RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu...

48
Adelaida Abad Isla. María Ortega Cadavid Mónica Cadavid Marín (Misaki) Xurxo Miguel Gago Chao Mª. Esther Val Rodríguez Andrés C.M. Riveira Pablo Bouza Suárez Fina Díaz Robles Nieto Matilde Castro García Maribel Serantes Gómez José Pita Cribeiro Margarita Pérez Pérez Mariola Hermida Romero Araceli Margareto Noya Candela Quintiá Romero José Emilio Balado Paz RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da Emoción” Fene, novembro de 2017

Transcript of RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu...

Page 1: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

Adelaida Abad Isla.María Ortega Cadavid

Mónica Cadavid Marín(Misaki)

Xurxo Miguel Gago ChaoMª. Esther Val Rodríguez

Andrés C.M. RiveiraPablo Bouza Suárez

Fina Díaz Robles Nieto

Matilde Castro GarcíaMaribel Serantes Gómez

José Pita CribeiroMargarita Pérez Pérez

Mariola Hermida RomeroAraceli Margareto NoyaCandela Quintiá Romero

José Emilio Balado Paz

R E C I T A L P O É T I C O

“Voces do Obradoiro Poesía:A Grafía da Emoción”

F e n e , n o v e m b r o d e 2 0 1 7

Page 2: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

Apráceme presentarvos a publicación Voces do obradoiro “Poesía a grafía da emoción” na que se recollen algúns dos traballos das persoas que de setembro a novembro do ano que andamos participaron neste taller de creación literaria dirixido por Pablo Bouza Suárez.

Vaia o meu agradecemento para coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega por traer ao noso Concello este obradoiro e para Pablo Bouza Suárez por aceptar dirixilo coa dedicación e mestría ao que nos ten afeitos.

Asemade, quero felicitar a todas as persoas que cedestes os vosos poemas para esta publicación, coa certeza que é o mellor agasallo que lle podemos facer á veciñanza de Fene.

Juventino J. Trigo ReyAlcalde de Fene

Page 3: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos
Page 4: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 3 -

MATILDE CASTRO GARCÍA

A CASA DE MARÍA

Había unha vezhai moito tempounha casa pequeniñaque non estaba no bosque,pero estaba moi cerca del.A María non lle gustaba,porque era de pedra, e ela, coma moitas,quería una casa pintada.Non lle gustaba ser de labregosnin que houbese hórreonin carro, nin vacas.Por riba tiña lareira,na que sempre había dous gatos,certo é, que tiñan nomes moi literarios.Sacados dos contos de Celiael Babi e ela Pirracas.Os contos non os había na casaela traíaos da escolaeran poucos e contados.Quen o ía dicir?porque a escola estaba nun pazo.Un pazo con torrecon patio interior, galerías,salóns entelados,con estanques nos xardínsestatuas, e paseos as fragas.María na escola,non falaba das vacas.

Page 5: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 4 -

MATILDE CASTRO GARCÍA

ELA

Hoxe volvín a ver aqueles pendentes,prata vella verde esmeraldaque me agasallaches.Lembrei o último día que te vin,coma outras veces, estabas enrabechada.Volviches falar de antes,de agora, de traizóns imaxinarias,e eu pensei, que non estarías ben,que en ti reflíctese o paso dos moitos anos.Non sei se quero saber,en que momento decidichesque eu era a túa inimiga,terei que pensar,que sempre non foi así.Pecharei os ollos e verei,o teu ir e vir á cociña,os agasallos ás nenase as uvas de moscatel,douradas, enriba da mesa.

Page 6: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 5 -

MATILDE CASTRO GARCÍA

MAR

Non podo imaxinaros días grises sen verte,que cando miro ao lonxenon estiveses aí.As túas cores de pratao ir e vir das túas ondasfan que a tranquilidademe invada.Mañá será outra vezun día triste,quizais, co paso do tempo,volvan a vir aquelas baleas azuis.

Page 7: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 6 -

MARIBEL SERANTES GÓMEZ

Érguese o medoimpotentecontra a friaxe da noite.

Folerpas mourasestalanno muro do silencio.

O medo agóchaseindecisobaixo as sabas da escuridade.

A fera achégasede vagarventando o arume do imposible.

Page 8: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 7 -

MARIBEL SERANTES GÓMEZ

Perfílame un versoa carón da pel.

Tatúame ronseis de verbasdourando sombrasnas coxas do solpor.

Adxectívame coa fría agullada dúbida molladaen favos de pensamento.

Acubíllame nas sinuosas sinalefasque ocultas nas entrañas.

Réndeteme.Entrégateme poema escuro.

Page 9: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 8 -

MARIBEL SERANTES GÓMEZ

NON É FÁCIL

Érgome da cama.Toda unha para min.Frío.Frío nos pés.Os pés no chan.- Vas pillar un arrefriado-enléame o pelo mamá.Envólveme os pés moi rápidonuns calcetíns papá.Arríncoos e tíroos ao aire.Non por mal. Nin por xogar.Por sentir de novo nas miñas dedaso agarimo das súas mans.

- Non sexas trasno-sorrí papá-que hai que almorzar.

Almorzo.Papá.Mamá.Palabras novas que escribo no ar.Repítenmas moito,parecen ter medo que non as saiba pronunciar.

Page 10: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 9 -

E apréndenme unha lingua novacon moitas verbas, enleante, pero que sabe a fogar.

Fogar: outra palabra grande.Fogar, que ule morna e a pan.Ao pan quente que mollono leite fresco cada mañán.

E gardo as faragullas no peto do pantalón.

Page 11: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 10 -

MARIBEL SERANTES GÓMEZ

Por se mañánnon hai leitenin fogarnin pan.Por se mañánnon hai colonin apertasnin frío no chan.Por se mañánnon hai ceonin rúasnin colenin papá, nin mamá.

Ollo os calcetíns.Ollo a papá que bule polo cuartosen deixar de trafegar.Sinto ledicia na bocae uso a miña lingua para lle cantar:Gústanme os teus calcetíns.Gústame este frío.Gústame este chan.

Page 12: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 11 -

JOSÉ PITA CRIBEIRO

A ROSALÍA

Non coñecín, Rosalíaaqueles teus tristes tempos síntome identificadoporén cos teus sentimentos.

Ben entendiche a Galiciapero tamén os galegos e soupéchenos transmitiros teus nobres sentimentos.

Ainda me poido acordar, poisnon están moi lonxe os tempos que na nosa realidade vivían teus pensamentos.

Ainda nos é coñecidaa loita destes labregoscon que incluso hai poucos anosgañaban o seu sustento:coas suas vacas marelas,os raños e os seus lamentos,pero tan só para conseguirun moi lixeiro sustento:o leite para seus almorzos,con pan de oito dias seco,e pra xantar, caldo e leite,auga cando están sedentos,á noite leite ou caldo para ter o bandullo cheo.

Page 13: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 12 -

MARGARITA PÉREZ PÉREZ

O CHINQUILIMPÉ

Ao chinquilimpé saltou MaríaAo chinquilimpé soltou Xosépisando unha cándida ráque na auga enforcada dormía.

Ao chinquilimpé soltou o paspalláspicando o pan enriba da artesa,ao chinquilimpé veu a gaivotametendo a sua pata na auga do mar.

Ao chinquilimpé subín a escaleiraa toda presa coa lingua de fóraSentindo que me doía o pecheguei e senteime nunha cadeira.

Ao chinquilimpé na fonte vinun gorrión bebendo feliztireille unhas gotas de auga clarapero caeronme a mín polo mandil.

Ao chinquilimpé volvín para casalevando unas flores para miña naiao pasar polo río caínquedei nas brancas pedras sentada.

Page 14: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 13 -

MARGARITA PÉREZ PÉREZ

O MEU SULTÁN

Estame caendo unha bágoaacordándo do meu can, era de cor acibeche e o ollosmiraban tristes o chan,

mais ben contento poñíasecando eu decía: ven comer, Sultán!.

Sempre ledo viña correndo,comía feliz na miña man, tanto sábados como domingos,foran ovos, leite, carne ou pan.

Cando estabamos no inverno,sentabase preto de min no chan.

Mais un triste día que o buscabapara darlle de almorzarNon o vexo por ningures,nin na casa nin en todo o lugar.

Pregunteille a miña nai,pero non me soupo contestar.Pregunteille ás veciñas,tampouco razón me souperon dar.

Dixome un veciño doutra aldeaque un home o levara para seu fogar.

Page 15: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 14 -

Meu Deus!, eu tiña só cinco anos e non podía parar de chorar.e ainda que o busquei e busquei,non o puiden atopar.

Tiña dor no meu triste corazón,non o podía evitar.As bágoas polas meixelas caian,non podia parar de chorar.

Así pasei meses e meses, e aindaagora moi a miudo penso no meu can.

Page 16: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 15 -

MARIOLA HERMIDA ROMERO

poñerme na túa pelir crebando esa penaancorada entre as costelasa mesma pena que berra por saíratropeladamente nun círculo vicioso

son testemuña do pranto acometidoen vagas salvaxesno corpo febril

testemuña do desamparoda friaxe das paredese da cama do sofá desfondado gardandoa quentura do que non está

dos ocos que escapanna lentura das horasdo naufraxio dos beixosaínda mornos

son consciente da perdada poalla que vai labrandoos ósos e os miolosmentres un non sabepor onde virar.

Page 17: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 16 -

MARIOLA HERMIDA ROMERO

Na procura do norte,do caixón desastre,acubillo nos dedos a intención de sanar a obriga,o desengano, a impaciencia,a soedade non declarada,a tristura que chega nunha bágoa silenciosa,o desorde mental,o derrubo das ilusiónsque un día chegaronpara quedarse, a tolemia non liberada,a verdade enmascarada,a finura deses pensamentosque conseguen enraizarna alma só para fustrigala como unha marea sen resaca.Na procura do norte rezo porque o teu caixón desastredesestime a razón de perseguirte.

Page 18: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 17 -

MARIOLA HERMIDA ROMERO

quizais haxa unha segunda oportunidadeonde remendar con fíos dourados os desdénsquizais o mundo pare de xirare comece de novo no punto exactoonde habitan os primeiros xermolos

si, quizais haxa un punto de retorno onde o arrepentemento busque liberacióne a espesa néboa se disipe co canto dun paporroibo.

Page 19: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 18 -

ARACELI MARGARETO NOYA

HAIKUS

Outono douradoronsel de follas secastapiz do bosque

Estrela fugazesgótase nun intrefica nos soños.

Solpor do outonoceo de vermellas coresardora no mar.

Page 20: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 19 -

ARACELI MARGARETO NOYA

CHANTEIRO

Cando volvo á praia da miña infancia, -no verán-, sinto a súa salobre esencia, saboreo as súas ondas,torno serea entre os argazos.

É o meu pequeno mar, parte de mín, do meu ser.

Fúndome con el e deixo de ser eu,son auga, son sal, son azul, son onda, son rocha…a miña mente baleírase e son infindamente feliz.

Quero ser sempre serea,e nadar,nadar ata volver ser onda.

Lamber coa miña xerfaos pequenos pés dos nenose facer cabriolas no vento.

Quero ser sempre serea, e nadar…

Page 21: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 20 -

CANDELA QUINTIÁ ROMERO

inverno chegoue ti con élco teu frio corazón e a tua maneira de ser.A primavera chegou e ti fucheste con elacoas suas flores e a corti non podes percorrela.

Page 22: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 21 -

CANDELA QUINTIÁ ROMERO

QUÉREME LIBRE

Quéreme libreQuéreme enteiraQuéreme sen lazos nin atadurasQuéreme nos meus momentos malos,xa que nos bós é sinxelo quererme Quéreme cando non teñas motivos para faceloQuéreme ata cando eu non me queraQuéreme sobre todo cando xa non te queden forzas;Quéreme porque eu o fago,Quéreme porque eu o merezo.

Page 23: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 22 -

JOSÉ EMILIO BALADO PAZ

INDIANOS

A escola de Chamosocumple cen anos,un patio, dúas aulas,esforzo indiano.Desde a lonxana Cuba,modernidade,vellos tempos de igrexa,escuridade,arredaron do ensinocregos e frades.Contrataban os mellores,métodos novosigualando na escolaricos e pobres.Grazas aos emigrantes,Fene progresa,son xente solidaria,xente que pensa.

Page 24: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 23 -

JOSÉ EMILIO BALADO PAZ

O SEGREL

No Penedo está Sandulfe en Sandulfe hai un segrel no país de Rosalía faro proeiro ronsel

Un poema, unha cantiga verbas con sabor de mel

Esvelto corpo, galán, branca camisa de liño boina de pano sedán bigote fino, moumiño

Mariñeiro que ao drizar abres rumbos nos camiños grazas Don Xosé María poeta, segrel amigo

Page 25: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 24 -

JOSÉ EMILIO BALADO PAZ

O COLE AZUL

No mundo de CentieirasHai unha clase encantada,os alumnos son pitufos as mestres fermosas fadas os números, bolboretas xoaniñas belas palabras.Prohibida a violencia a tolerancia obrigadaRespectar as diferencias sempre, as decisións pactadasOs brinquedos, son as armas a munición as palabrasA verdade, unha bandeira, no corazón sempre izada.

Page 26: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 25 -

ADELAIDA ABAD ISLA

diario dun abandono

Primeiro a choiva

E outra vez a choiva, sempre a choiva.Son os meus ollos que choranas bágoas que xa non me quedan.Gotas de vida mudadaSon miñas dende a mañá.

Sei que non queres mirarme cando choveeu procuro mirar sempre cara outro ladopara que non me vexas.

Que tolemia, verdade?

Deste xeito levamos séculose xa non nos recoñecemos.____________________________________________________

Quérote

Quérote coma a choivaque molla meu corpoque empapa o meu corazón, ebota nas pozas coma unha nena pequerrecha.

Quérote coma a noiteque aperta o meu soñoque mece meus anhelos, eacolle o recuncho onde se esconde meu sorriso.

Quérote porque te queroporque non podo deixar de quererte,ainda que o intento….pero non quero.

Page 27: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 26 -

Detéñome e penso

Que non quero deixar de quererteainda que o intente,porque quererte dameo desexo e o soño e a chuviaque se deteñen no meu peito.

___________________________________________

non para de chover

Rebota sobre o channun ritmo constantea choivafaime cóxegas nos pés.

Golpea a miña fiestraunha e outra veza choivasobre a miña alma.

Non cesa de chover.

Cando esté molladaonde me secareiTi xa non estarás aquía choiva si.

---------------------------------------------------------------------

Despois da choiva

Despois da choivao arco da velladespois da choivao silenciodespois da choivanada.

Page 28: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 27 -

Saír á choiva

Cada gota que cae sobre minxa non tocará o chanme fará medrar,pisar firme.

Dame a túa man,se queres vir comigo,mira aos lados,eu cubrirei todo o demais.

Sairemos antes da choiva,así non deixaremosas nosas pegadas.

Page 29: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 28 -

MARÍA ORTEGA CADAVID

QUE FARÁS?

Que farásse os soños escápansee as ilusiónsmátanse?

Que farás,amigo,se non loitas e perdes todono camiño?

Que farásse ves ó teu amorcorrer a brazos doutra persoa?

Que farás,asasino de bolboretas?

Dime a min:por que, se perdes a luz,non abres os ollose miras cara arriba,onde as estrelas,para non volver oscurecerendexamais?

Que farásse ves todo ó teu redormedrare ti quedas ananode espírito?

Page 30: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 29 -

Que farás,compañeiro de esperanzas?

Dime a min:quedarás quietocal estatua?

Que faráscando as túaslembranzasesvaézansepouco a poucoe te agarresa cravos ardendo,buscando as sobrasdalgún amor pasaxeiro?

Que farás,soterrador da alma?

Dime a min:volverás devastar corazónsdeixando un regueirode feridos por amor?

Que farás se pensas coma un neno e tes que actuarcoma un adulto?

Que farás,camarada de xogos de infancia?

Dime a min:volverás xogar coma antes,coa imaxinación desbocadae a alma liberada?

Page 31: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 30 -

Que farás cando teu sermorra por finpor non telo alimentado debidamentecon libros,música e risas?

Que farás,paxaro engaiolado?

Dime a min:non estás canso xade actuar como queren sempre os demais?

Qué farás,se por moito que buscas,non encontrasun recuncho en tilibre de inquedanzas?

Que farás,músico sen música?

Dime a min:por que,en vez de lamentartepor non ter conseguido nada,non te levantase intentas avanzarcara a felicidade?

Que faráscando se esgotenas bágoase te cansesda autocompaixón?

Page 32: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 31 -

Que farás,reloxo roto?

Dime a min:se todo en tise quebra,e non consiguescontinuarpese ao esforzo,por quenon acodes a alguén?Por que non acodes a min?

Que faráscando vexas a túa vida bailartras os ollose xa non poidassolucionar nada?

Que farás,caixa de Pandora?

Dime a min:por que gardas os teus demos baixo chavee deixas quese acumulencoma se dunhacolecciónse tratase?

Page 33: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 32 -

Que farás cando toda a ledicia,toda a dozuraque te adicaban,se escorracoma fai unha píntegaentre as rochas?

Que farás,sol frío?

Dime a min:que será de tisenón te arranxascandote quebras ao caer,senón te queresvolver levantar?

Que faráscos antañosfeitos enfeitizantes,deixarás que se borrencomo un cadro baixo a choiva?

Que farás?Loitarás?Te deixaras pisotear?

Ai !, amigo…que farás entón,cando todo chegue…?

Page 34: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 33 -

MÓNICA CADAVID MARÍN (Misaki)

LO QUE TE OCULTO BAJO LA PIEL.

No te oculto nada,cómo te lo voy a ocultarsi estoy ante titan desnuda y tan expuesta.

Quizás solo veas piel ante ti,pero para mí lo es todo,toda mi vida,cada cicatriz y cada beso que me dieron.Cada beso que me diste.

Así que,cómo te voy a ocultar algosi también te dejo ver bajo mi piel:cientos de quilómetros de sentimientosmostrados solo para ti.

Y, ahora,mi piel se eriza bajo tu mirada caliente y húmeda,que me recorre de arriba abajo,mientras tu boca me preguntaque si te oculto algo,pero solo me apetece callarla con besos.Unir mi lengua con la tuyay que tus largos dedos me acaricien.Acariciarte.

Page 35: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 34 -

-¿Me ocultas algo?Me despierto de mi ensoñación.-No.-¿Segura?-No.-¿Qué me ocultas?-Te anhelo.Y, tras largo tiempo,por fin lo digo en apenas un suspiro.

-Acércate.

Me extiendes la manoy yo la tomo.Me la besasy besas y besasy besas y besas…Besas toda mi piely, sin darte cuenta,haces vibrar los cientos de quilómetros de sentimientos por ti.

Page 36: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 35 -

MÓNICA CADAVID MARÍN (Misaki)

OLVIDO.

Una maraña de sueñome atormenta.

Cuando apago la luz,la oscuridad trae consigode la manoel miedo.

Miedo a los recuerdos,los mismos cada noche.La misma voz susurrandohúmeda mi nombre.La misma impotencia,los mismos llantos y plegarias.

Me despierto y miro hacia arriba:cuerda.Y yo que pensabaque me volvía loca.Miro hacia abajo:mis pies colgando.Y yo que pensaba que me guiaban.

Intento hacer algo,Aterrorizada.Mis manos, inmóviles,no me ayudan;y, mis ojos,abiertos en la oscuridad,no dejan de ver sombras.

Page 37: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 36 -

Sombras de lo que un día fui.De aquellas risas,juegos,tonteos con la muertecuando me sentaba en el borde del balcóncon un cigarrillo encendidoentre los labios;

o al cruzar la aceratodos muy juntosde la mano.Pero sin mirar.Siempre sin mirar.

De igual forma que, desde hace un tiempo,al mirar,ya no veo nada másque caras tristesy falsas.

Dios, no sé si me entiendes:no es cobardía, es cansancio.Cansancio de todo,incluso de la vida.

Quizás en los próximos díasalguien me encuentrey recuerdeque no quería ser olvidada.

Entonces harán una despedida bonita,de esas en las que hay muchas flores y pañuelos.Y se olvidarán.

En un día, en un año,en una décadase olvidarán de mi nombre.

Page 38: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 37 -

XURXO MIGUEL GAGO CHAO

“ENDECASILABANDO”

A Escrita

I

A poesía é o espello das vidasa diversidade de arquetiposque mostra diverxentes paradigmas,transformando sentires reflectidosen mares de infinitas perspectivas.A poesía é un mar que asubíaque suscita sentires prospectivos,acendendo improvisadas faíscasno oco máis fondo dos nosos sentidos,onde moran as razóns esculpidas.A poesía é corrente fervente,unha masa volátil de saberes,coma sinuoso raio incandescenteque converte as mágoas en pracerese inxecta ao siso razón convincente.A poesía é rego de sementeonde xerminan novos entenderes,variado xardín de froito elocuente,un verxel sen dereitos nin deberesonde crecen soños eternamente.

II

Poesía, templo da liberdade,un paraíso do libre albedríoonde a palabra logra inmensidade,os murmurios das musas poderío;senlleiros versos magnanimidade.Poesía, catedral do arrepío,letras de arcana singularidadeonde se transita do quente ao fríodo asincronismo á simultaneidade.

Page 39: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 38 -

A poesía é pergamiño vellofiel alugamento de profecíasberce de etéreo sentir senlleirocoma pel seca enchida de porfíascosida con teima e con sentimento.Unha troba impresa na pel curtidasempre indemne ante o acoso do tempoidílica tatuaxe ennobrecida,rexo significado bulideiro,heterodoxa fe surrealista.Poesía, enerxía transformadaen raios ígneos de cavilaciónpor vía streaming dende a mesma almafacendo o corazón de servidor,sinal ao senso e xorde a palabra.Da verba sobranceira á expresiónnacendo versos nun abracadabrafroito de ensimesmada conexiónxorde unha composición literariamensaxe emancipadora do amor.

A Desmemoria I

Quen somos sen feitos verificados,sen as lembranzas das vellas memorias,sen contos verídicos do pasado,sen vivificar as humanas glorias,sen cometido erro asimilado?Quen somos sen o influxo das historiasapiñadas nun oco desleixadorebumbio argalleiro das desmemoriasarrexuntadas nun triste faiado,condenadas a penas vexatorias?Quen somos sen os saberes teimudos,sen as eruditas mentes diagnósticas,sen analistas dos feitos madurosque tributan circunstancias insólitasmergullados en íntimos estudos?

Page 40: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 39 -

Quen somos sen un colectivo impulso,sen formar filamento de honra indómita,unidade pétrea, fiel orgullodesprovisto de estigma e de discordiaque clarexe os pasados claroscuros?

II

Onde vai aquela nervada unidadeque ía camiñando cara un mesmo finberrando sempre a prol da liberdadeconstruíndo patria, facendo país,emblema da galaica dignidade?E o sentimento adhesivo de unir,o pegamento da comunidade,contestatario xuízo ante o sufrire brava loita contra a necidade,diamante en bruto do noso porvir?Unha terra que perde identidadeé coma un carro sen os estadullosque carrexando perde calidadeou coma uns empapados garabullosque nunca prenden por mor da humidade.Sen o acervo, pusilanimidade;terra medrosa emporcada de entullocoma poza en eterna sequidade,coma uva estrullada que non ten bullo,terra sen xugo e sen afinidade.

III

Vivo xunto a xente desmemoriadaenchida de escusas por non sabermáis de corenta anos adurmiñadae cando é libre prefire o inglésdeixando a nosa lingua anestesiada.Atraente imán que fai eslumecera nosa nobre lingua benfaladasempre predisposta a madurecer,sempre revive coma a alboradaboa fiucega para o noso ser.

Page 41: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 40 -

m. esther val rodríguez

para Congo:

todavía tienes esa mirada enajenadaese ímpetu por hacerme feliz ese afán de protegerme de mi misma y eres capaz de decirme convencido y muy en serioyo nací para quererte

-tú, que no eres nada romántico-

justo en el momento preciso en que voy a derrumbarmeenvuelta en las tinieblas del pasadoque a veces se me enredan en el pelo

todavía me sorprendes con caricias nuevasy creas ese espacio en blancodonde puedo desplegar mis alasprotegida de un viento súbitoy me tocas ahí, justo ahí donde sabes que va a producirse el deshieloy que me voy a derretir incontrolableen el preámbulo del último gemido

no sé cómo

-te lo juro-

no sé cómopero todavía sucedetodavía nos sigue sucediendo

debería decir

Page 42: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 41 -

-II-el hijo que no tuvese llamaría como túpor seguir la tradición y sería fuerte morenoy tan decidido que sería lo que ambicionara en la vida-o al menos lo intentaría- el hijo que no tuvenos querría a los dos por igualy querría a los animalesy sería tolerante con las personasy respetaría la naturalezay no podría vivir sin mar como nosotros

el hijo que no tuvetodavía late en mi vientre los días como hoy- brumosos y de porcelana-y me mira con tus ojos cobrizosreclamando ese abrazoque lo mantiene con vida

Page 43: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 42 -

ANDRÉS C.M. RIVEIRA

A Ivo

se puidera se me deixaras pedirche algopediríache que me deixaras amarte, asítal cal es, co que fuches e seráscoas túas arestas e as túas escuridadeso teu resplandor e as túas mans acolledoras

un debe, ante todo, nestes días fuxirdas palabras poéticas tantas veces escoitadasen todas as cancións pop das estacións de [radio

pero tal fuxida non me leva a ninguressenón a todos os teus círculos concéntricosonde me somerxo como nun bautismocomo unha pedriña caendo ao fondo dun [estanquee orante coma un fregués ou un penitenteergo a ti as miñas manse ti condúcesme á salvación

Page 44: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 43 -

ANDRÉS C.M. RIVEIRA

O Gran ArquitectoA Ivo

non sei se algunha vez fun catedralmais a miña cantaría ficaba guindada polo [chanos meus cristais embazados de lembranza e [penaas miñas candeas minguadasnunha luz que esmirraba cara a calixea música só un resón lúgubre entre as tebrashedras velenosas medrando dende o adro

de socato, un orante, tal vez un peregrinoempurrando o portón renxendo sobre os [enferruxados gonzosclarexou a nave central en entrou no edificio

tremeron as arañeiras e desprendeuse a voaxa [do teitosemellou como que novas cántigas enchían o [espazonos vans abríronse vidreiras que apuntaban [horizontes transmutadose os incensos embriagadores ceibaban volutasque se erguían até o mesmo ceo en loado Gran Arquitecto as casas arderono lume amosaba o trasluz do seu esqueleteunha sombra denegrida loitando por [agarrarse aos alicerces

Page 45: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 44 -

dentro, tamén as labaradas transformaban os [corpos en cinsaos corpos minguaban como xibarizados entre [faíscasvellos do tamaño de nenosnenos do tamaño de formigas

o fume nos pulmóns convertía a vidanunha extenuante sucesión de espasmos

ollos apertados con forzao proído arrincando bágoas que abrollaban [entre sal

as mans tentando as paredes candentes [na procura de guía ó aireos ouvidos rexistrando os berros [desorientadoso lamber impasible das lumaradaso bisbar do fume acedo inzando os corpos e [as casas

logo, só o silencio denso, tanxibleo estupore un cheiro indeleble apegado á roupa

mentres os nenos fitana tóxica masa plásticada árbore de Nadal

Page 46: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 45 -

PABLO BOUZA SUÁREZ

FLORENCIA

AmorLevo nas mans o escultor

das estatuas do vento

Manuel Antonio

En Florencia descubrín que as patriasestán no mofo fresco das pedras,nas bágoas agochadas nas estatuas,na xente que camiña sen rumbopor rúas laceradas de abandono.

Descubrín a luz na negrura dun ríoonde os homes afogan a miradana falsa calma dun tempo sen memoria,onde as pontes contornan o horizontena cinza que se deita nos museos.

En Florencia o corazón escoita cunha lucidez estraña,e amamos coma nunca amamos:cun devezo animal, cunha sede de febre,coma se o tempo perdera o ritmo dos díase as horas adiaran a súa vertixe implacable.

Page 47: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

- 46 -

PABLO BOUZA SUÁREZ

A MEMORIA DAS ÁRBORES

Cando o tempo deixe de sero único xuíz das mentirase as cicatrices de batallas perdidasnon sexan máis motivo de fachendaa vida terá o sentido da cor dos teus ollos.

Cando os recordos nos salven deste naufraxiono que as pálpebras afogan o seu prantoe o mar debruce sobre as rochaso salobre sabor das túas bágoasa vida terá o brillo da ardentía no solpor.

Cando o olvido que nos perseguesobreviva no máis fondo das certezase o corazón non agarde demasiadodeste tempo sen renuncias nen tenrurasa vida terá a pureza infantil da esperanza.

Cando a memoria das árbores esvare na tardena que os corpos derrubados procuren acougoe a paisaxe do desexo na hora tristehabite fóra da liturxia dos amantesa vida terá o final glorioso dos heroes.

Page 48: RECITAL POÉTICO “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da ... · grafía da emoción ... que eu era a túa inimiga, terei que pensar, que sempre non foi así. Pecharei os ollos

PARTICIPANTES NO LIBRO

OBRADOIRO “POESÍA: A GRAFÍA DA EMOCIÓN”

1.- MATILDE CASTRO GARCÍA 2.- MARIBEL SERANTES GÓMEZ 3.- JOSÉ PITA CRIBEIRO 4.- MARGARITA PÉREZ PÉREZ 5.- MARIOLA HERMIDA ROMERO 6.- ARACELI MARGARETO NOYA 7.- CANDELA QUINTIÁ ROMERO 8.- JOSÉ EMILIO BALADO PAZ 9.- ADELAIDA ABAD ISLA10.- MARÍA ORTEGA CADAVID11.- MÓNICA CADAVID MARÍN (Misaki)12.- XURXO MIGUEL GAGO CHAO13.- Mª. ESTHER VAL RODRÍGUEZ14.- ANDRÉS C.M. RIVEIRA15.- PABLO BOUZA SUÁREZ

O obradoiro “Poesía: a grafía da emoción” foi unha iniciativa da ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA, coa colaboración do CONCELLO DE FENE e co patrocinio da DEPUTACIÓN DA CORUÑA e da CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIAwww.aelg.gal

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIAwww.aelg.gal

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIAwww.aelg.gal