Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

44

Transcript of Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Page 1: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Page 2: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

2 CEIP Espiñeira- Aldán

Fixemos xoaniñas con material de refugallo

Este ano os máis pequenos fixemos unha morea de traballos

sobre un bechiño moi simpático : AS XOANIÑAS

Compoñemos o seu nome , letra a letra , moi amodiño!

Page 3: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 3

AS XOANIÑAS

Índice

Editorial

OBRADOIROS DE COCIÑA

Fomos a CANGAS

FLIS-FLI-RIS-FLAS

O SAMAÍN

Refráns do OUTONO

O MAGOSTO

O BOKASHI

CONCERTO D-VERTIDO

OS SOÑOS NA GAIOLA

VIVEIRO DAS AREAS en Tui

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ: Vida e obra

A VIDA NOS RÍOS: Animais e plantas

Visita á Biblioteca Pública de Aldán

Feitizo de ENTROIDO

Unha escritora no cole: FINA CASALDERREY

MARCO POLO

O VERBUM

Celebramos os MAIOS

Visitounos ANXO FARIÑA: Ilustrador e escritor

Saída á Casa da Xuventude: Contacontos

Pasatempos

A nosa Biblioteca

A nosa horta

ATA SEMPRE e… BENVIDA

Í N D I C E

2

3

4

5 e 6

7 a 11

12

13

14 e 15

16

17

18

19

20 e 21

22 e 23

24 a 27

28 e 29

30

31

32

33

34

35

36

37 e 38

39 e 40

41

42 e 43

Page 4: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

4 CEIP Espiñeira- Aldán

la a todas e a todos! Aquí está “ORXÁS” repleta de algúns dos vosos traballiños.

Alá vai outro 17 de maio, Día das Nosas Letras Galegas. Este ano 2.009 dedicámolo a Ramón Piñeiro López (1915-1990), gran defensor da cultura, lingua e literatura galegas. Foi tradutor e escritor, director literario da editorial

Galaxia e da revista Grial, descubridor da vocación literaria de moitos dos escritores en galego, promovendo as súas publicacións, orientando a carreira de futuros estudosos da nosa cultura, lingua, literatura, historia, sociolingüística…

Denunciou a represión cultural do Estado sobre as culturas periféricas coa “Denuncia ante a UNESCO da persecución do idioma galego polo Estado español” na VIII Asemblea Xeral deste organismo celebrada en Montevideo, que ía asinada por moitos centros galegos de América. Este documento causou un enorme impacto entre os delegados asistentes e conseguiu que se relaxase un pouco a presión sobre as linguas periféricas. Para chegar a comprender a situación actual da nosa lingua é moi importante entender a represión cultural e lingüística da posguerra, coñecer e reflexionar sobre esta época na que Piñeiro desenvolveu a maior parte da súa actividade.

Ingresou na Real Academia Galega en 1967, co seu discurso: “A linguaxe e as linguas”, onde explica: “Porque somos un pobo dotado dunha lingua e, polo mesmo, dunha cultura, somos unha realidade orixinal dentro do patrimonio humano. A nosa misión consiste en facer que esa realidade orixinal acade a súa plenitude. Somos os responsables de que prospere ou fracase unha creación que a vida humana expresa a través de nós… O noso destino -a nosa responsabilidade- é cultivala e ofrecerlle os seus froitos ao patrimonio

cultural humano”. Foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, desde 1983 ata a súa morte. Recibiu a Medalla Castelao da Xunta de Galicia e a Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Catalunya. Salientaremos o valor sociolingüís-tico de facer ensaio filosófico en galego, sobre todo daquela, así como a claridade e a calidade da súa prosa xunto co seu dominio do galego, que mamou e cultivou. Do filósofo Martin Heidegger traduciu “Da esencia da verdade” e de Julius Pokorny “Cancioneiro da poesía céltica”. Os seus ensaios reuníronse nos libros Filosofía da saudade (1967), Olladas no futuro (1974) e A linguaxe e as linguas (2008).

É moi de agradecer o colosal labor realizado por Ramón Piñeiro na defensa e divulgación da nosa identidade, da nosa cultura e da nosa lingua, tan necesitada aínda hoxe de moitas iniciativas, como poden ser as carreiras do “Correlingua”, refráns, adiviñas, topónimos, cancións, audiovisuais, xogos de ordenador, en internet… usalo ben e tomar conciencia de que está en xogo o futuro do galego. Podedes visitar, entre outras páxinas web, http://xunta.es/linguagalega/equipos_de_no

rmalizacion http://www.edu.xunta.es/xogos/ http://www.galego21.net/ldc/ http://galego.org/ http://www.realacademiagalega.org/ http://www.coordinadoraendl.org/web/ http://www.culturagalega.org/ http://www.edugaliza.org/ http://www.vieiros.com/ http://trafegandoronseis.blogspot.com/ http://gl.wikipedia.org/ http://www.blogoteca.com/nalinguadetodos/ http://www.orellapendella.org/ … e sobre todo, como non, visitar moito a nosa http://centros.edu.xunta.es/ceipdaespineira/

Moitas grazas pola vosa colaboración!

O

Page 5: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 5

OBRADOIROS DE COCIÑA Os máis pequeniños do colexio gozamos un montón ao longo deste curso cociñando. Pasámolo moi ben!

Aquí podedes ver unha mostra do noso traballo coa “ torta de castañastorta de castañastorta de castañastorta de castañas “

Descascamos ovos e batémolos

Raíamos o limón

Tivemos que moer as castañas

Que rica estaba!!!!!!

Page 6: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

6 CEIP Espiñeira- Aldán

Tamén fixemos galletas de chocolateeee!!!!!

En inglés chámanse COOKIES. Imos cara ao supermercado Buscamos os ingredientes

No colexio comezamos a COCIÑAR

Puxémonos a amasar Mesturamos ingredientes

E xa por fin comemos

Que boas!!!!

Page 7: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 7

E así viu Iria “A capela do HospitalA capela do HospitalA capela do HospitalA capela do Hospital:”

“A Casa da Bola” é as“A Casa da Bola” é as“A Casa da Bola” é as“A Casa da Bola” é así para Ainoa :

Page 8: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

8 CEIP Espiñeira- Aldán

… pero Diego viuna así

Adrián fixouse no mercadomercadomercadomercado

Page 9: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 9

Sabela na Colexiata Colexiata Colexiata Colexiata

…e Manuel en Santiago a cabaloSantiago a cabaloSantiago a cabaloSantiago a cabalo que está diante:

Page 10: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

10 CEIP Espiñeira- Aldán

A Lucía gustoulle o lavadoiro:lavadoiro:lavadoiro:lavadoiro:

…a Javier esta casa de patíncasa de patíncasa de patíncasa de patín onde está a Oficina de Turismo:

Page 11: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 11

Diego ,Miguel e Martín pensan que é importante estar en hora…

¡CANTAS COUSAS VIMOS EN CANGAS!¡CANTAS COUSAS VIMOS EN CANGAS!¡CANTAS COUSAS VIMOS EN CANGAS!¡CANTAS COUSAS VIMOS EN CANGAS! …e aínda hai moitas máis...

Alumnado de 1º E. P.

Page 12: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

12 CEIP Espiñeira- Aldán

FLIS- FLI- RIS- FLAS

O pasado vinte e nove de outubro fixemos unha saída, moi divertida, ao auditorio de Cangas. Vimos unha obra que vou intentar contarvos.

Un neno, chamado Martiño, vai para a cama e seu pai cóntalle un conto.

Cando durmiu soñou

que estaba no mar. De súpeto viu unha estrela, chamada Carmiña, que lle preguntou se a axudaba a rescatar ao seu amigo, o polbo Bartolo, do Señor da Escuridade.

Martiño díxolle que tiña medo. Un peixe comentoulle que Carmiña

estaba encerrada con Bartolo.

Martiño non sabía que facer. Ao final decidiu que ía rescatar a Carmiña.

Cando chegou apareceu un libro máxico. O libro díxolle dúas palabras máxicas: Flis-Fli- Ris- Flás e Troco-Troco- Flís. Martiño tiña dúbidas. Ao final elixiu as primeiras: Flís- Fli-Ris- Flás.

Pronunciounas e

cando o malo estaba parado aproveitou para rescatalos e fuxiron. Nese momento Martiño espertou.

Foi moi divertido e pasámolo moi ben.

André Nerga García 2º. E.P. Ilustracións: Elsa(E. inf. 5 anos)

e André 2 º E.P.

Page 13: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 13

O SAMAÍN

No noso colexio celebramos o samaín a finais de outubro, con actuacións teatrais, lambonadas…

Moitos poñémonos un

disfrace de medo para asustar ou porque nos gusta: de zombis, pantasmas, esqueletos... Os que actúan tamén se disfrazan, cantan cancións... Tamén nos fan fotografías coas cabazas que levamos preparadas da casa. Apáganse as luces e acendemos as velas que colocamos dentro das nosas cabazas, manguetas ou cabazos. É unha festa moi divertida porque nolo pasamos moi ben.

Este ano xuntamos cartóns

de leite, cos que fixemos un castro que serviu de decorado para unha obra de teatro que os nenos e nenas de quinto curso representaron, explicando en que consiste e de onde vén a festa do samaín.

2º de E.P. Ilustracións:Manuel P., André e Xián

Page 14: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

14 CEIP Espiñeira- Aldán

Page 15: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 15

Page 16: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

16 CEIP Espiñeira- Aldán

O MAGOSTO En novembro, polo San

Martiño, celebramos unha festa chamada “O Magosto”.

Celébrase nos colexios, nas casas, asociacións… Antes de asalas, as castañas deben estar amosegadas, o que quere dicir que hai que sacarlle un anaco da carapa ou carapela de fóra, a máis dura. Fanse fogueiras e cando hai brasas ponse a grella coas castañas un tempo ata que estean feitas.

No noso centro, o alumnado

goza moito facendo cornetes con papel de xornal, escarapelándoas ben antes de comelas e, sobre todo, divertíndose cos xogos tradicionais: aos ”trompos”, que en galego chamamos buxainas ou peóns, ás bólas, aos birlos tirando botellas con landras que recollemos antes debaixo dos carballos, á corda de varios xeitos, carreiras de sacos e tamén levando landras nas culleres con moito coidadiño para que non caian, cos zancos pequenos e grandes…

Coas landras tamén aprendemos a xogar a “crico e michis”e a sumar puntos se colamos a landra nos buracos de distinta forma e tamaño dun plástico grande e negro.

Debuxamos con xices as

casiñas do “avión” para poder xogar á mariquitiña, pé manquiño, cento, peletre, truco, mariola… Para ver quen empeza e quen segue despois en varios xogos, tiramos landras a unha liña e a persoa que queda máis cerca, primeira, e así sucesivamente.

Cando as castañas xa están asadas dannos un cornete cheo delas, aínda quentiñas. Comémolas e algúns píntanse a cara coa borralla como fan os indios e outros pobos do mundo.

2º de E. P.

Ilustracións: Abel e Pablo

Page 17: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 17

O BOKASHI Bokashi é unha verba xaponesa que significa materia orgánica fermentada. A compostaxe con bokashi é un xeito de fermentar os restos orgánicos para utilizalos como fertilizante. Para iso, usamos bokashi de farelo.

PREPARACIÓN: Para descompoñer os restos orgánicos precisamos un recipiente que se poida pechar. Tamén precisamos bokashi e os restos orgánicos, mellor cortados en anacos. Non se pode botar papeis (pola tinta), cristais, plásticos... Neste colexio facémolo coa axuda do comedor. Collemos os restos de comida: 1º-Bótase unha capa de comida. 2º-Engádese por riba unha cullerada de bokashi de farelo. 3º-Repetimos o proceso ata encher o recipiente. 4º-Cada día baleirase o líquido do recipiente, polo que convén poñerlle unha billa. Botando este líquido polos desaugadoiros desatasca as tubaxes ou canos da fontanería da casa. Tamén serve como un bo fertilizante, mesturado con auga, sen cloro, pero hai que usalo en 48 horas. Necesita moita máis auga que fertilizante, nunha proporción aproximada de 100 de auga por unha de líquido. 5º-Pasados os quince días este compost xa se pode enterrar. É conveniente agardar polo menos outros 15 días antes de sementar.

Toda a información foi recollida da páxina da empresa Reboreda SL http://www.reboreda.es/menu.htm

Ana, Pablo, Verónica 4º de E.P.

Bokashi de farelo ou relón

Page 18: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009

18

CONCERTO D

O venres día 21 de novembro, fixemos unha saída ao auditorio de Cangas a ver un concerto de instrumentos de corda. Fomos o primeiro colexio en chegar e foi moi divertidoTivemos que subir á arriba do auditorio, porque non cabiamos. Alí atopámonos con moitos colexios, entre eles: o colexio do Hío, o da Sagrada Familia de Aldán e moitos m

Cando empezou, apagaron todas as luces e todos os colexios comezamos a berrar,alumnos claro. Despois, acenderon uns focos e apareceron tres homes e unha muller, todos de traxe, tocando: dous homes tocaban o violín, o outro home o piano e a muller o violoncello, os tres, instrumentos de corda.

Tocaron cancións moi coñecidas, entre elas o Himno da Alegría, a canción dos Simpson…

No tempo dos nosos avóscando ían ao cine, os músicos estaban alí tocando. fixeron o mesmo connopuxéronnos uns avances do “Harry Potter”. A continuación, fixeron o mesmo cunha pelíc“Charlot”, (Charles Chaplinentoando de diferentes modos dependendo, de se querían indicarviolencia, susto, medo...

En medio da actuación chamaron a un dos homes por teléfono e foi falar detrás do

CEIP Espiñeira

CONCERTO D-VERTIDO

O venres día 21 de novembro, fixemos unha saída ao auditorio de Cangas a ver un concerto de instrumentos de corda. Fomos o primeiro colexio en

oi moi divertido. parte de

arriba do auditorio, porque non cabiamos. Alí atopámonos con moitos colexios, entre eles: o colexio do Hío, o da Sagrada Familia de Aldán e moitos máis...

Cando empezou, apagaron todas as luces e todos os colexios comezamos a berrar, só os alumnos claro. Despois, acenderon uns focos e apareceron tres homes

todos de traxe, dous homes tocaban o

violín, o outro home o piano e a muller o violoncello, os tres,

Tocaron cancións moi

s o Himno da Alegría, a canción dos Simpson…

nosos avós, ían ao cine, os músicos

Pois eles fixeron o mesmo connosco: puxéronnos uns avances do filme

. A continuación, fixeron o mesmo cunha película de

Charles Chaplin), pero diferentes modos

querían indicar

En medio da actuación chamaron a un dos homes por teléfono e foi falar detrás do

escenario. Pero como non quitou o micro, escoitóuselle todo o que dicía como que o público e os seus compañeiros eran uns pesadosCando acabou de falar saíu a escena e todo o mundo o apupaba berrando: ¡Uuuuuuuuuuu!

Entre todosacontecementos, a rapaza saíu do escenario para buscar outro instrumento, e eles contáronnos que a rapariga estaba de aniversario. Cando volveu, cantámoslle o “Cumpreanos feliz”.

Deseguido elixiron a tres nenos do público para Os homes tocaban música triste e os tres nenos choraban, e se tocaban música alegre rían e bailaban. Tamén elixiron a moitos nenos e nenas para subir os violíns.

Remataron a actuación cantando a canción dos elefantes e logo saímos amodo por orde. Cando chegou o autobús só quedaba o noso colexio alí.

Laura Barreiro Magdale

Sara Martínez Martínez

ORXÁS Nº 41

CEIP Espiñeira- Aldán

VERTIDO

escenario. Pero como non quitou o escoitóuselle todo o que

que o público e os seus compañeiros eran uns pesados. ando acabou de falar saíu a

escena e todo o mundo o apupaba : ¡Uuuuuuuuuuu!

todos estes acontecementos, a rapaza saíu do escenario para buscar outro nstrumento, e eles contáronnos que a rapariga estaba de

Cando volveu, cantámoslle o “Cumpreanos feliz”.

Deseguido elixiron a tres nenos do público para ir a escena. Os homes tocaban música triste e os tres nenos choraban, e se

legre rían e Tamén elixiron a moitos

nenos e nenas para subir e tocar

Remataron a actuación cantando a canción dos elefantes e logo saímos amodo por orde. Cando chegou o autobús só quedaba o

Laura Barreiro Magdaleno

Sara Martínez Martínez

6º de E. P.

Page 19: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 19

EXCURSIÓN AO AUDITORIO: “Os soños na gaiola”“Os soños na gaiola”“Os soños na gaiola”“Os soños na gaiola”

O venres 28 fomos ao Auditorio de Cangas para ver unha obra de teatro da editorial “Xerais”, que foi tamén a que nos regalou un libro con poesías moi bonitas chamado “Os soños na gaiola”.

Primeiro apareceu un vello durmindo e a súa neta colleu unhas campaíñas. Empezou a tocar, mentres cantaba un poema titulado “As campás” e o vello, mentres ela cantaba, púxose tamén a cantar durmido.

Cando espertou buscaron ao caracol Manolo cantando a súa canción: “O caracol”. Manolo cheiraba mal, porque había moito tempo que non se duchaba; e como non quería ducharse propuxo xogar ao gato e ao rato.

A nena foi buscar a un

adulto e, ¿sabedes a quen colleu? Pois a Mila. O xogo consistía en que o gato cos ollos tapados e

tocando unha campaíña tiña que atopar a Mila, que facendo de rato e tamén cos ollos tapados, enganábao escapando mentres facía soar outra campaíña. E, ¿sabedes quen gañou? Pois Mila, por suposto.

Cando ían bañar a Manolo, el propuxo xogar ao burriño, que consiste en que un equipo sópralle a unha nube e outro a un burriño e gaña o que primeiro chega á meta. Despois de xogar bañaron a Manolo a quen, ao final, ata lle gustou e quedou durmido.

O avó e a rapaza miraron pola ventá, viron que se estaba a celebrar a festa do Patrón e logo bailaron un “rap”. O avó quedou durmido e a neta recitou un poema chamado “A lúa” que estaba no libro que nos regalaron.

¡Foi divertidísimo!

Alicia Trigo Viéitez 5º E.P.

Page 20: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

20 CEIP Espiñeira- Aldán

VIVEIRO DAS AREAS EN TUI Este ano, unha das actividades incluídas no proxecto Voz Natura era acudir a un viveiro, para ver como se facían os sementeiros e tamén para aprender moito da fauna e da flora dos nosos montes. Fomos ao VIVEIRO DAS AREAS , en Tui .

� Hai unha piscina que era do señor que deseñou o viveiro e viviu alí coa súa familia cando viñan de Madrid. Hai unhas minas de augas subterráneas, que se utilizan para o sistema de rego. Este é un circuíto pechado e, por iso, a auga sempre volve ás minas. Polo visto nesas minas viven colonias de morcegos e xa nos advertiron de que non podiamos entrar.

� Os sementeiros están rodeados con cordeis para protexelos. Hai que levantar a terra facendo bancais para que as sementes non se encharquen e collan musgo.

� Nos sementeiros de carballos póñense as landras horizontalmente, senón non poderán brotar.

� Os carballos tamén teñen outro tipo de bólas, son os bugallos: unhas boliñas con pinchos que se forman cando os insectos poñen os ovos no carballo. Este decátase e, para defenderse, fai unha especie de bolsa.

� Os acivros pódense plantar sen raíz, son plantas de “estaquilla”. Hai que cortar unha póla de forma oblicua e bótanselle hormonas de crecemento

Page 21: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 21

para que enraíce máis rápido. Os acivros, cando o necesitan, cambian de sexo.

� Cando se quere que unha planta medre dereita, pónselle unha estaca ao seu carón e así xa non se torce.

� Os salgueiros son árbores que medran nas beiras dos ríos e din que filtran as súas augas.

� Outra forma de repoboar é cos enxertos: córtanse dúas pólas

(cada unha dunha árbore distinta pero da mesma especie) e métese un anaco do talo dunha planta na outra. Isto é posible debido a que as plantas poden soldarse cando están en íntimo contacto. Este sistema de reprodución é moi ventaxoso no caso das árbores froiteiras porque, se se fai por sementes, ou non dan froitos ou tardan moito tempo en dalos.

� Teñen plantas centenarias que se

plantaron en 1903 – 1904. � Hai unha árbore moi antiga que xa

existía na época dos dinosauros. Vaia especie!!

� A sequoia é unha árbore que pode chegar a medir máis de cincuenta metros e o seu tronco parece que está oco.

� Hai un eucalipto que cheira a limón e ten a súa cortiza moi lisa, máis cos que vemos normalmente. Cando chove a auga esvara polo tronco abaixo ata a raíz e isto fai que absorba moita. Así medra tanto!

Alumnado de 3º e 4º

Page 22: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

22 CEIP Espiñeira- Aldán

LETRAS GALEGAS 2009

Ramón Piñeiro López:

Ramón Piñeiro López naceu no seo dunha familia labrega o día 31 de maio de 1915 na parroquia de Armea, concello de Láncara, provincia de Lugo. Tivo outros sete irmáns, dos que tres morreron sendo moi novos. Era fillo de Vicenta López Fernández e de Salvador Piñeiro García, quen sempre demostrou unha preocupación pola cultura e pola educación dos seus pequenos superior á habitual naquela época entre a xente humilde.

Con nove anos foi vivir a Lugo, onde

estudou o bacharelato, para regresar despois a Armea e máis tarde ir traballar a Sarria, en 1930. Ao ano seguinte asiste a un mitin de Lois Peña Novo que esperta nel o interese pola cultura e a política galegas. No 32 volveu a Lugo, onde coñeceu a Ramón Otero Pedrayo (1888-1976), a quen convidaría a dar unha conferencia no instituto. Traba amizade con Luís Pimentel, Ánxel Fole, Ramón Cabanillas… e tamén con outros persoeiros do galeguismo político como Castelao ou Alexandre Bóveda

Participa como orador o 25 de xullo

de 1935 na Praza da Quintana de Compostela e, no 36, chega a ser elixido secretario do Comité Provincial do Partido Galeguista, polo que participa intensamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia. Tras o alzamento militar de xullo de 1936, ten que fuxir varias veces. Aconsellado polos

seus amigos, vese obrigado a incorporarse a filas cando chaman á súa quinta, porque ingresar no exército dos

sublevados preséntase

como o único xeito de salvar a vida. Isto non foi comprendido por boa parte dos galeguistas e nacionalistas. Máis tarde, determinados ideólogos do galeguismo foron especialmente críticos con Ramón Piñeiro, e co grupo representado por Galaxia, cualificándoos de "conservadores".

Fronte á nova actitude adoptada por Ramón Piñeiro e outros galeguistas do interior, xurdiron tamén duras críticas dos galeguistas no exilio, representados por Castelao como presidente do Consello de Galiza. Mentres os do interior, xunto aos partidos nacionalistas vascos e cataláns e mais aos socialistas, argüían que todo cambiara moito e a forma concreta do futuro réxime importaba menos que a recuperación democrática, os galeguistas de Castelao defendían a tese da república e a aceptación do Estatuto de 1936 como única saída política. Ademais estes criticaban que non se fixese política nin se promovesen folgas de obreiros ou

Retrato por Antón Pulido

Page 23: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 23

LETRAS GALEGAS 2009

Vida e obra

estudantes, e Piñeiro respondíalles que o “culturalismo” do que os acusaban era un xeito de acción política, a que se podía facer neses tempos aquí. Os galeguistas do interior tamén se negaban a recoñecer como órgano oficial e supremo de todo o galeguismo ao consello de Galicia, creado no exilio por Castelao.

Nos anos 50 publica varios ensaios,

como "Significado metafísico da Saudade" (1951), como separata no número 1 de Cadernos da Colección Grial que axiña se traduciu e reproduciu en Portugal, "A saudade en Rosalía" (1952) e "Para unha filosofía da saudade" (1953). Invitado por diversas universidades participa en congresos, coloquios e conferencias. Estas obras foron integradas con "A Filosofía e o Home" e "Saudade e Sociedade" nun só volume baixo o título "Filosofía da Saudade".

Como tradutor, en 1951 verte ao

galego con Celestino Fernández de la Vega, o "Cancioneiro da Poesía Céltica" de Julius Pokorny. En 1956 publican en Galaxia a conferencia "Von Wessen der Wahrkeit" de Martin Heidegger baixo o título galego "Da esencia da verdade".

No ano 2000, a Editorial Galaxia

comezou a convocar os Premios Ramón Piñeiro de ensaio e, en 2003, o Centro Ramón Piñeiro convocou os Premios Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve.

Na actualidade, ambos os dous premios fican unificados baixo a denominación Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.

Acompañou a boa parte do alumnado

universitario nos anos 50 e 60 que visitaban o seu domicilio na rúa Xelmírez, nº. 15 de Santiago de Compostela. Para moitos este é o seu maior mérito: máis ca como intelectual, político ou escritor, darse a valer como ser humano. Ramón Piñeiro López finou en Compostela o día 27 de agosto de 1990 despois dunha vida serena e discreta.

Marta Freire Baqueiro

Beatriz Méndez Santomé

6º E. P.

A súa casa aberta para escoitar, dialogar e acompañar á xente, sobre todo, aos/ás universitarios/as.

Page 24: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

24 CEIP Espiñeira- Aldán

Galicia é o país dos mil ríos Algúns son grandes, outros medianos, outros pequenos, outros son regatos que baixan dos montes ás valiñas e vales, que nunha parte do curso se atorrentan, brincan e escumexan e noutros remansan e apozan.

Álvaro Cunqueiro Como ben di Cunqueiro, Galicia ten moitos ríos, e neles habitan cantidade de animais e plantas. O alumnado do 3º ciclo imos presentarvos algún destes habitantes, os que máis nos gustaron :

A LAMPREA Ten o corpo cilíndrico e alongado. É dos vertebrados máis primitivos; non ten mandíbulas e as aletas tenas pouco desenvolvidas. Pode medir entre 60 e 90 cm. Nace no río e de adulta vive no mar. Aliméntase sobre todo de peixes aos que lle chupa o sangue. Gastronomicamente é moi apreciada.

A PíNTEGA RABILONGA Mide entre 6 e 11 centímetros de lonxitude corporal, aínda que coa cola pode chegar aos 20 centímetros . Pode vivir 20 anos e come todo tipo de insectos. Gústanlle as miñocas e larvas dos insectos. Vive preto da auga pois aínda que é terrestre, para a reprodución pon os ovos na auga.

O SALMÓN Tras unha permanencia de 2 ou 3 anos no mar, en zonas de auga frías e ricas en nutrientes, os salmóns atlánticos adultos volven aos ríos nos que naceron para se reproducir. Nas súas remontadas nos ríos non comen porque a súa comida é mariña.

A TROITA É o peixe máis significativo dos ríos de Galicia: o peixe máis

fermoso de

todos, sen

dúbida. Ten unha cor denegrida no lombo, con pintas vermellas ou negras, e por baixo branco amarelado. Hoxe ten moitos inimigos: a contaminación, a inexistencia de depuradoras, as minicentrais, os encoros, a pesca intensiva, entre outros. A troita gústanlle os invertebrados e os peixes.

Page 25: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 25

O CANGREXO DE RÍO Este é un cangrexo de río. Aliméntase de pequenos peixes. O cangrexo de río ten a cuncha máis dura que a do cangrexo común de auga salgada, para poder defenderse dunha bacteria que o mata. Por iso está en perigo de extinción.

A LIBELIÑA A libeliña ten un corpo fusiforme, co abdome moi alongado, ollos compostos e dous

pares de alas semitransparentes. Son predadoras e comen outros insectos.Viven nas zonas pantanosas ou preto de ribeiras ou regatos. Tamén se chama cabalo do demo.

O SAPO O sapo é un dos anfibios máis coñecido e robusto, chegando a alcanzar os 20 cm. de lonxitude. Segue a ser un dos

animais máis abundantes nas beiras dos ríos galegos.

O SAPOCONCHO

Este animal tamén está presente nalgúns dos ríos de Galicia de corrente reducida. Ten unha cola longa cunhas liñas lonxitudinais alaranxadas no seu colo. Tamén presenta unha coiraza achatada de coloración variable entre parda e verdosa. Debe o seu nome popular a que nas coirazas de moitos exemplares se instalan gran cantidade de algas dándolle un aspecto escamoso.

A LONTRA Ten o corpo alongado cuberto dunha gran pelaxe de cor gris, máis escura no lombo e máis clara na barriga. Pode chegar a medir ata un metro pero o normal é entre 60 e 80 cm. Vive en ríos de augas limpas pero onde hai moita vexetación que necesita para esconderse. Nada con moita rapidez e bucea para cazar as súas presas: anguías , troitas, etc. Os seus inimigos son o home e as minicentrais que están acabando con elas. É un animal protexido.

Page 26: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

26 CEIP Espiñeira- Aldán

A LENTELLA DE AUGA (Lemna minor) Vive flotando sobre a superficie da auga. As súas follas son moi pequenas (2-5 mm) e teñen forma oval. Normalmente medran en augas tranquilas, entre os meses de abril e maio.

O RANÚNCULO(Ouca) No verán aparece en case

todos os ríos e regatos de Galicia. Gústalle a auga con pouca corrente. Ten dúas clases de follas, as que mergulla na auga que levan moitos fíos e as que nadan na superficie que teñen forma

redondeada. No verán bota unhas flores con pétalos de cor branca.

O XUNCO (Scirpus holoschoenus) É unha herba perenne. Ten talos simples e

cilíndricos cunhas espigas en cabeciñas globosas. Dáse en lugares húmidos, preto por suposto dos ríos. As súas flores son hermafroditas. Os seus talos son moi flexibles.

O FENTO COMÚN (Pteridium

aquilinum) É abondoso nas beiras dos ríos

galegos, en xeral en lugares húmidos e sombríos. As frondes (ramas) son duras. O talo tamén é moi duro.

Os lóbulos (follas) das frondes son enteiras e os soros van no envés, parte de atrás da folla. Cobren moitos lugares onde non hai árbores.

A CANA (Arundo donas)

Planta gramínea perenne. Os seus talos leñosos e endurecidos, e poden chegar a medir cinco ou seis metros de altura. As follas son moi longas e a súa flor ten forma de espiga de cor verde violácea.

Page 27: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 27

ESTRALOTES (Digitalis purpurea) Son moi abondosos nas beiras dos ríos, sobre todo en

terreos calizos. Pode chegar a medir máis dun metro de altura. Ten follas basais ovais ou case aserradas bastante grandes. O froito está nunha cápsula ovoidea. É TÓXICA. O estralote é a planta galega con máis nomes: dedaleira, croques, dixital, bilitroques, estalos, estalotes, estraloques, abeloura, abeluria, estoupallo, abrula, bolexo, milicroque, sanxoán ou estralos de San Xoán…

O AMENEIRO – AMIEIRO ( Alnus glutinosa) Forma parte dos bosques de galería dos ríos galegos. O tronco é dereito e cilíndrico, a súa cortiza ten unha cor parda agrisada. A madeira é especial para carpintería fina, e tamén se usa na fabricación de zocas. As follas son moi boas para curar os pés cansados. Ten flores masculinas e femininas,e bota un froito en forma de pequenas piñas.

O SALGUEIRO ( Salix atrocinerea)

Estas árbores teñen a particularidade de fixarse intensamente no terreo no momento das riadas polo que frean e atenúan as mesmas. As follas, alongadas e finamente serradas, parecen as orellas dun rato cando son novas. A súa cortiza é moi rica en tanino e contén salicina, que é a base dun medicamento moi coñecido: a aspirina.

O SABUGUEIRO (Sambuco nigra)

É un arbusto que non pasa dos oito metros de alto. Posiblemente como planta medicinal sexa unha das máis importantes. As súas flores desprenden un aroma non moi agradable, pero teñen propiedades diuréticas. Os froitos son boliñas negras ou violáceas. Úsanse para escurecer o viño e tamén hai xente que os come cocidos ou confeitados.

Alumnado do 3º ciclo de E.P.

Page 28: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

28 CEIP Espiñeira- Aldán

ITINERARIO: Saímos do colexio, tomamos á dereita polo camiño que vai a Areacova. Chegamos a un cruce e fomos polo Camiño Vello. Pasamos pola casa de Joaquín e chegamos á igrexa, onde había tres cruces. Collemos o segundo e chegamos á estrada que vai ao peirao. Xiramos á esquerda e xa vimos a Casa do Mar. A biblioteca está na parte dereita. Subimos as escaleiras e… estabamos dentro!

Joaquín 4º E. P.

COMO É? O edificio por fóra vese moi alto e é de pedra (A casa do Mar de Aldán). Ten dúas plantas, pero ela só ocupa unha parte da superior. É pequena pero posúe tantos libros como a nosa. Para o ano que vén, esperan que a amplíen. ¿Sabedes por que? Cando chegan os novos libros e non lle caben, teñen que retirar os máis vellos para un depósito. Alí quedan

Page 29: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 29

almacenados en caixas para deixarlle sitio ás novidades. A sala ten dous ordenadores con internet e tamén hai Wifi, por se queres levar un portátil. Conta con tres mesas grandes e unha pequena. Os libros para

lectores infantís, están á entrada e os de literatura xuvenil están polo resto dos mobles. ¡É MOI BONITA!

Romina 3º e Pablo 4º E.P.

FUNCIONAMENTO A súa bibliotecaria chámase Isabel e explicounos como funciona: Os libros levan unha etiqueta co “telluelo” no que van os nºs. da CDU, as tres iniciais do autor/a e as tres primeiras letras do título. Os libros que chegan deben rexistrarse nun libro e despois pásase a rexistralos no ordenador. Tamén usan o mesmo programa que nós: o MEIGA. Podemos ver o seu catálogo por internet, igual que o da nosa. Hai motos puntos de coincidencia entre a biblioteca parroquial e a do CEIP Espiñeira. Para levar prestados libros, precisamos facer o carné cubrindo unha solicitude cos nosos datos persoais. Se tes menos de 16 anos e queres acceder a internet, debes traer unha autorización asinada polos teus pais ou titores. Ese carné sírveche para todas as bibliotecas públicas de Cangas. Podemos acceder á biblioteca dende internet, entrando primeiro no seu blog. [email protected]

Anxo e Ana de 4º E.P.

Page 30: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

30 CEIP Espiñeira- Aldán

Alumnado de 1º

Un feitizo colosalUn feitizo colosalUn feitizo colosalUn feitizo colosal sucedeu sucedeu sucedeu sucedeu no carnaval.no carnaval.no carnaval.no carnaval.

Unha meiga fixo un trucoUnha meiga fixo un trucoUnha meiga fixo un trucoUnha meiga fixo un truco e transformou aos e transformou aos e transformou aos e transformou aos nennennennen@s do “Grupo.”s do “Grupo.”s do “Grupo.”s do “Grupo.”

Primeiro, as xoaniñasPrimeiro, as xoaniñasPrimeiro, as xoaniñasPrimeiro, as xoaniñas pppporque eran cativiñorque eran cativiñorque eran cativiñorque eran cativiñ@s.s.s.s.

¡Se te queres divertir a Espiñeira tes que vir!

Detrás, as bolboretasDetrás, as bolboretasDetrás, as bolboretasDetrás, as bolboretas que ían moi “coquetas”.que ían moi “coquetas”.que ían moi “coquetas”.que ían moi “coquetas”.

Seguían as abellas Seguían as abellas Seguían as abellas Seguían as abellas amarelas coma estrelas.amarelas coma estrelas.amarelas coma estrelas.amarelas coma estrelas.

Ao vérense co novo traxeAo vérense co novo traxeAo vérense co novo traxeAo vérense co novo traxe quixeron ir de viaxe.quixeron ir de viaxe.quixeron ir de viaxe.quixeron ir de viaxe.

As arañasAs arañasAs arañasAs arañas,,,, ao finalao finalao finalao final,,,, deste cortexo animal.deste cortexo animal.deste cortexo animal.deste cortexo animal.

Do cole de EspiñeiraDo cole de EspiñeiraDo cole de EspiñeiraDo cole de Espiñeira sairon en ringleira.sairon en ringleira.sairon en ringleira.sairon en ringleira.

En animais pequeniñEn animais pequeniñEn animais pequeniñEn animais pequeniñ@ssss vvvviráronse iráronse iráronse iráronse @s rapaciñs rapaciñs rapaciñs rapaciñ@s.s.s.s.

Page 31: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 31

O día 12 de marzo foi un gran día, moi especial e moi esperado, para todo o alumnado do C.E.I.P.Espiñeira – Aldán. Neste gran día visitounos a famosa escritora Fina Casalderrey. Xa leramos moitos dos seus libros, dos que fixemos diversos traballos que colgamos nos corredores do colexio, acompañados de fotos dela. Logo na biblioteca deunos unha charla, contándonos bonitas historias, animándonos a escribir. Nós fixémoslle algunhas preguntas que con moito gusto respondeu:

-Cando comezaches a escribir? -Cando comecei a dar clases. -Nalgúns dos teus libros falas de maltrato. Preocúpache este tema? -Por suposto, a quen non? -Cantos libros escribiches? -Escribín 50. -Na maioría dos teus libros os personaxes son nenos de pobo e non de cidade, por que? -Será porque eu son de pobo. -Que che gusta máis escribir ou dar clase? -Dar clase, aínda que agora é máis difícil. -Cal foi o libro no que máis inspiración necesitaches? -Todos por igual. -Cal foi o libro que máis che gustou? -O do “O estanque dos parrulos pobres”. -Por que te decidiches a ser escritora? -Non sei, foi como de repente. -Por que na maioría dos teus libros aparece un avó? -Porque non tiven avós. -Cal foi o teu 1º libro? -“Mutacións xenéticas”. -Canto che durou o teu libro máis longo? -Non ando mirando polo reloxo. -Grazas por contestar as nosas preguntas. -Para min foi un pracer. Espero volvervos ver.

Jorge Gregorio Pousa 5º de E.P.

Page 32: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

32 CEIP Espiñeira- Aldán

O alumnado de 3º 4º º5 e 6º fixemos unha saída a Vigo, para ver unha obra de teatro titulada “Marco Polo e o “Museo das palabras”. A obra tiña moitos personaxes, entre eles: Marco Polo, que é o protagonista, o seu pai Nicolás, o seu tío e moitos máis.

Marco Polo vivía en Venecia, co seu pai e co seu tío. A súa nai morrera cando el era pequeno. Marco era dunha familia de mercadores.

Nicolás, o seu pai, xunto co seu tío fixeron unha viaxe en 1255. Cando regresaron, incluído Marco, fixeron outra viaxe, en 1271. Atravesaron Israel, Armenia, chegaron as rexións da actual Georgia, e logo ao golfo Pérsico. Dende alí remontaron cara ao norte, cruzaron Persia, e despois,

adentráronse nas montañas de Asia Central, seguindo o itinerario da ruta da seda, a travesía do Pamir. Atravesaron os desertos e chegaron a Kancheu, a primeira cidade realmente China. Estando no deserto roubáronlles toda a mercancía e Marco enfermou un ano enteiro e tivo que subir a cima dunha montaña para respirar aire fresco e puro.

Estando en Kancheu traballou para “Kubilai Kan” facendo algunhas misións.

Pasando o tempo, fixéronse ricos e comunicáronlle a Kubeicai o seu desexo de regresar a Venecia. Kubilai Kan encargoulles unha última misión: levar a unha princesa ata Persia, porque ía casar cun príncipe.

Cando chegaron a Venecia,

Marco xa era maior, xa non tiña quince anos, senón trinta e cinco, a viaxe durara vinte e cinco anos. Os veciños non se crían as súas historias, e tivéronlle que ensinar todas as xoias e diñeiro para que os cresen.

E así foi a historia das viaxes de Marco Polo, que logo publicou nun libro, e que grazas a ese libro se coñeceron moitos costumes e tradicións do mundo oriental que non se coñecían. Gustoume moito a vida de Marco Polo!

Ana Rodríguez Soliño 5º E. P.

Page 33: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 33

EXCURSIÓN A VIGO: O “VERBUM” O día 17 de abril o alumnado de

2º e 3º ciclo fomos a Vigo de excursión. Ademais dunha obra que trataba da vida de Marco Polo, visitamos o museo

VERBUM, que significa “Casa das Palabras“.

Entramos polo scriptorium, onde había moitos libros feitos e copiados a man. Os monxes que traballaban nel eran beneditinos ou bieitos. Escribían cunha pluma de ave que arrancaban da á esquerda para que os destros puidesen escribir mellor. Tamén podían usar unha cana de xunco a que lle facían un corte de viseira para que escorregase a tinta. Traballaban nun banco de copista e escribían co papel inclinado. A única luz que tiñan era a luz das velas.

Despois miramos un libro xa rematado, que é unha copia exacta do libro real, chámase “facsímile”, de 800 anos de antigüidade. A pel das follas era de pel de cabra, e para preparala, mollábana e raspábana cunha pedra chamada “pedra pómez”. Se se equivocaban, borraban con miga de pan.

Escribían tamén con lapis de caucho e usaban tinta negra e vermella. Antes de pintar o libro pasábase polas mans do dourador, que o realzaba con pan de ouro. Para pegar o ouro ao libro, usaban pegamento natural que se facía con xelatina, cola de peixe e xeso.

As cores mesturábanas con resinas naturais e xema de ovo para darlle o brillo. Unha vez rematados os códices, encadernábanos colocándoos nunha prensa para cortalos e despois coselos con “puntada pasada”. Por último colocaban as tapas, decoradas con ilustracións e poñíanlle un selo: “Exlibris”

No piso superior había casetas en forma de cubo, que cada unha representaba unha letra do abecedario.

A primeira que visitamos era unha que tiña o alfabeto Braille. Unha guía ensinounos como xogar coas letras e as palabras:

-Xogamos con “políndromos”, que

son palabras ou frases que se len igual do dereito que do revés. Por exemplo:

“ a torre da derrota”. -Tamén buscamos palabras que levasen

as cinco vogais: Aurelio, eucalipto... -Xogamos con “monovocalismos”,

que son frases cunha soa vogal. Por

exemplo: “Ana anda ás agachadas”. Non puidemos visitar todos os cubos, porque xa nos tiñamos que marchar, pero gustounos moito!!!!

Antía Nerga García e Sara Cordeiro Vizoso 6º E. P.

Page 34: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

34 CEIP Espiñeira- Aldán

CELEBRAMOS OS MAIOS Como todos os anos cando chega o mes

de maio, celebramos a festa dos

“Maios” no colexio. Ultimamente

estamos tratando de recuperar “os

maios tradicionais” que iso é o que nos

din o profesorado e persoas do pobo

que veñen a axudar e colaborar para

recuperar esa tradición.

Vou contar o que fixemos: o

primeiro foi facer colares, coroas,

pulseiras … con pampillos e tamén

outro tipo de flores que trouxo o

alumnado. Logo unha vez feitos

puxemos estes colares, coroas, etc. Ao

rematar isto vestiron a algúns nenos e

nenas con xestas, pero so vestiron a

moi poucos porque case non había

xestas, pois o día anterior e ese día pola

mañá, chovera tanto que non se

puideron cortar máis xestas. Estes

serían os “Maios humanos”

Para vestir eses nenos e nenas

axudáronos persoas do pobo, que son

os que saben como se vestían de maios

antigamente: coas xestas facían unha

saia e tamén poñían xestas no corpo e

na cabeza. Cando estabamos todos

preparados o “Gaiteiro do

Piñeiro”empezou a tocar a gaita, Pepe

o bombo e Manolo o tamboril. Demos

unha volta ao colexio. Os pequenos

quedaron no colexio pero, primeiro

ciclo, segundo ciclo e terceiro ciclo,

fomos polas rúas cantando a canción do

maio de Aldán, “Eiquí ben o maio

vestido de xestas…”.

Cantamos moito e toda a xente quedou

a vernos, incluso algunhas persoas que

non eran de aquí preguntábannos que

celebrabamos. Chegamos ata alameda e

alí volvemos cantar o maio facendo

unha roda e xa regresamos para o cole.

Ao chegar quitámonos todos os

colares, coroas, pulseiras… e subimos

ás aulas.¡¡¡QUE BEN O PASAMOS!!!

Alejandra 5º de E.P.

Page 35: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 35

CRÓNICA DE 1º VENRES 8 DE MAIO

1º. de E.P.

1º de E.P.

O venres despois do recreo veu un contacontos que se chamaba Anxo Fariña. Díxonos que escribía moitos libros e fíxonos un debuxo que semellaba un morcego. Contounos o conto dos monstros.

DIEGO

O venres 8 de maio visitounos Anxo Fariña. Ensinounos a facer un debuxo dun morcego e nós copiámolo nun folio. Despois debuxou a Mari coma unha formigata monstro. Logo debuxou un vampiro da Monstroescola.

LUCÍA

Page 36: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

36 CEIP Espiñeira- Aldán

Saída á Casa da Xuventude

O venres fomos ver un contacontos na Casa da Xuventude en Cangas.

A contacontos, chamada Raquel, recibiunos nas escaleiras. Falounos do Camiño de Santiago que ela estaba a facer.

Púxonos un vídeo, de

cores, sobre o Camiño, que era orixinal e bonito. Había casas, ríos, pontes, árbores e un campesiño estraño armado cunha lanza na súa man dereita.

Logo contounos un conto titulado “Pedra, pau e palla” con Matrioskas (bonecas rusas), pedras, paus e pallas, un can de xoguete pequeno, unha casa de madeira, unha especie de cova e unha luva representando ó oso. Foi moi divertido.

Despois vimos unha

película de debuxos animados que se titulaba “A bruxa Regañadentes”. Era de medo, cuns

nenos, unha bruxa e aventuras. Tamén nos gustou moito.

Ao final, nunhas tiras de

tea e con rotuladores debuxamos o que quixo cada un. Pasámolo estupendamente. Raquel dixo que os debuxos ían ser vistos como se fosen de museo. De volta ao cole todos falabamos do ben que o pasaramos.

Laura Herbello Piñeiro 2º E.P. Ilustracións:

Moisés Bermúdez Soliño Abel Dacosta Martínez Pablo Martínez Patiño

Page 37: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 37

PASATEMPOS SOPA DE LETRAS

• Atopa 8 palabras relacionadas coa horta.

ENCRUCILLADO 1.- Aveño de labranza que consta dunha pa ao cabo dun mango. 2.- Terreo dedicado ao cultivo de legumes, hortalizas e árbores froiteiras. 3.- Guantes. 4.- Ferramenta composta dun mango e dunha folla rectangular ou oval. 5.- Parte do froito que contén o embrión no estado de vida latente. 6.- Leira, agro, terra. 7.- Fertilizante natural. 8.- Sacho grande. 6º de E. P.

Ñ D O D P A T A C A X

B P S W O I B I M I W L Q R Q U R H R N D U

E S C V T A Z O Ñ U P I O H N O P O N P X M

T S Ì R M U L E O I Ñ U W C T A N O C L E O

G H H S T T P C I S W

A Z A P E M E N T O R L K R X Z I R R A T P

T L O P O N I M E T O

Page 38: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

38 CEIP Espiñeira- Aldán

Atopa e escribe nove diferenzas

XEROGLÍFICOS ¿Que comen?

6º de E. P.

1.

2.

3.

4.

5.

6.

7.

8.

9.

1.

2.

3.

Page 39: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 39

Este ano, o noso centro foi un dos elixidos para formar parte do Plan Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Déronnos unha dotación económica para mobiliario, equipos informáticos e para fondos: libros, dvd, cd, cd-rom… No mes de novembro celebrouse o mes das bibliotecas escolares e nós,

Alí atopamos a nosa

mascota Espiñeiriña, vestida con cadriños de cores, eran as cores da nosa CDU (Clasificación Decimal Universal). Agora a biblio ten moitos fondos e de moi diversas clases: dvd, cd, cdrom, libros de literatura e moitos máis de información!!! (de inventos, de historia, deportes, animais, música, manualidades…) Ah! tamén temos revistas ás que estamos subscritos, e chegan novos exemplares cada mes.

Se nos convertemos en ,

xa podemos levar para a nosa casa o que nos

guste!!

Page 40: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

40 CEIP Espiñeira- Aldán

Tamén na biblioteca temos un espazo con sillonciños e sofás moi cómodos e coloridos para a lectura. Nesta zona temos instalada unha pantalla plana de tv. que nos enviou a Consellería. Coa axuda de Valente, tamén

colgamos unha gran pantalla para proxectar co canón, e asistir a sesións de animación á lectura, de educación documental…

Outras � Está aberta no

recreo dos mércores e venres.

� Polas tardes de 16:30 ás 17:30 tamén está aberta.

� Temos conexión wifi e podemos traballar cos portátiles (o alumnado de

6º deulle unha boa despedida…) � Hai un servizo de autopréstamo

para as familias na entrada do comedor.

� Os nosos amigos/as e coñecidos/as tamén poden facerse socios/as.

Page 41: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 41

A NOSA HORTA

Este curso iniciamos o traballo na nosa horta. Aquí tedes varias fotos do moito que traballamos nela.

Antes e … despois

Plantamos leitugas, tomates, pementos, chícharos, xudías, repolos, patacas…

Comemos Así nos debuxou María (E.I. 5 anos)

Page 42: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

42 CEIP Espiñeira- Aldán

Ata sempre � ANTONIO MARTÍNEZ PAZO: Levo bo recordo do profesorado,

dos libros da biblioteca e dos amigos que puiden facer.

� ADÁN CORDEIRO DEL RIO: Voume deste cole con moi bos recordos, sobre todo do profesorado que nos ensinou a ser máis educados. E non hai que estar tristes porque acabamos unha etapa e comezamos outra.

� BEATRIZ MÉNDEZ SANTOMÉ: O que máis me gustou foi estar

coas amigas. Dáme moita pena deixar o colexio porque nel aprendín moitas cousas.

� AZAHARA GARCÍA PÉREZ: Nunca esquecerei os amigos e amigas que fixen. Gustoume moito o profesorado, os festivais e as excursións. ¡Paseino xenial neste colexio!

� MARTA FREIRE BAQUEIRO: O mellor que me levo son as amigas

e os amigos. O profesorado portouse moi ben connosco, ao igual que os compañeiros/as doutras clases. Os mellores recordos son de pequena porque un profe disfrazábase de Papá Noel e dábanos regalos. Foi xenial estar neste

colexio. Botarei de menos a os nenos e nenas e a todos os profes. Quérovos moito.

� ANTÍA NERGA GARCÍA: O que máis me gustou de todos estes anos foi cando cambiamos de infantil a primaria, e cando comezamos a tocar a frauta. Dáme un pouco de pena marchar porque foron 9 anos.

� SARA CORDEIRO VIZOSO: O que máis me gustou foi as

amizades que fixen, a excursión a Manzaneda e cando de pequenos viña Papá Noel a traernos agasallos ao cole.

� RODRIGO BERMÚDEZ MOLARES: Gustoume moito estar neste colexio. Estiven dende pequeno e agora irme para o instituto… porque o pasamos moi ben todos os días.

� LAURA BARREIRO MAGDALENO: O que vou botar moito de

menos é sobre todo ao profesorado, porque nos ensinaron a ser mellores persoas e porque nos deron unha boa educación, das mellores. Vounos botar, a todos, moito de menos.

� SARA MARTÍNEZ MARTÍNEZ: Estes nove anos que

levo aquí paseinos moi ben, coas miñas amigas, o profesorado… O que máis me gustou de todos estes anos foron as actividades e excursións que fixemos. Gustaríame quedar outro ano aquí coas amigas e o profesorado. Vou botar de menos este colexio.

6º de E.P.

Page 43: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

ORXÁS Nº 41 Xuño 2009

CEIP Espiñeira- Aldán 43

Benvida Veñen para “Educación Infantil 3 anos”

Tamén veñen

Page 44: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41

Xuño 2009 ORXÁS Nº 41

44 CEIP Espiñeira- Aldán