Revista do Craega 30

12
Nº 30 > Primavera 2014 REVISTA do CRAEGA > Barómetro de consumo de produtos ecolóxicos en Galicia > I Congreso Ecolóxico de Produtos do Mar Cita da alimentación ecolóxica galega en BioFach e Alimentaria

description

Revista do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega)

Transcript of Revista do Craega 30

Page 1: Revista do Craega 30

Nº 30 > Primavera 2014

REVISTA do

CRAEGA

> Barómetro de consumo de produtos ecolóxicos en Galicia

> I Congreso Ecolóxico de Produtos do Mar

Cita da alimentación ecolóxica galega en BioFach e Alimentaria

Page 2: Revista do Craega 30

CRAEGA

EDITA: CraegaSECRETARIO: Javier García LozanoDIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez SalgadoDEPÓSITO LEGAL: pendente

▶ �Repartimos caixas de verduras ecolóxicas a domicilio en Santiago de Compostela e concellos limítrofes (Vedra, Boqueixón, Teo, Ames e Brión)

Finca de horta en Vedra inscrita no Craega [email protected]

▶ �Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro

Carnicería Carballada (Sarria, Lugo) 982 886 225 [email protected]

▶ �Venda de produtos ecolóxicos: legumes e hortalizas. Colleita propia

Agricultura Ecolóxica Cristimil Román Viz Santomé: 625 202 417

▶ �Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria

San Xulián da Veiga, 27614 Luís López: 982 531 273

▶ �Repartimos cestas personalizadas de verdura e froita no concello de Lugo, que se poden complementar con produtos biodinámicos ou ecolóxicos certificados

A Panturreira, A Pontenova (Lugo) Isabel Zaera Dolz: 637 849 641 [email protected] granjashambhalla.com 650 343 777

▶ �Descontos do 20% nas tarifas de aloxamento en Ecoagroturismo Arqueixal para inscritos no Craega

Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 030 [email protected] / www.arqueixal.com

▶ �Véndense fabas ecolóxicas de Lourenzá, a granel ou envasadas

Mª Josefa Leitón Ramallal 648 705 100 / 982 146 006

▶ �Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxica de Rubia Galega

Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777

▶  Viveiro de plantel hortícola ecolóxico. Facemos plantel por encarga

Biohorta 981 483 312 / 669 690 212 [email protected]

▶ �Patacas ecolóxicas Ribeira de Portizó Sober (Lugo) Marena: 627 214 476

▶ �Ofrécense casa e terras para produción ecolóxica a 15 min de Lugo por prezo simbólico

María Xesús Lama López: 635 777 205 [email protected]

sumario

3 | 25 aniversario de BioFach, por Manuel Cruz

8 | I Congreso Ecolóxico de Produtos do Mar e outras novas

10 | Resultados do barómetro do Craega

11 | Presenza galega en Alimentaria 2014

Taboleiro de anuncios

Sección gratuíta para os inscritosPara publicar os anuncios enviar a solicitude a [email protected]

Xoves 26 de xuño de 201408.30-09.30 Acreditación de congresistas e entrega da documentación.09.30-09.45 Inauguración do Congreso.09.45-11.00 Conferencia de Apertura Cadenas cortas de alimentación: lecciones aprendidas de

ciudades del Sur. Marielle Dubbeling. RUAF-Foundation.

11.00-12.15 Primeira sesión de comunicacións orais. Mesa: "Banca ética: Unha alternativa de financiamento para as

iniciativas agroecolóxicas" Alternativas Económicas de base ciudadana: el proyecto

Fiare-Banca Ética. Peru Sasia. Presidente de Fiare. Centro de Ética Aplicada -

Universidad de Deusto.

Coop57, o aforro ético ao servizo da economía solidária galega. Ramón Carmelo Rodríguez. Secretaría Técnica da Sección Territorial de Galiza.

AIS O Peto: Microfinanzas éticas. Montse Rodríguez. Presidenta de AIS O

Peto.

Outras mesas paralelas con comunicacións orais seleccionadas12.15-12.30 Descanso. 12.30-14.15 Mesa Redonda. “Agricultura urbana e periurbana” La gestión del conocimiento orientada al aprendizaje como

motor de cambios: reconectando las personas, los sistemas sociales y los sistemas ecológicos. Alain Santandreut. Membro do

Consorcio por la Salud, Ambiente y Desarrollo (ECOSAD. Lima, Perú).

El proyecto agroecológico de Gallecs. Gemma Safont i Artal. Gerente del

Consorci del Parc de l'Espai d'Interès Natural de Gallecs. Barcelona.

14.15-16.00 Comida.16.00-17.30. Segunda sesión de comunicacións orais. Mesa: "Iniciativas dinamizadoras empregando recursos locais" A posta en valor da mazá galega. Jesús Armenteros. Ribela.

Promoción da pesca artesanal sustentable. Rita Pesqueira Portas.

Canto da Balea.

Biomasa forestal, futuro esperanzador. Antonio Ocampo Pereira e Aroa

Sío Seijo. CMVMC de Coruxo.

Outras mesas paralelas con comunicacións orais seleccionadas17.30-17.45 Descanso.17.45-19.15 Terceira sesión de comunicacións orais. Mesa: "Reruralización do agro" Desemprego e Emprego agrícola: o que mostram as estatísticas

e o que elas escondem. José Castro Caldas. Centro de Estudos Sociais da

Universidade de Coimbra.

HORTOGLOBAL: Rede intersectorial do Sector Hortícola de Galicia. José Pérez Vilariño. Hortoglobal.

Outras mesas paralelas con comunicacións orais seleccionadas19.15-20.45 Mesa Redonda: “Experiencias Comunitarias” Mudança para um monte autóctone na Galiza uma realidade

possível. Manuel López Rodríguez. Vice-presidente da CMVMC de Teis.

PROGRAMA PROVISIONALSecretaría do CongresoTel: +34.986.812.506Fax: [email protected]

http://webs.uvigo.es/economiaecoloxica

Información

Vigo 26, 27 e 28 de xuño de 2014

Universidade de VigoCampus Universitario Lagoas-Marcosende

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Propostas agroecolóxicasao industrialismorecursos compartidos e respostas colectivas

Organiza

Patrocinan

Colaboran

Baldios em Portugal: desafios e potencialidades para as insti-tuições e para as comunidades em tempos de crise. Rita Serra.

Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra.

Baldios da Freguesia de Vilarinho: as memórias vivas de uma comunidade e os "novos" desafios. Luís Manuel Pedroso Trota e Eugénia

Maria João de Sousa Rodrigues. Conselho Directivo dos Baldios da Freguesia de

Vilarinho, Lousã.

Multifuncionalidade e dinamización do monte comunal: a CMVMC de Vincios. Joana Covelo. CMVMC de Vincios.

Venres 27 de xuño de 201409.00-10.15 Conferencia Plenaria. La sostenibilidad de la vida en el centro: implicaciones analíti-

cas y políticas. Amaia Pérez Orozco. Economista feminista.

10.15-11.45 Cuarta sesión de comunicacións orais. Mesas paralelas con comunicacións orais seleccionadas11.45-12.00 Descanso.12.00-13.00 Sesión de Pósteres. 13.00-14.30 Conferencia Plenaria. Crisis energética: conexión con la crisis económica y sus con-

secuencias sobre el sistema agroindustrial. Antonio Turiel. Consejo

Superior de Investigaciones Científicas.

14.30-16.15 Comida.16.15-18.00 Mesa Redonda: “Respostas Colectivas” Monte Pindo: Do abandono ao Olimpo. Mario Maceiras. Asociación

Monte Pindo Parque Natural.

Custodia agraria: máis aló da agricultura ecolóxica. Óscar Rivas.

Asociación Galega de Custodia do Territorio.

Rede Galega de sementes: sementando diversidade. Belén Ferven-

za. Rede Galega de Sementes.

18.00-18.15 Descanso.18.15-19.30 Quinta sesión de comunicacións orais. Mesa: “Novas olladas para os comúns” Unha viaxe aos comúns, o caso de Montes, vacas y procomún.

Francisco García Quiroga. Laboratorio del procomún. Medialab Prado.

En todas as mans. Visibilizando o veciñal. Alberte Román. Trespés Soc.

Coop. Galega.

Mediando comúns entre a creación contemporánea e os mon-tes. Piñeiro de Produción Montenoso. Lar de Investigación Comunal.

Outras mesas paralelas con comunicacións orais seleccionadas19.30-20.45 Conferencia de Clausura. Una economía para servir a las personas y a la vida. Manfred Max-

Neff. Instituto de Economía. Universidad Austral de Chile.

20.45-21.00 Conclusións do Congreso.21.00. Acto de Clausura.

Sábado 28 de xuño de 20148.30-15.00 Visita de campo para coñecer experiencias comunitarias

This project has received fundingfrom the European Union’s SeventhFramework Programme for resarch,

technological development anddemostration under gran agreement

no [312126]

Establecementoscolaboradoresminoristas

A Casa da Quenlla, SCPraza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-22915703 Santiago de CompostelaA Coruña696 506 [email protected]

A Despensa do Avó FranciscoR/ Mallorca, 2 baixo27003 Lugo982 812 [email protected]

A Tropical Finarrei SLRúa da Paz, 2032005 Ourense988 220 688 - 988 440 [email protected]

A Xoaniña, SCGR/ Venezuela, 7815404 FerrolA Coruña981 930 868xan.martinez@cooperativaxoaninha.orgwww.cooperativaxoaninha.org

ABC de BioR/ Padre don Rúa, 236203 VigoPontevedra986 117 [email protected]

As CabaciñasR/ Restollal, 79, baixo15702 Santiago de CompostelaA Coruña981 593 [email protected]

Cárnicas O XurésR/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo32004 Ourense988 245 [email protected] www.carnicasoxures.com

Consumo Consciente ÁrboreR/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo36203 VigoPontevedra986 233 [email protected]

Coren Grill, SAR/ Bedoya, 2-432004 Ourense988 244 [email protected]

Coren Grill, SA OurenseR/ Eulogio Gómez Franqueira32001 Ourense988 371 [email protected]

Coren Grill, SA VigoR/ Rosalía de Castro, 5136057 VigoPontevedra986 438 [email protected]

Ecocentro NaturezaAvda. de Galicia, 52, baixo27400 Monforte de LemosLugo982 404 797 - 982 105 230

EcogalizaR/ Amea, s/n, Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-22415704 Santiago de CompostelaA Coruña654 609 [email protected]

Eu Consumo ResponsableR/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre32003 Ourense988 219 [email protected]

Herbolario MentaR/ Cesáreo Tizón, 2532500 O CarballiñoOurense988 274 [email protected]

Horno Integral PandaránAvda. Bueu, 1936940 Cangas do Morrazo Pontevedra986 303 [email protected]

Horta + SáR/ Pérez Ardá, 26, baixo esq.15009 A Coruña981 285 [email protected]

Horta Fresca Tenda EcolóxicaR/ Damas Apostólicas, 13, baixo(A Ramallosa)36370 NigránPontevedra986 352 [email protected]

Horta Verde TuiR/ Alcalde Casal Aboi, 436700 TuiPontevedra986 600 [email protected]

HortasánPraza de Abastos, posto 3336002 Pontevedra981 512 [email protected]

La Aldea Biomarket, SLAvda. Finisterre, 2515004 A Coruña981 976 [email protected]

Maguz EcolóxicosMercado San Agustín, posto 315001 A Coruña615 600 [email protected]

Ourense Bio, SLR/ San Rosendo, 9, baixo32001 Ourense988 604 [email protected]

Tenda Ecolóxica EquilibrioAvda. dos Mallos, 115007 A Coruña881 898 788 - 981 242 [email protected]

Todo Bio, SLR/ Doutor Fleming, 7 B32003 Ourense988 251 [email protected]

Verde Bioleta, SLR/ Pizarro, 8136204 VigoPontevedra986 493 617 - 986 113 [email protected]

A Nosa TerraRúa Nova, 827001 Lugo982 229 [email protected]

A Parada das BestasPidre, 2727207 Lugo982 183 [email protected]

Canela Bakery CoffeePraza Maior, 6-827001 Lugo982 106 [email protected]

Coto do Rano 2R/ Reza 11, baixo32003 Ourense988 240 [email protected]

Fogar do SantisoTrasellas, 13, Luou15886 TeoA Coruña981 805 [email protected]

O Lar de AdriánCarril das Flores, 3027002 Lugo982 244 [email protected]

Picota Espazo GastronómicoR/ Bailén, Praza de Abastos27400 Monforte de LemosLugo982 418 [email protected]

Restaurante BiobaniaR/ Cordelería, 715003 A Coruña981 221 [email protected]

Restaurante CamposRúa Nova, 2-427001 Lugo982 229 743 - 982 220 [email protected]

Restaurante EspañaR/ Teatro, 1027001 Lugo982 242 717 - 982 229 [email protected]

Restaurante MiramarR/ Arnela, 3515114 Ponteceso A Coruña 981 738 039www.miramardecorme.com

Restaurante O CastroO Castro, 1, Pantín15553 Valdoviño A Coruña981 485 132www.restauranteocastro.com

Restaurante O GreloCampo de la Virgen, s/n27400 Monforte de LemosLugo982 404 [email protected]

Restaurante PapricaRúa das Nóreas, 1027001 Lugo982 255 [email protected]

Restaurante Porta SantiagoRonda da Muralla, 17627002 Lugo982 252 [email protected]

Taberna do LabregoCamiño Real, 32, Pacios27372 BegonteLugo982 398 [email protected]

Taberna Vegetariana GaiaR/ Orzán, 206-208 baixo15003 A Coruña658 155 [email protected]

Establecementoscolaboradoreshostaleiros

Page 3: Revista do Craega 30

CRAEGA > 3

O sector ecolóxico internacional reúnese unha vez ao ano con motivo de Bio-Fach, a feira líder mundial de alimen-tos ecolóxicos, que se celebra na ci-

dade alemá de Nuremberg. Desta volta, BioFach conmemoraba o 25 aniversario da súa creación amosando o desenvolvemento que está aca-dando a produción ecolóxica certificada. Do 12 ao 15 de febreiro, este salón e mais o de cosmética ecolóxica Vivaness reuniron máis de 2.200 expositores chegados de 76 países dos cinco continentes, e máis de 42.000 visitantes profesionais procedentes de 134 países, nun evento que ocupou 78.000 metros cadrados de superficie. BioFach naceu ao abeiro de IFOAM, a Federación Mundial de Movementos Orgánicos, que xunta a organismos e entidades certifica-doras dun cento de países. O 25 aniversario da súa feira mundial de referencia serviu para refe-rendar que a tendencia ecolóxica é duradeira.

As cifras do ecolóxico

Na actualidade, 37 millóns de hectáreas son cul-tivadas baixo os criterios da agricultura ecolóxi-ca certificada, en 164 países dos 198 que hai na Terra. A elas habería que engadir outros 31

millóns de hectáreas de terras non agrarias nas que se practica a recolección salvaxe. Por paí-ses, Australia é o que ten unha maior superficie certificada como ecolóxica, 12 millóns de hectá-reas, seguida da Arxentina, con 3.600.000, e os Estados Unidos, con máis de 2 millóns de hec-táreas. Malia todo, estas terras son apenas o un por cento de toda a superficie agraria mundial, polo que aínda queda moito camiño por perco-rrer. Os expertos reunidos en BioFach coincidi-ron en que para seguir acadando un crecemento estable en todos os países é necesario promo-ver liñas de axuda desde os ámbitos públicos para facilitarlles as cousas aos agricultores que queren converter as súas terras a cultivo ecoló-xico e para seguir apoiando a aqueles que xa deron este paso.

As cifras de negocio da agricultura ecolóxica es-tán a avalar as decisións destes agricultores: as vendas de produtos eco chegaron a mover o ano pasado máis de 50.000 millóns de euros a nivel global en transaccións comerciais. A demanda mundial non se viu tan afectada pola crise eco-nómica dos últimos anos coma noutros secto-res. O crecente compromiso da xente de todo o mundo coa ecoloxía e a sustentabilidade está a ter un efecto positivo no posicionamento destes

O Craega asistiu á edición de 2014 de BioFach, celebrada do 12 ao 15 de febreiro en Nuremberg (Alemaña), con cinco empresas galegas e a visita do secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, e do secretario xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro.

Manuel CruzDirector deO Agro-Labranza

O certame ecolóxico máis grande do mundo celebra o seu 25 aniversario

Page 4: Revista do Craega 30

4 < CRAEGA

produtos. O maior mercado de produtos ecoló-xicos é Estados Unidos, con 22.600 millóns de euros, seguido de Alemaña (7 millóns de euros) e Francia (4 millóns de euros). Os países co maior gasto per cápita de produtos ecolóxicos son Suíza (189 euros por habitante e ano) e Dinamarca (159 euros). España, aínda que se-gue sendo o país europeo con máis superficie dedicada á produción ecolóxica certificada, con 1.600.000 hectáreas, vai moi por detrás destas cifras de consumo interno, cun mercado que o ano pasado moveu 998 millóns de euros.

Galicia en BioFach

As cifras de produción da agricultura ecolóxica e de consumo interno de España amosan dúas cousas: que aínda hai moitos consumidores no-vos aos que chegar dentro do país e que a pro-dución ecolóxica española ten a súa gran forza na exportación. Isto notábase ben en BioFach, onde houbo 119 expositores españois, o cuarto país en presenza despois do anfitrión, Alemaña, e de Francia e Italia.

A maior parte da representación de Galicia acu-diu ao abeiro do Consello Regulador da Agri-cultura Ecolóxica de Galicia (Craega). Coma sinala o seu presidente, José Antonio Fernán-dez: “Temos que estar aquí porque esta é a feira máis grande de produción ecolóxica. Aquí danse cita todas as empresas, as grandes e as pequenas, xa que, ademais de ser un lugar de comercialización nato, tamén é un lugar de encontro de multitude de conferencias relacio-nadas co desenvolvemento da agricultura eco-lóxica a nivel europeo e mundial”.

O Craega e o Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia contrataron un stand propio de 45 m2 no pavillón 5, xusto ao carón dunha das en-tradas principais da feira. Nel participaron con actividade comercial catro empresas galegas: Mieles Anta, Casa Grande de Xanceda, Hifas da Terra e Porto-Muiños. “Algunhas delas son em-presas que xa teñen o hábito de acudir a esta feira, xa veñen con entrevistas programadas e sérvelles de punto de encontro cos seus distri-buidores mundiais, e outras viñeron, como é ló-xico, a buscar novas vías de mercado ou incluso información para mellorar os seus produtos”, di José Antonio Fernández.

Unha das empresas que nunca faltan á feira é Mieles Anta, que atopou en BioFach un punto de encontro anual cos seus clientes europeos. Como di o seu xerente, David Corral: “Acudimos a esta feira desde que empezamos coa produ-ción ecolóxica. Témola en axenda todos os anos porque para nós é un centro de encontro cos clientes que temos, tanto de Francia como de Alemaña e outros países; é un sitio onde todos os anos nos encontramos e falamos das inquie-tudes do negocio, do produto... Para nós é moi importante”. A gama ecolóxica de Mieles Anta non se limita só ao mel, tamén están a exportar pole, própole e cera. As condicións naturais de moitas zonas de Galicia fan que os seus produtos apícolas sexan moi apreciados en todo o mundo: “Principalmente, o que máis demanda ten fóra é o pole monofloral de castiñeiro, seguido das própoles, o mel e a cera. No caso da cera, hai necesidade de cera ecolóxica a nivel mundial, así que temos moita demanda”, explica Corral.

A empresa pontevedresa Hifas da Terra leva acu-dindo tamén a BioFach desde hai 15 anos. Foi a primeira feira internacional na que participaron, e Catalina Fernández de Ana Portela, directora xerente, atopou aquí o referente das tendencias que está a seguir o mercado: “É básico saber como se está movendo o mundo, como se está desenvolvendo a cultura do ecolóxico, a que ve-locidade vai, que é o que demanda o consumi-

O maior mercado de produtos ecolóxicos é Estados Unidos, con 22.600 millóns de euros, seguido de Alemaña(7 millóns de euros) e Francia (4 millóns de euros)

Casa Grande de Xanceda presentou o Queixo do Peregrino curado en cebada

Page 5: Revista do Craega 30

CRAEGA > 5

As cifras de produción da agricultura ecolóxica e de consumo interno de España amosan dúas cousas: que aínda hai moitos consumidores novos aos que chegar dentro do país e que a produción ecolóxica española ten a súa gran forza na exportación

dor doutros países, porque en Galicia e en Es-paña vai ser o mesmo, simplemente vai ter unha dilación no tempo que podemos aproveitar como vantaxe competitiva”. Os micólogos de Hifas da Terra están a apostar pola innovación nun mundo aínda por descubrir, coma o dos cogomelos, cun-ha especial énfase nos nutracéuticos, os alimen-tos empregados para coidar a saúde. Como des-taca Catalina: “A gama de nutracéuticos é a máis potente hoxe en día de Hifas da Terra, alimentos funcionais máis potentes que axudan incluso na medicina convencional. Estamos traballando na súa prescrición médica a nivel internacional en Italia, Francia, Portugal e España, e agora esta-mos empezando no Reino Unido”.

O sector lácteo galego estivo representado este ano en BioFach a través de Casa Grande de Xanceda, de Mesía, na Coruña, que acaba de recibir o premio á mellor produción ecolóxica no certame Alimentos de España do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. A súa responsable, Cristina Fernández Armesto, asegura que están “moi orgullosos” e pensa que é un premio que teñen que compartir con todos os galegos. “Para nós é un recoñecemento de que con esforzo e traballo duro se poden aca-dar cousas. Penso que a combinación do medio rural galego con alta calidade nos produtos, con sustentabilidade e con benestar animal é a re-ceita do noso éxito”, afirma.

Amais de no posto do Craega, Casa Grande de Xanceda estivo presente no pavillón de tenden-

cias e innovacións, onde o seu Queixo do Pere-grino curado en cebada foi un dos 474 novos produtos que se presentaron nesta feira. Como destaca Pablo Villasenín, responsable do de-partamento de exportación de Casa Grande de Xanceda: “O iogur é o noso produto fundamen-tal, pero queremos desenvolver novos produtos que nos permitan chegar ao mercado da expor-tación. Nese sentido, o queixo que presentamos en BioFach é un deses produtos cos que confia-mos estar en Alemaña polo fácil que é a súa al-macenaxe, o ben que viaxa e, en definitiva, que é un produto fácil de exportar”.

A outra firma presente no stand do Craega era Porto-Muiños, unha das empresas pioneiras en Galicia e en Europa na comercialización de algas que está a introducir nos mercados a través de produtos máis accesibles ao consumidor. A súa xerente, Rosa Mirás, di: “As algas son as verdu-ras do mar, nelas encontramos a nivel nutricional minerais e proteínas que non se atopan nas ver-duras de terra. Entón, a xente pode buscar dis-tintos tipos de algas na súa dieta, dependendo das carencias nutricionais que teñan”. En 2010 aprobouse a normativa europea que regula a certificación ecolóxica dos produtos proceden-tes do mar e da acuicultura, e Porto-Muiños está a atopar neste mercado moito interese polas al-gas. “Aquí podes atopar distribuidores de todas as partes do mundo, de Singapur, de Xapón, de toda Europa, dos países nórdicos... É un punto de encontro onde podemos contactar con dis-

Gama de nutracéuticos de Hifas da Terra

Page 6: Revista do Craega 30

6 < CRAEGA

tribuidores de todo o mundo sen ter que ir a outras feiras, a outras bioculturas ou eventos ecolóxicos”, afirma Mirás.

Un dos sectores onde a certificación ecolóxica está medrando máis en Galicia é no das produ-cións vinculadas ao mar. En palabras de José An-tonio Fernández, “desde que se aprobou o regu-lamento acuícola en 2010, o crecemento deste sector é espectacular: temos unha planta acuíco-la, temos berberecho, ameixa e xa máis de 70 bateas certificadas, ademais de dúas ducias máis que están en proceso de obter a certificación”.

Precisamente, a outra empresa galega presente este ano en BioFach era Conservas Antonio Pé-rez Lafuente, de Vilanova de Arousa. Eles foron os primeiros en facer mexillón ecolóxico en Eu-ropa, e hoxe en día os seus produtos ecolóxicos, agrupados baixo a marca Pan do Mar, véndense en toda Europa, onde son líderes no seu segmen-to. Fala Eduardo Drömer, o seu xerente: “Nestes momentos estamos exportando a 19 países, e en Europa, agás en Italia, estamos presentes en to-dos os mercados, nos circuítos orgánicos de cada país, coa marca Pan do Mar ou Pain de Mer, que é a versión para Francia e Bélxica. A nosa maior forza é o mercado alemán, e como este é un pou-co o escaparate do mercado orgánico europeo, a aceptación que temos aquí serviunos para seguir expandíndonos e sumar novos países”.

Pan do Mar estaba presente na zona do selo Démeter, que integra 5.000 produtores de 50 países. Ademais das entidades certificadoras

públicas, coma o Craega, existen outros orga-nismos certificadores particulares adaptados ás esixencias normativas de cada país. Démeter é hoxe o principal valedor mundial do movemento da agricultura biodinámica, unha concepción do ecolóxico como unha filosofía de vida integral, fundado en 1924 por Rudolf Steiner. Así explica Eduardo Drömer a súa relación co selo Déme-ter: “Xurdiu a asociación co grupo Démeter, nós apostamos por eles e eles apostaron por nós, e nestes momentos xa hai unha regulamentación interna de Démeter Internacional sobre este tipo de produtos que nos vai permitir nun fu-turo próximo mencionar a orixe biodinámica de todos os ingredientes das conservas, ademais do peixe”.

Visita do Medio Rural e do Mar

Nesta edición de BioFach participaron tamén os secretarios do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, e do Mar, Juan Carlos Manei-ro. Os representantes da Xunta de Galicia tive-ron a oportunidade de coñecer de primeira man o labor promocional do Craega e das súas em-presas e de descubrir a magnitude dun evento como BioFach: “Realmente esta feira é o refe-rente a nivel mundial de todo o que é o merca-do de produtos ecolóxicos. Existen outras feiras dependentes desta en Asia, Estados Unidos ou Sudamérica, pero esta é a máis grande, un refe-rente de presenza inexcusable no que debemos estar”, sinalou Tomás Fernández-Couto.

No stand do Craega en BioFach participaron con actividade comercial catro empresas galegas:Mieles Anta, Casa Grandede Xanceda, Hifas da Terrae Porto-Muiños

Exposición de produtos de Porto-MuiñosO xerente de Mieles Anta valorou positivamente a feira como punto de encontro cos clientes doutros países

Page 7: Revista do Craega 30

CRAEGA > 7

Na actualidade, 37 millóns de hectáreas son cultivadas baixo os criterios da agricultura ecolóxica certificada, en 164 países dos 198 que hai na Terra

O secretario xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro, amosouse especialmente interesado no pavillón 6 de BioFach, onde estaba localizada a zona de degustación World of Fish e se concentra-ban moitas das empresas do mar que acudiron á feira: “O regulamento que admite a acuicultura ecolóxica é de 2010, polo que estamos aínda nunha fase inicial, pero é unha fase moi prome-tedora. O nome de Galicia asociado aos produ-tos do mar é coñecido en todo o mundo. Se lle engadimos o selo de produción ecolóxica vai ir a un segmento de mercado moi esixente e moi responsable na súa compra. Nós dicimos habi-tualmente que en Galicia somos grandes pesca-dores, que temos un bo facer na transformación, pero quizais é no eido comercial onde temos as eivas máis grandes. Entrar no mercado ecoló-xico sería unha boa maneira de demostrar que tamén somos bos comercializadores, xa que a comercialización deste tipo de produtos require un esforzo e un rigor maiores que a comerciali-zación habitual”.

Da mesma opinión é o secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto: “O da agricultura ecolóxica é un mercado crecente e tamén é un mercado esixente que require se-riedade nas producións, pero ao mesmo tempo ofrece unha garantía de comercialización, polo que é un ámbito no que debemos medrar no futuro”. Fernández-Couto situou a produción ecolóxica coma un dos piares estratéxicos para o medio rural: “Neste momento, para nós o reto é conseguir explotacións agrarias cunha dimen-

sión que lles permita competir con éxito nas exportacións e na economía de escala, pero ta-mén é moi importante, dada a nosa estrutura da propiedade, manter as pequenas explotacións. Os mercados de proximidade e de producións ecolóxicas permiten unha vía de consolidación destas pequenas explotacións que non requiren de grandes investimentos, que son compatibles coa nosa estrutura de propiedade e que real-mente supoñen unha oportunidade de fixación da poboación, de movemento económico e de creación de emprego no rural”.

O sector da agricultura e a gandería ecolóxica segue a medrar en Galicia, pero hai aínda moi-tos campos onde medrar, como sinala o presi-dente do Craega, José Antonio Fernández: “No sector lácteo xa somos referentes na produción e esperamos ir a máis, pero un dos sectores que debería crecer, que non ten sentido que siga así, é o da horta e outras producións vexetais da nosa terra. Eu estou convencido de que no novo período que se abre agora na PAC, o horizonte 2014-2020, temos que pelexar por acadar as axudas necesarias para seguir crecendo na pro-dución ecolóxica certificada en Galicia”.

BioFach 2014 celebrou en pleno estado de for-ma o 25 aniversario do seu nacemento, demos-trando que o ecolóxico é moito máis que unha moda de consumo; é un estilo de vida que conta cada vez con máis adeptos en todo o mundo, tamén en Galicia. Unha oportunidade económi-ca para o medio rural que pode axudar a fixar poboación no campo.

Page 8: Revista do Craega 30

8 < CRAEGA

O Craega organizou oI Congreso de Produtos Ecolóxicos do Mar

Vigo acollerá en xuño o V Congreso Internacional de Agroecoloxía

Oparador de turismo da vila costeira de Baiona foi o escenario escollido polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia para celebrar a

primeira edición do Congreso de Produtos Eco-lóxicos do Mar. O evento tivo lugar o 4 de mar-zo e nel participaron representantes do Craega, das administracións autonómica e central, da universidade e de varias empresas.

Neste encontro deuse a coñecer a importancia do volume de negocio vinculado ás conservas de pescado e marisco, ás algas e aos prepa-rados alimenticios certificados polo Consello, que en 2012 acadou un total de 3,8 millóns de euros. Este sector conta en Galicia con 116 elaboradores e 80 marcas comerciais. Tal como indicou a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na clausura do congre-so, ao longo dos últimos anos tramitáronse en Galicia 66 expedientes para obter o selo de calidade diferenciada de acuicultura ecolóxica e o produto que máis se acolleu a esta marca

foi o mexillón, seguido polas algas, a troita e o rodaballo.

O programa do congreso abrangueu a calidade nutricional dos alimentos ecolóxicos, con María Dolores Raigón, da Universidade Politécnica de Valencia; o desenvolvemento de produtos de alto valor engadido na acuicultura ecolóxica, con Vanesa Moreno, de Anfaco; a acuicultura en España, con Begoña Ruiz, do Servizo de Gandería Ecolóxica do Ministerio de Agricultu-ra, Alimentación e Medio Ambiente; a certifica-ción dos produtos ecolóxicos do mar en Galicia, por Ramón Damián Fernández, do Servizo de Mercados da Consellería do Medio Rural e do Mar; e mais o presente e o futuro deste sector, analizados nunha mesa redonda na que intervi-ron Eduardo Drömer (Conservas Antonio Pérez Lafuente), Antonio López-Pizarro (Isidro de la Cal), Raúl Vázquez (El Corte Inglés), Antonio Muiños (Porto-Muiños), Manuel Juncal (Asocia-ción de Produtores de Mexillón San Amaro) e Beatriz Santórum (Ría de Arosa).

Xa está en marcha unha nova edición do Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica que, baixo o título “Pro-postas agroecolóxicas ao industrialismo. Recursos compartidos e respostas colectivas”, vai ter lugar do 26 ao 28 de xuño na

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Organiza o Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía do campus e entre os colaboradores está o Craega. As persoas interesadas en asistir poden solicitar máis información por teléfono (986 812 506) ou por email ([email protected]).

A agricultura ecolóxica galega, en Gourmets

O secretario xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro, e o presi-dente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, José Antonio Fernández, levaron a cabo en xanei-ro, no restaurante compostelán Ana, unha presentación

de produtos ecolóxicos dirixida aos profesionais da hostalería e aos empresarios da pesca e a acuicultura.

Presentación para hostaleiros en santiago de Compostela

O secretario xeral do Mar, o alcalde de Baiona, a conselleira do Mar e o presidente do Consello, no acto de clausura

O XXVIII Salón de Gourmets ou Fei-ra Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade, unha cita ineludible en Europa para a produ-

ción delicatessen, acolleu o 12 de marzo, no stand de Galicia, unha degustación de pro-dutos ecolóxicos do Craega conducida polo seu secretario, Javier García. Para a cata de viño da denominación de orixe Ribeira Sacra contouse coa colaboración de Ruth Fernán-dez, técnica do Consello Regulador.

Page 9: Revista do Craega 30

CRAEGA > 9

Do 13 ao 15 de marzo, o recinto Feira Internacional de Galicia (Silleda, Pon-tevedra) reuniu miles de visitantes en GandAgro, o III Monográfico da

Agricultura e a Gandería. Entre as actividades programadas incluíuse o día 14 o desenvolve-mento dunha xornada sobre a agricultura e a gandería ecolóxicas e a produción de biogás sostible neste sector, na que tomou parte o Craega.

Ernesto Sánchez, director técnico do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, explicou os pasos a seguir para producir en eco-lóxico, a súa regulación e as dúbidas máis habi-tuais. Nos demais relatorios da mañá falouse da evolución e do potencial da agricultura ecolóxi-ca, do seu impulso no marco da Unión Europea e das súas especificidades fronte á agricultura convencional. Tras as charlas abriuse un deba-te na mesa redonda e logo expuxéronse dous casos de éxito: o de Casa Grande de Xanceda, que foi visitada por asistentes á feira, e o da Sociedade Cooperativa Avega.

Pola tarde, a xornada centrouse na xeración de biogás sostible e os seus requisitos a nivel técnico e económico. Tratáronse a obtención do biogás nas explotacións, a implementación dunha planta de biogás e as súas valorizacións innovadoras.

O Craega presentou a segunda edición do “Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Gali-cia”, un estudo que recolle os resultados de máis dun mi-lleiro de enquisas realizadas aos consumidores en 2013.

En comparación coas cifras do primeiro estudo, datado de 2010, constátase que o consumo de produtos ecolóxicos aumentou un 20 %, suba debida en gran medida a que a maioría dos comprado-res os identifica como alimentos máis sans, carentes de aditivos e colorantes e obtidos sen o uso de pesticidas químicos. A enquisa tamén reflicte que cada vez é un pouco máis coñecida esta pro-dución, principalmente pola televisión e a prensa e por recomen-dacións de amigos, familiares e coñecidos, e que se ten bastante confianza na certificación.

Os produtos máis consumidos son a froita, as verduras e os lácteos, que ademais son os primeiros produtos da agricultura e a gandería ecolóxica que se adoitan probar.

Malia que se aprecia a súa calidade e se escollen por motivos relacio-nados coa boa saúde e co coidado da natureza, un dos aspectos que frea o consumo, segundo os enquisados, é o prezo, que consideran elevado e fai que non os adquiran con moita frecuencia.

Así mesmo, indican que non lles resulta fácil atopar produtos eco-lóxicos no mercado en xeral e que botan de menos que haxa máis variedade nos puntos de venda e na oferta dos locais hostaleiros. Os lugares onde acostuman mercar estes alimentos son os hipermerca-dos ou outras grandes superficies, seguidos das tendas tradicionais, especializadas ou gourmets.

Outra das conclusións deste estudo é a importancia que lle conce-den os consumidores á orixe do produto, fronte a marcas blancas ou de distribuidor. De feito, adxectivos coma “caseiro” ou “do país” estiveron moi ben valorados nas respostas.

GandAgro falou da certificación do Craega e da produción de biogás

O consumo de alimentos ecolóxicos medra en Galicia

Page 10: Revista do Craega 30

10 < CRAEGA

Alimentaria, a principal feira da industria agroalimentaria de Espa-ña e unha das máis relevantes do mundo, abriu as súas portas novamente do 31 de marzo ao 3 de abril para desenvolver a súa vixésima edición no recinto Gran Vía de Barcelona.

Este enorme salón, no que participaron 3.800 empresas e ata o que se achegaron preto de 140.000 visitantes de todos os continentes, albergou á súa vez 14 monográficos, entre eles un específico dedicado á alimenta-ción ecolóxica, baixo o lema de Os alimentos máis sans, co que os organi-zadores do evento quixeron demostrar a importancia cada vez maior dos produtos ecolóxicos na cesta da compra. Nel estiveron presentes máis dun cento de expositores de diversas rexións españolas, reflectindo o peso deste país no mercado europeo, onde achega o 35 % dos produtos eco-lóxicos que se consomen.

Neste salón da alimentación ecolóxica amosaron a súa produción certificada dez operadores galegos inscritos no Craega, que acudiron da man do Con-sello e mais do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

A granxa familiar Arqueixal, da comarca da Ulloa, levou o seu leite e os seus queixos. A explotación Casa Grande de Xanceda, de Mesía, deu a coñecer un novo produto dirixido ao consumidor infantil e feito a base de froita e iogur. Dentro do eido da produción leiteira tamén se encontraba

Dez operadores do Craega no grande escaparate de Alimentaria

Page 11: Revista do Craega 30

CRAEGA > 11¡Infórmate! www.revista-ae.es • tel: 961 26 71 22

dey

a fábrica industrial Helados Gael (Bergondo), coas súas cremas de xeado de distintos sabores elaboradas con leite fresco de Galicia.

A cooperativa Avega presentou unha novidade, o ovo líquido envasado, e Camperos Vilalba, que traballa a marca Eco-Vilalba, puxo á venda os ovos de galiñas que crían na Terra Chá.

Pola súa parte, Mieles Anta exhibiu mel, polen e própoles, obtidos dos seus colmeares das serras dos Ancares e do Courel, e Conservas Antonio Pérez Lafuente comercializou as súas novas ensaladas do mar en lata, que elaboran en Vilanova de Arousa.

No ámbito da produción vexetal tiveron repre-sentación Ecofunghi (O Corgo), a través da mar-ca Ecosetalia, que inclúe patés, deshidratados, risotos e cogomelos frescos e deshidratados; Porto-Muiños (Cerceda), tanto cos cogomelos coma cos preparados alimenticios; e a chanta-dina Lugar Da Veiga, coas galletas mariñeiras DaVeiga.

Page 12: Revista do Craega 30

12 < CRAEGA

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

FEADEREuropa inviste no Rural

ministeriode agricultura, alimentacióny medio ambiente

gobiernode españa