proposta de experiencias inesquecibles para 2015

6
EDUCACIÓN E INTERPRETACIÓN ESTELA EXPERIENCIAS INESQUECIBLES para a VIAXE DE FIN DE CURSO nunha xornada completa. Maio e Xuño de 2015

Transcript of proposta de experiencias inesquecibles para 2015

Page 1: proposta de experiencias inesquecibles para 2015

EDUCACIÓN E

INTERPRETACIÓN

ESTELA

EXPERIENCIAS INESQUECIBLES para a VIAXE DE FIN DE CURSO nunha xornada completa.

Maio e Xuño de 2015

Page 2: proposta de experiencias inesquecibles para 2015

EDUCACIÓN E

INTERPRETACIÓNESTELA [email protected]. 986 126 165

ESTELA é unha empresa que dende 2006 traballa nos campos da educación ambiental, a didáctica, a recuperación do noso patrimonio e a interpretación do medio natural e do patrimonio cultural.

Con toda esta bagaxe, gustaríanos ofertarvos as seguintes EXPERIENCIAS INESQUECIBLES para vosoutros e para os vosos alumnos/as na VIAXE DE FIN DE CURSO nunha xornada completa.

Estudamos unha serie de espazos na que vos garantizamos o seguinte:

-Acceso doado para autocares.-Actividades seguras e aptas para todas as idades.-Seguros de Responsabilidade Civil Obrigatoria.-Guías educadores con ampla experiencia.-Servizos de bar e WC.-Material didáctico de agasallo para os mestres e profesores.Unha experiencia inesquecible!!

Servizos comúns para todas as rutas. MAÑÁ: Ruta interpretativa guiada por educadores con experiencia con descanso para a merenda. Xantar estilo picnic en zona protexida con mesas. Servizos de WC próximos.TARDE: (A escoller)

-Visita a museo por guía cualificado.-Obradoiro nunha praia próxima dirixido por educadores con experiencia.-Ruta interpretativa distinta á da mañá.

PREZOS* (Para centros escolares de ata 200 alumnos). Xornada de mañá: 195,00 €Xornada completa (mañá e tarde): 295,00 €

*Para centros escolares de ata 200 alumnos. Para aqueles centros que queiran desprazar un número de alumnos inferior a 100 ou superior a 200 cómpre consultar prezos.

Page 3: proposta de experiencias inesquecibles para 2015

Illas Cíes (Vigo). Parque Nacional das Illas Atlánticas. Rutas interpretativas ao redor das illas. Lago dos Nenos. Observatorio ornitolóxico. Pedra da Campá. Ruínas dos mosteiros. Restos das fábricas de salgadura. Praias de área branca e auga cristalina. Faro. Centro de interpretación. Miradoiros. Obradoiros.

Illas Ons (Bueu). Parque Nacional das Illas Atlánticas. Rutas interpretativas ao redor da illa. Centro de visitantes. Barrio de Curro. Laxe do Crego. Buraco do Inferno. Enseada de Caniveliñas. Casa reitoral e igrexa. Piornos. Miraroiro de Fedorentos. Faro. Obradoiros.

Illa de Sálvora (Ribeira). Parque Nacional das Illas Atlánticas. Rutas interpretativas ao redor da illa. Faro. Antiga aldea. Obradoiros e intermareal na praia.

Illa de Cortegada (Vilagarcía de Arousa). Parque Nacional das Illas Atlánticas. Ruta interpretativa ao redor da illa. Antiga aldea. Bosque de laurisilva único en Europa. Obradoiros e intermareal na praia.

Cabo Udra (Bueu). Espazo da Rede Natura 2000. Ruta interpretativa ao redor do cabo. Chozos de pastores. Avifauna. Fábrica de Salgadura. Centro de Interpretación de Cabo Udra. Sendeiro Litoral. Ruta botánica Cabo Udra-Praia de Lago. Obradoiros nas praias de Mourisca e Ancoradouro. Visita guiada ao Museo Massó.

Lago de Castiñeiras-Cotorredondo (Marín). Ruta interpretativa polo ecosistema lagoar e forestal da zona recreativa. Centro de recuperación de fauna silvestre. Aula da Natureza. Miradoiro de Cotorredondo. Parque Multiaventura. Petróglifos de Mogor. Praia de Mogor. Obradoiros na zona recreativa.

Chan da Lagoa (Baiona). Ruta interpretativa pola zona de recreo. Miradoiros no Monte da Groba con interpretación de fauna e flora do lugar. Vistas panorámicas. Petróglifos do Outeiro da Tomada das Pías. Virxe da Rocha. Ruta histórica polo casco vello de Baiona declarado de interese histórico-artístico. Parque da Palma. Paseo Marítimo. Obradoiros na zona recreativa.

Río Lérez-Encoro do Pontillón (Pontevedra). Espazo da Rede Natura 2000. Ruta interpretativa polo río. Bosque de ribeira. Senda botánica polo río Lérez. Restos do antigo balneario do Lérez. Ruta polo encoro do Pontillón. Vistas panorámicas. Obradoiros no encoro do Pontillón.

Ermelo (Bueu). Rutas interpretativas polo monte da Esculca, polo monte da Paralaia e polo río Bispo. Senda botánica. Carballeira de Ermelo-Coiro. Vistas panorámicas. Visita á antiga igrexa-mosteiro de Ermelo. O arcebispo Xelmírez e o Camiño de Santiago. Obradoiros no monte da Esculca. Visita guiada ao Museo Massó.

EDUCACIÓN E

INTERPRETACIÓNESTELA [email protected]. 986 126 165

Page 4: proposta de experiencias inesquecibles para 2015

Praia de Cesantes (Redondela). Ruta interpretativa polo Espazo da Rede Natura 2000 de Soutoxusto. Sobreiral na costa. Punto de observación de aves de Soutoxusto. Obradoiros e intermareal na praia de Cesantes. Visita ao Museo de Meirande.

Gándaras de Budiño (O Porriño). Ruta interpretativa polo Espazo da Rede Natura 2000 das Gándaras de Budiño. Visita aos observatorios de aves. Bosque de ribeira. Xunqueiras de Budiño. Camiño de Santiago. Obradoiros no espazo natural.

Tui-Centro histórico e río Miño (Tui). Ruta histórica polo casco vello da vila de Tui. Visita guiada á Catedral. Espazo da Rede Natura 2000 do río Miño. Obradoiros e xincana histórica polo centro da vila. Sendeiro de pescadores do río Miño. Muíños do Folón e do Picón. Visitas guiadas ás fortalezas de Goián e Santa Cruz-A Guarda.

Monte Aloia (Tui). (Recomendada para maiores de 12 anos). Ruta interpretativa polo primeiro Parque Natural de Galicia. Centro de interpretación na Casa Forestal. Muíños de auga. Senda botánica repleta de árbores exóticas. Castro do Alto dos Cubos. Miradoiro Ermida do alto de San Xián. Obradoiros no Parque Natural.

Centro histórico-Náutico-Samil (Vigo). Ruta histórica polo casco vello de Vigo. A Colexiata. A Reconquista. As antigas murallas e os mercados do peixe en Vigo. A imprenta de Xoán Compañel. O Berbés. O Náutico. O Ensanche de Vigo: a Alameda. As praias de Samil. Verbum, casa das Palabras. Museo do Mar de Galicia.

A Guarda-Santa Trega (A Guarda). Aldea castrexa de Santa Trega. Vistas panorámicas. Antigos muíños cerámicos. Sendeiro de pescadores do río Miño. Muíños do Folón e do Picón. Visitas guiadas ás fortalezas de Goián e Santa Cruz-A Guarda. Obradoiros e actividade intermareal nas praias. Antigas salinas de Camposancos.

Complexo Intermareal Umia-O Grove (O Grove). Espazo da Rede Natura 2000. Ruta interpretativa por esta Zona Húmida declarada de Importancia Internacional. Punto de observación de aves na enseada de O Bao. Centro de interpretación da natureza. Ecosistema dunar da Lanzada, ermida e ruínas da Torre da Lanzada. Illa da Toxa. Obradoiros.

Castelo de Soutomaior (Soutomaior). (Consultar prezos) Ruta histórica polo interior do Castelo. Interpretación botánica nos xardíns. Pedro Madruga. Capela do Castro da Peneda. Pontes do río Verdugo e Oitavén. Obradoiros no Castelo.

Mosteiro de Carboeiro (Silleda). (Consultar prezos) Ruta histórica polo interior do Mosteiro. Bosque de ribeira e sistema fluvial Ulla-Deza. Embalse de Portodemouros. Obradoiros nos arredores do embalse.

EDUCACIÓN E

INTERPRETACIÓNESTELA [email protected]. 986 126 165

Page 5: proposta de experiencias inesquecibles para 2015

Illas Cíes

Illas Ons

Illa de Sálvora

Cabo UdraLago de Castiñeiras-Cotorredondo

Chan da Lagoa

Río Lérez-Encoro do Pontillón

Ermelo

Praia de Cesantes

Gándaras de Budiño

Tui-Centro histórico e río Miño

Monte Aloia

Vigo

A Guarda-Santa Trega

O Grove

Castelo de Soutomaior

Mosteiro de Carboeiro

EDUCACIÓN E

INTERPRETACIÓNESTELA [email protected]. 986 126 165

Illa de Cortegada

Page 6: proposta de experiencias inesquecibles para 2015

EDUCACIÓN E

INTERPRETACIÓN

ESTELA

CIF: B-36969756Rúa Venezuela nº29 Of.2 36203

[email protected]éfonos: 605 228 806 - 986 126 165