Revista Galego e Normalización MGB

22
A revista do Departamento de Galego e o Equipo de Normalización sae á luz Non só temos diversas aulas virtuais e blogs; non só temos clases e libros; non nos limitamos a crear música, pelis, cadros, fotos, escultura...No IES temos unha revista na que podemos ver os traballos realizados nas aulas de Galego e os méritos dos nosos alumnos en distintos ámbitos. A CREATIVIDADE TEN UN IMPORTANTE LUGAR NA NOSA REVISTA Os alumnos do IES García Barros gañaron algúns premios literarios, pero ademais participaron en moitos outros concursos promovidos polos profesores do departamento. Dalgúns deles tendes aqui algúns fragmentos. Pretendemos dar a coñecer os traballos feitos polos nosos alumnos, e as actividades realizadas polo departamento CIUMES. É unha micromovie feita en tempo de gardas para o concurso CeMit O guión é de Marcos, pero coas ideas de toda a clase. Protagonistas, todos; dirección: Martín. PREMIO. Martín Mato, de 3 B, recibe o agasallo do concurso Aspamite do ano pasado. Noraboa, Martín. Libros para todos. Na biblioteca do Centro podes atopar unha sección de libros en galego...esperamos que, dentro duns anos, os nomes dalgúns de vós estean entre os autores deses libros EN GALEGO MGB PROPÓN, OS ALUMNOS CREAN NÚMERO 1 REVISTA DO DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS DO IES MANUEL GARCÍA BARROS Durante o curso 2011/12 os profesores de Lingua e os alumnos fixeron conxuntamente moitas actividades que non poden quedar no esquecemento. Este e un instituto activo e notase. Velaiqu tendes reflectidas algunhas das actividades que se promoveron desde o Departamento de Lingua e o de Normalización.

description

Publicación do Departamento de Lingua e Literatura Galegas do IES Manuel García Barros da Estrada, con colaboracións creadas polos alumnos e reseñas das actividades promovidas polo depto.

Transcript of Revista Galego e Normalización MGB

Page 1: Revista Galego e Normalización MGB

A revista do Departamento de Galego e o Equipo de Normalización sae á luzNon só temos diversas aulas virtuais e blogs; non só temos clases e libros; non nos limitamos a crear música, pelis, cadros, fotos, escultura...No IES temos unha revista na que podemos ver os traballos realizados nas aulas de Galego e os méritos dos nosos alumnos en distintos ámbitos.

A C R E AT I V I D A D E T E N U N IMPORTANTE LUGAR NA NOSA REVISTA

Os alumnos do IES García Barros gañaron algúns premios literarios, pero ademais participaron en moitos outros concursos promovidos polos profesores do departamento. Dalgúns deles tendes aqui algúns fragmentos.

Pretendemos dar a coñecer os traballos fe i tos po los nosos a lumnos , e a s actividades realizadas polo departamento

CIUMES. É unha micromovie feita en tempo de gardas para o concurso CeMit O guión é de Marcos, pero coas ideas de toda a clase. Protagonistas, todos; dirección: Martín.

PREMIO. Martín Mato, de 3 B, recibe o agasallo do concurso Aspamite do ano pasado. Noraboa, Martín.

Libros para todos.

Na biblioteca do Centro podes atopar unha sección de libros en galego...esperamos que, dentro duns anos, os nomes dalgúns de vós estean entre os autores deses libros

EN GALEGOMGB PROPÓN, OS ALUMNOS CREAN NÚMERO 1

REVISTA DO DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS DO IES MANUEL GARCÍA BARROS

Durante o curso 2011/12 os profesores de Lingua e os alumnos fixeron conxuntamente moitas actividades que non poden quedar no esquecemento. Este e un instituto activo e notase. Velaiqu tendes reflectidas algunhas das actividades que se promoveron desde o Departamento de Lingua e o de Normalización.

Page 2: Revista Galego e Normalización MGB

UNHA ASIGNATURA DE CINE

• • •

O ano pasado algúns textos creados polos alumnos de Lingua Galega foron gravados e editados polo Departamento de Galego, foron Química e Falamos Nós. Estas peciñas participaron en Son de cine e en Ouff Escola.

Este ano os nosos compañeiros de 3º A crearon para o festival Amal unha peza titulada Revolución Cultural. Estes mesmos alumnos prepararon tamén unha micromovie que se titula Ciumes, e que está agora mesmo en votación no concurso CEMIT.

Revolución Cultural é un collage de pinceladas recollidas no instituto, para ofreces a visión que os nosos alumnos teñen do que é para eles unha revolución.

Ciumes é a historia dun rapaz que ataca a un compañeiro e chantaxea a o u t r o . P e r o u n e q u i p o d e investigadoras descubrirá cales son todas as consecuencias dos seus actos.

Cun traballo sobre os tipos de comunicación, os alumnos de 1º de ESO C fixeon en titoría un traballo no que probaron as dificultades que

pode ter un minusválido para moverse, relacionarse, comunicarse c o n o u t r o s , a p r e n d e r, i r a o instituto...Este traballo participa t a m é n e n O u f f E s c o l a , o n d e esperamos que goce de tanto éxito como no Concurso Escolar Once, no que acadou o primeiro premio na categoría B a nivel autonómico.

Os alumnos galardoados están invitados pola organización do concurso ONCE a visitar Madrid para

a entrega de premios a nivel estatal. Desexámoslles moita sorte.

O CAMIÑO MÁIS CURTO

O camiño máis curto cóntanos a historia dunha moderna carrapuchiña que é atacada, non polo lobo, senón polos zombis que a invitan a bailar.

Os alumnos de Agrupamento de 1º A traballaron as características da narración e posteriormente crearon un pequeno guión que eles mesmos protagonizaron.

ENTREGA DE PREMIOS ZOMBIE WALK

Os alumnos de Agrupamento recibiron o segundo premio do concurso de curtas Zombie Walk, aínda que non estaban todos , había unha boa representación. Como premio recibiron un lote de libros, discos e camisetas. Despois gozaron da boa compañia e dos canapés que lles ofreceron

Tamén par ticipaban neste concurso outros compañeiros do instituto, que se fixeron co primeiro premio con La máscara de Ursula Miller.

O venres dia 13 de xaneiro fíxose panic A Estrada un concurso de películas de medo onde todos os veciños da Estrada disfrazáronse de zombies fóronlle metendo medo a todos os veciños e polos comercios. Neste acontecemento que fixo Pedro Perez non só se fixo a película de Panic tamén se fixo O Camiño Mais Curto, La Mascara De Úrsula Miller ... Lucía González

Page 3: Revista Galego e Normalización MGB

ENTREVISTAS

ELES SONProfesor: Carlos Loureiro

Alumnos:

Javier Cabalar

Catuxa Casal

David Cofán

Diego Gómez

Gonzalo Louzao

Andrea Pérez

Noa Pérez

Marcos Regueiro

Laura Sanmartín

Natalia Soto

David Suárez

Andrés Troitiño

SOMOS UN GRUPO DE ALUMNOS DO IES MANUEL GARCIA BARROS, E TRABALLAMOS NA ASIGNATURA DE LITERTURA GALEGA DO S.XX E DA ACTUALIDADE.NESTA PÁXINA TRABALLAMOS NAS DISTINTAS ARTES NAS QUE INFLÚE A LITERATURA GALEGA, E COLGAMOS TANTO TRABALLOS DE CREACIÓN PROPIA COMO DA AUTORÍA E OBRAS DA NOSA LITERATURA. ENTREVISTAS A DIVERSOS ESCRITORES GALEGOS DE ACTUALIDADE

No blog As nosas letras podes atopar case todos os traballos feitos polos alumnos na asignatura de Literatura Galega do s.XX de 2º de Bacharelato.

A través desta páxina podes ver como se traballa nesta asignatura.

Outros traballos Literatura Galega

2ºBach

Letras estradensesGalería imaxes escritores invitados

O b ra d o i ro d e c re a c i ó n literaria

Xornais e revistas en galegoNós, os alumnosOutras artes relacionadas

NÚMEROSForon entrevistados

14Entrevistadores

12

Page 4: Revista Galego e Normalización MGB

CREACIÓNS POÉTICAS DE ALUMNOS

O GALEGO

Con esta lingua tan bonita

o meu corazón palpita.

Cando o seu son entre nos meus oídos

sempre será ben recibido.

Con palabras tan fermosas

coma as flores das mimosas.

Tan fermosas coma o Arco da Vella,

coma saídas dunha fervenza.

Procedente do latín,

así nos veu o galego,

na Estrada ou en Marín

mariñeiros e labregos.

Cando eu a escoito

síntome na gloria,

e cando a falo

conto a súa historia.

Ségueme a todas partes de Galicia,

compañeira inseparable

sen malicia.

Sempre a gardarei cando a fale.

Quen lle dera a todo o mundo

polder falar este idioma,

que ricos os vagamundos

que falen galego

anque non coman. MATEO

Ti, a miña rula fasme sentir a lúa. Ti es o meu alento que me fai sentir contento. Eu, a túa flor e xa non tes dor. Eu, o teu resplandor, este é o noso amor. Nós os dous xuntiños no camiño, imos tirando a modiño. Ti, o meu amor, eu, o teu calor.

Paloma Leis

Un día sen ti

Un día sen ti é coma o día sen luz, coma a noite sen durmir, coma un xardín sen flores.

Un día sen ti é coma o océano sen peixes, coma o río sen pedras, coma unha árbores sen follas.

Un día sen ti e o algo faise nada, e sinto que eu non son nada sen ti. ...sen ti, non podo vivir máis.

Miguel Rodríguez

Emilo Andújar

Paulo Brea

A poesía dá vida ás cousas inertes

do día a día.

A poesía ten a rima

do poeta sen pruma.

Quen escribe con rima

será poeta

na seguinte vida.

Suso Bascuas

Page 5: Revista Galego e Normalización MGB

Están namorados

pero ninguén o acepta.

Quedan ás agochadas

sen que ninguén os vexa.

Porque xente que pasa

míraos mal.

Son os dous prohibidos

que namorados están.

Buscan un lugar illado

so, sen ninguén.

Pero nunca o atopan

porque sempre hai alguén,

alguén a quen non queren ver,

alguén que está onde non debe ser.

Eles saben que non se poden amar.

Pero a paixón é tan grande...

non o poden evitar.

Ata que un día,

chegado o final

danse o primeiro bico...

Pero, a soas,

para que ninguén poida opinar.

Elisa Barcala (2ºESO)

As árbores cantan a súa resposta ao vento,

Mensaxeiro de bens e males, pastor das

mágoas,

Das lembranzas agora fundidas polos raios

do sol.

Nacen as cores, medran de novo os días

E as raíces do noso amor apértanse

fortemente.

É a primavera do meu amor,

Compositor de interminables melodías.

Pequenas gotas de auga caen sobre nós.

Hoxe o meu mundo sorrí

Vendo amor nos teus ollos e flores no teu

cabelo.

ALOITADOR.

É o vento o que fai mover as túas crinas

como as ondas do mar nun día de

treboada.

É a miña forza contra a túa,

o domador contra o domado.

Os teus rinchos son golpes

que baten unha e outra vez na miña

mente .

Loita, besta, sen piedade neste día.

A escuridade na túa alma non se divisa,

está máis que agochada no teu corazón.

Libérate, libérate, besta!

Eu quero soñar,

Quero pasear sobre as estrelas,

Voar sobre as nubes.

Voar sobre as nubes.

Quero ser libre,

Sentir a doce brisa campestre na miña

cara.

O tacto da herba fresca nos meus dedos,

Escoitar as bágoas que xogan no regato,

As bágoas dun mundo solitario,

Dun paxaro que non atopa o seu niño,

Dunha nena namorada,

Dun inocente asasinado.

Disculpen mentres bico o ceo.

Manuel García (4º ESO)

Caligrama de Brais Cagide

Page 6: Revista Galego e Normalización MGB

En primavera, poesía. A NATUREZA

A natureza sérvenos para vivir,

grazas a ela podemos sentir,

a alegría de sorrir,

e todo conseguir.

Se a natureza non existise

non poderiamos facer

moitas das cousas

que imos aprender.

Se a natureza queremos coidar

moito temos que reciclar,

e así podemos pintar

a ledicia que nos ha de alegrar.

María Somoza

ABRÍN OS OLLOS

Abrín os ollos. Empezou

O conto. Coma noutra

Historia.

Comeza así.

As follas caen das árbores

Coma do ceo caen os amores,

Eses amores son coma o mar,

Coma a chuvia ao a ver voar.

Comezou a época do frío,

Que a tiña que tomar con fastidio.

As nubes, a traballar.

O ceo a chorar.

Pronto as flores florecen

A chuvia a caer.

Con ledicia e cancións

Énchense os xardíns de emocións.

Esta época comézase na mariña

Ou tumbada na piscina.

E con fe e esperanza

Acaba este conto

Para dar paso a outro.

Noemí Turnes

UN AMOR INTENSO A túa pel, os teus ollos, as túas mans, o teu corazón. Os teus ollos de cristal, as túas delicadas mans, o teu bo corazón, iso é o que me gusta de ti. Ás veces discutimos e ás veces enfadámonos, pero sempre, sempre, nos arranxamos.

Un amor intenso Marcos Valcárcel.

Debuxo de Sandra Pérez

Page 7: Revista Galego e Normalización MGB

Perdín un bico.

Perdín un bico na sombra,

Non sei se ata ti chegou.

Os meus beizos están tristes,

A ver se algúen o atopou.

Xa falei coa roseira

Da miña tía María

E dixo que non o viu.

Tamén falei coas pombas

Do meu curmán Tomás.

Non caeron cara min,

Falei coas camelias

Da miña avoa Amelia.

Miraron para outro lado

Contando desculpas mil.

Perdín un bico na sombra,

Con tantas bágoas levadas

Coa chegada da lúa.

Era un bico silandeiro,

Era un bico namorado.

Rubén Sangiao

NECESITO

Necesito o teu amor

para ver nos teus ollos

o teu sorriso.

Para sentir na túa pel

os teus beizos

con sabor a mel

Para oír pola túa boca

os teus cantares de amor.

E poder estar

ao teu lado

para sempre

sen dor.

Antía Paz

Raquel Fragio

Sarai Louzao

Thais Rey

Page 8: Revista Galego e Normalización MGB

Xoel Yáñez, Sabela Arán, Ignacio Villar e Rubén Riós

• • •

PRESENTACIÓN PARA 3º ESOOs alumnos de terceiro curso a s i s t i r o n n o m e s d e a b r i l á presentación que algúsm membros do equipo da película viñeron facer ó Centro.

Os alumnos gozaron coas imaxes, as bromas e as anécdotas que contaron os integrantes do pequeno grupo, e

mostráronse moi interesados pola presentación que fixeron sobre como se fai unha película e as dificultades e satisfaccións que leva consigo.

Os actores e o director fixéronse ao final moitas fotos cos nosos alumnos, que se mostraron encantados.

O director, Ignacio Villar, e o actor Rubén Riós, comentáronlles aos alumnos que era moi importante que a s ú a p r o d u c i ó n a n t e r i o r , Pradolongo , feita en galego, tivese tanta sona nos festivais de cine fóra das nosas fronteiras.

Algúns alumnos foron xa a ver a película Vilamor, que se proxectaba ese mesmo día na Estrada, e c o n f e s a r o n s e n t i r s e m o i emocionados con ela.

A caravana Vilamor chega ó MGB

Typewriter, os premios de relato curto da Cidade da Cultura

Dúas alumnas do noso instituto gañaron o prezado galardón

D i v e r s o s m e d i o s l o c a i s fixéronse eco da nova. Mariña Pena e María Vilamor, alumnas de 1º de ESO do MGB, gañaron o primeiro e segundo premio do concurso de relato breve que convocaba Cidade da C u l t u r a . Va r i o s a l u m n o s participaran neste concurso tras unha visita á exposición sobre máquinas de escribir, e o concurso foi moi promocionado polos profesores de galego. As alumnas obtiveron un diploma acreditativo, así como diversos agasallos. S a b e m o s q u e e s t á n p a r t i c i p a n d o n o u t r o s c o n c u r s o s , a s í q u e l l e s desexamos tanta sorte coma neste.

Page 9: Revista Galego e Normalización MGB

RELATO CURTO DE PRIMEIROMariña Pena

Mariña curso 1ºC de ESO no noso instituto. Foi a gañadora do concurso Typewriter da Cidade da Cultura celebrado o pasdo inverno.

Nestoutro relato ofrécenos unha visión persoal sobre relacións humanas. celebrado o pasdo inverno.

SOBRAN AS PALABRAS

Xulio naceu o 20 de marzo de 1821 e a día de hoxe, 20 de marzo de 1835, cumpre 14 anos, mais non ten ninguén con quen celebralo. Xulio non ten pais, porque os dous morreron e ningún orfanato sabe falar con el, porque el non fala: é un rapaz mudo.A Xulio ensináronlle a comunicarse cos demáis os cregos da parroquia na que antes vivía. Agora Xulio vive nunha cidade moi grande na que todo é gris. O único bo dese lugar é Gabriela, a filla do alcalde, que tiña a mesma idade ca el. A Xulio vólveo tolo Gabriela. Ella é branca coma a neve, cunhas mans suaves e finas coma a seda. O pelo é tan negro e profundo que se diría dun labirinto de fantasía; e os seus verdes ollos son o estanque que mira Xulio durante horas. A Gabriela tamén lle gusta Xulio. Cada vez que o ve lánzalle un sorriso con cheiro a froitas. Pero era imposible que Xulio conquistara a Gabriela; ela sempre andaba rodeada de catro ou cinco “moscóns” que non a deixaban tranquila. Cos seus traxes de etiqueta só lle facían preguntas absurdas.Un día, cando os pretendentes marcharon, Xulio seguiu a Gabriela ata a fonte do parque onde ela sentou nun banco de pedra mirando a auga, con cara de pena.Xulio saíu do seu agocho e achegouse á rapaza. Pousoulle unha man no ombreiro e ela mirou os seus ollos azúis para logo esbozar un sorriso. El tendeulle a man en sinal de que o seguira e a rapaza entendeu o xesto, porque nese momento, sobraban as palabras.

Levouna ata un paseo afastado do parque e da cidade, preto dun

edificio enorme. Alí, sentados no céspede miráronse intensamente á luz da lúa. Xulio colleu aire e pronunciou unha

palabra... Pero, de súpeto, alguén berrou. Xulio ergueuse e foi correndo á

procedencia deses berros. . Viñan do edificio que estaba preto do paseo: ardía. Xulio volveu escoitar os berros de socorro que viñan do soto. Correu ata alí e descubríu dous nenos chorando. Colleunos no colo e levounos ata fora, pero, no vestíbulo da casa caera unha viga e non podía pasar.

Alumno de 1º ESO B. Foi o gañador do Concurso de Contos Aspamite

Guillermo Fernández ..................................................

Augurámoslles moita sorte no mundo da creación literaria

María Villamor....................................1º ESO A. Segundo

premio Typewriter

Page 10: Revista Galego e Normalización MGB

Xulio deixou os dous nenos e voltou ao soto a abrir unha ventá, pero cando chegou, a gran porta de metal que daba ao vestíbulo caéralle sobre o pé e non o daba movido. Nisto alguén tirara a ventá: Gabriela. Seguira a Xulio e agora intentaba salvalo. Xulio negou varias veces coa cabeza. Gabriela non puido evitar as bágoas. Escoitou un golpe. Os bombeiros entraron a salvalos. Gabriela mirou intensamente a Xulio e este sinalou a saída. El sabía que primeiro levarían á filla do alcalde.− Non permitirei que te deixen!- dixo ela, chorando.Escoitáronse pasos. Xulio sorríu. Sabía que eran os bombeiros. Moveu os beizos unha vez máis intentado dicir “adeus”, pero Gabriela non lle deixou porque pousou os seus beizos nos del. Os bombeiros chegaron e seguíronos. Cando Gabriela estaba fóra a casa caeu, e ela soltou un grito afogado...

Unha semana máis tarde, Gabriela estaba no paseo onde a levara Xulio por última vez. Alí recordou esa mirada e a palabra que Xulio dixera coa súa voz sen son. Era tan difícil de adiviñar... De súpeto ergueu a cabeza e abríu moito os ollos que deixaron escapar unha bágoa. Colleu aire e deulle son a esa palabra:− Quérote.

MARIÑA PENA

Gravado de Ariadna Silva

Nunha selva cerca do río Miño estaba a piques de nacer unha ratiña. Pouco despois do nacemento apraeceu por aí un vello león que falaba entendía todos os idiomas, por iso era o rei da selva. O león levaba unha cara de poucos amigos que fixo que todos os animais daquela zona escaparan, aínda que o león o que quería era ir ver ó novo membro da familia da selva. Pasaron os meses e a ratiña comezou a falar, pero...falaba en CASTELÁN! Todos os animais rexeitaban esa ratiña. Alí estaba prohibido falar castelán. O león chegou e comezou a falar coa ratiña para convencela de que non falase castelán. E díxolle:- Ti non sabes que aquí non é normal que se fale castelán? - Si, lo sé- Entón por que o falas?.- Preguntou o león.- No lo sé. ¿Tú por qué hablas gallego?- Dixo a ratiña. - Porque estamos en Galicia e aquí fálase galego.- Ya, pero Galicia está en España, y en España se habla castellano.- Xa, xa..., pero aquí nesta selva hai unhas normas, e hainas que cumprir. - Y si no, ¿ que?- Pois que te vou ter que comer!- Pues adelante.- Nooooooon!- gritou a nai.- Deixa de dicir parvadas, e pasa para casa agora mesmo!- Se non vas para casa vaite comer o león.

A RATIÑA NA SELVA (Fragmento)Por Loyola Silva

Page 11: Revista Galego e Normalización MGB

Tremor

por Guillermo Fernández1º ESO B

• • •

Bebeu o último grolo da botella, que lle obrigou a pechar os ollos e a que unha bágoa correse pola súa meixela que se mes tu raba coa suo r. Decatouse de que xa pasara a medianoite e de que a fiestra estaba aberta. Levantou apoiándose na cama e acercouse a xanela. Desde alí podía ver como o horizonte se tragaba o mar. Cando era pequeno, adoitaba camiñar coa axuda da súa nai, afundindo os seus pés na area. Pero o horizonte tamén a tragou a ela. Aquela imaxe fixo que se lle revolvese o estómago e tivera gañas de vomitar. Maldiciu o seu corpo eivado.

A súa coidadora marchara hai unhas horas, pensando que estaba durmido. Sen esperar a que se fixese de día, colleu as muletas e saíu ao recibidor da casa. Era unha vivenda sinxela, cun teito cheo de goteiras e cunhas paredes con humidades. Antes de cerrar a porta revisou a casa.

Cando saíu a rúa notou un calafrío

percorréndolle as costas e un nó na gorxa. Era unha noite sinxela, sen unha lúa bonita e cunha temperatura apracible. A praia estaba a uns metros da súa casa polo que non tiña que camiñar moito; pero os seus pés eivados facían daquel paseo unha maratón. De súpeto, volveu notar como o seus pés volvían afundirse e a mollarse. A marea estaba alta polo que lle cubría máis aló dos nocellos. De socato, notou como as súas pernas cedían e o seu corpo se desvanecía coma se todo o seu corpo se apagase . Os seus b razos quedáronse sen mobilidade polo que non podía nadar.

Entón, alí, debaixo da auga, veu a súa nai. Coma unha serea de vellos contos de piratas. O seu cabelo de cor abelá ondeábase ao son do mar. O seus ollos verde esmeralda distorsionábanse coa auga. El quixo ir con ela, descubrir novos mundos submarinos onde puidese camiñar. Pero ela empezou a desaparecer e un raio de sol deslumbrouno.

Notou unha carga eléctrica que lle percorría todo o corpo e saía cunha brusca sacudida. Unha e outra vez ata que pouco a pouco foi perdendo a conciencia.

Cando espertou deuse de conta de que o seu pai estaba alí. Estaba lendo un xornal antigo, coma sempre co seu aspecto de bébedo. Veu espelirse

o seu fillo e levantouse tremeroso.

-Como o fixeches? O suicidio e a última opción… -dixo cunha voz enfadada-. Sei que non estiven contigo pero…

-Papá…non…eu…non… -dixo cansado-.

Unha enfermeira inxectou unha xiringa no brazo do paciente.

- P a b l o , - r e c i t o u o p a i - . A discapacidade non está nas persoas cunha eiva senón nas persoas mais sas.

“Para que quero pernas para camiñar, se teño ás para voar”

–Frida Kahlo

Page 12: Revista Galego e Normalización MGB

por Catarina Barcala 4º ESo• • •

ESTÁBANOS A ALCANZAR, NON PODIAMOS CORRER MÁIS RÁPIDO. ERA UN PESADELO...PERO ERA REAL.

Queríanos mortos, a nós, uns rapaces que non

acadabamos a maioría de idade. Por que? Non

tiñamos a menor idea.

Pasamos uns intres moi nerviosos mais pronto

calmou a cousa, meus pais xa estaban

acostumados a ver a Óscar por aquí e non se lles

fixo moi estraño. El marchou as seis, despois de

comer aínda nos deu tempo de xogar unha

partida as cartas e botar unha parrafada. Supoño

que o día non foi tal e como esperaba pero non

estivo de todo mal, sobre todo pola compaña.

Cando estivemos meus pais e mais eu sos,

comenteilles o da viaxe, claro está, primeiro

asomeilles as notas...

-Veña papá, sabes que son responsable e coñeces

os meus amigos perfectamente. E mira que notas

tan boas saquei.

-Xa, Arancha, pero non é por iso, ti ben sabes

que coa avoa tan enferma non nos podemos

permitir o luxo de ter unha viaxe.

-Miña rula, temos que ir todo o Nadal a casa da

avoa a non ser que mellore. Comprendes a nosa

postura?

-Si mamá pero vos tamén tendes que

comprender que preciso descansar despois dun

trimestre tan duro coma este.

-Xa veremos como van as cousas.

Así acabou a conversa, esa que eu xa daba por

aceptada antes de comezar. E mira por onde,

negáronme a proposta.

Noite escura, noite de medo, noite de pesadelos,

noite de soños rotos en cen pedazos, noite de

fuxida... Si, fuxida, oxalá eu puidese fuxir, pero

non podo. Ónde vai ir unha rapaza de 16 anos?

A ningunha parte. Coidar a avoa, si home! Se

polo meu aniversario nin me veu visitar nin

regalo ningún me fixo. Coidar a avoa, vaia

parvada, como se non se puidese coidar ela soa,

estivo soa toda a vida e agora precisa da nosa

axuda. Parece que o estivese planeando, voume

poñer enferma agora para que Arancha non

poida ir de excursión cos seus amigos, o que

estivo planeando durante dous anos. Maldita

vella, pois que saibas que Arancha vai ir igual,

non sei como, pero vou ir.

( Fragmento)

O abeiro da morte

Gravado de Orquídea Salinas

Page 13: Revista Galego e Normalización MGB

O diario maníaco depresivo de Sonya Otero (Fragmento)

Por Orquídea Salinas (4º de ESO)

Mark De Lincourt, ó parecer era francés, ou algo polo estilo. Acábame de interrogar una muller. Non, non é coma

as de CSI, esta é gruñona e fea, para que negalo. Cáeme moi mal, incluso a poría na miña lista de persoas ás que lles deixaría una bolsa de merd* (Odio que este móbil teña bloqueadas as palabrotas: put*, rapos*…) na porta e sairía

correndo. Si, iso sería moi divertido...

O que ía, resulta que esta muller, de nome descoñecido, empezou a botarnos a bronca por estar no bosque Da Lúa (eu tamén creo que é un nome rídiculo, pero o alcade é un vello senil). Sucedeu desta maneira:

-Rapaces é que non tedes nin idade para saír de casa sos! Non sei que con* pintabades aquí! Estou segura de que tedes algo que ver… E descubrireino, como que me chamo Muller Aburrida e Moimoi Molesta-. Berrou, xa sei que

non se chama así, pero tampouco quero escribir o seu nome… É tan común. María García. Ups, fallo meu.

Nese momento vin a cousa máis divertida e inapropiada que podería pasar nese momento. Natalia, tamén coñecida como Hermelinda na miña mente nese momento, puxo a súa pose de arrogancia. Ás veces penso que ti es

coma unha persoa e xa sabes como é todo pero non é así.

A cousa é que a pose de arrogancia de Natalia rivaliza coa de calquera esnob. Ela arquea unha cella suavemente, mentres te analiza coa ollada, logo sorrí, pero non cun sorriso agradable. É un que arrepia, parece que di:

“Atréveste? Pois eu ca ti non o faría”. E por último ela rise suavemente, coma se escondera un segredo. Sempre crín que Natalia o aprendeu das telenovelas, pero non estou segura, e non quero preguntalo porque podería morrer asasinada.

A avoa levantouse e mirou dentro dun caixiña de madeira onde gardaba estampas de santos, e sacouna.⁃" Mirade, era tal coma esta. Era unha tarxeta branca, con un texto que decía:Ident ificación del personal de SAME Amador Pérez Casas. Número 009984758938765983746958209857 Encargado del encubrimiento de material.⁃" Avoa, ti sabes quen é Amador Pérez Casas?- Preguntou Xavi.⁃" Si. Era o xefe dunha empresa de conservas que había antes no pobo. Entón fun falar con el. Dirixinme á fábrica e pregunteillo. El díxome que aquel suceso fora un accidente, e que non era a súa intención, o que pasa e que non lle gustaba nada que andivésemos por alí. Eu enchínme de valor e pregunteille: 'Pero, se isto é unha empresa conserveira, porque lles interesa agochar diñeiro?” E el contestoume: “Teus pais non cho contaron? Pois dende que acabou a Guerra Civil, os homes do pobo traficamos con wolfram, o mesmo que teu pai. De todas formas teu pai xa sabía que disparara a Pepe, e a verdade non lle importou moito, e ten razón, era necesario, non iamos estropear o negocio por culpa dun rapaz que intentaba roubar unhas moedas, moedas que a el non lle pertencían.” Dende aquel momento perdín totalmente o contacto con meu pai e pronto morreu. Non vos imaxinades o mal que me sentou oir eso.

O morto (Fragmento)

Por Sofía Carballude (4º de ESO)

Page 14: Revista Galego e Normalización MGB

Cómics

Page 15: Revista Galego e Normalización MGB

Os a lumnos de Bacha re lato visitaron o Salón Teatro• • •

A obra de Talía Teatro, Pelos na Lingua, con guión de Avel ino González deleitou aos alumnos do MGB.

UNHA OBRA CUN PREMIO MAX DE TEATRO AO MELLOR GUIÓN EN GALEGOA obra presenta as situacións conflitivas co idioma, invitando á reflexión sen esquecer o humor e a ironía. O elenco está formado por Toño Casais, Artur Trillo e María Ordóñez.

A obra obtivo recentemente o premio Max ao mellor guión. O seu autor foi entrevistado polos alumnos deste instituto durante o curso pasado.

PELOS NA LINGUA

As futbolistas Loyola Silva e Carlota SoutoLoyola meteu catro goles na liga, foi capitana unhas cinco veces, leva o dorsal 10, xoga de dianteira e defensa. Carlota é porteira. Gañou un campionato de fútbol sala e espera gañar outro este veránCarlota e Loyola xogan no FSF Mesón Río Ulla. (Por Evelyn e Ana)

Foivos máis difícil poder xogar nun equipo de fútbol por serdes mulleres?

L-Ás veces fíxoseme difícil facer este deporte, pero xogando en equipos con rapaces, e contra rapaces, síntome orgullosa, pois algúns machistas danse de conta de que unha muller pode xogar igual ou mellor ca eles.

Algunha vez gañaste un premio ou un campionato? Se é así, como vos sentistes?L-Si, gañamos un torneo de fútbol sala, foi moi emocionante. A que futbolista vosgustaría parecervos?C-A min a Casillas. L-A Ozil, porque é un bo xogador e encántame a súa técnica de xogo. Que equipos son máis difíciles? C-Desde logo, os que van de primeiros, son os mellores. Contra quen xogades? L e C-Contra nenos que xogan en equipos de Santiago, Algúns dos equipos son: La Salle, Victora FS, Os Viquingos de FS, Xacobeo Lobelle de Santiago FS cadete.

ENTREVISTAS

Page 16: Revista Galego e Normalización MGB

MARÍA VARELA• • •

• POR DAVID LATORRE. A persoa da que imos falar é María Varela, profesora de música que imparte 2º,

3º e 4º da ESO do instituto IES Manuel García Barros, situado en A Estrada, Pontevedra.

-Dende cando levas traballando de profesora de música?

-Dende 1996.

-Gústache o teu traballo?

-Sí, gústame moito.

-Pensaches algunha vez que chegarías a ser profesora de música?

-Ata uns anos antes de selo non; nunca souben a que me dedicaría. Había moitas disciplinas que me gustaban

ademais da música; especialmente a pintura, e tamén a antropoloxía.

-Qué é o que máis che gusta da música?

-O que me gusta da música é a súa capacidade para conectarnos co noso ser máis esencial, para espertalo e darlle forza. O que máis me gusta de ser profe de música son os meus alumnos, e intentar que eles nalgún

momento descubran neles o anterior.

-Qué tipo de música che gusta?

- Gústame a música que me move algo por dentro. Isto pode ser Bach ou un tema popular siciliano.

-Recomendaríaslle coller esta asignatura a alguén que lle guste a música?

-Por suposto que lla recomendaría a quen lle guste a música, pero realmente lla recomendaría a todo o mundo polo que pode aportar, máis alá do estrictamente musical. E o ben que se pasa, claro.

MARÍA :

“Recomendaríalle a música a todo o mundo polo que pode aportar”

ENTREVISTA A AMALIA GOLDARPor Brais Somoza

Amalia Goldar é Concelleira de Servizos Sociais do Concello da Estrada. Acaba de estrear cargo.

En primeiro lugar, agradecerlle que nos concedese un pouco do seu tempo. En que consiste o seu traballo?Fundamentalmente en coordinar as distintas áreas ou departamentos que se engloban dentro do Departamento de Asuntos Sociais, como a asistencia a persoas dependentes, actividades para maiores, para nenos (coma os campamentos urbanos), un servizo de comida a domicilio a aquelas persoas que o necesiten. E cobertura e asistencia para persoas e familias con escasos medios económicos. Tamén temos que estar ao corrente dos diferentes programas ou axudas que poden vir doutras administracións, como a Xunta ou o EStado, e intentar mellorar, dentro das posibilidades, todos estes programas, procurando cubrir necesidades básicas do cidadán.

Considera que o mundo da política é máis difícil sendo muller?Non. Á hora de traballar o que importa son os teus coñecementos e habilidades persoais, o que si que é máis difícil é a conciliación da vida familiar e laboral, pois hoxendía as mulleres aínda levamos un maior peso nas responsabilidades do fogar e da familia.

Sendo vostede nai, encontra entón moi difícil compaxinar a vida privada e a profesional?Ben, nestes primeiros meses do meu traballo no Concello si que notei certa dificultade en levar o mesmo ritmo que tiña antes, pois ás veces hai actividades, traballos que non teñen un horario fixo, e hai que restarlle á túa vida persoal para poder atender as responsabilidades laborais tal e como estas o requiren. Cre vostede que nos iría mellor se houbese máis mullerse á fronte concellerías, empresas...é dicir, en cargos de importancia? Son as mulleres mellores xestoras?Non. Creo que a preparación, a adicación, a horadez, a constancia, son o que fan a un ser bo ou boa xestora, traballadora, empresaria, ou a actividade que sexa. Os homes tal vez teñan aptitudes distintas ás das mulleres, por exemplo, creo que as mullerse somos máis prudentes, dámoslles máis voltas ás cousas, pero son aspectos ou actitudes innatas ou noso xénero , non nos fan mellores nin peores.

Page 17: Revista Galego e Normalización MGB

Por Jorge Freire• • •

Primeiro os alumnos tiveron unha charla na sala de Usos Múltiples do instituto, onde lles falaron do que é o emprendemento, e as actividades

emprendedoras que se poden facer no rural. E faláronlles un pouco de Feiraco.Despois desta charla, que durou dúas horas, marcharon no bus cara Feiraco, en Negreira,. Ao chegar recibiunos a persoa encargada de visitas, que lles deu unha charla sobre como funciona

a fábrica, os tipos de leite que producen e os produtos ecolóxicos que comercializan.

Despois disto pasaron á visita guieda. Primeiro estiveron no lugar onde almacenan o leite, en bidóns xigantes. A segunda sala é onde envasan o leite e o preparan para transportalo. Primeiro, unha máquina pasa o papel que levan por fóra os briks. Despois, cando o cartón está cheo co leite, pasa por unha cinta onde unhas máquinas lles poñen os tapóns. Logo van a outro lugar onde se xuntan os cartóns en grupos de seis, e van así a unha gran caixa que os leva aos supermercados. Nesta sala hai unha sección que se ocupa dos

batidos. Todo está controlado completamente por máquinas.

Ao final da visita reuníronse nunha sala onde lles deron un agasallo: un cartón de leite, tres i o g u r e s , e t r e s b a t i d o s d e chocolate. Logo disto volveron ao bus para regresaren ao instituto.

Preguntámoslle a un dos alumnos qu e l l e p a r e c e u a v i s i t a e respondeunos: “Foi unha visita interesante. Aprendemos moito sobre o proceso de envasado e comercialización do leite”alumnos qu e l l e p a r e c e u a v i s i t a e respondeunos: “Foi unha visita interesante. Aprendemos moito sobre o proceso de envasado e comercialización do leite”.

Os alumnos do IES García Barros visitan Feiraco

Entrevista a Sergio Pampín López Por César Moreira (3ºA)

Sergio Pampín López é un alumno da clase de 3ºPDC. Un gran xogador de xadrez, posuidor do título de campión de xadrez do I.E.S Manuel García Barros no ano 2010-11. Actualmente compite polo mesmo título, contra o mesmo rival, un interesante duelo que se disputa o martes 12 de xuño.Sergio arríscase a perder a oportunidade de gañar de novo o título frente a Fernando Vázquez, que quedou na 2ª posición o ano pasado.

Pregunta: Como empezou a túa afección polo xadrez?

Resposta: Foi grazas á primeira película de Harry Potter cando aparece o xadrez xigante de pedra, dende aquel momento comecei a xogar.P: Onde e con quen xogas ao axedrez?R: Pois xogo habitualmente os sábados de 11 da mañá a 1:30 do medio día nas miñas clases de xadrez.P: Como te sentes cando xogas ao xadrez?R: Síntome intelixente.P: Cal foi a partida de xadrez máis emocionante ata agora, e por que?R: A máis emocionante foi á partida final do ano pasado, porque gañei un título.P: Sendo o actual campeón de xadrez deste instituto, como te sintes?R: Síntome como nunha escena da película de Harry Poter cando Voldemort baixa da moto.P: Cres que che superarán neste campionato?R: É posible...

OS ALUMNOS DE 3º DE ESO E DE 1º DE BACHARELATO DA ASIGNATURA DE EMPRENDEDORES DO IES MANUEL GARCIÁ BARROS FIXERON UNHA VISITA GUIADA Á FÁBRICA DE FEIRACO EN NEGREIRA

Page 18: Revista Galego e Normalización MGB

Excursión a Allariz

por David Latorre2ºESO A

• • •

Os pasados venres e sábado, 11 e 12 de maio, os alumnos de 3º e 4º da ESO do IES Manuel García Barros fomos de excursión a Allariz. O venres saímos de A Estrada ás 9:15 dende o instituto e chegamos a As Corcerizas, na provincia de Ourense ás 12:15. Nada máis chegar comemos un pouco para ter enerxías para as actividades.

Alí recibimos charlas sobre o compost e aforros de enerxía, de cómo orientar unha casa para aproveitar os recursos naturais o máximo posible, como facer obxectos para aproveitar as enerxías renovables, etc. Pouco tempo máis tarde, dividíronnos en 3 grupos, nos cales uns foron a facer váter secos; outros, ladrillos feitos con palla, bosta, auga e barro. Despois de rematar as actividades,

marchamos ás 18:00 para chegar ao noso albergue en Allariz. Cando chegamos fomos a un supermercado a comprar de beber e comer. Ás 21:00 fumos cear ao comedor daquel albergue, e rematamos ás 10. Despois desta cea, fumos ver unha película chamada “La guerra de los botones” que durou ata a 1:00, e cando acabou a película, algúns fóronse duchar e os outros durmir.

Ás 9:30 estabamos no comedor para almorzar. Despois do almorzo, ás 10:30, saimos a visitar o Museo dos Xoguetes e o Muiño de Allariz, entre outros. Estivemos percorrendo todo o pobo ata as 17:00, que foi cando nos metemos no autobús e paramos a descansar no río Miño e nun parque da zona. Ás 19:00 rematamos o noso tempo no Miño e volvemos a A Estrada ás 20:45.

CRÓNICA DUNHA VIAXE

Mapa dende A Estrada ata Allariz)

BICHOS, MEDICIÓNS E PEDRAZAS, Por Iago CouceiroOs alumnos de 3º ESO B do IES Manuel García Barros foron o pasado mércores á mostrear o Río Liñares.

A excursión comezou ás 10:25 coa saída en autobús desde o instituto. Chegamos ao río un cuarto de hora despois. Comezouse entón coa recollida de bichiños: tricópteros, planrias, c a r a n g u e x o s d e r í o . . . L o g o comezaron as medicións: caudal, velocidade, profundidade e anchura.

Despois disto tivemos algo de t e mp o l i b r e e u n p e q u e n o incidente. Por mor do lanzamento ao río de pedras e paos, un alumno caeu e quedou ferido na cabeza. Deunos un bo susto, pero grazas á rapidez e ao seu translado inmediato ao ambulatorio, todo quedou nunha anécdota e un par de puntos de sutura.

Page 19: Revista Galego e Normalización MGB

A PRAIA DOS AFOGADOS

Gravado de Catarina Barcala

O 17 de abril os alumnos de 1º de

Bacharelato fixeron o percorrido da Praia dos afogados. A actividade

consistiu nun percorrido polos escenarios reais que inspiraron a

novela de Domingo Villar, A

praia dos afogados, convertíndose

así esta acción, sen dúbidas, nunha das intervencións máis importantes

de todas as que hai no país arredor

do fomento da lectura.

A praia dos afogados é unha

novela que goza dun grande éxito

entre a poboación escolar galega,

moi en especial nos últimos anos da ESO e do Bacharelato. Consorte

con iso,o Departamento de Lingua

e Literatura galegas do García Barros promoveu este roteiro que

permite á rapazada, ademais de pasar un interesante día de

conv i venc i a no en to rno de

Monteferro ou a praia da Madorra, coñecer, en directo, os escenarios

que inspiraron ao autor na segunda aventura de Leo Caldas.

Page 20: Revista Galego e Normalización MGB

Finalmente si que puidemosOs alumnos de 1º de ESO do García Barros unímonos aos centros que foron ata Silleda a celebrar a festa da nosa lingua.

DEFENSA DO GALEGO EN SILLEDAO p a s a d o d í a 8 d e m a i o achegámonos á Praza da Feira Vella, para manifestar o noso interese pola lingua propia, e defender os seus dereitos. Había nenos ben pequenos, con carteis, pancartas e dorsais con palabras en galego. Nós levamos pancartas, bandeiras, gorras, e pintámonos as uñas e a cara con bandeiriñas galegas.

Tivemos música e animación, paseamos polas rúas de Silleda vitoreando á lingua, e finalmente tivemos unha solta de globos. Ehem....dúas soltas, porque o primeiro globo co nome do noso i n s t i t u t o f o i d e s a t a d o “ a c c i d e n t a l m e n t e ” p o r u n despistado compañeiro de 1º C.

Esperamos que con este e v e n t o t o d o s n o s animememos a participar activamente na defensa do galego, recoñecendo que é unha herdanza que non p o d e m o s d e i x a r d e t r a n s m i t i r a xe r a c i ó n s vindeiras.

Galego SI

NON FALAS GALEGO? POR ISO TES OS DENTES TAN FEOS. Esta pancarta tan simpática foi elaborada polos nosos alumnos de Agrupamento.

IES MANUEL GARCÍA BARROS CO GALEGO. As pancartas foron feitas de xeito artesanal uns días antes.

Eu <3 G-Esta era novidosa. Tanto que dicir con tan pouco texto. Lástima que era de papel, e rompeu axiña, porque, certamente, todos querían levala.

CORRELINGUA

OS ALUMNOS DE VARIOS CENTROS DE ENSINO ACUDIRON A LALÍN Á CHAMADA DE CORRELINGUA

Page 21: Revista Galego e Normalización MGB

Colleume a noite, noite brillante, cunha luniña feitas de xaspes,e fun con ela camiño adiante, cas estreliñas para guiarme, que aquel camiño solo elas saben.

Cantares GallegosRosalía de Castro.

Farenheit, literatura galega

LIMIAR TEATRO, EN COPRODUCIÓN CON VERBUM-CASA DAS PALABRAS, PRESENTOU ESTE ESPECTÁCULO NO NOSO CENTRO, PARA ALUMNOS DE 3º DE ESO

Por María Souto (4º PDC)

O pasado 14 de maio, representouse no noso centro unha obra de teatro titulada Farenheit, baseada na novela Farenheit 451 de Ray Bradbury, coproducida por Teatro Limiar e o Museo Verbum de Vigo.

O argumento desta obra, que combina narración, música e monicreques, trata sobre a historia de dous homes que están presos, que comparten o mesmo delito: ler; ler nunha sociedade do futuro onde a lectura está prohibida e os libros son queimados por bombeiros incendiarios.

Son lectores castrados nunha sociedade na que os libros son preservados na clandestinidade, alén do mar, na terra dos homes-libro. Así, cada unha destas persoas esqueceu o seu nome e tomou o do libro que protexe.

A historia é contada a partir dunha selección de textos literarios de importantes autores galegos e portugueses, como Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Lois Pereiro, Manuel Rivas, Fernando Pessoa, Martín Codax, Álvaro Cunqueiro ou Castelao, entre outros.

A min gustoume a obra porque, ademais de ser entretida, nos ensina que os libros teñen un significado e sempre teñen algunha mensaxe que transmitir ao lector.

Baseado e textos de

C E LS O E M I L I O FERREIRO ROSALÍA CASTRO M A N U E L ANTONIO

LOIS PEREIRO MANOLO RIVASPESSOA

A M A L I A RODRIGUES

MARTÍN CÓDAXÁ L V A R O CUNQUEIROE S T Í B A L I Z ESPINOSA

CASTELAO...

Page 22: Revista Galego e Normalización MGB

Xogos populares

TRADICIONAL

Participaron : 1º ESO

Ámbito: Tiitoría e optativas

Preparación: Aulas Abalar

Material: Marisa Otero e alumnos

OS XOGOS POPULARES, E TRADICIONAIS

Que farían os nosos pais e os nosos avós para entreterse? Como podemos entreternos sen xoguetes? Cando as videoconsolas aínda non se inventaran, cando o plástico aínda non formaba parte das nosas vidas, os rapaces tamén xogaban fe l i ces construíndo os seus propios xogos ou apañándose co que tiñan máis a man. Algúns destes xogos aínda se ven nos festivais de fin de curso, coma as carreiras de sacos, ou o tiro de corda, pero outros xa se perderon, como a Ra, ou as bonecas feitas con carozos de millo. Afortunadamente, somos hábiles e soubemos construír uns arcos, uns tirapedras ou un balón feito con papeis vellos. E pasámolo ben!

XOGOSPETANCA

TIRAPEDRASCORDA DE

SALTARGOMATABASARCO

ARTESÁNRAIOLA DO

SOLFUTBOL CHAPASALTA

CABALOZANCAS

PELOTA DE PAPEL

MARIOLA BUXAINA