qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do...
Transcript of qwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvb ... P… · con elasestablécense a través do...
1
www.blogvoreta.blogspot.com
qwertyuiopasdfghjklzxcvbn
mqwertyuiopasdfghjklzxcvb
nmqwertyuiopasdfghjklzxcv
bnmqwertyuiopasdfghjklzxc
vbnmqwertyuiopasdfghjklzx
cvbnmqwertyuiopasdfghjklz
xcvbnmqwertyuiopasdfghjkl
zxcvbnmqwertyuiopasdfghjk
lzxcvbnmqwertyuiopasdfghj
klzxcvbnmqwertyuiopasdfgh
jklzxcvbnmqwertyuiopasdfg
hjklzxcvbnmqwertyuiopasdf
ghjklzxcvbnmqwertyuiopasd
fghjklzxcvbnmqwertyuiopas
dfghjklzxcvbnmqwertyuiopa
sdfghjklzxcvbnmqwertyuiop
asdfghjklzxcvbnmqwertyuio
pasdfghjklzxcvbnmqwertyui
C.E.I.P. “Wenceslao Fernández Flórez”
Cambre (A Coruña)
MEMORIA
PLAN DE MELLORA
DE
BIBLIOTECAS ESCOLARES
CURSO 2015-2016
2
www.blogvoreta.blogspot.com
índice
I Introdución 3
II Grao de cumprimento dos obxectivos propostos 6
III Horario asignado á persoa responsable e ao equipo da biblioteca 9
IV Actividades desenvolvidas 10
V Grao de implicación do centro e da comunidade educativa 38
VI Grao de integración dos recursos da bibliloteca nos procesos de
ensinanza e aprendizaxe das diversas áreas do currículo 39
VII Actividades de formación do ámbito de biblioteca escolar en que
participou o profesorado 42
VIII Avaliación 43
IX Previsións de futuro 46
ANEXO PLAN LECTOR DO CENTRO
3
www.blogvoreta.blogspot.com
I. INTRODUCIÓN
1.1. Marco legal
sta Memoria acóllese ao regulamentado no punto 3, artigo 8, da Orde do 30 de marzo de
2015 (DOG do15 de abril) pola que se convoca o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares
en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2015/2016, e conta co visto e prace da
Dirección do Centro.
Incluírase na Memoria final do curso que se remitirá ao Servizo Provincial de Inspección.
Asemade, o aquí exposto intenta reflectir os principios de fomento da lectura e a adquisición das
competencias básicas que se recollen no artigo 113 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
Educación; así como ao Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da
educación infantil e o Decreto 105/2014, do 4 de setembro (DOG do 9 de setembro) que regula
as ensinanzas da educación primaria Comunidade Autónoma de Galicia.
1.2. O contexto
O Colexio de Educación Infantil e Primaria “Wenceslao Fernández Flórez” está ubicado no casco
urbano da localidade de Cambre, no Concello do mesmo nome, dentro da bisbarra da cidade da
Coruña.
O Colexio escolariza alumnado de Educación Infantil, distribuídos en seis aulas e alumnado de
Educación Primaria, agrupados en dezaseis unidades.
O Centro conta con varios edificios destinados a aulas e outro de administración.A Biblioteca
está situada nun edificio de planta baixa xunto a tres aulas de primaria e o despacho de
orientación.
O profesorado está formado por mestres e mestras de Educación Infantil, Educación Primaria e
os correspondentes especialistas. O ambiente de traballo é agradable e a acollida ás actividades
que se programan desde todos os Equipos é sempre ben recibida e conta sempre cunha total
E
4
www.blogvoreta.blogspot.com
participación. Cabe salientar a sensibilización que xera a biblioteca como dinamizadora da vida
cultural do centro.
O nivel socioeconómico das familias é medio e en xeral pódese dicir que as relacións entre os
membros da comunidade educativa son maioritariamente satisfactorias. As familias valoran
aexistencia da biblioteca e responden positivamente ássúaspropostas. As canles de comunicación
con elasestablécense a través do blog, comunicados escritos e por medio da comisión de
biblioteca formada dentro do Consello Escolar.
1.3. A Biblioteca
A Biblioteca é un espazo reformado, con capacidade para uns corenta usuarios,
suficientemente iluminado que permite traballar cun grupo-clase íntegro, co que son posibles
outros usos simultáneos dependendo da actividade.
Conta, ademais, con espazos anexos ou próximos á sala de biblioteca: aseos, departamento de
orientación, e tres aulas de primaria. As zonas están ben identificadas e non se interfiren.
O espazo está ben aproveitado, sen dar sensación de abafo. Establécense nela unhas zonas
diferenciadas:
a. Zona de xestión técnica que conta cun ordenador.
b. Zona para lectores de Educación Infantil e primeiros lectores. Conta cunha pantalla
dixital e un proxector.
c. Unha zona de lectura xeral
d. Zona de divulgación e información, onde se atopa o único ordenador existente para os
lectores e lectoras. Hai outro proxector e un encerado dixital.
O mobiliario é recente, moderno e adecuado. Ademais, foi adquirido de maneira específica para
a biblioteca.
A biblioteca conta con acceso á internet e cun espazo diferenciado para uso do alumnado.
Ademais, a biblioteca ten equipamento audiovisual propio (reprodutor de CD e DVD no
ordenador, cámara de fotografía,escáner, impresora …).
Todos os documentos que compoñen a colección están directamente accesibles e en andeis
abertos, incluso aqueles que non están suxeitos a préstamo.
5
www.blogvoreta.blogspot.com
O número de rexistros supera os 6.000 documentos.
As aulas poden tomar prestado calquera tipo de recurso da biblioteca, en función das súas
necesidades concretas.
A colección está organizada utilizando como criterio a ordenación por materias segundo a CDU e
establecendo subdivisións detalladas naquelas materias que o precisen, sobre todo no material
divulgativo e científico.
O equipo da biblioteca tenta reflectir nesta memoria, na medida do posible, o modelo de
biblioteca escolar, os obxectivos que propón, as estratexias e as accións previstas, así como os
procesos de avaliación. Foi elaborada pola persoa responsable en colaboración coa comisión de
biblioteca.
A biblioteca enténdese como un proxecto formativo e contempla a integración curricular e coa
comunidade nun sentido amplo.
Está referendado pola Comisión de Coordinación Pedagóxica e a comunidade escolar estivo
informada do proxecto.
O Colexio está integrado no PLAMBE desde o ano 1995-1996.
II. GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS
Os obxectivos propostos foron acadados na súa meirande parte, a pesares das obras que se
realizaron no edificio onde se ubica a biblioteca. Reduciuse o seu tamaño para habilitar unha
porta de entrada ao edificio que non supuxo cambios significativos na capacidade de usuarios.
Detállanse a continuación os obxectivos marcados nas liñas prioritarias de actuación para o curso
2015-2016 e o seu grao de cumprimento segundo o código que se detalla a continuación:
▲ Obxectivo acadado
► Obxectivo en vías de acadarse
▼ Obxectivo non acadado
6
www.blogvoreta.blogspot.com
1. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN
- ▲Empregar o orzamento para ampliar o fondo bibliográfico e documental.
- ►Subscrición a publicacións periódicas para uso tanto de alumnado como de profesorado e resto
da comunidade educativa. Subscribímonos ao boletín “Turner8P” a través de correo electrónico
para uso do profesorado. Tamén este curso aumentamos a subscrición coa Editorial Kalandraka
para as novidades de Educación Primaria.
- ►Dotar á biblioteca con mobiliario novo (andeis, expositores …). Mercouse uns andeis para
expoñer as novidades e un andel baixo con rodas para a mobilidade.
- ▲Difundir e ensinar o funcionamento básico da biblioteca escolar. Este obxectivo acadouse
grazas á colaboración do profesorado.
- ▲Continuar o servizo de préstamo empregando o sistema informático Meiga.
- ▲Empregar o Programa Meiga para catalogar os novos fondos.
- ▲Uso por quendas da biblioteca escolar, reservando no horario de cada titoría unha hora para o
uso deste espazo.
- ▲Poñer ao día os carnés de usuarios e usuarias para o seu uso no curso 2015-2016.
- ▲Habilitar un espazo específico para o material sonoro e audiovisual.
- ▲Sinalar os libros en galego cun adhesivo en color lila, tanto os de carácter literario como os de
contido divulgativo.
2. DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DA BE EN RELACIÓN CO CURRÍCULO E AS
COMPETENCIAS BÁSICAS DO ALUMNADO
- ►Elaborar boletíns informativos coas novidades, actividades, noticias culturais e literarias,
efemérides, etc…
- ▲Continuar co blogue da biblioteca. A dirección é www.blogvoreta.blogspot.com.es
- ▲Realizar un proxecto documental que implique a todo o persoal docente. Terá carácter
transversal a todas as áreas e materias do currículo. Este curso titulouse “Viaxamos en tren”.
7
www.blogvoreta.blogspot.com
3. FORMACIÓN DE USUARIOS E COMPETENCIA INFORMACIONAL
- ►Consolidar os hábitos de consulta e manexo da información.
- ►Potenciar e fomentar o uso dos recursos telemáticos existentes na biblioteca.
- ▼Aumentaro número de ordenadores da biblioteca.
- ▼Dotar a biblioteca de tablets
- ►Organizar visitas guiadas á biblioteca onde se dará a coñecer a disposición dos fondos
bibliotecarios.
- ▲Continuar coa formación de usuarios, involucrando ao alumnado no funcionamento da BE e
procurando a súa implicación no mantemento da orde.
- ►Orientar e elaborar materiais para a educación documental.
- ▲Ampliar os fondos divulgativos, en relación co proxecto de centro de educación documental.
4. FOMENTO DA LECTURA E DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LECTOR
- ▲Renovar a colaboración entre a biblioteca municipal e o colexio: exposicións, conta contos e
elaboración de guías de lectura.
- ▲Continuar coa campaña de animación á lectura a través da “hora de ler”, dos conta contos e
do teatro escolar.
- ▲Exposicións de libros novos ou relacionados con efemérides, acontecementos ou temas
culturais de interese.
- ►Facer recomendacións de lecturas a través de diferentes medios.
- ►Facer suxestións de lecturas aos mestres para que lean en voz alta na clase.
- ▲Fomentar o préstamo e recomendación de lecturas entre o alumnado.
- ▲Continuar coa actividade de “Feira do Libro”.
8
www.blogvoreta.blogspot.com
5. OUTRAS ACTUACIÓNS
- ▲Continuar coa contratación do persoal de mantemento dos ordenadores para facer revisión e
posta a punto de forma trimestral.
- ▲Reorganizar e distribuír o traballo entre o equipo da BE para a axilización das funcións que lle
competen.
- ▲Apertura da BE polas tardes, como actividade complementaria para o alumnado do colexio.
- ►Apertura da biblioteca escolar durante o tempo do recreo.
6. AVALIACIÓN
- ▲Analizar trimestralmente os obxectivos acadados, as dificultades xurdidas e as posibilidades de
mellora. Completarase cunha valoración por parte do profesorado para coñecer o que aconteceu
nas aulas.
- ▲Elaborar, a final de curso, unha memoria das actividades realizadas, dos obxectivos acadados,
e das dificultades atopadas.
- ►Recoller datos cuantitativos ao longo do curso que permitan comparar o funcionamento da
biblioteca a través dos anos.
III. HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO DA BIBLIOTECA
Persoa responsable
Carmen V Pedrido Rey, titora de 2º curso de Primaria. Dedica ao traballo da dinamización da
biblioteca a totalidade das súas horas sen docencia directa, en total 5 á semana.
O traballo técnico vese limitado a tres horas á semana pola ocupación da biblioteca polas
titorías, que a utilizan para realizar o préstamo de libros. Ademais, das actividades de conta
contos e outras que contribúen a fornecer a competencia lectora, desenvólvense na biblioteca.
9
www.blogvoreta.blogspot.com
O equipo de apoio estivo formado este curso polas seguintes mestras:
*Concepción San Millán Estévez, E. Infantil.
*Junquera Baliña Lago, E. Infantil.
*Mª Teresa Corral Vázquez, 2º de E. Primaria
*Santiago Mosteiro Martínez, 3º de E. Primaria.
*Pilar Rilo Otero, 4º de E. Primaria.
*Lorena Mosquera Gómez, 6º de E. Primaria.
Cada unha delas adoita Dedicar ao traballo de dinamización da biblioteca unha media de 1 ou 2
horas semanais, sempre e cando non teñan que facer gardas e a biblioteca estea valeira nese
momento.
IV. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
A biblioteca planificou as súas actividades para todo o
alumnado de Educación Infantil e Primaria e os seus obxectivos
procuraron relacionarse coa meirande parte das áreas do
currículo e as actividades do centro.
A biblioteca tamén tentou responder a demandas dos servizos
de orientación psicopedagóxica e do profesorado de apoio.
IV.A. XESTIÓN TÉCNICA
Para a correcta xestión e organización dos materias seguíronse
criterios estandarizados no ámbito bibliotecario, mediante a
simplificación do sistema de Clasificación Decimal Universal
(CDU) adaptándoo ao contexto da biblioteca escolar.
Especial incidencia desta clasificación ten no ámbito do
material científico e divulgativo, sinalado cunha adhesivo os
libros en lingua galega para facilitar o acceso aos mesmos.
Un recurso básico será
tamén a biblioteca (da aula
e do colexio) como centro
de recursos de aprendizaxe
ou centro de recursos de
información. Nela podemos
atopar: biografías, libros de
imaxes, libros de literatura
infantil e xuvenil, vídeo,
discografía, discografía en
galego, cancioneiros,
enciclopedias, CD...
Programación Didáctica do
2º Ciclo de Educación Primaria
10
www.blogvoreta.blogspot.com
Existe unha política de colección que contempla o expurgo periódico de documentos
deteriorados e obsoletos, tendo en conta, ademais, os niveis de uso e de demanda.
Adquiríronse materiais para lles dar resposta aos proxectos específicos do centro, especialmente
ao proxecto documental proposto pola biblioteca, peticións dos ciclos e profesorado de apoio.
En canto ao material de carácter literario e divulgativo, reservouse unha parte para aqueles
fondos que incorporan material sonoro ou audiovisual e que non son obxecto de empréstito.
Están dispoñibles para a súa consulta en sala e empréstito para as aulas.
Hai un moble para os libros en inglés, que facilita a súa localización.
11
www.blogvoreta.blogspot.com
TEMPORALIZACIÓN DOUTROS ASPECTOS TÉCNICOS
PRIMEIRO TRIMESTRE SEGUNDO TRIMESTRE TERCEIRO TRIMESTRE
Actualización dos carnés dos
lectores e lectoras para iniciar o
servizo de préstamo.
Revisión e actualización dos carnés para o servizo de préstamo de
alumnado e de profesorado
(altas, baixas)
Revisión das normas da biblioteca
para os usuarios.
Admisión de colaboradores entre
o alumnado.
Formación se usuarios.
Confección das listaxes de
lectores para o curso 2015-2016.
Actualización de listaxes de lectores de cada aula de Ed. Infantil e
Primaria.
Autorización das familias para
responsabilizarse dos materiais en
empréstito.
Revisión e selección de fondos (Expurgo – Restauración)
Propostas de adquisición tendo en
conta as necesidades da biblioteca
e as suxestións da comunidade
educativa.
Merca – Catalogación - Ordenación dos fondos
A detección de necesidades fíxose –cando foi posible- de maneira formal, por medio de reunións
da comisión de biblioteca e dos respectivos ciclos e comisións. Elévanse logo ao Equipo Directivo
e á Comisión de Coordinación Pedagóxica para a súa aprobación se procede.
12
www.blogvoreta.blogspot.com
IV.B. ACTIVIDADES RELACIONADAS CO FOMENTO DA LECTURA
A biblioteca e o equipo docente planificaron as accións para desenvolver as habilidades e
competencias no uso da información e dixitais, así como para promover a lectura.
A meirande parte dos profesores utilizou estratexias para incentivar o uso da biblioteca e os
recursos documentais na súa actividade pedagóxica.
As competencias en lectura e escritura trabállanse con todo tipo de texto (ficción e non
ficción) e sobre todo tipo de soporte (impreso e dixital).
A biblioteca intervén na preparación do Plan de lectura e coordínase para o logro dos obxectivos
comúns.
Apertura da biblioteca durante os recreos, os xoves e o venres para consulta e lectura. Ábrese
todos os días durante o recreo para o alumnado colaborador, que se encarga de ordenar e
restaurar o fondo documental.
Tamén se abre para todo o alumnado e profesorado cando se vai realizar algunha actividade de
fomento e animación á lectura.
A biblioteca permanece aberta durante todo o período lectivo, para o cal establécense quendas
para que cada titoría acuda na franxa horaria establecida, tanto en E. Infantil como en E.
Primaria.
Resérvase tamén un horario para a xestión técnica que facilita o traballo do Equipo de Biblioteca
cando os condicionamentos horarios do centro o permiten.
Ademais, permanece aberta en horario extraescolar de luns a xoves, ámbolos dous incluídos. É
atendida por dous mestres de garda.
A continuación detállanse as actividades levadas a cabo durante todo o curso e por trimestres.
13
www.blogvoreta.blogspot.com
DURANTE TODO O CURSO
Apertura da biblioteca nos recreos.
Desde o día 12 de outubro, a biblioteca abriuse nos recreos para consulta e lectura
todos os xoves e venres.
Deseño e posta en marcha do proxecto documental “Viaxar en tren”,que se
desenvolverá no 2º trimestre, para a súa exposición no 3º trimestre.
Exposición de libros literarios e de consulta para o traballo do proxecto
Servizo de empréstito. Desenvolveuse ao longo de todo o curso co programa
informático Meiga. A meirande parte do alumnado respecta os materiais que levan
para a casa e só houbo un caso no que houbo que repoñer o libro por parte da familia
por mor de extravíos. Este ano, ademais, decidimos que a autorización para o
empréstito, que se viña renovando cada ano por parte das familias, se fixese unha soa
vez mentres o alumno/a estivese escolarizado no Centro.
A práctica totalidade das familias acolléronse a autorizar o préstamo e a
comprometerse á súa reposición en caso de deterioro ou extravío.
Hora de ler. Lévase a cabo en cada titoría entre as 12,30 e as 12,50 por parte dos
mestres que teñen docencia directa nesa franxa horaria co alumnado. Os obxectivos
marcados tentan dar cumprimento aos do Plan Lector. As lecturas poden ser a elección
do alumnado ou seleccionadas polos mestres.
Conta contos a cargo do “Moucho Leroucho”, subvencionado polo Concello de Cambre
para Educación Infantil e o Primeiro Ciclo de E. Primaria e outros conta contos para a
E. Primaria.
14
www.blogvoreta.blogspot.com
Actividades de fomento da investigación, da lectura e da expresión escrita nas
diferentes titorías.
Investigamos na tablete nos ordenadores abalar
Os alumnos de 3º da E. Primaria realizaron un traballo sobre “O Principiño”, no que
reflectiron as súas opinións sobre o conto lido , recompilaron citas e fixeron
debuxos.
Pode verse o seu traballo no blog da biblioteca.
Uns alumnos de segundo inventaron un conto “La patata voladora”que van escribindo
en grupo repartíndose os capítulos.(Ver publicado no blog da biblioteca).
Os alumnos de 5º e 6º realizaron unha investigación sobre pintores dende o ano 1600
ata a actualidade.Cada alumno realizou un cadro inspirándose no pintor elixido. Os
traballos resultantes foron expostos no corredor do colexio.
15
www.blogvoreta.blogspot.com
Exposición de novidades na biblioteca. En principio non están suxeitos a préstamo para
que poidan acceder a eles o maior número de usuarios. Cando a exposición cambia, pasan
á súa situación definitiva e poder ser emprestados.
Colaboración coa Biblioteca Municipal de Cambre, na realización de trípticos con
recomendacións de lecturas, que elaborou en formato papel no primeiro trimestre e que
ultimamente fai en soporte electrónico.
A colaboración con outras entidades reflíctese na páxina web da biblioteca central do
Concello de Cambre.
http://www.cambre.es/es/concello-2/concellerias/rede-de-bibliotecas/colaboracion-con-outras-
concellerias-e-entidades/
PLAN LECTOR. Para dar cumprimento aos obxectivos marcados, as diferentes titorías de
Educación Primaria estableceron como lecturas obrigatorias as seguintes:
16
www.blogvoreta.blogspot.com
1º curso de EP
“Cuentos que dan mucho juego. Juan sinmiedo y el
gato con botas”. Sonia Albaizar,Paloma
Casado.Santillana
“O lapis de Rosalía”. Antón Cortizas.S.M.
“O anano máis alto conta a historia de Brancaneves”.
MarilarAleixandre. Rodeira.
2º Curso de EP
“No corazón do bosque”.Agustín Fernández Paz.
Xerais
“Marcopola nº3. Dragoneta”.Jacobo Fernández.
Xerais
“ Un cocodrilo misterioso”. Ana Alonso.Anaya
3º curso de EP “O Pricipiño”.Saint-Exupery. Galaxia.
“Esto no es solo un diario”.Autores varios .SM.
4º Curso de EP
“El Quijote para niños”.1ª y 2ª parte.Colección
Picaña. S.M.
5º curso de EP “Mil cousas poden pasar”. JacoboFernández.Xerais
“Momo”. MichelEnde.Jollibre
6º curso de EP
“Caperucita en Manhattan”. Carmen Martín Gaite.
Siruela.
“Volverás Golfiño”. Andrea Maceiras.Xerais.
“Usha”.María Reimóndez.Xerais.
“A evolución de CalpurniaTate”.JacquelineKelly.
Kalandraka.
17
www.blogvoreta.blogspot.com
PRIMEIRO TRIMESTRE
Preparación do proxecto “Viaxar no tren. Realizaremos unha viaxe imaxinaria nos
mellores e máis famosos trens do mundo apoiándonos no libro “Trenes de ensueño”de
Martin Howard.Ed. Planeta. O reparto de trens queda como sigue:
A semana da biblioteca dedicámola a exploración no espazo. Durante o recreo desa
semana proxectaranse documentais relacionados co tema.
A programación foi a seguinte:
5º e 6º Obxectivo Plutón (19 e 20 de outubro)
3º e 4º Coñecemos a ISS (22 e 23 de outubro)
1º e 2º Paxi e o Sistema Solar (21 de outubro)
EDUCACIÓN PRIMARIA
1º TRANSCANTÁBRICO.
2º AL-ANDALUS.
3ºGOLDEN EAGLE.
4º ORIENT EXPRES
5º HIRAM BINGHAM
6º ROYAL SCOTSMAN
EDUCACIÓN INFANTIL
4º E.I. ROVOS RAIL
5º E.I. THE CANADIAN
6º E.I. TREN HAWAI
18
www.blogvoreta.blogspot.com
Visitáronnos:
Andrea Maceira
Celso Fernández María Solar
19
www.blogvoreta.blogspot.com
Continuamos co blogue“blogvoreta”
http://www.blogvoreta.blogspot.com.es/
SEGUNDO TRIMESTRE
Conmemoración do Día da Paz.
Os libros como fornecedores da Paz.
Celebración do Día da Poesía. 21 de marzo de 2015
Celebrámolo difundindo a mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, co gallo do
Día Mundial da Poesía entre o profesorado e no taboleiro exterior da biblioteca.
El poeta John Burnsideescribió: «Si lo que nos empeñamos en llamar destino parece inexplicable o cruel es
únicamente porque carecemos de imaginación para desear lo que nos aporta, para iluminarlo con algo
más ingenioso que la consternación.».
Celebración do Entroido. Un ano máis, o Equipo de Actividades Complementarias e
Extraescolares, unha vez oído o Claustro e os Ciclos, e en relación co proxecto documental
da biblioteca deste curso,”Viaxar en tren” decidiuse que o tema para os disfraces serían os
traxes típicos dos lugares polos que atravesaba o tren correspondente a cada curso.
20
www.blogvoreta.blogspot.com
Celebración do Día Mundial do Libro:
Certame de marcapáxinas. Todas as titorías de Infantil e Primaria elaboraron os
seus para intercambialos na Feira do Libro que se celebrará no mes de maio.
Aproveitamos para recordar o cuarto centenario do pasamento de Miguel de
Cervantes e os marcapáxinas tiñan como temática “El Quijote”
Exposición dos traballos “Viaxar no tren”
Os traballos do proxecto foron expostos por todo o colexio.
Os alumnos de 1º e 2º viaxaron tren dende a estación de Cambre ata a da Coruña.
21
www.blogvoreta.blogspot.com
TERCEIRO TRIMESTRE
Feira do Libro.
A actividade fomenta o gustopola lectura, o respecto polo alleo e a colaboración e a
solidariedade, así como a relación entre as persoas a través dos libros.
Levouse a cabo un ano máis a Feira do Libro co gallo do Día das Letras Galegas. Previa
autorización das familias e con carácter voluntario, o alumnado aportou un libro para
intercambialo cos dos outros compañeiros/as.
Ao remate co intercambio, cada alumno/a recolleu un marcapáxinas dos elaborados con ocasión
do Día do Libro.
Esta actividade está recollida no blog “celebrandeslao.blogspot.com.”
Contamos coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística e o Equipo de Actividades
Complementarias e Extraescolares.
Ás familias envióuselles un tríptico coa información sobre a actividade e a figura
homenaxeada no Día das Letras, así como a autorización para a entrega dos libros.
Realizamos, en colaboración co Equipo de Normalización
Lingüística as seguintes actividades:
un concurso de poesía en galego no que participaron
tod@s os alumnos de primaria. A poesía tiñan que
depositala nunha caixa na biblioteca.Os premios
dividíronse en tres categorías:1º e 2º, 3º e 4º e 5ºe 6º.
22
www.blogvoreta.blogspot.com
DRAGOLAMBÓN E DRAGOLAMBINA. Dragolambón leva na súa barriga unha morea
de libros en galego. Os/as rapaces/as de 1º e 2º teñen que collerlle un libro lelo e
despois facer un pequeno resumo e un debuxo. Dragolambina espera na biblioteca
a que lle dean de comer estas estupendas viandas. As que máis lle gusten a
Dragolambina levarán un agasallo. Ao rematar o banquete expoñeranse no
taboleiro da entrada da biblioteca os resumos e debuxos máis sabedores.
Unha exposición de banda deseñada en galego.
DRAGOLAMBINA
DRAGOLAMBÓN
23
www.blogvoreta.blogspot.com
IV.C. ACTIVIDADES RELACIONADAS COA EDUCACIÓN PARA A COMPETENCIA EN
INFORMACIÓN
Ademais de atender a demandas concretas, incídese nos procesos de procura,selección e análise
crítica da información.
Está integrado o uso de ferramentas dixitais que axudan a xestionar o traballo persoal do alumno
(procuras, plan de traballo, borradores…) o traballo esténdese ás aulas mediante o uso de
ordenador, tablet, ou na aula de informática.
O PROXECTO DOCUMENTAL
No mes de outubro, o Equipo da Biblioteca Escolar tomou a decisión de desenvolver un
proxecto que estivese relacionado coa exploración xeográfica.
As viaxes en tren invitan a visitar os lugares con calma, gozar coas paisaxes e coñecer as
costumes dos países polos que pasas. Escollimos algúns trens con moita sona e outros moi
descoñecidos e paseamos por todos os continentes.
O título elixido foi: VIAXAR EN TREN
A información relativa ao proxecto foi entregada a todas as titorías do centro nunha carta
de Xulieta.(Mascota da biblioteca).
24
www.blogvoreta.blogspot.com
25
www.blogvoreta.blogspot.com
OBXECTIVOS
Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo
con elas cando utilizamos un transporte público.
Prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así
como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade
no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa
persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas.
Comprender a importancia de saber utilizar unha lingua estranxeira coa competencia
comunicativa básica que lles permita expresar e comprender mensaxes sinxelas e
desenvolverse en situacións cotiás.
Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de problemas
que requiran a realización de operacións elementais de cálculo par aplicalos ás
situacións da súa vida cotiá.Por ex. a planificación dunha viaxe.
Coñecer os aspectos fundamentais da xeografía, a historia e a cultura dos países
recorridos.
Iniciarse na utilización das tecnoloxías da información e da comunicación.
Desenvolver un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.
Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de
propostas visuais e audiovisuais.
Desenvolver as súas capacidades afectivas nas súas relacións coas demais persoas, así
como unha actitude contraria á violencia e aos prexuízos de calquera tipo.
Coñecer, apreciar e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais dos
países que imos coñecendo.
BIBLIOGRAFIA
“Trenes de ensueño”de Martin Howard.Ed. Planeta.
www.renfe.es
https://www.catai.es/categorias/trenes-del-mundo.html
http://turismo.perfil.com/3724-fotogaleria-los-mas-famosos-trenes-turisticos/
26
www.blogvoreta.blogspot.com
IV.D. OUTRAS ACTIVIDADES
Ademais de adecuar os espazos, mobiliario e equipamentos tecnolóxicos para facilitar o
acceso, a biblioteca deseña e crea materiais especiais se o profesorado o demanda para distintos
grupos de alumnado con necesidades de acción compensatoria. Tamén selecciona, reúne e
difunde documentos específicos, así como facilita algún servizos concretos para estes alumnos
(préstamo de recursos variados).
Ademais de facilitar a consulta en sala e o préstamo individual, a biblioteca establece sistemas
de difusión da información para o conxunto do profesorado (boletíns, información sobre a
cultura en xeral...)
V. GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE EDUCATIVA
O obxectivo do Equipo da Biblioteca Escolar é difundir o fondo documental e suscitar o
hábito lector a través do préstamo bibliotecario e dar a coñecer todos os aspectos relativos ao
mundo da lectura e da cultura en xeral empregando a biblioteca como un dos espazos máis
apropiados para o cumprimento de tal fin.
Tanto o profesorado como o alumnado amosou un gran interese en todo momento e
participou coas actividades propostas.
Así mesmo fíxose partícipe a Asociación de Nais e Pais e a todas as familias en xeral dun
xeito o outro da meirande parte das actividades propostas (guías de lectura cantos contos
contas,feira do libro, trípticos e notas informativas...). Sen a súa participación os resultados
obtidos non terían sido tan satisfactorios.
Profesorado e alumnado mantiveron a continuidade do préstamo, a implicación no
desenvolvemento do proxecto documental, o interese por amosar a importancia da lectura como
fonte de pracer e de aprendizaxe e ademais dalo a coñecer aos demais mediante a participación
en todas as actividades propostas desde o Equipo da Biblioteca.
As suxestións por parte do profesorado e do alumnado para mellorar o fondo da biblioteca
e a súa organización foron tamén constantes e atendidas sempre que os recursos económicos,
espaciais e de tempo así o permitiron.
A colaboración entre o Equipo Directivo, o Consello Escolar, a Comisión de Coordinación
Pedagóxica, o Equipo de Dinamización Lingüística, a Comisión de Actividades Complementarias e
Extraescolares, a Comisión de TICS, e os diferentes Ciclos foi fundamental para levar a cabo este
traballo.
27
www.blogvoreta.blogspot.com
VI. GRAO DE INTEGRACIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA NOS PROCESOS DE
ENSINANZA E APRENDIZAXE DAS DIVERSAS ÁREAS DO CURRÍCULO
A biblioteca é concibida no noso centro como un espazo ao servizo dos procesos de ensinanza e
aprendizaxe e pon á disposición de todos os membros da comunidade educativa os fondos
documentais existentes en calquera soporte para facer un uso eficaz deste.
Deste xeito propúxose unha oferta de actividades que intentase satisfacer varios dos obxectivos
e contidos do currículo.
A colección da biblioteca ten en conta todas as etapas educativas e as áreas do currículo, e as
adquisicións planificáronse para manter a compensación entre materias sempre que foi posible.
A través dos servizos que prestamos e das actividades desenvolvidas (lectura en sala,
información, exposicións, posta en práctica do plan lector, préstamos, proxecto documental ou
acceso a internet…) contribuímos á adquisición dos obxectivos das diferentes áreas do currículo,
tanto en Educación Infantil como en Primaria, e das competencias básicas tentando asemade de
integrar a cultura impresa e a cultura dixital, xunto coa Comisión de TIC´s, nos xeitos de facer
do profesorado e nas prácticas de aprendizaxe do alumnado.
O uso da biblioteca e o desenvolvemento do Plan Lector figuran nas Programacións Didácticas de
cada un dos ciclos como un importante recurso para a consecución dos obxectivos e o
desenvolvemento das competencias básicas do alumnado en todos os niveis e ciclos.
As actuacións levadas a cabo desde a biblioteca, especialmente coa posta en práctica do
Proxecto Documental “VIAXAR EN TREN”, tentaron reforzar a nivel competencial, en liñas
xerais, os seguintes aspectos:
1. Competencia en comunicación lingüística
- Entender os enunciados das diferentes actividades.
- Realizar a lectura comprensiva do documento extraído do libro de traballo e recoller a
información significativa.
- Ampliar e aplicar o vocabulario relacionado cos medios de transporte e a xeografía.
- Empregar o vocabulario axeitado segundo a situación comunicativa.
- Ler, analizar e comprender o contido de diversos tipos de textos que atoparemos nas
páxinas visitadas .
- Indagar na literatura dos países visitados.Coñecer escritores destacados.
28
www.blogvoreta.blogspot.com
A promoción do préstamo, intercambio de libros e recomendación de lecturas entre o alumnado: Consideramos necesario que os nenos e nenas se animen uns a outros na lectura; recomendarse libros supón ter que ser lidos previamente, que se establecen canais de comunicación culturais, que se axiliza e actualiza o pracer da lectura.... Esta actividade formará parte da Hora de Ler, na que o alumnado pode facer aportacións interesantes á súa clase en calidade de préstamo, tanto de textos narrativos como de divulgación. É importante que o profesorado manteña unha supervisión para que este material sexa de calidade.
Ademais, participarase na
actividade do “Feira do
Libro”.
(Programación Didáctica do 1º
Ciclo de Educación Primaria)
2. Competencia matemática e competencias básicas en ciencias e tecnoloxía
- Descubrir a utilidade dos números para manexarnos na vida real,comprando os billetes e
planificando unha viaxe
- Obter e organizar a información de diferentes tipos de gráficos (itinerarios,horarios...)
- Aplicar a abstracción, a simbolización, a dedución e a formalización na vida
cotiá e as súas actividades escolares.
- Interpretar gráficas que representan os itinerarios dos trens
3. Competencia dixital
- Coñecer a organización dos libros na biblioteca e procurar os que cómpren para ampliar coñecementos.
- Acceder a recursos educativos e información sobre o tema a investigar a través da internet.
- Practicar destrezas para a procura, a escolla e a
presentación ordenada da información.
- Comprender a información de diversas fontes por
medio do tratamento da súa estrutura eorganización.
- Interpretar información expresada en diferentes
códigos.
- Interpretar imaxes e detectar a información que nos
transmiten.
- Utilizar diferentes tipos de códigos para representar
algunhas informacións.
4. Competencia para aprender a aprender
- Relacionar as novas aprendizaxes cos coñecementos previos xa adquiridos.
- Exercitar a relación de contidos en forma de esquema de frechas.
- Fomentar o traballo en equipos e a división de tarefas.
- Traballar a consulta de varias fontes de información e relacionar os resultados obtidos.
- Analizar e interpretar os elementos do contexto para arrequentar a comprensión de textos e imaxes.
- Esforzarse para resolver as actividades de crecente complexidade.
- Recapacitar sobre a orixe dos erros cometidos para aprender a evitalos.
29
www.blogvoreta.blogspot.com
5. Competencia sociais e cívicas
- Traballar en equipo para resolver actividades complexas.
- Coñecer e valorar a cultura de países distintos ao noso.
- Aprender a aceptar os puntos de vista distintos ao propio.
- Respectar as normas de convivencia cando utilizamos os transportes públicos.
- Desenvolver habilidades que faciliten a convivencia, a tolerancia e mais o respecto entre as
persoas.
- Participar nas actividades colectivas valorando as achegas realizadas polos demais
- Exercitar as habilidades sociais necesarias para identificar e valorar os puntos de vista dos
demais
6. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor
- Participar de forma autónoma na organización do tempo libre e na planificación de actividades de lecer. Valorar a lectura para o logro deste fin.
- Aplicar criterios de clasificación para organizar a información.
7. Conciencia e expresións culturais
- Realizar debuxos ou carteis que expresen os contidos estudados.
- Recoñecer a lingua como elemento cultural de primeira orde.
- Aplicar criterios de creatividade e imaxinación nas propias producións.
- Comprender e valorar as obras de carácter literario.
- Desenvolver a capacidade expresiva e comunicativa en produción e a representación de textos.
- Valorar as obras literarias e outras formas de manifestación cultural expresadas lingüisticamente.
- Gozar da beleza e descubrir as posibilidades estéticas que encerran determinadas producións literarias e a imaxe.
VII. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO ÁMBITO DE BIBLIOTECA ESCOLAR EN QUE
PARTICIPOU O PROFESORADO
No mes de marzo a persoa responsable da biblioteca asistiu aos Encontros dos centros do Plan
de Mellora das Bibliotecas Escolares.
30
www.blogvoreta.blogspot.com
VIII. AVALIAICIÓN
Facemos primeiramente unha cuantificación do grao de consecución dos obxectivos propostos
para este curso que se detallan no seguinte cadro e que foron avaliados no punto II desta
Memoria.
Obxectivo acadado
Obxectivo en
proceso Non acadado TOTAL
Organización e xestión
8 2 0 10
Dinamización e promoción dos recursos da BE
2 1 0 3
Formación de usuarios e competencia informacional
2 4 2 8
Fomento da lectura e competencia informacional
5 2 0 7
Outras actuacións 4 0 0 4
Avaliación 2 1 0 3
TOTAL 23 10 2 35
Cómpre dicir á vista destes resultados que estamos bastante satisfeitos co nivel de consecución
dos obxectivos que nos propuxemos, porque o 65 % dos obxectivos foron totalmente acadados e
o 28% están en vías de lograrse, xa que son obxectivos a conquerir a medio ou longo prazo.
O total xa que logo da porcentaxe de obxectivos logrados total ou parcialmente é do 93 %.
Por outra banda, queremos resaltar tamén estes aspectos avaliativos:
31
www.blogvoreta.blogspot.com
1. A planificación e a avaliación están coordinadas pola comisión de biblioteca e cóntase cos
órganos de dirección e coordinación pedagóxica do centro (Dirección, xefatura de
estudos, Comisión de Coordinación Pedagóxica…). A participación destes axentes está
establecida e é permanente.
2. O equipo directivo considera a biblioteca como unha das súas prioridades e impulsa
estratexias para implantala, integrala e desenvolvela. Ademais, apoia a biblioteca en
todas as súas iniciativas de mellora.
3. A biblioteca contémplase como espazo formativo nos documentos fundamentais do
centro. A súa planificación anual incorpórase á Programación xeral anual e a biblioteca
aparece nos documentos de promoción e difusión do centro.
4. A biblioteca ten presenza permanente nos distintos órganos de xestión, planificación e
coordinación pedagóxica do centro. Especificamente, está integrada na Comisión de
Coordinación Pedagóxica.
5. A biblioteca contou cun orzamento anual para a adquisición de recursos que provén do
PLAMBE o que garante unha actualización equilibrada do fondo.
6. A biblioteca dispón dun orzamento anual para o seu funcionamento ordinario e para
organizar actividades que provén dos gastos de funcionamento do centro. As melloras de
infraestruturas supedítanse á dispoñibilidade económica do centro ou do Concello de
Cambre.
7. Este curso catalogáronse case 200 documentos.
8. A totalidade do alumnado acode á biblioteca (durante os recreos, baixo a tutela do
responsable da biblioteca ou acompañado polos seus mestres).
9. A maioría do alumnado acode á biblioteca unha vez por semana ou máis.
10. A meirande parte do alumnado utiliza os recursos da biblioteca cando acode a ela
(consulta, lectura de ficción, información, usan o computador …)
32
www.blogvoreta.blogspot.com
11. Funcionamento do blog: Moi positivo
12. Consideramos moi positiva a participación na actividade de Poesía e no Dragolabóm.
13. As reunións do Equipo de Biblioteca Escolar foron periódicas durante todo o
curso.Reunímonos unha vez ao mes para planificar o traballo técnico e revisar e avaliar a
marcha das nosas propostas. Realizouse nelas a correspondente avaliación.
14. En canto ao horario dedicado ao traballo na biblioteca, queremos salientar a dificultade
que xurde para compaxinar o labor técnico e de dinamización da lectura coas horas que a
biblioteca ten que ser utilizada para a consulta e préstamo por parte das titorías. Tendo
en conta que o noso Centro conta con 6 unidades de EI e 15 de EP, o traballo “in situ”
podería desenvolverse en 4 horas lectivas. A cuestión non ten fácil solución, xa que o
equipo non pode desenvolver o seu traballo simultaneamente mentres acoden á
biblioteca os usuarios. Ademais xa se dixo que as actividades de promoción da lectura
como conta contos e outras charlas ou conferencias tamén empregan este espazo, polo
que as horas de traballo vense ás veces interrompidas por este tipo de actividades.
15. Existe no centro unha gran demanda de uso da biblioteca como actividade extraescolar.
Todas as solicitudes non poden ser atendidas por falta de espazo físico.
16. Atopamos dificultades para a adquisición de material divulgativo en galego para as idades
dos nosos alumnos por mor de situación alleas a nós. (situación do mercado editorial en
lingua galega…)
17. Destacamos a ampla acollida que tiveron ao longo de todo o curso as actividades
propostas polo Equipo de Biblioteca e desde estas liñas queremos agradecer en xeral a
toda a comunidade educativa e en particular ao equipo directivo polas facilidades dadas
para desenvolver todas as nosas propostas, aos mestres e mestras que acolleron as
actividades con entusiasmo e unha participación total, tanto en educación infantil como
en primaria.
33
www.blogvoreta.blogspot.com
IX. PREVISIÓNS DE FUTURO
A intención do Centro é seguir participando no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
No prazo sinalado o Equipo de BE presentará o Proxecto para o curso 2016-2017 no que se sinalan
as liñas prioritarias de actuación para o próximo curso.
Cómpre seguir actualizando o fondo, xa que máis do 78 % do mesmo corresponde a anos
anteriores ao 2009. O 15 % do fondo corresponde aos anos 2013 e 2015 (mes de xuño).
43