Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O...

24
Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril 2015 Informe de Actividade 2014 Actualidade Campaña “Sabores de Galicia” Colaboración técnica: Ensilado de gran húmido de millo

Transcript of Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O...

Page 1: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril 2015

Informe deActividade 2014

ActualidadeCampaña “Sabores de Galicia”

Colaboración técnica:Ensilado de gran húmido

de millo

Page 2: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos
Page 3: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril 2015

Ternera GallegaSumario

16

18

22

4

11

Edita

Consello Regulador da

IXP Ternera Gallega

Coordina

Karen Wernink

Redacción

Montse Calvo

Laura Enríquez

Administración

Recinto feiral, Amio, s/n

Apdo. de Correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Impresión

Gráficas Garabal, S.L.

Tirada

8.000 exemplares

Consello Regulador

da IXP Ternera Gallega

Recinto feiral, Amio, s/n

Apdo. de Correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

A Coruña (España)

Tels.

981 57 57 86

981 57 48 99

Fax

981 57 48 95

Correo electrónico

[email protected]

web

http://www.terneragallega.com

© Consello Regulador da

IXP Ternera Gallega

D.L.: C/692/2003

Actualidade A campaña promocional “Sabores de Galicia” percorre España

InformeActividade da IXP TerneraGallega durante o ano 2014

Colaboración Técnica Ensilado de gran húmidode millo

Os segurosAgrarios Combinados

Concurso e Xovenco

Page 4: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

4 | Ternera Gallega

Sabores de Galicia

A Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra e a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega veñen de poñer en marcha esta campaña promocional para dar a coñecer as características dos produtos de calidade que amparan por toda España.

Un expositor móbil percorrerá de maneira itinerante 40 cidades españolas e acollerá sesións técnicas e degustacións dirixidas a diferentes colectivos relacionados coas actividades destas Denominacións.

A campaña, presentada o pasado 1 de abril en Santiago de Compostela, comezou nas capitais andaluzas de Córdoba, Sevilla e Huelva e rematará en Cantabria e Asturias na segunda quincena de xuño.

PERCORRE ESPAÑA DE PUNTA A PUNTA“Sabores de Galicia”

“Sabores de Galicia” dá nome ao road show que veñen de poñer en marcha os consellos reguladores da DOP Arzúa-Ulloa, da DO Ribei-ra Sacra e da IXP Ternera Gallega, para presentar as características e

cualidades do queixo, do viño e da carne de vacún que amparan, en diferentes cidades espalladas por toda España. A campaña presen-touse o pasado 1 de abril no com-postelán Parque da Alameda e con-

tou coa presenza dos presidentes dos tres consellos reguladores res-ponsables da campaña, a directora xeral de Produción Agropecuaria e da concelleira de Economía, Co-mercio e Turismo de Santiago.

Patricia Ulloa, directora xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural; Jesús González Vázquez, presidente da IXP Ternera Gallega; Xosé Luis Carrera, presidente da DOP Arzúa-Ulloa; Reyes Leis, concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados no Concello de Santiago; e José Manuel Rodríguez, presidente da DO Ribeira Sacra, na presentación da campaña en Santiago de Compostela.

Page 5: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

Ternera Gallega | 5

Sabores de Galicia

Un camión expositor de amplas di-mensións percorrerá de maneira itinerante, durante case tres me-ses, 40 cidades de todo o estado e albergará sesións técnicas sobre as características e aspectos de control e trazabilidade dos produ-tos certificados. Trátase dun stand móbil con cociña “in situ” e aula didáctica, concibido para atender a distintos colectivos vencellados coa actividade das Denomina-cións, desde escolas de hostala-ría, asociacións de consumidores, profesionais relacionados co ca-nal horeca, distribución e sector comercial minorista da alimenta-ción ou medios de comunicación.

Os participantes terán tamén a oportunidade de coñecer as ex-celencias culinarias do queixo Arzúa-Ulloa, do viño da Ribeira Sacra e da carne de vacún que certifica Ternera Gallega grazas ás numerosas degustacións que se ofrecerán no escenario gastro-nómico creado para tal fin, con co-

ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali-dades destes produtos en toda España, así como impulsar o seu

As primeiras presentacións da campaña fóra de Galicia tiveron lugar na Comunidade andaluza. Nas imaxes, representantes institucio-nais dos concellos de Córdoba e Huelva, a escola de hostelería Fernando Quiñones de Cádiz e o equipo de “Sabores de Galicia”coa exconcursante de Masterchef Susana Ramos que acudiu como representante da Escuela de Hostelería “La Mesa de Málaga”.

consumo activo e responsable en-tre o conxunto da sociedade, de acordo cos principios dunha ali-mentación sa e equilibrada e uns hábitos de vida saudables.

Page 6: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

6 | Ternera Gallega

Sabores de Galicia

Ruta da Campaña “Sabores de Galicia”

CÓRDOBA

SEVILLA

MARBELLA

MÁLAGA

GRANADA

ALMERÍA

CARTAGENA

ALICANTE

VALENCIA

CASTELLÓN

TARRAGONA

SABADELL

TARRASALLEIDAZARAGOZA

GUADALAJARAALCALÁ DE HENARES

TOLEDO

BARCELONA

MATARÓ

ELCHE

MURCIA

JEREZ

CÁDIZ

HUELVA

MADRID

MAHADAHONZA

SALAMANCA

VALLADOLID

BURGOS

VITORIA PAMPLONA

SAN SEBASTIÁN

SANTANDEROVIEDO

GIJÓN

BILBAO

LOGROÑO

ALCOBENDAS

SANTIAGODE COMPOSTELA

SANTIAGO DE COMPOSTELA (Presentación Campaña) ....1 de abrilCÓRDOBA ......................................................................7 de abrilSEVILLA ........................................................................8 de abrilSEVILLA ........................................................................9 de abrilHUELVA .......................................................................10 de abrilJEREZ ..........................................................................13 de abrilCÁDIZ ..........................................................................14 de abrilMARBELLA ..................................................................15 de abrilMÁLAGA ......................................................................16 de abrilGRANADA ....................................................................20 de abrilALMERÍA .....................................................................21 de abrilCARTAGENA ................................................................22 de abrilMURCIA ......................................................................23 de abrilMURCIA ......................................................................24 de abrilELCHE .........................................................................27 de abrilALICANTE ....................................................................28 de abrilVALENCIA ....................................................................29 de abrilVALENCIA ....................................................................30 de abrilCASTELLÓN .................................................................4 de maioTARRAGONA ................................................................5 de maioBARCELONA .................................................................6 de maioBARCELONA .................................................................7 de maioMATARÓ .....................................................................11 de maioSABADELL ..................................................................12 de maio

TARRASA ...................................................................13 de maioLLEIDA .......................................................................15 de maioZARAGOZA .................................................................18 de maioZARAGOZA .................................................................19 de maioGUADALAJARA ..........................................................20 de maioALCALÁ DE HENARES ................................................21 de maioMADRID .....................................................................25 de maioMADRID .....................................................................26 de maioTOLEDO ......................................................................27 de maioALCOBENDAS .............................................................28 de maioMAHADAHONDA ........................................................29 de maioSALAMANCA ................................................................1 de xuñoVALLADOLID ................................................................2 de xuñoBURGOS .......................................................................3 de xuñoVITORIA .......................................................................4 de xuñoLOGROÑO ....................................................................8 de xuñoPAMPLONA ..................................................................9 de xuñoSAN SEBASTIÁN ........................................................10 de xuñoSAN SEBASTIÁN ........................................................11 de xuñoBILBAO .......................................................................12 de xuñoBILBAO .......................................................................15 de xuñoSANTANDER ...............................................................16 de xuñoGIJÓN .........................................................................17 de xuñoOVIEDO ......................................................................18 de xuño

Nota: se nalgunha cidade non se pode facer a presentación, substituirase por outra próxima.

Page 7: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

Ternera Gallega | 7

Sabores de Galicia

A DOP Arzúa-Ulloa ampara o tradicional queixo galego de forma cilín-drica ou lenticular, elaborado con leite cru ou pasteurizado de vaca. O seu ámbito de produción inclúe un total de 32 concellos das provin-cias da Coruña, Lugo e Pontevedra. Na actualidade, a denominación

integra un total de 1.042 gandeiros e 21 queixerías, cun valor económico estimado de preto de 21 millóns de €. Foi o primeiro dos queixos galegos en obter un recoñecemento oficial coma “Produto Galego de Calidade”, xa fai máis de vintecinco años, en 1989. Así mesmo, é o queixo con DOP máis consumido en Galicia e o segundo en España.

A IXP Ternera Gallega ampara e protexe a carne fresca de vacún proce-dente dos animais nados, criados e sacrificados en Galicia. Na actualida-de acolle un total de 7.670 produtores e 82 industrias, que están a comer-cializar unhas 18.633 toneladas de carne de calidade. O valor económico

está ao redor dos 108 millóns de €, o que a converte na IXP da súa rama máis importante da Unión Europea. Considerando a idade, o manexo e a alimentación do animal, distín-guense dúas categorías principais: Ternera Gallega e Ternera Gallega Suprema.

Con case 20 anos de historia, a DO Ribeira Sacra ampara case un cento de bodegas e 200 marcas comerciais de viño, que se produce en 2.500 hectáreas distribuidas ao longo de 20 concellos das provincias de Lugo e de Ourense. Cunha produción conxunta de máis de 4,5 millóns de qui-

los, as bodegas da D.O Ribeira Sacra achegan vangarda a unha tradición milenaria na colleita e elaboración dos seus viños, xa sexan tintos ou brancos, que hoxe en día gozan dun gran prestixio e recoñecemento no eido nacional e internacional.

Queixo, viño e carne de vacún: alimentos embaixadores da “marca Galicia”A iniciativa conxunta “Sabores de Galicia” nace da colaboración entre os consellos reguladores da IXP Ternera Gallega, DOP Arzúa-Ulloa e DO Ribeira Sacra, a fin de trasladarlle á poboación española os principios de calidade e trazabilidade e o binomio tradición-innovación, tan asentados e prestixia-dos en Galicia. Valores que representan un modelo produtivo baseado na riqueza natural das materias primas propias da nosa Comunidade, tractor económico para o rural galego e atributos da marca propia dentro e fóra de Galicia, sobre todo no que atinxe ao sector agroalimentario.

Page 8: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

8 | Ternera Gallega

Actualidade

A Denominación segue apostan-do por iniciativas que lle permiten estar preto de todos os públicos, reforzando así a súa proximidade coa sociedade no seu conxunto.

No plano deportivo e de hábitos de vida saudables, destaca a súa colaboración co Club Baloncesto Obradoiro, que mantén aberta gra-zas ao convenio que contempla degustacións promocionais perió-dicas da nosa carne e a visualiza-ción da imaxe da IXP no polidepor-tivo compostelano do Sar.

Así mesmo, continúa o esforzo divulgativo da IXP nos medios de comunicación. En concreto, con-tinua a serie de microespacios que mantén na actualidade coa Radio Galega e con Radio Voz, adicados a achegarlle ao público final as características da carne de Ternera Gallega Suprema-Car-ne de Rubia Gallega. Esta marca

TERNERA GALLEGA COS PROFESIONAIS DA CARNE DE MÁLAGA

A PROMOCIÓN DA CARNE DE TERNERA GALLEGA,NO BALONCESTO E NAS ONDAS RADIOFÓNICAS

A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega viaxou a Málaga neste ano 2015 para dar a coñe-cer con detalle aspectos técnicos, produtivos e comerciais da súa carne de calidade aos profesionais carniceiros da devandita cidade. O presidente da IXP, Jesús González

Vázquez, e o director de promo-ción, Luis Vázquez, acompañados dalgunhas das principais indus-trias cárnicas inscritas na Denomi-nación, mantiveron reunións per-sonalizadas de carácter divulgati-vo e comercial cos profesionais do sector que así o solicitaron.

Os encontros comerciais comple-mentáronse cunha sesión técnica, seguida dun coloquio, no que se profundizou en aspectos relacio-nados coas cualidades, o control de calidade e a trazabilidade da carne amparada pola Indicación Xeográfica Protexida; o progra-ma que desenvolve en materia de promoción; o uso da imaxe corpo-rativa e os convenios de colabo-ración cos establecementos de venda, etc. O encontro despertou moito interese e participaron pre-to duns 50 profesionais do sector.

O programa completouse cun show cooking e unha degusta-ción de carne certificada pola IXP Ternera Gallega, a disposición de todos os participantes, que go-zaron da súa preparación baixo diferentes usos culinarios.

naceu ao amparo do convenio de colaboración entre a Denomi-nación e a Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega (ACRUGA), co obxectivo de su-mar forzas para desenvolver e fomentar os sistemas de produ-ción cárnicos en explotacións tradicionais con vacas nais, que son a base da categoría Ternera Gallega Suprema, así como para potenciar a raza Rubia Gallega e mellorar a súa comercialización, poñendo en valor o carácter es-pecífico da súa xenética.

TERNERA GALLEGA NA ASAMBLEA XERAL ORIGEN ESPAÑAO secretario e mailo director téc-nico da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega par-ticiparon no VII Congreso e na Asemblea Xeral de Origen España, celebrada os pasados 9 e 10 de abril en Córdoba.

Organizada pola DOP Los Pedro-ches, a cita contou coa asisten-cia de 47 profesionais do sector de alimentos con indicativo de calidade. As xornadas técnicas centraron o foro de traballo, arte-llado en grandes temáticas como: a competitividade e a eficiencia comercializadora dos alimentos diferenciados protexidos; a Gar-da Civil na loita contra a fraude alimentaria; a protección xudi-cial das DOs e IXPs; e aspectos sobre a comunicación dos produ-tos con DO e IXP.

Page 9: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

Ternera Gallega | 9

Actualidade

Os inscritos na Indicación Xeo-gráfica Protexida contarán con produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados á súa eco-nomía profesional e persoal.

Ternera Gallega asinou a comezos deste 2015 un acordo de colabo-ración co Banco SabadellGallego para pór a disposición de todos os gandeiros e industrias cárnicas integradas na Denominación, un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adapta-dos á súa economía profesional e persoal, sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familia-res e empregados.

O acordo foi asinado polo pre-sidente da IXP, Jesús González Vázquez, e polo director xeral de SabadellGallego, Pablo Junceda. No acto de firma estiveron pre-

A IXP TERNERA GALLEGA E O BANCO SABADELLGALLEGOASINAN UN ACORDO DE COLABORACIÓN PARA OFRECER VANTAXES

FINANCEIRAS AO SECTOR DE VACÚN DE CARNE

TERNERA GALLEGA DASE A COÑECER ENTRE ENTRE OS PROFESIONAIS DO SECTOR EN ALEMAÑA

sentes tamén o secretario da De-nominación, José Gómez Viaño, e por parte de SabadellGallego o director de zona Santiago, Juan Candamo, e o delegado rexional do sector primario, Carlos López.

O convenio terá unha vixencia dun ano e contará cunha comisión de

seguimento que se reunirá de ma-neira periódica para elaborar e desenvolver as propostas formu-ladas, adaptar o contido e cola-borar en novos temas que poidan xurdir que sexan de interese para ambas entidades e que poidan complementar o acordo marco.

No marco do seu plan de interna-cionalización e ao amparo da ofi-cina promocional-comercial coa que conta en Alemaña, a Indica-ción Xeográfica Protexida mantivo un encontro con profesionais da carne do país xermano, na cidade de Colonia, o pasado 20 de abril. A presentación, dirixida a grupos de interese dos sectores da alimen-tación, restauración, gourmet e medios de comunicación especia-lizados, abordou aspectos técnico-produtivos e comerciais da carne de calidade certificada por Ternera Gallega. O director de promoción, Luis Vázquez, e mailo delegado de Ternera Gallega en Alemaña, Hans Ulrich, mantiveron reunións de

carácter técnico e comercial per-sonalizadas cos profesionais do sector que así o solicitaron.

A sesión completouse cun show cooking e unha degustación de carne certificada pola IXP, a dispo-sición dos máis de 30 participantes, que gozaron da súa preparación baixo diferentes usos culinarios.

A presentación en Colonia é a porta de entrada a outras sesións de carácter profesional que prevé organizar Ternera Gallega en ci-dades europeas de interese para o mercado da IXP, dentro do seu plan de internacionalización. Des-tinos como Hamburgo ou Berlín xa están na axenda de visitas para os meses de maio e xuño.

Page 10: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

Paradela Centro Sociocultural Manuel Orestes. Antiguo Campo da Feira.

7 Abril/ Xoves 20:00

Láncara Centro Polifuncional

14 Abril/Xoves 20:00

Baralla Centro Sociocultural e Xuvenil de Baralla

18 Abril /Luns 20:00

Becerreá Casa da Cultura.

19 Abril/Martes 20:00

Lugo Facultade de Veterinaria.

25 Abril/Luns 20:00

Friol Centro Sociocultural de Friol

28 Abril/Xoves 20:00

Co fin de poder organizar mellor estas xornadas pregase que confirmedes o lugar e data escollida.

Confirmación de asistencia no teléfono: 981 575786 ou no correo electrónico: [email protected]

Mais información en www.terneragallega.com

Page 11: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

Ternera Gallega | 11

Informe

TERNERA GALLEGA INCREMENTA AS SÚAS CIFRAS E CRECE POR ENCIMA DO 4%

O presidente do Consello Regulador, Jesús González Vázquez, presentou os principais datos do Informe de Actividade da IXP Ternera Gallega correspondentes ao ano 2014 ante o sector e os medios de comunicación, nun acto en Santiago de Compostela.

Segundo os datos do Informe de Actividade do ano 2014, a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega creceu máis dun 4% con respecto ao ano anterior. Se se comparan os datos do ano 2014 cos da media do quinquenio 2009-2013, o crecemento foi dun 9% nas principais magnitudes da Denominación.

Na actualidade, a IXP conta con 7.670 gandarías activas inscritas, nas que se identificaron máis de 120.000 tenreiros. Así mesmo, certificáronse máis de 85.000 canais, comercializáronse máis de 18.600 toneladas de carne e o volume de negocio en primeira venda superou os 108 millóns de euros.

Os prezos en orixe mantivéronse en niveis razoables, lixeiramente por encima dos do exercicio 2013, e os custos das materias primas e insumos estabilizáronse, o que favoreceu a rendibilidade das explotacións e, polo tanto, a súa continuidade e o mantemento da poboación no rural.

A IXP afronta o ano 2015 coa pretensión de desenvolver un Plan de Internacionalización para a posible comercialización en Centroeuropa de carne amparada por Ternera Gallega. Centrará os seus esforzos, así mesmo, en dar continuidade a proxectos xa iniciados en anos anteriores, como a realización de estudios de investigación da calidade da carne que ampara a IXP. Outras liñas de traballo serán o fomento do cruce industrial con razas cárnicas admitidas no Prego de Condicións da IXP e a regularización produtiva ao longo do ano nas explotacións tradicionais galegas.

Page 12: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

12 | Ternera Gallega

Informe

Explotacións inscritas

A nivel produtivo, o número de gandarías con actividade ins-critas na IXP foi de 7.670, man-téndose no 2014 a tendencia li-xeiramente crecente dos últimos anos, feito moi significativo tanto para o sector como no contorno rural actual. Por outra banda, existe certa escaseza de gan-do de recría para cebar, como consecuencia da diminución do censo de nais e do cruce indus-trial nas explotacións de leite.

Tenreiros identificados

O número de tenreiros rexistra-dos pola Denominación durante o ano 2013 foi de 120.447 cabe-zas, o que supón un aumento do 4,6%. En relación coa media do quinquenio 2009-2013, para ter unha visión máis ampla da evo-lución das cifras de Ternera Ga-llega, houbo un crecemento do 8,4%. Ademais, este crecemento vai acompasado coa evolución da carne certificada e co aumen-to na comercialización.

Evolución dos prezos en orixe

Neste gráfico pódese apreciar a evolución dos prezos no 2014. No conxunto do ano o balance é po-sitivo, cunha lixeira melloría dos prezos en orixe, que mantiveron unha liña ascendente, cunha suba media arredor do 1,5% e que, xunto coa estabilización de custos das materias primas e insumos, favoreceron a rendibi-lidade das explotacións e a súa continuidade no rural galego.

Page 13: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

Ternera Gallega | 13

Informe

Canais certificadas

Durante o ano 2014, o número de canais certificadas pola IXP aumentou un 4,6%, acadando a cifra de 85.246. Se compara-mos co quinquenio 2009-2013, o crecemento foi dun 8,6%. Na IXP predominan as canais de animais machos, con conforma-cións U e R e graos de engraxa-mento 2 e 3. En canto ao peso medio das canais acadáronse os 218 kg e a idade media ao sa-crificio foi de 9 meses e 21 días.

Carne certificada

Baixo o amparo da IXP comer-cializáronse 18.633 Tm, cun in-cremento do 8% con respecto ao ano anterior, e dun 11,1% compa-rativamento co quinquenio 2009-2013. No apartado de control, principal función e responsabili-dade da IXP, imprescindible para contar coa confianza dos con-sumidores, practicáronse 23.855 inspeccións, tomáronse 2.396 mostras e realizáronse 3.023 análises e 2.093 probas de ADN.

Valor económico

O volume de negocio durante o ano 2014, correspondente ás transaccións comerciais entre a industria e a distribución, aca-dou os 108,1 millóns de euros, un 9,5% máis con respecto ao ano 2013, como consecuencia do im-portante aumento de actividade e a mellora dos prezos. Esta cifra evidencia o volume de negocio e o valor engadido que achega a IXP ao conxunto do sector de vacún de carne galego.

Page 14: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

14 | Ternera Gallega

Informe

Distribución provincial

En canto á distribución xeográfi-ca, a provincia de Lugo segue a ser a base de Ternera Gallega, co 81% das explotacións inscri-tas, o 60% dos tenreiros rexis-trados e o 59% das canais cer-tificadas. Séguenlle A Coruña, Ourense e Pontevedra. A carne comercializada baixo o amparo da IXP provén de tenreiros de ra-zas autóctonas e tradicionais do noso país, principalmente a raza Rubia Gallega e os seus cruces.

Establecementos con imaxe corporativa da IXP

O esforzo promocional que reali-za a IXP, xunto co labor informa-tivo e divulgativo, veñen favore-cendo a expansión e consolida-ción comercial de Ternera Galle-ga en toda España. Ao rematar o ano 2014, 1.335 establecementos vendían Ternera Gallega e dis-puñan da imaxe corporativa da Denominación, cun forte crece-mento debido á súa propia ex-pansión territorial e comercial.

Comercialización

Ternera Gallega é a referencia en-tre as carnes de vacún de calidade, con máis do 52% da carne de ten-reira que se comercializa en Espa-ña con denominación de calidade. Véndese principalmente en super-mercados (representan o 73% do total), carnicerías tradicionais e grandes superficies. O seu consu-mo repártese entre Galicia (45%), o resto de España (54%) e a exporta-ción (1%), cun crecemento signifi-cativo no 2014 en Castela-León.

14,25%

13,45%

9,95%

7,20%

7,07%

26,05%

1,59%

1,47%

5,42%

76,96%

78,01%

58,58%

Page 15: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

PARA SUBSCRIBIR O SEU SEGURO DIRÍXASE A: MAPFRE SEGUROS DE EMPRESAS • SEGUROS GENERALES RURAL • CAJA DE SEGUROS REUNIDOS

(CASER) • AGROMUTUA-MAVDA, SDAD. MUTUA DE SEG. • PELAYO, MUTUA DE SEGUROS A PRIMA FIJA • PLUS ULTRA SEGUROS • UNIÓN DEL DUERO,

CÍA. DE SEGUROS • ALLIANZ, COMPAÑÍA DE SEGUROS • CASER MEDITERRÁNEO SEGUROS GENERALES, S.A. • MUTUALIDAD ARROCERA DE SEGUROS

• HELVETIA CÍA. SUIZA S.A. DE SEGUROS • BBVASEGUROS, S.A., DE SEGUROS • GENERALI DE ESPAÑA, S.A. SEGUROS • AXA SEGUROS GENERALES • ASEFA,

S.A. SEGUROS • SEGUROS CATALANA OCCIDENTE • FIATC, MUTUA DE SEGUROS Y REASEGUROS • MGS SEGUROS Y REASEGUROS S.A. • REALE SEGUROS

GENERALES • CAJAMAR SEGUROS GENERALES S.A. • MUSSAP, MUTUA DE SEGUROS• SANTA LUCÍA, S.A. CÍA. DE SEGUROS

Estou agroseguro!Estou máis ca seguro...

As enfermidades, os accidentes... son moitos

os riscos aos que está exposta unha

explotación gandeira. Riscos que poden

arruinar o teu negocio da noite á mañá.

Por iso cando me preguntan se estou seguro,

eu sempre respondo... Estou AGROSEGURO!

O seguro dos que están máis seguros

Inclúe como garantía adicional o saneamento gandeiro

Consulte co seu mediador de seguros

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

vacuno 195x295.pdf 1 17/03/15 18:26

Page 16: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

16 | Ternera Gallega

Colaboración Técnica

En Galicia é moi empregado o silo de millo forraxeiro, fundamental-mente para a alimentación de vacún de leite, aínda que pouco a pouco as explotacións de cebo de tenrei-ros, tanto en sistemas de produción tradicional como intensivos, consi-deran que este produto é moi intere-sante na alimentación do seu gando.

A técnica de ensilado constitúe unha ferramenta indispensable para o gandeiro, coa fin de obter alimen-tos de gran calidade, e por suposto a posibilidade de reducir custos. O en-silado de gran húmido de millo pre-séntase como unha alternativa máis para utilizalo como alimento enerxé-tico na ración do vacún de carne.

A técnica

O óptimo resultado do ensilado de gran depende de que a colleita se faga cando a humidade do gran está entre o 25 e o 32 %. Un xeito prác-tico para determinar este estado é observar que xa desapareceu a chamada “liña de leite”, que é a que marca a separación entre os en-dospermos líquido e sólido do gran. Despois da colleita, procédese ao moído do gran. A colleita realízase perfectamente cunha colleitadora

ENSILADO DE GRAN HÚMIDO DE MILLO

Unha alternativa con futuro naalimentacióndo gando vacúnde carne

convencional con pequenas modifi-cacións, e o gran móese nun muíño de rolos ou martelos.

O tipo de silo empregado pode ser variado, desde o tipo torre ao de trin-cheira, pero o máis recomendado é a utilización do silo bolsa. Empréganse bolsas de 2,5 m de diámetro, ata 80 metros de longo, que poden conter máis de 250 Tm. Este sistema implica que o tempo de enchido sexa me-nor e facilita a elimina-ción do aire. O feito de que se poida facer en calquera lugar axuda a diminuír os custos de subministro, ao fa-cer os silos segundo as necesidades da ex-plotación.

O manexo deste tipo de silo é moi sinxelo: débense retirar unha vez comezado uns 30 centímetros diarios, eliminar as zonas con-taminadas por fungos, tapar diariamente, e realizar un control de roturas e de roedores.

A producion de ácido láctico, por medio da fermentación de hidratos de carbono en ausencia de aire, é o principio biolóxico deste ensila-do. A presenza de osíxeno na masa húmida do gran provoca alteracións fermentativas que poden causar problemas na alimentación do gan-

Page 17: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

Ternera Gallega | 17

Colaboración Técnica

do, debido ao desenvolvemento de fungos e á produción de micotoxi-nas. Os factores que axudan a un bo ensilado son a compactación da masa ensilada, unha rápida elimina-ción do aire e que o pH descenda o máis pronto posible.

Vantaxes

Unha das vantaxes máis importan-tes, desde o punto de vista agro-nómico, é que permite adiantar a colleita, liberando as terras antes para poder sementar outro cultivo ou forraxe.

Tamén se produce un aforro impor-tante no secado do gran; diminúen as perdas de grans, xa que o ma-terial húmido evita o desvulle; e as necesidades en maquinaria e insta-lacións son menores.

O feito de realizar a colleita de xei-to temperán permite obter un maior contido en proteína en comparación co gran seco. O valor nutricional do gran de millo conservado húmido, ao igual que o seco, é coma unha fon-te de enerxía; pero con diferencias

salientables en contido de proteína bruta, que no millo seco é dun 8-9% e no millo húmido dun 10-12%. O almidón tamén é moito máis degra-dable en panza, debido a que forma unha masa amorfa incrementando o seu grao de solubilización e a taxa de dixestión bacteriana; isto é moi importante para sistemas intensivos

de alimentación. Así o gran húmido ten unha maior enerxía dixestible e neta, que o seco.

O subministro

O ensilado de gran húmido póde-se empregar como un suplemento enerxético na dieta de gando vacún, tanto de carne como de leite, polo que as racións subministradas son relativamente baixas se o compara-mos cos ensilados de planta enteira de millo. En vacún de carne pódese empregar tanto en explotacións tra-dicionais con vacas nais como en explotacións de cebo intensivo. Te-mos que ter coidado con non deixar demasiado tempo o ensilado nos comedoiros, xa que poden comezar procesos degradativos que orixinan fermentacións anómalas e desen-vólvense lévedos produtores de toxinas. Podemos solucionalo sub-ministrando racións diarias axusta-das ás necesidades do gando, sobre todo no cebo de xatos.

Conclusións

As experiencias actuais levadas a cabo por gandeiros, en Galicia, que están empregando o ensilado de gran húmido de millo como comple-mento na alimentación dos tenreiros en explotacións tradicionais e inten-sivas, son altamente positivas, xa que sobre todo, diminuíron os cus-tos de alimentación, conseguindo os mesmos rendementos e unha mellor calidade das canais.

Page 18: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

18 | Ternera Gallega

Agroseguro

As liñas de seguros de retirada e destrución de animais mortos foron creadas en 2002 como consecuen-cia dunha Normativa europea que prohibía o enterramento dos ani-mais nunha explotación e estable-cía o procedemento para o correcto traslado e destrución dos mesmos.

Ante a necesidade de cumprir con esta normativa, o seguro convérte-se nunha alternativa eficaz e cómo-da para o gandeiro, que conta con múltiples vantaxes:

1. Este tipo de seguro cobre os gas-tos ocasionados pola retirada e a destrución dos animais mortos en todas as explotacións, indepen-dentemente das características das mesmas (tamaño, localiza-ción, especie …) cubrindo, tan-to a mortaldade habitual, como

a mortaldade masiva producida por calquera causa, como inclu-so as campañas de saneamento gandeiro.

2. Agroseguro abona, en nome do asegurado, o custo da retira-da e destrución directamente á empresa xestora e vela para que todo o proceso se realice de acordo co Regulamento Europeo para a eliminación de Sandach (subprodutos animais non des-tinados a consumo humano). O gandeiro só debe preocuparse por solicitar a retirada dos ani-mais o máis pronto posible.

3. Tamén se encarga de que a ca-lidade coa que se fai o traslado dos animais sexa óptima co fin de reducir ao mínimo o impacto ambiental. É importante para to-

dos que este proceso se reali-ce con limpeza e coas medidas sanitarias adecuadas que pre-veñan a transmisión de enfermi-dades e outros efectos indesexa-bles (cheiros, vertidos de líquidos …). Por iso, Agroseguro estimula ás entidades xestoras a realizar investimentos e desenvolver pro-cedementos que garantan estes obxectivos. Entre outros aspec-tos, asegúrase da fiabilidade do peso retirado, de que o servizo se realiza con camións con caixa estanca e peche automático, que posúan sistemas de desinfección para as rodas e baixos, así como insecticida nas caixas para evi-tar a proliferación de insectos asociados á sucidade e á trans-misión de enfermidades.

Os Seguros Agrarios CombinadosA ferramenta máis eficaz para a adecuada xestión dos animais mortos nas gandarías

Page 19: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

Ternera Gallega | 19

Agroseguro

4. Ademais, Agroseguro preocúpa-se por ofrecer un servizo de ca-lidade. Por iso pon a disposición dos gandeiros e da sociedade en xeral, un número de teléfono: 91.837.32.00, ao que poder comu-nicar calquera tipo de incidencia durante a realización do servizo, xa sexa referida á xestión da re-tirada (demora na recollida do animal unha vez realizado o avi-so), ou relacionada con calquera aspecto de impacto ambiental ou sanitario. Agroseguro encár-gase de trasladar a incidencia a quen corresponda para dar unha solución rápida ao problema. Tamén, os gandeiros que o des-exen poden enviar a Agroseguro calquera suxestión para mellorar os Seguros de Retirada e Destru-ción (RyD), a través da caixa de correos de suxestións que está á súa disposición en Menú de inicio, Atención ao Cliente, da páxina web de Agroseguro.

A estas vantaxes hai que engadir que, por primeira vez, permítese fraccionar en tres veces o pago da prima a aqueles gandeiros cuxo custo ao seu cargo sexa de 300 eu-ros ou superior.

Ademais puxéronse en marcha ini-ciativas coa intención de minimizar, na medida do posible, o custo para o gandeiro. Así, entre outras medi-das destacan a redución de tarifas

en función do ámbito e da especie, e a mellora da táboa de bonifica-cións e recargas.

Por último, sinalar que se trata de seguros subvencionados polas Ad-ministracións Públicas. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Me-dio Ambiente concede unha canti-dade determinada por animal, que varía en función da especie, ao que se engade o que poidan conceder as comunidades autónomas.

Os gandeiros satisfeitos co Seguro de Retirada e Destrución de Animais

Segundo o último estudo que Agroseguro encargou a ASM (em-

presa especializada en estudos de mercado) sobre o Índice de Calida-de Percibida sobre os Seguros de Retirada e Destrución de Animais Mortos na Explotación, o 84,3% dos gandeiros móstranse satisfei-tos con estes seguros, valorándoos globalmente cun 7,61 entre unha puntuación de 0 a 10.

Ademais, hai que destacar que pre-to do 61,7% dos gandeiros enqui-sados afirmaron que o animal foi retirado en 24 horas, e máis do 90% confirmou que o camión de recolli-da era o adecuado para a realiza-ción da devandita tarefa.

Page 20: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

20 | Ternera Gallega

Banco SabadellGallego

Page 21: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

Ternera Gallega | 21

Banco SabadellGallego

Page 22: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

22 | Ternera Gallega

Concurso

A IXP Ternera Gallega ofrécelle a todos os lectores a posibilidade de participar neste concurso, que ten as seguintes bases:

g A IXP Ternera Gallega sorteará material propio como regalo para cada concurso: receitarios, barallas, chaveiros, mandís e manoplas serigrafiadas.

g Farase un sorteo trimestral para cada número da revista.

g O número máximo de premios será de 40 para cada concurso.

g Non poderán resultar premiados os traballadores da IXP Ternera Gallega, nin os membros do Consello Regulador, nin tampouco os seus familiares directos.

g Os sorteos faranse entre os lectores que respondan ben ás tres preguntas que se formularán en relación co contido da revista na que van incluídas.

g Os premios comunicaranse directamente aos agraciados.

Concurso Nº 411. Como se chama a campaña promocional que vén de poñer en marcha a

IXP Ternera Gallega, xunto coas DOP Arzúa-Ulloa e DO Ribeira Sacra?

2. En que porcentaxe viu incrementadas as súas cifras de actividade a IXP Ternera Gallega no pasado ano 2014?

3. Con que entidade bancaria asinou recentemente a IXP Ternera Galle-ga un convenio de colaboración?

As respostas poden remitirse por correo, nos 30 días seguintes á publi-cación da revista, ao seguinte enderezo:

Referencia Concurso TGConsello Regulador da IXP Ternera GallegaRecinto feiral, Amio, s/n. Apdo. de correos 2.01415891 Santiago de Compostela

Ou por correo electrónico á seguinte dirección:[email protected]

*Non esqueza incluír o seu nome completo, o seu enderezo e o teléfono de contacto.

Referencia: Xovenco

Consello Regulador da IXP Ternera Gallega

Recinto Feiral, Amio, s/n. Apdo. de correos 2.014

15891 Santiago de Compostela

Xovenco quere facer desta páxina o cortello máis animado de toda a revista. Graciñas a todos os xovencos e xovencas que participaron enviándonos os seus debuxos, fotos, contos, adiviñas, chistes... e animámosvos a seguir participando con todo aquilo que se vos ocorra. Agárdanvos un montón de agasallos. O enderezo é:

A páxina de XovencoTERNERA GALLEGA

INSPIRA A ARTEO amigo xovenco Daniel Varela Burgos, de 5 anos, de Carballás, en Sobrado dos

Monxes, envíanos esta orixinal fotografía da súa granxa e dos seus animais, co logo

de Ternera Gallega.

Parabéns, Daniel, por esta explosión de creatividade!! E á túa nai por ser tan boa

fotógrafa!!

Sabores de GaliciaSabores de Galicia

DOP ARZÚA-ULLOA

Page 23: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos

Sabores de GaliciaSabores de Galicia

DOP ARZÚA-ULLOA

Page 24: Revista do Consello Regulador • Número 41 • Abril ... · ciña en directo e show-cookings. O obxectivo desta acción promo-cional é dar a coñecer as cuali - dades destes produtos