2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

20
2.º CANCIONEIRO C.E.I.P. ESPIÑEIRA- - CURSO 2011-2012 -ALDÁN

Transcript of 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Page 1: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

2.º CANCIONEIRO

C.E.I.P. ESPIÑEIRA- -

CURSO 2011-2012

-ALDÁN

Page 2: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

2

ÍNDICE

Presentación ............................................................................. ..3

1. “Para que”— CD Pista 1 — .................................................. ..3

2. “O tren”— CD Pista 2 — ...................................................... ..4

3. “Os números”— CD Pista 3 — ............................................ ..4

4. “Gaivota”— CD Pista 4 — ................................................... ..5

5. “Os instrumentos” — CD Pista 5 — .................................... ..5

6. “Parabéns para ti” — CD Pista 6 — ..................................... ..6

7. “As partes do corpo” — CD Pista 7 — ................................. ..6

8. “Amiguiños todos” — CD Pista 8 — ................................... ..7

9. “A pulga na palla” — CD Pista 9 — ..................................... ..8

10. “Os nosos Reis de Aldán” — CD Pista 10 — ....................... ..9

11. “O xogo da carrasquiña” — CD Pista 11 — ......................... 10

12. “O meu burriño” — CD Pista 12 — .................................... 11

13. “O noso Maio de Aldán” — CD Pista 13 — ......................... 12

14. “Fago unha roda grande” — CD Pista 14 — ....................... 13

15. “Tamaños” — CD Pista 15 — .............................................. 13

16. “A saia da Carolina” — CD Pista 16 — ................................ 14

17. “O vello mentireiro” — CD Pista 17 — ............................... 15

18. “Alalá da noite” — CD Pista 18 — ...................................... 16

19. “O gato”— CD Pista 19 — .................................................. 17

20. “Ollos verdes””— CD Pista 20 — ........................................ 18

21. “Ven bailar Carmiña”— CD Pista 21 — ............................... 18

Page 3: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

3

PRESENTACIÓN

Para que teño as dúas mans, dúas mans, dúas mans. Para que teño as dúas mans, dúas mans. As dúas mans para petar, e pintar e xogar. As dúas mans para petar e xogar.

Para que serven os meus pés, os meus pés, os meus pés. Para que serven os meus pés, os meus pés. Os meus pés son para saltar, e correr e xogar. Os meus pés son para saltar, e xogar.

Mentres cantamos, imos facendo os diversos xestos que indica a canción.

Despois de avaliar como moi positiva a actividade do pasado curso, acordamos continuar afon-

dando neste proxecto que chamamos Ao galego cantando (e danzando) con alegría, con bo hu-

mor, con amor.... Entre outros, temos como obxectivo fomentar a oralidade de moitos xeitos,

destacando a busca e posterior aprendizaxe de coplas, cantigas, recitados, xogos orais… xa

que queremos contribuír no que poidamos a que este marabilloso patrimonio cultural, que ademais

pode enchernos de ledicia, non vaia a menos ou remate por desaparecer.

Queremos agradecer o labor desenvolvido neste campo por moitas persoas. Recollendo propos-

tas, moitas das cantigas, non todas, son asimilables por todos os compoñentes da comunidade

escolar, especialmente dos máis novos. Lembrámonos e falamos coa xente de “Preescolar na

Casa” para poder incluír algunhas coplas sinxelas que tiñan recollido. O que vai despois dalgúns

títulos son simplemente ideas de cómo facer. Seguimos agradecendo propostas para completar,

adaptar, corrixir… Os debuxos realizados pola comunidade escolar son sinxelos coa idea de que

cada membro do alumnado poida colorealos como máis lle guste, despois de coñecer o que di a

letra da canción. Incluímos tamén algunhas cantigas do libro+cd+dvd “Na punta do pé” de Pesde-

lan (ed. Kalandraka), pois este é o que escolleron para traballar, entre outras razóns pola boa expli-

cación das danzas no seu dvd, un numeroso grupo de profesores de música da comarca, e temos

proxectada unha festa para a lingua no mes de maio onde queremos que todo o alumnado dos

distintos centros cante e baile algunha destas cancións segundo as súas idades.

Comprobado que podemos pasalo ben aprendendo cantigas, soltándonos e mellorando a oralidade,

se o tempo e as forzas para traballar acompañan, temos en mente seguir afondando neste proxecto,

coas modificacións que fose necesario introducir despois da correspondente avaliación. Que vos

siga sendo de proveito!

PARA QUE

Page 4: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

4

O TREN

Andando, andando, andando, andando sen parar, conto ata un e volvo a empezar. ¡UN!

OS NÚMEROS

Os nenos e as nenas andan mentres cantan, cando rematan a estrofa contan un. Lo-

go volven empezar contando dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito...

Andando, andando, andando, andando sen parar, conto ata dous e volvo a empezar. ¡UN, DOUS! Andando, andando, andando, andando sen parar, conto ata tres e volvo a empezar. ¡UN, DOUS, TRES!...

O tren chu cu chu cu chu cu, o tren chu cu chu cu chu. O tren chu cu chu cu chu cu, o tren chu cu chu cu chu.

Cara adiante… cara atrás... Este tren toliño vai. Cara adiante… cara atrás... Corre e corre sen parar.

O tren chu cu chu cu chu cu, … (podemos repetir varias veces mentres com-probemos que lles gusta. Co alumnado de E.P. podemos xogar ademais cara á dereita, esquerda...)

A nosa experiencia ensínanos que ao alumnado de E.I. e 1.º ciclo de E.P. encántalle

moverse como un tren xogando con esta cantiga, aínda que ao principio haxa que

ter coidado que non estean achegados, sobre todo, cando van ir cara atrás como

nos indica a letra. Deixámoslle tempo mentres observemos que seguen gozando.

Page 5: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

5

-Gavota, gavota, que levas no bocho? -Sardiñas asadas. -Quen chas asou? -María Coucou. Pasou polo río e non se mollou. -Arau, arau, cabeza de pau, -Tisón, tisón, para o Salgueirón.

GAIVOTA (Tradicional desta zona: Nenas e nenos do centro)

OS INSTRUMENTOS

Mirade como toca o meu violín, ñigu ñigu ñi, ñigu ñigu ñi, mirade como toca. Mirade como toca a miña gaita, tiru liru li, tiru liru li, mirade como toca. Mirade como toca a miña trompeta, tara tara tá, tara tara tá, mirade como toca.

Mirade como toca a miña guitarra, ram ram ram, ram ram ram, mirade como toca. Mirade como toca o meu bombo, bum bum bum, bum bum bum, mirade como toca. ...

Mentres cantamos, imitamos os movementos facendo que tocamos os distintos ins-

trumentos que van saíndo. Pódemos completar máis estrofas con outros diferentes.

Page 6: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

6

PARABÉNS PARA TI

Parabéns para ti nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida. Saudámoste a ti nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida.

AS PARTES DO CORPO

Eu movo a cabeza, (bis) eu toco a cintura, (bis) logo bato as mans e o final os pés.

Eu toco o pescozo, (bis) e tamén os brazos (bis), logo bato as mans e o final os pés. Eu toco as orellas, (bis) e tamén os ollos (bis), logo bato as mans e ao final os pés. ...

Para cantarlle o día do seu aniversario á persoa que cumpre anos.

Para aprender as distintas partes do noso corpo, desde a área de coñecemento do

medio ou educación física, imos facendo o que nos indica a letra da cantiga. Soe

cantarse a modo de eco, aínda que, como sempre, podemos axeitala á nosa maneira.

Podémola continuar dicindo cada participante unha nova parte, ben atentos á que

din os demais para non repetir, ou tamén, o monitor pode seguila cantando aquelas

partes que quere repasar: os distintos órganos dos sentidos, músculos, ósos, articu-

lacións...

Page 7: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

7

AMIGUIÑOS TODOS

Amiguiños todos, amiguiños xa, os nenos de aquí e os nenos de alá. Os nenos do mundo todos a cantar a unha mesma voz, collidos da man. Amiguiños todos, amiguiños xa, os nenos de aquí e os nenos de alá. Roda de sorrisos dende mar a mar, corazóns abertos, ollos de amigar. Amiguiños todos, amiguiños xa, os nenos de aquí e os nenos de alá.

Comezamos todos en roda, andando en círculo. Os anacos de texto destacados indi-

can diversos movementos: en “os nenos de aquí” xuntámonos e logo volvemos para

atrás á roda grande. No resto facemos xestos de acordo co que cantamos. Todo isto

pódense variar se se estima conveniente. Con letra de X. Neira Vilas, pode servir-

nos para distintas celebracións: dereitos humanos (dereitos do neno), día da paz...

Page 8: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

8

A PULGA NA PALLA

A pulga na palla quíxose casar, faltáballe o pan, onde o foi buscar?... Saíu o raposo detrás do toxeiro. Chamádeme a min, que eu son panadeiro. Imos todos aprender os oficios a facer. Agora, “mi vida”, panciño xa temos, fáltanos a roupa, onde atoparemos?... Saíu, ai!, a araña da súa arañeira. Chamádeme a min, que eu son tecedeira. Imos todos aprender os oficios a facer.

Agora, “mi vida”, roupiña xa temos, fáltannos gaiteiros, onde os buscaremos?... E saíu o grilo ai!, do seu grileiro. Chamádeme a min, que eu serei gaiteiro. Imos todos aprender os oficios a facer. Agora, “mi vida”, gaiteiro xa temos, Fáltannos danzantes onde os buscaremos?... E saíu o sapo, por moi abundante. Chamádeme a min, que eu serei danzante. Imos todos aprender os oficios a facer.

Como di o retrouso“Imos todos aprender os oficios a facer”, dun xeito moi lúdico

pasándoo moi ben mentres aprendemos, cantamos, dramatizamos...

Page 9: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

9

OS NOSOS REIS DE ALDÁN (Tradicional de Aldán, recuperada e interpretada pola comunidade escolar)

Bando 1: Boas entradas de Reis teñan vosas señorías toda a xente da casa e a de máis compañía. (bis) Vivan todos os señores que viven neste palacio que xa naceu o meniño noso remedio e amparo. (bis)

Bando 2: De Oriente saen tres Reis por unha estrela guiados entran por Xerusalén e a voces van preguntando. (bis) No parto polo que obrou o divino ” espírito” santo mandaredes dar os reis os do sombreiro encarnado. (bis)

Remate: A honra deste misterio señora de o aguinaldo. (bis) Se nos ha dar a esmola señora ama desta casa se nos ha dar a esmola mándea pola rapaza. (bis) Mándenos señora mande que temos moito que andar todo o reino de Galicia e máis o de Portugal. (bis)

Page 10: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

10

O xogo da carrasquiña

é un xogo así ao lado. (Bis)

Baixar os ollos en terra

todo o mundo fica admirado.

(Bis)

Oh! Matilda sacode a saia,

oh! Matilda levanta o dedo. (Bis)

Dáme un beixo, Mariquiña,

que eu che darei un abrazo. (Bis)

Ai, que vida é a nosa

dar beixiños, dar abrazos! (Bis)

O XOGO DA CARRASQUIÑA

As instrucións podemos atopalas ou incluso ver toda a danza no li-

bro+cd+dvd “Na punta do pé” de PESDELAN, editorial Kalandraka.

Basicamente consiste en ir facendo o que nos vai indicando a letra da

canción. Pode servir para o día da paz...

Page 11: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

11

O MEU BURRIÑO

Arre, corre, meu burro trotón, meu burriño manso, meu burriño bon! (retrouso)

- ¡Corre meu burriño, nos cascos pon ás! ¡Se queres, ao vento deixarás atrás...! - ¡Arre, meu burriño! ¡Corre máis deprisa! ¡Que se perde o vento xa verás que risa...!

- ¡Corre meu burriño; non galopes, voa! ¡A ver se lle ganas ao vento que zoa! - ¡Arre, meu burriño! non sexas preguiceiro! ¡A ver se lle ganas ao vento lixeiro...!

Cantamos e xogamos movéndonos a distintos ritmos: trotando, correndo…- máis

amodo, máis rápido, sprint ao final… nas clases de psicomotricidade, educación físi-

ca...

Page 12: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

12

Eiquí vén o Maio,

vestido de xestas,

pra lle dar as grazas

a señora Teresa.

Eiquí vén o Maio,

vestido de flores

pra lle dar as grazas

a señora Dolores.

Eiquí vén o Maio,

por riba dos tellados,

eiquí vén o Maio

de roubar os espantallos.

Eiquí vén o Maio,

por riba das testas,

eiquí vén o Maio,

vestido de xestas.

Eiquí vén o Maio

pola Costa da Vela,

eiquí vén o Maio

camiño de Compostela.

Eiquí vén o Maio

pola pescadería,

eiquí vén o Maio

camiño da Romaría.

Eiquí vén o Maio

polos muros da eira,

eiquí vén o Maio

do colexio de Espiñeira.

O NOSO MAIO DE ALDÁN (Tradicional de Aldán, recuperada e ampliada pola comunidade escolar. Interpreta-

da polo alumnado do centro)

Page 13: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

13

Xiramos todos en roda. En “marear” imitamos o mareo. Na 2ª. estrofa cantamos

movéndonos libremente, “facendo recados”. A un sinal volvemos facer a roda e co-

mezamos de novo.

Fago unha roda grande que xira, xira, xira. Fago unha roda grande que xira de arredor. Fago unha roda grande, dou voltas e máis voltas. Esta roda grande xa me empeza a marear.

FAGO UNHA RODA GRANDE

TAMAÑOS Mentres recitamos ou cantamos, imitamos con xestos as dimensións. Antes ou des-

pois, podemos buscar cousas que respondan ás 8 preguntas que aparecen no texto.

Se ves un cabalo é moi grande, moi grande, se ves un cempés ¡Que pequeno é! ¿Quen saberá dicirme que cousa é máis grande que un cabalo? máis pequena que un cempés? Se ves un carballo é moi alto, moi alto, se ves un caravel ¡Que baixiño é! ¿Quen saberá dicirme que cousa é máis alta que un carballo? máis baixa que un caravel?

Se ves unha mesa é moi ancha, moi ancha, se ves un papel ¡Que estreitiño é! ¿Quen saberá dicirme que cousa é máis ancha que unha mesa? máis estreita que un papel? Se ves unha agulla é moi curta, moi curta, se ves un cordel ¡Ai, que longo é! ¿Quen saberá dicirme que cousa é máis curta que unha agulla? máis longa que un cordel?

(todo ata aquí é o retrouso)

Eu vou facer recados, e paseo moi contento, non empuxo aos outros nenos e deixo pasar o vento. Fago unha roda… (repítese o retrouso)

Page 14: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

14

A saia da Carolina

ten un lagarto pintado;

cando a Carolina baila,

o lagarto dálle ó rabo.

-Bailaches Carolina?

-Bailei, si señor.

-Dime con quen bailaches.

-Bailei co meu amor (tres veces)

-Bailaches Carolina?

-Bailei, si señor.

A Carolina é unha tola

que todo o fai ó revés,

íspese pola cabeza

e vístese polos pés.

-Bailaches Carolina?

-Bailei no cuartel.

-Dime con quen bailaches.

-Bailei co coronel (tres veces)

-Bailaches Carolina?

-Bailei, no cuartel.

O señor cura non baila porque ten unha coroa. Baile, señor cura, baile, que Deus todo llo perdoa. -Bailaches Carolina? -Bailei, abofé. -Dime con quen bailaches. -Bailei co meu Xosé (tres veces) -Bailaches Carolina? -Bailei, abofé.

A SAIA DA CAROLINA (Tradicional) No curro da Carolina

non entra carro pechado,

namais entra a Carolina

co seu cocho polo rabo.

-Bailaches Carolina?

-Bailei, si señor.

-Dime con quen bailaches.

-Bailei co meu amor.

Co teu amor, Carolina,

non volvas a bailar,

porque che levanta a saia

e é moi mala de baixar. (tres veces, a última

cada vez máis baixiño)

Page 15: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

15

Se soubera que ti viñas, meu amor, a este serán, mandaba varrer a casa cun ramiño de azafrán.

E o demo do vello é un mentireiro, que me dixo onte que había gaiteiro. Que había gaiteiro que había serán e o demo do vello é un mentirán. (retrouso)

O VELLO MENTIREIRO

Maruxiña, Maruxiña, na túa casa o que cheira ou é cravo ou é rosa ou é flor da laranxeira.

E o demo do vello…

Vou a dar a despedida na volta dunha rosquilla. Todos os que están mirando caian de pernas para arriba.

E o demo do vello…

Page 16: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

16

Música: Quico Comesaña e

Xabier Díaz

Letra: Manuel Rivas

Eu non sabía que había

tanta alegría nas bágoas

nin neve nas bidueiras

nin esperanza nas mágoas.

Eu de noite iría de noite,

no medio do temporal.

Ir de día á luz do día

dáme medo, miña nai.

No fondo do teu ollare

unha gamela abanea.

Quen se poidera afogare

na ardora dunha misteira.

O que eu soño é verdade

como o silencio é un falare.

Se roubei o teu retrato

foi pra aprender a mirare.

ALALÁ DA NOITE

Esta canción foi composta por Quico Come-

saña e Xabier Díaz, con letra do escritor e

membro da Real Academia Galega Manuel

Rivas.

A Academia das Artes e as Ciencias da Mú-

sica fixo públicos os ganadores da 15.ª Edi-

ción dos Premios da Música, nos que Berro-

güetto obtivo o Premio á Mellor Canción en

Galego pola súa canción Alalá da Noite, in-

cluída no seu último disco Kosmogonías. É

a primeira ocasión na que Berrogüetto recibe

este premio, sendo finalistas en 2001 e 2006

polos discos Hepta e 10.0, respectivamente.

Tras facerse público o fallo da Academia, o

grupo Berrogüetto mostrou a súa enorme

satisfacción por este recoñecemento e por

telo compartido cun compañeiro de viaxe

como Manuel Rivas.

A canción premiada abre o disco Kosmogo-

nías, o seu último traballo de estudio. A me-

lodía está composta por Quico Comesaña e

Xabier Díaz mentres que a letra foi enviada

ao grupo polo propio Manuel Rivas tras

asistir este a un concerto moi especial (por

ser o primeiro da formación con Xabier Dí-

az) no Teatro Rosalía de Castro na Coruña.

O poema Alalá, daquela inédito está incluído

agora na obra de M. Rivas “A desaparición

da neve”.

Page 17: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

17

Vai o gato metido nun saco, vai o gato pra terra da Laxe, vai o gato metido nun saco, ai gatiño xa non volve máis. Xuntáronse catro un día, os mellores deste barrio, colleron ao gato a tiro e metérono nun saco. Vai o gato metido nun saco…

O GATO Esta canción está baseada nun feito real sucedido hai anos nesta zona. A letra da

cantiga, aínda que non coincide con outras xa editadas, foi recollida así e, segundo

puidemos constatar entrevistando á xente maior de por aquí, é a orixinal, a primei-

ra que se empezou a cantar .

Aquel gato era un artista, actuaba na Lontreira, agora éche un bañista, na praia de Castiñeiras. Vai o gato metido nun saco… Que ben lles parecería, a calquera deses catro, que lle caese o pelo, como lle caeu ao gato. Vai o gato metido nun saco...

Page 18: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

18

OLLOS VERDES (Tradicional) Na beira, na beira, na beira do mar, hai unha lanchiña pra ir a navegar, pra ir a navegar, pra ir a navegar, na beira, na beira, na beira do mar. (retrouso) Ollos verdes son traidores, azules son mentireiros, os negros e acastañados, os negros e acastañados, son firmes e verdadeiros. os negros e acastañados, son firmes e verdadeiros. Na beira, na beira, na beira do mar... (retrouso)

VEN BAILAR CARMIÑA (Tradicional) Ven bailar Carmiña, Carmiña, Carmela, con zapato baixo e media de seda, e media de seda e media calada, ven bailar Carmiña, miña namorada.(retrouso) Os zapatos piden medias, as medias piden zapatos, as rapaciñas bonitas piden rapaciños guapos. Ven bailar Carmiña,… (retrouso)

Page 19: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán

19

Page 20: 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

CEIP da ESPIÑEIRA-ALDÁN Equipo de Dinamización da Lingua Galega Área de Música Páxina web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/