PÁXINAS DE PONTEDEUME NA PRENSA GALEGA DA …catedra.pontedeume.es/19/catedra1904.pdf · Castillo...

12
No Número 7 de Cátedra, correspondente ao ano 2000, escribín un artigo de títu- lo semellante, pero referente a Cuba e nel sinalaba a escasa presenza de estudos sobre Pontedeume en América. Agora, transcorridos once números máis desta magnífica publi- cación, as referencias sobre este tema seguen sendo moi escasas e ningunha sobre os eumeses en terras arxentinas. Como no resto dos concellos bañados polo Golfo Ártabro o fenómeno migratorio levou, a partir de mediados do século XIX, a moitos paisanos desta terra a emigrar e asen- tarse na capital a Arxentina e tamén noutros territorios dese inmenso país, como en Avellaneda, onde á altura de 1913 estaba constituida a sociedade Hijos del Partido de Puentedeume 1 . Unha fonte documental que nos informa a cotío da súa presenza nola proporciona a prensa galega da emigración na Arxentina. Dende o mesmo momento do seu nacemen- to xa se atopan referencias sobre a vila eumesa. Así no semanario El Gallego, pioneiro de todas esas publicacións, e editado en Bos Aires en 1879, aparece dentro da serie Galicia Pintoresca un artigo do escritor ferrolán Benito Vicetto, que leva por título Puentedeume, publicado no número 19, do 31 de agosto de 1879. Outras cabeceiras da capital bonaerense tamén aportan numerosos testemuños, El Eco de Galicia que da cabida nas súas páxinas, do 10 de outubro de 1897, ao artigo titu- lado: El Puente del Eume. É de salientar, igualmente, a valiosa información que proporciona a colección do anuario Almanaque Gallego, editado entre 1898 e 1927, e que ven de recoller en fac- símile, en seis volumes, o Consello da Cultura Galega. O primeiro en iniciar as referen- PÁXINAS DE PONTEDEUME NA PRENSA GALEGA DA EMIGRACIÓN EN ARXENTINA Guillermo Llorca Freire 1. FARIAS, R. Unha sociedade galaica cun ámbito de referencia crioulo. O Centro Gallego de Barracas al Sud/Avellaneda, p. 115.

Transcript of PÁXINAS DE PONTEDEUME NA PRENSA GALEGA DA …catedra.pontedeume.es/19/catedra1904.pdf · Castillo...

Page 1: PÁXINAS DE PONTEDEUME NA PRENSA GALEGA DA …catedra.pontedeume.es/19/catedra1904.pdf · Castillo de los condes de Andrade, Vista General de Pentedeme, Colegiata de San Juan de Caaveiroe

No Número 7 de Cátedra, correspondente ao ano 2000, escribín un artigo de títu-lo semellante, pero referente a Cuba e nel sinalaba a escasa presenza de estudos sobrePontedeume en América. Agora, transcorridos once números máis desta magnífica publi-cación, as referencias sobre este tema seguen sendo moi escasas e ningunha sobre oseumeses en terras arxentinas.

Como no resto dos concellos bañados polo Golfo Ártabro o fenómeno migratoriolevou, a partir de mediados do século XIX, a moitos paisanos desta terra a emigrar e asen-tarse na capital a Arxentina e tamén noutros territorios dese inmenso país, como enAvellaneda, onde á altura de 1913 estaba constituida a sociedade Hijos del Partido dePuentedeume1.

Unha fonte documental que nos informa a cotío da súa presenza nola proporcionaa prensa galega da emigración na Arxentina. Dende o mesmo momento do seu nacemen-to xa se atopan referencias sobre a vila eumesa. Así no semanario El Gallego, pioneiro detodas esas publicacións, e editado en Bos Aires en 1879, aparece dentro da serie GaliciaPintoresca un artigo do escritor ferrolán Benito Vicetto, que leva por título Puentedeume,publicado no número 19, do 31 de agosto de 1879.

Outras cabeceiras da capital bonaerense tamén aportan numerosos testemuños, ElEco de Galicia que da cabida nas súas páxinas, do 10 de outubro de 1897, ao artigo titu-lado: El Puente del Eume.

É de salientar, igualmente, a valiosa información que proporciona a colección doanuario Almanaque Gallego, editado entre 1898 e 1927, e que ven de recoller en fac-símile, en seis volumes, o Consello da Cultura Galega. O primeiro en iniciar as referen-

PÁXINAS DE PONTEDEUMENA PRENSA GALEGA DA EMIGRACIÓN EN ARXENTINA

Guillermo Llorca Freire

1. FARIAS, R. Unha sociedade galaica cun ámbito de referencia crioulo. O Centro Gallego de Barracas al Sud/Avellaneda, p. 115.

prensa_catedra19 28/05/2013 17:02 Página 133

Page 2: PÁXINAS DE PONTEDEUME NA PRENSA GALEGA DA …catedra.pontedeume.es/19/catedra1904.pdf · Castillo de los condes de Andrade, Vista General de Pentedeme, Colegiata de San Juan de Caaveiroe

cias sobre Pontedeume é o emigrante eumés Matías Fernández Murais, cando escribedende Río de Xaneiro unha sentida reflexión, adicada ao seu pai, co título de El Viatico,publicado no ano 1900. Nel escribe o que segue:

(...) Tácitamente me despedía del incomparable monte Breamo, sobre cuyasverdes laderas lanzaba el sol de junio sus fulgurantes rayos, reflejando enmi mente la antigua capilla que aún existe coronando su cumbre, postrerecuerdo de los templarios; de la vetusta “Pontudomio” (Puentedeume)asentada en su base; y de su histórico puente, bajo cuyos arcos corre elEume a precipitarse en el Atlántico, y de aquel esqueleto (Castillo deAndrade) que en la cúspide de la alta montaña nos recuerda el inexpugna-ble castillo del noble caballero Fernán Pérez de Andrade.

O final deste escrito reflicte o amargo sabor da emigración con estas palabras:

(...) el destino me llevaba de nuevo a América, y demasiado sabía que unavez en ella, y de ser sorprendido por la muerte, el cariño de la familia, losauxilos de la religión y el consuelo de los amigos no pasarían de una qui-mera.¡Féliz¡ – me decía yo – el que muere rodeado de los suyos, recibiendo lossocorros de la religión, y aspirando, en su última boqueada “aos aires d´aterra”.Desgraciado, mil veces desgraciado el que siente morirse rodeado de laopulencia, pero lejos del hogar, separado de sus mayores afectos (...).

O escritor ferrolán Nicolás Fort y Roldán aporta outras páxinas de referencia coseu artigo Puentedeume militar, aparecido no anuario para 1911 co que aborda os capítu-los de Las fortificaciones en el siglo XVIII, Sucesos militares de este siglo, Proyectosdefensivos de 1804, La división de la izquierda e De 1805 a 1808.

Este mesmo autor colabora tamén en El Eco de Galicia cunha serie de artigos,como Caabeiro, aparecido o 30 de novembro de 1908.

Este mosteiro volve ser tema de dous artigos máis, un do mesmo título, aparecidotamén en El Eco de Galicia, con data do 30 de novembro de 1908, e co nome de Caaveiro,en Suevia, que ve a luz en 1916. Volvendo ás páxinas do Almanaque Gallego, o númerocorrespondente ao ano 1916 ven ilustrado con varias fotografías da vila, cos nomes de:Castillo de los condes de Andrade, Vista General de Pentedeme, Colegiata de San Juande Caaveiro e Rio Eume. Nesas mesmas páxinas aparece un artigo de César VaamondeLores, que leva por título Nuño Freire de Andrade, acompañado con dúas fotografías,

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

134

prensa_catedra19 28/05/2013 17:02 Página 134

Page 3: PÁXINAS DE PONTEDEUME NA PRENSA GALEGA DA …catedra.pontedeume.es/19/catedra1904.pdf · Castillo de los condes de Andrade, Vista General de Pentedeme, Colegiata de San Juan de Caaveiroe

135

Páxinas de Pontedeume na prensa galega da emigración en Arxentina

Ilst

r. 1

.Alm

anaq

ue G

alle

go p

ara

1916

, p. 4

5

prensa_catedra19 28/05/2013 17:02 Página 135

Page 4: PÁXINAS DE PONTEDEUME NA PRENSA GALEGA DA …catedra.pontedeume.es/19/catedra1904.pdf · Castillo de los condes de Andrade, Vista General de Pentedeme, Colegiata de San Juan de Caaveiroe

unha co sartego do protagonista e outra coa torre da homenaxe. Este mesmo autor regalaa súa obra sobre Ferrol y Puentedeume á Biblioteca do Centro Gallego, según recolle oseu Boletín, con data do 1 de xuño de 1917.

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

136

Ilstr. 2.Almanaque Gallego para 1916, p. 53

prensa_catedra19 28/05/2013 17:02 Página 136

Page 5: PÁXINAS DE PONTEDEUME NA PRENSA GALEGA DA …catedra.pontedeume.es/19/catedra1904.pdf · Castillo de los condes de Andrade, Vista General de Pentedeme, Colegiata de San Juan de Caaveiroe

137

Páxinas de Pontedeume na prensa galega da emigración en Arxentina

Ilstr. 3. Almanaque Gallego para 1917, p. 28

No Almanaque para 1917 asoman outras imaxes da vila eumesa: Concurso deganado e Tejo en Puentedeume.

prensa_catedra19 28/05/2013 17:02 Página 137

Page 6: PÁXINAS DE PONTEDEUME NA PRENSA GALEGA DA …catedra.pontedeume.es/19/catedra1904.pdf · Castillo de los condes de Andrade, Vista General de Pentedeme, Colegiata de San Juan de Caaveiroe

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

138

Ilstr. 4. Almanaque Gallego para 1917, p. 63

prensa_catedra19 28/05/2013 17:02 Página 138

Page 7: PÁXINAS DE PONTEDEUME NA PRENSA GALEGA DA …catedra.pontedeume.es/19/catedra1904.pdf · Castillo de los condes de Andrade, Vista General de Pentedeme, Colegiata de San Juan de Caaveiroe

Outra fotografía localízase no número de 1919 e leva por título Puentedeume:Nocturno. A Iglesia parroquial de Puentedeume é outra das imaxes fotográficas que fi-guran no anuario de 1921.

139

Páxinas de Pontedeume na prensa galega da emigración en Arxentina

Ilst

r. 5

.Alm

anaq

ue G

alle

go p

ara

1921

,p. 6

9

prensa_catedra19 28/05/2013 17:02 Página 139

Page 8: PÁXINAS DE PONTEDEUME NA PRENSA GALEGA DA …catedra.pontedeume.es/19/catedra1904.pdf · Castillo de los condes de Andrade, Vista General de Pentedeme, Colegiata de San Juan de Caaveiroe

A Capilla de Breamo é unha ilustración máis que aparece no número de 1922.

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

140

Ilstr. 6. Almanaque Gallego para 1922, p. 50

Pablo Pérez Constanti é o autor da colaboración Recuerdos de Puentedeume, pu-blicada no anuario correspondente a 1926, e na que se aproxima aos temas de: El serviciomédico en los siglos XVI al XVIII, Las antiguas fiestas de San Roque e Una ordenanza de1622.

Nova Galicia da cabida nas súas páxinas, do 1 de xaneiro de 1904, a un traballo deManuel Amor Meilán: A ponte do demo, na sección de Leyendas Gallegas. De novo unemigrante, Cipriano Vila, escribe nesta publicación, con data do 9 de decembro de 1906:Cartas pr´a alá, dirixida á Señora Pilara Cacharreira de Xán, de Pontedeume, das querecollemos estas palabras, que reflicten a fondura dos seus sentimentos ante a ausenciados seus seres queridos:

Miña preciosa virxen: meu querido luceiro: Ogallá que candos raches osobre onde vai gardada esta carta, esteas con salú, ti e máis o noso peque-rrecho.Eu alcóntrome sempre no mesmo empreo de porteiro no Rexistrocivil (...)Quero saber si o neno perdeu o viceo de cortar as uñas cos dentes: quero

prensa_catedra19 28/05/2013 17:02 Página 140

Page 9: PÁXINAS DE PONTEDEUME NA PRENSA GALEGA DA …catedra.pontedeume.es/19/catedra1904.pdf · Castillo de los condes de Andrade, Vista General de Pentedeme, Colegiata de San Juan de Caaveiroe

saber si Don Aniceto o Tatexo, che sigue despertando de noite petándocheá porta. Quero que lle repitas po-l-o ferrollo (...) e lle digas que como Diosme deixe ir alá, eille de meter a cabeza unha hora no fondo do pozo d´aCitoula.Ti, meu caravel d´e azafrán, sigue reuta, que nada perderás.Un destes días penso retratarme na máquina de Serafín Cortés Maneiro, e,¡xa me verás¡ quen sabe si me conoces, pois deixei a patilla, e mesmofeguro ser un gallego d´o ano trinta.Si viras, Pilariña, canto n´acordo de ti todo-l-os sábados cando se fan unhachea de casamentos n´as ofecinas que eu coido. ¡Po-l-a tua salú, caspropinas que me dan, vou o almacén de Don Jesús Dapena, Calle Maipú900, beber un vaso de “lágrimas domiño”. ¡Que viño¡. Eche o que me sacaas penas do corpo.(...) Por si acaso chegamos a ter, ti e máis eu, algunha criaturiña máis (...)á nena ou o que sexa poñerémoslle de nome “Libertá”.Libertá, miña Pilara, Libertá. Con ese nome hay q´asustar oschanchulleiros do Congreso de Madrid, e os cregos (...)Recibe moitas memoreas de Arturo, de Sande, de Agustín Dieguez, unhachea d´elas, e da tua prima Soledá (...) Dalle dous bicos á Leliño, e ti, cantos queiras do teu pichon.

No rigoroso traballo documental de Xesús Andrés López Calvo2 e no perfíl biográ-fico do mestre e escritor eumés Antonio Couceiro Freijomil, que recolle Carlos de CastroÁlvarez no seu interesante libro3, reséñanse as súas colaboracións xornalísticas nosmedios galegos, pero ningún dos dous investigadores menciona os seus escritos na pren-sa da emigración en Arxentina. Así Nova Galicia, con data do 11 de febreiro de 1906, re-colle Buscando otra patria, poema en castelán no que denuncia o drama da emigración eque comeza con estes versos:

¡Qué triste, qué pobreGalicia se queda¡...Buscando otra patria mejor que la suyalos pobres labriegos se van á la Américay dejan ¡quién sabe¡ tal vez para siempresu plácida tierra (...)

Outro poema, en galego ¡Pobrecitos¡, sae no número do 6 de maio do mesmo ano.O correspondente ao 29 de xullo reproduce Versos libres, de novo en castelán.

141

Páxinas de Pontedeume na prensa galega da emigración en Arxentina

2. Antonio Couceiro Freijomil (1888-1955) na estela dos patriarcas das letras galegas, pp. 27-79.

3. Calles, Plazas y Jardínes de Pontedeume. Denominación, Morfología y Actividad en el Espacio Público (1270-1970), pp.38-39.

prensa_catedra19 28/05/2013 17:02 Página 141

Page 10: PÁXINAS DE PONTEDEUME NA PRENSA GALEGA DA …catedra.pontedeume.es/19/catedra1904.pdf · Castillo de los condes de Andrade, Vista General de Pentedeme, Colegiata de San Juan de Caaveiroe

No Boletín Oficial del Centro Gallego, con data do 1 de marzo de 1914, escribe asúa colaboración: Enseñanza de la lengua gallega.

Acción Gallega. Revista Mensual de la Casa de Galicia da cabida nas súas páxi-nas, do 31 de abril de 1923, a unha nova colaboración titulada La ría del Eume.

En Céltiga, con data do 25 de marzo de 1931, publica Canto a Galicia, que forapremiado cun acesit no Certamen de la Asociación de la Prensa, de Ourense.

Os seus escritos xornalísticos exténdense fóra da capital bonaerense, como noBoletín Oficial del Centro Gallego de Avellaneda, que publica Conto, en febreiro de 1927.

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

142

Unha última refer-encia das súas colabo-racións témola en Orzán.Revista del Centro Coru-ñés de Buenos Aires, quese comeza a publicar en1948.

En xuño de 1955 arevista A Nosa Terra re-seña a morte deste brillan-te intelectual, coas pal-abras que reproducimos acontinuación:

Amais das aporta-cións xornalísticas e dasilustracións fotográficas,recollidas neste traballo,da correspondencia epis-tolar sostida dende as dúasbeiras do Atlántico entreos emigrantes e as súasfamilias, das novas da Ar-xentina transmitidas polosretornados, comerciantes,mariños e viaxeiros, haique salientar tamén algun-

A Nosa Terra

prensa_catedra19 28/05/2013 17:02 Página 142

Page 11: PÁXINAS DE PONTEDEUME NA PRENSA GALEGA DA …catedra.pontedeume.es/19/catedra1904.pdf · Castillo de los condes de Andrade, Vista General de Pentedeme, Colegiata de San Juan de Caaveiroe

has publicacións periódicas editadas en Pontedeume, que se recibían nas sociedadesmicroterritorias ou nos centros galegos da capital e doutras cidades da Arxentina. É o casode El Eco del Eume, que se envía gratuítamente, según informa o Boletín Oficial del CentroGallego, de Bos Aires, do 1 de xaneiro de 1913. A esta fluída comunicación mantida entreeumeses e porteños hai que engadir a información periódica de acontecementos diversos davila que se recollían na prensa da emigración. Velaí algúns casos:

En El Gallego, con data do 2 de febreiro de 1880, aparece: concédese a José M.Roberes e a Francisco Paz autorizacións para crear na vila dous parques de ostricultura.

En El Eco de Galicia, do 30 de xullo do 1897, infórmase de que varios ciclistas daCoruña proxectan unha excursión en velocípedo a Ponteadeume.

Aires d´a Miña Terra da conta de tres novas en dous números publicados o 10 e o17 de marzo de 1908:

Celebración dun baile nun alpendre da casa de Ramón Tenreiro, en Esteiro, na par-roquia de Noguerosa.

Ven de constituirse en Pontedeume baixo a dirección de Daniel Vizoso e de JesúsCalvo unha masa coral que leva o nome de Coro H. Pertencen a ela 34 orfeonistas e oscargos directos están ocupados por:

Presidente honorario: Rodrigo Pardo González.Presidente: Ramón García Novoa, avogado.Depositario: Fermín A. Suárez Gómez.Vogais: Daniel Vizoso, Jesús Calvo, Meanio Roberes.Secretario: Ramón Pena.

A praza de San Roque, de Pontedeume, ven de converterse nunha das ramblas deBarcelona por mor dos numerosos petardos que queiman os rapaces a todas as horas do día.

BIBLIOGRAFÍA

CASTRO ÁLVAREZ, C. DE, Calles, Plazas y Jardínes de Pontedeume. Denominación,Morfología y Actividad en el Espacio Público (1270-1970), (s. l.), Concello dePontedeume, 2007.

FARÍAS, R. Unha sociedade galaica cun ámbito de referencia crioulo. O centro Gallegode Barracas al Sud/Avellaneda, Estudos Migratorios, Santiago, 2010.

143

Páxinas de Pontedeume na prensa galega da emigración en Arxentina

prensa_catedra19 28/05/2013 17:02 Página 143

Page 12: PÁXINAS DE PONTEDEUME NA PRENSA GALEGA DA …catedra.pontedeume.es/19/catedra1904.pdf · Castillo de los condes de Andrade, Vista General de Pentedeme, Colegiata de San Juan de Caaveiroe

LOPEZ CALVO, X. A. Antonio Couceiro Freijomil (1888-1955) na estela dos patriarcasdas letras galegas, “Cátedra”, nº. 12, Pontedeume, 2005.

DVD

PEÑA SAAVEDRA, V. (Coord.) Repertorio da prensa galega da emigración, Conselloda Cultura Galega, 1998.

PRENSA CONSULTADA

“Aires d´a Miña Terra”, Bos Aires, 1908.“Almanaque Gallego”, Bos Aires, 1900, 1916-17, 1919, 1921-22, 1926.“A Nosa Terra”, Bos Aires, 1955.“Acción Gallega”, Bos Aires, 1923.“Boletín del Centro Gallego”, Bos Aires, 1913-14,1917. “Boletín Oficial del Centro Gallego de Avellaneda”, Avellaneda, 02-1927.“Céltiga”, Bos Aires, 25-03-1931.“Eco de Galicia, El”, Bos Aires, 1897, 1908.“Gallego, El”, Bos Aires,1879-80.“Nova Galicia”, Bos Aires, 1904, 1906.“Suevia”, Bos Aires, 1916.

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

144

prensa_catedra19 28/05/2013 17:02 Página 144