual, no que o subxectivo ocupa, por conseguinte, un lugar primordial.
Ao longo dun proceso de aprendizaxe desta índole, o profesor ten que ser máis que nunca un guía, un
conselleiro, que á vez que dá solucións concretas a problemas ou dificultades igualmente concretos,
debe en todo aquilo que teña un carácter máis xeral, esforzarse en dar opcións e non en impor criterios,
en orientar e non en conducir como da man cara uns resultados predeterminados, e en estimular e
ensanchar a receptividade e a capacidade de resposta do alumno ante o feito artístico. Na construcción
da súa nunca definitiva personalidade artística, o alumno é protagonista principal, por non dicir único, o
profesor non fai se non un labor de “arte maiéutica”.
As programacións deben estar abertas, flexibles, para que, atendendo ao progreso da técnica, se adapten
ás características e ás necesidades individuais de cada alumno tratando de desenrolar as súas
posibilidades e de suplir as súas carencias.
No que á técnica se refire, é necesario concibila (e facela concibir ao alumno), nun sentido profundo,
como unha verdadeira “técnica de interpretación”, que supera con moito o concepto da pura mecánica
da execución (que, sen embago, é parte integrante dela) de feito, a técnica, no seu sentido máis amplo, é
a realización mesma da obra artística e, por tanto, fusiónase, intégrase nela e é, simultaneamente, medio
e fin.
49
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
Todo este proceso debe garantir a funcionalidade das aprendizaxes, asegurando que poidan ser
utilizadas nas circunstancias reais nas que o alumno as necesite. Por aprendizaxe funcional enténdese
non só a posible aplicación práctica do coñecemento adquirido, senón tamén e sobre todo, o feito de
que os contidos sexan necesarios e útiles para levar a cabo outras aprendizaxes e para enfrontarse con
éxito á adquisición doutros contidos, presentandose cunha estructuración clara a interrelación e a
conexión entre distintos contidos dunha mesma asignatura e entre contidos de distintas asignaturas.
Deste modo, poderíamos resumir a metodoloxía a utilizar como:
- Activa: que asegure a participación do alumnado no proceso de ensinanza-aprendizaxe, baseando
o seu avance na búsqueda de coñecementos.
- Flexible.
- Personalizada: que se adecúe ás capacidades intelectuais , físicas e ao ritmo volutivo de cada
alumno/a, que atenda á pluralidade de necesidades e intereses.
- Autónoma e participativa: que favoreza a capacidade de aprender por si mesmos e de realizar
actividades en grupo. Fará fincapé na competencia “aprender a aprender” como aspecto
imprescindible para os estudos musicais.
- Favorecerá unha aprendizaxe significativa e interdisciplinar, non en bloques estancos.
- Atenderá á diversidade de motivacións, capacidades e intereses do alumnado.
- A aprendizaxe e a convivencia dos alumnos estará sempre nun marco de tolerancia e respecto.
- A educación en valores será o tema transversal máis importante.
- Fomentará a participación da comunidade educativa no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
- Fomentará a autonomía crecente do alumnado .
- Primará a idea de que o feito de tocar en público é un acto de xenerosidade, é compartir e non
competir con alguén, é comunicar e non impoñer, é unha linguaxe e non unha demostración de
facultades.
50
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
8. PROBAS DE ACCESO
PROBAS DE ACCESO AO GRAO ELEMENTAL
Na proba de instrumento a cada curso interpretaránse dúas pezas, das cales unha delas deberá
interpretarse de memoria, e un anaco a primeira vista proposto polo tribunal.
As obras que o requiran deberán ser acompañadas ó piano que proporcionará o alumno.
As dúas pezas a interpretar escolleranse da lista que figura a continuación:
ACCESO A 2º CURSO DO GRAO ELEMENTAL
La clarinete classique A – J.Lancelot e H.Classens
-Nº1: SIMPLICE - K.Czerni.
-Nº2: PETITE PIÈCE – A. Diabelli.
-Nº3: BERCEUSE – C. Gurlitt.
ACCESO A 3º CURSO DO GRAO ELEMENTAL
La clarinete classique B – J.Lancelot e H.Classens
-Nº6 CHANT DU MATIN – F. Kummer.
-Nº7 MENUET – J. Matteson.
-Nº9 MÉLODIE – J. X.Lèfevre.
ACCESO A 4º CURSO DO GRAO ELEMENTAL
La clarinete classique C – J.Lancelot e H.Classens
-Nº1 ANDANTINO – M.F.Blasius.
-Nº2 ARIOSO – M.Yost.
-Nº3 MENUET – G.F.Fuchs.
51
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
PROBAS DE ACCESO AO GRAO PROFESIONAL
Na proba de instrumento a cada curso, interpretaranse tres obras de diferentes estilos das cales
unha deberá ser interpretada de memoria.
As obras que o requiran deberán ser acompañadas ó piano que proporcionará o alumno.
As tres obras a interpretar escolleranse da lista que figura a continuación:
ACCESO A 1º CURSO DO GRAO PROFESIONAL
-SONATA Nº1 – J. X. Lefevre
-DIVERTIMENTO Nº2 – W. A. Mozart
-PASTOURELLE – M. Dengiudice
ACCESO A 2º CURSO DO GRAO PROFESIONAL
-CONCERTO – Rimsky-Korsakov
-SUITE IN FIVE – P. Harris
-SONATA EN Do menor – G. F. Händel
-FOUR SHORT PIECES – H. Ferguson
ACCESO A 3º CURSO DO GRAO PROFESIONAL
-SONATA – Wanhal
-CONCERTO Nº3 – C. Stamitz
-FIVE BAGATELLES – G. Finzi
-VARIACIONES op.33 – C. M. V. Weber
ACCESO A 4º CURSO DO GRAO PROFESIONAL
-SONATA – F. Danzi
-FANTASY PIECES op.43 – N. Gade
-CONCERTO EN Mi b op.36 – F. Krommer
-FIVE PIECES – G. Jacob
52
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
ACCESO A 5º CURSO DO GRAO PROFESIONAL
-GRAN DUO CONCERTANTE – C. M. V. Weber
-SONATE EN Mi b op.167 – C. Saint-Säens
-INTRODUZIONE ED ALLEGRO APPASIONATO op.256 – C. Reinecke
-SONATA op. 49 – M. Reger
ACCESO A 6º CURSO DO GRAO PROFESIONAL
-SONATA – P. Hindemith
-CONCERTO Nº1 op. 73 – C. M. V. Weber
-SONATA Nº1 op.120 – J. Brahms
-INTRODUCCIÓN, TEMA Y VARIACIONES – G. Rossini
9. ACTIVIDADES CULTURAIS E DE PROMOCIÓN DO ENSINO DE CLARINETE
O departamento fomentará a presenza dos alumnos en concertos, cursos e masters-class que
xurdan dentro ou fora do centro.
Audición e/ou visualización de gravacións de grandes intérpretes (CD, DVD…)
Intercambios con outros Centros (Conservatorios, Escolas de Música, Academias, Agrupacións,
etc…)
O departamento participará na promoción da súa especialidade a través de concertos públicos e
audicións, tanto do alumnado como do profesorado
53
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
10. OBERVACIÓNS SOBRE A REVISIÓN DA PROGRAMACIÓN E AVALIACIÓN
INTERNA DO DEPARTAMENTO
Esta programación terá un carácter aberto e flexible, de tal xeito que trate de adaptarse ás necesidades
educativas diferenciadas do alumnado, do contexto e do centro. De este modo, faranse revisións e
posibles modificacións desta programación, sempre que o profesorado do departamento o considere
oportuno.
As reunións do departamento realizaranse para garantir de forma constante unha avaliación interna das
estratexias metodolóxicas do departamento, valorando o seu grao de cumprimento e os seus resultados.
Tamén se farán enquisas anuais ao alumnado e aos seus pais para acadar unha mellora no proceso
ensino-aprendizaxe.
54
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
RECITAL DE FIN DE GRAO
Todos os alumnos que rematen o grao profesional deberán facer
obrigatoriamente un RECITAL DE FIN DE GRAO, organizado polo Equipo
Directivo antes de rematar o curso académico, ven sexa na convocatoria
ordinaria de xuño, ou na extraordinaria de setembro. Dito recital será condición
indispensable para aprobar o curso.
O alumno deberá levar pianista acompañante nas obras que así o precisen
e a duración do recital deberá ser duns 25 min aproximadamente.
55
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
PREMIOS FIN DE GRAO PROFESIONAL
O alumno deberá ter para optar ao premio de fin de grao, unha cualificación media mínima dun 8 no 6º
curso de profesional.
O alumno/a deberá tocar un mínimo de 25 minutos, e non menos de dúas obras que deberán ser de
diferentes estilos.
O alumno/a deberá traer o seu propio pianista para as obras que precisen acompañamento de piano.
Deberase interpretar como mínimo unha das obras presentadas de memoria, as cales deberán ter o
nivel esixido para dita proba, que é o correspondente aos dous últimos cursos do Grao Profesional.
O alumno deberá proporcionar unha copia de cada unha das obras elixidas no momento da
prescripción.
O tribunal reservase o dereito de rexeitar algunha das obras se considera que non se axusta ao nivel
esixido.
Para a concesión do premio de fin de grao será necesario que o alumno acade unha
cualificación mínima dun 9 .
56
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CLARINETE, CURSO 2016 / 2017
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO PREMIO FIN DE GRAO
- Aplicar adecuadamente os aspectos técnicos e musicais na execución do programa escollido.
- Interpretar obras de distintas épocas e estilos amosando coherencia entre a execución e a estética da
obra.
- Manifestar unha correcta utilización das posibilidades sonoras do instrumento
- Coidar a calidade sonora.
- Adecuar esforzo muscular e relaxación ás esixencias da execución instrumental.
- Interpretar de memoria algunha obra do programa presentado
- Amosar capacidade comunicativa e calidade artística.