Revista Nós Ana Fernández

6
146

description

Traballo de Ana Fernández sobre a revista Nós.

Transcript of Revista Nós Ana Fernández

Page 1: Revista Nós Ana Fernández

146

Page 2: Revista Nós Ana Fernández

Eu Nós, todos coñecemos este famosos grupo de intelectuais, soñadores e defensores da nosa terra da nosa cultura. E coñecemos a súa obra máis salientable, esa revista da cal críamos coñecer o seu último número, o 144; nos equivocabamos.

Eu coñecía a esta xeración das clases de galego e do que estudara para os exames. Mais un certo día na biblioteca do colexio, nun recuncho escondido alá onde ninguén o puidera ver xamais, encontrei un número desta revista tan famosa nos seus tempos. A miña curiosidade foi cada vez maior o ver o número da publicación, a 146. Rapidamente decateime de que algo fallaba pois no meu libro de texto marcaba como último número o 144. Atraída polo misterio que esa obra exhalaba a lin. Nesta, cada un dos membros principais da revista despídese para sempre dos seus lectores contando o seu percorrido a través da historia de Galicia e se deixa entrever a causa da súa separación.

Entón dinme conta da importancia daquela publicación e do seu contido, formaba parte da historia o seu valor cultural e monetario era incalculable.De súpeto unha dúbida asaltoume, que facía con el? O meu sentido común dicíame que llo enviara a Real Academia Galega, mais o meu sentido da inquietude e da reflexión sabía que esas follas nunca sairían a luz se así o facía.

Despois de moito divulgar cheguei a conclusión de que antes de envialo, se é que algún día o fago, transcribiría o derradeiro número desta revista para que este texto, esta obra de arte, esta migalla da nosa historia non sexa esquecida en ningunha biblioteca nin nas nosas mentes.

Pido perdón se con esta copia do manuscrito estou violando algunha lei, decreto, código moral , etc… Mais sei que se non o fago rematarei traizoando os meus principios, o meu amor polo descoñecido,pola cultura, pola nosa lingua , pola nosa Galicia.

Unha nova incomprendida.

Comentario [m1]: NOTA. 10

Page 3: Revista Nós Ana Fernández

Nós Queridos lectores, durante dezaseis longos e arduos anos estivemos convosco ofrecéndovos o noso pouco coñecemento, intentando abrir a vosa forma de pensar que explorarades novos horizontes, que apreciarades o noso sen desexar o alleo.

Membros agora máis amantes da nosa Galicia, galegos ó fin, chegou o momento de dicir adeus, de que cada un termine o seu aprendizaxe por separado. Este é o noso último número.

As razóns do peche da revista serán explicadas máis adiante polos meus compañeiros.

Quizais este número nunca saia publicado, quizais isto, estes papeis acaben desaparecendo. Non quero que estas palabras acaben baixo terra se non que se queden no vento, na boca do pobo, na gorxa dos críticos e no corazón dos crentes.

Somos unha xeración de incomprendidos, de inconformistas, de amantes do descoñecido do noso ser, da nosa terra. Esta revista naceu como un desexo, como medicina para os prexuízos, como cura da ignorancia que alimentase de falacias e dos rumores das xentes. Pretendemos que a xente aprenda e valore o propio que se deteña a observar a beleza, o exótico, pois xeralmente se encontra no propio e se busca no descoñecido.

Grazas a nós, a nosa familia por querernos ,por comprendernos, por compartir unha mesma marca de lentes, unha mesma visión. Eu non me sento o capitán do barco ,se non o irmá maior de todas estas persoas que apoiaron e elaboraron o meu carón, a nosa revista.

Este proxecto, este sono é simplemente un manual de xogo.

Un xogo onde a clave esta no enfoque no na técnica.

É o momento de xogar.

Vicente Risco

Page 4: Revista Nós Ana Fernández

Nós: A nosa historia. Eu sempre me considerei unha persoa pragmática e teórica, home racional,amante da terra non dos seus habitantes. Mais ata a min, cústame falar da árbore que todos Nós levamos cultivando con amor e moito traballo. Pero así o farei para que quede escrito nas súas follas, no seu tronco; a súa vida, a nosa labor.

Todos Nós eramos persoas con intereses comúns, con ideais non tan semellantes, pero cun mesmo obxectivo, conseguir o raro froito do exotismo. Para elo Nós viaxamos polo mundo, na procura desa semente para podela cultivar. Exploramos as culturas máis diferentes e raras. Mais finalmente rendidos regresamos a nosa casa, a nosa patria e cal foi a nosa sorpresa, que encontramos nela bosques enteiros dese froito. Tan común, tan visto, tan alcanzable, que ninguén pararase a saborealo, a apreciar a súa cor, o seu tacto o seu sabor. Soamente a xente do pobo o tomaba, pois non tiña para nada máis, mais non o apreciaban porque ,pobriños deles, o ver que a xente “sabia” utilizaba aquelas árbores para facer papeliños para soar o nariz, pensaron que eles simplemente estaban a tomar os seus desperdicios. Pero din que aprecias unha cousa realmente cando a perdes, e así Nós apartados tanto tempo daqueles bosques, cando chegamos o seu verdor cegounos ou, mellor dito, deixounos ó fin ver. Máis non todos Nós necesitamos emprender esa viaxe, mais si estar lonxe de Galicia para decatarnos.

Todos Nós agricultores da mesma árbore loitamos por frear a súa tala. Intentamos que a xente cambiara a súa opinión a súa percepción; intentamos que ese froito fora considerados como os demais, que alcanzara o mesmo prestixio cas demais árbores europeas, que países que compartían as nosas crenzas e culturas ,como poden ser Irlanda o Portugal, adoptaran, cultivaran e apreciaran esta árbore.

Pouco a pouco foi crecendo o seu uso, a súa popularidade pois cun mellor envoltorio, utilizándoa de todas as formas posibles, e sendo consumida por persoas que servían como referentes; a xente cambiou a súa imaxe sobre ela, pouco a pouco.

Agora Nós, primeiros agricultores do froito de exotismo caemos atados a esa árbore conscientes de que agora xa ninguén poderá talar o bosque que cultivamos.

Otero Pedrayo

Page 5: Revista Nós Ana Fernández

Nós, na política, nas Irmandades da Fala… Nós, conformamos un mesmo esqueleto, somos os restos dunha sociedade máis xusta e patriótica. E Nós como membros participamos, creamos, axudamos a todos aqueles que comparten a nosa visión, ou que constitúen os nosos ollos, o noso cranio, as nosas articulacións. E como todo esqueleto deixamos o noso legado, o que queda na mente, non na memoria temporal; o que queda na terra os nosos restos, as nosas accións.

No ámbito da política creamos o Partido Galeguista , un partido co que loitamos polo nacionalismo galego, por reivindicar a cultura e a visión de Galicia, mais non todos Nós somos iguais, as veces certas partes do corpo fan caso á mente e certas o corazón. Pois despois de todo, somos un mesmo corpo formado por partes moi diferentes. O chamado cenáculo ourensán, do que son membro, constituíamos o hemisferio dereito e o noso compañeiro Castelao o hemisferio esquerdo. E nos, os máis ríxidos, dereitos, como non, cando este partido afastouse da nosa parte, creamos A dereita galega. Mais somos un, o final loitamos por unha mesma cousa, soamente que utilizamos diferentes medios.

As Irmandades da Fala, a Real Academia Galega, Nós, e máis sinónimos, son a nosa obra a nosa alma, o que queda na Terra, a nosa carne. O final fíxemos obras semellantes pois as integrabamos os mesmos, creamos editoriais, libros, e ata elaboramos un estatuto. Para min eses son os meus fillos inmortais, a nosa descendencia.

A nosa vinculación polo ruralismo, polas revelacións ante o inxusto, aqueles a quen Nós influíu, vós os nosos lectores, somos unha gran familia con un gran pensamento.

Non importa se morremos, é unha etapa máis, como todas as nosas obras que de algunha maneira recollen a nosa madurez o noso desenvolvemento como persoas, como humanos, como idealistas e como galegos. Sempre estiven vinculado coa morte e non lle teño medo, lle temo a ser esquecido.

E este corpo vai morrendo, mais estou tranquilo esperanzado de que ,algún que outro arqueólogo, algún día encontre os nosos restos.

F.L.Cuevillas

Page 6: Revista Nós Ana Fernández

Vós E como non, tócame despedirme, deixar a miña familia e emprender o camiño que me queda ata a morte. É curioso como persoas tan opostas poden ter obxectivos tan semellantes. É raro que esta revista á que Risco puxo o nome no meu honor acabe desta maneira. É simbólico que este número ,curto como poucos, o comece Risco e o remate eu.

E vou despedirNós deixando o último retrinco desta xeración de incomprendidos que intenta que o mundo os entenda. Aí va o meu último pensamento antes de morrer.

Nunca pensei que alguén puidera renunciar a liberdade por un momento de felicidade , pero ,que é realmente a liberdade? Moitos dirán: non depender de nada nin de ninguén, vivir e facer o que queiras, alleo ó que dirán. Eu iso o chamo vexetar. Segundo esas persoas unha leituga é libre e alguén en coma é feliz. Para min unha persoa libre é aquela que sabe describir a liberdade e que ninguén pode contradicirlle.

Teño, digamos que máis idade que a maioría de vós, teño máis coñecemento que a maioría de vos, pero quizais non e vivido nin a metade que Vós.

É quizais non sexa libre pero son valente. Moita xente ten medo a morte e curiosamente son os máis valentes. Os covardes, os egoístas son os que se suicidan, porque a morte e fácil. E o peor é que non morren por ninguén, nin por ningunha causa nobre ou non tan nobre. A maioría suicídanse cunha corda, cunha pistola ou tíranse dun acantilado. Que egoístas, que pouco pensan nos demais, na dor, no pesar.

E eu sento, para a miña desgraza, que estamos a suicidarnos, que están a suicidarnos, a renderse. Esta revista, está árbore, este corpo, está sendo substituída por outra. Din que é o ritmo da vida que todo acaba, ten razón. Todo acaba, é gracioso xogámonos a vida porque a vida é un xogo. So podo agradecer pasar esta partida convosco, o voso apoio e cédovos o meu tempo, o miña tirada. Quizais xa nin tan sequera deixen publicar este número pero estou orgulloso de haber loitado ata o final.

Para os próximos incomprendidos, que aínda buscan que os entendan.

Castelao.