ROMANCE DA LINGUA GALEGA

6
Romance da HISTORIA DA LINGUA GALEGA Coñecedor profundo da nosa historia e versificador magnífico, Darío Xohán Cabana , poeta chairego, creou unha “Historia da Lingua Galega” que vén ser un canto solemne á lingua milenaria que os galegos herdamos e poderemos transmitir ós que veñan despois de nós. I Miñas donas e señores, nenos, vellos e medianos, esta historia verdadeira xa comeza cos romanos. Era unha vez unha terra que Gallaecia era chamada, onde había moitas tribos nunha idade antepasada. Fabricaban xoias de ouro de fina ourivesería, mais as linguas ignoramos, pois ningunha se escribía. Chegaron despois de Roma xentes ben organizadas, que gañaron esta terra polas armas esforzadas. II Asentáronse os romanos en cidades que fixeron, os antigos poboadores dos seus castros descenderon. Mesturáronse os dous pobos, vencidos e vencedores, e ó cabo dun certo tempo non quedaron máis rancores. Os romanos posuían unha avanzada cultura, e adiantaron moito as artes, o comercio, a agricultura. Falaban estes romanos a ilustre lingua latina, e ó cabo de pouco tempo, Galicia por súa a tiña.

description

Darío Xohán Cabana

Transcript of ROMANCE DA LINGUA GALEGA

Page 1: ROMANCE DA LINGUA GALEGA

Romance da

HISTORIA DA LINGUA GALEGA

Coñecedor profundo da nosa historia e versificador

magnífico, Darío Xohán Cabana, poeta chairego, creou

unha “Historia da Lingua Galega” que vén ser un canto

solemne á lingua milenaria que os galegos herdamos e

poderemos transmitir ós que veñan despois de nós.

I

Miñas donas e señores, nenos, vellos e medianos, esta historia verdadeira xa comeza cos romanos. Era unha vez unha terra que Gallaecia era chamada, onde había moitas tribos nunha idade antepasada.

Fabricaban xoias de ouro de fina ourivesería, mais as linguas ignoramos, pois ningunha se escribía. Chegaron despois de Roma xentes ben organizadas, que gañaron esta terra polas armas esforzadas.

II

Asentáronse os romanos en cidades que fixeron, os antigos poboadores dos seus castros descenderon. Mesturáronse os dous pobos, vencidos e vencedores, e ó cabo dun certo tempo non quedaron máis rancores.

Os romanos posuían unha avanzada cultura, e adiantaron moito as artes, o comercio, a agricultura. Falaban estes romanos a ilustre lingua latina, e ó cabo de pouco tempo, Galicia por súa a tiña.

Page 2: ROMANCE DA LINGUA GALEGA

III Media Europa e máis aínda falaba latín daquela coma Horacio e coma Ovidio, coma Plauto e Columela. Mais é de todos sabido que a lingua que se falaba non era o latín escrito, anque moito lle imitaba.

IV

Latín vulgar era a fala na que entonces se entendía desde o Miño ata o Danubio canta xente alí vivía. Desfeito o Imperio Romano polas armas dos xermanos, a lingua foise rompendo, porque todo vai mudando.

Neste extremo de occidente xa o falar se diferencia do que falan en Italia en Romenia e en Provenza. Xa non podemos chamarlle lingua latina a esta fala, e chamámoslle galego pra poder diferenciala.

Toda a xente desta terra sen ningunha distinción fala nesta nova lingua que é o idioma da nación. Os clérigos inda escriben na antiga lingua romana, pero o pobo non a entende, pois xa queda ben lonxana

V Alá polo mil douscentos a lingua que hoxe falamos escomenza a ser escrita por poetas e notarios. Falan en lingua galega reis, labregos e señores, e os abades dos mosteiros e os soldados e os doutores.

Unha grande poesía cántase ó son das violas polas prazas de Santiago, por Toledo e por Lisboa. Agres cántigas de escarño, doces cántigas de amores resplendían coma xemas no cantar dos trobadores.

VI Rei Afonso de Castela cantaba a Santa María coas palabras máis fermosas que na nosa terra había. Rei Denís de Portugal, o amigo da agricultura, na nosa língua cantaba con extremos de dozura.

Martín Codax o de Vigo, Airas Nunes e Mendiño, dicían os seus cantares nas terras que baña o Miño. Pero Meogo trobaba do cervo que a auga volvía con tan belidos dicires que os sentidos suspendía.

Page 3: ROMANCE DA LINGUA GALEGA

VII A luz máis bela de Europa resplendía en Compostela como en terras de Occitania de onde viña tanta estrela. Historias de cabaleiros e miragres de Santiago en galego se contaban, e as fazañas dos troianos.

E ordenanzas se escribían e crónicas e tratados e os acordos dos concellos en galego eran labrados. Mais despois tempos viñeron que Galicia esmorecía, porque nobres e señores cometeron felonía.

VIII

Viñeron xentes de fóra, xentes de dentro marcharon, e a lingua da nosa xente nos escritos olvidaron. Galicia foi sometida polo xugo de Castela, e os que mandan en Galicia non falan na língua dela.

IX Inda que os bispos de fóra mandan rezar noutra língua, a xente fala na súa Galicia non sofre míngua. Así van pasando os anos, anos a ducias e centos, e moitos anos máis tarde fala o bo Martín Sarmiento.

Pero as xentes desta terra, columna do noso pobo, non deixan de ser galegos nin falan idioma novo. Artesáns e mariñeiros e burgueses e labregos levan no peito Galicia e nos labios o galego. Padre Sarmiento Bieito non quere de fóra un crego, nin oficial de xusticia que non fale en bo galego. Douscentos anos pasaron desque escribiu este frade, e inda todo o que el quería dista ben de ser verdade.

Page 4: ROMANCE DA LINGUA GALEGA

X

Ó principio do oitocentos toda Galicia falaba na lingua dos devanceiros e ninguén se avergonzaba. Pero en seguida empezaron as xentes acomodadas a pensar que eran máis finas as palabras importadas.

Galicia xa tiña fendas, xa o seu corpo se crebaba pola mor dos desleigados que a súa lei non lle gardaban. Pero había peitos nobres que pensaban doutro modo, e anque en Carral os mataron nunca os mataron de todo.

XI

O seu espírito altivo preludiaba o nacemento das mil flores que serían o noso Rexurdimento. Añón, Pintos e Camino e outra xente que escribía na vella lingua galega, preludiaba a Rosalía.

Rosalía a gran poeta recobrou a dignidade da língua que todo o pobo gardara na adversidade. Don Manuel Curros Enríquez palabra de aceiro fino, cantou a luz e o progreso neste idioma campesino.

XII

Língua de ouro nos facía Pondal o bardo do pobo cantando os fastos antigos e un futuro libre e novo. E entre tódolos poetas a historia nos descubría e fundaba o noso orgullo aquel bo Manuel Murguía.

Entusiastas estudiosos a gramática estudiaban, recollían as palabras e pulían e ordenaban. Fundaron unha Academia e as Irmandades da Fala, que naceron na Coruña para honrala e enxalzala.

Page 5: ROMANCE DA LINGUA GALEGA

XIII

E tantas altas empresas e tantos feitos honrosos que en Galicia procuraban un abrente esplendoroso. Castelao e Vilar Ponte Bóveda, Otero Pedrayo, ¡Que gran xente aquela xente, que esplendor extraordinario!

No trinteseis o Estatuto fixo un pouco de xusticia recoñecendo o galego como lingua de Galicia. Pero a guerra fratricida desfixo toda esperanza e a vida de moita xente de imborrable relembranza.

XIV

Foron anos de silencio, de persecución e pranto: "A longa noite de pedra" enchía os peitos de espanto. Por fin foron renacendo novas luces pequeniñas e Galicia agurgullaba nas xuntanzas clandestinas.

XV En Santiago canta o Galo, loce o Facho na Coruña e en Ourense, Vigo e Lugo dase nova testemuña. A enseña da democracia ten o brasón en galego e na fábrica e nas aulas soa a língua dos antergos.

Novos poetas cantaron, contaron os narradores, e "a longa noite de pedra" clarexaba cos fulgores. Galaxia, O Castro, Castrelos editaban en galego e a patria nosa xurdía e empezaba a ve-lo cego. Mozos sabios e patriotas ordenan a lingua nosa; fana culta e ordenada, fana lóxica e fermosa. Entra a lingua nas escolas e se inda non é señora ten dereitos proclamados, anque ten máis a de fóra.

Page 6: ROMANCE DA LINGUA GALEGA

XVI Xa se fala nos lugares onde lle era antes vedado, inda que hai quen a discute porque hai moito desleigado. Inda hai pais que son contrarios a que a aprendan os seus fillos sexa porque non o pensan ou que os movan catro pillos.

Este noso antigo idioma é unha lingua de cultura e é vergoña pra un galego non falala con soltura. "O galego que non fala na lingua da súa terra, nin sabe o que ten de seu, nin é merecente dela".

XVII Así falaba un poeta noutro tempo deste asunto, e agora vai sendo hora de poñerlle á historia punto. Esta historia é diferente doutros romances de cegos; non se sabe inda o remate, pois depende dos galegos. Nenos, homes e mulleres desta terra adormentada, rematouse xa o romance, e escomenza a pandeirada: ¡ARRIBA POBO GALEGO, ARRIBA LINGUA GALEGA, QUE SE MORRE A NOSA FALA NON HAI POBO NIN HAI TERRA!

Romance da

HISTORIA DA

LINGUA GALEGA

Darío Xohán Cabana