Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na...

16
6 1 O inicio das relixións

Transcript of Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na...

Page 1: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

6

1 O inicio das relixións

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6

Page 2: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

Co

nti

do

s

Arte | LITERATURA

Mitos sobre a orixe do mundo

7

1. Crenzas relixiosas na Prehistoria1.1. Preguntas e respostas relixiosas

1.2. A relixión na Prehistoria

2. As primeiras relixións históricas2.1. A relixión en Mesopotamia

2.2. A relixión en Exipto

3. A relixión en Grecia e en Roma3.1. Dúas relixións irmandadas

3.2. O pensamento racional

O misterio da vida

Documental

O xogo de pelota

Conecta T

Hai algo máis alá?A vida, a morte, a nosa orixe, o fu-turo, o sentido que pode ter todo,a existencia de Deus... son temasque suxiren numerosas preguntas,que as persoas intentaron respon-der desde os inicios da humanida-de.

Quizais ti tamén te preguntases al-gunha vez: De onde vimos? Quefacemos aquí? Cara a onde imos?

Preguntas de sempre

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 7

Page 3: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

arta estaba moi contenta porque em-pezaba a Secundaria. O primeiro díafora duro: moitos profesores, materiasnovas, novos compañeiros... e xa tiñaun exercicio para realizar. O profesor

de Plástica propuxéralles un traballo sobre as cores,e ela tiña claro como o ía presentar. Propúxolle ásúa amiga Clara ir de excursión a fin de semana se-guinte para preparar xuntas o seu traballo de obser-vación.

—Que farás, Marta? Eu aínda non o teño claro.

—Non te preocupes; na excursión xa o descubrirás.

O sábado, as dúas amigas dirixíronse á estación e su-biron ao tren que máis lonxe chegaba. Na mochilalevaban cadernos, lapis e comida para pasar o día.

Marta correu para poder sentar a carón da xanela eClara púxose ao seu lado. O tren botou a andar e,pouco e pouco, entrou nunha zona de fábricas.

—Gris! —dixo Marta.

—Que triste! —respondeu Clara.

—Verde! —exclamou Marta conforme se ían ache-gando á alameda.

—Que bonito! —díxolle Clara, sinalando un rega-to—. Cando a auga pasa entre a area vai debuxan-do curvas á dereita e á esquerda.

—Que azul máis intenso! —exclamou Marta.

—É o reflexo do ceo —dixo Clara.

A viaxe continuaba e o traqueteo do tren era cada vezmaior porque atravesaban unha zona montañosa.

—Sabes como se chaman aquelas montañas? —pre-guntou Clara.

—Fíxate, están nevadas! Primeiro hai abetos ver-des, claros e escuros e, despois, un pouco máisarriba, todo está branco —foi a resposta de Marta.

—Gústame esta viaxe —díxolle Clara á súa amiga—, e vendo todo isto, pregúntome: Como se fixo o mun-do? Por que hai tanta beleza ao noso redor?

Marta non lle dixo nada á súa amiga porque estabaa tomar notas no caderno. Pero ela tamén se facía asmesmas preguntas algunhas veces.

—Por que morren as cousas? E as persoas? —con-tinuou preguntándose Clara.

Cando chegaron ao seu destino, buscaron un sitiotranquilo para comer o bocadillo. Clara, que continua-ba observando todo o que pasaba ao seu redor, dí-xolle a Marta:

—Escoita como cantan os paxaros e o murmurioda brisa do aire... Que música máis doce! Que ma-rabilla!

Marta continuaba inmersa nas súas notas. Xa tiña moi-tas cores anotadas, non lle cabían no caderno. Quecontenta estaba!

No traxecto de volta á casa, empezou a escurecer.Agora xa non se vía o Sol, e a Lúa ocupara o seu lu-gar. Que ceo tan bonito!

—Marta, mira cantas estrelas hai! Poderías contalas?Aló lonxe, ves?, está a Osa Maior; e, se nos fixamosmáis, poida que vexamos algunha estrela fugaz.

—De que cor é a Lúa, Clara?

—Non o sei, quizais sexa branca —respondeu Cla-ra—. Viches? Pódese recoñecer a Vía Láctea. Candoobservo estas cousas decátome do pequenas quesomos as persoas. Como podemos vivir así, sendoalgo tan diminuto?

O tren empezaba a frear. Marta e Clara recolleron assúas cousas. A súa excursión rematara. Cada unhadelas fixárase en aspectos distintos durante a ex-cursión.

8

MAs cores da vida

Conecta TEX

PER

IEN

CIA

INIC

IAL

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 8

Page 4: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

9

O misterio da vida

O noso planeta é fantástico. As montañas, os ríos, os lagos, as árbores... son elementos da natureza que debuxan unmosaico de cores difícil de describir por mor da súa grandeza e fermosura. E a Terra queda pequena no medio do Uni-verso, rodeada do Sol, as estrelas, os demais planetas, os satélites...

Pero, decátaste de que en todo o que estamos a describir falta alguén? Si, o ser humano. É difícil entender todo eseconxunto sen pensar nas persoas.Todo o que nos rodea non deixa de sorprendernos, de admirarnos e, á vez, de suxe-rirnos interrogantes. Porque, no noso interior, tamén existe un mundo infinito de sensacións, ideas, ilusións...

FÍXATE1. Comenta o relato, respondendo estas preguntas.

a) Que traballo tiñan que presentar Marta e Clara?

b) Que é o que máis lle impresiona a Marta da excursión? Ea Clara? Imaxina que título se lle podería poñer ao traba-llo de cada unha delas.

2. Elabora unha lista conxunta das cores que aparecen no re-lato e os elementos que os conteñen. Por exemplo:

Gris / f bricas...

PREGÚNTATE3. Localiza no relato as preguntas que se formulan Marta e

Clara, e clasifícaas en dous grupos: por un lado, as pregun-tas que teñen unha resposta concreta (aínda que tardemosun tempo en encontrala); polo outro, as que admiten diver-sas respostas.

a) Podemos dicir que as respostas ao segundo grupo de pre-guntas son un misterio? Intenta explicalo poñendo exem-plos.

b) Que experiencias ou situacións viviches na túa vida que cheprovocaron preguntas deste tipo? Que preguntas concre-tas te fixeches?

c) Que outras grandes preguntas se formularon os sereshumanos ao longo da historia? Entre toda a clase, elabo-rade unha lista deste tipo de preguntas.

RESPONDE4. Elabora unha colaxe con recortes de revistas ou debuxos

na que aparezan diversas imaxes ou escenas da natureza ena que se distingan claramente as cores. Obsérvaa e di quesentimentos, ideas e preguntas che suxire.

5. Responde: De que cor é a túa vida? Con que cores pintaríasos teus desexos, os teus soños, os teus medos...?

Preguntas de resposta concreta

Preguntas que admiten diversas respostas

Sabes como se chamanaquelas montañas?

Como se fixo o mundo?

.............. ..............

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 9

Page 5: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

Crenzas relixiosas na PrehistoriaAs crenzas relixiosas son unha resposta aos grandes interrogantes que preocupa-ron e preocupan as persoas de todos os tempos.

1.1. Preguntas e respostas relixiosasOs seres humanos facémonos preguntas. Igual que outras moitas persoas ao longoda historia,seguro que nós tamén nos preguntamos algunha vez:Quen son? De ondeveño? Cara a onde vou?

Estas preguntas nacen dunha inquietude, froito dun afán de busca. Esta capaci-dade de preguntarnos só a temos as persoas. Os animais e as plantas, malia serenseres vivos, non teñen a posibilidade de preguntarse.

As persoas buscamos unha resposta que lle dea sentido a toda a nosa vida. Xa des-de a orixe da humanidade, as relixións ofrecen respostas, para moitísimas persoas,á busca do sentido da vida e tamén á busca da felicidade.

10

1

A partir das relixións practicadas na Prehistoria, podemos re-presentar a lenta evolución das crenzas relixiosas medianteesta árbore na que aparecen algunhas das principais relixiónsactuais.

Islam

CristianismoHinduísmo

XudaísmoBudismo

Relixións monoteístas

Relixións orientais

Relixións primitivas

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 10

Page 6: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

1.2. A relixión na PrehistoriaOs primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas e froitos silvestres. Para eles eran moi importantes as forzas da natureza—como o Sol, a chuvia, as tormentas ou o vento—, xa que condicionaban o seusustento e a súa forma de existencia.

Os primeiros seres humanos buscaron así mesmo unha explicación para os misterios relacionados co ciclo da vida (o nacemento,o crecemento,a subsistencia,a reprodu-ción e a morte). E buscaron a protección da divindade para tela cerca nos momen-tos importantes da vida.

Para relacionarse con este Ser Superior e merecer o seu beneficio, realizaron ceri-monias e ritos relixiosos en lugares sagrados,dos cales temos vestixios grazas á arqueo-loxía.

11

Responde: Que preguntas se formularía un ser humanoda Prehistoria? Por que?

a) E ti, que grandes interrogantes te formulas?

b) Onde buscas as respostas? Por que?

Pon en marcha a túa imaxinación e escribe unha xornada(cos seus momentos de caza de animais, recolección dou-tros alimentos,coidado dos fillos,vida en grupo nunha cova,

chegada dunha tormenta...) do diario dunha muller ou dunhome do Paleolítico.

— Cales deses momentos terían para ela ou para el unsignificado relixioso? Por que?

En grupos, respondede esta pregunta: Por que o ser huma-no buscou sempre resposta ás súas inquietudes vitais narelixión? Expoñede as vosas conclusións ante o resto daclase.

32

1

Actividades

O culto á vidaNa Prehistoria existían dúas grandes preocupacións: a fertilidade e a super-

vivencia.

O culto á fertilidade: temos o indicio constituído polas venus, que son figu-

ras de pedra que representan mulleres de ventre, cadeiras e peitos moi pronun-

ciados. Simbolizan a fertilidade humana e tamén a da Terra.

O culto á supervivencia: encontramos unha pegada nas pinturas rupestres,

que respondían á idea máxica de favorecer a caza.

O culto aos mortosO home na Prehistoria tivo moi presente a morte. Os enterramentos ofrecen

signos acerca da vida relixiosa dos nosos antepasados.

A partir do Paleolítico Medio, a disposición dos corpos e das ofrendas ao seu

redor permítenos pensar que o home primitivo vivía xa a súa relación coa

divindade desde a perspectiva doutra vida despois da morte.

Venus de Laussel (Francia).

Dolmen de Pentre Ifan, en Gales (Reino Unido).

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 11

Page 7: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

As primeiras relixións históricas

Grazas á escritura podemos coñecer as relixións das primeiras grandes culturas,que adoptan diferentes formas porque responden as preguntas e as inquietudesde cada civilización.

2.1. A relixión en MesopotamiaOs pobos que habitaron Mesopotamia (a zona regada polo Tigre e o Éufrates, noactual Iraq) tiveron unha economía próspera,grazas á agricultura,a gandaría e o co-mercio.

Un dos grandes descubrimentos dos mesopotámicos foi a escritura. Deses pobosconservamos numerosas táboas de arxila que nos permitiron coñecer, entre outrosaspectos culturais, a súa relixión.

Culto á vida e á natureza

Os mesopotámicos adoraban deuses relacionados coa vida e coa natureza: eranpoliteístas. Representaban os deuses como persoas, moi a miúdo dotados de pai-xóns humanas; porén, estes deuses eran inmortais.

Segundo estas crenzas,o destino de homes e mulleres era servir os deuses;polo tan-to, era moi importante renderlles sacrificios e ofrendas nos seus templos.

Durante longo tempo, os reis das cidades de Mesopotamia foron consideradoscomo deuses e protexíanos con rituais contra calquera ameaza ou contra a perdados seus poderes.Os mesopotámicos crían tamén que a vontade dos deuses podía in-terpretarse polo voo dos paxaros, polos soños e pola posición dos astros.

Culto aos mortos

En Mesopotamia críase que as almas dos mortos pasaban a outro mundo, onde avida transcorría igual que na Terra; por iso, os mortos eran enterrados con xoias, ar-mas e ferramentas, para que puidesen usalas no outro mundo.

2.2. A relixión en ExiptoExipto baseou a súa riqueza no comercio e na agricultura, que se beneficiaba dafertilidade das terras regadas polo río Nilo.

A vida dos exipcios estivo centrada na relixión; proba diso é que, entre os vestixiosda súa arquitectura na actualidade, non contan nin as súas casas nin as súas rúas, enin tan sequera os seus palacios, senón os monumentos funerarios (mastabas, pi-rámides e hipoxeos) e os templos.

Culto á vida e á natureza

Os exipcios eran politeístas. Nun primeiro momento, os deuses tiveron un carácterlocal: cada cidade tiña o seu deus. Máis tarde apareceron deuses para territoriosmoito máis extensos.

12

2

Deuses da relixión mesopotámica; de arribaa abaixo, Anu, Enlil, Enki e Ishtar.

MarMediterráneo

Tigre

Mesopotamia

Éufrates

Deserto de Arabia

Can

anea

MarMorto

Nilo

Mar Rubio

Golfo Prsico

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 12

Page 8: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

Na súa orixe, os deuses exipcios representábanse con formas de animais, peropouco e pouco foron adoptando a forma humana.Igual que os deuses mesopotámi-cos, tiñan paixóns humanas e eran inmortais. O faraón, que era o rei de Exipto, eraconsiderado como fillo dun deus e, despois de morrer, era venerado como unha di-vindade.

Culto aos mortos

Os exipcios crían na vida máis alá da morte. Para eles, a alma era inmortal e, tras amorte do corpo, pasaba a unha vida eterna.

Supoñían que a alma,apenas liberada do corpo,se presentaba ante Osiris e o seu Su-premo Tribunal, integrado por 42 xuíces, e alí pasaba un exame sobre a súa vida

segundo un formulario contido no Libro dos Mor-tos. En caso de superar a proba, a alma viviría eter-namente onda o deus.No caso contrario,sufriría cas-tigos eternos.

Por iso, todo exipcio preocupábase de aprenderde memoria a súa defensa ante o Supremo Tribunal:as fórmulas sagradas eran depositadas xunto aocadáver, e incluso llas recordaban léndollas aooído durante os funerais.

Pero,ao mesmo tempo,os exipcios crían que a almasó podía descansar en paz se o corpo se conserva-ba na sepultura.Por iso,para evitar a súa descompo-sición, embalsamaban os cadáveres. Construíangrandes edificacións para protexelos; o caso máiscoñecido é o das pirámides.

13

Compara estes elementos na relixión mesopotámica e naexipcia: deuses, culto, inmortalidade.

Comenta a imaxe do Libro dos Mortos que tes deseguido.

a) Describe as distintas fases polas que pasa o defunto.

b) Identifica que deuses aparecen e que atributos os ca-racterizan.

c) Responde: Que importancia tiña este libro?

Formade tres grupos.Cada un investigará sobre unha cons-trución funeraria exipcia:

• Mastaba • Pirámide • Hipoxeo— Elaborade un traballo que conteña debuxos ou fotografías.

Pregúntalles aos teus familiares e escribe unha redacciónde media páxina que responda esta pregunta: Como se vi-ven os ritos relacionados coa morte na nosa tradicióncristiá?

7

6

5

4

Actividades

Osiris reinaba no mundo dos mortos. O defunto identificábase con Osiris, poisquería renacer, igual ca o deus.

Se a alma, a causa dos seus pecados, pesaba máis ca unha pluma dadeusa Maat, era engulida por Amemet, o Devorador de almas.

Se a alma do defunto superaba o xuízo, Horus conducíao ata Osiris.

O deus Anubis era o encargado de pesar a alma(simbolizada polo corazón).

O embalsamamentoOs embalsamentos eran de diversos tipos. Os máis custosos consistían na ex-

tracción das partes internas do cadáver, conservando o corpo tanto como fose

posible.

Tras baleirar o corpo, enchíano con substancias aromáticas de composición se-

creta, practicábanse as costuras necesarias e conservábase o cadáver en sal du-

rante sesenta días.

Deseguido lavábase, faixábase con teas engomadas e depositábase nun

ataúde de madeira adornado con pinturas e xeroglíficos, e na súa superficie re-

producíase a cara do defunto.

Deuses da relixión exipcia: Osiris e Isis.

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 13

Page 9: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

A relixión en Grecia e en Roma

3.1. Dúas relixións irmandadas

A relixión grega da Antigüidade era politeísta. Os seus deu-ses eran inmortais e eternamente novos; residían no monteOlimpo, onde Zeus, considerado o pai dos deuses, reinabasobre todos eles.

No século II a.C.,cando Roma conquistou Grecia,os romanosfixeron súa gran parte da cultura grega.Os deuses gregos pa-saron entón a formar parte da relixión romana e adoptaronnomes latinos.

Culto aos deuses

A relixión grega dáballes resposta a moitas das preguntasesenciais do ser humano a través de narracións míticas ondeos deuses adquirían forma humana e manifestábanse me-diante sentimentos propios das persoas. Por iso dicimosque era unha relixión antropomórfica.

Eses relatos,chamados mitos, constitúen a mitoloxía grecorromana,que explica granparte da súa cultura.A meirande parte de templos e esculturas que se conservan des-ta época está relacionada cos mitos.

Tanto os gregos coma os romanos edificaron templos: eran as casas dos deuses e ta-mén lugares de culto.O interior dos templos estaba destinado aos sacerdotes e ás es-culturas dos deuses. As celebracións realizábanse no exterior.

Culto aos mortos

Tanto na relixión romana coma na grega críase que despois da morte asalmas pasaban ao mundo subterráneo, un lugar triste e desagradable.Entre os romanos,era habitual recordar os antepasados con retratos quese conservaban nos santuarios particulares das casas, dedicados aos la-res, deuses protectores da familia que representaban as almas desesantepasados.

3.2. O pensamento racionalEn Grecia, contra o século VI a. C., desenvolveuse un modo de pensar di-ferente do tradicional. Pouco e pouco fóronse abandonando as explica-cións da realidade ligadas á racionalidade mítica e empezouse a desen-volver a dimensión filosófica da razón, caracterizada por pretenderter en si mesma os criterios de xustificación das súas afirmacións sobrea realidade.

Estes pensadores —os filósofos— buscáronlle explicacións á orixe do mundo, etamén explicacións racionais aos fenómenos naturais, preguntándose o porquédas cousas sen acudir a explicacións míticas como resposta.

Algúns filósofos gregos criticaron aspectos mitolóxicos da relixión grega por consi-deralos sen coherencia racional,e outros chegaron pola razón filosófica a conclusiónsparecidas ás que propuxeran as relixións.

14

3

Templo grego do Partenón, en Atenas.

Os lares eran a personificación das almas dos antepasa-dos. Consagrábanlles diversas festas.

Que ten forma humana.

Antropomórfico

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 14

Page 10: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

Explica que características tiñan os deuses na Antiga Grecia.

En grupos pequenos, elaborade un traballo sobre unha di-vindade grega ou romana. Debe incluír:

• Nomes (grego e latino) que recibe e de que era deus oudeusa protector.

• Breve resumo do mito.

• Imaxes que a representen, tanto da época grecorromanacoma posterior, con explicación dos atributos ou dosxestos que a caractericen.

Algúns dos nosos nomes dos días da semana proveñen de no-mes de divindades latinas.Busca información e completa a lista.

Busca no dicionario a palabra pagán ou paganismo. Por quemoitas veces se usan estes termos para referirse á relixióngrecorromana?

a) Busca, seguindo o exemplo, algunha característica darelixión romana que poida explicar ou xustificar estes tra-zos da súa sociedade.

• Sociedade guerreira: Marte, deus da guerra.

• Escravitude, desigualdade: ..........................................................

• Materialismo: ..........................................................

• Culto ao pracer (enchentes,borracheiras...): ........................................

b) Cres que a aparición do cristianismo supuxo un impactopara a sociedade romana? Por que?

c) Cres que a nosa sociedade ten algúns trazos pagáns?Cales?

11

10

9

8

15

Actividades

Zeus (Xúpiter), pai dosdeuses.

Apolo, deus da músicae da poesía.

Ártemis (Diana),deusada caza.

Hera (Xuno), deusa domatrimonio.

Hermes (Mercurio),deus mensaxeiro.

Atenea (Minerva), deu-sa da sabedoría.

Ares (Marte), deus daguerra.

Afrodita (Venus), deu-sa do amor.

Dioniso (Baco),deus daviña.

Deméter (Ceres), deu-sa das colleitas.

Algunhas divindades da relixión grega; entre paréntese, o seu nome latino.

Martes — Marte

Mércores — ................................................

Xoves — ..........................................................

Venres — ........................................................

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 15

Page 11: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

No principio, Eurínome, a Deusa de Todas as Cousas, xur-diu espida do caos, pero non encontrou nada onde apoiar-se. Entón, separou o mar do ceo e bailou sobre as ondas. Oseu baile orixinou os ventos e ela atrapounos, fretounoscoas súas mans e creou a gran serpe Ofión. Eurínome se-guiu bailando e Ofión enroscouse ao redor dela. A deusa trans-formouse nunha pomba e voou sobre as ondas. Entón,puxo o Ovo Cósmico. Ofión enroscouse ao redor do ovo echocouno; este abriuse e, da parte superior, saíron o ceo, asestrelas e os planetas, e da inferior, a Terra, as montañas, osríos e os seres vivos.

Eurínome e Ofión instaláronse no monte Olimpo. Ofión pre-sumiu de ser o creador do universo, e a deusa, anoxada-da, arrincoulle os dentes dunha patada e desterrouna parasempre ás cavernas baixo a terra. Logo creou as Titánidese os Titáns, e puxo o Sol, a Lúa e os cinco planetas aocargo deles, por parellas.

Dos dentes de Ofión xurdiu Pelasgo, o primeiro home, e logooutros. E a deusa ensinounos a construír chozas, a coser tú-nicas e a recoller landras.

Art

e LITERATURA: Mitos sobre a orixe do mundo

Para responder as preguntas que, desde moi antigo, se faio ser humano xurdiron os mitos. Trátase de narraciónsracionais, nacidas da razón humana en canto que sitúaa xustificación das súas descricións e explicacións da re-alidade máis alá dela mesma. Protagonizadas por deu-ses aos que se lles dan formas humanas e que se expre-san como humanos e padecen os mesmos sentimentosque os seres humanos.

Imos analizar diversos mitos sobre a orixe do mundo.

16

O monte Olimpo, residencia dos deuses segundo a mitoloxía grega.

Características dos mitos— Dan resposta a preguntas sobre a vida, a orixe do mundo e dos

deuses, a aparición dos seres humanos, a morte e o alén etc.

— Están constituídos a partir da oposición de elementos: a crea-

ción fronte á destrución, a orde fronte ao caos, a vida fronte á

morte, os deuses fronte aos seres humanos...

— Expresan a inquietude humana por lle dar un sentido á vida, á

dor, ao sufrimento...

Ao principio, non existía a humanidade, só o Creador (un an-cián) e Tangen (un neno). Ambos os dous loitaron ata es-gotarse. Entón, Tangen dixo: «Creemos persoas». «Moi ben»,respondeu o Creador. Tomaron unhas presas de terra e,soprando sobre elas, crearon o pobo «pelo de herba».

Como non podían falar, Tangen estivo a escribir durante dousanos e entregoulles o que escribiu; pero seguían sen falare o Creador ría. Tangen escribiu durante tres anos máis, elogo outros tres; pero seguían sen falar. Entón, o Creadorconverteuse nun corvo e gralloulles aos humanos: «croac,croac», e así aprenderon a falar.

O Creador informou o Ser Divino nos ceos, e o Ser Divino en-viou os renos para alimentar os humanos. Antes de que oSer Divino puxese o Sol no ceo, o Creador-corvo apode-rouse do Sol e agachouno na boca. El negaba telo e dicía envoz baixa: «Rexístrenme». Pero, cando os mensaxeiros deTangen o rexistraron, fixéronlle tantas cóxegas que non po-día parar de rir. Entón, o Sol escapoulle da boca e mar-chou cara ao ceo para iluminar o mundo.

O pobo chukchi habita na tundra siberiana.

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 16

Page 12: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

17

Compara estes tres mitos completando a seguinte táboa no teu caderno.

Destes tres mitos, di cal che gustou máis e por que. Cal é o máis claro na súa resposta?

— Que é o que máis che gustou da linguaxe mítica? Por que cres que os seres humanos utilizan a linguaxe dos mitos? Quevantaxes e inconvenientes presentan os mitos, se os comparamos coas explicacións expresadas en linguaxe científica? Cresque a literatura, o cine ou os videoxogos actuais utilizan a linguaxe mítica? Pon algúns exemplos.

En grupos, inventade un mito; debe reunir as características deste tipo de relatos. Elixide unha das preguntas que aparecen noinicio da unidade e intentade darlle unha resposta mítica, sendo creativos no deseño das divindades que interveñan.

— Deseguido, poñédelle un título e respondede: A que pregunta lle dá resposta este mito? Que características presenta cadaunha das divindades? Que mensaxe transmite o mito?

14

13

12

Actividades

Ao principio, só existía o elemento negativo: as tebras e oocéano abismal que os exipcios coñecían como theom. Omundo era caótico e desolado, as tebras cubrían a superficiedo océano e nada máis pendía sobre as augas.

O deus da luz decidiu separarse das tebras. Así é como seseparou a luz das tebras. O deus da luz fíxose chamar día eera bo; as tebras chamáronse noite e eran malas.

Despois, o deus Chu colocouse no medio das augas, paraseparar unhas augas das outras. Así é como Chu separouas augas que hai debaixo da bóveda das que hai enriba.Entón, Chu separou a súa filla Nut do seu fillo Geb. A súa fi-lla Nut era a bóveda do firmamento e chamouna ceo.

Baixo o ceo, as augas uníronse nun só lugar, e, no outro, Chucolocou a Geb, os continentes. As augas son o mar e,como proveñen do océano abismal, son malas.

Un gran deus foi o rei do firmamento: Atón, o deus Sol. Elordenaba a separación entre o día e a noite, sinalaba as es-tacións, os ciclos da vida e as festas agrícolas, e, desde o seutrono celestial, iluminaba a Terra.

Unha deusa tiña un trono máis modesto: a Lúa; nin coaaxuda dos miles de estrelas era suficientemente boa comopara vencer as tebras.

Atón, o deus Sol na relixión do Antigo Exipto.

Grecia Chukchis Exipto

A que preguntas responde o mito?

Quen é o protagonista humano e que características ten?

Quen é o protagonista divino e que características presenta?

Que mensaxe transmite o mito?

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 17

Page 13: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

Un xogo relixioso

O xogo de pelota tiña un sentido relixioso e simbólico. Exis-ten varias hipóteses en relación co simbolismo do xogo, en-tre elas as seguintes.

• Rito para conseguir a fertilidade da terra. O sangue,derramado sobre a cancha cando se sacrificaba un xo-gador, favorecía a xerminación das plantas e a pros-peridade dos cultivos.

• Cerimonial do guerreiro. Podémolo observar pola ves-timenta guerreira que se utiliza no xogo. Tamén podemosobservar en diversos gravados a decapitación dos ven-cidos.

• Sentido astral. O xogo representaría a loita entre osdeuses terreais e os do ceo, ou a loita entre o día emais a noite.

O xogo de pelota

Documental

18

Campo ou cancha do xogo de pelota en Cihuatán (O Salvador). Os enfron-tamentos tiñan lugar nunha longa cancha situada entre altos muros.

Sabes xogar ao fútbol? Viches algunha vez un partido de balon-cesto? Seguro que si. Pero o que quizais non imaxinas é que osxogos con balón teñen un precedente moi antigo, que naceu comoun xogo ritual nas civilizacións que existían en América antesda chegada dos europeos.

O chamado xogo de pelota foi unha parte importante davida diaria das civilizacións antigas de México e Centroa-mérica. Desde os olmecas, aos que parece que lles debemos oseu nacemento, ata os aztecas, pasando polos toltecas e os maias,diversos pobos practicaron este xogo.

Non era considerado unicamente un xogo deportivo ou lúdico, se-nón que tiña un sentido simbólico e relixioso.

Consérvanse máis de 1 500 campos ou canchas do xogo depelota, como, por exemplo, os de Chichén Itzá, Tula, Xochicalcoe Chihuatán.

O regulamentoO xogo desenvolvíase entre dous equipos, duns setexogadores cada un.

Para protexerse dos golpes da pelota, os xogadores usabanunha saia feita de coiro, algodón, vimbio ou madeira, que sesuxeitaba ás cadeiras mediante un cinto. Os cóbados e osxeonllos protexíanse con xeonlleiras, e os pés adoitaban ir es-pidos ou con protectores de nocellos para evitar unha luxación.

O xogo consistía en lanzar ou pasar a pelota. Esta debía to-carse con algunha parte do corpo ou con algún complementoque estivese permitido (mazo, guante etc.). Os puntos obtí-ñanse cando a pelota pasaba por uns aros de pedra.

A pelotaA pelota era dura, fabricada polos mesmos xoga-dores con caucho e con outros elementos naturais. Po-día chegar a pesar ata catro quilos.

Os impactos da pelota podían causar hemorraxiase mesmo provocar a morte.

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 18

Page 14: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

Actividades

19

Realiza un comentario do texto que aparece nesta páxina eque pertence á mitoloxía grega.

a) Redacta un resumo das ideas principais do texto e ponlleun título adecuado.

b) Di que puntos teñen en común as crenzas sobre a morte namitoloxía grega e as crenzas e o culto aos mortos na relixiónexipcia.

c) Que opinas do mundo do máis alá da morte suxerido no tex-to? Que aspectos son cribles? Que función cres que teríaeste mito?

Fíxate nestas afirmacións sobre relixións da Antigüidade.

• Prehistoria: Algúns rituais buscan favorecer a fertilidade daterra ou o éxito na caza.

• Exipto: Tras a morte, a alma é xulgada e premiada ou casti-gada.

• Mesopotamia: A posición dos astros permite interpretar a von-tade divina.

• Roma: Os antepasados defuntos protexen a familia.

— Asígnalle un número (de 0 a 10) a cada unha das afirma-cións, segundo cal sexa o teu grao de conformidade. Nocaso das que obteñan unha valoración de máis de 5 pun-tos, cita algún exemplo de permanencia actual da crenzaque expresan.

Compara o que se explicou sobre o xogo de pelota cos actuaisdeportes con balón.

a) Que trato reciben os gañadores? E os perdedores? Queimportancia social se lle concede ao deporte?

b) Teñen os deportes actuais algún significado máis alá do pu-ramente deportivo? Pensa nas grandes competicións europeas ou mundiais,nosXogos Olímpicos,nas seleccións nacionais,no chamado tu-rismo deportivo...

En grupo, buscade na prensa deportiva (ou en retransmi-sións dalgún encontro) expresións en que se consideren osdeportistas de elite como heroes ou «deuses». Logo, comen-tade estas expresións.

a) Realmente os xogadores teñen algunha característica queos acerque aos «deuses»?

b) Por que algúns seguidores de certos deportistas famososos imitan na forma de vestir, na forma de falar...? Cres queesa actitude favorece o «endeusamento» deses deportis-tas?

c) As opinións dos xogadores sobre calquera tema teñen máisvalor ca as do resto de persoas?

Chegade a unhas conclusións críticas escritas.

Le outra vez o mito exipcio sobre a orixe do universo (páxina17). Deseguido, busca na Biblia o inicio do relato da Crea-ción: Xén 1, 1-18. Completa o cadro coas frases ou cos versí-culos que garden algunha similitude.

Fíxate agora nas diferenzas:

a) En cal dos dous relatos se insiste en que hai elementospositivos e negativos? Como é todo o creado segundo o outro relato?

b) Quen son os protagonistas da Creación no mito exipcio?Cantos son? E na narración bíblica? Que significa esta di-ferenza?

19

18

17

16

15

Mito exipcio Xénese

Só existía o elemento nega-tivo: as tebras e o océanoabismal.

Sobre a face do abismo,a te-bra.

.............. ..............

[Cando alguén morría, a súa alma] era trasladada ao mundosubterráneo, situado no extremo Occidente e separado domundo dos vivos polas augas do río Aqueronte, un brazoda lagoa Estixia.

Para poder atravesar este río, os defuntos, ao que os se-pultan, debían pagar unha moeda, que os seus parenteslles adoitaban colocar na boca, a un ancián e escuálidobarqueiro chamado Caronte.

Ao chegar a fúnebre comi-tiva ao outro lado, aparecíaa porta do inferno, custodia-da por un can de tres ca-bezas, que tiña unha mara-ña de serpes na parte pos-terior. O seu nome era Cér-bero e deixaba entrar a to-dos, pero non lle permitía saíra ninguén.

Traspasados os limiares doinferno, había unha gran sala

onde un tribunal de xuíces, formado por Minos, Eaco e Ra-damantis, pronunciaba a sentenza correspondente: osxustos e piadosos eran enviados ao Elisio ou Campos Elí-seos, lugar de benaventuranza no que residían os heroes,mentres que os impíos e os criminais eran precipitados so-bre o Tártaro, onde sufrían a condena imposta. Este era unmundo de escuridade polo que vagaban as sombras dosmortos sometidos a tormentos horribles.

J. V. Rodríguez Adrados, Dioses y héroes: mitos clásicos.

Aula Abierta Salvat, 1980.

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 19

Page 15: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

O inicio das relixións• A relixión existe desde a orixe da humanidade e ofrece res-

postas aos grandes interrogantes sobre o sentido da vida.

• Os homes e as mulleres da Prehistoria desenvolveron cren-zas relixiosas, relacionadas coas forzas da natureza e cociclo da vida.

• Case todas as relixións das civilizacións antigas desapa-receron na actualidade.

• As relixións antigas intentaron buscarlle unha explica-ción á morte e ao tema da vida despois da morte.

• Os mitos son narracións,protagonizadas por divindades eheroes, que intentan responder os grandes interrogantesdo ser humano sobre a orixe do mundo e a humanidade,a vida e a morte...

Filmografía• Historia ambientada no Antigo Exipto, na época do faraón Ram-

sés II. O guión inspírase parcialmente no libro bíblico do Éxodo.

Nesta película de animación pódense ver a vida e os costumes dosexipcios, así como opoder que exercía ofaraón,que era con-siderado como fillodun deus.

Lectura• O texto é a resposta do líder

da tribo suwamish á ofertade compra das súas terraspor parte dos Estados Uni-dos.

Nesta carta pódense des-cubrir diversas crenzas dosnativos norteamericanos,así como o sentido que lledaban á súa existencia.

20

Música• A música africana que contén este álbum permite acercarse ao

ambiente musical dos ri-tuais relixiosos das reli-xións primitivas.

• A letra desta canción per-mite desenvolver na aulaa reflexión persoal e o de-bate en grupo ao redordas preguntas e as res-postas sobre o sentido davida.

TÍ TULO: African Odyssey AUTOR: Jacob EdgarDATOS: Putumayo WorldMusic (2001)

TÍ TULO: Color esperanza AUTOR: Diego TorresDATOS: do álbum «Unmundo diferente».. AriolaInternational (2002)

TÍ TULO: O príncipe de Exipto DIRECTORES: Brenda Chapman, Steve Hickner e Simon WellsDATOS: Estados Unidos (1998)

Síntese

Recursos

• A novela explica como Ayla,unha nena cromagnon de 5 anos,que-da illada da súa tribo por culpa dun terremoto. É acollida por ungrupo de neandertais e,desde ese momento,asis-timos á súa evolución e aodesenvolvemento da vidadiaria destes homínidos.

TÍ TULO: Carta do xefeSeattle, da tribo suwa-mish, ao presidente dosEE. UU. Franklin Pierceen 1854Publicada por diversas editoriais e páxinas web.

TÍ TULO: El clan del osocavernarioAUTORA: Jean M. AuelEDITORIAL: Maeva (1987)

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 20

Page 16: Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 6 O inicio das ...€¦ · 1.2.A relixión na Prehistoria Os primeiros seres humanos vivían da caza, a pesca e a recolección de plantas

21

1. Completa no teu caderno o seguinte mapa conceptual e completa os espazos que quedan en branco.

2. Define que son os mitos e explica brevemente cales son as súas funcións.

3. Comenta a imaxe dun xogador de pelota.

— Analiza as distintas pezas de roupa e os complementos que se po-den recoñecer. Que función ten cada un deles?

— Pola posición na que o xogador de pelota se encontra e polas pro-teccións que leva, podes indicar con que partes do corpo se podíatocar a pelota?

— Explica o que sabes sobre a pelota: material, tamaño, forma...

4. Relaciona os nomes gregos dalgúns dos deuses olímpicos cos correspon-dentes nomes latinos e coas definicións correctas.

Avaliación

como: como:

O ser humano, desde sempre, fíxose preguntas sobre:

Ao longo do tempo déronse diversas respostas

A orixe da vida e da natureza O destino, a morte e o alén

• Afrodita

• Apolo

• Ares

• Dioniso

• Hera

• Zeus

• Apolo

• Baco

• Xuno

• Xúpiter

• Marte

• Venus

• O pai dos deuses. A súa arma era o raio.

• Esposa de Zeus e deusa do matrimonio.

• Deus da música e da poesía.

• Deus da guerra e dos combates.

• Deusa do amor e da beleza.

• Deus da viña e das festas.

Prehistoria

Mesopotamia

Exipto

Grecia e Roma

Religion.1ESO.UD1-CALL 26/1/11 20:33 Página 21