Quelibén (caló): Manifestación, exhibición. Isaías Salazar...

1
KELIBÉN FLAMENCO CONTRATACIÓN: [email protected] / WWW.SEISPES.COM Cando a paixón, o coñecemento e a experiencia se unen, o resultado sempre é único. Todo encaixa, os sons veñen e van coa naturalidade de quen sabe o que quere dicir e como dicilo. Así é Kelibén. A linguaxe: o flamenco. Estes catro artistas con elegancia, pero sen límites expresivos, lévannos de viaxe por un mundo de ritmo, movemento e beleza, tan espontáneo como fácil de apreciar por calquera tipo de público. Neste espectáculo, baile, cante, percusión e guitarra únense como elementos esenciais do flamenco máis honesto e apaixoado, expresándose na dualidade entre a tradición e a vangarda. Isaías Salazar: Xa de neno, chamábano para bailar nas festas privadas. De vocación autodidacta, Isaías Salazar soubo elevar o baile flamenco popular á categoría de arte conservando a espontaneidade e a paixón, pero incorporando a elegancia natural, propia da súa escola favorita, a dos Farruco. É probablemente o único bailador profesional galego e compartiu escenario con artistas como Duquende ou Josemi Carmona. Rubén Fernández: irmán de Moisés Fernández, ambos fillos do guitarrista Marchena, habitual do madrileño tablao Torres Bermejas. Iníciase no flamenco co piano, para logo namorar da guitarra e o cante. Nesta última disciplina Rubén de Marchena deslumbra pola súa facilidade para a execución dos cantes máis ortodoxos cun aire moi persoal, fresco e orixinal. Compartiu escenario con artistas como Josemi Carmona, Lar Legido ou Alejandro Vargas. Moisés Fernández: debuta no flamenco con quince anos e desde entón non parou de tocar. Fiel seguidor da mítica banda Ketama, pode presumir de ser un bo coñecedor do seu instrumento. A súa gran intuición e curiosidade permitíronlle participar en espectáculos de flamenco, Jazz ou improvisación libre, compartindo escenario con artistas como Jorge Pardo, Josemi Carmona, Alba Molina, Falete, Paquete, Ricardo Moreno, Marcos Teira, Lar Legido ou Alejandro Vargas. Miguel Flores: Iníciase no flamenco en Madrid, na academia "Amor de Diós" e o conservatorio "Casa Patas", onde entra en contacto con outros afeccionados e profesionais do flamenco. Toma clases con Aquilino Fernández "Entri" e máis tarde con Óscar Herrero. Debuta coa familia Serranito no Festival Flamenco de Ceuta e na Peña Flamenca da mesma localidade. Compartiu escenario con artistas como Mónica de Nut, Montse Rivera, Pablo Pédez, Carlos Freire... formando parte de bandas como Miguel Flores trío, Pesdelán ou Isaías Salazar Trío. Quelibén (caló): Manifestación, exhibición. WWW.MIGUELFLORES.ES

Transcript of Quelibén (caló): Manifestación, exhibición. Isaías Salazar...

Page 1: Quelibén (caló): Manifestación, exhibición. Isaías Salazar ...seispes.com/wp-content/uploads/2017/11/DOSSIER_KELIBEN_2018.pdf · KF L A EM E NL C OI B É N C O N T R A T A C

KELIBÉNF L A M E N C O

  C O N T R A T A C I Ó N : I N F O @ S E I S P E S . C O M / W W W . S E I S P E S . C O M

Cando a paixón, o coñecemento e a experiencia se unen, o resultado sempre é único. Todo encaixa, os sons veñen e van coa naturalidade de quen sabe o que quere dicir e como dicilo. Así é Kelibén. A linguaxe: o flamenco.

Estes catro artistas con elegancia, pero sen límites expresivos, lévannos de viaxe por un mundo de ritmo, movemento e beleza, tan espontáneo como fácil de apreciar por calquera tipo de público. Neste espectáculo, baile, cante, percusión e guitarra únense como elementos esenciais do flamenco máis honesto e apaixoado, expresándose na dualidade entre a tradición e a vangarda.

Isaías Salazar: Xa de neno, chamábano para bailar nas festas privadas. De vocación autodidacta, Isaías Salazar soubo elevar o baile flamenco popular á categoría de arte conservando a espontaneidade e a paixón, pero incorporando a elegancia natural, propia da súa escola favorita, a dos Farruco. É probablemente o único bailador profesional galego e compartiu escenario con artistas como Duquende ou Josemi Carmona.  

Rubén Fernández: irmán de Moisés Fernández, ambos fillos do guitarrista Marchena, habitual do madrileño tablao Torres Bermejas. Iníciase no flamenco co piano, para logo namorar da guitarra e o cante. Nesta última disciplina Rubén de Marchena deslumbra pola súa facilidade para a execución dos cantes máis ortodoxos cun aire moi persoal, fresco e orixinal. Compartiu escenario con artistas como Josemi Carmona, Lar Legido ou Alejandro Vargas.

Moisés Fernández: debuta no flamenco con quince anos e desde entón non parou de tocar. Fiel seguidor da mítica banda Ketama, pode presumir de ser un bo coñecedor do seu instrumento. A súa gran intuición e curiosidade permitíronlle participar en espectáculos de flamenco, Jazz ou improvisación libre, compartindo escenario con artistas como Jorge Pardo, Josemi Carmona, Alba Molina, Falete, Paquete, Ricardo Moreno, Marcos Teira, Lar Legido ou Alejandro Vargas.

Miguel Flores: Iníciase no flamenco en Madrid, na academia "Amor de Diós" e o conservatorio "Casa Patas", onde entra en contacto con outros afeccionados e profesionais do flamenco. Toma clases con Aquilino Fernández "Entri" e máis tarde con Óscar Herrero. Debuta coa familia Serranito no Festival Flamenco de Ceuta e na Peña Flamenca da mesma localidade. Compartiu escenario con artistas como Mónica de Nut, Montse Rivera, Pablo Pédez, Carlos Freire... formando parte de bandas como Miguel Flores trío, Pesdelán ou Isaías Salazar Trío.

Quelibén (caló): Manifestación, exhibición.

W W W . M I G U E L F L O R E S . E S