Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de...

32
Internet,un máisnafamilia Subeacifrade accesosnosfogares Arevolucióncoa quenoncontabas Osmóbiles,piaresdaera dixital CDsquelevao vento AWebprovédemúsica aosseareiros Facebook falagalego Debullamosonovo fenómenoenliña XGN XGN 2009 2009 www.codigocero.com revista de novas tecnolóxicas de Galicia_número 69_febreiro_marzo_2009_ O O c c l l u u b b d d o o q q u u e e x x a a d d e e b b e e r r í í a a s s f f o o r r m m a a r r p p a a r r t t e e

Transcript of Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de...

Page 1: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

Internet,�unmáis�na�familia

Sube�a�cifra�de�accesos�nos�fogares

A�revolución�coaque�non�contabas

Os�móbiles,�piares�da�eradixital

CDs�que�leva�ovento

A�Web�prové�de�músicaaos�seareiros

Facebookfala�galego

Debullamos�o�novofenómeno�en�liña�

XGN�XGN�20092009

www.codigocero.com

revista de novas tecnolóxicas de Galicia_número 69_febreiro_marzo_2009_

OO�� cclluubb ��ddoo��qquuee �� xxaa ��ddeebbeerr ííaass ��

ffoorrmmaarr �� ppaarrttee

Page 2: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce
Page 3: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

Semella que dunha party informática de periodicidade anualpouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cadadoce meses chega algo que che fai repropoñerte as cousas. Asíacontece con Xuventude Galiza Net, un ano tras outro abranguen-do un pouco máis de forma e contido. En certa maneira, falar dunencontro para a mocidade apoiado directamente no uso máis socialdas novas tecnoloxías da información é falar da tecnoloxía mesmae da súa evolución. En realidade, é como ter centos de novoscorrespondentes de prensa despregados na vangarda da actuali-dade dixital, todos/as situados/as na fonte de de onde xorden asnovas e mesmo antes de que xurdan. Non é casual que a cantidadede seareiros da Internet sexa tan alta nun encontro así, nin que osmedios de comunicación lle empresten tanta atención. XGN detén amaquinaria da era dixital para amosarlles o que envolve. Tal e comosinalamos nas páxinas interiores, é coma se a Sociedade daInformación collese corpo entre catro paredes, fose visible: só quesen distancias e sen tabiques que afasten a uns internautas deoutros.

Este ano, as novidades están ligadas sobre todo ao empraza-mento: deixamos o Pazo de Congresos para irnos ao Multiusos doSar, tamén en Compostela, entre os días 3 e 5 de abril. Principalconsecuencia disto: duplícase a capacidade de participantes e, ase-made, sublíñase o papel de XGN como xanela directa aos segredosda Rede (será posible ter unha visión máis completa do evento e doseu significado dende as gradas que rodean ao espazo dos inter-nautas inscritos, a intranet). O novo espazo, amplo abondo, deixarámarxe para actividades a meirande escala. Por exemplo: un certa-me de robótica no que está previsto que participen até 50 máqui-nas procedentes dos máis variados recantos do panorama inter-nacional ou unha exposición de envergadura sobre todo tipo deelementos construídos con pezas de Lego. O programa, que nonhaxa dúbida ao respecto, é coma sempre unha mestura de tresfactores: o vello (a arela de darlle un pulo á comunicación e ao espí-rito de compartir na mocidade), o novo (a vontade de subliñar asvantaxes do software libre, do uso interxeneracional da Internet eda lingua galega a todos os niveis das redes) e o máis novo aínda(todo aquilo que non estea no programa pero que xorda como froi-to da participación activa).

Como cada ano, dende Código Cero xa anunciamos a nosa inten-ción de aproveitarnos o máximo posible do potencial humano e tec-nolóxico que XGN ofrece: non chegaremos ao nivel de apropiarnosde ideas alleas pero si que trataremos de resolver o maior núme-ro posible de dúbidas que teñamos sobre a cousa tecnolóxica-informativa. A fin de contas, se o pensamos ben, será como poñer-se diante da Rede mesma e preguntarlle cara a onde vai e en quepensa. Xuventude Galiza Net, neste senso, non se celebra só duran-te tres días a ano. Estase a desenvolver a tempo completo, as res-tantes xornadas en millóns de lugares distintos e entre xenteseparada por centos de milleiros de quilómetros que se comunicae comparte información libremente. Non lles soa isto? ChámaseInternet.

4

9

DIRECTOR_Xosé María Fernández [email protected]

SUBDIRECTORES_Marcus Ferná[email protected] [email protected]

REDACTORES-XEFES_Fernando [email protected] [email protected]

FOTOGRAFÍA_Adolfo Enríquez Calo · Joferpa

REDACCIÓN_Manolo Gago (Opinión)David Lombardía (Nova Economía)Raquel Noya (Reportaxes)Moncho Paz (Opinión)Modesto Pena (Redes)Víctor Salgado (Dereito)Sevi Martínez (Xogos)Marcus Fernández (Reportaxes)

COLABORADORES_Sevi Martínez, Marcus Fernández,Fernando Sarasqueta, Jorge Cebreiros,Rubén Rodríguez e Raquel Noya.

SUPERVISIÓN�LINGÜÍSTICA_María Xesús Vázquez

DESEÑO�GRÁFICO�e�maquetación_Grupo Código Cero ComunicaciónRaquel Noya _ [email protected] o [email protected]

IMPRIME_Celta Artes Gráficas, S.L.Rúa Colón , 30. VigoTel. 986 81 46 00 · Fax 986 81 46 38

EDITA_Grupo Código Cero ComunicaciónConxo de Arriba nº 49, 1º C15706 Santiago de CompostelaTel.-fax: 981 530 268http://[email protected]

CÓDIGO�CEROrevista�de�novas�tecnolóxicas�de�GaliciaNÚMERO�69_febreiro_marzo_2009_

Publicación periódica. Prezo 1 euro.Depósito Legal: C-2301/01I.S.S.N. (edición impresa): 1579-7546I.S.S.N. (edición dixital): 1579-7554

O “Grupo Código Cero S. L.” reserva para si mesmo tódolos dereitos comoautor colectivo desta publicación ó amparo dos artigos 8 e 32.1 da Lei dePropiedade Intelectual. Quedan expresamente prohibidas a reprodución, dis-tribución e a comunicación pública da totalidade ou parte dos contidos destapublicación con fins comerciais, en calquera soporte ou por calquera mediotécnico sen a autorización da editorial.

NESTE�NÚMERO...

3staff

10

12

13

15

16

18

20

11

Mándanos as túas suxestións, opinións, páxinas recomendadas, blogs ou sitios persoais ao

correo electrónico: [email protected]. As páxinas seleccionadas recibirán de

balde, por correo, a nosa revista en papel durante seis meses.

NOVASRESUMO�DE�ACTUALIDADE�DE�E-COMERCIO�E�DE�EMPRESAS�RELACIONADAS�COAS�NOVAS�TECNOLOXÍAS

REPORTAXESVISITAMOS�A�SEDE�I+D�DE�BLU:SENS�EN�SANTIAGO�DECOMPOSTELA�

OS�COMPUTADORES,�CADA�VEZ�MÁIS�PRESENTES�NOSFOGARES�GALEGOS�

INEO�DESVELA�OS�SEUS�OBXECTIVOS�PARA�2009:�COMPETENCIA,�INNOVACIÓN�E�COOPERACIÓN

COMPLETADA�A�TRADUCIÓN�DA�SUITE MOZILLA�AO�GALEGO

INCREMÉNTASE�O�NÚMERO�DE�ALUMNOS�DA�USC�QUE�USAAS�REDES�PARA�OS�ESTUDOS

O�GOBERNO�DOTA�DE�1.500�MILLÓNS�DE�EUROS�ÁSACCIÓNS�PROGRAMADAS�NO�PLAN�AVANZA�2009�

Especial Xuventude Galiza Net 2009

A�FAMILIA�XGN�NON�PARA�DE�MEDRAR

ACTIVIDADES�PARA�UN�ENCONTRO�QUE�XA�REQUIRE�CASANOVA

XGN�CONSOLIDA�A�SÚA�PEGADA�NO�EIDO�DA�PERSONALIZACIÓN�DE�ORDENADORES:�MODDING

EN�QUE�CONSISTE�XGN�E�DE�ÓNDE�PROCEDE�O�SEUMODELO?

MANCOMÚN�COLLE�UN�ANO�MÁIS�AS�RENDAS�DOSOFTWARE�LIBRE�EN�XGN

REPORTAXESA�TELEFONÍA�MÓBIL�REVÉLASE�COMO�A�GRAN�REVOLUCIÓN�COMUNICACIONAL�DO�FUTURO�

O�SERGAS�PON�EN�MARCHA�UNHA�FERRAMENTA�PARACONVERTER�A�VOZ�CONTIDOS�WEB

A�EGAP�DESENVOLVE�UN�XOGO�PARA�INFORMAR�SOBREAS�BOAS�PRÁCTICAS�NA�NOVA�LEI�DE�CONTRATOS�DAXUNTA

DAMOS�CONTA�DALGUNHAS�NOVIDADES�RECENTES�VINCULADAS�AO�NOVO�XEITO�DE�ENTENDER�O�ACCESO�ÁMÚSICA:�POLA�VÍA�DA�REDE

O�VALEDOR�DO�POBO�ADVIRTE�DOS�PERIGOS�DAINTERNET�PARA�OS�MÁIS�PEQUENOS

OFRECEMOS�UN�PERCORRIDO�POLA�HISTORIA�DO�VIRTUALDO�NOSO�PARLAMENTO

FACEBOOK�CONSOLÍDASE�COMO�UNHA�DASFERRAMENTAS�2.0�MÁIS�USADAS�POLOS�GALEGOS

xOGOSSevi�Martínez�e�Marcus�Fernández�infórmaNnos�polomiúdo�das�novidades�máis�salientables�da�tempadaen�materia�de�VIDEOXOGOS

19

21

22

23

24

25

14

26

29

28

Page 4: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

4 escolma de novas_redacción

O�CCG�desenvolve�unha�ferramentaweb�cos�equipamentos�culturais�deGalicia

O Consello da Cultura Galegavén de presentar, recentemen-te, o Mapa de equipamentosculturais de Galicia, unha apli-cación web que permite bus-car na Rede todo tipo de equi-pamentos, localización e servi-zos que se ofrecen na nosaComunidade en torno á cultura.

Esta ferramenta vén sendounha representación gráficadunha operación censal deequipamentos e infraestrutu-ras culturais no territorio

galego, que vai dirixida principalmente a programadores culturais, promotores eartistas, pero que tamén resulta de gran utilidade para o público en xeral.

Os obxectivos deste Mapa, que foi desenvolvido coa colaboración de Obradoirode Socioloxía e Sixtema, consisten en elaborar e manter un conxunto organiza-do de información sobre infraestruturas cultu-rais en Galicia, así como proporcionar unmarco de referencia para a realización deenquisas de mostraxe e elevación de datos.Tamén permite satisfacer a demanda exter-na de información sobre as infraestruturasculturais,

subministrando datos básicos de identifi-cación e clasificación, normalizados porterritorio, actividade e características rele-vantes para a programación de actividadesculturais.

As buscas, que se poden facer por “tipo deequipamento”, “localización” e “servizos queofrecen os equipamentos”, permiten locali-zar, entre outras cousas, pazos de exposi-cións e congresos, aulas, salas de reunións,seminarios, salas de ensaio e obradoiros,arquivos, museos, centros de interpretación,galerías de arte…

Os resultados son visibles no mapa, ondetamén aparecen as características máis relevantes como oaforo, a superficie, a existencia de determinados servizos…

A aplicación permite, asemade, listar os equipamentos porprovincia, comarca ou concello.

Eucaliptosnon:�proposta�web�aprol�dunha�volta�ao�respecto

polo�monte�galego

A fronte de denun-cia na Internet gale-ga segue a gañar enfirmeza, tanto encuestións máis oumenos xenéricas dopolítico ou do socioe-conómico, como noteoricamente máispuntual pero non poriso menos importan-te. Por exemplo: adefensa dos nososmontes tal e como oscoñeceron os nososantergos antes da

chega-da dun proceso de explotación que foi perdendo paseniño

pero sen pausa o respecto por aquilo que explotaba. Aproba disto está nunha boa parte dos nosos montes, dexeito paradoxal o espazo menos diverso do medio naturalgalego dende o punto de vista biolóxico. Denunciar estasituación e máis concretamente a aceptación a esgalla decultivos de especies foráneas é o gran obxectivo da webeucaliptosnon.com, un medio informativo onde amais depoñer en entredito a suposta calidade boscosa das plan-tacións desta árbore chegada de Oceanía (que a xuízo doscreadores da páxina só producen desertos), os responsa-bles da páxina achegan información sobre a longa listaxede aldraxes ecolóxicas que aínda agora, coas consecuen-cias directas do proceso detalladas polo miúdo nunha boaparte dos medios, se seguen a dar dentro e fóra da nosaterra.

A maiores, a intención dos creadores desta páxina ésensibilizar á sociedade e ás administracións sobre aseivas a medio e longo prazo que achega o mantemento

deste tipo de monocultivos.. “A recuperación do monte edas baguadas, das fragas, e das ladeiraras dos montes, a recu-

peración do monte de matorral, parécenos indispensable, e o primeiropaso para recuperar o Bosque Galego”, comentan.

Citasonnet.com:�servizo�de�baldepara�formalizar�citas�médicas���

Entre o médico e o paciente, semella que cada vez colle máis corpo un ter-ceiro elemento en xogo, e non precisamente para mal: a Rede. A súa función,lonxe de basearse nun complemento para que os facultativos entreguenfinalmente receitas lexibles, é sobre todo de achegamento e de axilización deprocesos (comunicación, solicitude de datos sobre especialidades ou traxec-toria profesional, esperas, citas, etc). Na liña de favorecer este diálogo éonde se integra precisamente www.citasonnet.com, un servizo de balde diri-xido a facer o máis doada posible a visita médica, poñendo aos usuarios enliña directa cos especialistas. A páxina web ten vontade de ser práctica:inclúe ferramentas para facer buscas de distinta natureza (por nome docentro sanitario, polo nome do médico, pola súa especialidade) que logo ache-gan listaxes de profesionais dispoñibles.

A idea é basicamente a de centralizar recursos illados (médicos e centrosaté o de agora dispersos na plataforma web) e darlle a todo un toque deInternet 2.0, participativa: cada facultativo inclúe unha ficha con datos per-soais nas que a comunidade internauta pode achegar valoracións de diver-sa índole e comentarios.

Asemade, a web incorpora mapas para que localicemos o emprazamentoda consulta e calendarios para elixir o día e a hora da cita.

O�acordo�entre�Nokia�e�a�Xuntapara�a�galeguización�dos�móbiles,indefinido

Nokia, o maior fabricante de telefoníamóbil a escala internacional (polo menos,así foi até hai o de agora), vén de recibirun pulo no seu compromiso coa nosa lin-gua en materia de servizos de telefoníamóbil. Así o fixo saber hai uns días oConsello da Xunta tralo visto bo á renova-ción do convenio de colaboración que amultinacional finesa mantiña coaSecretaría Xeral de Política Lingüísticaco obxectivo de afondar na normalizaciónlingüística neste eido das novas tecnolo-xías da telecomunicación. Esta decisión

do Consello significa entre outras cousas un aval para o mantemento no tempodo devandito compromiso, que pasa a ser indefinido. Segundo informou a propiaXunta, o convenio fixa as accións que desenvolverá a compañía para o afianza-mento progresivo da nosa lingua nos produtos móbiles que distribúa dentro donoso contorno xeográfico. Amais, a empresa ratifica a súa vontade de incorpo-rar o galego noutros produtos que comercialice no noso mercado con pantallasinteractivas, nos manuais de usuario/a e nas guías rápidas que os clientes daempresa teñen ao alcance dun click (na Web) de todos estes produtos.

Polo que respecta á participación da Secretaría Xeral, dicir que o seu cometi-do será basicamente o de órgano consultor e asesor: apoiarase na achega lin-güística na revisión terminolóxica das traducións levadas a cabo. Asemade, odepartamento da Xunta garante o seu apoio a calquera acción da empresa queimplique unha nova aposta pola nosa lingua no eido das novas tecnoloxías dainformación, favorecendo a promoción destas actividades nas canles especifi-camente habilitadas. Por exemplo, na web www.oteumobilengalego.com, unespazo en liña onde se fornece á comunidade internauta galega de informacióne recursos sobre estes produtos e servizos dispoñibles en na nosa lingua.

O acordo aprobado polo Consello da Xunta insírese nunha serie de conveniosentre a Secretaría Xeral e as principais fabricantes e operadoras de telefoníamóbil que prestan servizos en Galiza. Proximamente está previsto renovar osconvenios con Alcatel, Motorola, Samsung, Sony Ericsson e as operadorasMovistar, Orange, R, Vodafone e Yoigo.

Page 5: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

5escolma de novas_redacción

Red�Hat,�nova�fichaxe�do�Centro�deNovas�Tecnoloxías�de�Galicia

Para unha empresa do sector que sexa, o camiño das novas tecnoloxías dainformación é na maior parte dos casos un camiño de produtividade, competen-cia e calidade no servizo ofrecido e máis na xestión. Iso si: sempre e cando aaposta polas novas ferramentas dixitais non sexa coma o traxe dos domingos:só válido para figurar. Precisamente na liña de abrir unha vía útil e real de acce-so ás redes para todos os días da semana é ondese asenta o acordo que veñen de asinar o Centrode Novas Tecnoloxías da Consellería deTraballo (na imaxe, no seu emprazamento enConxo, Santiago) e Red Hat, multinacional sen-lleira no eido da programación e máis concre-tamente no da programación aberta (aquelaque se pode adaptar ás nosas necesidadesparticulares e non require o pago de royal-ties). O convenio en cuestión, especialmenteencamiñado a achegar formación de calidadee certificada en tecnoloxías de medre, foidado a coñecer hoxe polo director xeral deFormación e Colocación da Consellería deTraballo, Pastor Fuenteseca, e o directorfinanceiro da firma Red Hat en Europa,Brendan Lane.

A actividade conxunta, de especial interesepara os profesionais galegos á procura demétodos de fortalecemento do currículo,collerá corpo principalmente nun exhaustivoprograma de seminarios tecnolóxicos, novosprodutos e accións informativas que sexan rendibles para otecido produtivo galego. Sinalar que segundo informa o CNTG,trátase do primeiro acordo desta natureza que asina Red Haten Europa cunha entidade pública. Amais das liñas de traballodevanditas, o convenio tamén abrangue tarefas conxuntas de obser-vación das tendencias actuais de mercado co obxectivo de desenvolver o pro-grama formativo e informativo que mellor se axuste ás circunstancias domomento presente (a nosa terra na Sociedade da Información participativa,social e máis aberta) e do que está por vir.

Ultimado�o�primeiro�curso�en�liñade�lingua�galega

Semella que a preparacióndos recursos que lles van per-mitir aos internautas acredi-tar o coñecemento da linguagalega sen ter que saír daRede van a bo ritmo. Así nolofan saber a Secretaría Xeralde Política Lingüística e máis aasociación empresarial galegaIneo, que (informan) teñen xaultimado o primeiro curso enliña de lingua galega, deseñadopara a preparación da obten-ción do Certificado no seu pri-meiro nivel, o Celga 1. O servizo, froito de varios meses de traballo intensivo,foi presentado hai uns días en moitos dos seus detalles nun acto que contoucoa presenza do presidente de Ineo, Jorge Cebreiros e a secretaria xeral enfuncións de Política Lingüística, Marisol López. Ámbolos dous fixeron finca-

pé no seu potencial de cara á galeguización do panorama actual da for-mación en liña. De feito, sinalaron, poucas veces se ten rexis-

trado tal demanda entre a sociedade dunha ferramentaeducativo-dixital como a desta proposta en concreto.

Por certo que o curso foi deseñado (tratándose como setrata dunha iniciativa que abrangue lingua, aprendizaxe enovas tecnoloxías da información) por un equipo do máisvariado. Por unha banda, un grupo de filólogos con forma-ción especializada en docencia e avaliación de linguas foi oencargado de deseñar a parte dos contidos. Este grupoestivo dirixido por Margarita Chamorro. O deseño gráficoe do eido multimedia recaeu nun total de dez empresaspertencentes á asociación empresarial galega Ineo.

A iniciativa, concibida de xeito que fose coma unha portaaberta ás novas tendencias web en teleformación, é enboa maneira un xogo virtual de imaxes coas súas respec-tivas designacións textuais. De feito, a idea era achegarfeitura de experiencia lúdica a un proceso puro de apren-dizaxe, servindo o proceso obrigado do xogo como altofa-lante dos conceptos e das materias que se achegan.

A�galega�Aaccentia�gaña�osÓscar�do�deseño�web�pola�páxina

de�Factorías�VulcanoA empresa galega Aaccentia vén de obter un dos recoñecementos de mei-

rande prestixio internacional no eido do deseño web: o American DesignAwards de platino. O premio en cuestión, comparable aos Öscar do cine perono terreo da creación dixital, foi posto en marcha en 2000 dende os EstadosUnidos co fin de salientar os mellores traballos e propostas do panoramainternacional. Os seus membros, que ao igual cós da Academia de CinemaNorteamericana están espallados por todo o mundo (e dende eses recantosefectúan as súas votacións), atoparon este ano no traballo despregado polaempresa con sede en Vigo a mellor representación de todo o que ao seu xuízodebe ter un deseño web de calidade: eficacia, sentido práctico, ética da páxi-na web e creatividade.

Máis polo miúdo, foi o traballo desenvolvido para a face en liña da empre-sa Factorías Vulcano o que mereceu os maiores eloxios e, finalmente, o máxi-mo galardón. A firma galega, que non é precisamente unha acabada de che-gar nisto do deseño web con pegada internacional (ten no se haber até 13premios American Design, sete deles acadados en 2008), está especializadasobre todo na posta en marcha de aplicacións multimedia e servizos de con-sultoría en novas tecnoloxías da información.

Aaccentia, que comezou a súa andaina hai dez anos, está a recibir esterecoñecemento coa satisfacción de quen participa nunha liga maior cunscantos factores na súa contra (posición a priori periférica, menores orza-mentos que as majors do sector) que, logo dos esforzos despregados, nonresultan tal: “Estamos moi satisfeitos de que os nosos deseños galegossexan valorados na meca do deseño web”, sinala Modesto Pérez, director dacompañía.

Como sinalamos, o American Desing Platino en cuestión vén dado pola páxi-na web de Factorías Vulcano, en realidade un traballo de redeseño sobreunha páxina web coaque Aaccentia xa acada-ra previamente numero-sos galardóns. A empre-sa conseguiu tamén unAmerican Desing Ouropolo sitio ConxuntosResidenciais. Aacentia,con sede en Vigo peroque conta na súa cartei-ra con firmas de todaEspaña, competía nestaedición dos AmericanDesing con 672 empre-sas de todo o mundo.

O�servizo�de�caixa�en�liña�deCaixanova�supera�os�200.000�clientes

Caixanova vén de facerreconto do acadado polo seuservizo de caixa en liña.Segundo informa a propiabanca, a caixa electrónica daentidade financeira galega(Enova) conta arestora conmáis de 200.000 clientesrexistrados. Asemade, ecollendo como referencia osdatos do ano pasado (un 38%de incremento), todo indica aque o número de usuarios

seguirá a medrar a bo ritmo. Para Caixanova, as razóns deste espallamentoestán sobre todo nas “importantes melloras e funcionalidades desenvolvidas noservizo durante ese exercicio”. Estes avances, máis polo miúdo, véñense tradu-cindo en pasos cara a diante en materia de accesibilidade e eficacia (elementosque fan máis visibles os recursos para persoas con diversidade funcional,ampliación das linguas dispoñibles ou incorporación de contidos multimedia parafacer máis doadas as operacións), tanto no que se refire a Enova como no queatinxe á web corporativa de Caixanova.

A maiores, e sen saírmonos deste reconto de melloras, cómpre facer mencióndun meirande abano de servizos xerais para os clientes da entidade: realizaciónde traspasos entre fondos de investimento, transferencias periódicas, pago deseguros sociais e impostos, recibos de empresas, xestión de correspondencia, ocompravenda de valores dende o teléfono móbil (Brokermóbil). Asemade, o portaltamén achega a posibilidade de solicitar avisos ao móbil e ao correo electrónico.Estas e outras ampliacións fixeron posible que en 2008 se levasen a cabo dendeEnova uns 20 millóns de operacións (un 44% máis ca no exercicio anterior). Modesto Pérez, director de Aacentia

Page 6: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

A�UDC�colaborará�cos�enxeñeiros�eninformática�en�achegarlle�prestixiosocial�á�súa�profesión

O eido profesional da informá-tica, a diferenza doutros secto-res, semella hoxe en día suxeitoa un feixe de influenzas externasque pouco teñen que ver co seupropio desenvolvemento e o dasociedade na que se insire. Así,os recursos para asegurar queun posto laboral de certa respon-sabilidade ligado ás novas tecno-loxías sexa ocupado por profesionais coa formación axeitada non son o que sedi abondosos. A maiores, tampouco son moitas as canles de comunicación tendi-das entre os enxeñeiros en informática e a sociedade da que proceden e na quelevan a cabo o seu labor. Contribuír a solucionar esta situación, dada en boamedida por unha regulación pouco firme, é o principal obxectivo do acordo asi-nado hai uns días entre a Universidade da Coruña e o Colexio Profesional deEnxeñería en Informática de Galicia (o CPEIG).

O achegamento, presentado en todos os seusdetalles por José María Barja e FernandoSuárez (máximos responsables da primeira eda segunda entidade, respectivamente), tendous obxectivos ben definidos: por unhabanda a promoción da Enxeñería enInformática na súa vertente máis social e,pola outra, o progreso no seu ordenamento anivel profesional.

O acordo de colaboración inclúe, entreoutras actividades concretas, a posta enmarcha de actividades e proxectos de xeitoconxunto: iniciativas ombro con ombro deinvestigación e desenvolvemento, coopera-ción en programas de formación ou asesora-mento mutuo cara aos seus respectivos labo-res de investigación.

Asemade, nos detalles do convenio prevesea posta en marcha de cursos, conferencias,simposios, seminarios ou clases, amais depropostas de intercambio e colaboración entodo tipo de proxectos culturais de interese común.

Eganet�presenta�unha�guía�empresarial�para�evitar�a�fuga�de

talentos�O talento e a cualificación adoitan a ter na nosa terra, dende tempos inme-

moriais, un movemento principal: de dentro cara á fóra. Isto foi e é así entodos os sectores empresariais, institucionais ou vinculados á investigacióne docencia, non sendo unha excepción á regra o eido das novas tecnoloxíasdo coñecemento. En contra do que podería agardarse, por ser o dixital unmercado de amplas posibilidades no contexto galego (un mercado de expec-tativas de medre por achegar elementos diametralmente opostos aos quemotivaron a crise internacional), os profesionais galegos non sempre atopanna súa terra as condicións que lles parecen idóneas. E isto, informan entida-des empresariais como Eganet (www.eganet.org), malia que non haxa nadaque probe que a situación ofrecida vaia ser mellor en compañías de meiran-de tamaño e situadas fóra da nosa xeografía. Co obxectivo de reducir namedida do posible esta sangría de talentos, a dita asociación tecnolóxica vénde presentar a Guía referencial dos salarios do sector TIC en Galicia. O infor-me-manual, dado a coñecer recentemente en Santiago, achega como o seupropio nome indica información de primeira orde para os/as profesionais epara as empresas do eido do coñecemento TIC.

O traballo, segundo informa Eganet o primeiro destas características quese publica, foi avaliado nos seus detalles pola presidenta da

asociación, Beatriz Legerén, quen estivo acompañada noencontro de hoxe cos medios pola directora xeral dePromoción Industrial e da Sociedade da Información,Helena Veiguela, e máis polo responsable de Proxectos daConsultora Vitae, Marcos Carbonell.

Elaborada a partir dun alicerce de máis de 120 profe-sionais en 2008, o estudo vai dirixido a reflectir os datosreais das competencias, responsabilidades e retribuciónssalariais das diferentes categorías laborais. A idea éfavorecer os estudos de mercado que poidan levar a caboas pequenas e medianas empresas, en Galiza as máisabondosas en calquera sector (incluído o das novas tec-noloxías): grazas á guía contarán cun coñecemento máisfondo do tecido e maquinaria produtivos e tentar evitar,deste xeito, a fuga de talentos que se rexistra dendeestas firmas até as de meirande envergadura.

Segundo os responsables do traballo, cómpre salientartamén o valor do mesmo como parte informativo fiable aoproceder das máis directas fontes posibles e non se ter

apoiado en enquisas ou estimacións. A guía, que consta de setenta páxinas, divídese en tres partes, unha

por cada grupo profesional: dirección, explotación/produción e comer-cial. Segundo informou Eganet, nos tres casos descríbense as competen-

cias e responsabilidades de cada un dos postos, así como o salario mínimo,medio é máximo consonte aonivel dos profesionais(junior, medio, sénior eexperto). Por certo que oinforme tamén pon de relevoos recursos humanos máisdifíciles de atopar en Galiza,concretamente os perfíscomerciais con experienciano sector e, tamén, os profe-sionais centrados nos des-envolvementos tecnolóxicosmáis concretos.

España�segue�a�moita�distancia�damedia�europea�en�compras�pola

RedeEn cuestión de compras pola Rede, os españois

seguen a moita distancia da media europea.Estes datos, reflectidos pola Comisión Europea através dun informe sobre comercio electrónicopublicado recentemente, poñen de relevo dúasgrandes cuestións: a cuestión da actividadecomercial na Internet segue en íntima relacióncoa fortaleza da economía dun país e, ademais,

unha boa parte dos esforzos que se fagan dende as institucións públicas eorganizacións por promover o emprego da Rede está destinado a acabar ennada se non hai unha oferta de acceso ao dixital realmente accesible paratoda a cidadanía. Se cadra, na cuestión española ten máis que ver o segundofactor (o seu ADSL é dos máis caros de Europa), pero tampouco se pode des-cartar o factor crise. O caso é que, por cifras, seguimos na zona tépeda datáboa, onde non fai nin frío nin calor: só o 20% dos españois mercaron pro-dutos ou servizos a través da Rede para uso privado durante o último ano,porcentaxe inferior, como dixemos, á media da UE que se sitúa no 32%.

A cifra, malia que Bruxelas trate de matizala dicindo que a española e a ita-liana (caso semellante) son economías en crecemento, non deixa de ser pre-ocupante. Sobre todo se temos en conta que o pastel seguen a cortalo os tresde sempre: entre Reino Unido, Alemaña e Francia vaise o 70% do total do volu-me de negocios do mercado en liña. Mercado, que, por outra banda, estímaseen 106.000 millóns de euros en 2006.

O�apagamento�analóxicochega�o�30�de�xuño�a�trinta�enove�concellos�da�Coruña��

A entidadeI m p u l s a T D T(www.impulsatdt.es),centrada como o seupropio nome indica enconseguir que nonfique un só segredopor desvelar relativo áTelevisión DixitalTerrestre, vén de dar acoñecer os datos refe-ridos ao proceso doapagamento analóxicona provincia da Coruña.

Segundo conta a entidade, o 30 de xuño de 2009 o devandito proceso de subs-titución definitiva dunha tecnoloxía (a analóxica, a de toda a vida) por outra (adixital, de meirande calidade de imaxe e son e con maior oferta de programas eopcións de interactividade) afectará a 39 concellos da provincia. Isto significa,entre outras cousas, que pasarán a recibir de xeito exclusivo o sinal da televi-sión pola nova infraestrutura e sen posibilidade de volver atrás. Máis concreta-mente, indica ImpulsaTDT, a cifra de coruñeses afectados por este primeiro cesede emisións será de arredor de 330.000 persoas, chegando os números a nivelespañol aos 5 millóns de cidadáns.

Por certo que dada a proximidade do proceso, a provincia da Coruña, queforma parte da fase primeira do Plan Nacional de Transición, vai ser obxecto nasvindeiras semanas dun reforzamento na estratexia divulgativa sobre as vanta-xes, funcións e características da TDT. Baixo o lema A TDT adiántase na túa loca-lidade, os 39 concellos devanditos acollerán a distribución de folletos informati-vos, porta por porta, encamiñados a relembrar os pasos precisos para levar acabo de xeito correcto a transición, entre os que se inclúe a adaptación das ante-nas colectivas (hoxe en día, un eido non traballado como sería de agardar: calcú-lase que aínda restan en toda España 60.000 edificios con estas infraestrutu-ras pendentes do proceso de adaptación).

A continuación, damos conta da listaxe de concellos afectados: Ames, Arzúa, ABaña, Boimorto, Boqueixón, Brión, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra,Frades, Lousame, Mazaricos, Melide, Mesía, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Ordes,Oroso, Outes, Padrón, O Pino, Porto do Son, Rois, Santa Comba, Santiago deCompostela, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra,Vedra e Vilasantar.

6 escolma de novas_redacción

Page 7: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

7escolma de novas_redacción

Teleco�crea�unha�rede�social�enInternet

A Universidade de Vigo, nunhadas súas moitas accións e activi-dades ligadas á web 2.0, vén decrear unha nova rede social per-sonalizada para os alumnos deTelecomunicacións, que ademaisde permitirlle relacionarse vir-tualmente con amigos e familia-res (como calquera outra redesocial), ofrece a posibilidade deresolver dúbidas cos profesoresou responder a ofertas deemprego que vaian xurdindo.

A ferramenta, que foi bautizadacomo TIC TAC (Tecnoloxías daInformación e Comunicación eTamén Amigos e Colegas), supón un “paso firme” fronte á plataforma de teledo-cencia que xa existe na institución viguesa, e en apenas dous meses de vida, xaconta con 628 membros.

O responsable da idea, o profesor José CarlosLópez Ardao, define esta nova rede socialcomo un “tres en un” xa que, segundo afirma,“non só é unha canle para relacionarse conamigos como as convencionais, senón taménunha plataforma docente e un foro paraintercambiar coñecementos entre a escola eo mundo profesional”.

Ata o de agora, aínda que a maioría dosmestres da facultade xa se registraron, sóunha ducia deles incluíron as súas materiasna rede, porén, vista a excelente acollida quetivo a ferramenta entre a comunidade estu-diantil, a dirección da escola tamén solicitou oseu propio espazo para publicar a informa-ción institucional.

Ademais dos contidos habituais que sepoden atopar neste tipo de páxinas, a redesocial de Teleco inclúe foros públicos e priva-dos, grupos de temática académica ou de ocioe blogs.

Un�vídeo�do�Courel�arrasa�enYouTube

Alá van xa dous anos dende que uns voluntarios da asociación ecoloxistaAdega, co obxectivo de reivindicar a creación dun parque natural na Serra doCourel, publicaron en YouTube un vídeo promocional deste paraxe idílico, quepronto superaría as 450.000 visitas.

O film, duns seis minutos de duración, non tardou nin medio ano en conver-terse “nun dos maiores fenómenos do ciberespazo en Galicia”, tal e comoexpoñen na edición de hoxe de La Voz de Galicia, e na actualidade segue aatraer a curiosidade dos e das internautas, que acceden en masa á ligazónpendurada na sección Viajes y eventos do YouTube español, para velo.

Tal é a popularidade deste vídeo que, a día de hoxe, está preto de superaro millón de visitas, unha cifra que o sitúa entre os seis máis vistos da devan-dita sección na que se atopa e nun dos máis coñecidos do ciberespazo gale-go.

As imaxes, que segundo explican no xornal dixital, proceden do programade TVG, Galicia para o mundo, foron montadas por uns voluntarios, que esco-lleron como banda sonora, moi acertadamente, o tema musical Terra, de Luarna Lubre, case tan bonito como o “paraíso máis perdido de Galicia”.

Telefónica�deixa�de�existircomo�marca,�en�favor�de

Movistar�e�O2

A multinacional española cun dos logotipos máis recoñecidos e rendibles dopanorama empresarial nacional, Telefónica, vén de revolucionar o mundo domarketing ao anunciar a desaparición do nome da compañía como tal, pasan-do a servir só como insignia e soporte institucional.

Os responsables deste cambio aseguran que, Movistar, que na actualidadeé a súa marca comercial de telefonía móbil, “ten o suficiente nivel de presti-xio e de coñecemento dos clientes, para dar o salto e convertirse en marcacomercial de tódolos seus produtos, tanto en España como en Latinoamérica”,motivo polo cal decidiron “unificar” as súas marcas comerciais.

Porén, a partir de agora, todos os servizos de telefonía, ADSL, móbiles etelevisión por Internet da compañía, ofreceranse en prácticamente tódolospaíses baixo o nome Movistar.

A compañía anunciou, asemade, que conservará a marca O2, baixo a calcomercializará todos os produtos de Telefónica, tanto de fixo, como de móbile Internet, nos países europeos onde opera (Reino Unido, Irlanda, Alemaña,República Checa e Eslovaquia así como a marca Vivo, coa que opera en Brasilcon Portugal Telecom.

César Alierta, o presidente da compañía, foi o encargado de dar a coñecera nova, e asegurou que o nome de Telefónica “quedará reservado ao que é aempresa en sí, á institución”, con todo o peso que conleva.

O�Concello�de�Brión�creaunha�conta�en�Facebook�erenova�a�súa�web

Unha vez máis, o Concello coru-ñés de Brión vén de sorprenderaos internautas da bisbarra aoreforzar (aínda máis se cabe) asúa forte presenza en Internet,coa creación dunha conta na redesocial Facebook, aberta a tódolosveciños e veciñas do lugar.

O espazo, que xa conta con máisde 140 “amigos”, ten como obxecti-vo ofrecer un lugar na Rede “ondeos residentes en Brión, e taménos que xa non viven no municipio,poidan comunicarse e compartiras súas experiencias coa xenteque ten Brión como elementocomún”.

Os interesados e interesadaspoden acceder a este sitio dendeas súas contas de Facebook(agregándoo como un amigo máis)ou directamente dende a webmunicipal, a cal tamén vén de ser

reformada e dotada de novos contidos e ligazóns. Asemade, os responsables desta área no concello coruñés, veñen de anunciar

a creación dunha nova páxina web na que se informa sobre o transporte metro-politano en Brión e onde os veciños teñen á súa disposición toda a informaciónsobre liñas, horarios e paradas deste tipo de transporte ao seu paso polo muni-cipio.

A web tamén inclúe un mapa interactivo coas distintas liñas que cruzan o terri-torio e as paradas que ten previstas cada servizo.

Por outra banda, e xa con vistas a atraer turismo para as festas máis impor-tantes do municipio (Santa Minia e a Festa do Cabalo), a web do Concello de Brióntamén vén de incluir na súa portada unha ligazón a outras páxinas relacionadascon estas e outras actividades como o voluntariado, as citas culturais e as acti-vidades sociais e deportivas que se organizan no lugar.

Por último, os responsables da mesma web veñen de anunciar a creación dou-tro sitio dedicado á viaxe anual da mocidade de Brión, que este ano será no mesde xullo e terá como destino Valencia.

Page 8: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

8 escolma de novas_redacción

Yoigo�comeza�asubir�as�súas�tarifas

As tarifas das operadoras de telefonía móbilprovocan habitualmente rebumbio cando soben, pero no casode Yoigo resulta moito máis rechamante porque a operadorapromocionábase co argumento de que non ía subir as súas tari-fas, de xeito que sempre revisaría os seus prezos á baixa, prome-sa que a partir do 7 de maio pasará á historia, pois Yoigo aumentaráunilateralmente un 25% a tarifa La del 0, subindo o establecemento de chama-da de 12 a 15 céntimos, colocándose na franxa máis cara do mercado, mentresno pasado estaba na máis económica.

Dende a operadora instan os seus clientes a comprobar se lles compensa con-tinuar con tal tarifa (podendo cambiar a La del 8) e incluso lembran que tras estecambio contractual o clien-te pode darse de baixa senpenalización (pagando aparte proporcional da sub-vención do terminal telefó-nico que adquirise, no casode non ter cumprido o com-promiso de permanencia).

Este tipo de medidasestarían a notarse subs-tancialmente na percepciónda marca, de xeito queYoigo pasaría de ser unhadas operadoras alternati-vas mellor valoradas a ocupar xusto a posición oposta, véndose superada polasoperadoras tradicionais e por outras coma Simyo..

As�versións�candidata�e�final�deWindows�7�poderían�estar�listasen�maio�e�agosto�respectivamente

O Windows 7 está a avanzar rapidamente para converterse nunha realida-de, e xa circulan polas redes P2P copias da súa versión Build 7057, que estámoi próxima ao produto final (aínda que dende Microsoft xa traballan coaversión 7061, lanzada o pasado día 11) e que mesmo permite configurar a súainterface en español, o que está a levar a moitos usuarios a adoptar este sis-tema operativo en probas pese a que deixará de funcionar no verán.

Agora coñecemos un pouco máis o calendario de versión dos Windows 7, exa anuncian que a finais de maio chegarán as versión Windows 7 RC1 eWindows Server 2008 R2, para que na última semana de xullo preparen unhaversión de previa da compilación final de Windows 7. Non será ata agostocando as copias do Windows 7 RTM (listo para a súa comercialización) se dis-tribúan a subscritores de Technet/MSDN, para presentarse oficialmente noIT Forum de novembro, o que deixa a Microsoft un colchón para pulir o seunovo produto antes do seu lanzamento a primeiros de 2010.

O Office 14 Beta tamén sairá en xullo, pero a súa versión definitiva estáprogramada para marzo de 2010, quedando claro que desta volta Microsoftestá a tomar con moita calma a preparación dos seus novos produtos, para

non repetir erros do pasado.

O�parque�empresarial�deMelide�estrea�rede�WiMAX

Recentemente tivo lugar a inauguración do servizo de Internet de bandalarga sen fíos para o parque empresarial de Melide, que dará cobertura a unradio de 1,5 quilómetros do polígono da Madanela (sempre que teñan visióndirecta coa torre de telecomunicacións instalada alí). A tecnoloxía emprega-da para esta nova rede foi WiMAX, para o que a Consellaría de Innovación eIndustria achegou 191.419 euros, que permiten que as empresas no parquepoidan acceder a servizos de acceso de banda larga á Rede para desenvol-verse axeitadamente nos mercados actuais.

No acto inaugural participou a directora xeral de Promoción Industrial e daSociedade da Información, Helena Veiguela, quen destacou o interese dogoberno local por este proxecto «posto que foi o único concello, dos 47 queconcorreron a esta orde de axudas, ao que non foi preciso requirir informa-ción nin corrección de documentación que alongase os pasos administrativosnecesarios para pór en marcha o servizo».

A posta en servizo desta rede WiMAX foi adxudicado en concurso á opera-dora galega R, que permitirán aos empresarios contratar conexións de entre2 e 12 Mbps con servizos asociados de correo electrónico, antispam, anvivi-rus, mensaxería, etc. a uns prezos competitivos que non poderán modificar-se nos 3 anos que dura a súa concesión

Suso�de�Toro�volve�bloguear

O escritor Suso de Toro foi todo un pioneiro na blogosfera hai case unha déca-da, pero o seu espazo Botelha ao mar perdeuse no esquecemento (a súa webbaixo o dominio susodetoro.com non está dispoñi-ble actualmente, aínda que conserva copia enArchive.org) e agora retoma a súa andainacun novo espazo na Blogaliza (susodetoro.blo-galiza.org).

Suso de Toro levou o seu anterior blogdurante uns 3 anos, pero tivo que deixalo pornon poder dedicarlle o tempo necesario, eagora volve cun maior ritmo de publicación(antes só publicaba un ou dous textos ao mes)aínda que cos comentarios pechados, pois oautor prefire manter unha certa distancia cosseus lectores, pero será unha boa achega aoactual panorama do Blogomillo.

Chega�a�España�un�novo�servizo�debanda�larga�por�satélite

Eutelsat Communications comezou a comercializar en España, a través dosseus distribuidores, o servizo de acceso á Internet por satélite Tooway, queserve para achegar a Rede a lugares aos que non poden chegar outras soluciónsde banda larga. Esta solución de comunicacións aproveita os satélites HotBird 6e o 13 Este de Eutelsat aos que se accede por banda Ka. Con respecto a outrassolucións semellantes, Tooway destaca por non precisar dunha liña telefónica,que se comercializaría en paquetes segundo o tráfico consumido, o que lembraás tarifas de banda larga móbil. Os distintos plans serían Basic (1,2 Gb/mes),Bronce (2 Gb/mes), Prata (3 Gb/mes) e Ouro (6 Gb/mes) que segundo o que pui-demos ver na web dalgún revendedor, tería prezos de entre 39 e 115 euros/mesaos que habería que engadir uns 415 euros pola equipamento preciso para reci-bir este servizo, polo que en definitiva estariamos ante un servizo que dista bas-tante do que hoxe entendemos como unha conexións de tarifa plana de bandalarga (especialmente polas limitacións de tráfico mensual).

Page 9: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

9VISITA A BLU:SENS_f. sarasqueta

Blu:sensquítallea�cubertaao�seu�cerebrodixital

Se o símbolo da crise produtivaactual é un ladrillo, o da superaciónda mesma ben pode vir con feiturade cerebro. Ou dun dos seus parentesdirectos: a innovación tecnolóxica.Disto, de tirar partido das ideas paradarlle pulo ás economías propias ealleas, é do que trata unha boa parteda estratexia presente e futura daempresa galega Blu:sens, firma daque se fala moito nos medios nosúltimos tempos pero non sempre demaneira directa: o habitual é que sedea conta dela dende fóra dos seusemprazamentos físicos e sen apenascontacto coa súa realidade interna.Darlle a volta a isto foi precisamen-te o primeiro gran obxectivo doencontro mantido recentemente enSantiago entre profesionais da pro-pia compañía e blogueiros-TIC pro-cedentes de varios recantos deEspaña. A xuntanza, con feitura devisita a domicilio e de reunión infor-mal, tivo unha gran particularidadecon respecto a previas achegas infor-mativas: desenvolveuse na casaBlu:sens.

Entre os medios que participaronnesta iniciativa atopamos xornalistasprocedentes dalgunhas das canlesvirtuais de meirande prestixio nopanorama español: Clipset,Engadget, Gizmología, Gizmos,Noticiasdot, Pixel y Dixel, TuExperto ou Xataka.

Por certo, que o segundo obxecti-vo da actividade foi presentar peran-te os profesionais da comunicaciónao cerebro en persoa: o dispositivoBlu:brain, a gran aposta inminenteda firma para o espazo onde máisposibilidade de futuro ten a tecnolo-xía de lecer dixital: o fogar de cadaquen. Na visita, que non tivo restri-cións á hora de amosar o día a día dotraballo na empresa, oficiaron deguías, entre outros, Miguel Churruca(director de Marketing de Blu:sens),José Ramón García (CEO deBlu:sens) ou Miguel Silva (o vice-presidente executivo). O itinerario,que comezou na sede central que aempresa ten en San Lázaro, demo-rouse logo na factoría de innovaciónpor excelencia na compañía: o edifi-cio CST, situado no Polígono deCosta Vella. Como dixemos, a ideafoi achegarlles aos blogueiros do

eido dixital algo máis que unhaxanela directa ao quefacer deBlusens: puideron visitar todos oselos da cadea de produción (xera-ción de novos produtos, ensamblaxe,deseño e márketing, distribución,asesoramento ao cliente, etc).Mesmo houbo tempo para reprodu-cir nunha mesa de traballo o que benpode ser (calquera outro día) unobradoiro de ideas acerca dunhaestratexia ou produto da firma. Destavolta, a diferenza estribaba en queproduto sobre o que se falou princi-palmente xa está feito: o Blu:brain.Con todo, e antes de que os profesio-nais da compañía se metesen decheo coa súa nova criatura, houboinformación para poñernos, por asídicilo, ao día:

• Blu:sens, por se alguén o dubi-daba, é xa a todas luces unha multi-nacional: está presente en catro con-tinentes e están en marcha as firmasBlu:sens Sudamérica, Blu:sensMéxico, Blu:sens Reino Unido eBlu:sens Canadá.

• Fabricante líder de vendas deMP3 en España e cun medre de até o200% anual.

• Inclúe na súa planta de

Compostela, a do Polígono de CostaVella, un completo servizo de aten-ción e asesoramento ao cliente pro-pio e personalizado. Esta aposta, axuízo dos responsables da compa-ñía, é máis que unha simple estrate-xia de mellora na comunicación cosusuarios: é un dos principais piaressobre os que descansa o seu inmi-nente asalto tecnolóxico aos fogares.

• Ten participado nalgúns dosencontros internacionais de lecerdixital máis salientables: o IFA deBerlín, o CES de Las Vegas ou oGITEX de Dubai.

• Incorpora arestora un investi-mento en Investigación eDesenvolvemento (I+D) do 10%.

• A día de hoxe e en cuestión demárketing, a compañía composteláestá principalmente centrada en douspuntos de mira: comunidades eusuarios. Nesta liña é onde se insireBlu:generation, a súa rede en liñaencamiñada a afianzar veciñanzavirtual arredor do lecer interactivoque achega a empresa. O espazo enliña, que fornece aos internautas derecursos multimedia, foi propostocomo lugar de encontro para toda/osas/os seareiros da música dixital, ocinema ou o deseño.

Visitamos�conoutros�medios�decomunicación�enliña�do�eidonacional�as�instalacións�que�afirma�galega�ten�en�Santiago�deCompostela

A aposta de Blusens polo fogar dixital é a estratexiadunha empresa que está a tratar de ver o futuro, contodas as dificultades que iso implica. Para comezar, esegundo nos contaron os responsables da compañíadurante a visita ás súas instalacións, baséase nun crite-rio de lóxica: que imos facer cos recursos de lecer dixitale audiovisual que temos na casa cando xa non haxa espa-zo para albergar máis? Vémolo en moitos domicilios: todoestá tan espallado que non se entende porqué non se tra-ballou máis dende as empresas no eido da converxencia

e da comunicación interna. Como avance deste produto,Blusens quere deixar claro que non parte de cero e quenon achega ren que non se probase a achegar antes. Adiferenza radica na unión: no mercado hai dispositivossemellantes a Blu:brain, sinalan, pero non nun único equi-po. A estratexia sobre a que se apoia esta tecnoloxía en con-creto é a mesma que fixo precisa a habilitación dundepartamento de atención ao cliente ou a posta en mar-cha da devandita comunidade en liña (Blu:generation): aestratexia de meterse no mundo para ver que necesita ousuario. Neste senso, sinalan, é onde se insire un dosesforzos máis salientables á hora de sacar á luz a plata-forma, que é o de facela comprensible. “Quixemos que estas ferramentas fosen o máis abertasposibles, que estean suxeitas a un proceso de medre, quenon fosen obxecto das restricións que adoitan vir da mando software propietario”, sosteñen facendo referencia áfuncionalidade premeditadamente limitada dunha boaparte dos aparellos tecnolóxicos do mercado: a granindustria, e isto podémolo ver todos os días, afoga a com-patibilidade dos seus produtos para non beneficiar pro-postas alleas.O dispositivo Blu:brain, detallado en todos os seus puntosao longo da visita a Blusens, vén de dar recentemente unpaso importante no camiño do afianzamento: afrontando,

co apoio da tecnoloxía Powerline da empresa Gigle (cola-boradora de Blusens), un tipo de conectividade no fogarentre aparellos tecnolóxicos que non obrigue ao despre-gue de fíos. A idea presente é dotar a Blu:brain, o cerebrodixital, das redes neuronais máis cómodas de empregar emenos intrusivas. Isto vai ser posible grazas aos enchu-fes: por medio da tecnoloxía Powerline, os datos disco-rrerán do centro de medios dixitais (o Blu:brain) aos res-tantes dispositivos e terminais da casa a través dos fíosdo eléctrico. O único requirimento para acceder aos con-tidos que achega o Blu:brain será pois algo tan sinxelocomo ter enchufados os trebellos correspondentes(reprodutores, memorias, etc). Por certo que entre as moi-tas cousas que poderemos contar con este cerebro dixi-tal están os televisores (con 24 referencias diferentesdentro do catálogo da firma) con tecnoloxía Wi-Fi, os dis-cos duros multimedia, os sintonizadores TDT, os reprodu-tores Blu-Ray e DVDs e os marcos dixitais. Polo que res-pecta aos servizos que achega, os responsables deBlusens fixeron unha escolma dalgúns dos máis salienta-bles: Web TV, IP TV, Alta Definición, HDD Multimedia, PVRou HDTVx2.O Blu:brain, que se calcula estea dispoñible finalmente nomercado a partir de maio (e a partir de setembro inte-grando a tecnoloxía de Gigle), podería estar nos puntos devenda a un prezo de 399 euros.

FFooggaarr ccoonneeccttaaddoo sseenn ll íímmii tteess

O Blubrain en persoa nunha imaxe de promoción

Page 10: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

10 sociedade tic galega_marcus f.

A�Enquisasobre�aSociedade�daInformación�enGalicia�amosaun�importanteincremento�douso�daInternet�dendeo�fogar

A contratación de accesos aInternet dende o fogar taménmedrou dun xeito importante, sexeito que o 41% dos galegos xapoden acceder á Rede dende casa,mentres que en 2007 esta cifra erade só o 30,2%, o que supón un cre-cemento do 35,8% mentres que noresto de España só medrou un14,3%.

A banda larga tamén experimen-tou un importante crecemento,pasando do 23,1% en 2007 ao35,4% en 2008, sendo o ADSL atecnoloxía maioritaria (co 53% dosfogares galegos) e superando máisda metade das conexións os 2 Mbpsde velocidade, o que supón unhaimportante evolución con respectode anos pasados, nos que se comen-taba ironicamente que o acceso áRede podía definirse coma o ciber-despacio.

Os accesos á Rede tamén evolu-cionaron en frecuencia, de xeito quecada vez é maior o número de cida-dáns que acceden á Internet a diario,aínda que tampouco puidemos diciradeus ás tradicionais barreiras entregrupos de poboación, de xeito que aenquisa indica que a utilización doordenador e da Internet acada asporcentaxes máis altas entre oshomes máis novos, cun maior nivelacadémico, estudando ou economi-camente activos e con residencia nohábitat urbano.

Algúns datos

• Un 62,3% da poboacióngalega dispón de ordenador no seufogar, un valor practicamente igualao do conxunto do Estado -63,6%-,mentres que en 2005 Galicia estaba7,4 puntos por detrás. O númeromedio de ordenadores por fogar éde 1,4.

• Preto de 8 de cada 10 per-soas que posúen ordenador dispóndun equipo de sobremesa, e practi-camente 5 de cada 10 dun portátil,sendo moi minoritaria a referencia aPDA. Con respecto ao ano 2007obsérvase un incremento notable -case 18 puntos- da porcentaxe depersoas que dispoñen de ordenador

portátil, pasando dun 30,5% no2007 a un 48,3% no 2008.

• Outro trazo característicoda extensión social do uso das TICna nosa sociedade é a existencia nofogar de conexión a Internet: o 41%da poboación galega dispón deconexión a Internet, fronte ao30,2% do ano 2007.

• Na actualidade, o 35,4%da poboa-ción galegaten contra-tada unhaconexión aInternet através debanda larga,fronte ao 23,1% de 2007. A exten-sión da banda larga está relacionadaco descenso acusado das liñas ana-lóxicas con módem, coa permanen-cia nun nivel residual da RDSI e coincremento no último ano daADSL, que constitúe xa a opciónmáis frecuente para un 53% dosfogares galegos que teñen contrata-da unha conexión a Internet.

• Un 69,9% das persoas quedispoñen de conexión a Internetteñen velocidades contratadas supe-riores aos 512 Kbps. A velocidadede conexión a Internet máis fre-cuente oscila entre 2 e 4 Mbps, se

ben un 22,4% das persoas que dis-poñen de conexión a Internet desco-ñecen a velocidade contratada.

• Un 73% das persoas quedispoñen de conexión a Internetaccede á Rede a través dun ordena-dor de sobremesa e un 45,3% a tra-vés dun portátil. Con relación áenquisa de 2007, o acceso a Interneta través dun equipo de sobremesa

descendeu6 puntos,m e n t r e sque aopción dop o r t á t i laumentoumáis de 11

puntos porcentuais.• Este estudo permite

extraer o perfil sociodemográficodos galegos que dispoñen de equi-pamento TIC nos seus fogares.Trátase dun home, con idade infe-rior aos 45 anos, con estudosmedios ou superiores e con residen-cia no hábitat urbano. O tipo defogar e a renda familiar tamén inflú-en na disposición de ordenador ouconexión a Internet, de xeito que seacadan as porcentaxes máis eleva-das destes indicadores en fogarescon máis de 4 persoas e renda fami-liar superior aos 1.500 €.

O Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI)publicou, por 3º ano consecutivo, o resultado da Enquisa á poboa-ción sobre a Sociedade da Información en Galicia, no que se ana-liza polo miúdo o equipamento e o uso das TIC e a súa evoluciónnos fogares galegos, destacándose unha converxencia coa mediaestatal en elementos como a porcentaxe de poboación cun ordena-dor no fogar (que xa é do 62,3% no caso galego).

CCoonntt rraattaacc ii óónn ddee ccoonneexx ii óónn áá II nn tteerrnneett ddeennddee ooss ffooggaarreess ggaa ll eeggooss AA ccoonntt rraattaacc ii óónn ddee ccoonneexx ii óónn áá II nn tteerrnneett sseegguunnddoo oott ii ppoo ddee hháább ii ttaa tt

A contratación de conexión áInternet segundo o tipo dehábitat constata a fenda dixi-tal entre o urbano e o rural

Page 11: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

11

Activandoa�frontegalega�TIC

O sector das novas tecnoloxías docoñecemento, a fin de contas, vaidesvelando paseniño os seus miste-rios. En certa maneira, constitúe ungran xogo de mercado onde diferen-tes empresas agrupadas en diversasfrontes se axudan unhas a outrasfacendo tamén entre elas o que teo-ricamente menos lles convén: com-petir. Este, o da cooperación na riva-lidade é o presente da asociaciónempresarial Ineo (www.ineo.org),fronte galega de empresas TIC que,segundo fixo saber os días pasadosco gallo da presentación dos seusobxectivos estratéxicos, asume ofuturo coma unha prolongación eunha ampliación desa teima porinnovar e producir.

A maiores, no que se basea o seuprograma é en mellorar o coñece-mento a través da investigación denovos mercados e a posición a nivelnacional e internacional das empre-sas galegas no sector. Isto, lonxe derepresentar a disposición duns lími-tes no eido da colaboración, en rea-lidade tíraos abaixo. Do que se trata,informou Ineo estes días en actosconvocados na Zona Franca de Vigoe máis na sede da Confederación deEmpresarios de Galicia en Santiago,é de tender ao desenvolvemento deproxectos conxuntos non só conempresas do propio sector, senóncoas dos restantes tecidos produti-vos.

Con este fin, a fronte empresarialTIC está integrada dentro das catro

confederacións empresariais provin-ciais e ao mesmo tempo no marco daConfederación de Empresarios deGalicia. Por certo que para a asocia-ción, os eixes de colaboración nonse esgotan na nosa xeografía: asadministracións nacionais e os clús-ters e confederacións empresariaisdo resto do Estado constitúen axuízo de Ineo importantes apoiospara un eido de actividade concreto:a posta en marcha de proxectos con-xuntos que acaden obxectivos que,de xeito individual, dificilmentepoderían acadarse. Nesta liña preci-samente é onde se insire a integra-ción de Ineo na AsociaciónEspañola de Empresas TIC (AETIC)e na Confederación Nacional deEmpresas TIC (CONETIC), na quepor certo ocupa a vicepresidencia.

Durante a presentación dos pro-gramas de actividade presente efutura da asociación galega de com-pañías vinculadas ao dixital, taménse fixo fincapé nos proxectos para2009 (incluídos dentro do seu PlanOperativo) en materia de divulga-ción, o principal piar de apoio dunhasociedade, a do coñecemento, quepor nova, precisa máis que ningunhaoutra de linguaxes claras que falendela: informes de competitividadeanual, elaboración e presentación deguías, solucións para os empresariosdos distintos sectores, execución deaccións formativas para o persoaldas empresas asociadas, plans deespecialización profesional no

fomento da implantación de siste-mas de calidade nas empresas, etc.

Asemade, e sen saírmonos destaliña de traballo a prol da innovacióne a competitividade, Ineo deu acoñecer o seu compromiso a prol depechar o círculo: no eido do merca-do actual onde tantos países e com-pañías entran en xogo procedentesde todos os recantos do mundo, nonabonda con sermos competitivos,cómpre amosalo. Deste xeito, dentroda súa liña estratéxica cobra espe-cial importancia a aposta pola acre-ditación, máis concretamente a quevén da man das certificacións decalidade nas empresas. O traballo deIneo, neste senso, non será especial-mente novo, pero si que xorde coaarela de ser máis fondo: do que setrata é de continuar o labor desen-volvido nos últimos dous anos a proldeste tipo de implantacións e que,logo de 51 proxectos, deu comoresultado a achega paulatina de cer-tificacións de calidade a máis detrinta empresas do sector.

A xornada celebrada en Vigo,informa a asociación TIC, taménserviu para facer entrega dos corres-pondentes certificados acreditativosás firmas que foron quen de rematarcon éxito o dito proceso de implan-tación. Para achegar un por un osavais, o acto contou coa presenzadun representante da empresa certi-ficadora: Albert Canadell, responsa-ble de mercado de Det NorskeVeritas (DNV).

Malia o axitado da superficie e o cambiante dos seus límites, a actividade económica do dixital é un espazo do que se podeobter unha folla de ruta. Hai uns cantos puntos de referenciacos que de xeito inevitable nos damos de fronte. Un dos máissalientables é a innovación, e outro, a súa consecuencia máisdirecta: a competitividade.

reportaxe ineo_redacción

Ineo�desvela�osseus�obxectivos

para�2009:afondar�nacompetencia

apoiándose�nacooperación

EEssccoo llaa ddee ll íí ddeerreessPoñer en marcha unha empresa é unha estratexia querequire reflexión e máis acción. Non abonda con botármo-nos ao mercado sen antes ter feito fondos estudos pre-vios sobre o que ese mercado precisa. Isto vale para atotalidade das empresas e vale, se cadra aínda máis, paraun sector diferenciado que aínda está a estrear estrate-xias e pasos a seguir: o sector das novas tecnoloxías dainformación. En definitiva, falamos dun eido económico, odixital, concentrado máis que ningún outro no presenteinmediato e no futuro que está á volta da esquina. Do seupasado e sobre todo do seu porvir a longo prazo, poucosabemos. Tendo en conta isto, o empresario está obriga-do a facer o mesmo que fai aquilo para o que se docu-menta (a Web): actualizarse de xeito constante. Ofrecer este tipo de recursos dun xeito rápido e directoé o obxectivo da segunda edición do Curso Avanzado enDirección de Empresas TIC que organiza a asociación Ineoen colaboración coa Escola de Negocios Caixanova e máisas Confederacións de Empresarios de Pontevedra e ACoruña. Nesta actividade, na que están a participar xa untotal de 50 alumnos (25 na edición de Vigo e outros tan-tos na da Coruña), os empresarios inscritos poden atoparo necesario para ter un coñecemento amplo do mercadopresente e futuro das ferramentas do dixital. Máis polomiúdo e segundo informa Ineo, do que se trata é de ache-gar capacidades e recursos de xestión aos profesionaisdunha compañía TIC para que non só poidan desenvolveras súas funcións nun eido puramente técnico senóntamén á fronte dun cargo directivo. Este curso, que parte da experiencia da anterior convo-catoria (que tivo a xuízo da Ineo unha acollida moi positivaentre as empresas asociadas), foi deseñado para que

durante 80 horas de sesións teóricas e prácticas osalumnos recibisen formación completa en catro grandesareas: finanzas, ferramentas de mercadotecnia e comer-ciais, desenvolvemento de habilidades directivas e máisestratexias e dirección. A actividade formativa en cuestión insírese dentro dosobxectivos de Ineo á hora de achegarlle ao sector galegodas novas tecnoloxías da información ferramentas queposibiliten as empresas seguir a medrar perante osnovos retos da era dixital (que se renova de maneiraconstante e só deixa albiscar o seu futuro en contadasoportunidades) e mellorar as capacidades do persoal. Coneste obxectivo, engade Ineo, estanse levando a cabo–igualmente- dende a asociación outros moitos proxec-tos encamiñados a dotar ás compañías TIC de persoal caformación máis axeitada para o desenvolvemento dosseus labores. “Trátase”, sinala o clúster con sede na ZonaFranca de Vigo, “de satisfacer as demandas do sector, deintegrar a profesionais e de detectar as necesidades dasempresas TIC”.

Page 12: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

Completadaa�tradución

da�suiteMozilla�ao

galego

O Centro de Referenciae Servizos de SoftwareLibre de Galiza vén deanunciar que as súastarefas de traducióndos aplicativos máispopulares da suiteMozilla ao galego“foron completa-das con éxito”.

Deste xeito,segundo explicaronna súa web( w w w . m a n c o -mun.org), ao popu-lar navegadorFirefox engadiuse-lle agora un “versátilxestor de correo elec-trónico (oThunderbird) que incúea contorna que os integraa todos nun único aplicativo:o Seamonkey”.

Thunderbird é un cliente decorreo; Sunbird é un aplicativo inde-pendente baseado no complementode calendario de Mozilla e que cum-pre funcións de axenda, listaxe detarefas e calendario con alarmas; e oSeamonkey recolle a idea de cada undos anteriores e inclúe, de xeito sim-plemente operativo, navegador,cliente de correo e unha ferramentade edición de html.

Quere dicir isto que a iniciativapública en prol do software librecomplementou a iniciativa volunta-ria indi-v i d u a lp r o p i ad e s t etipo decomuni-d a d e s ,tal ecomo pasou co caso da tradución doSongbird, que, ademais de estar eneúscaro, català-valencià, castelán eportugués do Brasil, está agora tra-ducido ao 100 por cento na nosa lín-gua e ofrece outras 70 versións idio-máticas diferentes.

Agora, segundo veñen de anun-ciar dende Mancomún, grazas a“este paso crítico”, necesario paraadaptar a suite Mozilla á nosa línguanai, a cidadanía galega poderá dis-poñer de versións destes aplicativosactualizadas continuamente, “queirán sendo fornecidos de xeito pro-

g r e -sivo para as plataformas informáti-cas máis populares como Linux,Max e tamén Windows”.

Asemade, a actualización destaferramenta permítenos empregar engalego determinadas adaptacións doFirefox, como a desenvolvida espe-cíficamente para a plataforma Mac(Camino) ou a destinada ao seu usoen dispositivos móbiles (Fennec).

As novas traducións incorporadas,que seacheganc o nm á i sd e t a l l ena páxi-na webd e

Mancomún, aínda son completa-mente funcionais pese a estar feitasen versión beta.

Este é, segundo afirman, “o proce-demento habitual da FundaciónMozilla”, que somete calquera tra-dución da aplicación a un breveperiodo de avaliación, a fin de podercertificar a súa calidade e bo funcio-namento logo das achegas realiza-das pola comunidade.

De feito, a tradución ao galego doFirefox 3 pasou polo mesmo perío-do de probas e verificación dousmeses antes de ser oficialmente inte-

grado, e precisamente esta minu-ciosidade no procedemento,

esixida polaFundación Mozilla,xustifican que todoeste proceso delocalización aogalego teña requi-rido até oitomeses de traballoe de esforzo con-tinuado.

Para culminalocon éxito resultoufundamental aintervención da

Consellaría deInnovación e

Industria, que con-seguiu desbloquear a

situación de estanca-mento na que se atopaba

o proceso de localizaciónao galego desde había cinco

anos dos produtos Mozilla.Mediante a interlocución institucio-nal coa Fundación, abriuse unha víade traballo conxunta coa comunida-de galega de tradución a través deMancomún, que desenboucou, final-mente, na tradución ao completo dasuite Mozilla ao galego.

PPrr iimmee ii rraa aacc ttuuaa ll ii zzaacc ii óónnddee GGaa ll ii nnuuxx

Dende Mancomún veñen deactualizar a distribución de Linux engalego, Galinux, co obxectivo deincorporar melloras como a detec-ción de máis dispositivos de hard-ware, así como versións máisactuais de aplicacións coma oFirefox ou OpenOffice.org.

A acollida do Galinux(galinux.mancomun.org) está a sermoi boa, distribuíndose no seu pri-meiro trimestre de vida máis de15.000 CD e rexistrándose máis de25.000 descargas dende a súa páxinaweb, o que supón un importantenúmero de usuarios que se acheganao software libre.

En contornos de produción reco-mendan seguir a utilizar a anteriorversión de Galinux, pois ao estarbaseada en Ubuntu 8.04 LTS, recibi-rá actualizacións de seguridadedurante 3 anos, o que é unha garan-tía a longo prazo que debemos ter enconsideración.

12 mozilla en galego_raquel noya

As�ferramentas�dopaquete�libre�veñende�ser�renovadaspara�o�seu�usoíntegro�na�nosa

língua�

Thunderbird_beta en galego, unha das aplicacións da suite mozilla

As novas traducións incorpora-das nesta suite, aínda son com-pletamente funcionais pese aestar feitas en versión beta.

Page 13: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

13informe tic da usc_redacción

Do mesmo xeito, é unha tendenciaxeneralizada a obtención de datos educa-tivos a través das redes sen fíos das facul-tades ou mesmo a aposta polas mensaxesde texto nos móbiles como método paraestar ao día de novidades e cualifica-cións. A tecnoloxía aplicada ó educativonon se esgota aí: chega ao corpo e fondodas clases mesmas e estende os seus fíoscara á sociedade. Neste senso as univer-sidades teñen moito de departamento denormalización dixital. De dar conta deaté ondeestán amudar osc a m p u sdende aentrada enxogo dasnovas tecno-loxías é do que tratou o acto convocadorecentemente días pola Universidade deSantiago (www.usc.es) no Colexio deFonseca; diso é de dar a coñecer casos deéxito en materia de dixitalización reflec-tidos na quinta enquisa sobre o uso queos estudantes da USC fan destas canles.

Os datos, que foron presentados segun-do a natureza da tecnoloxía despregada,achegan entre outras cousas un panoramamoi próximo á matriculación en liña inte-gral: arestora, oito de cada dez alumnosda institución educativa compostelá ins-cribíronse pola Rede. Así, tal como amo-sou o reitor Senén Barro durante a pre-sentación do informe, a gráfica sobre onivel de participación dos alumnos nestamodalidade en liña de matrícula (feitoque se premia dende hai anos con diver-

so material tecnolóxico) é un ascensocontinuo: a idea, subliñou, é permitir quetodo o mundo leve a cabo estes trámitespor Internet.

Amais disto, tamén se deron a coñeceras cifras relativas ao nivel de empregodunha das ferramentas de comunicaciónmáis presentes entre o alumnado e,emporiso, de meirande proxección para avida do campus dixital: os móbiles.Segundo sinalou o reitor, en 2008 foronenviadas dende a Universidade 186.383

mensaxes detexto (SMS)dando contade cualifica-cións, estan-do arestoraen 24.000 acifra de estu-

dantes subscritos ao servizo, o que repre-senta o 87% dos mesmos. Asemade, aUSC achegou datos sobre a presenza deoutro tipo de SMSs: sobre avisos de doa-zón de sangue fixéronse chegar 189.493e sobre actividades cultural un total de24.433.

No que atinxe ao nivel de uso dunhadas principais ferramentas dixitais postasen xogo, a páxina web da Universidade,dicir que tamén se requiriu a opinióndirecta dos estudantes, dos que o 43%valorouna como unha proposta “cun bodeseño e accesible”. Amais, tamén seachegaron datos sobre a súa visibilidade:de entre as universidades do eido espa-ñol, a web da de Compostela é a segundacon máis páxinas indexadas polo busca-dor Google, preto de tres millóns, aca-

dando un nivel de oito no GooglePageRank, por diante mesmo da deDeusto e por detrás só da Complutensede Madrid. En 2008, sinalou SenénBarro, visitáronnos 4.431.078 internautasdistintos.

Polo que respecta ao interese polo soft-ware libre, dicir que no informe da USCponse de manifesto a actividade xeradapola oficina de código aberto aberta nauniversidade cos obxectivos de dotar ácomunidade universitaria de ferramentase contidos libres. Esta actividade, amaisde outras iniciativas de tipo máis puntual,están acadando un medre importante nonivel de participación do alumnado nouso e mesmo no deseño deste tipo deferramentas, informou o reitor da USC.Con todo, dixo, aínda hai unha porcenta-xe salientable de estudantes que non sabeen que consiste a programación aberta.

Arestora, unha boa parte da estratexiada Universidade no camiño de promo-ción deste tipo de informática materialí-zase no xestor de contidos OpenCms,implantado en 2008 e arestora en fase deespallamento. Este xestor, entre outras

cousas, posibilita un proceso de descen-tralización da edición de páxinas, facen-do máis doado o seu uso por parte doseditores e mellorando a calidade da infor-mación.

No que atinxe á opinión que teñenas/os estudantes respecto das medidasque se están a pór en xogo para dixitali-zar os campus, o informe reflicte en xeralunha boa aceptación: oito de cada dezconsultadas/os considera como boa ounormal a valoración xeral dos servizosTIC que reciben da Universidade deSantiago.

EEnntt rreeggaa ddee pprreemmiioossAo longo do mesmo acto fíxose entre-

ga de dous computadores portátiles ecinco móbiles de última xeración aosagraciados no sorte realizado entre as/osalumnas/os que responderon á enquisa.Nesta entrega, o reitor Senén Barro eJavier Franco (o director da Área TICJavier Franco) estiveron acompañados derepresentantes das empresas colaborado-ras no sorteo, Vodafone, Universia e aFundación Caixa Galicia.

Lonxe van quedando os tempos do trasfego de documentos nos campus para formalizar unha matrícu-la, as longas ringleiras, os traslados dunha oficina a outra. Se facemos caso do que nos contan as uni-versidades, este tipo de trámites faranse única e exclusivamente pola Rede e mesmo antes do previsto(a día de hoxe, pouco falta nalgunhas institucións para que así sexa, dándose xa noutras por completo).

Oito�de�cada�dez�alumnos�da�USC�optaron�pola�matrícula�en�liñae�arredor�do�87%�apostou�polo�móbil�para�recibir�comunicación

sobre�os�estudos

Campus�virtual�en�espallamento�

Estudo e lecer a un tempo, visto no caderno de Dani V en Flickr

Os datos achegan un panorama moipróximo á matriculación en liña inte-gral. Arestora, oito de cada dez alum-nos da USC inscribíronse pola Rede

GGoooogg ll ee BBooookkss ddaarráá aaccuubb ii ll ll oo ee dd ii ffuuss ii óónnaa ffoonnddooss eedd ii ttoorr ii aa ii ss ddaa UUSSCC

A Universidade de Santiago e o buscador Google veñen de xuntar forzas para contri-buír ao papel de biblioteca aberta que está a apuntalar a Rede (coas limitacións queveñan da man das licenzas polas que opten os autores). A colaboración, presentada entodos os seus detalles no Colexio de Fonseca de Compostela, abre portas cara a diver-sas frontes: cara a virtualización integral do coñecemento investigador e dos campusmesmos e cara ao rol editorial das empresas que operan coa información na Rede.Máis polo miúdo, o acordo materialízase nun primeiro intre en dar acubillo e difusión naInternet, concretamente na ferramenta Google Books, a parte dos fondos editoriais daUniversidade de Santiago. Estas obras, que representan unha importante escolma dosvolumes que lanza o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, constitú-en principalmente material de axuda e consulta para investigadores. En total, serán 700libros e 246 teses de doutoramento defendidas nos anos 2007 e 2008 os que a USCe máis Google Books porán en xogo na Rede. Por certo que a natureza do acordo asi-nado deixa marxe de abondo para futuras iniciativas na mesma liña a medio e longoprazo.Durante a presentación da iniciativa conxunta, que serviu para facer fincapé en que oproxecto non abrangue a dispoñibilidade total do 100% dos volumes dixitalizados pormor da protección dos dereitos legais dos mesmos (en virtude disto, só se amosaráarredor do 20%), participaron o vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres, o respon-sable de Google Busca de Libros para España e Portugal, Luis Collado, e máis o direc-tor académico do Servizo de Publicacións da USC, Antonio Azaustre. Segundo se espe-cificou a maiores no encontro cos medios informativos, o labor de dixitalización dasobras correrá a cargo do buscador en liña, mentres que a comercialización dos mes-mos constituirá unha tarefa da Universidade. A previsión é de que o servizo de comprapor Internet estea dispoñibleen breve na web institucionalda USC. Cómpre lembrar que GoogleBooks é un servizo que indexaa información contida en cen-tos de miles de publicaciónsimpresas para ofrecer aosusuarios a posibilidade de queatopen calquera dato dentrodeles. Arestora conta xa conmáis de sete millóns de librosdixitalizados dispoñibles enmáis de cen idiomas diferen-tes, sendo o español o segundomáis empregado nas buscas.

Page 14: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

14 presentación plan avanza2_r.n.

Presentadoo�PlanAvanza2para�esteano

O Plan Avanza2 (que se podenconsultar ao completo na web:http://www.mityc.es/portalayu-das), está

integrado no Plan-E (Plan para oEstimulo da Economía e oEmprego) e pon de manifesto quea visión que o Goberno central tendas TIC e da Sociedade daInformación e do Coñecementocomo “pancas esenciais” paramellorar a produtividade e a com-petitividade das empresas, a pro-moción da igualdade social erexional e tamén a mellora dobenestar e a calidade de vida doscidadáns, impulsando un “modelode crecemento económico, social emedioambiental sostible”

.Avanza2 ve a luz en 2009 coa

prioridade de reforzar o apoio áspequenas e medianas empresas emicroempresas e darlle un pulo aun medre sostible baseado na crea-ción de empregos de alto valorengadido e a incorporación decapital tecnolóxico ás empresas.

No contexto actual, “cos logrosda primeira fase do Plan Avanza”,apuntou Ros, o reto xa non é tantoa dinamización da oferta, como ofomento da demanda, así como oaproveitamento do impulso do des-envolvemento do sector para a cre-ación dunha industria TIC propiaespecializada nos sectores estraté-xicos e sempre centrados napequena empresa.

O Plan conta cunhadotación orzamen-

taria de1 . 5 0 0millónsd ee u r o s

este ano econtribuirá, segundo o secretariode Estado de Telecomunicación,“a xerar nos vindeiros catro anospreto de 200.000 empregos de altacualificación”.

EE ii xxeess ddee aacc ttuuaacc ii óónn ddooAAvvaannzzaa22

As principais obxectivos que oGoberno pretende acadar co desen-volvemento da segunda fase doPlan Avanza son:

-Desenvolvemento do sectorTIC.

Este eixo, cun presuposto de 663millóns de euros en 2009, tencomo obxectivo apoiar ás empre-sas que desenvolvan novos produ-tos, procesos, aplicacións, contidose servizos TIC. A súa prioridade épromover a participación industrialespañola na construción da Rededo Futuro e o desenvolvemento decontidos dixitais.

-Capacitación TIC para cida-dáns e pequenas e medianasempresas.

Este eixe de actuación conta cunpresuposto de 548 millóns de eurosen 2009 e o seu obxectivo é seguirincorporando á Sociedade daInformación tanto a cidadáns comoa empresas, cunha prioridadereforzada nas pequenas empresas eos seus traballadores, así como noscolectivos cidadáns menos integra-dos (persoas con discapacidade emaiores).

-Aumento dos servizos públi-cos dixitais e mellora da calidadedos existentes.

Cun presuposto de 186 millónsde euros, o obxectivo deste eixe émellorar a calidade dos servizosprestados polas AdministraciónsPúblicas en Rede, con especialénfase no apoio ás Entidades locaise o desenvolvemento das funciona-lidades do DNI electrónico, inicia-tiva pioneira a nivel internacional.Asemade, esta liña apoiará a crea-ción de novas plataformas e conti-dos no ámbito educativo e sanita-rio.

-Infraestruturas.Esta liña ten un presuposto de

89 millóns de euros en 2009 e o

seu obxectivo fundamental é aextensión da Televisión DixitalTerrestre (TDT).

-Confianza e Seguridade enliña.

Cun presuposto de 11 millóns deeuros en 2009, o obxectivo desteeixe é identificar oportunidadespara a innovación en tecnoloxíasde seguridade que permitan avan-zar na protección da privacidadena Rede, da infancia, a loita contrao fraude en liña e a protección dasinfraestruturas lóxicas.

CCoonnvvooccaattoorr ii aa ddee aaxxuuddaass

A convocatoria 2009 para a con-cesión de axudas no marco daAcción Estratéxica deTelecomunicacións e para aSociedade da Información dentrodo Plan Nacional de I+D+i (2008-2011), conta cun presuposto de600 millóns de euros dos 1.500millóns asignados ao Plan Avanza2este ano.

No aspecto procedimental, des-taca que na convocatoria deste anose empregarán medios telemáticosen tódalas fases do procedemento,dende a presentación ata a xustifi-cación da realización do proxecto.Asemade, tódalas solicitudes debe-rán ser presentadas de xeito elec-trónico a través do portal Ayudatecdo Ministerio de Industria,Turismo e Comercio

Por outra banda, o pago das axu-das realizarase sempre con carácteranticipado e polo importe total daaxuda, con independencia docarácter anual ou plurianual daexecución do proxecto.

O Ministerio vén de convocarasemade outros subprogramas daconvocatoria que son: AvanzaFormación, Avanza I+D+i(Internet do Futuro e ContidosDixitais), Avanza Cidadanía,Avanza Servizos Públicos Dixitais,e Avanza Contidos (Centros deCoñecemento).

O�Goberno�dota�con�1.500�millóns�de�euros�asactuaciónsprogramadas�

O secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade daInformación, Francisco Ros, non quixo facer agardar aos que precisanas axudas do Goberno para entrar de cheo na Sociedade daInformación e xa a finais de febreiro presentou en Madrid as convoca-torias de axudas e os programas do Plan Avanza2 no ano 2009, nun actono que tamén interveu o director xeral para o Desenvolvemento daSociedade da Información, David Cierco, mailo director xeral deRed.es, Sebastián Muriel.

O secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Francisco Ros

Page 15: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

15xgn, especial décimo aniversario

A�familiaXGN medra

celebra�a�partir�do�3�de�abril�o�seu�décimo�aniversario�cun�novo�emprazamento,�máis�actividades�e�meirande�aforo�(o�dobre�de�prazas)�

Cumprir dez anos, en todo o que nonteña relación directa coas novas tecnolo-xías, segue a ser cumprir dez anos. Peroa cousa muda cando falamos do dixital,un mundo onde os reloxos van ao seutempo (rápido de vez), e máis aíndacando o que temos entre mans éun encontro que resiste -firme na súa vixencia-mentres os restantes,mesmo os de maiorprestixio (pense-mos por exem-plo no CeBITde Alemaña,menos con-corrido can u n c a ) ,apágansec o m ap lan ta sm u r -c h a s .Pois si,o déci-mo cum-p r e a n o sd eXuventudeGaliza Netnon é ninpode ser unaniversario cal-quera: é, malia omoito que se podemellorar da súa pro-posta, un xeito de resis-tencia. Asemade, e para quenqueira interpretar a Internet comoo peor dos males sociocomunicativosdo século XXI, a pervivencia deste even-to ao longo dunha década enteira benpode ser a proba de quen non todo o quechega pola Rede é negativo. A fin decontas, quen volve meter a man no lumelogo de queimarse?Xuventude Galiza Net, que a DirecciónXeral de Xuventude organiza entre o 3 eo 5 do mes de abril, ten de sobreviventeo mesmo que teñen aqueles encontrosonde se obtén algo de valor. Neste casoconcreto, e a diferenza do que acontececos restantes modelos de xuntanzas arre-dor das novas tecnoloxías que se cele-bran no mundo, case todos eles en deca-dencia, é que as persoas que se xuntanteñen fitas de amizade ou están a piquesde telas. Neste senso, dicir que a XGNten no seu compoñente emocional aquiloque lle axuda a manter a súa actualidadenon semella unha tolemia. Isto e a alter-nativa de intercambiar coñecemento detodo tipo entre os participantes, coma sedunha grande rede aberta collendo corpose tratase. Para que se entenda:

Xuventude Galiza Net ten moito demetáfora da Internet. Acudindo a ela, émáis doado entender a propia Rede. O lugar elixido para este ano non é o

mesmo có dasa n t e -

r i o r e sconvocatorias, o

Pazo de Congresos e Exposicións deCompostela. O desta volta vai ser oMultiusos Fontes do Sar da mesma cida-de, un recinto de máis axeitadas caracte-rísticas para, finalmente, dar renda soltaa un obxectivo até o de agora conxelado:ampliar a capacidade da party. Así, coneste novo aforo, duplícase o número deprazas con respecto ás de 2008, queforon 1.500. A edición deste ano, tratán-dose como se trata da décima dun encon-tro que coma as redes sociais en liñaxorde para medrar, ten moito de amplia-ción a todos os efectos. Ao medre nonúmero de prazas hai que engadirlleoutro a ter en conta: o medre da franxa deidade das persoas que poden participar.En certa maneira, estamos falando dunhaxuntanza que se fai maior ao mesmotempo que se converte en nova: puideroninscribirse nela mozos e mozas de idadescomprendidas entre os 16 e os 35 anos.Este feito, unido ao interese xa plasmadoen anteriores edicións por poñer ombro

con ombro a internautas novos conoutros da terceira idade (interese que esteano seguirá vixente, co fin de favorecer avida interxeracional en liña), reflicte opapel da organización como refundadorado termo “xuventude” e do seu significa-do. Dito doutro xeito: a este paso, de noncesar as facilidades para concorrer na

party por cuestión de idade, ser inter-nauta constituirá a mellor garantía

para participar, con independenciados anos que se teñan.

Entre outras novidades ligadasao proceso de inscrición

nesta nova convocatoria,cómpre salientar tamén aobtención automática depraza fixa para todos osusuarios que se rexistra-ron na web do encontropara asistir á edicióndo ano pasado ano,sempre e cando activa-sen a antiga conta en“alta usuario” e leva-sen a cabo o pagocorrespondente antes do

pasado 31 de xaneiro.Malia todo, informa a

organización, aquelesinternautas que se inscribi-

ron por vez primeira tiveronmáis posibilidades de atopar

praza con éxito que en anterioresconvocatorias, posto que nesta en

curso houbo moito máis aforo. Xuventude Galiza Net está un ano máisorganizado pola Vicepresidencia daIgualdade e do Benestar a través daDirección Xeral de Xuventude. O obxec-tivo deste departamento ten diferentes

r a m i f i c a c i ó n s ,malia partir todas

da mesma raiza-me: tirar partidodas TIC (novastecnoloxías dainformación)para o enrique-cemento perso-al da mocidadegalega e do restode España. Encerta maneira, oque pretenden osorganizadores é pro-curar o que hai alén dosbits, das redes, dos fíos edos equipos informáticos: alinguaxe mesma das persoas que seprocuran, se atopan e logo seguen encontacto. Neste senso, XGN épara a dita Dirección Xeral unxeito de ver o que a simple vistapode que non se vexa. Dito doutra

maneira: un mozo ou unha moza peranteun computador en rede é algo máis queunha persoa e unha máquina. As amigase os amigos, malia non estar á vista paraos non iniciados que se acheguen, seguenpresentes. Pois ben, a idea que latexaembaixo deste encontro é propoñeloscomo visibles a tempo completo. Enpalabras máis oficiais da DirecciónXeral, “Xuventude Galiza Net constitúeen boa medida un marco ideal paraafondar e ampliar os recursos no eidodas novas tecnoloxías e (tamén) paraafianzar as relacións e o contacto entreas persoas que participan na cuestióndixital”. Como dixemos ao principio, a historia deXGN é unha historia breve en termosreais, pero non tanto no virtual. Esta von-tade de perpetuarse mentres todos osdemais modelos de encontros tecnolóxi-cos se van esvaecendo é en boa medida aculpable do prestixio que ten a niveleuropeo. En certa maneira, funcionacoma un espazo ancorado no medio duneido cambiante: a oportunidade parafacer reconto da evolución do comunica-tivo. O interese que esperta é grande deabondo, non só na nosa terra, e así o cer-tifican sinais como a diminución progre-siva do tempo empregado no proceso deobtención de praza: menor a 60 segundosnas máis recentes convocatorias. A idea,neste senso, é afrontar o reto daSociedade da Información de xeitocolectivo e en dúas direccións: cara adentro (participantes inscritos, profesio-nais, mestres ou dinamizadores dasnovas tecnoloxías o día de mañá) e caraa fóra (público en xeral, visitantes, usua-rios ou non das novas canles dixitais,introducidos finalmente nos seus segre-

dos a través dun encontro,XGN, que é coma a

Internet mesmac o l l e n d o

corpo e enlingua-xe acce-s i b l e ) .

Tendo en conta isto,o encontro espálla-se tentando facercompatibles o uni-versal e o máis loca-

lizado: non só seabre o proceso de ins-

crición a mozas emozos procedentes de

toda a nosa xeografía, tra-ballando así polo afianzamen-

to galego na Sociedade doCoñecemento, senón que tamén reúne

internautas de Madrid, Euskadi, Asturiasou Catalunya.

ESPECIAL XUVENTUDE GALIZA NET

Page 16: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

16 xgn, especial décimo aniversario

Olimpíadasweb�Damos�conta�dalgunhas�dasactividades�máis�salientablesde�XGN,�dentro�e�fóra�daintranet��e�punto�por�punto

Xuventude Galiza Net é unha festa condúas pistas: unha habilitada para os inter-nautas previamente inscritos, a intranet,e outra equipada até no máis mínimodetalle para que as persoas que ficaronfóra do proceso de inscrición e o públicoen xeral teñan unha idea clara abonda dasvantaxes das novas tecnoloxías na comu-nicación, no lecer e mesmo no eido pro-fesional. Falamos neste segundo caso daextranet, espazo accesible ao cen por cenco que é imposible non cruzarse nadamáis chegármonos á party e representa-ción fiel, punto por punto, do ideario daorganización: os principios da redesocial aplicados a un escenario físico.Todo isto completado cos seguintesingredientes: software libre (do que vaifacer promoción, unha vez máis, oCentro Mancomún), aposta polo galego eo seu emprego na Rede e vontade de tirarabaixo as barreiras que afastan da eradixital a amplos colectivos sociais danosa terra. Por exemplo: á terceira idade.A extranet, por certo, estará situada naparte superior do Multiusos do Sar, convistas directas á zona de intranet. Nesteespazo externo está previsto o desenvol-vemento de actividades de moi variadanatureza (dende presentacións comer-ciais a xogos, pasando por exposicións,mesas redondas ou charlas). Lembrarque o acceso á extranet é totalmente debalde. O seu uso por parte do público enxeral, de feito, non require tampouco deningún tipo de coñecemento tecnolóxicoprevio: aberta como está este espazo ánormalización dixital, a idea é dirixilo atodas as idades e colectivos. Este ano,segundo informa a organización, faraseespecial fincapé nas actividades de inte-gración e lecer: haberá xogos para nenase nenos, demostracións de software paraa terceira idade, simuladores virtuais deprácticas deportivas e mesmo proxecciónde audiovisual (a tarde do sábado, defeito, terá lugar a presentación enaberto e de balde dunha película deestrea cedida pola firma Filmax).

Simposio de robots

Segundo informa a organiza-ción, a idea é respectar omodelo posto en práctica osanos anteriores, pero incre-mentando o número de pra-zas e o de actividades parauns (os de dentro) e outros (osnon inscritos). Entre as novi-dades insírese un apartado noprograma especialmente dirixidoa dar conta das últimas innova-cións vinculadas á robótica. Nestesenso, a idea da organización é (unhavez máis) tirar partido de tanto talento

reunido: con este fin, convócase o pri-meiro Campionato Internacional deRobótica XGN. Este certame, baseadoen arquitectura Ieee, constitúe basica-mente unha feira de innovación con fei-tura de olimpíada de intelixencia artifi-cial. Máis polo miúdo, está previsto quenas diferentes probas participen arredorde 60 robots, polo que tamén poderíamosdicir que ten formato de convención-congreso. A actividade incorpora moti-vos de peso para asegurar as melloresactuacións: premios de todo tipo de unescaparate de primeira. De feito, o certa-me non só ficará accesible para os parti-cipantes inscritos (que poderán ver enprimeira liña como se desenvolven asprobas: loita de sumo, labirintos, veloci-dade, circuítos de habilidade), senón quetamén estará á vista do público en xeral,para o que se deixará aberta a área dasbancadas. En calquera caso, insiste aorganización, se teña ou non matrículaoficial no encontro, poderemos seguir oacontecemento en vivo e en directo. No que atinxe ao IEEE, dicir que secorresponde en inglés a The Institute ofElectrical and Electronics Engineers(Instituto de Enxeñeiros Eléctricos eElectrónicos) e que en XGN acudirácomo entidade colaboradora para o des-envolvemento do dito certame de robóti-ca. Trátase dunha asociación técnico-profesional sen arela de lucro integradapor investigadores das novas tecnoloxíasde moi diverso eido de actividade. A súaposta en marcha remóntase ao ano 1884,e arestora conta con máis de 360.000voluntarios en máis de 175 países. OIEEE, segundo se nos explica naWikipedia, é unha autoridade de presti-xio nas cuestións ligadas á eléctrica ori-xinal, nas que se inclúe a robótica.

Oportunidade para legomaníacos

E xa que falamos de mundos paralelosque se van inserindo paseniño pero senpausa no que todas e todos habitamos(este é precisamente o camiño da robóti-ca e do virtual), dicir que XGN taméninclúe este ano no seu programa unhaxanela directa a outra desas realidadesparalelas que tan ben lle acaen a unencontro internauta: a que véndada polas pezas de Lego.Para dar conta do últimodo último en construciónde mundos en base aeste xoguete, a organi-zación de XuventudeGaliza Net contarácoa achega deHispalug (hispa-lug.com), a web-foro dos autochama-dos AFOLs, os FansAdultos de Lego,onde entre outras cou-sas poderemos atopar unintensivo intercambio deexperiencias e ideas arredorde todo o que se pode facer conestas pezas de ensamblaxe paranenos e (non hai engano posible) non tannenos. Máis concretamente, a idea dosresponsables de XGN é dar acubillo aunha exposición de Hispalug que inclúao máis significativo dos modelos creadospolos usuarios con Star Wars e IndianaJones (entre outros mundos paralelos)como inspiración directa. Amais dasmostras puramente ditas de reconstru-cións (que en algúns casos poden chegaraos tres ou catro metros de envergadura),tamén esta prevista a posta en marcha deconcursos, demostracións e tarefas decorporización de robots seguindo omodelo Mindstorms. Por certo que estacorrente de XGN vinculada directamen-te ao que ben poderíamos chamar oladrillo san (por contraposición ao quepor desgraza máis se usa na nosa terra eque de saudable ten ben pouco) estarácen por cen dispoñible para o público enxeral que se achegue polo Multiusos doSar. A idea é tomarlle o pulso á vangardaartística en materia de Lego e, asemade,situar a Santiago no seu eixe de activida-de. Que ninguén se estrañe, polo tanto, seo ano que vén XGN tamén se presenta en

pezas. Por certo, para quen queira poñer-se ao día no que consiste esta práctica deconstruír realidades a golpe de Lego,informar de que cada decembro e dendehai poucos anos se adoita a celebrar areunión Hispabrick, precisamente daman de Hispalug, e que unha boa partedo alí presentado está á vista da comuni-dade en liña no servizo Flickr(www.flickr.com/groups/hispabrick). Como curiosidade e volvendo ao eido deXGN, lembrar que os seareiros de StarWars que teñan praza no encontro (ouque conten coa opción de acceder áextranet) están de noraboa: van ter aoportunidade, se os prognósticos nonfallan, de ter xusto diante das súas faces

a recreación da Estrelada Morte, nada

máis e nadamenos que a

arma-pla-t a f o r m ai d e a d ana sagac i n e -mato-gráfi-c ap o l a sforzas

do ladoe s c u r o

co obxec-tivo de

mangonear comínimo esforzo

até o máis recónditoda galaxia.

XGN en Facebook

Facebook, a rede social de amizade, xaconta dende este ano cunha nutrida pre-senza de seareiros de Xuventude GalizaNet a través dun espazo propio de seu.Semanas antes da celebración do ditoencontro, o lugar virtual de reunión xadispuña de arredor de 160 usuarios.Paseniño pero sen pausa, o espazo enFacebook foi collendo corpo como unhacanle paralela de información menos ofi-cial e menos oficialista: inclúe agora osrecursos máis precisos para que os/asque xa eran compañeiros/as antes deXGN o sexan aínda máis, e que os quenon o son aínda, preparen o camiño.Entre outras cousas, incorpora vídeos,fotografías de todo tipo obtidas en ante-riores edicións, comentarios, avisos dechegada e partida e, atención, o mesmísi-mo circuíto de Fórmula 1 por onde parti-ciparán os robots do campionato de inte-lixencia artificial convocado polos orga-nizadores.

ESPECIAL XUVENTUDE GALIZA NET

Page 17: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

17xgn, especial décimo aniversario

TToorrnneeooss ddee xxooggooss

• TrackMania Nations Forever. Trátasedun xogo feito á medida dos seareiros davelocidade pero, claro está, sen os riscosde levalo realmente á práctica (riscospara un mesmo e para os demais). É unhaproposta de balde que permite conduciren diferentes circuítos de dúas maneirasdistintas: só/soa ou en compañía deoutros/as. Inclúe máis de 60 itinerarios eun editor que posibilita a achega persoalde pistas.

• Call of Duty 4: Modern Walfare. Todaunha conmoción no eido das consolas oano pasado e parte do presente: formaparte da escolma exclusiva de xogos quefoi quen de superar a liña dos 10 millónsde copias comercializadas (club que noverán pasado só estaba integrado pormenos dunha ducia de produtos). Call ofDuty 4, un xogo que polo seu prezo estáfóra do alcance dunha boa parte dos sea-reiros (co que a dispoñibilidade domesmo en XGN cobra especial valor),apoia unha boa parte do seu éxito noseguinte: en contra do que acontece conoutros títulos, sitúa a acción nunha con-tenda actual e non na II Guerra Mundial,un escenario en boa medida esgotado(polo de agora).

• Pro Evolution Soccer 2009. Como oseu propio nome indica, un xogo de fút-bol virtual que responde ao interese dosseareiros por ter ao seu alcance, parado-xalmente, o máis semellante ao real. Leasaparte, trátase dunha proposta de Konamique ten uns cantos puntos salientables deabondo: a precisión, a intelixencia artifi-cial posta en xogo e máis o nivel de rea-lismo da simulación. A isto lle podemosengadir outras características que moidificilmente pasarán desapercibidas paraos participantes en XGN: as posibilida-des do xogo a moitas mans e o fluxo daacción sobre o céspede.

• Quake III Arena. Lenda entre as lendasno eido dos videoxogos, foi un dos quemáis contribuíu ao desenvolvemento daacción en primeira persoa. De feito, unhaboa parte do seu éxito radicou niso: entirar partido das posibilidades de implica-ción do xogador que tamén é, casualmen-te, protagonista. Con todo, o feito de quea saga Quake siga vixente logo de máisde dez anos dende a súa presentación, etendo en conta o rápido que evolucionaneste tipo de propostas, indica máis oumenos ás claras que tamén se soubo obterrendemento das opcións multixogador(quen non xogou nunca ao Quake, puído

asistir nos cibers a auténticas batallascampais colectivas entre os usuarios). EnXGN, os asistentes disporán da versiónterceira nos torneos programados, queengade un atractivo a ter en conta: bótasede cheo a sacarlle punto á dita opcióncolectiva. Todo isto escenificado nungran combate de area no que non se pidemáis alarde que o de ser máis rápido cósrestantes contrincantes. Para rematar,unha curiosidade que vén moi a conto senon perdemos de vista o gran obxectivode Xuventude Galiza Net (compartircoñecemento): en 2005, a compañía res-ponsable do Quake, id Software, proce-deu a convertelo de xeito definitivo ensoftware libre, programación aberta caseao cen por cen (ficando aínda ocultos oscódigos das texturas e outros datos).

• Starcraft Broodwar. Este xogo consti-túe un espazo máis cómodo para unhaproposta previa, Starcraft, alí onde estase espalla. Estratexia pura e dura, aíndaque inzada tamén de acción (á súa manei-ra), o produto é obra de Saffire eBlizzard, dúas firmas que até certo puntosouberon o que facían cando procederonao seu desenvolvemento e a súa publica-ción alá por 1998 (tendo en conta o moitoque choveu). Coma a saga Quake, osazos véñenlle en boa medida das boasposibilidades que ofrece para o xogocolectivo. Con respecto á raizame da queparte, o Starcraft, a segunda achegainclúe unha nova campaña para o xogoindividual que subministra tres capítuloscoma unha prolongación da proposta ori-xinal. Asemade, hai novas unidades,actualizacións e tipos de terreo.

CCoonnccuurrssooss aa ee ssggaa ll ll aa

Lanzamento de disco. Como o seu propionome indica, trátase de facer cun CD cal-quera o que farías co do grupo ou cantan-te que máis aborrezas: tiralo ben lonxe.Trátase dunha das competicións máisantigas de Xuventude Galiza Net e sitúa-se sen dúbida entre as máis demandadas.Práctica a medio camiño entre o deportede novo selo e a terapia de desintoxica-ción tecnolóxica, contribúe a botar unpouco de distanciamento co dixital e alanzar a seguinte mensaxe: nada é tanimportante como para que non entre enxogo o humor, nin sequera a Sociedadedo Coñecemento. O torneo levarase acabo a fóra do recinto de XGN, polo quese reforza o papel de estratexia xenerali-zada de despexe.

Case-mod. Concurso do que falamosmáis polo miúdo nas seguintes páxinas,baséase en facerlle ao computador o queunha boa parte de nós facemos diante doespello: acicalar a feitura externa.Ademais, co engadido de que ninguénmáis axeitado para personalizar o orde-nador que o seu propio dono, favorecén-dose desta maneira unha meirande e máisrica identificación entre usuario e máqui-na. A fin de contas, poucas ligazóns emo-cionais poden xurdir cara ao seu donodun equipo con carcasa gris. Enleadasaparte, o case-mod inclúe modificaciónsdentro e fóra do computador, algunhasdas cales chegan a ser especialmentecomplexas e salientables. Premiar estetipo de creatividade tecnolóxica é o granobxectivo do concurso, amais de ofrecer-lles aos visitantes e participantes unhaxanela ás últimas tendencias en materiade modificación de equipos informáticos.

Animación. Esta actividade ten comofinalidade tirar partido da gran cantidadede talento e información tecnolóxica reu-nida baixo un mesmo teito para abrirnovos vieiros de traballo e expresividadeno eido da animación en tres dimensións(3D). A idea é pór o alicerce para a reali-zación de curtas, ben sexan en dúas outres dimensións, usando o software preci-so para tal efecto: 3D Studio Max,Lightwave, Photoshop, Premiere.

Gráficos 2D. A base desta competiciónestá por dicilo así na sombra: a capacida-de dos ordenadores como instrumento detraballo para a creación de gráficos noncesa de verse eclipsada por outras fun-cionalidades de natureza máis práctica.Ideais para os tempos mortos na oficina,os gráficos en 2D son a xuízo da organi-zación de XGN un mundo de innumera-bles posibilidades. Por exemplo: para aachega de cómics. Desta maneira, aníma-se aos mozos e mozas inscritos no encon-tro a crear unha imaxe estática a través douso dun programa de debuxo como podeser Photoshop, Paint ou Promotion.

Fast 2D. O máis semellante a un concur-so para debuxantes e retratistas a pé derúa, a competición Fast 2D inclúe unhaparticularidade a ter en conta: non gañaráaquel que mellor debuxe, senón o quemáis axeitadamente represente o temadurante un período de tempo determina-do. Deste xeito, os concursantes teránque realizar unha imaxe de tipo estático ecunha temática fixada pola organización.As ferramentas a usar poderán ser asseguintes: Photoshop, Paint Shop Pro,Deluxe Paint, Painter, Promotion... usan-do o rato ou a tableta gráfica.

Real Time Battle. Empregando a lóxicada programación, a proposta de XGNcon este xogo é que os participantes

creen un robot que sexa quen de sobrevi-vir cando teña que enfrontarse ao restodas máquinas virtuais participantes. Orobot estará controlado por un programaque loita contra outros adversarios, sendoa meta, precisamente, a fin deses inimi-gos como tales. Para isto póñense enxogo uns cantos recursos. Por exemplo: oradar que avalía polo miúdo o espazo poronde nos movemos. A idea básica é apli-car no eido da robótica e no deste xogoen concreto a filosofía que anima aresto-ra a unha boa parte da Internet: a de nonpoñerlle barreiras a ninguén. Así, admiti-ranse máquinas virtuais en calquera lin-guaxe de programación. Por certo que orobot deberá funcionar sobre a últimaversión estable de Ubuntu.

Gráficos 3D. A capacidade de procesodos ordenadores actuais fixo posible quepoidamos crear, axudándonos de progra-mas de deseño en tres dimensións, ima-xes tan próximas á realidade, que hai unsanos parecían impensables. O obxectivodesta competición é, en palabras dosorganizadores de XGN, a creación dunhaimaxe de tipo estático empregando pro-gramas na liña de 3D Studio Max,Lightwave ou Maya.

Descobre Santiago. Compostela, duran-te os tres días en que se desenvolveXGN, é algo máis que o edificio doMultiusos do Sar. É unha cidade queagarda a que a fotografen. Este é precisa-mente o alicerce da actividade en cues-tión: animar aos participantes a dar contado espazo urbano privilexiado no que sesitúan durante tres xornadas. Deste xeito,os concursantes deberán captar coa súacámara dixital unha imaxe deCompostela que sen estar suxeita a limi-tacións estéticas e temáticas, si que teráque cumprir un requisito: non ter sidosometida, logo da súa obtención, a pro-grama de retoque algún.

Vídeo XGN. Berce de realizadores,Xuventude Galiza Net senta bases para ocinema que vén do mesmo xeito que assenta para a Rede que está por vir. Nestesenso, está fóra de toda dúbida que unhaboa parte dos participantes son seareirosdo cinema. Tirar máis proveito disto é ogran obxectivo deste concurso de vídeodixital encamiñado de fronte a darlleazos a todos aqueles directores que aíndanon saben que o son. As bases son benabertas: ofrécese temática libre. O únicorequisito neste senso é que a peza encuestión recolla o espírito de XuventudeGaliza Net. No técnico a cousa cambia: ovídeo deberá ter un tamaño máximo de100 megabytes e cinco minutos de dura-ción máxima, sendo estes os formatosadmitidos: DivX, XviD, MPEG1,MPEG2 e Quicktime. Os ficheiros debe-rán ser avi ou mov.

ESPECIAL XUVENTUDE GALIZA NET

Co gallo do encontro Xuventude Galiza Net convocan unha serie de xuntanzas baixo onome de BarCamp Galiza 2009 que xirarán en torno ao software libre, xogos, progra-mación, Web 2.0 e todo o que o público queira contar no que se auto-define como unhadesconferencia (ou non conferencia) pola súa informalidade e diversidade de partici-pantes.As BarCamps serían charlas de 30 minutos de duración, da que agardan que a meta-de estean fixadas previamente e o resto nazan da improvisación a través do propioevento. Neste tipo de actos búscase que o conferenciante perda peso a favor do públi-co, que é o que dará a conferencia.Polo momento os temas confirmados a tratar son o desenvolvemento áxil con Ruby onRails, o deseño gráfico con software libre, a creación de distribucións a medida base-adas en Ubuntu Linux, a monitorización de aulas con software libre e as alternativasde baixo custo para clientes lixeiros, na súa meirande parte como proposta do Grupode Usuarios de GNU/Linux da Galiza, asociación organizadora do evento.

PPrrooggrraammaa ccoommpp llee ttoo ddee ddeessccoonnffeerreenncc iiaass

Page 18: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

18 xgn, especial décimo aniversario

Computadorespersoais�comanunca�viches�

achegaráun�ano�máis�unha�xanela�directa�ácreatividade�xerada�do�modding:�apráctica�de�facer�do�teuordenador�unha�obra�de�arte�

Ten que haber unha serie de condiciónspara que un/unha usuario/a de novas tec-noloxías se converta en modder, é dicir,membro por dereito dese certo move-mento e tendencia que poderiamos cha-mar modding (práctica que consiste enpersonalizar o computador). Estas son ascircunstancias ideais:

• Que o/a usuario/a do computador esti-vese dende sempre nun lugar salientableno que a cualificacións de clasesmanuais se refire. É dicir: é preciso serun pouco habilidoso coas mans para con-verterse nun modder e ter collido algun-ha vez un desparafusador e un taladro.Certo que non é preciso chegar ata estesestremos (hai moita xente que non vaialén de pintar a man e con spray a carca-sa do computador), pero tamén é verdadeque no modding, como en tantas outrascousas na vida, unha vez que se comeza,non se pode parar. Os de nivel avanzadoempregan ferramentas como serras decalar, alicates, limas ou (a chave de tóda-las chaves) un dremel, un trebello rotato-rio que sería coma a navalla suíza domodding: vale para todo. Dito doutroxeito: non chegaremos a ningún lado sesomos dos que nunca se atreveron atroca-la roda picada do coche.• Que o usuario do computador teña unhaboa relación co mesmo. As ligazóns dosseres humanos cos computadores soncada vez máis estreitas. Agora, ninguénse estraña se ve a un informático tendoun diálogo co seu equipo, poñéndolle unnome propio. O PC é o único electrodo-méstico da casa ó que se lle chama comaas persoas ou ós animais (a ninguén se lle

ocorre facer iso coa torradora). O abanode funcionalidades dun equipo informá-tico é tan amplo na actualidade que xanon se concibe unha vida sen el. Cando oordenador se bloquea, lle pedimos porfavor que arrinque, que se porte ben con-nosco. E se vai amodo, encollemos ocorpo coma se estivésemos enriba dunha

moto cortando o vento. Ou sexa, que osvínculos cos computadores están moienleados. Querer mellorar a súa estéticae máis o seu rendemento e facelo máispresentable para que nunha reuniónsaliente por enriba de tódolos demais sonconsecuencias lóxicas de todo o anterior.

UUnn ppoouuccoo ddee hh ii ss ttoorr iiaa

A relación das persoas cos obxectos quenos rodean son en ocasións moi compli-cadas. Por que nos aferramos ás cousas?Por que algunhas acaban por converterseen amuletos e outras non? Non é casuali-dade que tanto nos automóbiles comanos computadores se traballe tanto parapersonalizalos. O tuning é o moddingdos coches e o modding é o tuning doscomputadores. As semellanzas van aléndo nome. Ninguén se emociona cando sedespide dunha neveira, pero non é omesmo cando levamos o noso coche detoda a vida ó ferralleiro. Nese cocheaprendimos a conducir, levamos a nosaprimeira moza á casa, fixemos fuxidas ápraia nas tardes libres do traballo. Cocomputador pasa o mesmo, ou inclusomáis. Discorrendo paralela á historiapuramente técnica discorre unha historiade sentimentos. Tantas cousas positivasque nos achegou o PC tiñan que ter unha

recompensa. E unha das primeiras cou-sas que se nos ocorreu foi darlle unhaman de pintura ó frío e gris recubrimen-to da carcasa, chamada case en linguainglesa.

O modding naceu nalgún fogar dosEstados Unidos, probablemente, e logofoi atopando as súas mellores expresiónsen xuntanzas semellantes a XuventudeGaliza Net. Se cadra tamén atopou une m p u r r ó nconsiderablecando Applecomezou aabrir novosc a m i ñ o sestéticos coiMac. Ou secadra xa vén a cousa de antes. “Os computadores son máquinas grisese cheas de ruídos”: esa frase, repetidaunhas cantas veces, foi o xermolo detodo. O modding comezou cando alguén,farto xa desta pobreza estética, decidiuatreverse a modifica-las partes máis sen-sibles do PC, ir alén de troca-las letras dapantalla ou a tonalidade da carcasa. Omellor que lle puído pasar ó moddingforon as xuntanzas de informáticos nor-teamericanos en diversas lan partys. Alíoperouse a milagre, coma se tódolosafeccionados á informática reu-nidos se decatasen, desúpeto e simultanea-mente, que leva-ban posto omesmo traxe.Nos seusfogares ouna tendaonde omerca-ron llesp a r e -cera om á i sbonitod omundo,p e r ol o g od i x e r o ntodos a untempo amesma frase:“Os computado-res son máquinas gri-ses e cheas de ruídos”.

OObbxxeecc tt iivvooss pprr iinncc iippaa ii ss dduunnccaammbbiioo nnaa ccaarrccaassaa

Hai dous obxectivos principais, comoben se citan na definición que aWikipedia ofrece do case mod: “O ‘casemodding’ ou ‘case modification’ é amodificación do chasis da computadora(tamén chamado ‘gabinete’, en inglés‘case’ e de xeito erróneo ‘CPU’). Alterara computadora de xeito non convencio-

nal considé-rase un‘mod’. Moitaxente, sobretodo searei-ros do hard-ware, empre-gan estas

modificacións para salientar o poder doequipo informático e por motivos estéti-cos. Normalmente atópanse en ‘lan par-ties’”.Polo tanto, quedémonos con estes dousconceptos:• Os motivos estéticos• Os motivos de mellora de rendementoEstes son as principais razóns de ser domodding. Por unha banda, facer que onoso PC brite con luz propia no fogar(facendo xogo co entorno, adaptándoseás cortinas da nosa habitación ou á cor da

colcha) e, pola outra, conse-guir que funcione

mellor. Estes douso b x e c t i v o s ,

amais, nonson incom-

pat ib les ,m a l i aque sique éc e r t oq u eh a i

xenteq u el l e

dedicam á i s

atencióna un dos

p u n t o ssobre o outro.

O ideal, o real-mente inspirado, é

cando os cambios nonsen fan porque si, senón que

todo cambio ten unha motivación ben

Mod case dun fanático do xogo Doom 3

O computador-fonte, visto por Sergi Comas na Campus Party

Ordenador inspirado na saga de

Alien visto por Edwingraf

O mellor que lle puido pasar aomodding foron as xuntanzas deinformáticos norteamericanos endiversas lan partys

ESPECIAL XUVENTUDE GALIZA NET

Page 19: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

19xgn, especial décimo aniversario

definida. Ocorre como coas melloresobras de arte: o envoltorio decorativoestá ó servizo dunha mensaxe potente.A chave de todo tamén é dedicar tempo e(moito) traballo a elixi-los compoñentesco fin de poñer a punto o noso equipo,facendo o que os fabricantes de computa-

dores nunca soñaron con facer. A mellora do rendemento é certamenteunha teima para moitos informáticos.Esta teima materializouse en prácticascoma a do overclocking, unha especie deprecedente das manipulacións que se fanhoxe en día e que consiste basicamente

en acelerar o ritmo do microprocesadordo PC, que adoita a vir de fábrica cunhavelocidade de base que non satisfacía ósusuarios. Estes crían (e cren, se cadra conrazón) que os procesadores, xa sexanCPU ou GPU, distribúense coma se tive-sen limitacións de velocidade, coma sefose preciso ceibar o pedal do acelerador.En linguaxe máis coloquial: saen capa-dos, ben sexa por motivos de control decalidade ou ben por condicións do propiomercado. O proceso de overclocking émoi similar ó de altera-las condiciónsdun automóbil ou dunha moto para queteñan un meirande punto de velocidade.Isto ten unha gran consecuencia: o equi-po manipulado así xera meirandes tem-peraturas. Deste xeito, ós modders nonlles quedou máis remedio que dar rendasolta ó seu maxín para obter melloresmétodos de refrixeración. Cómpre sina-lar que este proceso de sobreventilaciónpode levarse a cabo de diversas maneiras,e se poden substituír parcial ou totalmen-

te eses elementos de refrixeración tradi-cional. A modificación destes procesos éunha das expresións fundamentais dofenómeno modding, e pode consistir nainstalación dun sistema de refrixeraciónlíquida ou silenciosa ou (esta é máisrecente) por evaporación. Tamén se soealterar o funcionamento da ventilación.Neste senso, é posible empregar poten-ciómetros independentes que modifiquena corrente que lles é subministradamediante uns mandos situados na partedo PC que está máis preto do usuario.Sería, polo tanto, un panel de mandos datemperatura do computador.

Ligazóns de interesewww.envador.comwww.extremetech.comwww.mnpctech.comwww.modding-espanol.comwww.todomodding.comwww.hard-h2o.comwww.coolmod.com

A personalización tamén chega aos periféricos, tal e como se ve en italianmodding.it

A evolución de XGN, cualitativa e cuantitativamentefalando, foi unha evolución parella á da Rede: elamesma volveuse un pouco Internet 2.0, abríndoseaos usuarios e ás súas propostas, dando acubillo ámultiplicade de ligazóns. Dende o ano 2000, ano dasúa posta en marcha, até hoxe, non cesou de incre-mentarse o número de participantes, sendo a de2002 a edición na que se superou o milleiro de per-soas inscritas.

Isto, como é de supoñer, non só se traduciu nunincremento de amplitude de banda dos accesossenón tamén no medre na cifra de concursos, pre-mios e patrocinios en xeral. Polo que respecta aosnúmeros que nos tocan máis de preto, os da edición2008, sinalar que esta constituíu a preparaciónmáis idónea para a convocatoria presente: foiobxecto de máis de 50.000 visitas e unha participa-ción oficial de 1.500 mozas e mozos de toda España.

No que respecta á infraestrutura tecnolóxica postaao servizo dos participantes, XGN conta cunha dasmaiores redes internas de todas cantas se habilitanno estado español. A rede, amais de súa gran enver-gadura, vén equipada cos avances tecnolóxicos pre-cisos para acadar as mellores condicións de rapi-dez. Neste senso, o encontro procurou dende o prin-cipio establecer estreitas ligazóns con aquelasempresas (patrocinadores) que máis e mellor podíanpoñela en contacto coas últimas novidades informá-ticas. A idea, xa que logo, era cumprir tamén unhafunción de feira tecnolóxica de innovacións sen quefose preciso adoptar ese modelo. Máis concreta-mente, a conexión á Rede está garantida polo opera-dor galego R, que segundo apuntan os organizado-res da xuntanza sube un novo chanzo cada ano enmateria de achega de amplitude de banda, “garantin-do ademais uns tempos de resposta mínimos e unhacalidade de servizo inmellorable”, sinalan.

OO mmiioo ll oo ddaa ppaarrttyy :: mmoocc iiddaaddee ee rreeddee

Dando por sentado que na nosa terra aínda quedaxente que non sabe o que é unha party informática,sobre todo entre os que non están na franxa deidade comprendida entre os 15 e os 30 anos, reser-vamos, un ano máis, un apartado do especial sobreXuventude Galicia Net a resolver dúbidas básicas ea preparar aos asistentes libres sobre o que se vana atopar no recinto no caso de que a curiosidade osleve ata acó (é perfectamente comprensible quedespois de tanto oír falar de XGN queiran saberdunha vez en qué consiste). Desta maneira, retoma-mos o fío argumental do texto que por estas mes-mas datas publicamos hai uns anos en Código, conmotivo do mesmo acontecemento. Empezamos _por-que por algún lado hai que empezar_ pola definiciónde party: trátase dun termo que, malia que se colleuemprestado do inglés e que, aínda que signifique“festa”, no que se refire a encontro informático tenoutras connotacións, xa que estariamos a falar máisben dunha concentración de persoas, normalmentemozos e mozas menores de 30 anos, unidos por unnexo común: a conexión ás redes de datos. Existepolo tanto unha canle local para poder intercambiarinformación, xogar ou compartir experiencias (efacer amizades, algunha delas, polo que puidemoscomprobar, realmente increbrantables: informáticaen condicións extremas produce amigos). Moitos

dos asistentes ás partys que se desenvolven endiferentes puntos de España (e cada vez son máis)comunícanse a cotío entre eles a través da Rede coafin de saber quen vai estar en cada unha delas equen non. As persoas inscritas nestes eventos nonson exactamente un grupo máis ou menos pechado,pero si que teñen uns intereses e unha serie de vín-culos entres eles que non teñen outros círculosxuvenís. Pero, cal foi o xermolo que propiciou estetipo de xuntanzas?, quen e como se puxo a primeira

pedra? Polos datos que circulan en Internet puide-mos saber que é posible que estas concentraciónsviñesen do Norte, concretamente de Dinamarca, nadécada dos 80, momento no que moitos dos inter-nautas máis veteranos de hoxe en día abrían as por-tas das súas mentes a través dos lexendariosSpectrum 48k, Commodore 64, etc. Ao parecer, aí éonde comezou todo, na necesidade de reunirse baixoteito (e hai que ter en conta que en Dinamarca debeser moi conveniente reunirse baixo teito), conectar-se e trabar ligazóns. Logo se foi incrementando apartycipación, estendéndose por todo o eido deOccidente. E fóronse facendo tamén estes encon-tros máis democráticos, posto que xa non eran uni-camente os programadores de demos os que decidí-an acudir. O pulo crucial veu dado pola posibilidadede xogar en rede: é este un factor de diversión eparticipación digno de ter en conta, ademais do queimplica que tódolos asistentes estean conectados.Algunhas partys poden chegar a reunir unhas 3.000persoas, pero iso acontece moi raras veces. A deSantiago están, sen lugar a dúbidas, entre as máisimportantes de España, e máis agora, que anda arentes dos 3.000 mozos e mozas inscritos/as, poloque sitúa sen dúbida (agora máis que nunca) na van-garda mundial dos encontros informáticos para axuventude.

QQuuee tteenn uunnhhaa ppaarrttyy qquuee nnoonn tteenn ccaa llqquueerraa oouuttrroo eennccoonnttrroo ii nnffoorrmmáátt ii ccoo??

O computador-aceso, visto no caderno de Syph06

no Flickr

ESPECIAL XUVENTUDE GALIZA NET

Page 20: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

20 xgn, especial décimo aniversario

Código�fonte�á�vistaMancomún�e�a�comunidade�galega�de�usuarios�e�deseñadores�de�software�librepresentarán�na�party�os�máisrecentes�programas�postos�enxogo�na�nosa�lingua

Na cuestión da programación aberta,Xuventude Galiza Net é en boa medidaunha das moitas faces visibles que adop-ta. De feito, e para complicar un poucomáis as cousas, case se podería dicir quese dá o caso contrario: que o softwarelibre tamén se deixa querer e dar formapor eventos como XGN. Sexa comosexa, a situación semella moi propiciapara poñer de relevo as vantaxes dunhacultura de intercambio de coñecemento ecolaboración, un xeito de ver e entenderos asuntos dixitais que non se entenderíasen a achega de moitos/as. Unha vezmáis, e tirando o máximo proveito desteenxalzamento da colectividade e dainformación que é Xuventude GalizaNet, o Centro de Referencia e Servizosde Software Libre Mancomún asume oslabores de coordinación de todos oseventos vinculados ás novas tecnoloxíase aos estándares abertos que se levan acabo no marco da party. Dito doutramaneira: Mancomún (mancomun.org),que está a avanzar unha boa parte do pro-grama malia non telo cen por cen pecha-do, será a porta na que debemos petarpara entrar nun espazo máis grande eenriquecer os nosos computadores deprogramas libres, útiles e en galego.Máis polo miúdo, e segundo sinalan fon-tes do propio Centro, a idea é actuarnesta nova edición como canalizador daspropostas achegadas por todos os axen-tes integrantes da comunidade de usua-rios e deseñadoresde softwarelibre, atítulo

individual, de empresa ou de asociación.Ou sexa, que nesta convocatoria 2009refórzase o papel integrador deMancomún como nexo de unión dosesforzos levados a cabo na nosa terrapara mellorar o panorama da informáticaaberta. Con todo, este sistema de organi-zación non é novo e, para quen quixeravelos, á vista estiveron os froitos en ante-riores convocatorias. Un bo exemplo desta liña de traballo foia exposición dos moitos proxectos infor-máticos postos en marcha polos GruposGalegos de Usuarios de Software Libre(GGULs) e que se levou a cabo en XGN2008, entre os que se incluíu a traduciónao 100% da interface do OpenOffice.org3.0 (finalizada en boa medida grazas aosesforzos dos participantes). No que se refire ás actividades prepara-das para este ano, o obxectivo é afondarna liña acadada previamente en dúasdireccións: cara ao fondo e cara ás beiras(ampliando o abano temático). Que nin-guén se estrañe se se volve tirar partidoda potencial man de obra reunida parafinalizar un novo reto como o da tradu-ción do OpenOffice.org. Malia estar suxeita a cambios de últimahora, podemos facernos unha idea domiolo do programa grazas a esta listaxeachegada por Mancomún.

OObbrraaddoo ii rrooss

A. Obradoiro de tradución (LeandroRegueiro): Obradoiro no que se reali-

zaría unha pequena charla intro-dutoria sobre a localización

de software, seguidadunha parte práctica

para traducir algúnmaterial previa-

mente escollido. B. Obradoirosobre controlAutomático eRobótica conFerramentasOpen Source(AULUSC):Obradoiro noque se trataráo uso de ferra-

mentas opensource para o

control automáti-co coa solución de

open hardwareArduino. O obradoiro

está orientado á constru-ción de mini robots móbiles

baseados no Arduino e á explica-ción de como aproveitar a potencia desta

plataforma co uso do PC e de software decontrol robótico aberto. C. Introdución á programación móbil:jme (Alexandre González): Un obradoirosobre programación con jme en móbiles.Trataríanse temas como formularios ecanvas (de forma introdutoria).

RRee llaa ttoorr iiooss

A. Instalación Automatizada de sistemasDebian e derivados (Adrián Boubeta):Pequena introdución a instalación auto-matizada mediante o uso de PXE, DHCP,TFTP e as utilidades do proxectoDebian. B. Relatorio sobre a rede virtual galega(Lareta.net, Chuza, Blogaliza...)/ (FranDiéguez): “Dende o staff de www.lare-ta.net, que é un sistema de microblogue-xo en galego e proxecto do GLUG, que-remos facer unha presentación en públi-co deste sistema, demostración e demaispara ser moitos máis persoas usuarias eaumentar así a masa de galegos quenavegan na chamada e recoñecida "redevirtual galega". Nel tamén falaremos dasdistintas mashups que estamos facendo,alén de chamar a máis desenvolvedoresque pola XGN estarán. Lareta.net é unproxecto licenciado con GNU AfferoGeneral Public License e os contidos dosusuarios en Creative CommonsAttribution 3.0”.

AAcctt iivv iiddaaddeess nnaa zzoonnaall iibbrree // iinnttrraanneett

A. Stepmanía/DDR B. Tron/Armagetron

DDaannddoo eexxeemmpplloo :: ee ssppaazzooccoo ll eecc tt ii vvoo ee ccoommppaarr tt iiddoo

Co fin de facer máis fronte común ereforzar pola vía do real o papel colabo-rativo do virtual, Mancomún, aDirección Xeral de Promoción Industriale os representantes dos devanditos gru-pos de usuarios e deseñadores galegos desoftware libre compartirán un espazopropio de seu na zona libre para dar acoñecer o seu traballo a todas as persoasque se acheguen por XGN. Neste senso,a estrutura é a mesma cá do ano pasadoou cá posta en práctica na ConferenciaInternacional de Software Libre desen-volvida este ano en Málaga, pero refor-zada. Por certo, que segundo informa oCentro Mancomún, o espazo destinado atodo este tecido galego de deseñadoresde programación aberta presentarasebaixo o mesmo lema co que xa o fixerana devandita cidade andaluza: CoSoftware Libre xogamos todos enGaliza. Precisamente con esta estrutura e

esta campaña, Mancomún sorprenderana CISL expoñendo unha estrutura cola-borativa pouco común no resto de comu-nidades e que atraeu a un gran número deinteresados.Os espazos da Dirección Xeral e os axen-tes (sobre todo Grupos Galegos deUsuarios de Software Libre, GGUL) enXGN, terán como obxectivo fornecer unespazo que facilite a loxística interna;que permita a difusión de todas as activi-dades/materiais que se están a facer noeido do software libre; pero, e o que émáis importante, que faga visible o apoioinstitucional ao software libre a través doCentro de Referencia e Servizos deSoftware Libre de Galiza.

GGaall iinnuuxx ,, pprroottaaggoonnii ss ttaaiinnddii ssccuutt ííbbee ll

A caseta que a Dirección Xeral dePromoción Industrial habilitará no XGNterá como protagonista indiscutíbel aoGalinux. Este completo sistema operati-vo libre e en galego, desenvolvido porMancomún, despregará toda a súa imaxegráfica para atraer ao maior número dexente a coñecer as vantaxes deste siste-ma. O fondo do stand da Dirección Xeralcentrarase na mascota do Galinux,AraOS, e seguirá a mesma liña da cam-paña de medios que se lanzou durantemes de febreiro para a promoción destesistema. Ademais haberá un AraOSxigante (2,5 metros de alto) para diver-sión dos cativos e cativas.Como iniciativas promovidas dendeMancomún, está prevista a organizacióndo certame de vídeo Eu son un Galinux,que se integrará como apartado dentro daproposta de vídeo-creación promovidadende a propia dirección do XGN.O concurso, na liña da iniciativa promo-vida pola Linux Foundation, convoca acalquera participante no XGN a ofrecer asúa particular visión dos anuncios televi-sivos Eu son un Mac, eu son un PC deApple, aos que agora se engadiría o ter-ceiro participante Eu son un Galinux.O obxectivo, sinalan fontes deMancomún é promover na medida doposible o uso do Galinux sinalando o queesta distribución significa para os que acoñecen, ao tempo que permita inspirar amoitos a probala. O software libre éresultado da colaboración de toda acomunidade, e quen mellor para explicaras vantaxes do Galinux que os integran-tes, facéndoo dun xeito desenfadado eameno. Asemade, habilitarase no propiostand varios computadores con xogoslibres e un servidor de descargas dosmesmos aplicativos.

Anuncio do Galinux que se pode ver

actualmente nas vallas publicitarias

ESPECIAL XUVENTUDE GALIZA NET

Page 21: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

21

Telefonía2.0

De feito, a diferenza dos computa-dores (que crean máis desconfianza),o móbil, aínda que sexa nas súas fun-cións máis básicas (facer e recibirchamadas), é para moitas persoasmaiores unha maneira de comunicar-se co mundo e, tamén, de estar nomundo. Así, malia que os analistasnon os sinalen como instrumentos deentrada ao dixital e malia que moitasveces o uso que lles damos non é ocorrecto (en Islandia, identifícansecon todo aquilo que vai en contra datranquilidade), poden ser definitiva-mente algo máis que un obxecto decomunicación. Albiscar no futuro ena súa potencialidade foi o obxectivodo encontro convocado hai uns díasen Santiago por BIC Galicia e Feuga:un encontro dirixido a mudar a nosapercepción sobre un aparello que,para ben ou para mal, vai xa connos-co a todas partes.

Máis polo miúdo, a xuntanza serviupara dar a coñecer as conclusións doinforme Tecnoloxías móbiles: apertu-ra e novos modelos de negocio quevén de elaborar o foro de expertos daFundación Bankinter. Por certo que apresentación contou cun convidadode luxo: Shahram Niri, director deestratexias de Nec Europa, multina-cional xaponesa fabricante de dispo-sitivos móbiles e produtos vinculadosa redes e servidores. Niri, que amo-sou un punto de vista positivo peran-te a crise internacional, sinalou aosmóbiles como aparellos integrantesde todo o paquete de cousas e servi-zos que a xente, malia todo, vaiseguir empregando.

Ao seu xuízo, cómpre ollar estatecnoloxía como un mundo cambian-te que muda perante os nosos ollos,mentres sostemos o dispositivo naman: a televisión e a Rede tardaronun tempo en afianzarse, pero notempo que requiriron para este obxec-tivo, xa había en moitos países máismóbiles que persoas. As cifras nestesenso poñen de manifesto un granpotencial: a ratio de penetración aescala do mundo está neste intre porriba do 60%, e en países comoFrancia ou Reino Unido, a penetra-

ción vai alén do 100%. Amais de cifras e detalles de natu-

reza técnica, Niri achegou enCompostela un interesante percorridopolo móbil a través de tres treitos:pasado, presente e futuro. Ao seuxuízo, están á vista de calquera asconsecuencias inmediatas da prolife-ración e desenvolvemento do apare-llo: a máis e mellores móbiles e servi-zos, máis firmes son as probabilida-des de que a xente os empregue paraconectarse a Internet, para establecercomunicación interactiva con calque-ra en calquera lugar ou para localizarpersoas ou produtos segundo sexa asúa situación. Se antes os servizos devoz eran servizos de luxo (recibíansesen esixir ningún outro, e custabanaté 75 céntimos de euro por minuto),comentou, hoxe asistimos á vozcomo un elemento básico que paseni-ño pero sen pausa vai adquirindo fei-tura e fondo de fluxo multimedia. Nofuturo, estámolo albiscando xa, oeido da telefonía móbil amosaráfinalmente ás claras até que puntodiscorreu paralelo á socialización deInternet: un proceso onde os usuariosfinais pasan a formar parte da cadeade valor, tal e como se pode ver xa enFacebook ou Twitter. Ao seu xuízo, atelefonía corre a toda velocidade caraa esa mesma situación: un sistemabaseado nas persoas que non formanparte directa da empresa pero si queparticipan activamente da experien-cia.

Asemade, haberá máis converxen-cia tecnolóxica nas telecomunica-cións, e non só haberá canles para acomunicación entre individuos,senón que tamén as máquinas terán asúa oportunidade, interrelacionándo-se entre elas por medio de chamadase cos fins que sexan precisos. Porexemplo, favorecendo a fluidez dapropia comunicación, do mesmoxeito que farán entre si os propiosvehículos nos que viaxamos candonos despracemos por espazos onde serequiran optimizacións da circula-ción. Este tipo de diálogo entremáquinas, puntualizou, será inclusomáis frecuente que o humano.

Para Niri, o paquete de previsiónssobre a potencialidade do móbil nonse esgota nesta entrada en xogo dasmáquinas achegando intelixencia:haberá fusións entre empresas, novasoportunidades de negocio, movemen-to incesante, colaboración entre com-pañías perfectamente compatible cunequilibrio de competitividade (tal ecomo se está a ver hoxe en día endeterminadas frontes empresariais) e,sobre todo, achegas ao mercado base-adas no usuario. Neste senso e dexeito paradoxal, o movemento aseguir asume dúas direccións contra-rias que probablemente acaben porencaixar: por unha banda entraránmáis en xogo as máquinas e polaoutra todo tenderá a ser máis humano,máis doado de empregar, máis con-verxente. “En certa maneira”, enga-diu Niri, “asistiremos con este afian-zamento e medre da telefonía móbil edas súas redes á creación dunhabanda ultralarga ao servizo da trans-misión intelixente de datos”. Estabanda, sinalou, estará suxeita a unha

meirande marxe de autoxestión: ama-ñarase e controlarase de xeito inde-pendente á intervención humana.Amais disto, augurou, as fronteirasentre os diferentes servizos confirma-rán a tendencia a desaparecer que xase pode rexistrar hoxe a certos niveis,chegando as operadoras a un tipo decontrol moito menos agresivo da súarede: “Tirarán abaixo a reixa quecontrola hoxe en día o seu propioxardín”.

Posibilidades de negocio

A investigación da FundaciónBankinter presentada en Compostelapretende destacar en todos os seusdetalles as amplas posibilidades dedesenvolvemento que presenta unhatecnoloxía ben presente nas nosasvidas: o teléfono móbil. Para os crea-dores do estudo, non existe platafor-ma nin ferramenta de telecomunica-ción que gozase ou goce dunha míni-ma parte do proceso de espallamentoque experimentou a telefonía móbilao longo destes anos. Tendo en contaque están en case todos os fogares danosa terra, sinalaron, e tendo en contaa súa capacidade de unir o tradicionalco novo (entre os usuarios destes tre-bellos hai persoas de todas as idadese niveis de coñecemento), é probableque vaian acadar o que nin a televi-sión nin os computadores en liña aca-daron aínda: a Sociedade daInformación plena.

As cifras xerais acompañan: hoxeen día e centrándonos no eido espa-ñol, o número de terminais superahoxe nun 50% á cifra de habitantes. Amaiores, en países como Francia ouReino Unido, a taxa de penetraciónestá arestora nunha porcentaxe demáis do 100%. Isto, acompañado deoutros sinais de medre, debuxa unpanorama interesante non só parafabricantes e operadoras, senón paraempresas de servizos web (posto quea tendencia é a de que cada vez haxamáis xente en liña grazas ao móbil),de contidos ou de xestión comercial(máis compras e vendas a través doterminal). Amais de todo isto e dexeito paralelo, medrarán as posibili-dades de participar activamente nesemercado dende a sociedade de usua-rios (tal e como se está a ver xa coaWeb 2.0, a do Facebook ou YouTube,pero ao grande) e mesmo dende otecido internacional de voluntariado(a chamada mobilaridade: a conexiónde beneficio mutuo entre ONGs eoperadoras, que contribúe a facermáis doada a achega económica aospaíses máis pobres).

Pero hai máis datos a ter en contareflectidos e avaliados no estudo deBankinter:

• Cada vez os móbiles serán máisverdes. De feito, ao longo de 2008experimentouse un importante auxeda demanda deste tipo de aparellos,tanto no que se refire á procura daredución de consumo de enerxíacomo na busca de fontes alternativas.

• As posibilidades dos móbiles decara ao desenvolvemento das redessociais que xa podemos ver enInternet son altísimas: a posibilidadede localizar aos usuarios da rede encuestión é un valor engadido.

Comparable só á revolución desencadeada pola televisión ou Internet,a pegada social dos móbiles vai alén das conseguidas por estas dúastecnoloxías. Isto explícase pola súa aceptación e polo seu elemento decontinuidade (aseméllase ben ao teléfono de sempre): apenas hai xentehoxe en día que non teña este trebello e o seu uso é probablemente aprimeira ponte interxeracional que vemos dende hai tempo.

feuga e bic galicia_redacción

A�FundaciónBankinter,�BICGalicia�e�Feugaauguran�enSantiago�a�granrevolución�comunicativa�dofuturo:�a�que�vénda�man�dos�móbiles

Page 22: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

22 NOVA WEB DO SERGAS_redacción

A�Internet�que�fala�

por�si�soa

O�Sergas�pon�en�marcha�un�servizo

para�converter�a�vozcontidos�web

Unha boa parte das carencias da Redee da informática en xeral veñen pola súasuposta universalidade. Dito doutroxeito: se deixamos a construción daSociedade do Coñecemento unicamenteen mans das iniciativas privadas confebre de lucro, corremos o risco de quetodo estea feito en base ás característicasdo groso dos clientes (e quen non entredentro desa visión, que se esqueza de serinternauta). Para que se entenda: quepasa cando non temos visión abondacomo para todo o que nos ofrece a panta-lla? As solucións a estas carencias amo-san unha vez máis que aprendimos benpouco ao longo deste tempo sobre acce-sibilidade no mundo real: vanse achegan-do agora que xa está feita unha parte daRede. Con todo e en boa parte por iso, aobriga de poñérmonos mans á obra estámáis vixente ca nunca.

Exemplos desta liña de traballo haimoitos, e algúns dos máis salientablesatopan acubillo precisamente na nosaxeografía. Por exemplo a ferramentaVoxweb, sistema de conversión de vozde contidos textuais que o ServizoGalego de Saúde está a ofrecer nos seusportais web(www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=90802), en galego emáis en castelán. Entre outras cousas ecomo indica o seu nome, permite pórlle

son ao que naceusendo silente. A

ferramenta, quefoi integrada daman da empresado mesmo nome

(www.voxweb.es)e Tecnocom

(www.tecnocom.es), aplícase arestora atodos os procesos e interfaces que oSergas mantén como pezas do seu servi-zo en liña ao cidadán.

A proposta, como se pode supoñer,insírese no camiño da accesibilidade e ainclusión: especialmente axeitada parapersoas con diversidade funcional ligadaaos problemas de visión, ou ben parainternautas acabados de chegar áSociedade do Coñecemento. Asemade,incorpora algunha que outra das princi-pais características da Internet de hoxe: éinteractiva e achega comunicación perso-nalizada e baixo demanda do usuario.

Segundo indica o Sergas, o seu funcio-namento é doado: non hai máis queempregar o reprodutor que inclúen aspáxinas web do seu portal activadas paraa lectura do texto. Para comezar a usar aferramenta, non temos máis que premer eescoitar. Asemade, sinalar que os con-trois da aplicación posibilítannos omanexo integral da lectura, descargar unarquivo en formato mp3 co texto lido ouregresar ao estado inicial do reprodutorpara mudar a velocidade da voz.

Co fin de ver de xeito correcto os con-tidos destas páxinas é preciso descargar einstalar o Adobe Flash Player Plugin nosistema. Con este proceso, o equipodende o que nos conectemos estará pre-parado para amosar a información. Porcerto que o devandito programa soporta ameirande parte dos navegadores de usomáis común: Firefox, Internet Explorerou Opera. Polo que respecta aos requiri-mentos propios do computador que teña-mos entre mans, sinalar que serán oshabituais no manexo de contido multime-dia: tarxeta de son, altofalantes, etc.

Xa nun nivel máis técnico e segundoinforma af i r m aTecnocom(colabora-dora nop r o x e c t odende assúas sedesda Coruña,Santiago eVigo), as o l u c i ó na c h e g a d a ,ademais doss e r v i z o sprecisos para

unha integración nos contornos web doSergas, propón unha

arquitectura baseadanun display de con-

versión a voz para contidos web baseadonun produto do fabricante Voxweb, espe-cializado no deseño de aplicacións convoz. A ferramenta, engaden fontes da

devandita empresa, inclúe un motor TTSdo fabricante Loquendo, firma que cola-borou con Tecnocom na tarefa de desen-volver a voz existente na lingua galega.

A Consellería de Sanidade segue a reforzar a súa achega web cun duplo obxectivo quese complementa a si mesmo: subministrar máis información á sociedade e facer doadoo acceso a esa información. Nesta liña é onde se insiren os novos servizos incluídosdende hoxe nas webs www.galiciasaude.es e www.sergas, recursos entre os que seinclúe unha canle para formalizar encontros co persoal médico e probas en hospitais.Neste novo apartado, amais da posibilidade de consultar información persoal de citase consultas (tanto as confirmadas como as rexistradas pendentes de data e hora), ointernauta terá ao seu alcance tecnoloxía avanzada para garantir a confidencialidadedos datos: o acceso será controlado mediante o emprego dun certificado dixital queachega a garantía da identidade do usuario que accede. Segundo informa Sanidade, a canle de comunicación entre o servidor e o equipo que faia consulta está tamén encriptada para asegurar a confidencialidade dos datos. Porcerto que este recurso é en certa maneira unha ampliación e unha mellora do posto enmarcha en decembro de 2007, que posibilita a comunicación en liña cos pacientes paraconsultar a súa situación persoal na listaxe de espera cirúrxica. O paquete de novidades incluídas nos devanditos espazos da Consellería de Sanidadecomplétase cun portal específico orientado á cidadanía (dende o que se pretende facero máis doada posible a comunicación coa sociedade e a achega de recursos, todos elesclasificados e ofrecidos dun xeito moito menos disperso) e un apartado en liña para oenvío de suxestións e queixas relacionadas cos centros e unidades onde estea implan-tado o Sistema de Xestión denominado QUERES. Subliñar que QUERES é un programadirixido a asegurar o cumprimento dos dereitos sanitarios das galegas e dos galegos,e para facer uso del só teremos que cumprimentar o formulario electrónico que seincorporará ao respecto. Polo que respecta ao portal para a cidadanía, dicir que entre outras cousas inclúe unhaOficina virtual destinada a servir de punto de unión entre a sociedade e administraciónsanitaria: nela, estaremos en disposición de facer os trámites máis comúns relaciona-dos coa saúde como son a cita en Atención Primaria, o cambio de médico, ou a solicitu-de de tarxeta sanitaria.

MMáá iiss cc ii ddaaddaann ííaa dd iixx ii ttaa ll nnaass wweebbss ddee SSaann iiddaaddee

Page 23: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

23xogoleco da egap_R. noya

Alumnos�ápar�que

xogadores

O videoxogo, que vai dirixido,principalmente, aos empregados daAdministración e a todas aquelaspersoas interesadas nesta normativa,conta con cinco modalidades dexogo distintas, e está accesible a tra-vés da páxina web da Escola(egap.xunta.es/xogoleco).

Esta experiencia é, segundo osseus responsables, “pioneira nasescolas de administración públicade España”, e está baseada na ten-dencia, cada vez máis frecuente, deempregar videoxogos como novosmodelos de ensino-aprendizaxe,denominada Game-Based learning.

Neste senso, nosúltimos anos

está a medraro número de

empresas eentidades quecomprenden aimportancia

de incorporarinstancias lúdi-

cas aos seus proce-sos formativos,tendo en conta que

os videoxogos, comocalquera outro recurso

cultural, son ferramentasde socialización que aportan

ao xogador competencias ehabilidades instrumentais e sociais.

FFuunncc ii oonnaammeennttoo Para participar no Xogoleco o pri-

meiro paso é rexistrarse, e para iso,o usuario deberá introducir distintosdatos básicos como o seu nome,apelidos e posto de traballo ou ocu-pación, así como o nome de usuarioe o contrasinal escollido; estes últi-mos será necesario volver a inseri-los cada vez que o usuario desexeacceder de novo ao xogo.

O segundo paso que debe dar oxogador é acceder aos contidos doxogo; farao a través dunha lecturadetida do bloque Nova Lei, no que

se atopa un mapa conceptual co queacceder a todo o desenvolvementonormativo. Asemade, no bloqueNovidades atoparase unha explica-ción detallada de todos os cambiosintroducidos pola nova normativade contratos do sector público res-pecto da anterior.

No momento de comezar a xogaras modalidades entre as que se podeoptar son as seguintes: parellas(emparellar termos coa súa defini-ción), roda (resolución en cincominutos dunha serie de preguntascorrespondentes a unha roda deletras), encrucillado (relacionado cotema de estudo), aforcado (clásicoxogo do aforcado no que tes queadiviñar un termo a través da defini-ción achegada) e completar os tex-tos (elixir a palabra adecuada dunlistado que se te ofrece para comple-tar correctamente un texto).

PPuunnttuuaacc ii óónnssCada vez que se remate un xogo

obterase unha puntuación que, deser das máis elevadas entre todos osusuarios, aparecerá nun ranking glo-

bal. Cada un dos xogos puntúa dunxeito distinto: no xogo das parellas eno de completar textos cada acertosumará un punto e cada erro resta-rao; na roda obterase tres puntos concada certo e restarase outros tres concada equivocación; no encrucilladogañaranse cinco puntos por cadapalabra acertada e os erros non con-tarán e, por último, no aforcadoobterase un punto por cada letraacertada e tampouco contarán oserros, aínda que só haberá cincointentos antes de aforcar ao moucho.Pola súa parte, o total de puntos doranking global será igual á suma dospuntos obtidos en cada xogo, poloque, cantos máis xogos se fagan,máis puntuación sen obterá na clasi-ficación.

A nova Lei de contratos, a Lei30/2007, de 30 de outubro, ten porobxecto regular a contratación dosector público, a fin de garantir quea mesma se axuste aos principios deliberdade de aceso as licitacións, apublicidade e transparencia dos pro-cedementos e a igualdade de tratoentre os candidatos.

Co obxectivo de favorecer e impulsar o coñecemento e as boasprácticas no tratamento da nova Lei de contratos do sector públi-co entre os traballadores da Xunta de Galicia, a Escola Galega deAdministracións Públicas (EGAP) vén de desenvolver oXogoleco, un xogo interactivo que lle permitirá aos usuariosfamiliarizarse coa devandita lei de xeito sinxelo e divertido.

A�EGAP�desenvolveun�videoxogo�quefavorece�a�boa

práctica�da�nova�Leide�contratos�da

Xunta

Page 24: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

24 máis música na rede_redacción

O�mercadoque�xa�non�é

Agora que nin a Rede nin a industria discográfica tradicional son iguais que hai cinco anos(á primeira foille ben, á segunda non tanto), non está de máis que vaimos paseniño albiscan-do cal vai ser o futuro do mercado da música e como afecta aos que queren –por riba de todo-seguir escoitando cancións nos seus reprodutores e do xeito que sexa.

Damos�conta�dalgúns�dosesforzos�máis�recentes�do

negocio�da�música�por�procurar�na�Rede�canles�distintas�das�apoiadas�navenda�de�CDs�inaccesibles

para�o�común�dosseareiros

Pois ben: máis que do contido, os cam-bios veñen sobre todo do lado da forma(en troques de CDs físicos nas tendas aosprezos –elevados- de sempre, teremos aonoso alcance arquivos dixitais que oscila-rán entre o gratuíto e o máis ou menoseconómico). Haberá pois na Rede dife-rentes versións do que se practicaba até ode agora: as redes p2p e as propostas dospropios artistas por ofrecer música omáis libre posible son o equivalente mul-titudinario do que consistiu sempre en irpasándonos discos, mentres que a apertu-ra de páxinas web de escoita e venda decancións constitúe a translación ao dixi-tal do modelo-tenda.

Yes.fm sae con dous millóns de can-cións e 170.000 discos

Neste paquete de apertura de posibili-dades na Internet é onde se insire un dosservizos que máis medra no eido estatal:Yes.fm, unha canle en liña que vén delanzar a versión final logo de cincomeses en beta e que semella construírseseguindo polo miúdo o que a industriadiscográfica tradicional só pasaba máisben polo forro: as opinións dos usuarios.

O servizo, que non é outra cousa queunha tenda pero en liña, permite arestoraescoitar máis de dous millóns de can-cións e 170.000 discos que veñen ache-gados por grandes empresas en camiñoda reconversión (EMI, Universal, WarnerMusic e SonyBMG) e unha chea de selosdo eido independente. A web, que se cen-

tra sobre todo na achega musical vida deEspaña, apóiase no que ben podería ser atarxeta de presentación da nova orde deInternet: a posibilidade de crear comuni-dades. Así, Yes.fm permítelles aos usua-rios rexistrados poñer en marcha espazospersoais propios de seu, compartir lista-xes de reprodución, escoitar as escolmasdos demais internautas ou até dar contadas recompilacións feitas polos seareirosda música mellor e máis acreditados (crí-ticos, especialistas, afeccionados de pro,etc).

Entre as novidades recentes da páxinaweb con respecto ao ofrecido ao comezoda súa andaina, hai case medio ano,inclúese a presentación dun deseño epantalla de uso máis sinxelo, con máispresenza das cores brancas e das ferra-mentas principais facilmente localiza-bles. Asemade e entre outras melloras,inclúese un buscador que non require cri-terios engadidos de procura, atallos parachegar de xeito rápido ás listaxes dereprodución (playlists), melloras nasfichas dos músicos, noticias internacio-nais do eido da música, un menú paracada usuario (persoal) e unha ferramentaen liña que lle relembra ao internautarexistrado as cancións máis recentes dasescoitadas. Polo que respecta aos custesdo servizo, sinalar que arestora se achegaun prazo de proba para os internautasinteresados en facer uso do servizo e quepermite entre outras cousas dar conta afondo e libremente do catálogo do servi-

zo. Máis tarde poderán seguir usándoo debalde (con certas restricións no acceso átotalidade do repertorio) ou pagar 3,95euros ao mes ou 39,5 ao ano co obxecti-vo de dispoñer de toda a escolma habili-tada.

Música por Internet con Rockola.fm

Se es dos que che gusta escoitar músi-ca até debaixo da auga e estás un poucocanso de pór as coleccións que tes nacasa unha e outra vez, na redacción deCódigo Cero vimos de dar cunha solu-ción á túa medida na Rede Rockola.fm,unha páxina web que che permitirá poñercancións axeitadas ó teu estado de ánimoou de décadas pasadas sen ter que reme-xer e botar man de discos que nin seque-ra sabías que tiñas.

Trátase dunha radio por Internet aoestilo de Last.fm que conta cun completobuscador de cancións ás que se podenacceder a través de múltiples opcións depersonalización para o usuario: por déca-da á que pertence, artista que a interpre-ta, título ou etiquetas adxudicadas poroutros usuarios.

Asemade, este servizo permítelles aosinternautas crear as súas propias emiso-ras coa música que prefiran ou premer na

ligazón de “emisoras xa creadas” queconteñen diferentes estilos e artistasacordes ás súas necesidades máis especí-ficas; por exemplo Rockola.fm xa tencreada a emisora Érase unha vez queinclúe temas infantís e bandas sonoras deseries de debuxos animados e contos ou aemisora Guateque80, que ten todo o queprecisamos para animar a festa de aniver-sario dos nosos pais e non fracasar nointento.

Podemos incluso ir máis alá e escolleras cancións máis axeitadas para a nosadisposición no intre no que nos conecta-mos, ou os temas dunha década en con-creto. Con estes parámetros, o servizobuscaranos a música acorde ás nosaspeticións e permitiranos opinar se nosgusta ou se non nos gusta para ter enconta a nosa decisión en vindeiras oca-sións. Deste xeito, a medida que vaiamosescoitando máis e máis cancións, o siste-ma irá ao gran á hora de ofrecernos ostemas, sen ter que dar voltas ou rexeitan-do o que soa unha e outra vez.

Tratándose dunha web recente nonpodía faltar, asemade, unha rede socialcon múltiples opcións, onde os usuariospoden compartir as súas emisoras e músi-cas preferidas.

Coma toda rede social que, amais de servizo para comunidade en liña, tamén é negocio,MySpace anda a procurar camiños para espallarse. Camiños para facelo semella habermoitos, pero o elixido nos últimos tempos é sen lugar a dúbidas un dos máis duros e,sobre todo, un dos máis convulsos. Falamos do da música dixital, eido no que MySpacesemella irromper con máis vontade de facer amigos que de perdelos, tanto pola parte daindustria como dos internautas en xeral. Para comezar, a nova estratexia de MySpaceparte do seguinte alicerce: haberá música de libre escoita. Isto vai ser posible grazas óacordo asinado entre a devandita rede social e catro empresas que actuarán de patro-cinadores da proposta en liña: McDonald’s, Sony Pictures, Toyota e State Farm. Por certo que os temas musicais que se poderán escoitar de xeito aberto e en strea-ming pertencen a tres grandes da industria: Sony BMG, Universal e Warner Music. A iniciativa de MySpace, ademais desta oferta, completarase cun servizo que pareceencamiñado directamente a competir co iTunes de Apple, tenda musical en liña que até ode agora fica invicto no seu eido. Pois ben: a idea da dita rede social e máis concreta-mente do proxecto MySpace Music é poñer o catálogo dos devanditos selos para des-carga, ben sexa de pago ou (a través dun sistema de achega de publicidade) de balde. Porcerto que MySpace Music, que estará en breve dispoñible, contará con Amazon en labo-res de promoción.

MMyySSppaaccee ooffrreecceerráá mmúúss ii ccaa ddee ll ii bbrree eessccoo ii ttaa

Imaxe de Paul Pomeroy vista no Flickr; arriba, imaxe do caderno de Umax 46

Page 25: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

25internet solidaria_redacción

A�Internet,cousa�seria

Internet é como queiramos que sexa: ouso que lle deamos e como nos compor-temos determinará a súa propia natureza.Se de algo é culpable a Rede é de favore-cer a cuestión do anonimato, pero ninsequera isto depende cen por cen dela: enrealidade, non fai máis que reproducir ascousas malas e boas da sociedade que lledeu acubillo. Sen deixar de lado a nece-sidade de informar polo miúdo de todo

aquilo que ten de positivo (coñecemento,comunicación, lecer), para o Valedor doPobo hai unha realidade que se impón:cómpre non deixar nunca de lado o feitode que pola Rede tamén se coa o que denegativo ten o sistema social actual paraos máis pequenos. Neste senso, e sencaer no recurso doado de identificar aInternet con delito, calquera iniciativa desensibilización que se faga é pouca.

Precisamente nesta liña de dar a coñe-cer a realidade polo miúdo da Rede éonde se insire a nova proposta do Valedor(valedordopobo.com) para os colexiosgalegos: a distribución entre alumnos deInfantil e Primaria de 100.000 exempla-res dun tríptico dirixido a fomentar oemprego seguro das novas tecnoloxíaspor parte dos menores.

O material en cuestión, que segundoapunta a oficina do Valedor vén escritona linguaxe máis directa posible, achegarecursos e consellos para aplicar ás máisdiversas ferra-mentas: chats,correos electró-nicos ou redessociais.

A idea básicada iniciativa,neste senso, éinformar de queé principalmente nesas ferramentas onde,do mesmo xeito que se achega informa-ción propia, tamén é requirida por outrosusuarios, e estes non sempre teñen amellor das intencións. A guía, que taménvai dirixida a concienciar a pais, mestrese titores, informa polo miúdo dos riscosde navegar pola Rede sen contar coasupervisión familiar axeitada ou do pro-fesorado, e mesmo dá conta do perigo defacilitar datos persoais ou de terceiros

por medio da Rede. Entre outros conse-llos, a guía ofrece os seguintes: fuxir dointercambio de datos con estraños, pre-servar en segredo claves e contrasinais deemprego particular, pedir sempre o ase-soramento de pais ou mestres ou solicitara axuda dos maiores á hora de facer unrexistro en redes ou chats.

O tríptico tamén recomenda o uso denicks ou pseudónimos para preservar aintimidade dos usuarios.

A través desta proposta, informa a ofi-cina do Valedor, os alumnos e alumnas

poderán apren-der que a des-carga de arqui-vos ou progra-mas que non secoñecen é taménperigosa, aoexistir aplica-cións espía que

se instalan nos ordenadores “para roubaro que hai neles e para cometer delitos”. Aguía tamén fai fincapé no coidado quehai que ter á hora de colgar fotos sen per-miso dos retratados ou de abrir webs per-soais ou blogs sen coñecemento dos paisou dos titores. Para rematar, o Valedoraconsello aos usuarios máis pequenos daRede que informen polo miúdo e decon-tado de calquera cousa estraña que loca-licen durante as súas sesións en Internet.

O�Valedor�do�Pobo�alerta�dos�perigos�daRede�para�os�máis�pequenos�

A Rede é para a actividade solidaria un extenso eido deacción onde se ofrecen condicións de acústica antespracticamente impensables. En boa medida e se se apro-veitan as opcións, ten feitura de auditorio internacional.Disto, de conseguir a meirande audiencia en liña é do quetrata a iniciativa que veñen de lanzar Twix, Acción Contrael Hambre e M-80: unha campaña encamiñada sobre todoa sensibilizar á sociedade sobre a realidade dun dramaque, lonxe de diminuír na súa crueza, semella intensifi-carse a medida que o mundo que xa é rico se enriquecemáis. Falamos da fame e desnutrición que afecta aoshabitantes de medio planeta e especialmente aos quemenos recursos teñen para valerse: os nenos. Como oseu propio nome indica (Un click contra a fame), a inicia-tiva naceu con vontade de ser directa e de situar entre aposibilidade de axuda e a axuda mesma o menos espazoposible. A proposta, malia a amplitude xenérica dos seus obxec-tivos, xorde para un tempo e espazo ben definidos: o Malide hoxe, un dos cinco países máis pobres do planeta e,arestora, vítima dunha vaga de desnutrición. Podemos dar conta da iniciativa na web www.unclickcon-traelhambre.com. Con este proxecto web colectivo e solidario, a firma Twixfará doazón de 20 céntimos de euro cada vez que uninternauta acceda á páxina web. Os cartos que se reci-ban iran destinados a Acción Contra El Hambre para loi-tar contra a fame infantil no dito país e para a posta enmarcha de dous centros de rehabilitación nutricionalaguda e de 47 unidades de apoio móbiles.

Loitando contra a famea golpe de click

Moitas veces, o feito de pensar que as cousas poden ser mellores do que son se se quere, pode axudar a cambia-las; porén, para facer do noso mundo un espazo mellor (que ninguén dubido que é necesario), precisamos da axudade todos, incluídos os mais pequenos, que a fin de contas son os adultos do futuro e os que terán a tixola polomango á hora de repartir os recursos da natureza con xustiza. Se cadra por isto, a organización de desenvolve-mento Intervida vén de presentar recentemente unha nova páxina web infantil que vai dirixida especialmente aosnenos e nenas de entre seis e once anos para “potenciar o seu espírito crítico e axudarlles a entender as desigual-dades do mundo”. A web SOL (intervida.org), que así se fai chamar, preséntase a modo de xogo, cunha interface moi divertida paraos máis cativos da casa, e ten como obxectivo espertar a curiosidade dos e das menores “cara ao coñecemento derealidades distintas ás súas”, contribuíndo a que afagan a adoptar posturas de reflexión e diálogo “como vía paraa resolución de conflitos”.Con esta iniciativa, o departamento de Educación para o Desenvolvemento (EPD) da organización, pretende acadar(mediante un enfoque lúdico) que os cativos e as cativas “sexan quen de analizar o seu contorno e construír unhaactitude crítica e responsable cara á sociedade”. É por isto que os seus responsables directos remodelaron a webpara presentala do xeito máis dinámico, atractivo e con maiorriqueza de contidos facendo que a súa navegación fora moito máisque un xogo.O portal SOL, que forma parte dunha iniciativa de maior envergadu-ra que inclúe unha revista en liña e outra impresa, permítelles aosseus usuarios (por cativos que sexan) navegar polas distintas sec-cións da web, tales como xogos, bibliotecas ou obradoiros, para irdescubrindo por si mesmos cal é a situación do mundo actual. Asemade, o portal inclúe unha sección destinada aos docentes e,dentro de pouco, segundo anunciaron os seus responsables, incor-porarase a posibilidade de acceder á sección Club, “unha comunida-de especificamente deseñada para os usuarios habituais”. O proxecto SOL conta cunha serie de personaxes que, a través dassúas viaxes polo mundo, dan a coñecer a diversidade cultural eachegan aos nenos e nenas temas tan polémicos como a desigual-dade, a pobreza, a alfabetización, a interculturalidade, os dereitoshumanos, a explotación laboral infantil e a protección do medio.

Intervida remodela a súa web infantil

Page 26: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

Parlamentoaberto

Situar ás galegas e galegos porenriba de todo é, segundo vén deinformar o Parlamento de Galicia, ogran obxectivo da tarefa de dixitali-zación da que está a ser obxecto:unha tarefa que permitiu a comuni-cación fluída do Parlamento coacidadanía e, o máis importante(subliñan fontes da propia Cámara),estableceu un diálogo de ida e voltaque complementa e amplifica a defi-nición por excelencia da Redeactual: participativa. Ou sexa, quegrazas ás redes tamén nós podemosformar parte activa da vida doParlamento. Este viaxe cara a adian-te, unha viaxe de espallamento,apóiase nun uso das novas tecnolo-xías da información para que secumpra outro gran paradoxo donoso tempo: o virtual ponlle final-mente faciana ao real. Para que seentenda: o electrónico humaniza, eisto estase a materializar nunha seriede iniciativas postas en marcha polaCámara galega:

• Melloras na comunicacióninterna: adaptación aos novostempos do traballo na rúa doHórreo e en toda a xeografíagalega. O proceso de remodela-ción polo vieiro do tecnolóxicotivo un piar fundamental nahabilitación dunha oficinamóbil para os/as parlamenta-

rios/as. A intención da Cámara foiachegarlles un tratamento de datos eservizos virtuais e, máis polo miúdo,do equipamento físico que o fixeraposible: computador portátil, impre-sora, teléfono móbil de última xera-ción, posta en marcha de ADSL eWi-Fi (acceso á Rede sen fíos) nosdomicilios. Neste senso e comounha das principais particularidadesdo proceso habilitado na Cámaragalega perante o das demais institu-cións estatais, dicir que a iniciativaincluíu a instalación de pantallastáctiles nos escanos, no hemiciclo enas salas de comisión, optimizándo-se deste xeito o labor dos membrosdo Parlamento e evitándose, a maio-res, a achega tradicional a cada undeles (75) da documentación plena-ria e das comisións.

• Servizo de medios audiovi-suais. A aposta pola renovación daCámara galega polo vieiro do tecno-lóxico-dixital incorporou taménunha viraxe cara a canles comunica-tivas de escasa presenza até o deagora nestas institucións: as canlesaudiovisuais. A idea fundamental foia mesma có de todo o proceso, peroespecífica: non limitar a vida doParlamento á sede física do Hórreoen Santiago. Para isto, e coa conso-lidación do servizo de mediosaudiovisuais, a cidadanía ten aopción de seguir a actividade parla-mentaria a través das redes (sinalarque esta actividade tamén se achegaen formato de linguaxe para persoasxordas). Amais de todo isto, aCámara leva a cabo a retransmisióne gravación de plenos, comisións eactos da institución en DVD,Windows Media, DVCPro e todosos formatos de audio dixital. Poloque respecta á cobertura técnica,engadir que a institución está areforzar a súa estratexia en materiade actualización e posta a punto: apropia natureza das tecnoloxías,evolucionando dun día para outro agran velocidade, obriga a este proce-so. En detalle, o labor consiste enactualizar o software dedicado áprodución, transmisión e coberturade actividades simultáneas, some-

tendo tamén a un proceso análogode actualización a todos os sistemasde arquivo de vídeo en calidade deemisión, así como de publicacións ecreación de actas.

• Portal web. Face segunda doParlamento que amplía coma unaltofalante o que de activo ten a pri-meira, o edificio da rúa do Hórreoen Santiago, parlamentodegalicia.esé algo máis ca unha xanela a unhemiciclo. A intención da Cámara,que somete á páxina web a un proce-so constante de renovación, é subirun novo chanzo cara a comunica-ción directa, neste caso concreto decara á cidadanía, sendo a posibilida-de de interactuar un dos elementosque a diferenza. Dito doutra manei-ra, a intención é permitir que asgalegas e galegos apliquen á vidaparlamentaria un principio que xateñen presente para a súa vida nasredes: o principio de participar. Apáxina, que segundo indican as fon-tes da Cámara responde aos criteriosde transparencia total e compromisocoa sociedade galega, vén de intro-ducir recentemente un feixe demelloras. Entre estas insírense aspropostas Ponencia virtual (iniciati-va que achega a oportunidade paraenviar suxestións e comentarios ásiniciativas en trámite) ou a TV doParlamento (que, como o seu propionome indica, constitúe unha retrans-misión en tempo real da actividadeda Cámara). Asemade, tamén sepuxo en marcha un servizo de con-tacto directo cos membros doParlamento galego e cos grupos: istoconsiste nunha mellora sobre aspáxinas web propias de cada repre-sentante da Cámara, nas que seincorpora unha sección para que asociedade enteira teña ao seu alcan-ce unha canle específica de consultapersoal.

• Sitio web dedicado á emigra-ción. Co obxectivo de mellorar namedida do posible as canles decomunicación cos galegos e galegasno exterior, o Parlamento vén deabrir unha sección dentro do seuportal onde se dá acubillo a todas aspropostas da Cámara que poidan ser

O proceso de dixitalización das institucións públicas constitúearestora un completo traballo de renovación interna para acadar,principalmente, un mellor funcionamento externo. Dito doutroxeito: trátase dun labor de remodelación a todos os niveis que nonse concibe nin pode chegar a bo porto senón ten en conta aquiloque non actúa de xeito directo no proceso. Neste caso concreto, acidadanía.

26 parlamento aberto_redacción

A�Cámara�galega�fai�reconto�dun�proceso�de�dixitalización�encamiñado�a�facerdo�hemiciclo�unespazo�a�medida�de�todas�as�galegase�galegos�

Detalles dunha visita virtual á Cámara

Page 27: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

27parlamento aberto_redacción

de interese para o colectivo emigrante.Amais disto, incorpórase un apartadopara dar conta de todos documentos tra-mitados na Comisión correspondente.

• Acceso á información. A través dapáxina web do Parlamento, a comunida-de internauta ten ao seu alcance o coñe-cemento xerado pola propia institución.O fin desta proposta en concreto é ceibarde atrancos o camiño que leva da cidada-nía á Cámara e viceversa, pondo a vonta-de de transparencia como piar fundamen-tal desta comunicación só posible na súatotalidade grazas á concorrencia dasnovas tecnoloxías. Neste senso, cómpresinalar que a comunidade internauta estáen disposición de facer un seguimentopolo miúdo dos debates lexislativos, dosexpedientes de iniciativas parlamentariasou, en xeral, das tramitacións de calque-ra proposta da Cámara.

• Información á carta. Trátase dunsubscritor temático que lles achega aoscidadáns subscritos informacións quepoden ser do seu interese. Ten unhaperiodicidade de unha vez por semana.

• Hemeroteca. A web do Parlamentode Galicia incorporou unha ferramentaque posibilita a recuperación de datospublicados ao longo dos últimos anos.Máis polo miúdo, permítelle á cidadaníacoñecer por primeira vez os fondosaudiovisuais cun arquivo que se remontaao ano 1992. Segundo informa a Cámara,a dixitalización destes documentos ache-gou a posta en valor dun material que seatopaba en proceso xa avanzado de dete-rioro.

• Visita virtual. Entre as moitas vanta-xes que achega a Sociedade daInformación, unha das máis salientablesé unha curiosa viaxe de ida e volta: sub-ministra a posibilidade de coñecer vir-tualmente lugares, institucións ou perso-as para, máis tarde, ampliar o coñece-mento real que se ten deles. Esta faculta-de da Internet rompe cos límites espa-ciais dos espazos físicos, como taménpretende facelo a proposta Visita virtualdo Parlamento, servizo que, como o seupropio nome indica, favorece de cara ácidadanía o que de xeito común se coñe-ce como xornada de portas abertas (a

diferenza é que acó falamos dunha xor-nada continua). Segundo sinala a Cámaragalega, os datos das visitas ao portal webcertifican o interese dos galegos e gale-gas neste e noutros servizos. En 2007, noperíodo de xaneiro a xuño, o sitio en liñarecibiu 76.445 visitas de 32.806 visitan-tes diferentes, co que o número de acce-sos medrou nun 32,4% con respecto aomesmo período do ano 2006, que foi de56.986. Polo que atinxe ao ano 2005, aweb do Parlamento foi obxecto de 64.682visitas, fronte ás 119.392 de 2006. Isto,informa a Cámara, representa un medrena cifra de accesos dun ano a outro do84,5%.

• Comunicación externa. As canles decomunicación externas son en boa medi-da un dos máis salientables recursos nosque se apoia o Parlamento para chegar atodos os estratos da sociedade. ACámara, no camiño de recoñecer estelabor informativo sobre a actividade quexurde dela e de calquera outro escenario,puxo en marcha ao longo dos últimosanos unha serie de melloras para facermáis doado o quefacer dos xornalistas.Deste xeito, entre outras medidas (físicase/ou virtuais), habilitouse unha sala deprensa con conexións libres á Rede (concomputadores accesibles para todas etodos) e equipouse o propio empraza-mento da Cámara cun sistema de sinalpara emisións con son e vídeo que llesasegure aos medios de informaciónaudiovisuais a mellor cobertura posibledas actividades desenvolvidas. Amaisdisto, o Parlamento habilitou tomas adi-cionais e amplificou o radio de acción dosinal, establecendo a maiores un servizopara enviar os datos até os centros de pro-dución dos medios. Asemade, mantenseunha conexión constante nas cabinas dosmedios de radio.

Por outra banda, cómpre lembrar queos xornalistas dispoñen -a través do por-tal web- de libre acceso á documentaciónligada ás sesións que teñen lugar noemprazamento da Cámara, labor de ache-gamento aos datos que se complementaco envío da información por correo elec-trónico aos propios traballadores dosmedios: textos, imaxes, gráficas, etc.

• Diálogo coa escola. As portas e xane-las que, facendo uso das redes, estivo aabrir estes anos a Cámara galega de caraá sociedade foron tamén portas e xanelasaxeitadas para as nenas e nenos do país.Nesta liña de ir construíndo unParlamento á medida dos cativos é ondese acha unha proposta ben concreta:Diálogo coa escola. O proxecto, que foiposto en marcha con Caixa Galicia,materializouse na web eudialogo.parla-mentodegalicia.es, tendo un dos seuspuntos álxidos na primavera de 2007,intre no que Código Cero deu conta dascifras acadadas polo sitio en liña: 25.000visitas dende a súa posta en marcha,cinco meses antes. A proposta educativa,encamiñada a difundir no eido da ensi-nanza o entendemento pola vía da pala-bra en todos os estratos da sociedade(cultural, formativa, social), incluíu acti-vidades como a plantación colectiva de800 carballos por toda a xeografía galega(man a man cos centros educativos). Porcerto que esta iniciativa, informa a

Cámara, serviu para crear un espazo noque o alumnado estea en disposición desolucionar de maneira pacífica e dialo-gante as súas discrepancias. “Asemade”,sinalan fontes do Parlamento, “con estelabor colectivo a prol da natureza favo-receuse o traballo en equipo ao tempo seapostou polo respecto ao medio ambien-te”. Volvendo á páxina web en si mesma,sinalar que foi a canle de difusión dunhaproposta máis específica (Eu dialogo!)dentro doutra máis xenérica (a que xamencionamos de Diálogo coa escola).

Por medio de Eu dialogo!, convidousea todo o alumnado galego a participar(entre outras cousas) nun concurso enliña de hip-hop, fotografía, vídeo ecómic. A web eudialogo.parlamentode-galicia.es, finalmente, recibiu máis de300.000 visitas, cunha medida de case7.800 accesos por xornada, realizándosecase 20.000 descargas de todo tipo dematerial vinculado ao devandito certamecreativo.

www.parlamentodegalicia.com

A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino Santiago, presentourecentemente en Madrid o balance do programa de xestión medioambientalda Cámara autonómica Por un Parlamento máis verde na Conferencia dePresidentes de Parlamentos Autonómicos –Coprepa- que se celebrou enMadrid. A xuntanza finalizou cunha Declaración conxunta sobre MedioAmbiente baseada no texto da Cámara galega aprobado na Conferencia deAsembleas Lexislativas da UE –Calre- celebrada en Berlín. Villarino dixo queas medidas adoptadas pola Cámara autonómica permiten no seu conxunto areducción das emisións de CO2 en un total de 4.000 toneladas en cada lexis-latura, así como o aforro de 16 millóns de páxinas de papel ao ano, o equiva-lente a evitar a desaparición de 5.500 árbores en catro anos ou o aforro de70 millóns de litros de auga nunha lexislatura.

AAppoossttaa ppoo lloo vveerrddee

O Parlamento de Galicia recibiu na presente lexislatura un total de 54.428 visi-tas cidadás que participaron nas distintas actividades ofrecidas pola Cámaraautonómica. A Oficina de Relacións Cidadás da Cámara autonómica ofreceunesta etapa un programa de visitas guiadas á institución, que supuxo un incre-mento do 41,5 por cento dos visitantes entre o ano 2005, último da pasadalexislatura -no que foron recibidas 11.250 persoas-, e 2007 -con 19.215 perso-as-. No que levamos de ano, as visitas á autonómica ascenden ás 14.690 visi-tas.O programa de visitas da Cámara autonómica inclúe desde o pasado mes de

setembro as instalacións de climatización xeotérmica da institución, que con-siste en 18 pozos de 125 metros de profundidade destinados a extraer ener-xía do subsolo para integrala ao sistema de climatización do edificio. Este sis-tema forma parte do programa da Cámara autonómica Por un Parlamentomáis verde destinado á concienciación no respecto ao medio ambiente.

VV ii ss ii ttaass rreeaa ii ss :: ccaassee 5555 ..000000

Na imaxe da dereira, plantando

árbores en colaboración con Caixa

Galicia e os centros educativos

Presentación da iniciativa Eu Dialogo

Page 28: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

28 facebook fala galego_marcus f.

Facebook�tamén�fala�

galegoNos comezos da web, moitos foron os

proxectos estranxeiros que contaron conréplicas españolas e galegas, pero cotempo entendeuse que ese esforzo segre-gador era pouco produtivo, e aprendemosa facer nosas as plataformas globais, e unclaro exemplo é Facebook.

Ninguén dubida que a plataforma deredes sociais creada por MarkZuckerberg está a ser o fenómeno do últi-mo medio ano, por achegar a moita xentetradicionalmente afastada da chamadaWeb 2.0 a este curruncho de interacciónpersoal.

Poderiamos entender que é unha modaá vista do crecemento que está a vivir enEspaña, onde pasou de 1,5 millóns deusuarios en outubro de 2008 a máis de 3millóns en xaneiro de 2009 (chegando a4,3 millóns no momento de escribir estasliñas), pero o certo é que os usuarios che-gan para quedar. Unhas veces é só paraver as fotografías de familiares e amigos,outras para participar en xogos ridículose outras para empregar o servizo comocanle de comunicación.

O éxito de Facebook está no seu efectocontaxio e no feito de que xunte nunúnico espazo moitos servizos que ata omomento estaban espallados: caixa decorreo (equivalente ao correo electróni-co), mensaxería instantánea (equivalenteao Messenger), fotografías (comaFlickr), seguimento do estado dos usua-rios (equivalente ao microblogging deTwitter), publicar textos, vídeos e outroscontidos (coma se fose un blog) e, final-mente, polas aplicacións, que convertena Facebook nunha ferramenta flexibleque serve tanto para xogar en rede cosamigos como para case calquera cousaque se lle ocorra a un programador infor-mático.

CCaannttooss ggaa ll eeggooss ssoommooss eennFFaacceebbooookk??

Aínda que os grupos de usuarios detemáticas galegas en Facebook xuntan sóa centos de membros, tendo en conta apasividade da meirande parte dos usua-rios da Internet poderiamos falar de bas-tantes milleiros de usuarios galegos.Atendendo a que o grupo Cuántos galle-gos somos en Facebook anda preto dos10.000 membros (dos que moitos contri-buíron á tradución da interface de usuariode Facebook ao galego) iso poderíalevarnos a pensar que habería uns100.000 galegos en Facebook (de atenderá distribución de participación habitualna Rede), aínda que se atendemos que oéxito deste servizo é proporcional aoresto de España poderiamos chegar asituar esta cantidade nos 200.000, con-verténdose nun éxito sen precedentes naInternet galega.

Se ben a meirande parte dos usuarios

de plataformas sociais coma Tuenti estánentre os 15 e os 25 anos, en Facebookpredominan usuarios de maior idade,abrindo bastante o abano. Estariamos afalar de persoas de entre 25 e 45 anos,cunha distribución sexual moi equilibra-da (con forte presenza feminina). Amedia de idade rondaría os 30 anos, perosorprende ver como hai moita xente demáis de 40 anos que se achegou a estaplataforma pese a que non fixo o propiocon outros fenómenos na Rede.

EE ooss ppoo ll íí tt ii ccooss??Os políticos simplemente están a reac-

cionar á emerxencia de Facebook, peronon empregan as súas funcionalidadespara a estrutura interna dos partidos,senón que só a usan para espallar as súascampañas electorais coma se fosenmedios de comunicación de masas tradi-cionais, aínda que este ano como curiosi-dade o PSdeG decidiu presentar a versión

de Xoel López do Quen puidera namora-la en Facebook, primicia que serviu paradar unha boa difusión do tema, aínda queiso non axuda a gañar votos.

Resulta curioso ver cómo os 3 candida-tos á Xunta de Galicia sumaban case omesmo número de amigos en Facebook(máis de 2.000 cada un) pese a que eraevidente que detrás dos seus perfís esta-ban os seus gabinetes de comunicación.

MMááiiss ffaammoossooss??Pero os políticos non son os únicos que

coleccionan amigos, senón que taménfan o mesmo outros persoeiros da culturagalega, podendo atopar nesta plataformapara redes sociais a cómicos coma RoberBodegas, cantantes coma SilviaSuperstar, actrices coma Tamara Canosa,editores coma Manuel Bragado, deportis-tas coma Óscar Pereiro… e mesmo aalgún usuario particular que en vez deutilizar este servizo para estar en contac-to cos seus, dedícase a engadir a amigosde xeito compulsivo, deturpando o usoda web social.

É así moito máis habitual utilizar aprudencia para moverse en Facebook,comprobando a configuración das súasopcións de privacidade para compartir asnosas cousas só con quen queiramos, eengadindo só como amigos a persoascoas que buscamos manter o contacto.Deste xeito teremos que Facebook non éunha web máis, senón unha ferramentaque estaría a achegarse ao nivel do telé-fono móbil ou o correo electrónico á horade quedar cos amigos ou compartir expe-riencias vitais, sendo moito máis unhasegunda vida que o Second Life deLinden Lab.

Varias contas de políticos galegos na popular rede social Captura da portada de Vivamos como galegos en Facebook

Sobre estas liñas, o espazo de

Manuel Bragado no Facebook

Page 29: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

29xogos_escolma da web de código

Christian Svensson, vicepresidente de planificación estratéxica e des-envolvemento de negocio de Capcom, fixo varias declaracións sobre oseu grande éxito Street Fighter IV, confirmando que tralo seu lanzamen-to para Xbox 360 e PlayStation 3 o pasado 20 de febreiro, haberá queagardar ao verán para ver unha versión de PC do mesmo.

O xogo está a superar todas as expectativas de Capcom, cunhas ven-das fortísimas, polo que na actualidade están a negociar con Mad Catzpara a comercialización de packs nos que se inclúa o xogo xunto cun dosmandos personalizados para este título de loita (como mínimo na versiónde PC), aínda que agardamos que esta venda conxunta tarde uns mesesen chegar ás tendas, porque estes controladores están a demorar o seulanzamento en moitos países, o que podería vir provocado por certosproblemas na súa fabricación.

Estamos afeitos á adaptación de películasna forma de videoxogos, pero tamén as seriesde televisión poden vivir esta mutación, eDexter (a serie de Showtime protagonizadapor Michael C. Hall, non confundir coa de ani-mación de Cartoon Network, El Laboratorio deDexter) foi a elixida por Marc EckoEntertainment para un novo título para oiPhone e o iPod Touch, sorprendendo queunhas aventuras tan violentas (Dexter é unasasino en serie) conte cun videoxogo para un

dispositivo móbil (nos que predominan osxogos para todos os públicos).

O xogo contará con puzzles, minixogos e ele-mentos tácticos de sixilo, á vez que aproveita-rá o acelerómetro do iPhone para as escenasnas que Dexter deba cortar ás súas vítimas.Estas aventuras nunha pantalla aínda máispequena que na do produto orixinal estánescritas por un dos guionistas da serie,Timothy Schlattmann, e incorporarase á AppStore o vindeiro verán.

ROCK BAND DARÁ O SALTO ÁPSP XUNTO CON OUTROSGRANDES LANZAMENTOS

Sony quere revitalizar a súa consola portátil, e para darlle o pulo quenecesita para manter certa forza no mercado decidiron anunciar unha seriede fortes lanzamentos baseados en franquías de éxito.

Entre os xogos que chegarán para a PSP están unha previsible versiónportátil do Little Big Planet, o MotorStorm: Arctic Edge (da popular saga dexogos de carreiras), Buzz: ¿qué sabes de tu país? (que incluirá preguntascentradas en España), unha versión de Assasin’s Creed e incluso un RockBand Unplugged. A maiores tamén chegará en menos de dúas semanas ástendas Resistance: Retribution, que podería ser o grande éxito para a PSPna primeira metade do ano.

Destes lanzamentos, o que parece ser máis ambicioso sería o Rock BandUnplugged, que respondería ao Guitar Hero On Tour para Nintendo DS e estáa ser desenvolvido por Backbone Entertainment (responsable de grandesxogos coma Super Street Fighter II Turbo HD Remix ou 1942: Joint Strike).Contaría coa mesma mecánica de xogo que o resto de títulos da saga deRock Band, pero utili-zando os botóns daPSP en vez dunha gui-tarra de plásticoconectada á consola,podendo cambiar oxogador entre os dis-tintos instrumentos(guitarra, batería ebaixo) ou mesmousando a voz (aíndaque neste caso non secanta realmente,senón que se fai usodos botóns dianteirosda consola).

Rock Band Unplugged incluirá de serie temas de Blink 182, AFI, Kansas, Lite The Police, aínda que tamén existirá un completo catálogo de cancións quese poderán mercar a través da PlayStation Network, co que pretendenrepetir o éxito das versións domésticas do xogo (que xeraron importantes

cantidades económicas por esta canle).

O ASASINO EN SERIE MÁIS POPULAR DA TELEVISIÓN TERÁ XOGO PARA O IPHONE

STREET FIGHTER IV PODERÍA SAÍR NO VERÁN PARA PC

DEAD RISING 2 CONFÍRMASE COMAUN TÍTULO MULTIPLATAFORMA

En setembro de 2006 osusuarios de Xbox 360 pui-deron gozar do xogo DeadRising, que este mes chega-rá para Wii baixo o lema deTerror en el hipermercado,e dende Capcom parecenbastante seguros de queeste xogo de mortos viven-tes poidan consolidar unhafranquía, e xa anuncian queestán a traballar en DeadRising 2, que desta voltachegaría para Xbox 360,PlayStation 3 e PC, aínda

que non adiantan a súa data de lanzamento.O novo xogo estaría ambientado anos despois da primeira entrega, co perigoso

virus que provoca a invasión de zombis espallado por todo EE.UU., ameazando concubrir todo o mundo, polo que haberá que enfrontarse aos infectados con todo o queo xogador teña aman, o que agárdaseque incremente adiversión.

Polo momento xavimos imaxes doprotagonista doxogo (que non pare-ce ser o reporteirográfico Frank Westda anterior entrega)empregando unhamotocicleta, bates eelementos do mobi-liario urbano paramatar aos infecta-dos que o atacan, o que resulta tan rechamante coma o feito de que o título vaia sermultiplataforma, o que agradecerá a comunidade de xogadores en xeral.

Page 30: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce

A visión estereoscópica (3D) achegouse en moitas ocasións aos vide-oxogos, pero moitos usuarios sorprenderanse ao saber que podengozar de moitos videoxogos en 3D con só empregar uns clásicos lentesde cores (vermella e azul) para gozar desta experiencia nos ordenado-res persoais equipados cunha tarxeta gráfica nVIDIA 8xxx ou superiora través dun controlador desenvolvido por nVIDIA.

Esta funcionalidade está de actualidade porque atoparon o xeito deactivala no popular xogo Left 4 Dead (que nestes días é posible adqui-rilo de oferta por 11,95 euros), polo que as partidas en rede nas quetemos que baternos contra unha horda de infectados gaña moito rea-lismo.

A funcionalidade estereoscópica de nVIDIA, coñecida coma GeForce 3DVision, funciona con pantallas pasivas polarizadas de Zalman, perotamén nunha pantalla ordinaria cos lentes antes mencionados, polo queé chegue a un amplo público, que non só poderá probar esta experien-cia con Left 4 Dead, senón que tamén é compatible cun amplo catálogode xogos (que podemos consultar enhttp://www.nvidia.com/object/GeForce_3D_Vision_3D_Games.html)coma Call of Duty 4, Call of Duty: World at War, Devil May Cry 4, Fallout3, Far Cry 2, Mirror’s Edge, Prince of Persia, Tomb Raider: Underworldou World of Warcraft.

TYSON PODERÁ ENFRONTARSE AALI EN FIGHT NIGHT ROUND 4

No mes dexullo chegaráás tendas paraXbox 360 ePlayStation 3 oxogo FightNight Round 4,que continúa afranquía deElectronic Arts,pero que nestaocasión empre-ga un reclamomagnífico paraatraer aosafeccionadosao boxeo, poispermite combi-nar a púxiles dedistintas épo-cas, o que ilus-tran co enfron-tamento entreo clásicoMuhammad Ali(Cassius Clay)contra MikeTyson, combateque ocupará a

carátula do xogo, e que será moi interesante de ver, pois os estilos destas estre-las das 12 cordas son radicalmente distintos, á vez que incomparables por estarmoi separados no tempo.

Dende EA deixaron que os afeccionados discutisen nunha páxina web (aliorty-son.com) se na portada do xogo debería aparecer Tyson ou Ali, e ao final optaronpor unha decisión salomónica, ao que o propio Tyson respondeu asegurando que«estou orgulloso de estar na portada de Fight Night Round 4 con Ali. El foi uncampión especial, e téñolle o maior dos respectos coma persoa e loitador».Tamén engadiu que «a xente sempre me pregunta se tería derrotado a Ali se pui-dera enfrontarme a el cando ambos estabamos no mellor momento. Agora pode-des adiviñalo por vós mesmos».

LEFT 4 DEAD, TAMÉN EN 3D

O LANZAMENTO MUNDIAL DOXOGO DOS BEATLES SERÁ O

VINDEIRO 9 DE SETEMBROAnte o éxito do Guitar Hero: Aerosmith e a expectación creada polo futuro

Guitar Hero: Metallica, estaba claro que dende Harmonix tiñan que reaccionarcun Rock Band que tirase dalgunha banda de peso para facer fronte, e a súaaposta vai ser rotunda, pois optaron polo grupo máis coñecido de Liverpool, efinalmente o 9 de setembro veremos cómo se produce o lanzamento mundial deThe Beattles: Rock Band, xogo que estará dispoñible para Xbox 360, PlayStation3 e Wii e xa conta con páxina web oficial (thebeatlesrockband.com).

Este título está a espertar moito interese, pois a música dos Beatles non pare-ce a máis atinada para un xogo no que destacan cancións cañeiras, polo que asúa experiencia de xogo podería agochar moitas sorpresas mentres permitefacer un percorrido pola historia da formación de John Lennon, Paul McCartney,George Harrison e Ringo Starr.

Polo momento só se coñece o prezo do xogo nos EE.UU. (59,99 dólares) perotamén sorprendeu o feito de que se poidan marcar unhas guitarras cun deseñoespecial (99,99 dólares) e incluso unha edición limitada do xogo que incluiría ins-trumentos (249,99 dólares). O deseño destes instrumentos (presumiblementeguitarra, micrófono e batería) é todo un misterio, o que axuda a incrementar ohype deste título do que xa se falaba antes de que pechasen o acordo de cola-boración entre Apple Corps, Harmonix e MTV Games para facelo realidade.

30 xogos, escolma da web_marcus f.

Page 31: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce
Page 32: Revista numero 69:Maquetación 1 - Código Cero · Semella que dunha party informática de periodicidade anual pouco se pode dicir que non se tivera dito xa, e malia todo, cada doce