Revista 25 aniversario

12

description

Autor: Chema

Transcript of Revista 25 aniversario

Page 1: Revista 25 aniversario

1

Hai 25º anos o día 28 de outubro de 1 988 foiinaugurado o Instituto de Beade sobre un pequeno

outeiro penedoso. Non é casualidade que até este lugarhaxa que chegar a través do camiño do Outeiro.Desgraciadamente non tivemos acceso a ningunha fotodo lugar antes e durante o proceso de construción doinstituto. Sabemos que foi un terreo doado coa mellorintención xa que era moito o que a parroquia gañaba:dispor dun instituto de noso onde a rapazada puidese conigualdade de oportunidades estudar para formarse elabrarse un porvir. O lugar era unha antiga canteira senaparente valor. Hoxe o lugar é un instituto cuxo valor étaxado por todos aqueles que nel estudaron.

Ao longo de tantos anos pasaron polo instituto moitosalumnos e alumnas. Pensando en como homenaxealosdecid imos editar esta pequena revista para lles explicarcomo eran algunhas cousas o ano en que naceu o seuinstituto. Teríanos gustado incluír nela unha mención atantísimos éxitos acadados por todos eles pero nonhabería espazo; nin podemos recoller os actos e eventosorganizados; nin tan sequera fotos de cada un deles benporque de moitos cursos xa non as temos ou porquenunca se fixeron. Antes non dispoñíamos de tantatecnoloxía e iso que só pasaron 25 anos.

UNHAS PRIMEIRASPALABRAS

EDICIÓN ESPECIAL ENCONMEMORACIÓN DO 25º

ANIVERSARIO. XUÑO, ANO 201 4

Page 2: Revista 25 aniversario

2

Deixarmos a escola e entrar no Instituto para todos supuxo esquecer a bolsa de canicas, abuxaina, a goma, a mariola e tantos outros xogos que nos divertían durante os recreos noColexio. Estes eran os xogos portátiles e sen pilas aos que xogabamos en calquera lugar e hora.Eran moitas as súas virtudes tantas que oxalá aínda xoguen con eles os alumnos de primaria.

Na década dos oitenta se querías xogar non podías esquecer as pilas ou o enchufe de moitosxogos e só podiamos xogar con eles na casa porque na rúa xa non había espazo lúdico. Pois aeses dos que tan orgullosos estabamos e que con tanta ilusión desexabamos, pois a eses taménrenunciabamos cando entramos no instituto porque xa nos interesaban outras cousas.. .Estes eran os xoguetes máis populares no ano 1 988:

Plataforma de carbono? Non, plástico eunha nova palabra no vocabulario demoitos: skate

Antes das carreiras nas vídeo consolasisto era o máis aproximado a unsimulador. Agora os coches eran contracción ás catro rodas e luces paraguialos de noite. O último.

Eu desta non me lembro. O spectrumda dereita tiña 1 28k de memoria. Hoxefalamos de tera bites: millóns de millónsde K

Lembro que unha máis pequena ca estaestivo como engado publicitario moitassemanas para mortificarme na sucursalbancaria que había debaxio da miñacasa. Unha observación: o cassette(algúns xa non saberedes o que era)non era para escoitar música, era parainstalar os programas ou gravalos.

OS XOGUETES MÁIS POPULARESEN 1 988

CALES TIVECHES?

Page 3: Revista 25 aniversario

3

Un clásico. Un balón coma este foidesgastado até as costuras na recénestreada cancha de cemento agrománaté o verán de 1 988

Non é unha tablet pero paréceselle. Sealguén tivo algunha nas mans saberá aenganosa que é a publicidade. Ninguénera capaz de facer un debuxominimamente recoñecíbel.

Este era un dos xogos máis interactivosda época. Non se xogaba on line senóncara a cara

Poucos xoguetes eran máis sexistas quea serie de bonecos que supurabanmasculinidade militaroide: action man,geyper man, madelman.. .

Fardada de simulador. Era o queutilizaba Schumacher

Non todo eran vanalidades. Algúns paistiñas a esperanza de dirixir ashabilidades profesionais con xogosdeste tipo

Page 4: Revista 25 aniversario

4

O ingreso no Instituto coincide coa adolescencia. Durante esta "feliz e tranquila" etapa danosa vida é habitual concederlle moita importancia á opinión que sobre nós teñen os

demais. Isto lévanos a facer cousas das que podemos a estar eternamente arrepentidos o restodas nosas vidas. Entre as moitas cousas posibles está: como me visto, que roupa levo, a que tribourbana pertenzo. Algúns nostálxicos quizais queiran berrar alto e forte con algo desobreactuado orgullo que a roupa dos 80 como a música dos 60 e 70 era moito máis bonita quea de agora.

A MODA DOS OITENTA

Page 5: Revista 25 aniversario

5

H ipócrates desde a súa Grecia clásica recomendaba:

Que a comida sexa o teu alimento e o alimento a túa menciña.

Desde a inauguración do Instituto temos sido testemuñas de incontábeis campañas desensibilización sobre o importante que é para un estudante almorzar ben e incluso tomar o queantes entre nós se coñecía como: “a parva” e que hoxe entendemos como o petisco das 1 2 paramanter a atención e o redemento nas clases. A realidade é que a pesar destas boas suxestiónsseguen a ter moito éxito as lambetadas doces ou salgadas e moi poucos estudantes comen unbocadillo ou unha peza de froita. En 1 988 o popular eran estes petiscos:

Ninguén se lembra xa do tic-tac na boca.Seica agora forma parte dalgúns dosmenús máis sofisticados da alta cociña.Outro éxito dos 80

Adiviña por que este anuncio hoxe non sería publicado?Non pasou tanto tempo e porén afortunadamente haiunha maior sensibilidade social.

I sto foi a revolución entre o pan.Mortadela rechea de olivas. O seu éxitochega até os nosos días.

LAMBETADAS, LARPEIRADAS, LAMBONADAS

Phoskitos, Tigretón, Panteira Rosa, todossublimes antecedentes do triste Bollicao(un subproduto dos decadentes 90) .Toda unha xeración alimentada acolesterol.

Page 6: Revista 25 aniversario

6

Abalde Martínez Sara, Agra Maciel Iván, Alonso Rial Julio César, Álvarez Casás Yago, Bastero PrietoMario, BastosVila Andrea, Comesaña Vila Andrés, Crespo Pardo Lidia , Gonçalves Pérez David ,González Martínez Miguel, Graña Pérez Álvaro, Iglesias Barreiro Uxía, Nandín Leirós Samantha,Oitabén Fernández Ana, Pereira Villanueva Pablo, Pérez Fernández, Keila , Rodríguez Álvarez Martín,Rodríguez Carlín María, Rodríguez Piñeiro Alba,Viana Pérez Lorena, Vila Alonso Anxo,Vila MisaNerea,Vila Villanueva Brais.

Estaría ben poder editar as fotos do primeiro COU formado no Ies deBeade pero non hai rastro nos arquivos. Antes non era tan doado

facermos, copiardes, arquivaren as fotos como agora. Incluso de telas enpapel, sen os famosos negativos, seriamos incapaces de recuperar unhaversión decente de todas elas.

O tempo pasa e vai borrando na memoria dos profesores a sucesión depersoas e cadansúas vivencias e experiencias compartidas. Ás vecesalgúns alumnos son xenerosos e de cando en vez somos sorprendidospor alguén que se achega e nos di: pois fuches profesor meu e podemoscoa súa axuda reconstruír a memoria. Xuntos revisamos anécdotas esabemos da vida gañada polos seus compañeiros de promoción.Alegrámonos das súas grandes e pequenas conquistas, do seu espazogañado na vida e despedímonos cun sorriso. O mesmo sorriso quevemos nas caras de toda esta nova promoción. Supoñemos que é amellor proba da satisfacción sentida pola convivencia entre eles e taménnos gustaría que fose entre eles e nós: o seu profesorado.

O SEGUNDO DE BACHARELATO DO 201 4

Page 7: Revista 25 aniversario

7

Barros Vila Ana, Bastos Rodríguez Fabián, Cabaleiro Durán David , Caride Rodríguez Aida, EstévezGonzález Raúl, Ferreira Dacosta Aitor, Ferreiro Alonso Miguel, García Costas Antía, García da VilaJavier, Guisande Gregores Eloy, Iglesias Fernández Raúl, Peláez Otero Ignacio, Pérez Nieto Brais,Piñeiro Costas Miriam, Portela Doval Sabina, Ramírez Fernández Alba, Rodríguez Barreiro Laura,Rodríguez Pérez Pablo, Rodríguez Prado Alba, Suárez Lago Yago, Trigo Rodríguez Antía, Valle PérezRubén, Vázquez Fernández Adrián, Vidal Vázquez Iván Manuel, Villanueva Comesaña Verónica.

Bernal Garrido Alba, Bernárdez Touceda Ánxela, Cambra Quintas Lucía, Caride Posada Alicia ,Comesaña Calado Sergio, Fernández Comesaña Emilio, Fernández Doval Andrea, Figueiras AbraldesMiriam, Figueiras Fernández Zoe, García Abalde Severino, García Garrido Noa, Gil Martínez Ángela,Giráldez Giráldez Elaisa, Iglesias Salgueiro Daniel, Luaces Toscano Irene, Novoa Álvarez Natalia ,Oitavén Carbó Paula, Orge Alonso Aine, Reyero González Ana, Riveiro Fernández María, RodríguezAntón Mónica, Román Lorenzo Sara, Serodio Costas Adrián.

Page 8: Revista 25 aniversario

8

Boas noites a todos. Hai uns días prop-uxéronme dicir aquí unhas palabras e

tras insistirme bastante aceptei.Hoxe é o día oficial no que rematamos se-gundo de bacharelato. A maioría queriamosque chegase este día desde que comezamoso curso pero aínda así, a min nunca me gust-aron os finais. Foi un curso duro, que parecíaque ía ser eterno e agora dámonos conta dorápido que pasou, que parece que foi ontecando nos dixeron a letra da nosa clase e nosderon o horario.

Rematamos segundo nunha das peores épo-cas que sufriu a educación española. O 28 denovembro do ano pasado aprobouse unhanova lei de educación, a LOMCE, a famosa LeiWert, que vai prexudicar gravemente o en-sino público, o noso ensino. Inclúe novidadesque, na miña opinión, aumentarán adesigualdade social nun país no que o dar-winismo social parece estar moi arraigado. Eisto lévame a preguntarme por esas persoasque se quedaron no camiño, por falta de re-cursos dalgún tipo: quizais se lles debería daroutra oportunidade para conseguir os seusobxectivos.

Neste sentido, o papel dos profesores nanosa formación é tan transcendente comapouco recoñecido, xa que tedes que saberfacer un pouco de todo: ensinar, facer depsicólogos, incluso ás veces de policías…Creo que cabe recoñecervos a vosa dedica-ción, que moitas veces se ve supeditada aos

programas que veñen impostos, impedindo,como desexades moitos de vós, exploraroutras formas de ensino, experiencias máiscreativas. E digo isto porque teño a sensa-ción de que se nos dá moita información quedebemos aprender, pero que engulimos senverdadeiramente asimilala por falta detempo ou de métodos.

Pero o máis importante aquí somos nós, osalumnos, os compañeiros. Algúns levamosneste instituto os seis anos da ESO ebacharelato, outros chegastes ao longo desetempo e cos nosos máis e os nosos menos,conseguimos establecer uns certos lazos deamizade.

Este último curso serviunos para madurar,para aprender a organizarnos. A partir deagora cada un seguirá o seu camiño, pre-parándoo da mellor maneira posible e esper-ando que a sorte estea da nosa parte. Peroas persoas realmente importantes para nósseguirán aí.

Non todos tivemos a mesma sorte e hai per-soas que non conseguiron rematar estecurso da forma que lles gustaría pero “navida hai tempo para todo menos pararenderse”. Para os demais foi d ifícil, peroconseguímolo.

Parabéns vixésimo quinta promoción do IESde Beade.

DISCURSO DE GRADUACIÓN MAIO DE 201 4Anxela Bernárdez 2ºBach C

QUE SUCEDEUEN 1 988

IranTras 8 anos e 1 ,5 millóns demortos acaba a guerra Iran -Iraq

Iraqmasacra con Gas Velenoso osKurdos en Armenia

Armenia60.000 mortos en Armenia acausa dun terremoto

EscociaUnha bomba presuntamentecolocada por Libia estouradentro dun avión da Pan Amsobre Lockerbie en Escocia.Morren 259 pasaxeiros e 1 1veciños

EEUUUnha nova droga espállasepolas cidades de EEUU: o crack(un subproduto da cocaína)

Corea do SurBen Jonhson gaña ouro nos

1 00m. nos xogos olímpicos deSeul e é decualificado porutilizar esteroides anabólicos.Stanozol

AfganistánO exército soviético retírasede Afganistán.

EEUU1 /3 parte do Parque Nacionalde Yellowstone é destruídopola falta combinación dunhasucesión de 250 lumes e unhasevera seca.

Page 9: Revista 25 aniversario

9

O primeiro cable trasatlántico de fibraóptica. Tolera 20.000 chamadastelefónicas simultáneas

O telescopio Hubble é posto en órbita

Coido que deberiamos consideraros virusinformáticos coma seres vivos. Din moito sobre a

natureza humana porque a única forma de vida quecreamos até agora é totalmente destrutiva.

Creamos vida basados na nosa imaxe.

Stephen Hawking

Detectado o primeiro virus informático queinfecta os computadores ligados a Internet.

Stephen Hawking publica " A Brief History Of Time "

O antidepresivo Prozacconvértese no líder mundialno tratamento da de-presión.Anos máis tarde un atípicobest-seller ateiga as bibli-otecas do mundo. Contra adepresión reflexión.

TECNOLOXÍA MÚSICA

Durante os anos 80 xurdiron en Vigomultitude de Bandas: Siniestro Total,

Golpes Bajos, Semen Up, AereolineasFederales, Bajo en Nicotina e osinclasificábeis Os Resentidos. Foi unhaeclosión inexplicábel. Máis tarde houboque engadir a onda Folk e seguiriamossendo unha potencia se soubésemoscoidar da industria cultural.

En 1 988 Siniestro total publica: "megusta como andas" e Os Resentidos"Fracaso Tropical" que contiña un temadesgraciadamente sempre deactualidade: "arde Galicia" .

No mundo estes eran os creadores demaior repercusión:

EnyaRobert PalmerErasureKylie MinogueU2The Beach BoysBrosMichael Jackson with " Dirty Diana "Gloria EstefanChicago with " Look Away "George Michael with " father Figure "Guns N' RosesGeorge Harrison publica “Cloud nine”

Page 10: Revista 25 aniversario

10

Os oitenta eran tempos onde en Vigo o máis parecido a un Centro Comercial eran as galerías.Chamabamos así os baixos dalgúns edificios con locais comerciais. Houbo varios intentos e

ningún chegou a ter éxito. A pesar dos invernos chuviosos en Vigo os edificios furados detúneles con tendas no interior nunca chegaron a ter éxito. É probábel que un dos factores dorecente éxito dos Centros comerciais sexa a influencia do Hollywood ou máis ben das series deTV ou que practicamente todos teñen cines e comida rápida.Agora o cine é un divertimento de luxo. Antes era algo que faciamos todas as fins de semana.Estas son algunhas das películas de éxito durante 1 988:

O CINE CANDO ERA BARATO

Un clásico de humor in-mortal. Outra xenialiadedos Monthy Python.

A película que fixofamoso a Tom Hanksdespois chegou a facerverdadeiro cine

Os inicios do singular TimBurton

Película con grandes econsagrados actores.

O guapo Tom Cruise nunpapel de actor. A súaparella nada menos queDustin Hoffman

Un clásico das películasde acción. Protagonista:o inmortal McCain.

Page 11: Revista 25 aniversario

11

A TELE

Antes de Internet o rei do entretemento era a tele. Velaquí algunhas das series máisinteresantes da TV

Alf era un extraterrestreun tanto macarra egorrón que vivía cunhafamilia tipo americanadesas que todo o fan ben.Hoxe supoño que nontería tal éxito

Outra familia perfecta pero neste caso non hainada que obxectar: os diálogos, as situacións,os personaxes estaban cheos de humanidade.Pasei grandes momentos vendo cada un dosepisodios

Roseanne foi unha serie que fixo historia. Aserie xa non buscaba representar unha familiaidealizada. Esta vez os problemas eran reais enon sempre felices. Grandes actores.

Por aqueles anos, non exactamente en 1 988 a Galega estreaba unha serie de humorsurrealista excepcional. En cada episodio catro estudantes sobrevivían á suciedade e a fame.En moitos dos capítulos había unha actuación musical antolóxica: Madness ou Motorheadentre elas. Un clásico do humor. Infelizmente na galega non pasaron outra xoia: Faulty towersde John Cleese pero si: a víbora negra e alló alló

Page 12: Revista 25 aniversario

12

Moi sinceramente agradecemos as amábeis palabras dos representantes deveciños de Beade. A nosa intención é seguir a merecelas durante o futuromantendo o compromiso de formar os vosos fillos e fillas.