Revista

48
1

description

Revista del cole

Transcript of Revista

Page 1: Revista

1

Page 2: Revista

2

SUMARIO

-Infantil visita a Granxa Belelle e traballa os animais

-Pareados de 1º

-Acrósticos de 2º A

-Poemas 2º B

-Poemas con ilusión 3ºA

-O semáforo que quería ser árbore. 3º B

-Lenda Santa Comba 4º

-Poemas 4º

-Miguel Hernández 5º

-Visita a Cope 5º

-Miguel Delibes 5º

-As novas do Lángara 6º

-Nadal no Lángara

-Rimas do Nadal 3º A

-As fermosas palabras galegas

-Educación Fisica

-Contos.

-Os nomes do Lángara

-Quenes somos

-Chistes

BRISAS DE CANIDO

EDITA

C.E.I.P Almirante Juan de Lángara y Huarte

REDACCIÓN

Alumnado

CORRECCIÓN

Profesorado

MONTAXE

Equipo de Normalización Lingúística

SUBVENCIONA

Xunta de Galicia- Dirección Xeral de Política Lingüística

Despois de moitos anos a nosa revista Brisas de Canido volve sair á luz coma se dunha meniña pequeña se tratara co esforzo e a ilusión de todos os nenos e todas as nenas do centro. Brisas de Canido quere ser unha mostra de case todas as actividades que se fixeron durante este curso para dalas a coñecer e ao mesmo tempo para facermos un repaso de todo o que fixemos. Cada folla, cada páxina está elaborada con ilusión e con rigor, tanto polo alumnado como polo profesorado. Faltan moitas actividades, unhas porque aínda non se fixeron, coma as últimas excursións, ou o festival de fin de curso e outras por mor do espazo.

LETRAS GALEGAS 2010

Uxío

Novoneyra

O poeta do

Caurel

Page 3: Revista

3

Page 4: Revista

4

Page 5: Revista

5

Infantil 4 anos visita a Granxa Belelle e traballa os animais na aula

Page 6: Revista

6

Page 7: Revista

7

Infantil 5 anos visita a Granxa Belelle e traballa

os animais na aula.

Page 8: Revista

8

Page 9: Revista

9

Page 10: Revista

10

Page 11: Revista

11

Page 12: Revista

12

Page 13: Revista

13

Page 14: Revista

14

Page 15: Revista

15

Page 16: Revista

16

Page 17: Revista

17

Page 18: Revista

18

Page 19: Revista

19

Page 20: Revista

20

Page 21: Revista

21

Javier 4º E.P

Page 22: Revista

22

Marcos Seijido 4º E.P

Paula 4º E.P

Page 23: Revista

23

Rodrigo Cuende 4º E.P

Rebeca 4º E.P

Page 24: Revista

24

Antonio 4º E.P

Pedro Osorio 4º E.P

Page 25: Revista

25

Page 26: Revista

26

Page 27: Revista

27

Page 28: Revista

28

O entroido

O día 12 de febreiro, no colexio, celebramos o entroido. A semana antes da festa disfrazámonos co meco, o que nos dicía o que tiñamos que por ao día seguinte. O día do festival disfrazámonos do que quixemos e comimos productos tipicos. Maite 6º

Alerta lume!!!

O pasado martes 22 de abril as 9.45 tocou o timbre tres veces, iso significa desaloxo, pero neste caso era un simulacro. Tardamos moi pouco en evacuar o colexio, todos saimos correndo deica o campo. Pouco despois veu un bombeiro para ver se o fixéramos ben. Foi moi divertido. Laura 6º

Concerto da banda do Tercio Norte

Como todos os anos a Banda do Tercio veu tocar ao salón de actos. Tocaron cancións como os Simpsons, ou a da panteira rosa. Un neno de 2º A saiu a dirixir a banda, e cando se fixo amigo da batuta fixoo bastante ben. Lucas 6º.

Excursión de fin de curso

En xuño 5º e 6º imos ir de excursión de fin de curso á Granxa Escola da Fervenza do Toxa, ao lado de Silleda. Imos quedar dous días e unha noite o programa que imos facer chámase “Galicia Verde” Daniel Fernández 6º.

Veñen e se van os mestres do Xoan de Lángara.

Na miña escola como en todas se van e veñen profesores. A min dame moita pena que se vaian profesores con os que estiven un ou dous anos, cinco horas o día, son como compañeiros, pero tamen gustame coñecer novos profesores, aunque as veces poñome un pouco nervioso pero gustanme. Daniel Calabuig 6º

Page 29: Revista

29

O día da Paz Antonio Tostado Naveiras (presidente da cociña económica) visitou o noso colexio donde , os representantes de todos os cursos lle deron os donativos de cada aula (comida e cartos), cada clase puxo o seu granito de area, pero como dixo Antonio: “ por moi pequena que sexa a axuda entre todos faremos una gran axuda” despois despediuse e comezaron as poesías e actuacións d@s alumn@s. A mais aclamada foi a de 5º E.P, cun baile de figuras humanas, finalmente @s alumn@s do colexio cantaron “Manos del mundo” de Andy e Lucas. Santiago 6º

Casou Marcos.

No mes de maio o mestre de música casou polo que faltou quince días o cole. Noraboa Marcos que sexas moi feliz. Muriel 6º

Maxia no cole

A finais do mes de maio veu o noso cole o mago Chrystyan Magic. Fixo moitos trucos, os mais impresionantes foron un no que voaba unha mesa e outro no que fixo desaparecer uns dados. Fran 6º

O Magosto

No mes de novembro celebrouse no colexio o magosto. Veu un castañeiro e explicounos aos alumnos en que consistía o seu traballo, despois os alumnos de 6º lle fixeron unha entrevista. Finalmente como todos os anos queimouse unha castaña enorme feita polos alumnos e todos os nenos tomaron castañas con leite. Estaban moi boas!

Page 30: Revista

30

Momento do Festival de Nadal, no que os nenos e nenas de 5 anos representaron o Belén

Outro ano mais viñeros os Reis Magos o noso cole traerlle agasallos os mais pequenos.

Este ano veu o Carteiro Real, recoller as cartas que os mais pequenos tiñan para os Reis Magos.

Page 31: Revista

31

Page 32: Revista

32

Page 33: Revista

33

Page 34: Revista

34

Page 35: Revista

35

Page 36: Revista

36

Page 37: Revista

37

Page 38: Revista

38

Page 39: Revista

39

OS NOMES DO LÁNGARA

Introducción

Os nomes das persoas supoñen moito máis que a súa sonoridade superficial, encerrando na súa orixe e significado a nosa procedencia como individuos, e máis alá, como grupo humano cunha cultura, é dicir, xeito de vida, definidos desde hai moitos séculos. Nunha palabra, a nosa propia esencia.

En contra disto, este aspecto básico escapa moitas veces da mentalidade colectiva á hora de pór nome a un neno ou nena, quedándonos no devandito aspecto superficial, afectado moitas veces por modismos.

É por isto que no Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do C.E.I.P. Almirante Juan de Lángara y Huarte propuxémonos facer un estudo dos nomes dos nosos nenos e nenas no presente curso. Sentimos a curiosidade por mirar sobre os gustos imperantes neste aspecto na sociedade ferrolá hoxe por hoxe, e comunicárvolo cunha dobre finalidade:

• Dar a coñecer a orixe e significado dos nomes postos aos nosos nenos e nenas. Somos conscientes neste sentido, evidentemente, de que moitos de vós xa os coñecedes e, mesmo, tédeslle posto tales nomes con esa intención, non pretendemos nin moito menos darnos de resabidos. Mais, pensando na posibilidade dos casos nos que non sexa así, ocorréusenos esta idea divulgativa.

• E apostar, como non podía ser doutra maneira desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, por unha galeguización dos nomes, pensando precisamente nesas orixes antes mencionadas como individuos pertencentes a un pobo cunha identidade propia, tan esquecida e perxudicada. Debemos advertir, non obstante, que non é a nosa intención denostar os nomes casteláns ou doutras

linguas, nin moito menos. Somos plenamente conscientes, faltaría máis!, de vivirmos nunha sociedade libre de pleno dereito, e ademáis, polo mero feito de ter sido o galego a parte máis perxudicada historicamente neste sentido, non queremos nós caer no mesmo erro. Facemos esta aclaración a causa das desgraciadas polémicas lingüísticas que acucian e dividen gravemente a nosa sociedade. É por iso que, desde un ambiente de convivencia armónica, pretendemos dar un pulo a esa parte desfavorecida que é o galego, que non esquezamos, é a propiamente nosa.

Canto ao estudo en si mesmo, e como dixemos nas liñas anteriores, non somos ningúns expertos no tema, é máis, todo o relatado de aquí en diante, é información obtida en diversas consultas bibliográficas, así como na propia internet, movéndonos polo tanto tan só en aras do aspecto social desta divulgación.

Nunha terceira parte, detállase a orixe e significado de cada un dos nomes presentes nos nenos e nenas do noso colexio, tendo aquí si en conta o número de casos de cada nome. Este factor é o definitorio da relación feita en primeira instancia, para seguidamente facela en orde alfabética, de cara a unha maior facilidade de manexo.

Page 40: Revista

40

Aclarar, finalmente, que os nomes compostos, moi escasos no colexio, foron tratados por separado, xa que ao cabo o que nos interesaba era o nos achegar á orixe e significado de cada unha das súas partes.

Nomes: orixe e significado. Orde alfabética

Nomes de nenos

• Aarón. Orixe: egipcia ou hebrea. Significado: alta montaña. 1 caso. • Adrián. Orixe: latina. Significado: o que ven do mar (Adriático). 5 casos. • Aitor. Orixe: vasco. Significado pai. 1 caso. • Alberto. Orixe: xermana. Significado: nobre. 1 caso. • Alejandro. Orixe: grega. Significado: defensor, protector. 9 casos, aínda que a

estes se lle poderían sumar algúns derivados como Álex. • Álex. Orixe: grega, derivado de Alexandre. Significado: defensor, protector. 1

caso. • Álvaro. Orixe: xermana. Significado: atento, nobre, gardián. 2 casos. • Andoni. Orixe: latina. Significado: que lle planta cara ao adversario, tamén co

significado de digno de loubanza. 1 caso. • Ángel. Orixe: grega. Significado: mensaxeiro. 2 casos. • Antón. Orixe: latina, derivado de Antonio, e non necesariamente máis galego que

este último. Significado: que lle planta cara ao adversario, ou tamén digno de loubanza. 1 caso.

• Antonio. Orixe: latina. Significado: que lle planta cara ao adversario, tamén co significado de digno de loubanza. 2 casos.

• Anxo. Orixe: grega. Significado: mensaxeiro. 1 caso. • Bastian. Orixe: grega. Significado: venerable, venerado. 1 caso. • Borja. Orixe: do árabe “burg”, derivado da población zaragozana de Borja, ou da

familia valenciana de orixe aragonesa dos Borgia (forma ista italianizada), da época do Renacemento. Significado: torre. 3 casos.

• Brais. Orixe: greco-latina. Significado: que tatexa ou balbucea. 1 caso. • Brandon. Orixe: anglosaxona. Significado: espada veloz. 1 caso. • Bruno.Orixe: xermánica. Significado: escudo, coiraza . 3 casos. • Carlos. Orixe: xermana. Significado: home libre, viril. 2 casos. • Cristian. Orixe: latina. Significado: cristián. 2 caso. • Christian. Orixe: latina. Significado: cristián. 1 caso. • Daniel. Orixe: hebrea. Significado: deus é o meu xuíz. Danse 4 casos. • David. Orixe: hebrea. Significado: estimado. 4 casos. • Eloy. Orixe: xermana. Significado: elexido. 1 caso. • Esteban. Orixe: grega. Significado: merecidamente coroado, ou coroado

victorioso.1 caso • Fernando. Orixe: xermana. Significado: intelixente, atrevido na paz. 1 caso. • Francisco. Orixe: xermana, do pobo dos francos. Significado: o que quere ser

libre. 4 casos. • Gabriel. Orixe: hebrea. Significado: forza de deus. 4 casos. • Guillermo. Orixe: xermánica. Significado: casco de ouro. 1 caso. • Iount. Orixe: Hebrea. Significado: Xeová ou Deus ten compasión. 1 caso. • Ismael. Orixe: hebrea. Significado: deus escoita. 2 casos.

Page 41: Revista

41

• Iván. Orixe: hebrea e rusa, é a forma rusa de Xoán. Significado: deus é bondadoso. 5 casos.

• Javier. Orixe: vasca. Significado: casa nova. 6 casos. • Jonathan. Orixe: hebrea. Significado: don e graza de deus. 2 casos. • Jorge. Orixe: grega. Significado: labrego. 2 casos. • José. Orixe: hebrea, quizá derive de Iavé. Significado: sentado á dereita de deus. 5

casos. • Juan. Orixe: Hebrea. Significado: Xeová ou Deus ten compasión. 1 caso. • Leandro. Orixe: grega. Significado: home do pobo ou home forte como un león. 1

caso • Lucas. Orixe: greco-latina. Significado: luminoso. 1 caso. • Manuel. Orixe: hebrea. Significado: deus está con nós. 5 casos. • Marcos. Orixe: latina. Significado: adicado a Marte. 3 casos. • Mario. Orixe: hebrea para uns, latina para outros. Significado: adicado ao servizo

de María, no caso da posible orixe hebrea, ou quizá home, no caso da latina. 1 caso.

• Martín. Orixe: latina. Significado: adicado a Marte, deus da guerra, home guerreiro. 3 casos.

• Martiño. Orixe: latina. Significado: adicado a Marte, deus da guerra, home guerreiro.1 caso.

• Mateo. Orixe: hebrea. Significado: don de deus. 1 caso. • Mauro. Orixe: latina. Significado: mouro, escuro, orixinario de Mauritania. 1 caso. • Miguel. Orixe: hebrea. Significado: deus é xusto. 3 casos. • Nicolás. Orixe: grega. Significado: conquistador, vencedor do pobo. 1 caso. • Noé. Orixe: hebrea. Significado: de longa vida. 1 caso. • Óscar. Orixe: xermana. Significado: lanza de deus. 2 casos. • Ovidio. Orixe: latina. Significado: pastor de ovellas. 1 caso. • Pablo. Orixe: latina. Significado: miúdo, pequeño. 3 casos. • Pedro. Orixe: latina. Significado: pedra, firme. 1 caso. • Quique. Orixe: xermánica. Significado: casa poderosa, amo da súa casa. 1 caso. • Ramón. Orixe: xermana. Significado: conselleiro, protector, ilustre. 1 caso. • Raúl. Orixe: xermana. Significado: astuto consello de lobo vitorioso. 3 casos. • Roberto. Orixe: xermánica. Significado: glorioso e famoso. 1 caso. • Rodrigo. Orixe: xermana. Significado: rico, glorioso. 1 caso. • Rubén. Orixe: hebrea. Significado: deus viu a miña aflición, aínda que tamén se dá

o significado de rubio. 1 caso. • Santiago. Orixe: hebreo-latina, derivado de Xacobe. Significado: o segundo. 1

casos. • Sergio. Orixe: latina. Significado: gardián, aparecendo tamén o significado de

escravo. 3 casos. • Simón. Orixe: hebrea. Significado: Deus escoitoume. 1 caso. • Xavier. Orixe: vasca. Significado: casa nova. 2 casos. • Xián. Orixe: latina. Significado: adicado a Xúpiter. 1 caso. • Yago. Orixe: hebrea, relacionado con Xacobe e Santiago. Significado: o segundo.

3 casos. • Yassine. Orixe: árabe, Significado: uno de los nombres de Muhammad. 1 caso.

Page 42: Revista

42

Nomes de nenas

• Ainhoa. Orixe: vasca. Significado: en honra da virxe de Ainhoa. 1 caso. • Alba. Orixe: latina. Significado: aurora branca. 2 casos. • Alejandra. Orixe: grega. Significado: defensor, protector. 1 caso. • Andrea. Orixe: grega. Significado: viril, con coraxe, propio dos homes. 6

casos. • Andreea. Orixe: grega. Significado: viril, con coraxe, propio dos homes.1 caso • Antía. Orixe: grega. Significado: sacada das flores. 3 casos. • Azucena. Orixe: árabe. Significado: madre admirable. 1 caso. • Belén. Orixe: hebrea. Significado: casa do pan. 1 caso. • Candela. Orixe: latina. Significado: cirio, vela, luz. 1 caso. • Carla. Orixe: xermana. Significado: forte, viril. 2 casos. • Carmen. Orixe: hebrea, grega ou latina. Significado: na posible orixe hebrea,

viña; na grega xardín; na latina, poema ou canto. En todo caso, trátase de tres civilizacións en estreito contacto, con interinfluencias polo tanto. Pénsese neste sentido na relación no mundo clásico entre poesía, xardíns e viño. 5 casos.

• Carolina. Orixe: xermana, en relación con Carla ou Carlota. Significado: forte, viril. 1 caso.

• Cicely. Orixe etrusca. Significado: xusta, cega. 1 caso. • Clara. Orixe: latina. Significado: clara, ilustre. 1 casos. • Claudia. Orixe: latina. Significado: da familia Claudia, coxa, manca. 1 casos. • Cristina. Orixe: hebrea, e a través do grego. Significado: discípula de Cristo,

unxida. 2 casos. • Cynthia. Orixe: grega. Significado: do lugar de Kinthos, natural de Cinto.

Nome dun monte de Delos. 1 caso. • Desirée. Orixe: francés , en relación con Desiderio-a. Significado: a que é

desexada. 1 caso. • Eire. Orixe: celta. Significado: nome oficial da Republica de Irlanda. É un

topónimo que pasou a antropónimo. 1 caso.. • Elena. Orixe: grega. Significado: muller grega, luz brillante ou resplandor do

sol. 1 caso. • Enma. Orixe: hebrea, derivado de Enmanuela, ou xermana (neste caso, con

dobre m). Significado: no caso hebreo, salvadora, e no xermano, que ten graza. 1 caso.

• Eugenia. Orixe: grega. Significado: de boa linaxe, ben nacido. 1 caso. • Erika. Orixe: xermánica. Significado: loitador, honrado e poderoso. 1 caso. • Estela. Orixe: latina. Significado: estrela. 1 caso • Georgiana. Orixe: grega. Significado: agricultor, labrego 1 caso. • Inés. Orixe: grega. Significado: pura, casta, inocente. 2 casos. • Irene. Orixe: grega. Significado: paz. 4 casos. • Iria. Orixe: vasco-cántabra, aínda que tamén se apuntan posibles orixes celtas

ou preceltas, ou incluso unha derivación do grego Iris. Unha vez máis habería que falar do contacto entre civilizacións, neste caso a celta e a grega. Significado: no caso da orixe vasca, pedra, vila. 1 caso.

• Isabel. Orixe: hebrea. Significado: Deus e perfecto ou Deus dá. 1 caso. • Joanna. Orixe: Hebrea. Significado: Xeová ou Deus ten compasión. 1 caso. • Judit. Orixe: hebrea. Significado: a alabanza de Deus. 1 caso.

Page 43: Revista

43

• Judith. Orixe: hebrea. Significado: a alabanza de Deus. 1 caso. • Laura. Orixe: latina. Significado: coroada de loureiro. 2 casos. • Lis. Orixe: Variante de Isabel (ver Isabel). Do francés “Lis”. Significado:

Lirio. 1 caso • Lucía. Orixe: latina. Significado: nacida coa primeira luz. 10 casos. • Maite. Nome composto por María e Teresa. María. Orixe: hebrea. Significado:

señora. Teresa. Orixe: grega. Significado: bela e ardente. 1 caso. • María. Orixe: hebrea. Significado: señora. 6 casos. • Marta. Orixe: hebrea. Significado: señora. 2 casos. • Mirian. Orixe: hebreo, variante de Mara. Significado: señora. 1 caso. • Mónica. Orixe: grega. Significado: solitaria. 1 caso • Muriel. Orixe: gaélica. Significado: brillante como el mar. 1 caso. • Naiara. Orixe: descoñecida, posiblemente vasca. Significado: no caso de ser

vasco, desexada. 1 casos. • Natalia. Orixe: latina. Significado: en conmemoración do Nadal. 4 casos. • Nayla. Orixe: árabe. Significado: a que ten grandes ollos. 1 caso. • Noa. Orixe: latina. Significado: manso, apacible. 1 caso • Paula. Orixe: latina. Significado: pequena, miúda. Tamén con 4 casos. • Raquel. Orixe: hebrea. Significado: ovella, gando. 3 casos. • Rebeca. Orixe: hebrea. Significado: corda, ligamento. 1 caso. • Sabela. Orixe: hebrea, derivado de Isabel. Significado: saúde, deus Baal

(acaso, deus do xuramento). 2 casos. • Sara. Orixe: hebrea. Significado: princesa. 3 casos. • Sarai. Orixe: hebrea, derivado de Sara. Significado: princesa. 1 caso. • Silvia. Orixe: latina. Significado: silvestre. 1 caso. • Sofía. Orixe: grega. Significado: sabedoría. 1 caso. • Susana. Orixe: hebrea. Significado: lirio, azucena. 1 caso. • Tamara. Orixe: hebrea. Significado: palmeira. 1 caso.

Conclusións

A conclusión máis importante á que chegamos é que, se ben o número de nomes en galego ten certa presenza destacable, o certo é que o predominio dos nomes en castelán é moi importante.

Todos temos un patrimonio material propio, que debemos e nos gusta conservar: as nosas casas, as nosas terras... Pero debemos ser moi conscientes de que, como colectivo social, temos tamén un patrimonio histórico, lingüístico e cultural. Non se trata de coidar deste patrimonio con demasiado celo, como unha peza de museo, nin de vanagloriarse del créndonos especiais ou marabillosos, non, senón de coidalo usándoo con toda a normalidade do mundo, sen prexuízo de ningún tipo, que é a mellor maneira de conservar as cousas, tal e como facemos coas nosas casas, terras, etc.

Insistimos en que ninguén interprete este discurso como contrario ao uso do castelán en xeral ou nos nomes en particular. Como mestres que somos servimos a unha sociedade de pleno dereito na que conviven máis dunha forma de vida, máis dunha lingua, e a todas

Page 44: Revista

44

debemos atender. Mais isto non nos pode facer esquecer as nosas orixes, porque nos esqueceriamos de nós mesmos.

Por todo isto é que desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte desexamos facer un chamamento, primeiro, a sociedade toda, de cara a unha convivencia lingüística plena, sen os vergoñentos episodios de enfrontamento que se teñen dado (guerras de topónimos, etc.), e en segundo lugar, especialmente, á comunidade galegofalante, para que se conciencie dunha vez por todas de que só nós, os que vivimos en galego, sen prexuízo de que outros non o fagan, podemos lograr conservar esa riqueza que son mil anos de historia. E só lograremos facelo se seguimos a vivir en galego, e non só na casa, senón en calquera outro ámbito no que libremente queiramos ser nós mesmos, e sen nos esquecer da riqueza que tamén supón o coñecer e usar, tamén libremente e cando se desexe, outras formas, outras linguas.

Como contribución pola nosa parte a esa liberdade de elección, liberdade que reside no coñecemento das cousas, coñecemento que foi no pasado posto en corentena, e por iso o esquecemento e os prexuízos actuais, rematamos este estudo cunha serie de nomes que, falsamente, teñen apariencia de ser galegos, cando tamén son válidos para o castelán, como Antón ou Antía; e ao contrario, nomes en apariencia só casteláns, pero tamén válidos en galego, como Antonio, Benito, Elena, Enrique, Luis ou Martín, que non exclúen iso sí outras formas do mesmo nome, como Antón, Bieito, Helena, Henrique, Lois ou Martiño.

Bibliografía

- FEIXÓ CID, XOSÉ (2003): Dicionario galego dos nomes. Edicións Xerais, Vigo.

- EL CORREO GALLEGO - MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA: Mil catrocentos dez nomes galegos. Santiago.

Cartografía dos apelidos de Galicia:

http: servegis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp

Page 45: Revista

45

Page 46: Revista

46

Page 47: Revista

47

SUBVENCIONADO POLA DIRECCIÓN XERAL DE

Estaba a profesora preguntado os tempos verbais. E dille a un alumno:

-A ver Jaime: eu como.

-Presente, señorita.

-A ver Ana, eu comín.

-Pasado, señorita.

E agora ao macabro da clase:

-A ver Juan eu buscarei noivo.

-Tempo perdido, señorita.

Iván López 4º E.P

Ábrese o telón:

Aparece un chino subindo escaleiras. Cómo se chama a obra?

Alibabá

Cómo facer que un lepeiro este todo o rato en movemento?

Meténdoo nunha habitación redonda e dicíndolle que se sente na esquina.

Andrea L. 4º E.P Que lle di un molusco a outro: Mira como lusco.

Doutor, doutor, sente non me escoita. Que pase o seguinte.

Que lle di un semáforo a outro. Non me mires que me estou cambiando.

Que lle di una parede a outra. Vémonos na esquina.

Gabi. 4º E.P

Adiviñas

En min séntaste cando comes na mesa.

Pónenme algunhas mulleres e nenas no burato das orellas.

Son de carbón e madeira e serve para escribir. Quen son?

Andrea S. 4ª E.P

Que lle di un vaqueiro a outro?

-Non fagas o indio.

Cal e o colmo do colmo?

Que un mudo lle diga a un sordo que un cego os está espiando.

Enma 6º E.P Están duas toallas no tendal, unha esta normal, e a outra móvese moito entón a que está normal lle pregunta á outra. Qué che pasa?

-E que se me vai a pinza.

Jose 6º E.P

Dille a filla a nai:

Mama: Cómo nacín eu?

-Trouxoche a ciguieña

-E ti? Mamá, como naciches ti?

-Compraronme en París

-E a avoa? Cómo naceu a avoa?

-Naceu dentro dunha col

-E que non hai ninguen da nosa familia que nacese de forma normal. Maite 6º E.P

Page 48: Revista

48

SUBVENCIONADO POLA DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA LÍNGÜÍSTCA