PUGA ZETA Nº2

36
A gaceta do IES Puga Ramón promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística Galega CURSO 2011-2012 Nº 2 Lembra coller un exemplar do Puga Zeta. Por fin rematan as clases! Pero… vós non calaredes nin o último día! Nenos lembrade repasar algo no verán…! Creo que ao final ata botaremos de menos o insti!

description

A gaceta do IES "Puga Ramón" promovida polo Equipo de Dinamización Linguística

Transcript of PUGA ZETA Nº2

Page 1: PUGA ZETA Nº2

A gaceta do IES Puga Ramón promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística Galega

CURSO 2011-2012 Nº 2

Lembra coller un exemplar do Puga Zeta.

Por fin rematan as clases!

Pero… vós non calaredes nin o último día!

Nenos lembrade repasar algo no verán…!

Creo que ao final ata botaremos de menos o insti!

Page 2: PUGA ZETA Nº2

BENVIDA

Apertura de curso ................................. 2

ACTIVIDADES

Magosto e Samaín .................................. 3

Cine: Vilamor ........................................... 4

Correlingua .............................................. 5

Proxecto Lector ..................................... 6

Educación Plástica .................................. 7

Educación Física ..................................... 8

A day in the life at Puga Ramón ........... 9

Estudar en USA ................................... 10

Intercambio coa Bretaña francesa ....11

Día Mundial do Medio Ambiente ........ 12

Quen é Paula? ....................................... 13

Taller de poesía .................................... 14

Fotografía matemática ....................... 15

Festa de graduación ............................ 16

ENTREVISTAS

Miguel Lorenzo ..................................... 17

Pugadramón ........................................... 18

REPORTAXE

Catro petroleiros e un cargueiro ....... 19

A NOSA CULTURA

Os nosos instrumentos ....................... 24

Os nosos bichos .................................. 24

Homenaxeado 2012: Paz Andrade .... 25

Centenario de Álvaro Cunqueiro ....... 27

CIENCIA E TECNOLOXÍA

As aulas virtuais .................................. 28

A física: a miña gran amiga ................ 29

Selenium ................................................ 31

PASATEMPOS ..................................... 32

MODA ................................................... 34

Estamos de aniversario!!

Como ben sabedes, a nosa gaceta cumpre un ano. Se o curso pasado vos contabamos todas as dificultades que tivemos que salvar para sacar adiante este proxecto, deste ano pouco menos poderiamos dicir.

Iso si, temos que recoñecer que todas as carencias que atopamos: moi pouca experiencia, falta de tempo, e poucos cartos (a crise, xa sabedes), foron paliados cunha enorme ilusión e moitísimo traballo.

Grazas a todos, alumnos e compañeiros, os que crestes en nós e nos botastes unha man. A vosa axuda foi imprescindible.

Esperamos que vos guste e felices vacacións!

O Equipo de Dinamización Lingüística Galega

1

Page 3: PUGA ZETA Nº2

Na apertura de curso contamos cun grande dentro da Lingua e a cultura galegas, Xosé Neira Vilas. Nesta pequena reportaxe tentarei achegarvos un pouco máis a este gran escritor e defensor da lingua e a cultura galega, e tentarei transmitirvos como vivimos os alumnos este momento tan especial. Neira Vilas naceu en novembro de 1928 en Gres, Vila de cruces, un pobo da comarca pontevedresa. Con tan só 21 anos, emigra a Bos Aires e alí realiza diversos estudios en campos coma a música, o xornalismo ou a literatura. Toma conciencia da identidade de Galicia , en contacto, sobre todo, con moitos intelectuais que se atopaban no exilio, e isto propicia que comece a participar activamente na loita a favor da cultura da súa terra, Galicia.

Casa en 1957 coa cubana Anisia Miranda e xuntos fundan a editorial “Follas Novas” coa idea de dar a coñecer Galicia, a súa lingua e a súa cultura, en América a través da literatura. Os dous marchan vivir a Cuba e nos trinta anos que viven alí, mantén a súa loita como activista galego e escribe a maior parte da súa obra literaria. Realiza estudos acerca da emigración dos galegos a países Americanos e publica varios libros sobre este tema, que tanto lle preocupaba.

Cos anos, volta coa súa muller, Anisia a Gres a súa aldea natal onde actualmente preside a Fundación Cultural Xosé Neira Vilas. Nestes últimos anos fóronlle outorgados varios recoñecementos como, por exemplo, o de Doutor Honoris Causa pola universidade da Coruña e membro numerario da Real Academia Galega. Tamén recibe algúns premios entre os que destacan o Premio da Crítica Española ( narrativa) e o premio da Crítica Galega (ensaio) entre outros.

Durante as xornadas, Neira Vilas contounos moitos datos biográficos da súa vida, centrándose sobre todo na súa experiencia polas “Américas”, sempre cun ton humorístico, o que nos serviu para achegarnos máis a el e comprender mellor os seus sentimentos. Tamén nos fixo reflexionar sobre a situación do galego, a través dos seus pensamentos, aínda que hoxe en día se fale pouco, xa se

falou menos na súa época. Sen dúbida foi unha experiencia entrañable telo ao noso carón, tan simpático e amable, e poder gozar do privilexio de escoitar a testemuña da evolución do galego de primeira man, persoas tan loitadoras como el, poucos días se ven.

Este ano, as xornadas contribuíron a concienciarnos a prol da utilización e do ensino en galego, dado que é algo autóctono e que deberiamos defender, as nosas raíces, o que é noso, e loitar para que non desapareza. DE NÓS DEPENDE QUE A NOSA LINGUA E A NOSA CULTURA SIGAN VIVAS!

Juan García Catoira. 1º BAC A

2

Page 4: PUGA ZETA Nº2

Como xa sabedes todos os cursos aproveitamos un día do mes de novembro para celebrar o Magosto e o Samaín, dúas festas tradicionais galegas. Este ano acercouse ao instituto un contacontos que nos contou historias de medo, asamos castañas, divertímonos con diferentes xogos e repartimos os premios do concurso de cabazas.

OS NENOS QUE DESCUBRIRON AS CASTAÑAS ASADAS

Conta unha lenda que hai moitos, pero moitos, moitísimos anos, nun pobo vivía un matrimonio moi pobre que tiña moitos fillos. Todos os veciños os axudaban. No tempo das patacas, dábanlles patacas, no tempo das uvas, dábanlles uvas; e tamén no tempo das castañas, dábanlles castañas. 0 único que non lles daba nada era un home que era tan rico como avaro. Un día, dous dos fillos máis novos desa familia foron buscar castañas, e apañaron as que caeran ao camiño, dun dos castiñeiros dese home rico. Eles non o viran pero el estaba no souto queimando nunha borralleira. Chamou aos nenos e mandoulles botar ao lume as castañas que apañaran no camiño. 0s nenos, con moito pesar, botáronas e fixeron que marchaban, pero agocháronse detrás dun dos castiñeiros, coa esperanza de recuperalas cando o home marchara. E así foi, cando o home marchou, eles puideron recuperar as castañas, pero estas xa estaban asadas.

GAÑADORES DO CONCURSO CABAZAS

1º PREMIO: Paula Souto Cores (2º ESO B) 2º PREMIO: Carol Pico García (1º ESO C)

3

Page 5: PUGA ZETA Nº2

O alumnado de 1º de Bacharelato asistiu a unha charla na que Ignacio Vilar, Rubén Ríos e Sarela Arán lles relataron todas as peripecias que correron na rodaxe da súa última película. A que non imaxinabades que os actores teñen que traballar doce horas diarias?

A longametraxe Vilamor, que para moitos foi o filme do ano, estreouse o catro de Maio na Coruña. E por sorte, os alumnos do IES Rafael Puga Ramón puidemos compartir unha emocionante hora con dous dos actores principais e o director do fermoso filme, Ignacio Villar.

Durante esta hora, entre os tres fóronnos contando todo o proceso de gravación dun filme, unha longametraxe ou simplemente unha curta. A min persoalmente pareceume sorprendente todo o tempo que tardaron en filmala (aproximadamente 3 meses) e o feito de que tiveran que gravar moitas horas ao día e que ao mellor de ese día só aproveitasen 10 minutos. Na produción xorden sempre imprevistos e cantos!: un son que non vén a conto, un actor que se trabuca, condicións climatolóxicas adversas ( o tempo que é así de caprichoso) , un foco que, mira ti por onde, dáselle por estoupar no peor momento, una lampa que se funde, un animal que non obedece ao que se lle di (ousado!), etc… E son estes imprevistos os que dificultan a rodaxe ou incluso poden votar a perder todo o filmado durante un día ou unha semana. Foi Rubén Ríos, un dos actores principais, quen transmitiu moita alegría e vitalidade a toda a charla, e a fermosa actriz Sabela Arán foi a encargada de aportar o toque máis serio. Rubén xa tiña debutado como protagonista noutra película do devandito director : “Pradolongo” (que eu fun ver porque foi rodada no meu pobo), pero para Sabela, Vilamor era a súa primeira película como protagonista. Entre os tres interpretaron unha pequena improvisación moi divertida coa que nos fixeron rir a todos e que nos axudou a comprender moitos aspectos da súa profesión.

A través da longametraxe viaxamos aos anos 70 a unhas comunidades instaladas en lugares inaccesibles e esquecidas do progreso, que buscaban unha sociedade distinta, máis natural .

TES QUE IR VELA!!

Daniel Rodríguez Díaz, 1º BAC B

4

Page 6: PUGA ZETA Nº2

O correlingua arrincou en Ourense o 2 de maio e rematou o día 16 do mesmo mes en Viveiro tras percorrer 11 localidades. O noso centro estivo representado por 2º da ESO. Reivindicamos a nosa lingua e pasámolo en grande pero se nos fixo curto de máis. O Correlingua é unha actividade na que se reivindica o uso da lingua galega. Fixémola o venres 4 de maio. Os días anteriores á actividade adicámonos a realizar unhas pancartas feitas con cartolinas. Nelas puxemos slogans relacionados co uso do galego e coa nosa variedade lingüística. O día do Correlingua, rematamos as nosas pancartas. A segunda hora, saímos do instituto. Antes da saída, tiramos unhas fotos coas nosas pancartas. E despois saímos no autobús dirección ao Palacio dos Deportes. Esperamos a que chegaran todos os colexios e institutos, e despois saímos cara a Torre de Hércules. Camiñamos polo Paseo Marítimo ata “Os Salesianos”, e despois collemos cara a dereita, cara a Praza de España. Despois dirixímonos á rúa de Orillamar e camiñamos por esa rúa ata a Torre de Hércules. Cando chegamos á Torre de Hércules, había un escenario onde actuaba un grupo, o Grupo Nugalla, onde cantaron varias cancións en galego. Cando rematou a festa, varias persoas foron saudar aos cantantes, e despois diso, volvemos ao instituto. En resumo, foi unha xornada onde nos manifestamos para reivindicar o uso da nosa lingua, camiñando desde Riazor ata a Torre de Hércules.

Andrés Antelo Abeijón 2ºESO C

5

Page 7: PUGA ZETA Nº2

Un ano máis o Proxecto Lector organizou a segunda edición da xa coñecida feira de libros, cómics, videoxogos e películas do instituto. Seguro que moitos de vós xa estades agardando pola Pugafeira do próximo curso, así que ide gardando o que queirades trocar. Tamén podedes consultar aquí os gañadores dos concursos de lectura e das cartas e postais de San Valentín.

Na biblioteca do instituto, en diferentes días ao longo do ano, durante os dous recreos, toda a comunidade escolar tivo a oportunidade de cambiar os seus libros, películas (orixinais), videoxogos e cómics usados por novos títulos.

Cada participante recibiu un vale por exemplar que puido cambiar por outro libro, cómic ou película e os exemplares non escollidos por ninguén foron devoltos aos seus donos.

GAÑADORES DO CONCURSO DE LECTURA

1º PREMIO: Lucía Lema Corral (1º ESO C) e Lucía García Pereiro (2º ESO C) 2º PREMIO: Virxel Viéitez García (1º ESO C) e Iván García García (2º ESO C)

GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTAS E POSTAIS DE SAN VALENTÍN

Paula Souto Cores (2º ESO B) e Jennifer Pereyra Príncipe (2º ESO A)

6

Page 8: PUGA ZETA Nº2

CONCURSO DE PINS E LIBROS “A MEDIACIÓN” organizado por Debuxo, Audiovisuais e Mediación PINS: LIBROS:

1º Premio: Raquel Mahía Vilariño (1º ESO C) 1º Premio: Lucía López Bujeiro (2º ESO C) 2º Premio: Carmen Seoane Rodríguez (1º ESO C) 3º Premio: Laura Campos Canosa (1º ESO C) Outros Libros: Raquel Mahía Vilariño (1ºESO C)

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “XURXO

LOBATO”

Accésit: . Lucía López Bujeiro (2º ESO C) Mención honorífica ao noso instituto pola súa constancia e pola calidade dos traballos participantes en anteriores edicións.

CONCURSO DE CÓMIC “MULLER TRABALLADORA” organizado pola Deputación

da Coruña

2º Premio: Carmen Seoane Rodríguez (1º ESO C) Finalistas: Raquel Mahía Vilariño (1º ESO C) e Sergio Capelán Ruibal (1º ESO A)

Os alumnos de 1º de ESO realizaron unha exposición de carteis e os de 2º fixeron unha serie de curtas que podedes ver no blog “Puga TiVi”.

7

Page 9: PUGA ZETA Nº2

SEMANA BLANCA NO PIRINEO ARAGONÉS

Os alumnos de 4ºESO e 1ºBAC fomos de excursión a estación invernal do Val de Astún, no Pirineo Aragonés. Aquí estamos nunha foto de grupo previa a unha guerra de bólas de neve, aínda que falta algún compañeiro que quedou aproveitando ata o último segundo. Con este curso dunha semana obtivemos un diploma en materia de esquí e outro en convivencia social, médica e de “paseo en trenecito”.

GOALBALL

Os alumnos de 3º da ESO asistiron a unha demostración no pavillón do instituto deste deporte paralímpico, creado para persoas cegas e deficientes visuais.

Baséase principalmente no sentido auditivo para detectar a traxectoria da pelota no xogo e require, ademais, unha gran capacidade espacial para saber estar situado en cada momento no lugar máis apropiado, coa finalidade de coller ou lanzar a pelota.

PATINAXE SOBRE XEO

Como se vén facendo ao longo de todos estes anos, no mes de xaneiro os alumnos de 1º ESO acudimos a patinar ao Coliseum. Pasámolo xenial cos osos e pingüíns dos nenos pequenos, patinamos en grupo, de xeito individual, facendo un tren, con algunha pirueta sinxela e como non, agarrados ao valo. Aínda que nos soubo a pouco, rematamos tomando a merenda alí acompañada dun chocolate quentiño.

8

Page 10: PUGA ZETA Nº2

Este curso tivemos por primeira vez dúas Seccións Bilingües no centro, unha para Proxecto Interdisciplinar en 1º de ESO e outra para Física e Química en 3º de ESO. Os rapaces de primeiro quixeron contarnos como é un día no Instituto.

Every day we come to school early. The lessons start at ten to nine. When we arrive late we must go to the library. We have got six lessons every day. On Mondays in the afternoon we must go to school too.

Jesús Deibe 1st C

In our school there are two breaks: -The first break is at half past ten. -The second break is at half past twelve. Breaks last twenty minutes. People in the first year can’t leave the school. We are in the yard. Brais Freire 1st C

English class is different because we are sometimes in Esther Classroom. It’s the language lab. There are computers and there is a whiteboard. We can do oral practice there.

Brais Freire 1st C

The lessons finish at half past two every day. On Monday in the afternoon they finish at ten past six. It’s a very long day!! Gema Gurdiel 1st C

9

Page 11: PUGA ZETA Nº2

Esta é a experiencia que viviu un dos vosos compañeiros ao longo da súa estancia en Estados Unidos, pasouno de cine, aprendeu un montón de cousas e ata estivo algún tempo na NASA, quen puidera! "Son Alberte, gradúome este ano e gustaríame contarvos a miña experiencia o ano pasado en USA. Alí fixen o equivalente a 1º de Bacharelato durante un ano enteiro cunha familia americana nunha High School ( o que aquí vén a ser un instituto). Todo isto fíxeno mediante as becas do concello, as cales vos recomendo pedir e que se poden chegar a conseguir sen ser un alumno de sobresaliente (coma no meu caso). Marchei a principios de agosto do 2010, tres días antes de empezar o colexio alí, e volvín despois de 10 intensos meses, a principios de xuño do 2011, tras percorrer gran parte de USA (Washington, Alabama, New York, Florida, Utah, Alabama, Michigan, Ohio, Ilinois, Indiana...), formar parte de equipas de fútbol, fútbol americano, natación e atletismo (nos que fun tratado coma unha estrela e nos que fixen moitos amigos ) e despois de aprender moito inglés, que falo agora sen ningún problema. Ao chegar alí non entendía ren a ninguén, pero pouco a pouco, entre moitos momentos graciosos, fun afacendo o oído e enterándome cada vez de máis cousas: do que dicían os profes en clase, das charlas dos familiares e amigos e das pelis e series que vía. Ata o instituto resultou moi fácil e entretido e as clases parecéronme totalmente diferentes ás de aquí. Foi unha experiencia incrible que ao principio parecía longa, pero que no último mes, deume ata pena que ese ano pasara tan rápido. Se estades a tempo de pedir as becas ou de ir alí mediante algunha organización, recomendovolo sen dubidalo nin un minuto, porque aprenderedes inglés, coñeceredes un país novo, aprenderedes a buscarvos a vida (alí estaredes con familias, pero aínda así "almost everything is up to you"), faredes un montón de amigos e "familiares" (por chamalos dalgunha maneira, xa que serán moitas as experiencias que viviredes coa familia de alí), aprenderedes moitas costumes novas... ademais de que, como xa saberedes polas pelis, vivir a vida americana por un tempo mola moito”. Un saúdo para todos and take care ;)"

Alberte Mato López, 2ºBACH A

10

Page 12: PUGA ZETA Nº2

Como cada ano, algúns alumnos de 3º e 4º da ESO, viaxaron a Francia para facer un intercambio cos alumnos do Lyceé Saint François Xavier de Vannes, na Bretaña. Primeiro pasaron uns días en Vannes, a fermosa vila pesqueira onde se atopa o Lyceé, e despois marcharon cara a París para coñecer a cidade e os seus fermosos monumentos. Aquí vos deixan as súas impresións sobre esta marabillosa experiencia.

11

Page 13: PUGA ZETA Nº2

O Día mundial do Medio Ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972, data na que foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas coa intención de fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política ao respecto. Brasil foi, este ano, a sede desta xornada que convidou a toda a poboación a avaliar en que áreas da vida cotiá se pode aplicar a “economía verde”. O noso centro sumouse a esta celebración, aquí vos deixamos o resumo do día verde por excelencia.

“Economía verde: Inclúete a ti?

Este ano o tema elixido foi a Economía verde, ciencia que pretende buscar o equilibrio entre economía e sostibilidade do planeta. Están incluídos polo tanto aspectos coma a xestión sustentable dos recursos, as enerxías limpas, o uso da auga, a agricultura e a gandería sostibles, os edificios verdes, os transportes limpos …

Queriamos que os rapaces reflexionaran sobre a seguinte pregunta : que podemos facer nós polo noso planeta?

Para conmemorar este día, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración cos departamentos de Física e Química e Debuxo, organizou diversas actividades para todo o alumnado do centro.

Houbo unha exposición das maquetas de neuronas que realizaron os alumnos de 3º A da ESO, un concurso de carteis para os rapaces de 1º e 2º de ESO e outro concurso de “Fotografía na natureza” para o segundo ciclo da ESO e o primeiro curso de Bacharelato.

Por outra banda o alumnado de 3º ESO D, 4º de ESO e 1º de Bacharelato puído asistir ás dúas conferencias que se celebraron no salón de actos do noso instituto. As conferencias “Espazos naturais de Galicia”, estaban enmarcadas dentro do programa “Charlas escolares” do Servizo de Conservación da Natureza e foron impartidas polo CEM.

12

Page 14: PUGA ZETA Nº2

O noso instituto sumouse á recollida solidaria de tapóns e xa levamos recollidos uns cantos kilos. Grazas a todos pola vosa colaboración, seguimos contando con vós.

Paula é unha nena, unha nena con case dous anos e coa mesma ledicia de calquera rapaza desa idade, pero ela conta cunha desvantaxe. A pequena naceu cun grave problema, sen sacro e sen dúas vértebras, isto fai que teña moita dificultade para camiñar e manterse erguida por si mesma. Para mellorar a súa situación necesita un tratamento, co problema que supón o seu grandísimo custo. Pouca xente pode permitirse este grande desembolso.

Os pais de Paula, desesperados, decidiron facer pública a súa situación e o problema da súa filla, para, dalgún modo, buscar axuda e un apoio nos demais. Os coidados que ten que seguir a cativa son nunha clínica alemana, onde, tal como comunicou o propio centro, podería superar a súa enfermidade nuns anos e chegar a camiñar sen problema ningún.

Deberon tomar esta decisión de solicitar auxilio á cidadanía xa que a Seguridade Social considerou que non era necesario o traslado a outro país. Aínda declarándolle os médicos aos país que eles non sabían que facer co caso da súa filla e que non atopaban ningún tratamento posible.

Os pais e a xente achegada a eles comezaron a idear maneiras para a recadación de diñeiro. O pobo ao que pertence Paula centrouse por completo na causa. Decidiron comezar cunha recollida de tapóns de plástico, eventos como “Un dulce para Paula”, carreiras benéficas, unha conta para donativos, … E nós no noso instituto tamén decidimos colaborar na recollida de tapóns.

E que se fai cos tapóns? Pois unha empresa encárgase da súa compra por toneladas e os destina á fabricación de perchas para a roupa. A cantidade que dan por tonelada está roldando os 120€.

A nena xa foi sometida a unha operación cun bo resultado e un prognóstico moi esperanzador. Agora mesmo está usando unhas botiñas ríxidas que lle permiten manter a postura dos seus pés e lle facilitan o movemento, xa pode camiñar con axuda!

É moi bonito decatarse do envorcada que está a xente con Paula e, en xeral, a axuda que ofrecen aos demais. Porque non fai falla ter moito para ser solidario, porque simplemente coa túa pequena ou gran achega estás a facer unha GRAN obra. Recordade que, a intención, é o que máis conta. Grazas por facer saber que aínda contamos con vós, coa xente.

Lucía Cortizas Vilar, 3º ESO A

13

Page 15: PUGA ZETA Nº2

Co gallo do día da Poesía, moitos rapaces animáronse a facer as súas propias creacións, e a verdade é que non lles quedou nada mal. Aquí vos deixamos unha pequeña mostra.

14

Page 16: PUGA ZETA Nº2

Un ano máis, celebramos o DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS (12 de maio), cunha exposición organizada polo noso departamento.

Este ano trátase dun CONCURSO-EXPOSICIÓN de FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA composta por traballos feitos con moita ilusión polo noso alumnado.

Os profes de mates quedamos gratamente sorprendidos pola masiva participación e o esmero con que foron feitos os traballos. Felicidades chavales!!

Concedéronse dous premios por ciclo. A continuación podedes ver as fotos gañadoras e na páxina web colgaremos tamén outros traballos que quixemos destacar outorgándolle un accésit.

1º PREMIO 1º CICLO ESO 2º PREMIO 1º CICLO ESO "ONDE HAI MATERIA HAI XEOMETRÍA" "EL MUNDO BAJO MIS PIES" AUTORA: CRISTINA CAÑÁS EIRÍS – 1ºA AUTOR: DANIEL CORRAL SUEIRO – 1ºC

1º PREMIO 2º CICLO ESO 2º PREMIO 2º CICLO ESO “AUSTERIDAD≠CRECIMIENTO" “EN CLAVE DE π " AUTORA: LUCÍA CORTIZAS VILLAR – 3ºA AUTORA: MARÍA LOUREIRO HERNÁNDEZ - 4ºA

1º PREMIO BACHARELATO 2º PREMIO BACHARELATO "TENDIENDO A INFINITO" "LOGn X " AUTOR: MANUEL GARRIDO CAÑÁS – 1ºA AUTOR: DIEGO FARIÑA GARCÍA – 1ºA

15

Page 17: PUGA ZETA Nº2

O 18 de maio celebramos a festa de graduación dos alumnos de 2º de Bacharelato. Deixámosvos aquí algúns fragmentos do seu discurso de despedida. Ímosvos botar de menos, boa sorte rapaces!

Gustaríame comezar destacando as enormes transformacións que sufrimos todos nós desde aquel ano 2006, que agora soa xa tan lonxe. Lembro que eu, persoalmente, estaba moi nervioso, presentáronme a idea de que a entrada ao instituto é o momento no que empezas a converterte en maior, coma o paso de neno a home. A noite anterior non durmira nada, e supoño que a moitos dos meus compañeiros aconteceulles o mesmo e non puideron pegar ollo, os nervios podían con nós. Debo nomear a bonita entrada que nos fixestes. Lembrades todas aquelas fotos nos tres carteis grandes que había na entrada distribuíndo a cada un de nós nas nosas respectivas clases? Cada un buscaba a súa foto naquel cartel azul, á vez que comezaba a ver un montón de caras novas e xa non sabía nin adonde mirar. Pronto, todas aquelas caras novas foron transformándose en amigos cos que pasamos grandes momentos, cos que rimos, choramos e tamén discutimos e gritamos, pero o importante é que conseguimos que hoxe en día formemos unha boa piña e que, nun futuro, cada vez que recordemos un destes marabillosos anos se nos poña un sorrisiño que nos faga parecer parvos. O meu primeiro día de clase foi similar, unha especie de emoción xunto cuns nervios incontrolables que me obrigaban a buscar o “modelito” que me facía xa ser unha moza maior que vai ao insti. Son momentos que recordarei sempre. Este cambio que hoxe podemos apreciar e destacar, debémosvolo a todos vós, aos que ao final acadastes este resultado do que espero que esteades orgullosos. Cambios non só físicos, senón tamén mentais, que son os que realmente vos debemos. Non só ensinabades a vosa materia, senón que tamén buscabades algo máis alá dunha lección, buscabades abrirnos a mente, que aprendésemos a ser críticos, a poder plasmar nun papel os nosos coñecementos, a saber como defendernos cando chegara o momento de saír ao mundo e ter que “buscarnos a vida” no ámbito laboral. Sempre nos destes a palabra, foi primordial para vos escoitarnos, queriades saber que opinabamos e que é o que se nos pasaba pola cabeza. Chegamos cunha visión e marchamos con outra. Ao longo destes anos aprendemos a convivir, a que todos xuntos podemos máis que por separado, a saber valorar a amizade, a unión, o fortes que nos facemos cando loitamos polo que queremos e sobre todo, a ir madurando pouquiño a pouco ata chegar ao día de hoxe, no que ademais de lembrar aos que nos foron deixando polo camiño, comezamos a ver xa o noso, que está aí, dicíndonos que agora sí, que é hora de tomar cada un o seu, e a decatarnos de que esta decisión marcará un antes e un despois.

Laura Rama Canosa, 2º de Bacharelato A

16

Page 18: PUGA ZETA Nº2

Miguel Lorenzo Torres avogado en exercicio, é actualmente concelleiro de Servizos Sociais no Concello de A Coruña. Foi profesor de Empresariais, Relacións Laborais e Turismo na Universidade de A Coruña e tamén na Escola de Práctica Xurídica. Tamén ocupou durante un tempo o cargo de portavoz do PP en asuntos urbanísticos.

Boas tardes, para comezar, de que trata exactamente a Concellería de Servizos Sociais de A Coruña? Trata de mellorar a vida dos cidadáns, sobre todo daqueles que o pasan mal.

Gústalle o seu traballo? Si, gústame porque se poden facer moitas cousas polas persoas e podes chegar a coñecer moitas situacións que doutro xeito non coñecerías.

Que é o que lle impulsou a dedicarse á política? Fun compañeiro de facultade de Alberto Núñez Feijóo e de Carlos Negreira e eles convencéronme. Ademais eu sempre tiven unha gran conciencia de servizo público, iso foi o que me motivou.

Que idade tiña cando comezou na política? Comecei con corenta e cinco anos e agora teño cincuenta.

Que lle trouxo á cidade de A Coruña e a que idade chegou? Cheguei con 27 anos por mor dun accidente de coche que tiveron os meus pais e traballei nun despacho de avogados mentres eles se recuperaban.

Aparte da súa dedicación política, que outros traballos desempeñou? Realmente teño tres traballos: avogado, profesor de Universidade e concelleiro. O que máis me gusta é o de profesor, sempre quixen ser mestre.

Que pretendía ser de maior cando era neno? Feliz…e conseguino.

E para rematar, por que decidiu estudar dereito? Porque sempre me gustou defender ás persoas. Cando estaba en Bacharelato xa me escapaba a xuízos para ver as defensas, é apaixonante poder axudar á xente coa súa defensa.

Moitas grazas , polo seu tempo e a súa atención.

Brais Freire, Jesús Deibe, Carmen Seoane, David Fraga e Sofía Díaz, 1º ESO C

17

Page 19: PUGA ZETA Nº2

Desde hai tres anos os rapaces do noso grupo de teatro reúnense cada luns para ensaiar coa axuda das profesoras Irene Correia Caballero e Marta Brage Tenreiro en estreita colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística Galega. Sabemos que están ultimando os detalles da obra “O achado do Castro” que teñen previsto representar a finais de curso e decidimos preguntarlles como ía a cousa. Velaquí as súas respostas.

Como vos chamades? Pugadramón.

Cantos sodes? Somos doce en total.

Como se chama a obra que ides representar? “O achado do Castro”.

De que vai esta obra?Trátase dunha comedia ambientada en Roma que conta dúas historias paralelas: a de dous ladróns que tentan roubar o medallón imperial e a dos amores da filla do emperador.

Como xurdiu a idea de presentarvos a teatro? Algúns porque nos gustaba o teatro e a outros parecíanos divertido.

Cando e canto ensaiades? Ensaiamos os luns ao mediodía, unha hora e cuarto á semana.

Fixéchedes algunha obra antes? Algúns si, en primaria, e outros nunca.

Tedes xa todo o material preparado? Non, aínda faltan algunhas cousas, material de vestiario e mailo telón.

Cando a ides representar? A finais de curso.

Gústavos representar algún tipo de obra en concreto? Algúns preferimos as obras cómicas, xa pero outros preferimos as románticas. Por iso nos gusta esta obra, que é cómica e romántica.

Marta Mariño, Susana Abeledo, Gema Gurdiel, Andrea Lema, Noelia Verde e David Fraga, 1º ESO

18

Page 20: PUGA ZETA Nº2

As costas galegas foron testemuñas nos últimos 32 anos de seis catástrofes marítimas vinculadas con accidentes de buques nas súas costas. Polycomander, Urquiola, Andrios Patria, Mar Exeo e Prestige son os nomes dos buques accidentados no litoral galego dende 1970 e que provocaron cinco mareas negras. Completa a lista o Casón que cargaba dous mil bidóns con produtos altamente tóxicos que arrasaron o marisqueo nunha franxa de cen kilómetros.

POLYCOMMANDER

Data do accidente-> 05/05/1970 Lugar do accidente-> Illas Cíes (Vigo) Clase de barco-> Petroleiro Bandeira-> Noruega Lugar e data de construción-> Gotemburgo (Suecia), 1965 Eslora (Lonxitude)-> 230 m Manga (Ancho)-> 29,5 m Calado (Inmersión na auga)-> 12 m Potencia do motor-> 15.000 hp (cabalos de potencia) Rexistro bruto (Volumen total do barco)-> 28.945 toneladas Tipo de contaminante-> Petróleo cru lixeiro de Arabia

RELATO DO ACCIDENTE

O Polycommander vai desde Sidón (Líbano) ata Donges (Francia) pero os mariñeiros teñen que parar en Vigo para deixar alí a un tripulante enfermo. Cando sae da ría de Vigo, encalla nuns baixos preto da Illa de Monteagudo, nas Cíes, vertendo así 15.000 toneladas de petróleo. Durante 30 horas aproximadamente o navío estivo incendiado e sufriu varias explosións. Non houbo vítimas mortais. Este incidente provocou a contaminación de 5 km de costa e uns danos valorados en 480.000 dólares nos 70. Un tribunal español encargouse de condenar ao comandante e ao segundo do Polycommander. O barco reparouse en Grecia e volveu navegar baixo outro nome.

19

Page 21: PUGA ZETA Nº2

URQUIOLA

Data do accidente-> 12/05/1976 Lugar do accidente-> A Coruña Clase de barco-> Petroleiro Bandeira-> España Lugar e data de construción-> Sestao (País Vasco), 1972 Eslora (Lonxitude)-> 276 m Manga (Ancho)-> 39 m Calado (Inmersión na auga)-> 15,19 m Peso morto (Carga sen risco)-> 111.225 toneladas Tipo de contaminante-> Petróleo cru de Kuwait

RELATO DO ACCIDENTE

O Urquiola estaba entrando no porto de A Coruña cando choca nuns baixos non sinalados no mapa. Horas despois, o barco sufriu varias explosións e, máis tarde, un incendio, contaminando o mar con 101.000 toneladas de petróleo e 200 km de costa, así como certos lugares terra adentro. Os danos foron valorados en 2,25 millóns de euros e os gastos da loita e as perdas económicas

foron de 70 millóns de euros aproximadamente. Nun principio, queríase culpar ao capitán Castelo (morto durante o incendio) como responsable, pero finalmente os tribunais declararon culpable do desastre ao goberno de España.

ANDROS PATRIA

Data do accidente-> 31/12/1978 Lugar do accidente-> A 30 millas das Illas Sisargas (Malpica, A Coruña) Clase de barco-> Petroleiro Bandeira-> Grecia Data de construción-> 1970 Eslora (Lonxitude)-> 323,7 m Manga (Ancho)-> 48,2 m Calado (Inmersión na auga)-> 19,2 m Tipo de contaminante-> Petróleo cru pesado iraní

20

Page 22: PUGA ZETA Nº2

RELATO DO ACCIDENTE

Este superpetroleiro dirixíase a Rotterdam (Países Baixos) desde o Golfo Pérsico. Un golpe de mar fixo unha brecha de entre 15 e 20 metros no casco, polo que o petróleo comezou a caer ao mar. Posteriormente incendiouse. Vertéronse 60.000 das 208.000 toneladas de petróleo que transportaba o navío, chegando a contaminar as nosas costas. Dos 37 tripulantes que había no barco (entre os que estaban a muller e o fillo do capitán), faleceron 34. Só sobreviviron os tres mariñeiros que se quedaron no Andros Patria, o contramestre, o bombeiro e o xefe de máquinas, que foron rescatados durante a mañá do día seguinte. Foi remolcado cara ao Sur para poder traspasar o cru que aínda quedaba no seu interior. A operación rematou o 9 de febreiro a 200 millas ao noroeste das illas de Cabo Verde.

CASON

Data do accidente-> 05/12/1987 Lugar do accidente-> Fisterra (A Coruña) Clase de barco-> Cargueiro polivalente Bandeira-> Panamá Data de construción-> 1969 Tipo de contaminante-> Produtos químicos

RELATO DO ACCIDENTE

O temporal sorprendeu ao Cason e fixo que a súa carga se movese e provocou un incendio no que morreron 23 dos 31 tripulantes, todos chinos. O sodio, ao entrar en contacto coa auga,

foi o responsable do incendio. Transportaba desde Hamburgo, Rotterdam e Amberes ata Shanghai 1100 toneladas de substancias inflamables (xileno, butanol, butil de acrilato, ciclohexanona, sodio), tóxicas (aceite de anilina, difenilmetano, o-cresol, dibutilfalato) e corrosivas (ácido fosfórico, anhídrido alifático). Tamén é moi posible que transportaran

21

Page 23: PUGA ZETA Nº2

substancias coma radio e uranio. O día 10 de decembro, o navío é sacudido por unha serie de explosións e a xente de Fisterra, Cee e Corcubión foi evacuada cara Santiago de Compostela, xa que as explosións das sustancias do cargueiro producían unha nube tóxica. A xente queixouse da pouca información que tiñan e dos poucos medios de evacuación. Unha parte da carga foi salvada. Ao principio queríase levar a Guitiriz (Lugo). Non foi posible xa que a poboación impediu este feito. Finalmente. foi levada a San Cibrao (Lugo) ata que foi transportada a Amberes. O Cason foi despezado en Fisterra, aínda que a súa maior parte está baixo as augas.

MAR EXEO

Data do accidente-> 03/12/1992 Lugar do accidente-> A Coruña Clase de barco-> Petroleiro-mineiro Bandeira-> Grecia Lugar e data de construción-> Xapón, 1973 Tipo de contaminante-> Petróleo cru lixeiro Eslora (Lonxitude)-> 261,02 m Manga (Ancho)-> 40,67 m

Calado (Inmersión na auga)-> 15,93 m

RELATO DO ACCIDENTE

O Mar Exeo estaba entrando no porto de A Coruña a madrugada do día 3 de decembro, pero por unha ruta pola que non debía ir, o que provocou o encallamento do petroleiro a 100 m da

costa. Segundo o capitán, un golpe de mar desviou ao barco (as condicións meteorolóxicas ás que se enfrontaba eran moi malas), pero a Dirección Xeral da Marina Mercante dixo que seguiu unha manobra equivocada. Encallou fronte á Torre de Hércules e partiuse en dous, quedando a súa proa mergullada no fondo do mar. Autorízase a evacuación dos tripulantes tempo antes de que o barco se incendiara. Ninguén faleceu.

Das 79.000 toneladas que transportaba o Mar Exeo, 67.000 vertéronse ao mar, e desas 67.000 conseguíronse rescatar 6000 toneladas. Víronse afectados 300 km de costa, 4000

22

Page 24: PUGA ZETA Nº2

traballadores que vivían do mar e entre 500 e 26.000 animais perderon a vida (cifras da Marina Mercante e de asociacións ecoloxistas respectivamente). A popa do barco quedou onde encallou ata que foi poxada anos despois. A súa áncora está no Aquarium.

PRESTIGE Data do accidente-> 13/11/2002

Lugar do accidente-> Fronte á Costa da Morte (A Coruña) Clase de barco-> Petroleiro monocasco

Bandeira-> Bahamas

Lugar e data de construción-> Maizuro (Xapón), 1976

Eslora (Lonxitude)-> 243,5 m Manga (Ancho)-> 34,4 m

Calado (Inmersión na auga)-> 18,7 m Tipo de contaminante-> Fuel-oil pesado (nº2)

RELATO DO ACCIDENTE

O 13 de novembro de 2002 o Prestige dirixíase a Xibraltar desde Letonia con 77.000 toneladas de petróleo. A 28 millas de Fisterra faise unha brecha no casco do petroleiro. Execútase a evacuación inmediata da tripulación. Deciden afastar ao barco da costa galega por se chegara a afundirse, aínda que o capitán negouse a isto durante un tempo por razón económicas. O día 19 de novembro, a 250 km da costa, o Prestige partiuse en dous cando o barco estaba remolcándose, e afundiuse no mar a máis de 3500 m de profundidade. Derramáronse 64.000 toneladas de petróleo, das cales máis de 13.500 rematáronse de recuperar en setembro de 2004. A marea negra do Prestige provocou un gran desastre ecolóxico e afectou a 295 km de costa. Tamén afectou en gran medida á industria pesqueira. Despois deste desastre, a UE prohibiu o transporte de petróleo en petroleiros monocasco.

Diego López Pombo, 4ºESO B

23

Page 25: PUGA ZETA Nº2

A pandeireta é un dos instrumentos musicais máis empregados dentro da música tradicional galega. Porén, non é orixinaria nin exclusiva de Galicia, de feito é empregada en moitas outras culturas e músicas.

Pero, como se fai unha pandeireta? Está formada por un aro de madeira de nogueira ou piñeiro cunhas ranuras nas que van metidas unhas ferrallas metálicas, de follalata, é unha das bases está cuberta con pel de animal, xeralmente de cabra.

Aínda que é común a moitas músicas do mundo, a galega ten algo que a fai especial, diferente as do resto do mundo. Esta diferenza non estriba na súa construción senón no xeito de tocala. Na maior parte do mundo a pandeireta cóllese coa man esquerda e golpéase coa dereita, pero en Galicia facémolo doutro xeito. Imos ver como: a man esquerda soe permanecer queda sostendo a pandeireta e golpeámola coa man dereita. O son deste fermoso instrumento varía dependendo de si o tocamos coa man pechada , coa man aberta… E claro, tamén dependendo da intensidade coa que a golpeemos.

Adrián Martelo e Lucía Lesta, 2º ESO A

Única raza porcina orixinaria de Galicia.

O porco celta, representante do tronco céltico puro, é a única raza porcina orixinaria de Galicia. Era a máis importante na nosa Comunidade ata comezos deste século. Está incluída no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España como raza autóctona española de protección especial ou en perigo de

extinción. Actualmente, existen exemplares de porco celta en toda Galicia, aínda que se concentran principalmente na provincia de Ourense, no sur de Lugo e no centro e noroeste da Coruña.

A grande rusticidade destes animais permítelle unha perfecta adaptación aos bosques autóctonos galegos, onde pastorea e aproveita os recursos naturais estacionais como castañas e landras.

Noelia Verde Bermúdez, 1º ESO B

24

Page 26: PUGA ZETA Nº2

O día das Letras Galegas dedicóuselle este ano a Valentín Paz Andrade avogado,

escritor e activista político. Un home que, en definitiva, traballou en prol de Galicia,

da súa cultura e do seu idioma.

Naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez

(Pontevedra).

Fillo de Francisco Paz Andrade, concelleiro de

Pontevedra, e Matilde Andrade Tojeiro.

Estudou o Bacharelato en Pontevedra e

posteriormente Dereito en Santiago.

Dirixiu o diario “Galicia” no que tamén

colaboraron Castelao, Risco, Maside e Vilar

Ponte.

En 1924 foi condenado a un mes de cárcere polo contido dos seus artigos.

Como poeta formou parte da Xeración de 1925.

En 1931 foi candidato a Deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes.

Despois do alzamento contra a República foi desterrado a Verín e á Serra de Queixa e

posteriormente a Villanueva de la Serena (Estremadura).

En 1942 empezou a dirixir a revista “Industrias Pesqueras”.

Despois da morte de Franco formou parte da Comisión dos 10 con Cañellas, Felipe

González e Tierno Galván entre outros.

En 1977 foi elixido Senador por Pontevedra.

Faleceu o 19 de abril de 1987en Vigo.

Publicou numerosos artigos periodísticos en periódicos coma “Ensino”, “Grial”,

“Outeiro”, “El País” e “La Vanguardia” entre outros.

Entre as súas obras de ensaio destacan: “Galicia como tarea”, “Sementeira do vento”,

“La marginación de Galicia”, “Los derechos sobre el espacio marítimo”, “El capital como

25

Page 27: PUGA ZETA Nº2

factor del desarrollo de Galicia”, “El sistema económico de la pesca en Galicia”,

“Producción y fluctuación de las pesquerías” e “Los derechos sobre el espacio

marítimo”.

Tamén escribiu importantes obras de poesía como: “Pranto matricial”, “Sementeira do

vento”, “Cen chaves na sombra”e “Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo”.

Entre as súas obras de narrativa salientamos: ”Soldado da morte” e “Castelao na luz e

na sombra”.

Foi nomeado membro da Real Academia Galega en 1964 e da Real Academia Galega de

Ciencias en 1985.

Foi galardoado con numerosos premios coma o Pedrón de ouro en 1975, a Cruz de San

Raimundo de Peñafort en 1978, a Medalla da Cidade de Pontevedra en 1979, a Medalla

Castelao en 1984, a Medalla ao Mérito Social Marítimo en 1984, a Medalla de Ouro da

Cidade de Vigo en 1986 e o Premio Trasaslba da Fundación Otero Pedrayo en 1986.

Brais Freire Baña, 1º ESO A

Chora, Terra, teu pranto xeneroso, o que todo galego choraría, en roda de multánime silenzo

e ollares abatidos sobor de longo corpo derrubado

que fora vivo mastro en loita núa; perto daqueles beizos, seca fonte da verba nunca antes máis belida; do peito petrucial, refrorecido

de mapoulas pampeiras, que envexan a nacencia das chorimas, xunto das postas maos voltas ao xelo, onde a eito agromaron do seu arte,

no cerne da galega patronía vizosas primaveras

Chora, Terra, teu pranto matricial

o que todo galego choraría, se inda chorar pudera,

até cobrir de bágoas o mare.

26

Page 28: PUGA ZETA Nº2

Este curso celebramos o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo.

Álvaro Cunqueiro Mora naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e morreu en Vigo o 28 de febreiro de 1981.

Estudou bacharelato no Instituto Xeral e Técnico de Lugo, onde se fai amigo de Evaristo Correa Calderón e Ánxel Fole.

En 1929 matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago, pero abandonou os seus estudos para traballar como xornalista, figurando como redactor e colaborador de diversos xornais e revistas como “El Pueblo Gallego”.

Na súa etapa compostelá acudía regularmente ós faladoiros do Café Español e entre os seus mellores amigos figuraban Francisco Fernández del Riego, Domingo García Sabell, Gonzalo Torrente Ballester, Ricardo Carballo Calero, Carlos Maside e Xosé Eiroa.

Tamén traballou como profesor nunha escola privada de Ortigueira, onde conseguiu unha praza en outubro de 1936.

Traballou na redacción de periódicos, entre eles ABC, La Noche, El Progreso, La Voz de Galicia, La Región , Faro de Vigo…

Foi nomeado membro da Real Academia Galega no ano 1961.

Recibiu o Premio da Crítica española en 1959 por “Las crónicas del sochantre”, que en realidade era unha tradución de “As crónicas do sochantre”, que escribira primeiro.

Foille concedido o Premio Nadal en 1968 por “El hombre que se parecía a Orestes”.

En 1979 recibiu o premio Frol da Auga con “Herba aquí e acolá”.

No ano 1991 foi o homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Entre as súas novelas destacan “Merlín e familia”, ” As crónicas do sochantre” ,” Xente de aquí e de acolá”e “Os outros feirantes”.

Na súa obra poética destacan “Poemas do si e non”, “Cantiga nova que se chama Riveira” e “Herba aquí e acolá”.

“O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca” é unha das súas obras teatrais máis salientables .

Jeniffer Dayane Pereyra Principe e Pablo Fonte González, 2º ESO A

27

Page 29: PUGA ZETA Nº2

Un aula virtual é un espazo na web pensado para facer un uso educativo de Internet. Aquí tedes unha pequena reflexión sobre este tema de candente actualidade xa que, como ben sabedes, este curso estreamos o noso espazo virtual na rede que vén a complementar as función da nosa páxina web.

Estamos afeitos a escoitar falar por medio da televisión e da radio de como cambiou a escola nos últimos vinte, cincuenta ou cen anos con esta famosa frase: “Nos meus tempos ...”. É certo, os avances tecnolóxicos supuxeron unha revolución no eido da educación, como noutras áreas da nosa vida.

Este curso no noso instituto estreamos “as aulas virtuais” co obxectivo de ir mellorando e adaptarnos ao futuro.

A aula virtual está feita sobre un sistema chamado Moodle, de distribución libre, e dicir, a licenza do programa non ten ningún custo. Esta plataforma é a máis empregada e a máis probada en canto a aulas virtuais e programas de Educación a Distancia, de feito, non ten moita competencia en canto a ferramentas e funcións que ofrece. Posúe unha gran comunidade de programadores en todo o mundo e en todos os idiomas e xa é un estándar de feito especialmente en educación universitaria. A palabra Moodle é un acrónimo de Modular Object-Oriented Dynamic Learning Environment (Contorno de Aprendizaxe Dinámica Orientado a Obxectos e Modular), pero tamén é un verbo que describe o proceso de deambular con preguiza, e facer as cousas cando se che ocorre facelas. Ambas acepcións teñen correspondencia con este sistema, que pode ser empregado como axuda nunha clase guiada polo profesor ou dende un punto de acceso á Internet en calquera momento e lugar.

Pero o práctico, eu como alumno que podo atopar nesta web?. Pois non simplemente fotos en boa calidade, actividades ou material de consulta, senón tamén a posibilidade de intercambiar ideas e dúbidas de xeito interactivo e personalizado por medio de chats, foros e wikis. O longo dos próximos cursos iremos aprendendo mais e descubrindo novas funcionalidades e utilidades.

28

Page 30: PUGA ZETA Nº2

Varios alumnos de 3º da ESO participaron na 4ª edición do concurso de relatos “Ciencia que conta”. Aquí vos deixamos a aportación dunha das nosas alumnas, xa veredes como vos gusta.

Chámome Olivia e son unha estudante de terceiro da ESO á que lle apaixona a física. Tentarei describirme un pouco para os novos lectores e que así vos sintades máis familiarizados comigo. Son de estatura mediana, dedos longos e lévoas uñas case sempre pintadas. Teño o pelo castaño e moi sedoso e os ollos verdes cun grande resplandor. Aínda que as miñas mellores amigas me din que o que máis lles impresiona de min é o meu aire de seguridade e tranquilidade, ademais de parecer ter sempre unha solución para todo. “Mira a Olivia, xa está a pensar, un pouco máis e terei miolos de Olivia nos cristais dos meus lentes”, esta oración enunciativa é unha boa descrición de min nos meus momentos de éxtase creativo.

Gústame moitísimo investigar e ultimamente polos corredores do instituto está na boca de todos a lenda urbana de que unhas rapazas deste mesmísimo centro retaron a uns xogadores do equipo de fútbol a unha proba para descubrir quen era máis forte. A muller ou o home? A miña intención é destapar se todo isto é un rumor ou é verdade. Como veces anteriores, rapidamente tomei a iniciativa e comecei a explorar. Tiña claro que este era un artigo moi importante, xa que todo o mundo o lería. Decidín iniciar a miña propia busca da realidade falando coas rapazas protagonistas nesta historia. Non me custou demasiado atopalas, resulta que eran mozas de bacharelato. Quedamos en que nos atoparíamos no segundo recreo, no último banco do parque. Cando soou a campá dirixinme ó lugar acordado. E alí estaban as dúas rapazas, devorando o seu almorzo. Cheguei e presenteime e expliqueilles cal era o meu propósito. Isto pareceu entusiasmarlles moito. Supuxen que sería agradable ver o teu nome nunha reportaxe de tanto nivel coma esta. Decidida a non perder máis tempo comecei a preguntarlles:

-Como xa saberedes hai rumores dunha suposta proba de forza, na que Xurxo e Samuel caeron derrotados ante vosoutras. Podedes confirmarme este rumor?

-Si que podemos Olivia, e non só iso, explicarémosche o porqué da nosa proba. Desde que chegamos ó instituto, Xurxo e Samuel non pararon de alardear da súa forza, e nós fartas decidimos ser un pouco… pícaras! Claro está, empregando a intelixencia. Hai uns días Claudia e eu estabamos a ver a televisión cando nun programa contaban como demostrar que o centro de gravidade das mulleres é máis

29

Page 31: PUGA ZETA Nº2

baixo que o dos homes. Nesta demostración participaron tres mulleres e tres homes, as mulleres puideron levantar a cadeira e os homes polo contrario non. Isto foi o que nos deu a idea, para que dunha vez por todas, estes parvos, deixaran de presumir.

- Pois xa está todo, moitísimas grazas e foi un pracer coñecervos.

-De nada, esperamos terche servido de axuda co teu artigo de investigación.

Era incrible, esta reportaxe tiña que ver coa física! Por fin podería realizar o meu cometido: explicar a meirande parte das cousas da vida coa axuda da física.

Aínda así, non tiña claro por que ocorría iso. Ante as miñas dúbidas propúxenme falar coa miña titora e ao mesmo tempo profesora de física. Tiña cinco minutos, pouco tempo, pero non os ía malgastar! Saín correndo ata a sala de mestres. Preguntei por Mariane, unha muller cen por cen galega e cunha mente privilexiada. Encantábame que fora a miña titora, ela sempre tiña tempo para min, e iso é moi valioso nun profesor, xa que o tempo sempre lles falta. Nun abrir e pechar de ollos apareceu. Conteille todo o sucedido, sorriu e díxome:

- Olivia! A ver, as mulleres temos o centro de gravidade por debaixo do embigo e isto permítenos ter maior estabilidade e así poder levantar a cadeira e como os homes o teñen por debaixo do embigo teñen menos estabilidade.

Rapaces e rapazas queda demostrado que con enxeño e neste caso coa física, podemos facer que os rumores se convertan en realidade, e que a ciencia sexa a ferramenta necesaria para lograr os nosos desexos. Así pechamos outro artigo de “A física, a miña gran amiga”.

Andrea Brandariz Rioja, 3ºESO A

30

Page 32: PUGA ZETA Nº2

Os alumnos da Sección Bilingüe de Física e Química de 3º de ESO fixeron cadanseu traballo sobre un elemento químico. Deixámosvos aquí unha pequena mostra sobre o Selenio, un elemento non metálico que foi descuberto en 1817 por Berzelius.

34

Se 78,96

Selenium

Why Jöns Jakob Berzelius put “selenium” to this element? Because he found Selenium associated with tellurium and he found they two are similar. Tellurium means Earth in greek and Selenium comes from Selene, which means Moon in greek.

Who discovered Selenium? The person who discovered it was Jöns Jakob Berzelius

Sarela Fernández Roel, 3ºESO A

31

Page 33: PUGA ZETA Nº2

AS SETE DIFERENZAS

ENCRUCILLADO

Horizontais: 1- Caixa moi grande de plástico utilizada para a recollida

de lixo. 2- Ferramenta composta dunha peza de aceiro cun mango

que se utiliza para poñer cravos. 3- Abertura na parede para deixar entrar o aire e a luz. 4- Construción utilizada para asar alimentos. 5- Instrumento de grafito utilizado para escribir ou

debuxar.

Verticais: 1- Estrela que dá luz e calor á Terra. 2- Chatarra. 3- O planeta no que vivimos. 4- Capital de Italia. 5- Que persiste nas súas ideas ou actitudes.

1

1

2

4

2 3

3

4

5

5

32

Page 34: PUGA ZETA Nº2

SOPA DE LETRAS

Atopa o nome de dez poboacións galegas.

O Z I S H G C A E I T V O S R N

H O I Ñ A I R B V G E M R Ñ L M

Q S U G X V T O E B V T V R U N

A N Q I Z Ñ I O S A N T I A G O

M T S A U R U Z I I F S L G O T

X G O C O R U Ñ A O B C A H U S

F H S V E D I G R N M S G L M Z

L U L N U A R O Z A D E A R N U

I D S A N T I C G U O G R O T A

F E R R O L T I S F T R C Z O F

U A O H B L E V M I C V I G O Z

C T M P O N T E V E D R A H F P

A H Q X I O Z T V R G U S A O Q

I N Ñ Z T E V U I X O S A T T U

T A S R G U A C O U I T E X Q I

R H M Q S V X I R O C M R S T P

SUDOKU LABIRINTO

7 4

5 1

8 4 2 5 1

7 9 3 4

9 1 5

3 1 4

2 8 7

4 7 5

Carmen Seoane Rodríguez, 1ºESO C e Pablo Fonte González, 2º ESO A

33

Page 35: PUGA ZETA Nº2

Os nosos deseñadores particulares quixeron darnos unha serie de consellos para que vistamos dunha maneira moderna e desenfadada. Estas son as súas suxestións.

Brais Freire Braña e Jesús Deibe Monteagudo, 1º ESO C

34

Page 36: PUGA ZETA Nº2

http://issuu.com/anxosromeo/docs/pugacomic

http://pugativi.blogspot.com.es

“Orden afortunada” Alberto Fonte González, 4º ESO A Fotografía cedida polo Departamento de Matemáticas