5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015

20
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

Transcript of 5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

2

Índice……………………………………………………………………..2

Limiar……………………………………………………………………..3

“NUN LIBRO…”— CD Pista 1 —…………………………...….4

“BRINCA VAI!”— CD Pista 2 —………………………………..5

“ARRORRÓ”— CD Pista 3 —…………………….……………..6

“NA FESTA DE SANTO ANDRÉS”— CD Pista 4 —….....7

“NO SAMAÍN” — CD Pista 5 —……………………….………8

“MEU O MUNDO É!” — CD Pista 6 —……………………..9

“RAP DO MAGOSTO” — CD Pista 7 — ..................... 10

“APERTAS QUE VOAN” — CD Pista 8 — .................. 11

“O ENTROIDO MOVE O CORPO” — CD Pista 9 — ... 12

“COS PÉS NA TERRA”— CD Pista 10 — ................... 13

“A PALABRA TEN VIDA”— CD Pista 11 — ................ 14

“AUGAS QUE VEÑEN E VAN” — CD Pista 12 —..…...15

“O APALPADOR” — CD Pista 13 — .......................... 16

“QUE BAILE XA!”— CD Pista 14 — .......................... 17

“FELISA VAI EN COCHE” — CD Pista 15 —…………….17

“PORQUE VÉN O VERÁN” — CD Pista 16 — ........... 18

ÍNDICE

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

3

Chegou o noso 5º cancioneiro, con cancións que aprendemos para feste-xar as distintas celebracións, para enchernos de alegría, para aprender, para mellorar a nosa expresión oral, vocabulario ... Continuamos afondando neste proxecto que chamamos “Ao galego can-tando (e danzando) con alegría e bo humor”, con amor … Entre outros, temos como obxectivo fomentar a oralidade de moitos xeitos, destacan-do a busca e posterior aprendizaxe de coplas, cantigas, recitados, xogos orais …, xa que queremos contribuír no que poidamos a que este mara-billoso patrimonio cultural, que ademais pode enchernos de ledicia, non vaia a menos ou remate por desaparecer.

As indicacións que van despois dalgúns títulos son simplemente ideas por se lle serven a alguén. Seguimos agradecendo suxestións para completar, adaptar, corrixir … Temos que agradecer moitísimo a todas as persoas da comunidade edu-cativa que axudaron na elaboración deste cancioneiro. As ilustracións están realizadas coa idea de que cada membro do alumnado, ou fami-

lias, poida completalos, colorealos... como guste, despois de coñecer o que di a letra da canción. Nalgunhas páxinas hai espazo para debuxar ... O noso agradecemento tamén a todas aquelas persoas que levan traba-llado pola nosa música, para que así poidamos aprender, cantar, bailar, gozar … Neste novo cancioneiro temos que dar as grazas especialmente a Paco Nogueiras e Kalandraka Editora, Luís Prego e Edicións do Cumio.

Comprobado xa que podemos pasalo ben aprendendo cantigas e mello-rando a oralidade, se o tempo e as forzas para traballar acompañan, queremos continuar con este proxecto mentres siga dando resultados positivos, avaliándoo e modificando o que se considere necesario.

LIMIAR

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

4

NUN LIBRO…

QUE PASA, QUE OCORRE, QUE PASA… QUE? NA MIÑA BIBLIOTECA ALGO SE MOVE... O QUE? (bis)

Abre as mans, poderás ver un novo mundo aparecer, o momento de voar, só con comezar a ler. Que sinxelo pode ser, un momento nada máis, un tesouro de papel con historias sen parar. Nun libro, nun libro, nun libro, nun libro.

Personaxes de ficción que din cousas sen parar, ver lugares onde nunca vas estar, podes subir ata o ceo, navegar en calquera mar, mirar as letras que veñen, mirar as letras que van. Nun libro, nun libro, nun libro, nun libro.

Unha nova folla é un paso máis, sigue o camiño, chega ata o final. Tras cada palabra, algo atoparás, se non ten sentido, volve a empezar! (bis)

Ler a mensaxe de amor entre un verme e un leirón, ver algún peixe que voa e paxaros que xa non, un poema que o sol á lúa agasallou, xogar co arco da vella e quedar coma un señor. Nun libro, nun libro, nun libro, nun libro.

Ser forte coma un dragón e lixeiro como o ar, ata pode ser que un león domar, un misterio resolver, un feitizo enfeitizar, terás un mundo para abrir e, cando queiras, pechar. Nun libro, nun libro, nun libro, nun libro.

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

5

BRINCA VAI!

Se xogo á PITA CEGA non podo ver. Atentos aos reflexos, vén o BRILÉ. Teremos moito ollo xogando á RÁ. Pero co TRES EN RAIA hai que maquinar.

Brinca vai! Brinca vai!(Brinca vai!) Brinca vai! Brinca vai!(Brinca vai!) Conta os da roda a ver quen sae. (bis)

Colle a BUXAINA e tira ben. Ten tino na MARIOLA onde pos os pés. Colle a BILLARDA e mándaa lonxe. Nas CARREIRAS DE SACOS tes que apurar.

(Retrouso) (bis)

Imos contar: Rabo de boi, rabo de besta, dixo meu pai que estaba nesta. Taco, taco, número catro, un, dous, tres e catro. Un, dous, tres, zapatiño inglés, sen mover as mans nin os pés- Vexo, vexo… Que ves? Vexo aos nenos xogar.

Dálle forte á CORDA, hai que saltar! Quen pille primeiro o PANO vai ganar. Nos ZANCOS parece que son moito máis alto. O ARO na corredoira vai xirar.

Como este ano imos asistir a un concerto de Paco Nogueiras,

aprendemos as súas cancións. Nesta lembramos xogos tradicionais,

cos que podemos mellorar as nosas capacidades e habilidades.

(Ret

rou

so)

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

6

ARRORRÓ

Arrorró, meu neno, arrorró, meu sol, arrorró, pedazo do meu corazón.

Esta nena linda, que naceu de día, quere que a leven a unha romaría.

E durme, neniño, que aí vén o cocón, a levar os nenos que non dormen non.

Durme, nena, durme, que teño que facer, lavar os cueiros, bordar e coser.

Arrorró, meu neno, arrorró, meu sol, arrorró, pedazo do meu corazón.

Na nosa tradición hai moitos arrolos fermosos. Este é moi doado de

entoar para que toda persoa poida cantalo. Os primeiros anos teñen

moita importancia, así que animémonos a cantarlles sempre. Canta-

mos coa nosa voz dando cariño, baixiño, pausado, axudando a

descansar … Pódense trocar as palabras “meu neno” por “meniña”,

así como nena, linda ou neniño, segundo corresponda.

(bis)

(bis)

(bis)

(bis)

(bis)

(bis)

(bis)

(bis)

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

7

NA FESTA DE SANTO ANDRÉS

Foi na festa de Santo Andrés, onde toquei un gran bombo (bum, bum, bum-bum-bum) Ai, olé, ai, olé, foi na festa de santo André.

Foi na festa de Santo Andrés, onde toquei un tambor (touporroutou, touporroutou) onde toquei un gran bombo (bum, bum, bum-bum-bum) Ai, olé, ai, olé, foi na festa de santo André.

Foi na festa de Santo Andrés, * onde toquei unhas cunchas (chascarraschás, chascarraschás) onde toquei un tambor (touporroutou, touporroutou) onde toquei un gran bombo (bum, bum, bum-bum-bum) Ai, olé, ai, olé, foi na festa de santo André. *

Na festa de Santo Andrés, toquei unha pandeireta (tsh tsh tsh tsh tsh tsh)*…*

Foi na festa de Santo Andrés, onde toquei unha gaita (tiru liru li, tiru liru li) toquei unha pandeireta *…*

Axúdanos a aprender os instrumentos galegos xunto cos seus

sons e as súas características dun xeito alegre e ameno. Cando

nomeamos un novo instrumento, debemos imitar o seu son, a ma-

neira de collelo e tocalo... As onomatopeas pódense cambiar se-

gundo o seu gusto ou criterio.

(bis)

(bis)

(bis)

Completamos con debuxos dos instrumentos

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

8

NO SAMAÍN

Vén o solpor, hai que correr. No Samaín todo pode acontecer. Voan cabazas e falan morcegos, luces que bailan todas enriba no ceo.

Pelos de punta, cheiro a candeas, as sombras baixan todas pola cheminea. Cor de castaña, fiúncho menciñeiro, quedan atrás os que non corren os primeiros.

Moito maxín, no Samaín é hora de contar historias de medo e fuxir. Moito maxín hai no Samaín, é hora de contar historias de medo e botar a rir.

Néboa e fume, ferven os caldeiros. Lume nos potes para facer encantamentos. Unllas escuras, miañar de gatos negros, ruídos de pasos que nos seguen moi de preto.

Ollos pintados, bruxas con sombreiro, nenos que brincan para coller os caramelos. Palabras máxicas, feitizos moi vellos. No Samaín todo semella verdadeiro.

(Ret

rou

so)

(Retrouso)

Pode servir de axuda para comprender mellor, xogar e, so-

bre todo, gozar desta festa. Aquí está o videoclip oficial

https://www.youtube.com/watch?v=2x3puRGW7f8

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

9

MEU O MUNDO É!

Que bonito poder dicir que fermoso sae o sol esta mañá para ti. Que bonito poder sentir a ledicia, a morriña, escachar a rir.

Que delicia poder falar con agarimo a un amigo, dar un bico a túa nai. Que festeiro aturuxar cando danzas na punteira e un gaiteiro está a tocar. En galego falo, en galego sinto, en galego canto, sabes que non minto. En galego todo podo facer, en galego estou no mundo… Meu o mundo é!

En galego leo, en galego escribo, en galego bailo, sabes que non minto, En galego todo podo facer, en galego estou no mundo... Meu o mundo é!

Pode elevar a nosa autoestima ver o seu videoclip oficial :

https://www.youtube.com/watch?v=F1e0wAcXcgw . Tamén po-

demos atopar outros realizados por varios centros ou asociacións,

en youtube, buscando "meu o mundo é", ...

(Ret

rou

so)

Que fachenda poder viaxar en carrilana e despois unha feira visitar. Que bonito respirar o recendo dunha xesta, escoitar o mar.

Que sorte poder contar, teño dedas, teño unllas, teño dúas mans. Que bonito poder xogar, ver voar un papaventos, abanéome nun bambán. (Retrouso) (bis)

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

10

RAP DO MAGOSTO

Castaña, castaña, do chan se apaña, metida no ourizo non é unha “patraña”. Magosto, magosto, non vaias co posto, leva castañas e alegra ese corpo. (bis)

Coidado cos dedos, pódeste picar, o castiñeiro protexe o seu froito vital. Apañando con tino, metendo nun cesto, deixando secar a castaña ao solleiro.

Despois de ben secas, mételle o dente, ponas ao lume para que estean ben quentes. Despois dun tempiño están preparadas, comemos castañas, castañas asadas.

Tamén é costume furar a tixola para asar as castañas. A tixola mola! Hai outros que queren facelas cocidas, fiúncho e cachelos, castañas fervidas.

Non hai desperdicio, non perdas o tempo, tan só hai que poñer en bo uso o peteiro. Deixádeme agora que convide eu. Castañas, castañas, non sexas baldreo!

(Retrouso) (bis)

(Ret

rou

so)

Nesta celebración tan nosa sempre veñen ben o canto e o

baile. Non vai ser todo comer, papar e engordar! Un pou-

co de ledicia e a movernos cantando esta canción.

Completamos debuxando despois de saber o que di a canción.

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

11

APERTAS QUE VOAN

Mans brancas e cara negra, teño os beizos vermellos. Teño sentimentos novos, ai, teño sentimentos vellos. Mans negras e cara branca, teño o meu peito cheo de bicos e de sorrisos, de apertas que voan no vento.

Porque ti es o meu amigo, porque nos levamos ben, porque ti es o meu amigo, distinto e igual á vez. Porque ti es a miña amiga, porque nos levamos ben, porque ti es a miña amiga, distinta e igual á vez.

(Ret

rou

so)

Cantamos e movémonos con ela festexando o día da paz. Na pro-

cura dun mundo mellor, levamos moitos anos buscando máis

igualdade, solidariedade, comprensión, cariño ... Moitas grazas a

todas as persoas que nos axudan a darnos conta do importante.

Eu non quero ver fronteiras, sempre me poño a pensar en deixar a xanela aberta, así pode entrar o ar. Pintar o vento de cores, deixar as palabras medrar sen dar máis razoamentos e así poder cantar. (Retrouso)

Un camiño faise a pasiños, un pasiño comigo has de dar, ha de ser un camiño bonito se imos xuntiños da man. Non hai grandes nin pequenos, e de feros non imos falar, dáme unha man, compañeira, que pouco nos ha de importar. (Retrouso) (3 veces)

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

12

O ENTROIDO MOVE O CORPO

O Entroido move o corpo cun movemento tolo e chegou o momento de ir bailar.

Movendo agora a perna, cabeza, a cadeira, movendo todo xunto. Imos! Ah, ah, ah.

Escolle unha perruca. Elixe unha pintura, algo de maquillaxe, o movemento vai.

Poñendo de etiqueta zapatos e chaquetas, cultura do remendo, vaite disfrazar.

E se ti queres vir entroidar ven aquí, move o corpo sen parar.

Filloas e orellas, bailan vellos e nenas o solto, o agarrado, viva a diversión.

Rapaces con bigotes, xenerais e peliqueiros, pantallas e troteiros, tamén cigarróns.

(Ret

rou

so)

Todo disparatado con teas, con farrapos cubrindo todo o corpo papel e cartón.

O baile é contaxioso, o ritmo entra no corpo, é hora de ceibar a imaxinación.

(Retrouso)

O Entroido move o corpo

Saír todos á rúa para facela túa, bailemos o Entroido ata que saia o sol.

Pallasos e princesas, piratas, vampiresas, caretas e antefaces. Un, dous, un, dous.

O Entroido está chegado con saia, con sombreiro, movendo o pé primeiro, baila o son, baila o son.

O baile está servido, Reino da Gargallada, facendo foliada. Ao Entroido vou.

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

13

COS PÉS NA TERRA

Gran curiosidade e que pode acontecer, pois tan só dunha semente pura maxia vai haber. Con axuda dun raiolo e de auga, unha pinguiña, xa comeza a traballar o que na terra se cociña.

Carballo… cos pés na terra. Un ameneiro… cos pés na terra. Un buxo… cos pés na terra. Se queres podes plantar.

Nogueira… cos pés na terra. Un castiñeiro… cos pés na terra. Unha figueira… cos pés na terra. Se queres podes plantar.

Agromando pouco a pouco coma quen bota o nariz, teñen toro, teñen follas, unha planta con chafariz. Das súas polas xorden froitos, sombra se estás baixo del, limpa o ar que se respira, faise sempre de querer.

Sobreira… cos pés na terra. Un pradairo… cos pés na terra. Bidueiro… cos pés na terra. Se queres podes plantar.

Piñeiro… cos pés na terra. Un freixo… cos pés na terra. Unha abeleira... cos pés na terra. Se queres podes plantar.

Cerquiño… cos pés na terra. Unha maceira… cos pés na terra. Un loureiro… cos pés na terra. Se queres podes plantar.

Pereira… cos pés na terra. Un sabugueiro… cos pés na terra. Unha cerdeira… cos pés na terra. Se queres podes plantar. (4 veces)

Para aprender sobre a natureza dun xeito lú-dico, cantando con alegría …

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

14

Quero ser Rosalía de Castro, das súas fontes quero beber. Ou Ferrín, coas súas Magnolias, ou Novoneyra e o seu Courel.

Quen me dese ser Curros Enríquez e chorar cos Pinos de Pondal, as Verbas de María Mariño, con Cabanillas un poema cantar.

Porque a palabra ten vida… Poden subir ata o ceo e facelo algo meu. Teñen vida… Son suspiro, son alento, son bicos feitos de vento. Teñen vida… Xiran lentas como a roca, collen forza na túa boca. Teñen vida… Quen puidese escribir e poder así dicir. Teñen vida…

Falar co Merlín de Cunqueiro Ser querido como é Castelao. Ter memoria como Neira Vilas e con Fole ler xuntos da man.

Contar catro con Manoel Antonio. Celso Emilio, na noite voar. Ver con Dieste os Arquivos do Trasno. Manuel María e os soños ceibar.

A PALABRA TEN VIDA

(Retrouso) (bis)

Triunfar sobre o silencio, amosar galaxias de mel. Peneirar a realidade, De novo reverdecer. Coller bágoas e sorrisos, Facer sinfonías del…. Quen se non para dicilo… (Retrouso)

(Ret

rou

so)

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

15

AUGAS QUE VEÑEN E VAN

Augas que veñen, augas que van, augas que non sei onde me levarán. Augas que están vivas, augas de coral, que nacen no río e que dormen no mar.

Incrible parece que un peixe na auga poida afogar. Será que fuma moito a cabicha que un home acaba de tirar. E a auga está porca…, si ! Non a podo mirar ! A corrente arrastra o lixo á praia e non podo xogar.

(Retrouso)

As sereas fuxiron, as baleas con máscara van. O petróleo é perfume que usan as quenllas para ir a bailar. Teñen medo os peixiños E quérense agochar, As redes malfeitoras Queren atrapalos, non poden medrar.

(Retrouso) (bis)

O mar mira para a terra Con cara de pena, cara de chorar, Onde canta a gaivota E o son das ondas van protestar. E escóitase de fondo … -Amigo ! Non me trates tan mal ! Eu dou todo o que teño E ti, con todo, nada me dás.

(Retrouso)

(Ret

rou

so) Para tomar conciencia de que de-

bemos respectar e non contaminar.

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

16

O APALPADOR

O tempo do Nadal non se me dá nada mal, sei que vai moito frío pero iso dáme igual.

Dáme igual porque me encollo, fágome unha pelotiña e arrímome a miña nai. Góstame esta vida miña.

Vai chegar un personaxe. É moi alto, é moi forte, seica é o Apalpador. Parece que tiven sorte.

Ese home de gran barba, tiven sorte, si, señor, a deixarme xoguetadas. Vai vir o Apalpadooooor.

Coa boina ben chantada e moi sucio o pantalón, cuns olliños moi brillantes e un sorriso encantador.

Xa me tarda o momento de meterme na camiña, e que veña o Apalpador a apalparme a barriguiña.

Querería velo andar arrimado ao seu bastón, a chaqueta abrochada e luxado de carbón.

As fazulas coloradas e moi grandes zapatóns, carrexando sempre un saco. Aí vén o Apalpadooooor !

Coa primeira luz do día, cando acaba de espertar, facendo pouco ruído, xa comezo a buscar.

Camiñando paseniño miro en todos os recunchos, buscando os agasallos que me agardan nalgún punto.

Síntome algo nervioso, xa non podo da emoción, e tamén me entra a risa. Deixaría…, si ou non?

E ao lonxe vexo un vulto, corro rápido e veloz, atopei os agasallos porque veu o Apalpadooooor.

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

17

Felisa vai en coche, Felisa en coche vai. Felisa vai en coche, vai ver a súa nai, (3 veces)

Felisa vai en coche, Felisa en coche vai.

(4 v

eces

) (b

is)

QUE BAILE XA!

A/O señorita/o * entraba no baile, que baile, que baile, que baile xa, porque se non baila un castigo levará. Que baile, que baile, que baile xa. Que saias ti, que te quero ver bailar, correr e brincar, dar voltas no aire, polo ben que o fai * , deixádea/o soa/só, soíña/o no baile, que a/o quero ver bailar.

Facemos unha gran roda por parellas.

Durante a copla, bailamos un pasodobre

agarrado.

Cando cambia o ritmo pasamos a bailar

un galope de polca, xirando todo o

mundo no sentido contrario das agullas

do reloxo.

Tamén podemos bailar esta última parte

dando catro galopes cara ao centro da

roda, pechando, e outros catro abrindo.

Unha cantiga tradicional para cantar e bailar, xa con poucos anos.

No sinal * dise o nome da persoa que lle toque bailar no centro.

FELISA VAI EN COCHE

Ai la la la la, ai la la la la, ai la la la la la la la la, ai la la la la, ai la la la la, ai la la la la la la la la,

Ai la la la la la la la, ai la la la la la la.

Repítese todo outra vez

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

18

PORQUE VÉN O VERÁN

1, 2, 3, dime o que ves, o tempo corre axiña e non vai parar. 1, 2, 3, aínda que contes do revés, o que ten principio tamén ten final. 1, 2, 3, da cabeza ata os pés sobe un formiguiño que me senta ben. 1, 2, 3, deixa todo e ven, non penses en nada… O momento é!.

Hoxe levo toda a música completa, de cantar non vou parar. Encho a boca cun berro de festa, porque vén o San Xoán. Movo os pés bailando nos camiños, asubío sen parar. Vexo a luz do sol na miña cara, porque vén o verán.

Ven, ven, ven, 3, 4, 5, 6, fala alto, fala forte pero non fales á vez. Ven, ven, ven, 7, 8, 9, 10, vive o ritmo dende Vigo ata a serra do Courel. E ven, e ven, e ven, ven, ven. sen vergoña, sen complexos, saca o mellor que tes. Ven, ven, ven, disco enxebre “dance”, unha cousa que te move, que te fai estremecer.

1, 2, 3, o lume xa se ve, San Xoán e cacharelas, hoxe brincarei ! 1, 2, 3, fóra meigas dunha vez, con pan e unha sardiña ao San Xoán irei. 1, 2, 3, as mans abertas vou bater, saúdo aos meus amigos, 10, 50 ou 100. 1, 2, 3, escribo nun papel palabras de cariño que che din adeus.

(Retrouso) (bis)

(R

etro

uso

)

Unha canción para rematar o cur-

so e que pode servirnos, por

exemplo, para traballar tradicións

como as fogueiras do San Xoán...

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

19

PÁXINA PARA O CD

5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán

20