Pv outubro 2012

18
Palabra de Vida Outubro 2012

Transcript of Pv outubro 2012

Page 1: Pv outubro 2012

Palabra de Vida

Outubro 2012

Page 2: Pv outubro 2012

«Xa que Ti o dis, largarei o aparello» (Lc 5, 5).

Page 3: Pv outubro 2012

Cando Xesús acabou de ensinar, sentado na barca, díxolle a Pedro: Voga lago adentro, e larga o aparello para

pescar. E Simón, a pesar de afirmar que estivera faenando toda a

noite sen dar collidoun rabo de peixe, engadiu: «Xa que Ti o dis, largarei o aparello».

Page 4: Pv outubro 2012

E facéndoo, colleron tal cantidade de peixe

que o aparello rebentaba. Fixéronlles

entón acenos aos compañeiros da outra lancha para que lles

fosen botar unha man. Foron e

encheron as dúas lanchas tanto, que a pouco máis, van a

pique.

Page 5: Pv outubro 2012

Simón, moi sorprendido, como o estaban Santiago e

Xoán,os seus compañeiros,

botouseaos pés de Xesús,

dicíndolle: Señor, arreda de min, que eu son un

pecador.

Page 6: Pv outubro 2012

Pero Xesús díxolle: Tranquilo, desde

agora vas ser pescador de homes.

E desde aquel instre, Simón,

Santiago e Xoán convertéronse nos

seus discípulos.

Page 7: Pv outubro 2012

Este é o relato da pesca milagrosa, que simboliza a futura misión dos apóstolos. O comportamento de Pedro serve de modelo non só para os outros apóstolos e para os que os

sucederon,senón tamén para cada cristián.

Page 8: Pv outubro 2012

«Xa que Ti o dis, largarei o aparello» (Lc 5, 5).

Page 9: Pv outubro 2012

Despois dunha noite infrutuosa, Pedro, experto en pesca, podería ter sorrido e negarse a aceptar a invitación de Xesús a largar o aparello de día, momento menos propicio. En troques,

máis alá do seu razoamento, fiouse de Xesús.

Page 10: Pv outubro 2012

Esta é unha situación típica pola cal, hoxe tamén está chamado a pasar todo crente, precisamente porque é crente. De feito, a

súa fe ponse a proba de mil maneiras.

Page 11: Pv outubro 2012

Seguir a Cristo significa decisión, compromiso e perseveranza, mentres que neste mundo no que vivimos todo parece invitar á

relaxación,á mediocridade, ao “deixar pasar”. A tarefa parece demasiado grande, imposible de alcanzar e fracasada anticipadamente.

Page 12: Pv outubro 2012

Necesítase entón forza para ir adiante, para resistir o ambiente,

o contexto social, os amigos, os medius de comunicación. É unha proba dura de combater día tras día, ou mellor, hora tras

hora.

Page 13: Pv outubro 2012

Pero se a afrontamos e a aceptamos, servirá para facernos madurar como cristiáns, para facernos experimentar que as extraordinarias

palabras de Xesús son verdadeiras, que as súas promesas se cumpren, que se pode enprender na vida unha aventura divina mil

veces máis fascinante que cantas poidamos imaxinar, na que podemos ser testemuñas, por exemplo, de que mentres no mundo a miúdo a vida é tan desganada, monótona e infrutuosa, Deus ateiga de bens

aos que o seguen: dá o céntuplo nesta vida,ademais da vida eterna. Esta é a pesca milagrosa que se renova.

Page 14: Pv outubro 2012

«Xa que Ti o dis, largarei o aparello» (Lc 5, 5).

Page 15: Pv outubro 2012

Como poñer en práctica entón esta Palabra?

Page 16: Pv outubro 2012

Facendo nós tamén a mesma elección que Pedro: «Xa que Ti o dis...» Ter confianza na súa Palabra; non poñer en dúbida o que

El pide. Máis aínda: apoiar o noso comportamento, a nosa actividade, a nosa vida na súa Palabra.

Page 17: Pv outubro 2012

Así basearemos a nosa existencia no máis sólido e seguro que hai, e contemplaremos, con asombro que, precisamente alí

onde calquera recurso humano mingua, El intervén, e que alí onde é humanamente imposible, nace a vida.

Page 18: Pv outubro 2012

«Xa que Ti o dis, largarei o aparello»

(Lc 5, 5).

““Palabra de Vida”,Palabra de Vida”,

Texto de: Chiara Lubich, escrito en 1983

Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 96 linguas e idiomas,

incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo

a través da prensa, radio, televisión e internet.

Pode ser tomado da revista “Ciudad Nueva” edición española

no número correspondente a outubro 2012,

onde tamén se encontrarán experiencias e outros artigos de interese

sobre a espiritualidade da unidade.

““Palabra de Vida”,Palabra de Vida”,

Texto de: Chiara Lubich, escrito en 1983

Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 96 linguas e idiomas,

incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo

a través da prensa, radio, televisión e internet.

Pode ser tomado da revista “Ciudad Nueva” edición española

no número correspondente a outubro 2012,

onde tamén se encontrarán experiencias e outros artigos de interese

sobre a espiritualidade da unidade.