PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE

12
PROXECTO 1º DE PRIMARIA

Transcript of PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE

Page 1: PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE

PROXECTO 1º DE PRIMARIA

O INVERNADOIRO DO COLE

Page 2: PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE

1. INTRODUCIÓN2. OBXECTIVOS3. CONTIDOS4. ACTIVIDADES5. METODOLOXÍA6. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE7. TEMPORALIZACIÓN8. AVALIACIÓN9. DIFUSIÓN DOS TRABALLOS ENTRE A COMUNIDADE ESCOLAR10.FUNCIÓN E PARTICIPACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR EN TODO

O PROCESO

1. INTRODUCIÓN

Dentro do Proxecto Documental Integrado que estamos a desenvolver este curso no colexio “Coñecemos a nosa contorna: flora e fauna”, traballaremos esta unidade didáctica sobre o invernadoiro. É o primeiro curso que contamos con este recurso polo que partimos de cero e intentaremos aprender o máximo posible sobre o cultivo, coidado e aproveitamento das plantas.

A unidade didáctica está deseñada para 7 alumnos/as que cursan 1º de primaria e levarase a cabo ao longo de todo o curso.

2. OBXECTIVOS

Despertar o interese dos alumnos/as cara á súa contorna máis cercana, aprendendo a valorala e conservala.

Educar na sensibilidade ambiental contribuindo ao coidado e millora da contorna.

Aprender como se cultivan os alimentos. Coñecer as características das plantas dass que nos alimentamos. Concienciar ao alumnado sobre a necesidade de realizar un uso

razoable e sostible dos recursos naturais. Promover hábitos de alimentación e consumo saudables e

respectuosos coa contorna. Valorar os produtos locais e a gastronomía casera e natural. Valorar o coñecemento dos nosos maiores, en especial avoas e

avós. Aprender a ser responsable da boa marcha da plantación. Valorar o traballo en equipo e todo o que conleva.

Page 3: PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE

3. CONTIDOS

O invernadoiro O horto O cultivo As sementes Verduras, hortalizas e froitas Ferramentas de labranza Alimentación A auga O clima

4. ACTIVIDADES

1- COÑECEMENTOS PREVIOS:

Falamos entre todos dos hortos e dos invernadoiros. Que é un invernadoiro, para que serve, se teñen algún ou saben dalgún; que é o horto, para que serve, quen o cultiva, se teñen horto, se traballan algo nel ou traballaron algunha vez; se pensan que hai hortos por todo o mundo ou non...Vemos en internet imaxes de hortos e de invernadoiros e comentámolas.

2- PRIMEIRA VISITA AO INVERNADOIRO

Coñecemos o noso horto, falamos sobre o que nos parece que podemos facer nel, as expectativas que temos, as ferramentas das que dispoñemos, a importancia de coidalas posto que son de todos os da escola...

3- DESEÑO DO NOSO LETREIRO

Deseñamos entre todos un letreiro que identifique a nosa parcela e a diferencie das demais. Empregamos lápices de cores, recortes de hortalizas e froitas...e colocamos o letreiro na parcela nun acto común a todo o colexio no que os alumnos de sexto len un manifesto polo traballo no invernadoiro.

Page 4: PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE

4- OBSERVACIÓN E PREPARACIÓN DO TERREO:

Repartimos as ferramentas coas que contamos, repartimos o traballo e preparamos a terra. Arrancamos as “malas herbas”, as pedras, abonamos a terra...Deixamos todo listo para o día de plantar.

Page 5: PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE

5- QUE PODEMOS PLANTAR ?

Explicamos brevemente que cada planta ten a súa época de cultivo e que vai haber verduras, hortalizas e froitas de inverno e outras de primavera. É por isto que lles pedimos que cada un pregunte na casa que podemos plantar no mes no que nos atopamos.

Todos e todas teñen horto nas súas casas ou nas de seus avós, trátase de que recollan ideas sobre que e como plantar.

Pedímoslles tamén que traian para a clase algo para plantar desas recomendacións que lles dan, coa idea de facer un pequeño semilleiro na clase que despois levaremos ao horto do invernadoiro.

6- OS SEMILLEIROS

Cada un trae da casa o seu vasiño de iogur coa planta que lle deron. Buscamos imaxes en internet e algo de información sobre as plantas que nos van a sair, cada canto hai que regalas, se están millor cerca da calor, da luz...

PLANTAMOS NO HORTO

Unha vez nacidas as plantas no semilleiro é hora de levalas ao horto. Explicamos a profundidade á que hai que plantar, a separación entre plantas, tendo en conta o que van a medrar, a distribución...

Falamos da cantidade axeitada de auga á hora de regar, a frecuencia do riego...e acordamos visitar o invernadoiro unha vez á semana.

Page 6: PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE
Page 7: PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE

8- CARTELIÑOS PARA AS PLANTAS

Co fin de saber onde e que plantamos, pedimos aos alumnos/as que usen a imaxinación para facer os letreiriños co nome de cada planta da horta. Unha vez rematados imos a colocalos ao invernadoiro.

9- SEGUEMENTO DAS PLANTAS DO HORTO

Page 8: PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE

Imos ao invernadoiro unha ou dúas veces por semana para regar, limpar malas herbas e ver como vai o que plantamos.

10- O COMPOSTEIRO

Explicamos o que é o composteiro que temos ao lado do invernadoiro e como e para que o empregaremos.

11-RECOLLEMOS A COLLEITA

Unha vez que conseguimos a planta esperada, arrancámola da terra e dámoslla ao alumno/a que a trouxo facendo un repaso dende a semente que trouxo ata o que leva.

Falamos tamén da importancia da verdura e da froita na alimentación.

5.METODOLOXÍA

Activa, participativa, centrada no alumno/a.

Fomentaremos a autonomía do alumnado á hora de buscar información, de resolver problemas. Será participativa porque o alumno/a non se sentirá só receptor de coñecementos senón que, a través da implicación da súa familia, da propia investigación e das súas propias inquedanzas, protagonice o proceso de aprendizaxe.

6.ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Adaptaremos cada actividade a cada alumno/a, en función das súas necesidades, capacidades, ritmos, intereses...

Page 9: PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE

7.TEMPORALIZACIÓN

Curso escolar.

8.AVALIACIÓN

O proceso de ensinanza avaliarase comprobando se as actividades conectaron cos intereses e expectativas dos alumnos/as e se foron axeitadas.

Formas de avaliar:

Detectar os coñecementos previos dos alumnos/as en cada actividade.

Observación contínua e sistemática do seu desenvolvemento no medio.

Rexistros e anecdotarios, nos que se recollan situacións ou comportamentos que, por apartarse do cotiá, requiran unha interpretación máis detallada.

Criterios de avaliación:

Se realiza actividades grupais Se mostra unha actitude de diálogo e escoita. Se respecta o medio que nos rodea. Se asimila os conceptos traballados. Se coñece a contorna próxima. Se expresa opinións e valora as dos demais. Se colabora á hora de planificar tarefas, busca solucións e

asume responsabilidades.

Procedementos e instrumentos de avaliación.

Obsevación diaria. Traballos. Preguntas orais. Diario do profesor.

Page 10: PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE

9.DIFUCISIÓN DOS TRABALLOS ENTRE A COMUNIDADE EDUCATIVA.

Os traballos foron difundidos no blog da biblioteca e no colexio a toda a

comunidade escolar : exposicións, power point, traballos.

10.FUNCIÓN E PARTICIPACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR EN TODO O

PROCESO.

Os menbros do equipo da Biblioteca colaboraron activamente neste proxecto xa

que o tema parte do PDI DA NOSA BIBLIONOVA:”COÑECEMOS A NOSA

CONTORNA:FLORA E FAUNA”. Aportouse bibliografía, actividades

complementarias ó proxecto e a publicación do mesmo no bloguer .

1º DE PRIMARIA.