Proxecto marcaxe gaivota_patiamarela_2011_version_4_xunho_11

29
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Xaneiro - decembro 2011 Alberto Pastoriza Barreiro e Antonio Fernández Cordeiro

Transcript of Proxecto marcaxe gaivota_patiamarela_2011_version_4_xunho_11

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus

michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Xaneiro - decembro 2011

Alberto Pastoriza Barreiro e Antonio Fernández Cordeiro

Documento:

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus

michahellis) con anelas de lectura a distancia, en Galicia. © Grupo de

Anelamento ANDURIÑA. 2011.

Autores do documento:

Alberto Pastoriza Barreiro. Técnico superior en xestión e organización dos

recursos naturais e paisaxísticos. Anelador experto (avalado polo CMA da

SEO/BirdLife dende o ano 2002) do Grupo de Anelamento ANDURIÑA.

Antonio Fernández Cordeiro. Doutor en Bioloxía. Anelador experto (avalado

polo CMA da SEO/BirdLife dende o ano 1985) do Grupo de Anelamento

ANDURIÑA.

Teléfono e correo electrónico de contacto:

658993396 [email protected]

Aneladores do proxecto realizado nos anos 2000 e 2001:

Antonio Fernández Cordeiro e Rafael Costas Rodríguez.

Colaboradores na campaña de anelamento 2000 e 2001:

Emilio Martínez Sabarís, Alberto Pastoriza Barreiro, David Álvarez Graña,

Simón Rial Pousa, Soledad Bastos Lago e Pepe Piñeiro Lemos.

Autores das fotografías do documento:

Alberto Pastoriza Barreiro (páxinas: 1, 3, 4, 5, 8, 12, 14, 15, 17, 19 e 21),

Antonio Gutiérrez Pita (páxina: 23) e Sol Enriquez Paredes (páxina: 6).

Proxecto cofinanciado por:

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

3 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

A Gaivota patiamarela (Larus michahellis) é unha especie abundante, que

ocupa a faixa costeira, dentro da súa distribución suprapaleártica: dende o mar

Negro, polo mar Mediterráneo (tanto europeo como no norte de África),

Península Ibérica e Macaronesia.

Antigamente a Gaivota patiamarela considerábase como unha subespecie

da Gaivota arxéntea (L. argentatus), pero foi separada polos taxónomos como

unha especie diferente, con dúas subespecies: L. cachinnans michahellis e L.

c. atlantis (Wink et al, 1994). Revisións máis recentes propoñen unha nova

determinación específica ao comprobarse que dentro deste grupo de gaivotas

de patas amarelas existen especies de

diferente orixe. O novo nome específico

proposto no ano 2003 é asumido polas

organizacións internacionais como

Larus michahellis, con tres subespecies

(Jonson, 1998; Liebers et al, 2001;

Yésou, 2002)

En Galicia atopase a subespecie

L. michahellis lusitanius que se

distribúe polo sur ata a desembocadura

do río Douro, e polo norte ata o esteiro

do río Bidasoa.

É unha especie considerada sedentaria, exceptuando aos exemplares

xuvenís que poden realizar movementos dispersivos. O proceso reprodutor ten

lugar entre os meses de abril e xullo.

Introdución

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

4 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

É o lárido máis abundante da Península Ibérica e Galicia conta coa

poboación máis abundante dentro do seu rango de distribución mundial. Os

efectivos da especie no territorio español experimentaron un importante

aumento na década dos anos 90,

acadando as 100.000 parellas

reprodutoras, das que a metade

atopábanse na costa galega (A. Bermejo

& J. Mouriño, 2003). Na actualidade

semella que o seu número estabilizouse

ou incluso amosou un lixeiro declive

nalgunhas poboacións.

En Galicia, a maioría da poboación

aniñante atópase no Parque Nacional

das Illas Atlánticas, con 33.500 parellas,

principalmente no arquipélago de Cíes,

cunha poboación de 18.400 parellas.

A gaivota patiamarela é unha especie oportunista. O aumento das

poboacións e a súa expansión xeográfica parece estar asociada a unha maior

dispoñibilidade de alimento, proporcionado principalmente polas actividades

humanas; algúns exemplos son a xestión dos residuos sólidos urbanos ou das

actividades pesqueiras, o abandono da presión humana sobre as colonias de

cría, así como a antiga práctica da recolección de ovos.

Intr

oduc

ión

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

5 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

Antecedentes

Durante os anos 2000 e 2001 realizáronse campañas de marcaxe de

polos de gaivota patiamarela con aneis plásticos de lectura a distancia

(programa de anelamento aprobado pola Consellería de Medio Ambiente da

Xunta de Galicia). Este proxecto foi presentado por varios grupos de

anelamento galegos para estudar

a orixe, movementos

intercoloniais e intracoloniais,

dispersión, muda, etc. A

marcaxe de polos realizouse nas

colonias das Illas Cíes e Illas de

Ons, con aneis metálicos oficiais

do remite ICONA e unha anela

de lectura a distancia para a

identificación individual dos

exemplares marcados.

Durante o período de tempo transcorrido dende a súa marcaxe,

recompilouse a información relativa ás observacións (controis) dos exemplares

anelados, indicando o número de anela, a data, o lugar, as coordenadas UTM,

e o observador. A base de datos está xestionada polo Grupo de Anelamento

ANDURIÑA e na actualidade conta cuns 2500 rexistros, de 530 exemplares

diferentes de gaivota patiamarela, marcados con aneis especiais de lectura a

distancia, nas campañas de anelamento dos anos 2000 e 2001. Con estes

datos realízanse os historiais vitais individuais dos exemplares estudados,

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

6 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

obténdose unha valiosa información sobre a fenoloxía da especie, así como

outros datos de relevancia, que se citaron con anterioridade.

Toda esta información resulta

básica para o coñecemento e

conservación da especie. Non

debemos esquecer que a

información cientificamente sólida é

a base fundamental para calquera

política de conservación e xestión

efectiva.

Ademais, dende fai dúas décadas, a gaivota patiamarela, comezou a

colonizar zonas urbanas como lugar de nidificación, aumentando dende entón

o número de parellas que utilizan os cascos urbanos na costa galega (incluso

foron colonizados algúns cascos urbanos do interior, como é o caso de

Ourense). Esta interacción coa poboación urbana civil creou unha crecente

problemática social causada pola ocupación de tellados e terrazas en

edificacións habitadas dos centros urbanos galegos; as molestias causadas

durante o período reprodutor (entre os meses de abril e agosto) levou ás

administracións locais a realizar plans de controis da especie, de diversa

índole, sen ningún estudio científico que avalara as actuacións realizadas. En

moitos casos, abocadas ao fracaso, co conseguinte gasto do presuposto

público de forma inadecuada.

Ant

eced

ente

s

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

7 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

Xustificación do proxecto

Co incremento e a expansión, na última década, das poboacións

aniñantes desta gaivota en zonas urbanas de Galicia, produciuse unha

interacción co ser humano que desencadeou, nalgúns casos, unha grande

protesta social, principalmente na época de reprodución da especie. Algunhas

administracións realizaron medidas de control, tales como descastes de

exemplares (incluíndo métodos non selectivos, como a caza mediante o

método da cetrería, ou o uso de veleno) ou a esterilización de ovos, para

reducir as poboacións con obxecto de atenuar as molestias aos cidadáns e os

danos ocasionados nas propiedades privadas e públicas. Con todo, a pesar

dos esforzos realizados, o éxito alcanzado neste control foi moi variable e

discutible, producíndose un rotundo fracaso na maioría dos casos.

Dende o noso colectivo, somos conscientes de que a sociedade demanda

unha solución ética para resolver estes conflitos establecidos que dificultan a

convivencia. Tal é a transcendencia do debate, que diferentes organizacións

científicas a nivel europeo, están a realizar estudios referentes a discernir a

fenoloxía das especies de láridos que interactúan coa poboación civil.

Os membros do noso colectivo manteñen que a principal ferramenta para

acadar unha solución viable neste conflito tense que apoiar no estudio científico

que permita identificar os problemas, cuantificalos e avalialos, mediante

técnicas que permitan o estudio da poboación urbana de gaivota patiamarela,

así como a súa fenoloxía.

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

8 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

Obxectivos do proxecto

O principal obxectivo do proxecto é incrementar o coñecemento sobre a

bioloxía e a ecoloxía da gaivota patiamarela.

O primeiro obxectivo é acadar

información, grazas ao anelamento

científico, da poboación desta gaivota

establecida nas zonas urbanas,

encamiñada a elaborar medidas de

xestión eficaces. De vital importancia é

establecer os parámetros que determinan

a dinámica de poboacións, sendo os

principais:

1) Produtividade.

2) Supervivencia e recrutamento.

3) Taxas de emigración e inmigración.

4) Movementos rexionais e locais (fidelidade, fenoloxía, ocupación e

distribución).

O segundo obxectivo centraríase no estudo dos exemplares marcados

pola nosa organización nas campañas de anelamento dos anos 2000 e 2001.

Despois de dez anos de estudo, moitos exemplares marcados posúen aneis

plásticos gastados, o que dificulta enormemente a súa lectura correcta, ou

carecen desta marca especial. Procederase á captura dos exemplares

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

9 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

anelados nos anos 2000 e 2001 para substituír o vello anel plástico por un

novo, ampliando así a posibilidade de novos avistamentos durante os

próximos 10 anos, o que redundará na ampliación dos historiais vitais, así

como a posibilidade de estudar outros parámetros, como son a lonxevidade e

dispersión na idade adulta.

Neste contexto, estudando a fondo a información da base de datos actual,

atopámonos coa carencia de observacións (controis) de exemplares no período

reprodutor, condicionando enormemente a información relativa á determinación

da fenoloxía da especie. O fundamental sería realizar diversas prospeccións

nas colonias de cría, para acadar unha serie de obxectivos prioritarios:

1) Localizar exemplares de gaivotas marcados con aneis de lectura a

distancia das campañas de anelamento dos anos 2000 e 2001, obtendo

información que completen os historiais vitais destes exemplares.

2) Recadar información sobre a bioloxía reprodutiva deses exemplares

marcados.

3) Obter datos sobre a abundancia e unha estima dos exemplares marcados

que ocupan actualmente as colonias de nidificación das Illas Cíes e a Illa

de Ons.

4) Conseguir controis de gaivotas novas, marcadas fóra das colonias dos

arquipélagos das Cíes e de Ons, así como da Illa de Sálvora.

Obxectivos

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

10 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

Ámbito de actuación

O ámbito de actuación do proxecto, para acadar o primeiro obxectivo

referido con anterioridade, delimitarase principalmente nas múltiples entidades

urbanas da faixa costeira da provincia de Pontevedra. Non se descarta a

actuación noutros lugares da comunidade autónoma de Galicia. Esta

imposibilidade de concretar con máis exactitude o ámbito de actuación está

xustificada pola enorme variabilidade de factores externos que inflúen no

establecemento e éxito das colonias urbanas de gaivota patiamarela, así como

a inaccesibilidade ás zonas de reprodución (a maioría situadas en tellados de

difícil acceso) ou a autorización pertinente dos propietarios das edificacións

públicas ou privadas.

Para acadar os obxectivos da segunda parte do proxecto será preciso

actuar nas colonias naturais establecidas no ámbito do Parque Nacional

Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia:

Localización xeográfica: Rías Baixas de Galicia (Cíes, Ons e Sálvora,

na entrada das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, respectivamente).

Concellos: Vigo (arquipélago de Cíes), Bueu (arquipélago de Ons) e

Ribeira (arquipélago de Sálvora).

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

11 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

Figuras de protección: Parque Nacional, ZEPA (Zona de Especial

Protección para las Aves) – Illas Cíes (1988) e Illas de Ons (2001), LIC Illas

Cíes, Complexo Ons-O Grove e Complexo húmido de Corrubedo.

Ám

bito

de

actu

ació

n

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

12 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

Metodoloxía

Para obter a información necesaria e poder incrementar o coñecemento

sobre a gaivota patiamarela é necesario a utilización do anelamento científico,

técnica de estudio da avifauna consistente na individualización de aves

silvestres mediante unha anela metálica. Esta operación pasa pola captura

inocua dos exemplares obxecto de

estudo, o procesamento en man -toma de

datos biométricos, estudio da muda,

asignación de idade e sexo dos

individuos, etc.- e a liberación posterior.

Nalgúns casos, a posterior recaptura da

ave marcada ou a recuperación final como

ave morta dan a coñecer importantes

aspectos da súa bioloxía, especialmente

no relacionado cos seus movementos e

migracións.

O anelamento científico é a ferramenta imprescindible para acadar os

obxectivos indicados con anterioridade, pero para maximizar os resultados

utilizaranse anelas de lectura a distancia, que son totalmente inocuas para as

aves e facilitan o control da mesma sen necesidade de recapturala.

Cada exemplar de gaivota capturado neste proxecto marcarase cunha

anela alfanumérica de aceiro inoxidable de entre 9 e 11 mm de diámetro, 10

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

13 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

mm de altura e 1 mm de grosor, suministradas pola Oficina de Especies

Migratorias da Dirección General de Conservación de la Naturaleza, con remite

“Ministerio de Medio Ambiente-ICONA”. Acompañando a esta anela de remite

oficial, colocarase unha anela plástica verde (PVC de tres capas; verde,

branco, verde) de entre 10 e 11 mm de diámetro, 35 mm de altura e 2 mm de

grosor, cunha inscrición simple alfanumérica de cor branca, o que significa que

mostran números ou letras grabadas, e posúen unha única inscrición que se

repite ao redor da anela. A inscrición das anelas son verticais, e comezan coa

letra “Z”, que identifica o programa oficial europeo de marcaxe de Gaivota

patiamarela (L. michahellis) en Galicia (coa autorización do coordinador

europeo Peter Rock). A seguinte letra da inscrición, “S”, identifica ó actual

proxecto de marcaxe. Os dous últimos díxitos alfanuméricos identifican e

individualizan ao exemplar de gaivota. A continuación móstrase unha

representación das anelas plásticas anteriormente descritas (onde “X” pode ser

un número ou unha letra):

A colocación da anela metálica oficial realizarase indistintamente en

tarsos ou tibias, mentres que a anela plástica colocarase sempre nun dos

tarsos. Ver fotografía inferior.

Met

odol

oxía

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

14 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

A continuación, explicamos a metodoloxía de captura a desenvolver neste

proxecto de marcaxe, tanto para os exemplares xuvenís (polos na colonia de

cría) como para os exemplares adultos:

As gaivotas patiamarelas aniñan en colonias, no chan, normalmente preto

da auga, en cornixas acantiladas, grandes rochas e tellados e terrazas de

edificacións. Nas colonias debemos extremar as precaucións e maximizar as

tarefas a desenvolver debido á brevidade das intervencións na mesma.

A marcaxe de polos realizarase entre os meses de xuño e xullo,

coincidindo co máximo número de exemplares en condicións óptimas para ser

marcados. Debemos ter en conta as seguintes consideracións:

Metodoloxía

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

15 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

A operación de anelamento planearase meticulosamente antes de

executala, formando grupos de aneladores e colaboradores coordinados para

actuar con maior eficiencia. Os polos son

nidícolas semiprecoces, deixan o niño en poucos

días e cando non están os adultos soen estar

ocultos entre a vexetación próxima. O pánico

multitudinario pode acontecer con extrema

facilidade, expoñendo aos polos a accidentes,

depredación e rigores meteorolóxicos

(especialmente a deshidratación). Cando se

proceda á súa marcaxe, trataremos de controlar

que os polos non se despracen demasiado da

zona do niño, evitando que sufran graves

agresións por parte doutros adultos de territorios

circundantes.

As colonias teñen que ser visitadas, como indicabamos anteriormente,

nas datas nas que consideremos que existe o máximo número de polos en

condicións óptimas para ser anelados, xa que existe un certo desfase entre os

propios membros da colonia. Xeralmente as actividades redúcense a un ou

dous días de entrada na colonia, aumentando o esforzo a realizar neses días.

Será preciso realizar a actividade de marcaxe con grupos coordinados, con

membros dedicados á captura, outros ao anelamento e outros á toma de datos.

Escolleranse preferiblemente as primeiras horas do día, ou as últimas da tarde,

evitando os períodos de máxima insolación. Os polos, unha vez marcados,

devolveranse ao seu lugar de captura, evitando que se despracen do mesmo,

Met

odol

oxía

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

16 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

resgardandos debaixo da vexetación, confiando na súa plumaxe críptica e no

seu comportamento innato de agocho antes que de fuxida. Tendo en

consideración esta última apreciación, será preciso vixiar coa máxima cautela

onde pisan os colaboradores e aneladores, pois existe a posibilidade de

aplastar polos escondidos na vexetación.

Para a marcaxe de exemplares adultos utilizaranse trampas especiais de

tipo cepo-malla, por suposto, totalmente inocuos para as aves. Os cepos

colocaranse no niño durante o período de incubación da posta, dende abril a

xuño.

O traballo posterior á marcaxe consistirá na localización e contabilización

dos exemplares marcados mediante a utilización de material óptico específico

(telescopios terrestres de 20-60 aumentos, axendas dixitais portátiles,

contadores analóxicos, cámaras fotográficas dixitais, ...).

Os datos de cada día de mostraxe anotaranse nunha folla de campo

estandarizada, que recollerá tanto variables de carácter xeral (data, lugar,

horario de acción, meteoroloxía, ...), como os datos de cada individuo

observado (número de anel metálico e de lectura a distancia, condición física,

sexo, ...). Con esta metodoloxía de traballo, os datos obtidos posibilitarán

realizar distintas publicacións, de carácter científico ou divulgativo, onde se

recollerá información de gran interese sobre a especie.

Metodoloxía

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

17 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

Catro exemplos de historiais de gaivotas patiamarelas

Actualmente, despois de 10 anos de arduo traballo de campo, a nosa

base de datos recolle uns 2500 rexistros, de 530 exemplares diferentes de

gaivota patiamarela (L. michahellis) marcados con aneis de lectura a distancia.

Estes datos foron facilitados por uns 130 observadores diferentes, que

colaboraron no noso programa de seguimento enviándonos os seus

avistamentos de aves marcadas.

Como exemplo da disparidade de comportamento dispersivo/migratorio,

dos individuos da poboación do Parque Nacional, proporcionado polo enorme

volume de datos recompilados nestes dez anos de proxecto, a continuación,

expoñemos catro exemplos de historiais:

ZAM7, residente na ría de Vigo

Esta gaivota con anel plástico ZAM7

é un bo exemplo de individuo sedentario.

Durante estes 10 anos de seguimento

rexistráronse un total de 95 observacións,

todas elas na ría de Vigo. Tamén é

destacable a enorme querenza deste

individuo pola zona de Punta Balea, en

Cangas, onde se realizaron o 88% de

tódalas súas observacións.

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

18 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

ZAM7 foi anelado na colonia de Monte Agudo, na illa homónima do

arquipélago das Cíes en xullo de 2000.

A continuación represéntase o historial de ZAM7 nunha fotografía aérea,

onde se localizan as áreas de observación, así como a proporción numérica

das mesmas.

A meirande parte dos avistamentos foron realizados en época non

reprodutiva da especie. Os rexistros estivais que se observan na imaxe

superior pertencen a desprazamentos durante a súa etapa xuvenil. Na

actualidade, carécese de información referente ao asentamento reprodutor

deste exemplar.

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

19 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

ZAM8, invernante na costa norte de Portugal

A gaivota patiamarela con anel

plástico ZAM8 foi anelada xunto a

ZAM7, no mesmo niño. Aínda así,

estes dous irmáns amosan

comportamentos migratolóxicos

totalmente diferentes. ZAM8 inverna

no esteiro do río Douro, retornando

ás inmediacións da súa colonia de

nacemento durante o período

reprodutor.

Este exemplo de desprazamento a localidades de invernada despois do

período reprodutor é un dos comportamentos que se desprende do estudo dos

historias da base de datos do noso grupo.

Na seguinte imaxe represéntanse os lugares de observación e a

proporción numérica das mesmas, así como a época na que foron realizadas

(época non estival: dende o mes de outubro ata o mes de febreiro; época

estival: de marzo a setembro), referentes aos 18 avistamentos de ZAM8

durante estes dez anos de estudo.

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

20 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

Como se pode comprobar a zona de invernada de ZAM8 atopase a 120

quilómetros da colonia de Monte Agudo (observacións de Andreas Buchheim et

al, Peter Rock, Antero Lindholm e Emilio Martínez, dende 2000 ata 2010), onde

foi marcada no verán de 2000. Existen nove observacións nas inmediacións

desta colonia durante diferentes tempadas estivais (Alberto Pastoriza e Jorge

Mouriño, dende 2008 ata 2010), pero carecemos de observacións que

confirmen o seu asentamento como reprodutor.

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

21 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

ZAM6, residente no País Vasco

A gaivota patiamarela con anel

plástico ZAM6 amosou outro

comportamento totalmente diferente

ao dos seus irmáns (os dous

anteriores: ZAM7 e ZAM8). ZAM6

realizou un movemento dispersivo

nalgún momento entre o ano 2000 e

xullo do ano 2007, cando foi

localizada na costa de Guipuzkoa,

dende entón é residente nesta área

do Cantábrico.

Este exemplar contabiliza un total de 16 observacións, a totalidade delas

na área de Gipuzkoa e proximidades.

Na seguinte imaxe represéntanse os lugares de observación e a

proporción numérica das mesmas, así como a época na que foron realizadas

(época non estival: dende o mes de outubro ata o mes de febreiro; época

estival: de marzo a setembro).

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

22 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

Unha distancia superior os 580 quilómetros separan a esta femia de

Gaivota patiamarela da súa colonia natal na illa de Monte Agudo (Vigo,

Pontevedra). En diferentes ocasións dende o período reprodutor do ano 2007

foi observada na colonia de Ulia (Guipuzkoa, Euskadi) defendendo territorio e

emparellada. Confirmouse a súa reprodución en dúas ocasións (observacións

de Asier Aldalur et al, xuño 2008 e maio 2010).

Tamén existen 6 observacións en período non estival que corroborarían a

súa estancia no período invernal na zona próxima á colonia de Ulia, nunha

zona que abarcaría dende a desembocadura do río Bidasoa polo leste, ata a

localidade de Zarautz polo oeste.

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

23 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

ZDM0, sobrevivinte da marea negra do Prestige

A gaivota con marca especial

ZDM0 foi anelada na colonia de Burato -

Fedorentos, illa de Ons, no mes de xullo

de 2001.

A día de hoxe este exemplar conta

con 46 observacións, o 87% delas

realizadas na costa Ártabra

(observacións de Antonio Gutiérrez, Luis

José Salaverri e Paco Girón, dende 2003

ata 2010), onde está presente durante

os meses de inverno, dende o mes de

outubro ata o mes de febreiro.

Como curiosidade salientable, durante unha serie de observacións na

costa Ártabra, observouse que este exemplar sufriu un alto grado de afección

polo crú derramado no afundimento do buque Prestige. Posteriores

observacións constataron a súa completa recuperación (observ. Antonio

Gutiérrez, 2007).

A continuación representase o historial de ZDM0 nunha imaxe obtida por

teledetección, mostrando os lugares de observación e a proporción numérica

das mesmas, así como a época na que foron realizadas (época non estival: de

outubro ata febreiro; época estival: de marzo ata setembro).

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

24 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

Como indicábamos con anterioridade, e como se mostra na imaxe

superior, ZDM0 mostra unha querenza pola costa Ártabra como lugar de

invernada, a 160 quilómetros da colonia da illa de Ons onde naceu. Ao acadar

a madurez sexual, e durante o período reprodutor da especie, establécense os

primeiros rexistros na zona da colonia onde naceu seis anos atrás (observ.

Jorge Mouriño, 2007). En total, son catro as observacións de ZDM0 na colonia

durante diferentes tempadas estivais; en dúas ocasións ZDM0 foi observada

emparellada e defendendo territorio, nunha delas comprobouse definitivamente

a súa reprodución (Jorge Mouriño e Alberto Pastoriza obsv. persoais, 2010).

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

25 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

Equipo participante no proxecto ALBERTO PASTORIZA BARREIRO (COORDINADOR), maior de idade, titular do

DNI 53 xxx xxx, con domicilio na Avda. xxxx, xx, 36940-Cangas de Morrazo

(Pontevedra). Anelador experto (avalado polo C.M.A da S.E.O./BirdLife).

ANTONIO FERNÁNDEZ CORDEIRO, maior de idade, titular do DNI 36 xxx xxx, con

domicilio na rúa x xxxx, xx, 36940 Cangas de Morrazo (Pontevedra). Anelador experto

(avalado polo C.M.A da S.E.O./BirdLife).

MANUEL ALONSO ALONSO, maior de idade, titular do DNI 36 xxx xxx, con domicilio

en xxxxxx nº xxx, 36215–Vigo (Pontevedra). Anelador experto (avalado polo C.M.A da

S.E.O./BirdLife).

EMILIO MARTÍNEZ SABARÍS, maior de idade, titular do DNI 35 xxx xxx, con domicilio

no xxxxxxx, xx, xxxxxxxx, 36990-Sanxenxo (Pontevedra). Anelador experto (avalado

polo C.M.A da S.E.O./BirdLife).

PABLO ALEJANDRO SANMARTÍN SANTIAGO, maior de idade, titular do DNI 35 xxx

xxx, con domicilio na Rúa xxxxxx, x, xx, 36162-Pontevedra (Pontevedra). Anelador

experto (avalado polo C.M.A da S.E.O./BirdLife).

Mª SOL ENRÍQUEZ PAREDES, maior de idade, titular do DNI 78 xxx xxx, con

domicilio en xxxxxxxx, nº xx, 36940-Cangas de Morrazo (Pontevedra). Anelador en

prácticas.

RUBÉN PORTAS PÉREZ, maior de idade, titular do DNI 77 xxx xxx, con domicilio en

Avda. xxxxxxx, nº x, 36163, San Salvador de Poio (Pontevedra). Anelador en

prácticas.

SOLEDAD BASTOS LAGO, maior de idade, titular do DNI 36 xxx xxx, con domicilio

en Rúa xxxxxx, nº xx, xx 36940, Cangas (Pontevedra). Anelador en prácticas.

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

26 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

Colaboradores Dende ó comezo do programa de marcaxe desta especie, iniciado no ano

2000 por parte da nosa organización, uns 128 observadores colaboraron enviándonos os seus avistamentos de aves marcadas. Persoas que realizaron un traballo de campo de forma desinteresada e altruísta, que fai posible a elaboración de estudios científicos que incrementan o coñecemento sobre a bioloxía e a ecoloxía da gaivota patiamarela, a todos eles, o noso sincero agradecemento.

Asier Aldalur, Manolo Alonso Alonso, David Álvarez Graña, César Álvarez

Laó, Clemente Álvarez Usátegui, José Antepazo, Francisco Arcos, Locus Avis S.L., Álvaro Barros, Soledad Bastos Lago, Andrés Bermejo, Luís Bermúdez, Andreas Buchheim, Juan Cabeza, Juan Carlos Cabrero Figueiro, David Calleja, Quique Carballal, María Cristina Casalderrey Cánovas, José Cedeira, Rafael Costas, Jesús Domínguez Conde, Juanma Domínguez Robledo, Camille Duponcheel, Juan Francisco Cuadrado, Frode Dalkenberg, Cosme Damián Romai Cousido, Emmanuel D`Hoore, Eneko Díez, Sol Enriquez Paredes, Paulo Faria, Luz Fernández, Pablo Fernández, Antonio Fernández Cordeiro, Antonio Fernández Marín, Gustavo Ferreiro, Manuel Figueiras, Aitor Galarza, José Gándara, Maite García, Manuel García Chorén, Paco Girón Veiga, Encarna González, José Ramón González, María Victoria González, Serafín González, Martin Gottschling, Arnold Gronert, Antonio Gutiérrez Pita, Ricard Gutiérrez, Alfredo Herrero, Jon Hidalgo, C.J. Camphuysen, C.J. De Graaf, Gilberto Jardón, Antero Lindholm, Miguel López Caeiro, Justo Lorenzo, Salvador Lustres, Susana M. Garrido, Javier Marchamalo, David Martínez Lago, Emilio Martínez Sabarís, Antonio Membrives, Jesús Menéndez, Olga Mijón, Malcolm Millais, Rubén Moreno, Jorge Mouriño, Gonzalo Mucientes, Axel Müller, Gorka Ocio, Maider Olondo, José Otero Maijón, Yolanda Ozaeta, José Luis Pacheco, Xosé Pardavila Rodríguez, Alberto Pastoriza Barreiro, Manuel Pastoriza Fernández, Ángeles Pastur Torres, Samuel Paz, Fernando Pereiras de la Cal, Antón Pérez, José Piñeiro Lemos, Manu Polo Aparisi, Amadeo Pombo Eirín, Marcos Prada, Juan José Ramos Escalado, Enrique Rego, Xabier Remirez, Simón Rial Pousa, José Carlos Río Pérez, Peter Rock, Xan Rodríguez Silvar, Francisco Javier Romai Pérez, Rafa Sainz, Sergio Sala, Luis José Salaverri Leiras, Toño Salazar, Rafael Salvadores, Tito Salvadores, Miguel Salvande, Txema Sánchez, Antonio Sandoval, Pablo Alejandro Sanmartín Santiago, Iván Sarabia, Borys Scefczyk, Luís Enrique Senra Valverde, Pablo Sierra, Porfirio

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

27 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

Solla, David Sowter, Juan Antonio Tomé Cruz, Estación de Anillamiento de Txingudi, Xulio Valeiras, Xabier Varela Varela, Xabier Vázquez Pumariño, Ignacio Vega, Lalo Ventoso, Harry Vercruijsse, José Vidal Meilán, César Vidal Rodríguez, Rob Voesten, Stef Waasdorp, Chris Wells, Joyce Wilson, Peter York.

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

28 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

Bibliografía

ÁLVAREZ, C. 1997. Diferencias estacionales en la población asturiana de gaviotas Patiamarillas. Jornadas Ornitológicas Cantábricas (Actas). Avilés. ARCEA. 2001. Censo de gaviotas no ámbito do Parque das Illas Atlánticas e Provincia de Pontevedra. Informe inédito. Pontevedra: Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural de Pontevedra, Xunta de Galicia. BÁRCENA, F., TEIXEIRA, A. M. & BERMEJO, A. 1984. Breeding seabirds populations in the Atlantic sector of the Iberian peninsula. Croxall, J. P., Evans, P. G. H. & Schreiber, R. W. (eds): Status and conservation of the word´s seabirds. Cambridge: ICBP. (Technical Publication nº2). CARRERA, E., MONBAILLIU, X. & TORRE, A. 1993. Ringing recoveries of Yellow-legged Gulls in northern Europe, en Actas del II Simposio Aves Marinas del Mediterráneo. SEO/BirdLife e varios autores. Madrid. CONDE TEIRA, M. A. 1999. Nomes galegos para as aves ibéricas. Chioglossa, 1: 121-138. A Coruña. CRAMP, S. & SIMMONS, K. E. L., 1983. Handbook of the Birds of Europe, The Middle East and North Africa: The Birds of the Western Palearctic. Vol. III. Oxford University Press. Oxford. DÍAZ, M., ASENSIO, B. & TELLERÍA, J. L. 1996. Aves Ibéricas I. No Paseriformes. Ed. J. M. Reyero. Madrid. DOMÍNGUEZ, J., TAPIA DEL RÍO, L., MARTÍN, G., ARENAS, M., QUINTERO, I., REGO, L.E. & VIDAL, M. J. 2003. Atlas de las aves nidificantes de los Archipiélagos de Cíes y Ons. Ed. Organismo Autónomo Parques Nacionales, Ministerio de Medio Ambiente. Madrid. FERNÁNDEZ CORDEIRO, A. 1990. Influencia de los vertederos en los desplazamientos y la distribución costera de las Gaviotas.. Miscelania Zoológica. Madrid.

Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

29 de 29

O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail [email protected] • Tel.: 658 993 396

GARAITA, R. & DEL VILLAR, J. 2006. La Gaviota patiamarilla (Larus michahellis) en Urdaibai. Gobierno Vasco. Departamento de Medio Ambiente y Ordenación del Territorio. Urdaibai. MALLING OLSEN, K. & LARSSON, H. 2003. Gulls of Europe, Asia and north America. Ed. Christopher Helm. London. MARTÍ, R. & DEL MORAL, J. C. (Eds.) 2003. Atlas de las Aves Reproductoras de España. Dirección General de Conservación de la Naturaleza-Sociedad Española de Ornitología. Madrid. MARTÍ, R. & DEL MORAL, J. C. (Eds.) 2003. La invernada de aves acuáticas en España. Dirección General de Conservación de la Naturaleza-SEO/Birdlife. Ed. Organismo Autónomo Parques Nacionales, Ministerio de medio Ambiente. Madrid. MOURIÑO, J., SIERRA ABRAÍN, F. & ARCOS, F. 1999. Nidificación urbana de Gaviota patiamarilla (Larus cachinnans) en Vigo (Galicia). Chioglossa, 1: 47-52. A Coruña. MUNILLA, I. 1997. Desplazamientos de la gaviota patiamarilla (Larus cachinnans) en poblaciones del norte de la Península Ibérica. Ardeola 44: 19-26. PINILLA, J. (Coord.) 2000. Manual para el anillamiento científico de aves. SEO/BirdLife e DGCN-MIMAM. Madrid. S.G.H.N. 1995. Atlas de vertebrados de Galicia. Tomos 1 e 2. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela. SOL, D., ARCOS, J.M. & J.C. 1995. The influence of refuse tips on the winter distribution of Yellow-legged Gulls (Larus cachinnans). Bird Study 42: 216-221. SVENSSON, L., MULLARNEY, K. & ZETTERSTRÖM, D. 2009. Guía de aves, España, Europa y región mediterránea. Ed. Omega. Barcelona.