Revista Esparaván 2003

20
SOLIDARIOS CO MAR Prestige: traxedia no mar ESPECIAL ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES Participación activa do alumnado LETRAS GALEGAS Antón Avilés de Taramancos E E SPARAVÁN SPARAVÁN ANO IX Nº 3 IES SAN MAMEDE MACEDA

description

Revista escolar

Transcript of Revista Esparaván 2003

Page 1: Revista Esparaván 2003

SOLIDARIOS CO MAR

Prestige: traxedia no mar

ESPECIAL ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Participación activa do alumnado

LETRAS GALEGAS

Antón Avilésde

Taramancos

EESPARAVÁNSPARAVÁN

ANO IX Nº 3IES SAN MAMEDEMACEDA

Page 2: Revista Esparaván 2003

ZONAEDITORIAL ESPARAVÁN2

EDITORIAL

COORDINAEQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

COLABORADORES

DESEÑO E MAQUETACIÓN:Rosario Expósito Linares

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN:Domicilio: Rúa do Castelo, nº3 32700 MACEDATeléfono: 988463286/463217/ Fax:988463217

Correo electrónico

[email protected]

EDITA: E.N.L . IES SAN MAMEDE -MACEDA-

Iníciase unha nova andaina da revista escolarEsparaván. Fundada hai dez anos, hoxe quere-mos retomar o labor iniciado polos compañei-

ros/as precedentes e de novo convertela nunhacanle de difusión das nosas actividades e no vehí-culo de expresión de toda a comunidade educativadeste centro. Nela poderedes atopar información sobre o institu-to, as actividades realizadas durante o curso esco-lar acompañadas dos vosos comentarios , traballosde creación, concursos...Esperamos seguir contando coa vosa valiosa cola-boración, de todos nós depende que este proxectosaia adiante.

SUBVENCIÓNOUTORGADA

POLA

UNUN

CURSOCURSO

[email protected]

ENEN

IMAXESIMAXES

¿Queresenviar algunhasuxestión, untraballo parapublicar, reci-bir informa-ción, consul -tarnos algo?Agora podes através da rede.Aqu í tes onoso enderezoeléctrónico.

EQUIPO DEEQUIPO DE NORMALIZACIÓNNORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICALINGÜÍSTICA

Mº Victoria Couto, Pilar Dávila Padrón, José Mª Lecuona, Trini-dad Glez Dopazo, Rafael Glez Glez, Belén Santos-Ascarza, Elena Álvarez, Eva Álvarez , José A. Casado Nieto, BeatrizConde Soto, Cristopher Da Silva, Rosa Formoso, Toñi GómezBaltar, Delfín Martínez Conde, Noelia Rodríguez, Vanesa Sar-miento, Cristina Sarmiento, Esther Sequeiros Delgado, MelinaVázquez. Especial agradecemento a Ignacio Salgado Álvarez.

Mª Xesús Sarmiento Macías, Miriam González Iglesias, Rosario Expósito Linares.

Page 3: Revista Esparaván 2003

SUMARIO ESPARAVÁN3

EN PORTADAEN PORTADA

22 ZONA EDITORIAL

33 ZONA SUMARIO

44 ZONA INFORMACIÓN

55 ZONA VISITAS

66 ZONA PREFERENTE

1313 ZONA CERO

1414 ZONA CREACIÓN

1717 ZONA LETRAS GALEGAS

1818 ZONA CONCURSOS

9Excursión ásillas Cíes.

SUMARIO

nº3

4O felo

17Letras Galegas

4. Instituto:Marisa.O IES San Mamede na RCGAC. O Departamento de Orien-

tación informa. 5. Visitas: Begoña Muñoz Saá. Alfredo Conde. Departamentode Cultura do Concello de Maceda.6. ActividadesExtraescolares: Roteiro artístico-literario: San Cibrán de Lás,

Oseira, Trasalba. Cadea Humana. As illas Cíes. Olimpíada matemática. A cons-trucción de maquetas. Intercambio con Francia. Coplas do entroido 2003. Paropola paz.

13. Números: Problemas para resolver. 14. Creación Literaria: Poesías e

relatos. 17. Letras Galegas: Antón Avilés de Taramancos. 18. Concursos:Tarxetas de Nadal, Máscaras e Concurso San Valentín.

Neste número:

Fotografías de portada:Rafael Glez Glez eMaría Freire.

ESPARAVÁNMaceda, 2003.

Pr o p o ñ é m o s c h eunha páxina concatro problemas,

para que poñas a proba a túahabilidade cos números,

intenta resolvelos e con-súltanos a solución.

ZONA CERO

Page 4: Revista Esparaván 2003

MARISA MARISA

O curso pasado despediuse destacomunidade educativa a profeso-ra Marisa Fernández Fariñas.Agora podemos quedar con ela enOurense, pero xa non é o mesmoque nos últimos anos porque, aodía seguinte, bótase en falta a súapresencia na sala, nos corredores,na biblioteca, na secretaría, nacafetería e, por suposto, nas aulasdo centro. Recórdanse os seus despistes,mais tamén os seus acertos, ini-ciativas e traballo, non só noámbito docente, senón tamén nosdemais labores comunitarioscomo a repartición de bocadillosnos recreos e a atención do come-dor nos primeiros anos da ESO; aedición, xunto con outros compa-ñeiros e compañeiras, da revistaescolar Esparaván; a colabora-ción no desenvolvemento dasactividades extraescolares, porexemplo, a excursión a Lloret delMar ou a Cadea Humana na Costada Morte, por citar só dúas das

A NOSA AMIGAA NOSA AMIGA

Non penses que a poesía é poesíaporque a teñan rubido nun altar,

senón porque comparte a nosa vidacantando o seu cantar.

Cando todos nos imosela tamén se vai.

A poesía vive na temporalidade,

é unha cousa de hoxe,é un obxecto humano,

auga, sono, roseira,rúa, fenestra, man,

vento na noite fonda, conversa familiar.

Escoita a súa músicacando pola mañá

o panadeiro chamapara traguernos o pan.

Cando vés do mercado,Marisa cotiá,a poesía toda

vén contigo detrás.

Non penses que a poesía é cousa sacraporque a teñan rubido nun altar

aqueles que a pretenden para eles sos,lonxana, altiva, intelectual.

A poesía é un claro asuntode todos: meu e teu, e dos demais.

Cando os demais se van e nós nos imosela tamén se vai.

Dende o curso 2002/2003 o IES San Mamede pertence,xunto con nove centros máis de toda Galicia, ao terceirogrupo da Rede de Centros Educativos para a Calidade(RCGAC).Esta rede foi creada por iniciativa da Consellería deEducación no curso 2000/2001, coa pretensión de dar ainformación teórico-práctica necesaria para que os cen-tros integrados na mesma dispuxeran das ferramentasnecesarias para mellorar o seu funcionamento.Ao longo de cada curso fóronse incorporando distintoscentros e é en setembro de 2002, cando o noso institutopasou a formar parte da terceira, a G3.Dende ese momento, todos os integrantes da G3 reunímo-nos mensualmente en Santiago para documentarnos acerca das cuestións necesarias para desenvolver estes pla-nos de calidade. Os titores encargados da nosa formaciónson os responsables de calidade do IES Coroso deRibeira, un dos primeiros centros da RCGAC que xa con-seguiu a acreditación en calidade de AENOR.

A filosofía dacalidade no ensi-no radica en dúasideas básicas: otraballo en equi-po e a busca damellora continua.En realidade,

preténdese que pormedio dun plano de xestión da mellora do funcionamen-to do centro sexa patente que tanto o alumnado como ospais e nais, as empresas... reciban unha mellor atención atodos os niveis.Ademais, a satisfacción destes colectivos e un maior

aproveitamento dos recursos dispoñibles facilitará e farámáis grata a convivencia diaria no centro.

ZONAINFORMACIÓN ESPARAVÁN4

INSTITUTOINSTITUTO

Atención ósalumnos

Martes, mércorese xoves de

12:25 a 12:50 h..

Atención afamilias

Martes de 8:45 a10:25 h

Atención óstitores

Reunións deDepartamento cotitor/a de cada un

dos niveis os

luns de 13:45 a

14:30 h .*En calqueramomento segun -do a disponibili -dade horaria dasfamilias, profeso-res ou necesida-des dos alumnos.

HORARIO DE ATENCIÓN

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN INFORMA.O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN INFORMA.POR BELÉN SANTOS-ASCARZAPOR BELÉN SANTOS-ASCARZA

O Departamento de Orientación destecentro creouse no ano 1998.O seu ámbito de traballo é servir deapoio ó alumnado, ás súas familias e óprofesorado mediante a actuación nastres liñas que lle son propias:

-Plan de Acción Titorial PAT.-Plan de Orientación Académico-

Profesional POAP.-Plan de Atención Proceso de

Ensinanza-Aprendizaxe PAPEAPreténdese facilitarlle á comunidadeeducativa o apoio e o asesoramentonecesarios para enfrontar os momentos

escolares máis decisivos ou de maiordificultade, como é o ingreso no centro,o cambio de ciclo ou etapa, elección deoptativas ou de itinerarios formativos, aresolución de conflictos de relacióninterpersoal, a posta en marcha de medi-das para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, atención á diversidade,transición á vida profesional...O meu nome é Belén e son a orientado-ra do centro. A aula onde me podes ato-par se tes algunha dúbida e queres saberen qué podo axudarte atópase empraza-da no primeiro piso, xunto á Biblioteca.

O IES SAN MAMEDE NA O IES SAN MAMEDE NA RCGACRCGACPOR MIRIAM GONZÁLEZ IGLESIAS

(COORDINADORA DE CALIDADE).

POR Mª XESÚS SARMIENTOMACÍAS.

GRUPO DE TRABALLO

numerosas mostras; e, como non,o seu labor de correctora de actase demais formularios.Para ela, esta adaptación dopoema de Celso Emilio Ferreiro:

Page 5: Revista Esparaván 2003

TICS

BEGOÑA MUÑOZ SAÁ

No ano 2000 ó cumprirse un ano do falecemento de XoséCarlos Couceiro Carro, un dos autores, é publicada a peza tea-tral Tics. Fora escrita no ano 1997 e posta en escena no ano1998 pola Compañía teatral Sarabela, da que son membros osautores.No limiar dise que “escribir unha obra de creación a catro manse conseguir un éxito coherente non é tarefa doada”. O éxito foirotundo. Recibiu numerosos premios e tivo unha excelenteacollida polo público. Neste curso contamos coa presencia dunha das autoras, BegoñaMuñoz Saá, que desvelou ós alumnos algúns dos pormenoresen torno ás fontes documentais, así como outros aspectos daobra. Os alumnos de 4º ESO acudiron a presenciar esta charla eproba diso é o comentario que elaborou un deles.

ALFREDO CONDEEste curso os alumnos de4ª ESO tiveron a oportuni-dade de acudir a unha con-ferencia do escritorAlfredo Conde na quedisertou sobre a súa obra. Autor de recoñecido pres-tixio, cunha ampla obraescrita. É hoxe un dosescritores máis importan-tes, non soamente deGalicia, senón tamén naliteratura española. En1986 concedéronlle oPremio Nacional deLiteratura por Xa vai ogriffón no vento e estamesma novela conseguiuser a máis importante daspublicadas en Italia, com-pletando unha etapa detriunfos co premio Nadalpor Los otros días, a súa

primeira obra publicada encastelán. Tenteou a televi-sión e meteuse de cheo nocine coa rodaxe do seuguión Romasanta no quedá vida a un dos seus per-sonaxes.

OOOO FFFFEEEELLLLOOOONo mes de febreiro os alumnos do 1º

ciclo da ESO asistiron a unha charlainformativa sobre o felo, figuraemblemática do entroido de Maceda.Unha representante do Departamento deCultura do Concello de Maceda encar-gouse de impartir esta conferencia, naque os alumnos recibiron informaciónsobre a orixe do felo.

Nesta charla explicóuselles que as más-caras máis antigas son bailarinas quedatan do 1300 e 700 a de C. Foron des-cubertas en Tlatilco, altiplano deMéxico. Emparéntanse co felo porque asúa vestimenta e tocados aseméllanse ósdeste. Ademais a danza, como rito sagra-do une a ambos. Sinalouse que a arte popular e a naturezaestán integradas nas máscaras, como odemostra a existencia da máscara dadivindade coroada, moi similar á dofelo.Outros aspectos abordados foron o ves-tiario, as partes do felo e os seus cos-tumes.

ZONAVISITAS ESPARAVÁN5

CONFERENCIAS

POR JOSÉ A. CASADO NIETO

Luís Brandán, protagonistadesta comedia teatral , sofre osíndrome de Tourette, unhaenfermidade que provoca unhaserie de movementos corporaisinvoluntarios. Reláxase can-tando ópera ou facendo ximna-sia.Isto só é unha parte da tramadesta peza teatral que abordaoutros temas como as relaciónsfamiliares: a súa irmá non seleva ben cos pais, os celos da

nai, a relación extramatrimo-nial do pai. Nada que ver coaimaxe dunha familia exemplar.

A obra arrinca a partir da visitado protagonista á neurólogabuscando remedio á enfermi-dade. No decorrer da obrasucederanse distintos episo-dios: o encontro cun policíaretirado, o monólogo dunharapaza que toma café nun bar, aposterior conversa co seu veci-ño, o descubrimento do amorpor primeira vez por parte do

protagonista (causa principalde que queira poñer fin á súaenfermidade) ou a cura dadoenza conforman o groso daobra. Xa en fase de recuperación,Luís Brandán dáse conta queexperimentou un cambio.Quizais estea recuperado, nonvolverá a ter tics, ninguén omirará con estrañeza, pero xanon será o mesmo, non se sen-tirá feliz con esta nova situa-ción, coa súa nova vida.

O felo

Page 6: Revista Esparaván 2003

ACTIVIDADES ACTIVIDADES EXTRAESCOLARESEXTRAESCOLARES

AXENDA 2002/0328 XANEIROVILARIÑO DE CONSO

Visita á CentralHidroeléctrica.

19 NOVEMBROIES SAN MAMEDE

Exposición de cogomelos

15 NOVEMBROSANTIAGO

Visita ó Centro de

Supercomputación e óCentro de Meteoroloxía.

30 XANEIROOURENSE

Asistencia á repre-

sentación teatral:Cinema.

8 NOVEMBROMACEDA

Recollida e determi-

nación de cogome-los.

15 XANEIROMANZANEDA

Excursión á neve.

12 NOVEMBROA CORUÑA

VISITA ó AquariumFinisterrae.VISITA á Casa doHOME.

17 XANEIROOURENSE

Asistencia á representación

teatral: Divinas Palabras.

8 FEBREIRO

ENTROIDODesfile e concursode disfraces.Baile organizadonas instalaciónsexteriores doCentro.

22 XANEIROMUXÍA

Participaciónna CADEA

HUMANA.

28 XANEIROMADRID

Excursión a San Isidro.

7 FEBREIROMACEDA

Asistencia á charla do

escritor Alfredo Condena Biblioteca da vila.

1/8 FEBREIROANDORRA

Semana Branca: Excursión a

Andorra.

11/27 FEBREIRO

Módulos da Cruz Vermella.

Charlas sobre: Saúde, se-xualidade, hábitos nocivose a SIDA: contaxio e medi-das preventivas.

ZONAPREFERENTE ESPARAVÁN6

8 NOVEMBRO

MAGOSTO

Page 7: Revista Esparaván 2003

28 FEBREIROMACEDA

Asistencia a unha charla

informativa sobre oentroido na zona.

26 ABRILSANTIAGO

Participación naOlimpíada matemática.

5 MAIOOSEIRA

Excursión ó Mosteiro.

24 ABRILALTO DO RODICIO

Visita ó Parque Eólico

de Meda-Sil.

1/10 ABRIL

IES SAN MAMEDE

A SIDA : Contaxio emedidas de prevención.Charlas sobre

Planificación Familiar.

7 MAIOO GROVE

Visita ó acuario.

17 MAIO

DÍA LETRAS

GALEGAS

27 MARZO

IES SAN MAMEDE

Participación no Rallie

de matemáticas.SAN CIBRÁN DE LÁS-OSEIRA-TRASALBA

Roteiro artístico-literario.

3 ABRILLUGO

Asistencia á representaciónteatral: Edipo en Colono.

SANTUARIO DOS MILAGRES

Visita ó Museo Etnolóxico do

Santuario dos Milagres.

12 MAIORIBADAVIA

Visita guiada pola zonaantiga.

RIBAS DE SIL

Excursión ó Mosteiro.

19 MAIOALLARIZ

Actividade de

natación na piscinapública.

30 MARZOFRANCIA

Intercambio cultural

con Francia.

29 MAIOCÍES

Excursión ás Illas

Atlánticas.

27 MAIOVIGO

Visita á Factoría

Citroën.

ZONAPREFERENTE ESPARAVÁN7

2002/03

Page 8: Revista Esparaván 2003

ZONAPREFERENTE ESPARAVÁN8

Os alumnos de 4º ESO e osalumnos de 2º de Bacharelato doano pasado, desprazámonos ataMuxía, para realizar, xunto conoutros colexios e institutos detoda Galicia unha CadeaHumana coa que protestabamospolo desastre do Prestige.Saímos pola mañá moi cedo. Noautocar compuxemos e ensaia-mos algunhas cancións para can-tar ó chegarmos.Xa en Muxía os axentes de pro-tección civil e os guías indicá-ronnos cal era o noso empraza-mento. Era preciso que cadacolexio ocupase o lugar que llefora asignado. Cando xa todosos colexios estaban nos sitioscorrespondentes, collémonostodos das mans e comezamos aformar unha enorme cadea quepercorrería toda a Costa daMorte. Durante o tempo queestivemos collidos das mans,cantamos as cancións queensaiaramos no autocar, e outrastantas que levaban preparadas osoutros colexios. Ó rematarmos,Rafa entregou ó Concello deMuxía unha pancarta e unhascartas de ánimo, que lle escribi-ran algúns alumnos do instituto,a todos os voluntarios.Despois, fomos comer, e ver odesastre provocado polo chapa-pote en toda a costa.Pasado o mediodía, dirixímonoscara o autocar para emprender-mos a viaxe de volta a MacedaFoi unha interesante viaxe,sobre todo, por unha causaxusta.

8:45 PUNTO DE PARTIDA : IES SANMAMEDE.

Arrincamos camiño do castro de San Cibrán deLás. Durante a viaxe gozamos da paisaxe.Chegamos ó castro e a medida que subiamos

polas antigas escaleiras de pedra, non era difícil imaxi-nar como era a vida naquel entón. Xa no alto contempla-mos a disposición dos restos das casas e o intelixenteemprazamento do castro, así como a forte e estratéxicamuralla que o rodeaba. Despois dalgunhas explicaciónsregresamos ó autobús tras unha baixada algo accidenta-da a causa das esvaradías pedras.

SEGUNDO DESTINO: MOSTEIRO DEOSEIRA.Como chegamos antes do previsto, aproveitamos parapercorrer o pequeno lugar de Oseira. A continuaciónentramos no mosteiro acompañados dun guía, puidemosadmirar o seu interior, onde algunhas zonas estabansendo restauradas. Despois desta agradable visita come-mos a carón do mosteiro.

ÚLTIMA VISITA: PAZO MUSEO DETRASALBA.Puidemos ver a casa de Otero Pedrayo. Alí a encargadade coidar o museo amosounos como era o seu interior.Nela observamos diversos obxectos como un mapa de

Galicia que enchía toda a parede, cadros moi curiosos, oseu despacho e o balcón, onde nos contaron a historiadunha árbore que caera pouco antes de morrer OteroPedrayo. Este xa o interpretara coma un presaxio de quese achegaba a súa morte. Coa madeira da árbore fixerono cadaleito do Otero.

Finalizamos a excursión con esta curiosa historia eregresamos a Maceda.

ROTEIRO: S. CIBRÁNDE LÁS -OSEIRA-

TRASALBA

COMENTARIOS DOS ALUMNOSCOMENTARIOS DOS ALUMNOS

CADEA HUMANA

POR BEATRIZ CONDE SOTO -ESTHER SEQUEIROS DELGADOPOR ELENA ÁLVAREZ-ROSA FORMOSO-VANESA SARMIENTO

Ata ó momentoretiráronse dascostas galegasmáis de 63.000toneladas deverquidos. Asuperficie rocosaafectada foi de1.400.000metros cadra-dos. Durantetodo o ano, estí-mase que serealizaron unmillón de xorna-das de traballonas que partici-paron unhas3.200 persoas ódía.

Page 9: Revista Esparaván 2003

O día 29 de maio pola mañá collemoso autobús rumbo ó porto de Vigo,onde nos esperaba un barco que noshabía levar ás illas Cíes.

Unha vez na embarcación saímos áborda , dende onde puidemos observara fermosa paisaxe que nos ofrecía omar, como as augas batían contra ocasco formando ondas.

Antes de desembarcar comunicáron-nos as actividades que iamos realizar.Unha vez en terra, as monitorasexplicáronnos o percorrido e aconse-lláronnos que antes da camiñadabotasemos crema solar, ademaisdéronnos unhas bolsas para o lixo.

Atopabámonos na parte sur da illa ecruzamos cara ó norte seguindo asindicacións da monitora que, en pun-tos concretos facíanos deter paraescoitar distintas explicacións xeográ-ficas e doutro tipo.Camiñando chegamos a un campa-mento no que deixamos as mochilaspara non levar tanto peso na nosa subi-da ó faro.Despois de moito andar, finalmentechegamos ó noso destino e dende alícontemplamos unha fermosa paisaxecon enormes cantís nos que se podíanver paxaros voando arredor da illa,mesmo atopamos un mirador dendeonde vimos niños de gaivotas.Despois do descenso, chegamos ócampamento onde recollemos asmochilas para ir comer, cadaquén foipolo seu lado. Ó rematar de xantaralgúns bañáronse nas cristalinas augasda illa, todo un espectáculo, despoisda negrura que asolaba moitas praiasgalegas.Ás 5:30 da tarde dirixímonos ó embar-cadoiro onde collemos o barco deregreso. Foi unha viaxe querecomendamos a todos.

ZONAPREFERENTE ESPARAVÁN9

EXCURSIÓNÁS ILLAS

CÍESPOR MELINA VÁZQUEZ-CRISTINA SARMIENTO-NOELIA RODRÍGUEZ.

POR DELFÍN MARTÍNEZ CONDE

OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2003

Uns, máis nerviosos ca outros, aínda que en xeralcontentos, chegamos ó noso destino, si, á Facultadede Matemáticas, onde despois de agardar uns intres,chamáronnos para realizar a actividade.Conducíronnos a unha aula xunto cos alumnos quechegaran doutros centros. Nesta aula, os organi-zadores déronnos algúns consellos. Ó final dividíron-nos en tres grupos por orde alfabética e entregáron-nos as fichas para a Olimpíada.Eran cinco problemas que tiñamos que resolver nun

tempo máximo de dúas horas. Uns parecían sinxelos, outros máis complexos, aíndaque todos tiñan a súa dificultade.Mentres nós, dentro da aula, faciamos concentrados a proba, as nosas mestras agard-aban fóra.Pensando en áreas e perímetros, en fórmulas de medidas e operacións aritméticas,pouco a pouco, os numerosos alumnos que ocupaban a aula ían saíndo para sereuniren cos seus mestres. Antes de abandonar o recinto íannos entregando un diploma acompañado da felici-tación dos organizadores.Unha vez reunidos coas nosas profesoras, e razoando se resolveramos ben ou mal asactividades, fómonos dirixindo á cafetería para relaxarnos.Despois de dar unha volta por Santiago volvemos cara a Maceda coa esperanza deque algún de nós resolvera ben as cinco actividades propostas.Persoalmente, penso que “A Olimpíada matemática 2003” foi moi importante paradescubrir o verdadeiro valor das matemáticas e para deixar de considerala como esamateria aburrida e pesada. Temos que lembrar que coas matemáticas pódense facermáis cousas das que cremos.

Coma un día normal, os alumnos de 2º ESO B esperaban, uns con máis gañas ca ou-tros, a que pola porta da aula aparecese a profesora de matemáticas. A profesorachegou, saudou e díxonos que tiña que darnos unha noticia importante.-¿Que será o que nos ten que dicir? –murmuraban algúns alumnos mentres a mestra seacomodaba. A resposta a esa pregunta soubémola de contado.-Este ano, coma todos os anos, celébrase na Facultade de Matemáticas de Santiago a“Olimpíada matemática”, na que poden participar aqueles alumnos que teñan comonota media, notable ou sobresaínte.Cando a profesora rematou a intervención, albiscábase na aula un ambiente de con-fusión: “¿Irei ou non?”, “¿Ti podes ir?”.A mestra explicou que a proba consistiría na resolución de cinco problemas que nonestarían relacionados coas matemáticas que estamos afeitos a estudiar. Ó día seguintetiñamos que comunicarlle se podiamos ir ou non. Cando chegou a profesora á clase preguntou se xa tiñamos a decisión tomada, cada undeu a súa resposta.Dende entón ata o gran día, nas clases realizamos algunhas actividades relacionadascoa Olimpíada. Estas resultaron ser moi entretidas, dado que, a pesar de ser matemáti-cas, parecían un xogo.E, xa con gañas, chegou aquel sábado no que os alumnos de 2º que quedaramos en irnos reunimos no instituto para partir cara a Santiago.

ENTREGA DE PREMIOS

Page 10: Revista Esparaván 2003

O curso pasado realizouse un intercambio de alumnos deste centro con alum-nos dun instituto francés, situado nunha pequena vila chamada Ancenis, nametade Norte de Francia. Esta actividade foi organizada polo departamentode francés en colaboración con outros dous centros de Secundaria deOurense (IES Cidade de Antioquía de Xinzo e IES Portovello de Ourense).Os primeiros en viaxar foron os franceses, que viñeron no mes de febreiroa pasar unha semana connosco. Un mes e medio máis tarde, fomos nós osque emprendemos a viaxe.

Saímos o 30 de marzo. Esa primeira noite pasámola en Burdeos. Ó díaseguinte visitamos a illa de Ré e La Rochelle. Chegamos a Ancenis ó anoite-cer e os nosos alumnos foron para as casas dos rapaces e rapazas que previ-amente estiveran nas súas.

Durante os días que pasamos en Ancenis (1,2,3,4 e 5 de abril) realizamosdiversas actividades. Algunhas de carácter oficial, como a recepción noConcello de Ancenis con fotógrafos e xornalistas, ou a acollida do Directorno “Lycée St Joseph”, despois da cal realizamos unha visita guiada domesmo. Outras actividades que fixemos foron excursións diarias a variascidades próximas como Nantes, Vannes, La Guerande, Angers, Saumur, etc.En todas elas puidemos ver o seu núcleo histórico, con catedrais, murallasmedievais, castelos ... Entre estes últimos destaca a visita que fixemos aAzay-le-Rideau. Por outra parte, e retrocedendo máis no tempo, visitamos osmonumentos megalíticos de Carnac, onde centos de menhires se aliñancunha finalidade misteriosa e descoñecida para os historiadores.

O domingo día 6 pola mañá despedímonos deles e puxemos rumbo a París,facendo unha parada no camiño para visitar a magnífica catedral de Chartres.Xa en París, visitamos o Centro Pompidou e a Tour Eiffel e ó anoitecer oArco do Triunfo e os Campos Elíseos, onde ceamos.

O día 7 fixemos un percorrido a pé pola cidade, visitando o Palacio Garnierou Ópera, o Museo do Louvre, a Sainte Chapelle, a catedral de Nôtre-Dame,o Palais Royal, a Place Vendôme e a Place de la Concorde. Para completar avisión da cidade demos un paseo en Bateau-Mouche e xa pola noite ceamosno Barrio Latino.O día 8 pola mañá visitamos os Invalides e a tumba de Napoleón. A contin-uación dirixímonos a Montmartre onde visitamos o Sacré Coeur e a Place duTertre, alí os alumnos entraron en contacto co París bohemio frecuentadonoutros tempos por autores como Picasso, Van Gogh... e tantos outros.Despois destas visitas dirixímonos ó parque temático de Disneyland París,onde pasamos a tarde. Xa de volta a París, fixemos unha xira nocturna ácidade en autobús, que nos serviu de despedida.O día 9 emprendemos o camiño de volta a España. Este día visitamos dousdos castelos máis significativos da famosa zona do Loira: O de Chambord,que é o máis grande, e o de Chenonceau, o mellor conservado e recuperado.Esa noite durmimos en Burdeos de novo.O día 10 pasamos a mañá en San Sebastián e chegamos ó instituto aproxi-madamente a medianoite.

Aconstrucción dunha maqueta abrangueunha importante variedade de discipli-nas artísticas (deseño, escultura, pintura,

debuxo...) e resulta de gran riqueza plástica debi-do á utilización de materiais moi diversos. Este éo motivo de que sexa un traballo moi aconsella-ble como proxecto de fin de curso, xa que osalumnos e alumnas poñen en práctica a maioríados coñecementos aprendidos ao longo deste.

En 1º de ESO elaboraron maquetas puramentepaisaxísticas, planeadas como un divertimento,sen condicionantes previos, aínda que un dosgrupos quixo facer unha homenaxe aos volunta-rios que viñeron a Galicia para limpar as praiasque foron afectadas pola catástrofe do Prestige.

En 4º de ESO si había unhas normas que seguire, neste caso, a pauta era o deseño razoado e aelaboración dun monumento-homenaxe quehabía que localizar nun contorno, natural ouurbano, elixido por eles. En dúas das catromaquetas os grupos aplicaron os seus coñece-mentos de Tecnoloxía para incluír bombas deauga nos seus monumentos.

Á marxe dos resultados prácticos, é, sempre, moisatisfactorio desenvolver estes proxectos porqueos equipos se implican no traballo, créase a com-petitividade sa entre eles e estimúlase a creativi-dade.

COMENTARIOS DOS PROFESORESCOMENTARIOS DOS PROFESORES

ZONAPREFERENTE ESPARAVÁN10

CONSTRUCCIÓN DE MAQUETAS

POR TRINIDAD GONZÁLEZ DOPAZOPROFESORA DE FRANCÉS

POR JOSÉ Mª LECUONAPROFESOR DE DEBUXO.

4º ESO

INTERCAMBIO CULTURAL COINSTITUTO St JOSEPH DE ANCENIS.

(30 de marzo ó 10 de abril de 2003).

Page 11: Revista Esparaván 2003

ZONAPREFERENTE ESPARAVÁN11

PARO CONTRA A GUERRA

A COMUNIDADE EDUCATIVA SECUNDAMASIVAMENTE O PARO CONTRA A GUERRA.

Todos os niveis e sectores educativos, dende infantil ata univer-sidade, profesorado e alumnado secundaron masivamente osparos e concentracións convocados contra a guerra. Os paros e concentracións superaron o 80% nos centros deinfantil e primaria e chegaron practicamente ó 100% en secun-daria, bacharelato e universidades. Ademais dos paros e con-centracións, na maioría dos centros educativos, as actividadeslectivas do día centráronse na educación en valores e a defen-sa da paz.O IES SAN MAMEDE sumouse a este paro. Os alumnos eprofesores leron varios poemas en contra da guerra no patiodo centro.

Coñecínun neno que era sete nenos.

Vivía en Bos Aires e seu pai era pintor de bro-cha gorda. Pero tamén vivía en París, chamábase Jean

e seu pai traballaba nunha fábrica de automóbiles. Pero tamén vivía en Berlín, alí chamábase Kurt e seu pai era profesor

de violonchelo.Pero tamén vivía en Moscú, chamábase Yuri, como o astronauta Gagarin, e

seu pai era albanel e estudiaba matemáticas. Pero tamén vivía en Nova York, chamábase Jimmy e seu pai tiña unha estación de

servicio. ¿Cantos dixen? CincoFaltan dous:Un chamábase Chu, vivía en Shangai e seu pai era pescador, o último chamábasePaolo vivía en Roma e seu pai era ferroviario.Paolo era morocho, Jean louro, Kurt castaño, pero eran o mesmo neno.

Yuri tiña a pel branca e Chu a pel amarela, pero eran o mesmo neno. Paolo ía ó cine en italiano e Jimmy en inglés, pero eran o mesmo neno e

rían no mesmo idioma.

Agora os sete son maiores e xa non poderán facera guerra, porque son un só home.

UN E SETE

GIANNI RODARI

PAZPAZ

Page 12: Revista Esparaván 2003

(Refrán)(Refrán)

No instituto,no institutonon se pode traballar

con tanta neve, con tanta folga¡que ben o imos pasar!

(Refrán)

Os alumnos de Maceda sonche moi particulares:veña folga, veña folgasen ganas de traballare.

(Refrán)

-”Profesora, ¿ten un boli?”-”porque non trouxen libreta...”“A min roubáronme o libro...”

-”...e eu perdín a carpeta”.

(Refrán)

O equipo directivoándache moi preocupado.

Con isto da calidadeaxitouse todo o claustro.

(Refrán)

Cando chegas ó Institutoo primeiriño que vesé un coche aparcado¡adiviña de quen é!

(Refrán)

A nosa Xefa de Estudiosben podía vir de Cruela

como está ben adestradapensamos contar con ela.

(Refrán)Os rapaces de primeiroque viñeron este ano

son tremendos, ¡moi tremendos!e andan sempre alterados.

ZONAPREFERENTE ESPARAVÁN12

(Refrán)

Se non sabes estudiare non durmes moi tranquilo

vaite xunto á orientadoraque che manda ler un libro.

(Refrán)

Os rapaces de segundoandan sempre como tolos,

pois se ves as súas aulasparecen xaulas de monos.

(Refrán)

Sor María, Sor Maríanon me botes tanto fóra.A min gústame ir a clase,

que a zarzuela a min me mola.

(Refrán)

Os rapaces de terceirosonche xente moi marchosa

sempre con faltas de ordepara desgracia da Rosa.

(Refrán)

A Marina xa está fartade botarvos para fóra

cando estades nos pasilloscase a volvedes tola.

ENTROIDOENTROIDO20032003

COPLASCOPLAS

(Refrán)

Ás veces o Institutoparece o Vaticano.

Ándanche os nosos curaspaseando todo o ano.

(Refrán)¡Ai, Manolo!, ¡Ai, Manolo!

estanche saíndo canas.A outros cáeselle o pelo.

En total, ¡non somos nada!

(Refrán)

Para tomar un café fanche falta dous recreos:

o primeiro para pediloo segundo para bebelo.

(Refrán)

Isto dos agrupamentosfoiche unha cousa moi boa,

que para cambiar de claseandamos sempre por fóra.

(Refrán)

¿Con quen quere usted falar?-Con don Luís ou con don Paco

-E non lle daría igualcoa Fina ou co Valeriano?.

Os profesores cantaron as coplas

POR PILAR DÁVILA PADRÓN E TRINIDAD GONZÁLEZ DOPAZO.

Page 13: Revista Esparaván 2003

ZONACERO ESPARAVÁN

¿Atréveste grumete?

John Silver, o temible pirata,mesturou unha moeda falsacon 8 moedas de ouro.Exteriormente son iguais,pero a falsa pesa menos queas demais.John Silver aposta que coaaxuda dunha balanza de pra-tos é quen de atopar a moedafalsa en tres pesadas e queninguén o pode facer enmenos, ¿apostas...?Se te atreviches con JohnSilver, o máis cruel dos pira-tas, pode que tamén o fagascoas seguintes preguntas:¿Cal é o máximo número demoedas entre as que atoparí-as unha falsa con tres pesa-das?¿E con catro pesadas?Se empregases unha báscula de precisión electrónica edixital, ¿cantas pesadas necesitarías para atopar a falsaentre as 9 moedas?

Todo é necesario

P. e E., profesores dematemáticas, atópan-se despois de moitosanos sen verse.

E.: Souben que testres fillos, ¿cantosanos teñen xa?

P.: Pois verás, o pro-ducto das súas idadesé 36 e a suma coincideco número da túacasa.

E. (despois de pensaloun anaco): Pero fálta-me un dato.

P.: Tes razón, o maior toca o piano.

¿Adiviña cales son as idades dos fillos de P.?

Estress

Un alumno fíxolle ó seu profesor o seguinte razoa-mento:“Non podo virmáis a claseporque nonteño tempo:teño que dur-mir 8 horasdiarias (122días ó ano),hai 104 sába-dos e domin -gos, 60 díasde vacacións,necesito 3horas diariaspara comer(45 días óano), e 2horas paraxogar (30 díasó ano). En total122+104+60+45+30=361.Xa ve, non me queda tempo. O profe repasou as con-tas e comprobou que non había erros, ¿Como é posi-ble?

Combinando

Combinando cifras eas operación elementais,

a)Expresa o número cende catro modos distintos, empregandocinco cifras iguais.

b) Expresa o número dezempregando cinco noves. Indica como míni-mo, dous procede-mentos dos múltiples quehai para realizalo.

c) Expresa o número cen,empregando as dez pri-meiras cifras. ¿Por cantos procedemen-tos podes facelo?

ATRÉVETE E PENSAATRÉVETE E PENSA

13

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

Page 14: Revista Esparaván 2003

ZONA CREACIÓN ESPARAVÁN14

De dous corazóns

De dous corazóns me namorei,e un deles escollerei

con gran sixilo o pensareipois de dous corazóns me namorei.

Unha gran tristeza se propaga no meu interiore non hai ninguén que pare esta dor,

pois dóeme o corazón,¿é a soidade a miña salvación?

Agora xa o pensei,agora xa o decidín,

escólloa a ela que é a que creo me quere a min.

Con moito pesare con gran doreu mesmo terei

que esquecerme da outra flor.

Agora vou onda elae ela onda min,

os meus ollos míranaela mírame a min.

Eu quero, quero falar,“quérote”pero algo,

non me deixa falar.

Ela tiña algo na mirada,¿estará namorada?

espero que sexa de minpois eu mesmo

voume declarar aquí.Ármome de valorármome de amor

agora llo digoe non me irei cun non.

CRISTOPHER DA SILVA ÁLVAREZ

Xa non volverei

Xa non volverei ver o teu sorriso e eses ollos que me dan luz.

Xa non volverei ver a túa silueta á luz da lúa.

Xa non volverei sentir as túas mansqueimando a miña pel.

Xa non volverei ver o vento enguedellando o teu fermoso cabelo.

Xa non volverei escoitar a túa doce vozdicíndome cousas fermosas.

Xa non che volverei escribir.

XA NON VOLVEREI.

EVA ÁLVAREZ CID

O amor dunha nena

Xogaches co meu cariñodespois de que tanto te amei.

Portácheste coma un nenode ti nunca o pensei.

Quixen amar a un homee a ti entregueiche o meu amor.

O teu foi falso, barato e traidor.Dixeches que eu era unha nenaPero... ¿Que sabes ti de amor?

Que tan só es un neno que xoga a ser maior.

Se non sabes o que é a vidanin o bonito que é querer.

Recorda que eu fun unha nenaque te quixo coma unha muller.

TOÑI GÓMEZ BALTAR

UNHA GALAXIA DE LETRASUNHA GALAXIA DE LETRAS

POEMAS

Page 15: Revista Esparaván 2003

ZONACREACIÓN ESPARAVÁN15

RA cada momento lembraba algo,pero xa non podía, xa non podíadar a volta, xa non podía pórmáis escusas. Decidida, colleu asmaletas, as cartas, asegurouse deque todo estaba en orde e pechoua porta. Chamou ó ascensor.Meteu as maletas dentro e deulleó botón do baixo, en canto sepecharon as portas baixou asescaleiras, nunca ía no ascensordende aquilo que lle ocorreracando era moza, agora nonsoportaba estar pechada, pero“non é grave, xa me chegan osproblemas que teño como paraestar todo o tempo no médico”-pensou.

Cando chegou ó baixo ía arfan-do, baixara as escaleiras corren-do coa intención de impedir queas maletas volvesen cara a arri-ba. Saíu cara ó aparcadoiro erecuperou os folgos mentresesperaba a que o homiño se puxese verde para cruzar. Buscouo coche e ó seu carón prendeu uncigarro. Estaba moi nerviosa e denovo comezou a dubidar, pero óintroducir a man no peto dosvaqueiros para coller as chavesatopouna e para convencerse a simesma leuna de novo:Ola nena ¿que tal estás? Eu poraquí, coma sempre, o mesmositio, o mesmo..., o mesmo todo.Que ¿sorprendida pola miñacarta? Supoño que si, calqueranon, case dez anos sen nos ver ecase cinco máis sen a penasfalarnos, pero xa ves.“Sabes, por fin me decidín a sen-tar a cabeza, voume mudar aunha casiña preto da vila, eagora teño un traballo de ver -dade, o outro só é un pasatempo.Ben ó que ía, facendo as maletasatopei fotos, cartas e un montónde cousas, entroume a melan-colía e ... ocorréuseme escribir.

Todos os anos xuntámonos nasfestas da aldea, xa sabes o 15 deagosto, pero ti nunca vés, e pen-sei que quizais non sabías nada,ou pode que estiveras demasiadoocupada, pero sexa o que sexagustaríame moito, e seguro queós outros tamén, que viñeses,teño moitas gañas de verte.¿Canto tempo hai que non véspor aquí? Por favor volve, aíndaque só sexa por uns días, dendeque empezastes a marcharquedei moi só, uns á cidade aestudiar, outros a traballar fóra,outros... Recorda todos os bosmomentos que pasamos todosxuntos, todo o bo. ¿Lémbraste

cando fomos polo monte adiantecoas motos e despois...?”.A carta seguía pero non lle fixofalta ler máis, por fin estaba deci-dida, ela tamén os botaba enfalta, ela tamén precisaba velos,esperaba que aquel momentofose moi especial, todos es vellosamigos xuntos de novo, nomesmo sitio, na mesma noite...aquilo podía ser moito.Introduciu as maletas nomaleteiro, subiu ó coche e arrin-cou. Tardou dúas horas en saír dacidade, era moi grande e a esahora había moito tráfico. Mentresatravesaba a cidade aproveitoupara chamar á oficina e dicirlle ásúa secretaria que ía uns días devacacións, que lle collera osrecados e non deixara aumentar os informes enriba da súa mesa, tamén chamou ó seu socio,comunicoulle a nova e colgou,para asegurarse de que a deixabaen paz apagou o móbil e o busca,despois de todo ¿quen a ía des-pedir? A empresa non ía ir áruína porque ela faltase uns días.Cando logrou saír da cidade esta-ba moito máis relaxada, ir devisita á aldea parecíalle unha idea

estupenda. Xa levaba un par dehoras conducindo cando come-zou a darlle voltas á idea doencontro, ¿que ía facer?, ¿comoos ía recoñecer? Unha persoa endez anos cambia moito, de novoentroulle o medo. Parou e rela-xouse, logo proseguiu a viaxe.

Ela era moi especial, sempre ofora, era unha grande executiva, dona da metade dunha empresamoi importante que lle pagabatodos os vicios que se lle podíanantollar, era dura ou aparentábaoporque no fondo era unha senti-mental. Os cartos non llo dabantodo. Empezara a separarse dosseus amigos cando botou mozo,nun principio non, logo viñeronos problemas, comezaron a dis-tanciarse, sempre había un sitiomellor ó que ir, ó final xa non sepuñan escusas, simplementequedaban na casa. Ó rematar os estudios xa casenon se falaban. Nin sequera lleforon á voda cando casou, isodoéralle moito. Máis tarde, mar-chou para continuar os estudios epoder ter un bo traballo. Por desgracia para o seu matri-monio atopouno, ó principio ascousas non ían mal, pero osmomentos que ela pasaba na casacada vez eran menores, xa nontiña tempo para el. Un día, óchegar da oficina, el non estaba,buscouno na casa e no enormexardín, ninguén contestou.Enriba da mesiña da entrada, de-

A carta seguía pero non lle fixo falta ler máis, por fin estaba decidida...“

UNHA VIAXE Ó PASADO

ELATO

Page 16: Revista Esparaván 2003

ZONACREACIÓN ESPARAVÁN16

baixo do seu floreiro, unha carta sennome, que supuxo era para ela, dicía“Cando teñas tempo chámame.Quérote.” Nada máis, sen explicacións. Tardou moito en entendelo, bus-couno durante semanas, cando falou conel, as palabras foron as mesmas, nadamáis. Dende aquilo, afanouse cada vezmáis no traballo, quería chamalo peronunca tiña tempo. Agora dábase conta.E que dicir dos seus pais, facía dous anosque non os vira, ou quizais máis, dende oenterro da avoa, só permanecera un díana aldea porque tiña moito traballo, coque ela lle quería e nin sequera tivotempo para derramar unha bágoa por esasegunda nai que a criara. E seus irmáns,¿Que sería deles? Discutira con un o díado enterro da avoa e ó outro non o víadende que marchara da casa dos seuspais. Agora xa tanto tiña, todo pasara.Despois de tanto tempo, ía á casa.Levaba horas conducindo e estaba moipreto, decidiu parar. Aparcou o coche edirixiuse ó bar ó que sempre ía cando eranova. Non lle custou moito dar con el,aínda que agora todo era diferente,entrou, sentou nun tallo preto do final dabarra e acendeu un cigarro. Estivoesperando un anaco, achegouse a elaunha rapariga nova de doce anos comomoito. Pediu , antes de que a rapaciña sefose non aturou a curiosidade e decidiupreguntar polos antigos donos do bar,vaia sorpresa a súa cando lle dixo que obar seguía sendo das mesmas persoas desempre, ela era neta. A rapaza marchou polo café. Ela estabasorprendida e á vez entusiasmada. Candoa rapaza regresou, preguntoulle o nomeda súa nai, e antes de que puidese dicirnada abriuse unha porta, a rapaza xirou acabeza e dixo: “¡Mamá, creo que estaseñora quere falar contigo!” . Ergueu avista para poder vela mentres se apro-ximaba. Esta preguntoulle se a podía axu-dar en algo e entón díxolle: “¿Non merecordas? Xa sei que cambiei moito perodespois de pasar aquí tantas horas pen-sei que polo menos soaríache a miñacara” A señora non sabía moi ben se crero que estaba vendo, a súa faciana eraseria , de súpeto abrazouna e sentiu a sen-sación perdida da amizade. Estiveronmoito tempo conversando de todo o novoque pasara por alí, tamén recordaronvellos tempos, pero xa era tarde e tiñaque marchar, prometeulle pasar por alícalquera día para cear.Colleu o coche de novo e foi cara á casa.Ó chegar non había ninguén, tumbouseno céspede a esperar. Non tardou moito

en durmirse, non sabía moi ben o tempoque pasara cando oíu voces que se apro-ximaban. Ergueuse e esperou a que seuspais chegasen. Ó vela súa nai non o podíacrer, abrazouna moi forte e botouse achorar. Axudáronlle a meter dentro asmaletas e mentres ela se deu un baño seuspais fixeron a cea. Sentaron á mesa,estiveron falando moito tempo, despoiscansa da viaxe foi durmir. Ó día seguinteergueuse cedo como era costume nela etras desfacer as maletas e contemplar denovo a habitación saíu para axudarlle ásúa nai co almorzo, eles non estaban, tansó había unha nota na mesa. Mil pensa-mentos pasaron pola súa cabeza, leuna:“Nena fomos dar un paseo volvemos ás10, volve deitarte”. Non podía, subiu ófaiado e buscou as súas cousas, estivo alímoito tempo, cada obxecto era un recor-do, unha persoa, unha vida pasada queperdera.Ó día seguinte estivo na casa descansan-do, axudándolle á súa nai e recordando.Non tardou moito tempo en notarse obarullo do comezo das festas, e comocando era pequena, foi á igrexa coafamilia, quedou fóra, non coñecía aninguén e ninguén a recoñecía a ela, sóun fato de caras que lle soaban e llerecordaban algo. Aquela mesma noite foia primeira da festa, quedara cos amigos ódía seguinte, así que foi ata aló e en lugarde quedar marchou de paseo. Camiñoutoda a noite, ó deterse comezaba a versemáis claro, unha cor laranxa estendíasepor riba do cumio da montaña na quepasara tantos momentos, na que gozarade longas tardes, onde fuxira para estar asoas, na que vira o solpor tantas veces.Debía regresar á casa antes de que seuspais se preocuparan, pero era tanto otempo que perdera na cidade que xa nonlembraba o que era sentir a liberdade, asíque seguiu andando.Chegou á casa xa pasada a hora do xan-tar, súa nai estaba preocupada, tranquili-zouse cando lle dixo o que estivera afacer. Esa era a gran noite, ese día íavoltar a ser unha nena, ou eso era o quepensaba. Era cedo, decidiu visitar á avoa.Colleu unhas flores do xardín e foi ócemiterio. Permaneceu alí un bo anacofalando coa súa avoa e por un momentopensou que despois de tanto tempo íapoder desafogarse e deixar que as bágoaslle percorresen a cara, unha veciña trun-cou os seus plans.Xa case era hora de ir á festa. Puxo undos seus vestidos, “nada atrevido nindemasiado formal, algo sinxelo” pensou.Por fin colleu o camiño xunto cos seus

pais. Chegaron cedo. O pai marchou falarcuns amigos , ela preguntoulle á súa naise xa vira algún dos seus antigos com-pañeiros, a nai sinaloulle un grupo depersoas que estaba algo máis retirado.Decidiuse , deulle un bico á nai e foi caraa eles. Cando chegou só foi quen de dicirun “ola” case imperceptible, todos sevoltaron na súa dirección, nos seus beizosdebuxouse un sorriso, ninguén fixo nada,a piques de desmoronarse, alguén seachegou a ela e abrazouna, percibiu acalor do seu corpo e viu o brillo desesollos que tanto lle gustaron sempre.Sentía unha gran ledicia por volver.Pouco a pouco foron chegando máis per-soas que se uniron ó grupo. Non tardoumoito tempo en decatarse de que todos osseus amigos de xuventude triunfaran navida, non do xeito que ela ata esemomento entendía por triunfar, si dunxeito persoal, todos tiñan unha boa vida,unha familia... todos agás ela. Foronpasando as horas e xurdindo as conver-sas. Pensou que non encaixaba alí, senque se decatasen marchou. Só queríafuxir, estar soa, dirixiuse ó único sitio óque aínda non fora. Marchou cara ó río,xunto á presa, alí onde pasara tantashoras. Ó principio só paseaba, despoisquixo correr, tirou os zapatos, meteusepola canle do vello muíño, estaba pecha-da polas silvas, rompeulle parte da roupa.Chegou á beira do río, o seu vestido esta-ba feito trinzas, rompeu os cachos queestaban soltos, na súa cara e brazos tiñapequenos cortes e feridas, lavouse.Sentou, mirou as estrelas mentres acendía

un cigarro e notou como algo quente co-rría polas súas meixelas, deixou saír todaa dor, toda a soidade, a culpa, osremordementos. Chorou. Notou comounha cálida man se lle pousaba noombreiro, volveuse, alí de pé, viu a todosos que foran os seus amigos, a todos osque ela deixara, só puido articular unhapalabra: “Gracias”.

Pseudónimo B.M.T

Page 17: Revista Esparaván 2003

ZONALETRAS GALEGAS ESPARAVÁN

Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na vilanoiesa de Taramancos e dela tomou onome. Era o máis vello de catro irmáns,

e a súa nai e avoa foron as súas referencias navida. Estudiou na academia Balmes de Noia, noinstituto Xelmírez de Santiago e na escola deNáutica da Coruña.Foi nesta cidade onde recoñece a súa vocaciónpola poesía e onde inicia a súa andaina con Asmoradías do vento e A frauta e o garamelo.Na Coruña coñece a persoeiros como ÁlvaroCunqueiro, Urbano Lugrís, Uxío Carré...No ano 1961 emigra a Colombia, onde desempe-

ña moitos e dispares oficios, campesiño, cazador de tigres, doma-dor de cabalos, churreiro, contrabandista, xornalista, editor...Volta a súa terra no ano 1980 e convértese en taberneiro en Noia.

OBRA POÉTICA

As moradías do vento(Revista Atlántida, ACoruña, 1955).A frauta e o garamelo(Moret, A Coruña, 1958).O tempo no espello(Ediciós do Castro, Sada,1982), este volume inclúeademais dos dous primei-ros libros, os tituladosPoemas a Fina Barrios(1959), Poemas soltos aMaricarme Pereira (1961)e Os poemas da ausencia(1961-1981).Cantos caucanos (SoteloBlanco, Barcelona, 1985).As torres no ar (SoteloBlanco, Barcelona, 1989).Antoloxía poética(Editorial Compostela,Santiago, 1992).Última fuxida a Harar(Espiral Maior, A Coruña,1992).

A súa obra adoita inscribirse na Xeración galega de Poetasdos 50 ou das Festas Minervais e da súa poesía din que é de"exuberante natureza tropical". A pesar da súa autodefini-ción como "un campesiño autodidacta" foi presidente daAsociación de Escritores en Lingua Galega e concelleiro decultura de Noia, polo BNG.

NON O ESQUEZAS...

Non hai regreso, avoa,Non hai regreso, avoa,nuncanunca

regresa o mesmo homeregresa o mesmo homeao mesmo sitio.ao mesmo sitio.

O lobo do desertoO lobo do desertoperdeu a túa voz,perdeu a túa voz,

e a auga clara da túa mane a auga clara da túa mannon apaga a saudade revertida.non apaga a saudade revertida.

Todos os rumbos, todos osTodos os rumbos, todos osnavíosnavíos

lévanme ao grande río a renacer:lévanme ao grande río a renacer:No ámbito do Cauca.No ámbito do Cauca.

Cantos CaucanosCantos Caucanos (1985)(1985)

ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOSANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

As súas obras poéticas: O tempo no espello (algúns dos poe-mas foran escritos antes da súa marcha a América, outrosxurdiron na emigración). Cantos Caucanos escritos desde asaudade. As torres no ar son o froito da "patria recupera-da" (cantos a carón da terra, elexías do mar, a torre secre-ta...).A nova crónica das Indias é a única obra narrativa escritano ano 1992, o ano da súa morte. Ó dicir do escritor, "aspersoaxes dun xeito ou doutro cruzáronse na miña vida". Última fuxida a Harar é o seu derradeiro libro de poemas,está á espera da morte.

17

Page 18: Revista Esparaván 2003

ZONACONCURSOS ESPARAVÁN

Concurso Concurso Tarxetas de nadalTarxetas de nadal

ConcursoConcursodede

MáscarasMáscaras

PREMIOSPREMIOS

MARCOS GONZÁLEZMARCOS GONZÁLEZNÚÑEZ. 2º ESO ANÚÑEZ. 2º ESO A

IVÁN GARCÍA GARCÍA3º ESO A

PAULA CASADO - PATRICIA CID 3º ESO B

LILIANA SILVA CARBALHO3º ESO A

RAQUEL DE DIOS PÉREZ.RAQUEL DE DIOS PÉREZ.1ºA BAC.1ºA BAC.

LARA FERREIROLARA FERREIROGÓMEZ. 1º ESO AGÓMEZ. 1º ESO A

18

Page 19: Revista Esparaván 2003

ZONACONCURSOS ESPARAVÁN

ESES OLLOS TRISTES

Eses ollos tristesque me miran.

Eses ollos tristesque me miranque me odian.

Eses ollos tristes que algunha vez destilaron alegría,

agora sofren a súa rebeldía.

Eses ollos tristesque algún día me quixeron

agora ódianme co seu corazón sincero.

Eses ollos tristesque nunca antes sufriran desamor

agora choran a dor do amor.

Eses ollos tristes que agora

sofren esa dor,nunca máis volverán

a amar con ardor.

Eses ollos tristes que me miran.

Eses ollos tristes que me miran,que me odian.

ROCÍO PRADO CONDE

A MULLER DOS MEUS OLLOS

A muller dos meus ollos,é tan fermosa,

coma o olor dunha rosa,tan suave e tan amorosa.

Os seus ollos negros,craváronseme coma espadas,coma se fosen enfeitizadas,

co amor das súas fadas.

A muller dos meus ollos,aloumiña unha rosa,

coma a súa pel agarimosa,coma a súa pel amorosa.

A muller dos meus ollos,na noite de San Xoán durmiuse,

e na súa casa viuse,durmindo coma unha deusa.

A muller dos meus ollosen pleno día se marchou,

e cando ela se virou,da miña alma se olvidou.

LUIS CARBALLO SIMÓN.

ConcursoConcursoSan ValentínSan Valentín

19

A MIÑAROSEIRA

Page 20: Revista Esparaván 2003

TODO SOBRE O INSTITUTO

Ó TEU ALCANCE

ESPARAVÁN