Roteiro Cultural Oleiros 2014

43
Concellería de Cultura e Normalización Lingüística IES Miraflores Bibliotecas Públicas Municipais Premio Nacional María Moliner 2011 Concellería de Cultura e Normalización Lingüística IES Miraflores Bibliotecas Públicas Municipais Premio Nacional María Moliner 2011

description

 

Transcript of Roteiro Cultural Oleiros 2014

Page 1: Roteiro Cultural Oleiros 2014

Concellería de Cultura eNormalización Lingüística

IES Miraflores Bibliotecas PúblicasMunicipais

Premio Nacional María Moliner 2011

Concellería de Cultura eNormalización Lingüística

IES MirafloresBibliotecas PúblicasMunicipais

Premio Nacional María Moliner 2011

Page 2: Roteiro Cultural Oleiros 2014

Organización: Sistema de Bibliotecas Públicas Municipaisde Oleiros, Servizo de Normalización Lingüística e IESMiraflores

Coordinación: Rosa García Vilariño do Departamento deLingua e Literatura Galega do IES Miraflores, BibliotecaCentral Rialeda e Servizo de Normalización Lingüística

Profesorado: Mercedes Agra Ramírez (Lingua Galega),Rosa Mª García Vilariño (Lingua Galega), Mª CarmenPeñamaría (xefa do Departamento de Matemáticas)

Alumnado:Muluken Angeriz Durán, Daniel González, EduardoRodríguez Mariño, Gabriel Dopico Pérez, Cristina CasalRey, Inés Merelas, Raquel Piñeiro, Claudia Pedreira,Ainhoa Juanatey, Cristina García Plana, Alba Fernández,Ana Martínez, María Giraldes e Raquel Iglesias de 1º debacharelato

Representación artística:Guitarra: Daniel GonzálezViolín: Laura EstévezPiano: Nerea SalvadorBailarinas: Sandra Cuesta e María Isabel Rodríguez

Agradecementos a:Mª José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío TobarMª Carmen PeñamaríaMª Esther González Freire, propietaria do pazo de XazXoán Xosé Muñiz Bello

Deseño: Departamento de Comunicacióndo Concello de Oleiros

Edición: Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais deOleiros e Servizo de Normalización Lingüística

Depósito legal: C 641 - 2014

Page 3: Roteiro Cultural Oleiros 2014

ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO

2014

Page 4: Roteiro Cultural Oleiros 2014

DEXO

SERANTES

MAIANCA

DORNEDA

OLEIROSLIÁNS

IÑÁSNÓS

PERILLO

Parque MaríaWonenburguer Planells(Como homenaxe á matemáticaMaría Wonenburguer Planells)

Casa do Concello(Lugar onde traballou o escritorManuel Lugrís Freire)

Pazo de Xaz(Pazo onde naceuo ilustrado Manuel Pardode Andrade)

Page 5: Roteiro Cultural Oleiros 2014

Esta actividade organízase entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, oServizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores.

Consistirá no recorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron diferentesmulleres e homes ilustres, como unha homenaxe a todos eles. Comezamos en Dorneda,no antigo Pazo de Xaz, co ilustrado liberal e xornalista Manuel Pardo de Andrade,trasladámonos a Montrove onde naceu a matemática María Wonenburger, posterior-mente desprazámonos a Oleiros onde traballou o escritor Manuel Lugrís Freire.

Os obxectivos que se pretenden conseguir son:- Dar a coñecer diferentes mulleres e homes ilustres que viviron ou traballaron no

Concello de Oleiros.- Mellorar o coñecemento do patrimonio e espazos do termo municipal de Oleiros.- Promover a lectura.

ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO

Manuel Pardo de Andrade en Dorneda

María Wonenburger en Montrove

Manuel Lugrís Freire en Oleiros

Page 6: Roteiro Cultural Oleiros 2014

Rogos dun escolar á Virxe do Bo Acertopara que libre a terra de Inquisición

Librádenos, Virxe Santa ,pois que sempre o pecadorachou na vosa bondade,Madre, amparo e protección .Dádelles, pois, bo acertoaos homes bos que xuntoua España para formara súa lexislación .

Rogos dun galego contra a InquisiciónManuel Pardo de Andrade

Miña Virxe, vós que sodesmadre de consolación ,librádenos dos nubeiros da maldita Inquisición .Da Inquisición , que de medo,de espías e de visiónsencheu a terra , e de loitocubriu a casa de Dios.

Page 7: Roteiro Cultural Oleiros 2014

anuel Ignacio José AntonioFrancisco de la Presenta-ción Pardo de Andrade.Velaquí o nome de bautismocompleto de Manuel Pardo

de Andrade, que indica ás claras a súa liñaxefidalga. Seu pai, don Manuel Pardo de An-drade Sanjurjo y Montenegro, dono do pazode Xaz, sito na parroquia de Dorneda (Olei-ros) e dos pazos de Fontán e Almeiras,(Culleredo); a nai, dona María Antonia Váz-quez de Leis y Andrade, propietaria de pazos,torres e solares de Cabanela, en Santiago deTraba (Laxe), Sisto e Pazo Vello (Bergan-tiños). Manuel Pardo de Andrade nace o 21de novembro de 1760. É o sexto dos fillose quinto varón do matrimonio fidalgo, e dadoo seu posto secundario vai ver predestinadaa súa formación á carreira eclesiástica.

Así, despois das primeiras letras e latín apren-didos ao abeiro da casa familiar, ingresa aos15 anos no Real Colexio de San Agustín, de

recente fundación na Coruña. Cursa os estu-dos menores na súa querida cidade coruñesaentre 1777 e 1779, para continuar en Sala-manca os anos 1780-1782. Xa a primeirosde setembro de 1782 está en Roma, en fe-breiro do 83 en Perusa, e en Ancona, no ano1786 obtén o grao de bacharelato en Teo-loxía.

En principio, segundo a súa biógrafa, aprofesora Mª Rosa Saurín, o traslado aR o m a a c o c h aunha crise persoalsumada a pro-blemas de saúdeque o determinana solicitar unhasecularizaciónque inicialmentenon chega a pre-sentar. Continuoudaquela os seusestudos e final-

5

M

Page 8: Roteiro Cultural Oleiros 2014

mente, licenciado, vai sentir que a estanciana cidade italiana Ancona, moi semellanteá Coruña, resúltalle pracenteira. Son anosdedicados ao ensino pois vai ser nomeadoLector do colexio, non esquece a creaciónliteraria e vaise ver encargado dun laborentre diplomático e comercial que consistiuen facer de enlace entre os representantesde España en Italia e en Constantinopla.

Convértese en persoa de confianza do em-baixador español, desempeña este servizodurante tres anos e cúmpreo de tal xeito,éxito e honradez que mesmo se vai verrecomendado ante o propio conde deFloridablanca, ministro de Carlos III.

Malia todos estes acontecementos, en 1787Pardo de Andrade está de novo en Xaz.Cando contaba co seu traslado como Lector

6

Page 9: Roteiro Cultural Oleiros 2014

de Lóxica ao colexio de Finale, na rexiónitaliana de Emilia, sofre presións para queretire a súa solicitude. Á frustración e decep-ción académica vividas, engádenselle denovo os seus antigos sentimentos de secula-rización polo que resolve regresar á casanatal onde conta coa solidariedade e cariñoda súa familia ben disposta a acollelo. A súavida sofre daquela un cambio radical. Osnovos tempos son de incerteza e espera ataa chegada en 1792 da desexada secularizacióncomo frade, amais disto anda á busca dundestino profesional que lle permita autonomíae independencia, o que non se producirá ata1797 ao obter destino como capelán-castrensedo Rexemento de Guadalajara.

Mentres tanto a súa vida ordinaria limítasea cumprir como sacerdote na primeira parro-quia coruñesa de San Jorge, situada no solarno que hoxe se atopa o teatro Rosalía deCastro, e por outro a ocupar a súa espera coacreación literaria, cos desexos de publicar na

prensa e os encontros cos amigos ilustradoscoruñeses.

7

Page 10: Roteiro Cultural Oleiros 2014

Aos seus 27 anos configúrase como o inte-lectual liberal ilustrado da súa época e vivecon plenitude o fervedoiro de ideas e com-promiso político coas ansias de cambio dosilustrados coruñeses, entre os que destacanCornide Saavedra, que paraba en Mondegoou José Somoza de Monsoriú que o facía enCabreira e especialmente o cónsul británicoAlexander Jardine, amigo e protector doescritor, que en Santa Cruz realizaba experi-mentos agrícolas. E igualmente o propioPardo de Andrade en Xaz transmitía ao seuirmán moitas das súas ideas de melloraagrícola que o morgado poñía en práctica.Os encontros entre os ilustrados coruñesese as súas relacións de amizade co propioJovellanos van facilitar a Pardo de Andradea publicación das súas reflexións e poemasna prensa da época. Así a partir de 1796,antes intermitentemente, atópase a súa rúbricano Diario de Madrid e farao practicamentecada día durante seis anos no periódico máis

seguido da península, aínda que a súas cola-boracións se agochen baixo diferentesheterónimos, desvelados pola profesora MªRosa Saurín, como León de Parma, Pardode Jaz, El de Jaz, El viajero e un longo etc.

8

Page 11: Roteiro Cultural Oleiros 2014

Pardo de Andrade cre, igual ca o resto deilustrados, na enorme función educativa edivulgadora da prensa e por iso inicia a súapioneira andadura na consecución desteobxectivo como importante e principal xor-nalista que xa o era. Un primeiro comezofoi a cabeceira El Curioso Herculino, quenon se chega a editar, máis tarde, retiradoxa da capelanía castrense, en 1808, en plenainvasión francesa, encárgase da redaccióndo Diario de La Coruña, sendo que as tropasde Napoleón saquean e incendian Xaz poloque se ve obrigado a fuxir e buscar acubillono monte. Coa volta á normalidade é redactorúnico do Semanario Político, Histórico yLiterario de La Coruña (1809-1810), quetal e como a súa cabeceira reza trata deabranguer integralmente reflexións funda-mentais arredor do desenvolvemento nacionalsen esquecerse nunca de Galicia. En 1811 epor encargo do Consello da Rexencia edítaseBoletín Patriótico, e entre 1812 e 1814 cola-

bora no El Ciudadano por la Constituciónco obxectivo de dar a coñecer as novidadesconstitucionais que as Cortes de Cádiz ela-boran. Desde a propia Coruña encabezaproxectos a favor dos cambios e o coñece-mento da Constitución.

O decreto do 4 de maio de 1814 de FernandoVII no que restablece a monarquía absolutae derroga a Constitución de 1812, marca oprimeiro exilio de Pardo de Andrade. Parísvai ser encontro de moitos intelectuais liberaisno exilio. Así atoparase con Leandro Fernán-dez Moratín e vai vivir as penalidades detodos os desterrados con escasos recursos,e soñando coa volta que se produce en maiode 1820. Regresa coa súa parella Rosa Hardy,unha filla e outra, Angela, que vai nacer enXaz en outubro de 1820. O labor do perio-dismo volve ser a súa ocupación no día a díano Correo de la Diputación de La Coruña,mais a tranquilidade dura o que abrangue o

9

Page 12: Roteiro Cultural Oleiros 2014

trienio liberalporque en 1823

retorna xa coafamilia a und u r í s i m oexilio queremata coasúa morte en1832, toda

unha décadade desespe-

ranza e dor. Ádura experiencia

do exilio dos ilustradoscómpre engadir a difamación tan espalladadesde a ideoloxía absolutista que os denominaafrancesados e traidores coa nación.

A súa obra en lingua galega amosa as mesmasinquedanzas que presenta o resto da súaprodución, é dicir, un compromiso social-ético que esixe a abolición dos dereitos seño-riais, que denuncia o poder da Inquisición e

que avoga polo dereito á educación de todasas persoas, coa necesaria monarquía consti-tucional conforme aos principios que xaformulara a Revolución Francesa. Das seisobras escritas en lingua galega, dous sonetos,dous romances e un artigo destaca o tituladoe publicado en folleto anónimo Rogos dungallego establecido en Londres, dedicadosaos seus paisanos para abrirlles os ollossobre certas iñorancias, e o demais quevera o curioso lector. A publicación acadaun enorme éxito, pois sabemos de cincoedicións todas no mesmo ano. Historicamentepara a nosa literatura estariamos ante o pri-meiro éxito editorial de masas da que ademaisneste ano 2014 se conmemoran douscentosanos da súa publicación.

Pardo de Andrade elabora Rogos… comoun “cantar de cego” polo que se popularizaa súa difusión e acáelle ademais co propósitodo seu pensamento ilustrado gobernado polodidactismo e o interese divulgador para che-

10

Page 13: Roteiro Cultural Oleiros 2014

gar ás masas po-pulares. Por outraparte a escollaconsciente da lin-gua galega para asúa obra débese aun evidente afáncomunicador. Contodo trata a lingualiterariamente eachega influenciasde todo tipo. Así

destaca no uso de galicismos, italianismos,formas dialectais da súa zona e doutras deGalicia que adobía con expresivas metáforase boas doses de humor.

En canto ao contido o autor acerta ao con-trastar actitudes, métodos e procedementosda Inquisición co verdadeiro espíritoevanxélico, cos inicios do cristianismopoñendo en valor a xustiza e a misericordiae acolléndose á Nosa Señora para que espante

tantos males como a Inquisición impón. Estafirme e crítica alegación contra o podereclesiástico axudou á condena a morte queos absolutistas ditaron contra el. Os Rogosforon prohibidos en 1813 polo arcebispo deSantiago e en 1815 pola Inquisición española.Homenaxeamos desde estas fermosas terrasque o viron nacer, a un veciño noso, sabioe erudito, que falaba latín, francés e italianoademais de castelán e galego, que dedicoua súa vida á nobre actividade da reflexión,do ensino, do uso crítico da razón e quedesempeñou coa palabra e a fraternidade adefensa dos seus ideais. Na parroquia deDorneda unha rúa mantén a súa lembranza.

11

Page 14: Roteiro Cultural Oleiros 2014

l CARBALLO CALERO, Ricardo. “Manuel Pardo de Andrade”. En: Historia daliteratura galega contemporánea (1808-1936). Vigo: Galaxia, 1981, páx. 38-41

l CARRÉ ALDAO, Uxío. “El precursor de los periodistas coruñeses: Don ManuelPardo de Andrade”. En: Boletín da Real Academia Galega. A Coruña: Real AcademiaGalega, 1916, nº 102-103, páx. 132-136 e 153-154. [en liña][Consulta: 15/03/2014]Dispoñible en: http://www.realacademiagalega.org

l CARRÉ ALDAO, Uxío. “Uno de los primeros periódicos de la Coruña: Diario dela Coruña (1808-1815)”. En: A imprenta e a prensa en Galicia. Santiago de Compostela:Xunta de Galicia, 1991, páx. 25-26

l CARRÉ ALDAO, Uxío. “Semanario político, histórico y literario de la Coruña(1809-1810)”. En: A imprenta e a prensa en Galicia. Santiago de Compostela: Xuntade Galicia, 1991, páx. 30

l “Diario de La Coruña: primer periódico de la ciudad y segundo de Galicia”. En:La Voz de Galicia, 13 marzo 1975, páx. 30

l Diccionario da Literatura Galega. Coordinación Dolores Vilavedra. Vigo: Galaxia,1995. Vol. I Autores, páx. 430-431, vol II Publicacións periódicas, páx. 109, 145, 439,vol. III Obras, páx. 416

l Enciclopedia Galega Universal. Vigo: Ir Indo, 2002. T. 13, páx. 246

12

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 15: Roteiro Cultural Oleiros 2014

l Galicia. Literatura. Dirección Francisco Rodríguez Iglesias. A Coruña: Hércules deediciones, 2000. T. XXXI, páx. 117-118

l GARCIA IGLESIAS, Xosé Manuel. “Pazos de Oleiros”. En: Pazos de Galicia. ACoruña: Colexio oficial de Arquitectos de Galicia, 1989, páx. 52-53

l Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada [Lugo]: El Progreso/Diario de Pontevedra,D.L. 2003, t. 35, páx. 8-9

l Gran Enciclopedia Gallega. Santiago de Compostela: Silverio Cañada, 1974, t. 24,páx. 24-26

l Historia da literatura galega. Dirección Alberte Ansede Estravíz e Cesáreo SánchezIglesias. Vigo: Asociación Socio-pedagóxica Galega, 1996. Vol 1, páx. 277

l MARTINEZ-BARBEITO, Carlos. “Pazo de Xaz”. En: Torres, pazos y linajes de laprovincia de La Coruña. León: Everest, 1986, páx. 708-711

l MEIJIDE PARDO, Antonio. “Pardo de Andrade: devanceiro do xornalismo galego”.En: Grial. Vigo: Galaxia, 1983, nº 80, páx. 155-193

l MUÑIZ BELLO, Xoán Xosé. “A primeira fábrica de louza fina existente en Galiciafuncionou en Dorneda entre 1799 e 18012”. En: Festas do Rosario Dorneda 94.Oleiros: Comisión de Festas de Dorneda,1994

13

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 16: Roteiro Cultural Oleiros 2014

l ODRIOZOLA, Antonio. “Nuevas y rigurosas aportaciones acerca de Manuel Pardode Andrade, iniciador del periodismo en Galicia”. En: La Voz de Galicia, 14 agosto1983, páx.15 e 53

l ODRIOZOLA, Antonio.“Prohibiciones eclesiales y difusión popular de Os rogosd’un gallego”. En: La Voz de Galicia, 16 agosto 1983, páx. 17 e 37

l PARDO DE ANDRADE, Manuel. Los artículos del “Diario de Madrid” (1794-1800).A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, D.L. 1989

l PARDO DE ANDRADE, Manuel. La conversione di Sant’Agostino. [Urbino]:Universitá degli Studi, 1985

l PARDO DE ANDRADE, Manuel. Los guerrilleros gallegos de 1809. A Coruña: LaVoz de Galicia, 1992

l PARDO DE ANDRADE, Manuel. Poesías. Edición de María Rosa Saurín de la Iglesia.[Urbino]: Universitá degli Studi, 1988. 2 vol.

l PARDO DE ANDRADE, Manuel. Rogos dun galego contra a Inquisición e outros versosliberais (1813-14). Edición Henrique Monteagudo. [A Coruña]: Real Academia Galega, 2013

l PARDO DE ANDRADE, Manuel. Rogos dun galego contra a Inquisición e outrosversos liberais (1813-14). [en liña][Consulta 05/03/2014]. Dispoñible en:http://www.realacademiagalega.org/biblioteca-virtual-monografias

14

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 17: Roteiro Cultural Oleiros 2014

l PARDO DE ANDRADE, Manuel. Semanario político, histórico y literario de LaCoruña (1809-1810). [A Coruña]: Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa,1996

l “Rogos dun gallego (1813)”. [en liña] [Consulta: 05/03/2014]. Dispoñible en:http://www.realacademiagalega.org/destaque-libro/

l SAURÍN DE LA IGLESIA, Mª Rosa. “De la educación popular a la participaciónpolítica (1775-1813)”. En: Del despotismo ilustrado al liberalismo triunfante: estudiosde historia de Galicia. Sada: Ediciós do Castro, 1993, páx. 30-59

l SAURÍN DE LA IGLESIA, Mª Rosa. Manuel Pardo de Andrade y la crisis de lailustración (1760-1832). [A Coruña]: [M. R. Saurín], 1991

l SAURÍN DE LA IGLESIA, Mª Rosa. “Manuel Pardo de Andrade y su SemanarioPolítico”. En: Cuadernos de estudios gallegos. Santiago de Compostela: Instituto deEstudios Gallegos Padre Sarmiento, 1995, v. 42, nº 107, páx. 95-124 [en liña] [Consulta:05/03/2014]. Dispoñible en: http:estudiosgallegos.revistas.csic.es/

l S.V. “Oleiros recuerda a su pluma más inquieta: Manuel Pardo de Andrade”. En:La Opinión Coruña 16/11/2013[en liña] [Consulta 05/03/2014]. Dispoñible en:http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2013/11/16/oleiros-recuerda-pluma-inquieta/783601.html

15

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 18: Roteiro Cultural Oleiros 2014

l VÁZQUEZ GÓMEZ, José. “Venturas y desventuras de Manuel Pardo de Andrade”.En: La Voz de Galicia, 22 abril 1982, páx. 22-25

l VILLARES, Ramón.“Os primordios dunha literatura política galega: Rogos dunescolar á virxe do bó acerto para que libre á terra dá Inquisición, Manuel Pardo deAndrade”. En: Gallegos. Santiago de Compostela: Ézaro, 2011, nº 15, t. 3, páx. 125-136.

l VIVEIRO MOGO, Prudencio.“Os promotores dos primeiros diarios galegos 1808-1809:Diario de Santiago e Diario de La Coruña”. En: Primeiros diarios galegos 1808-1809.Santiago de Compostela: Consello da Cultura galega, 2008, t.1, páx. 9-24. [en liña][Consulta 05/03/2014]. Dispoñible: http://www.consellodaculturagalega.org/mediateca/

16

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 19: Roteiro Cultural Oleiros 2014

17

Page 20: Roteiro Cultural Oleiros 2014

Néveda. cap XIII

"Con esforzo conséguese aquilo que se quere"

“A miña maior gloria son os meus alumnos”

“Tendo a ser feliz”

María Josefa Wonenburguer Planells

Page 21: Roteiro Cultural Oleiros 2014

ace en Montrove, no con-cello de Oleiros, un 19 dexullo de 1927. A súa familiapertence á clase industrialburguesa da Coruña de xa

soado nome, a Fundición Wonenburguer,e vén sendo a primoxénita do matrimonioformado por Julio Wonenburguer, de orixealsaciana e Amparo Planells, de ascendenciavalenciana.

A familia vive entre Oleiros e A Coruña, ásveces no Temple, outras no Burgo e outrasna Ponte Pasaxe, tal como facían moitasfamilias da burguesía ilustrada coruñesa.Críase e edúcase nun medio familiar ondeos estudos, os deportes e os idiomas sonsignos de progreso e índices de boa educa-ción, aínda que estes principios liberais nonson comúns entre as familias da época. Nunprimeiro momento asiste a clases do ColexioFrancés, a continuación no Colexio do Anxoe á hora de cursar o ensino secundario

matricúlase no instituto Eusebio da Guarda,finalizando o bacharelato no ano 1944.

Amosa desde o inicio dos estudos unhagrande inclinación polos números e as ma-temáticas e, á hora de escoller estudos uni-versitarios, opta pola recente Licenciaturaen Matemáticas, malia saber que desde oámbito familiar verían con bos ollos quecursase enxeñería. Para isto desprázase aMadrid en 1945 e alterna as súas obrigaciónsuniversitarias na Universidade Central, hoxeComplutense, co necesario estudo de idio-mas, no seu caso o alemán.Finalmente a estanciauniversitaria resúltallegrata e pracenteira. Aconvivencia na resi-dencia universitaria,exclusivamente femi-nina, achega amizadespara toda unha vida e oseu aproveitamento e cali-

19

N

Page 22: Roteiro Cultural Oleiros 2014

dades fan que os profesores a animen a saírao estranxeiro, xa que o interese principalda douta matemática encamíñase cara áinvestigación e á álxebra.

Con 26 anos decide marchar. Ábrese paraela un futuro moi incerto, pois abandonapaís, familia e amizades por unha carreiracatalogada coma non feminina, de escasoresultado práctico para o ámbito familiar quepreferían a enxeñería e o negocio familiar,e por riba trátase, en definitiva, dunha escollade exclusiva vocación íntima e persoal. Parapoder cumprir os seus obxectivos solicita econsegue unha bolsa Fullbright que convocao Instituto de Educación Internacional dosEEUU por vez primeira para España, e asívai comezar a súa carreira no estranxeiro.Unha vez máis a licenciada recentementevai abrindo camiños, pois grazas a súa dedi-cación e valentía convértese nunha auténticapioneira e espello para moitas outras mulle-res. Pertence á primeira promoción de

licenciados en Matemáticas, a primeira es-pañola en acadar unha bolsa Fullbright pararealizar o doutoramento en Matemáticas, nosEEUU. Todo isto en 1953.

Prepara o seu regreso a España en 1957.Trae un doutorado baixo o brazo dirixidopolo profesor que dá nome ao radical Jacob-son, o afamado alxebrista Nathan Jacobson,mais este doutoramento da Universidade deYale non lle é validado academicamente enEspaña e así comeza unha nova tese, dirixida

20

Page 23: Roteiro Cultural Oleiros 2014

21

polo profesor Germán Ancochea, catedráticode orixe galega, especialista en XeometríaDiferencial, de Álxebra e da XeometríaAlxebraica. Unha vez rematada a segundatese, atende a solicitude do profesor IsraelHalperin e trasládase a Ontario e máis tardeá Universidade de Toronto. Permanece seisanos en Canadá como única profesora deMatemáticas, que desempeñaba tal postodaquela, nesta universidade.

A partir de 1966 trasládase a Estados Unidos.As ofertas de traballo e investigación estánnas universidades americanas mentres queen España, aínda tendo ás veces o pensa-mento de regresar, nin existe o campo deinvestigación que lle interesa, nin se lleofrece a posibilidade de facelo. Así vaiexercer como Full Professor na Universida-de de Indiana desde 1967 ata 1983. Esteperíodo de tempo de dezaseis anos foronfrutíferos profesional e persoalmente, poisrelaciónase e coñece os máis grandes profe-

sores e matemáticos do momento como EmilArtin, creador dos aneis que levan o seunome “aneis Artin”; Max Zorn, descubridordo lema de Zorn e investigador dos EspazosBanach e outras álxebras; Paul Halmos quedestaca nas teorías da probabilidade e nume-rosos estudosos e investigadores cos quecomparte coñecementos, docencia e amizade.

María Wonenburger e Max Zorn

Page 24: Roteiro Cultural Oleiros 2014

O seu labor docente reflíctese nas teses douto-rais que dirixiu e nos novos camiños queabre a investigación para as matemáticas,mais tamén para outras ciencias. Non pode-mos citar a todos os seus doutorandos comoStephen Berman, Richard Lawrence Marcu-son, Bette Warren pero entre todos elesdestaca Robert Moody cuxa investigacióndá orixe ás álxebras coñecidas na actualidade

co nome de Kac-Moody e polas que a comu-nidade científica recoñece a Wonenburgercomo unha matemática de primeira liña.

Regresa a Galicia con 56 anos e volve porrazóns familiares que a van apartar dos labo-res de docencia e investigación. Nada sesabía do seu traballo nin da súa achega ásmatemáticas e ao campo científico en xeral.Nestes momentos non podemos menos queagradecer a dúas profesoras coruñesas odescubrimento da eminente matemática.Tamén elas son profesoras da universidadee do campo científico, Mª José Souto Salorioe Ana Dorotea Tarrío Tobar van descorrero veo que tapou o traballo de tantas mulleresprofesionais e van facer visible a figura deMaría Wonenburguer, xa non soamente paraa sociedade oleirense e coruñesa, senón paratoda Galicia e España. A partir das súaspublicacións e divulgacións a María Wonen-burguer chéganlle en vida os recoñecementosda universidade, asociacións e sociedade

22

Page 25: Roteiro Cultural Oleiros 2014

23

máis próxima. E así merecidamente a Xuntade Galicia crea o Premio María Wonen-burguer para a ciencia e a tecnoloxía. No2007 recibe o nomeamento de socia de Honrada Real Sociedad Matemática Española, abiblioteca do IES Blanco Amor de Culleredoleva o seu nome e a Universidade da Coruñaagasállaa coa máxima distinción universitaria

como é o nomeamento de Doutora HonorisCausa desta.

No ano 2012, no seu lugar de nacemento,Montrove, o Concello de Oleiros vai honrara súa persoa cun fermoso parque que sebautiza como Parque María WonenburguerPlanells.

Page 26: Roteiro Cultural Oleiros 2014

24

l BORRAJO BORRAJO, Gena. “María Wonenburger Planells: insigne galega enterras de América. En: Eduga, revista galega de ensino, nº. 57, páx. 8-15. Santiago deCompostela: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2009. [enliña] [Consulta: 05/03/2014]. Texto en PDF. Dispoñible en:http://www.edu.xunta.es/eduga/hemeroteca/antigos

l BUGALLAL, I. “María Wonenburger Planells: tengo una mente abstracta, no soynada práctica”. En: La Opinión Coruña 14/05/2008 [en liña] [Consulta: 05/03/2014].Texto en HTML. Dispoñible en:http://www.laopinioncoruna.es/contraportada/2008/05/14/maria-wonenburger-planells-mente-abstracta-practica/190183.html

l “A ciencia ten nome de muller”. En: Wikipedia [en liña] [Consulta: 05/03/2014].Texto en HTML. Dispoñible en:http://gl.wikipedia.org/wiki/A_ciencia_ten_nome_de_muller

l “Homenaje a la gran matemática María Wonenburger en A Coruña”. En: Noticiariomatemático [en liña] [Consulta: 05/03/2014]. Texto en HTML. Dispoñible en:http://noticiariomatematico.blogspot.com.es/

l Homenaxe a María Wonenburger: II Día da Ciencia en Galego 4/11/2011: MaríaWonenburger. En: Ciencia en Galego [en liña] [Consulta: 05/03/2014]. Texto enHTML.. Dispoñible en: http://www.cienciaengalego.org

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 27: Roteiro Cultural Oleiros 2014

25

l MARCO, Aurora. Dicionario de mulleres galegas. [Vigo]: Promocións CulturaisGalegas, 2007, páx. 471

l “María Josefa Wonenburger Planells, na creación de coñecemento: Xornada do28/11/2010 realizada no Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela”. En:Consello da Cultura Galega [en liña] [Consulta: 05/03/2014]. Dispoñible en:http://www.consellodacultura.org/mediateca/

l “María Josefa Wonenburger Planells: unha figura mundial das matemáticas”. En:Álbum de Mulleres [en liña] [Consulta: 05/03/2014]. Texto en HTML. Dispoñible en:http://www.culturagalega.org/album/cartografias.php

l “María Wonenburger”. En: Wikipedia [en liña] [Consulta: 05/03/2014]. Texto enHTML. Dispoñible en: http://gl.wikipedia.org/

l “María Wonenburger”. En: Comisión de Mujeres y matemáticas [en liña] [Consulta:05/03/2014]. Texto en HTML. Dispoñible en: http://mym.rsme.es/

l OBELLEIRO, Paola. “La discreción de las ciencias exactas”. En: El País 14/11/2010[enliña] [Consulta: 05/03/2014]. Texto en HTML. Dispoñible enhttp://elpais.com/diario/2010/11/14/galicia/1289733499_850215.html

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 28: Roteiro Cultural Oleiros 2014

26

l “Premio María Josefa Wonenburger Planells”. En: Unidade da Muller e Ciencia[en liña] [Consulta: 05/03/2014]. Texto en HTML. Dispoñible en:http://unidadedamullereciencia.xunta.es/informacion/premio-maria-josefawonenburger-planells

l PUJALES, Xosé Enrique. “María Wonenburger ou a paixón pola investigaciónmatemática”. En: Gamma: revista galega de educación matemática, nº 7, setembro,páx. 107-109. Lugo: Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática, 2007.[en liña] [Consulta: 05/03/2014]. Texto en PDF. Dispoñible en:http://www.culturagalega.org/album/docs/sobre%206.pdf

l RIOS FACHAL, Matilde. As mulleres nas matemáticas. A Coruña: Baía, 2008, páx.105-106

l ROUCO, L. “La cara amable de las matemáticas”. En: La Opinión Coruña [en liña][Consulta: 05/03/2014]. Texto en HTML. Dispoñible en:http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2329/cara-amable-matematicas/95509.html

l REGO, P. “María Wonenburger, la sabia”. En: Amecopress [en liña] [Consulta:05/03/2014]. Texto en HTML. Dispoñible en:http://www.amecopress.net/spip.php?article5313

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 29: Roteiro Cultural Oleiros 2014

27

l SAMPAYO YÁÑEZ, M. “María Josefa Wonenburger Planells”. En: GranEnciclopedia Galega Silverio Cañada. [Lugo]: El Progreso/Diario de Pontevedra, D.L.2003. T. 44, páx. 140

l SOUTO SALORIO, Mª. Josefa. “Unha científica pioneira”. En: Renova Galiza, nº3, páx. 29-33. Barcelona: Foro Cívico Galego, 2008. Texto en PDF. Dispoñible en:http://www.precarios.org/dl1086

l SOUTO SALORIO, Mª. Josefa e TARRÍO TOBAR, Ana Dorotea. “María JosefaWonenburger Planells: mujer y matemática”. En: La Gaceta de la RSME, v. 9, nº 2,páx. 339-364. Madrid: Real Sociedad Matemática Española, 2006. [en liña] [Consulta:05/03/2014]. Texto en PDF. Dispoñible en: http://gaceta.rsme.es/

l SOUTO SALORIO, Mª. Josefa e TARRÍO TOBAR, Ana Dorotea “WonenburgerPlanells, María Josefa (1927- )”. En: DivulgaMAT: Centro virtual de divulgación delas matemáticas. Real Sociedad Matemática Española. [en liña] [Consulta 19/03/2014].Texto en HTML. Dispoñible en:http://divulgamat2.ehu.es/divulgamat15/index.php?option=com_content&view=article&id=3425%3Awonenburger-planells-marjosefa-1927

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 30: Roteiro Cultural Oleiros 2014

Os primeiros versosManuel Lugrís Freire

Eu camiñaba polo quinteiro que dendeOleiros leva ó porto de Santa Crus…Sobre a cume dun souto víanse as campásda igrexa de Liáns…Encontrábame xa na Lóngora… escoitábasevagamente o barullo da foliada que se facíano lugar de Coruxo.Todo invitaba a pensar ¡e pensei tantas cousas!

Page 31: Roteiro Cultural Oleiros 2014

figura de Manuel LugrísFreire posiciónase na his-toria da nosa cultura comoo que hoxe entendemos porun activista cultural e político

a prol da súa terra. Lugrís non é soamenteun notable escritor a quen admirar, senónque para o seu tempo despregou un grandeabano de campos nos que se comprometeactiva, política e culturalmente e nos queexerce e desempeña cargos de responsabili-dade que van marcar a súa biografía.

Nace en Sada o 12 de febreiro de 1863 -anoda publicación de Cantares Gallegos deRosalía Castro- nunha familia oleirense queantes vivira en Dexo e en Mera. Pasada aprimeira infancia, a familia trasládase a vivirá parroquia de Soñeiro, e xa moi novo, con17 anos, comeza a traballar no Concello deOleiros como escribán, é dicir, encargadode escribir documentos legais e actas. Destaetapa, dos seus paseos desde Soñeiro a Olei-

ros, arredor de dous quilómetros vai deixarpegada nos primeiros textos. Así no seurelato Os primeiros versos evoca os seuscomezos como escritor, a sentida fermosurada natureza que o envolve e recrea de xeitobiográfico os sentimentos de saudade gale-guista ao oír cantar nunha homenaxe aMarcial del Adalid, preto de Lóngora e“Pouco despois saín do cementerio de Liáns,collín polo rueiro que leva a Oleiros… “Oamor da patria, primeiro cariño que sentín,revertía no meu peito”.

A part ir de 1883prodúcese un grancambio na súa vidae emigra a Cuba.Alí está o seu irmánPlácido Lugrís quelle vai procurar osprimeiros traballos.A estadía na capitalcubana abrangue ata

29

A

Page 32: Roteiro Cultural Oleiros 2014

1896 e van supoñer anos ledos persoal, pro-fesional e intelectualmente. A Habana nestesmomentos conta cunha colectividade galegaampla e con recursos, que se manifesta fun-damentalmente a través da prensa e coacreación de institucións tan representativascomo é o Centro Galego. Lugrís vaise atoparna Habana con persoeiros como ÁlvarezInsua, estradense e fundador do xornal galegona capital El Eco de Galicia, amais de fun-dador do recoñecido Centro Galego esecretario da Sociedade de Beneficencia quedesde a Habana financia en 1880 a publica-ción de Follas Novas de Rosalía Castro. Oautor vai publicar no seu periódico numero-sos poemas e a novela O penedo do crime,e vai conseguir o seu apoio para a publicaciónde A Gaita Gallega, que Lugrís vai converterna primeira publicación monolingüe da emi-gración. Desde esta publicación, que semantén desde 1885 a 1889, empregará osseus diversos pseudónimos como Roque de

30

Mariñas, K’ñoto e o máis coñecido Asiu-medre. Manuel Lugrís promoveu ademaisna Habana unha corrente de protesta públicacando nos medios culturais cubanos se ca-racterizaban personaxes galegos de xeitohumillante e indigno.

Page 33: Roteiro Cultural Oleiros 2014

Outro persoeiro fundamental para Lugrís vaiser Curros Enríquez, a quen coñece e fre-cuenta na Habana e este prologará o seuprimeiro poemario titulado “Soidades” quepublica en 1894. Para o noso autor a caróndo traballo profesional e intelectual, está oseu compromiso coa emigración que o vailevar a desempeñar diferentes responsabili-dades coma o cargo de vogal da xuntadirectiva do Centro Galego, ser socio deHonra do Liceo Artístico e Literario deRegla e tamén gran promotor da SociedadeAires da Miña Terra, da que o propioCurros é presidente de honra. Nestes intresna Habana, as diferenzas ideolóxicas entreÁlvarez Insua e Curros Enríquez son eviden-tes e públicas e vívense entre a colectividadegalega a través da propia revista fundadapolo autor celanovés, La Tierra Gallega,onde Manuel Lugrís tamén colabora. Aspolémicas e os desencontros son tan vivosque nos xornais de Álvarez Insua desaparecen

as publicacións de Lugrís, quen finalmentetoma partido por Manuel Curros Enríquez,e as súas colaboracións publícanse en GaliciaModerna que edita José Novo e onde taménparticipan Eladio Rodríguez, Antonio e Fran-cisco de la Iglesia entre outros.

Asemade a toda esta traxectoria intelectual,Manuel Lugrís contrae matrimonio cunhamuller cubana, Concepción Orta Iglesias.Novamente, e ante os conflitos prebélicospola independencia de Cuba, outro impor-tante cambio agroma na súa vida e omatrimonio regresa a Galicia en 1896.

31

Page 34: Roteiro Cultural Oleiros 2014

32

O arelado regreso trae tras de si alegrías epenas familiares. Nace a súa filla, SocorroLugrís Orta en 1897 e morre a súa dona en1899. Vive nestes momentos episodios dedesacougo e pesimismo existencial que que-dan reflectidos no seu libro Noitebras, quepublica en 1901. Superados pouco a poucoestes transos, en Manuel Lugrís, que agorareside na Coruña, volvemos atopar un des-pregue de actividades que se focalizan enaspectos diferentes que enriquecen a súapersonalidade e que son: a actividade políticaligada á oratoria ou discurso público, o teatro,iniciado en Cuba, a promoción cultural,tertulias e relación cos intelectuais galeguistasda su época e o compromiso para asumir erexer os cargos institucionais.

No tocante á vida pública e política, citamosa súa activa participación na fundación en1897 da Liga Gallega da que logo serápresidente, o discurso na homenaxe aosMártires de Carral en 1899, membro fun-

dador da Real Academia Galega en 1906, que vai presidir en 1934, partícipe da CovaCéltica e promotor do sindicato SolidaridadGallega. Intégrase nas Irmandades da Fala,nadas na Coruña en 1916, en 1923 ingresano Seminario de Estudos Galegos e noPartido Galeguista en 1931 e chega a formarparte da comisión que redacta o seu regula-mento e que vai elaborar o Estatuto deAutonomía. Amais de todo isto, destacamosa súa faceta de orador público en linguagalega, que o converte en pioneiro e axentenormalizador e non soamente no discursoacadémico, senón no mitin político, sendoo primeiro personaxe público que así o fixo,o 6 de outubro de 1907 nun mitin en Betanzosa prol de Solidaridad Gallega.

Page 35: Roteiro Cultural Oleiros 2014

33

Para o labor creativo e literario, ManuelLugrís ocupa un posto preferente na historiado teatro en lingua galega. O autor adiántaseás Irmandades e ve no teatro un útil instru-mento para achegarse ás clases urbanas,superar os prexuízos ante a lingua e amosarun achegamento aos problemas sociais dopaís. No seu interese polo xénero teatralvai fundar en 1902 a Escola Rexional deDeclamación, que vai presidir no seguinteano, pero que vai rematar en 1905. Estapreocupación xa nos dá a entender comose vive a necesidade de contar con institu-cións que formen técnica e adecuadamenteno xénero. A escola é o claro antecedenteda fundación por parte das Irmandades daFala, do Conservatorio Nazonal de ArteGalego en 1919.

Así, grazas á Escola estrea en 1903, na Co-ruña, no Teatro Principal, hoxe RosalíaCastro, o drama A Ponte, e a peza tituladaMinia no Teatro Jofre de Ferrol en 1904 e

no mesmo ano en Cuba polo Orfeón Gallego.Neste mesmo ano tamén a cargo da EscolaRexional, o drama longo titulado Mareiras.Logo en 1910 estrea Esclavitú polo grupoSociedade Talía. Tras o drama vai presentardúas comedias, O pazo en 1917, e Estadeíñaen 1919. O teatro de Lugrís caracterízasepola súa fonda ideoloxía agrarista e antica-ciquil, a temática é daquela social e vaideixando atrás os tópicos costumistas e his-tóricos do noso teatro. A isto debemosengadir o acerto de Manuel Lugrís de aban-donar o verso e daquela coa prosa soubo epuido achegarse a un público, que aíndaminoritario, asistiu en Galicia ás diferentesestreas das súas obras, cómpre ademais teren conta que a tradición coa que contaba oteatro apenas existía.

Por último, na súa biografía persoal destacarque Manuel Lugrís contrae de novo matri-monio con Purificación González Varela,profesora de piano na Escola Normal, que

Page 36: Roteiro Cultural Oleiros 2014

34

máis adiante sería Escola de Maxisterio, eque tiveron cinco fillos. De entre eles desta-camos para a cultura galega, o afamado eimportante pintor surrealista Urbano LugrísGonzález.

A partir de 1936, Manuel Lugrís e a súa donaviven illados no seu piso da Coruña, na rúade san Andrés, e o 15 de febreiro de 1940morre e é soterrado no cemiterio de SanAmaro, no silencio da longa noite do fran-quismo, arroupado por poucos amigos.

O ano 2006, á proposta da Real AcademiaGalega, o Día das Letras Galegas foi dedi-cado a este escritor, a sociedade galegaestudará, aclamará e recoñecerá a figura dointelectual activo e comprometido coa socie-dade que o descoñecía.

Page 37: Roteiro Cultural Oleiros 2014

l CAMPOS VILLAR, Xabier. Dicionario Manuel Lugrís Freire. Santa Comba:TresCtres, 2006

l CAMPOS VILLAR, Xabier. Lugrís Freire: unha biografía. Vigo: Galaxia, 2006

l CAMPOS VILLAR, Xabier. Manuel Lugrís Freire: vida e escolma. Vigo: Galaxia,2006

l CAMPOS VILLAR, Xabier. A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire.Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2006

l CORTIÑAS, Luis. “Lembranzas de café”. En: Areal, Revista Cultural de Sada, nº6, abril, páx. 39-40. Sada (A Coruña): Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, 2013

l “Día das Letras Galegas 2006: Especial Manuel Lugrís Freire”. En: BibliotecaVirtual Galega [en liña] [Consulta: 05/03/2014]. Texto en HTML. Dispoñible en:http://bvg.udc.es/LetrasGalegas2006/LetrasGalegas.html

l “Día das Letras Galegas 2006: Especial Manuel Lugrís Freire”. En: Cultura Galega[en liña] [Consulta: 05/03/2014]. Texto en HTML. Dispoñible en:http://www.culturagalega.org/especiais/letrasgalegas2006/

l Diccionario da Literatura Galega. Coordinación Dolores Vilavedra. Vigo: Galaxia,1995. Vol. I Autores, páx. 355-356, vol II Publicacións periódicas, páx. 18, 20, 21, 22,26, 28, 50, 68, 78, 83, 100, 122, 127, 149, 150, 156, 161, 167, 204, 205, 211, 212, 213,

35

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 38: Roteiro Cultural Oleiros 2014

228, 232, 233, 266, 283, 286, 295, 302, 331, 334, 337, 342, 343, 363, 370, 376, 390,393, 419, 422, 443, 449, 456, 458, 460, 462, 464, 465, 488, 490, 505, 507 vol. III Obras,páx. 100, 375-378

l FERNÁNDEZ COSTAS, Xosé Manuel. Manuel Lugrís Freire: a fe na causa.A Coruña: Baía, 2006

l FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco. Diccionario de escritores en lingua galega.Sada: Ediciós do Castro, 1990. Pax. 224

l Galicia. Literatura. Dirección Francisco Rodríguez Iglesias. A Coruña: Hércules deediciones, 2000. T XXXII, páx. 293-296

l Historia da literatura galega. Dirección Alberte Ansede Estraviz e Cesáreo SánchezIglesias. Vigo: Asociación Socio-pedagóxica galega, 1996. Vol 2, páx. 537-544, 622, 628

l LOURENZO, Manuel e PILLADO MAYOR, Francisco. Antoloxía do teatro galego.Sada: Ediciós do Castro, 1982

l LUGRÍS FREIRE, Manuel. Antoloxía. Edición de Xabier Campos Villar. Vigo:Galaxia, 2006

l LUGRÍS FREIRE, Manuel. A carón do lar. Vigo: Castrelos, 1973

l LUGRÍS FREIRE, Manuel. Escolma de textos. Edición de Nélida Cosme Abollo eDolores Sánchez Vales. Sada: Ediciós do Castro, 2006

36

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 39: Roteiro Cultural Oleiros 2014

l LUGRÍS FREIRE, Manuel. O penedo do crime. Estudo introdutorio de Xabier CamposVillar. Sada: Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, 2013

l LUGRÍS FREIRE, Manuel. A ponte. [Vigo]: A Nosa Terra, 2006l LUGRÍS FREIRE, Manuel. “Textos varios”. En: Areal, Revista Cultural de Sada.Sada: Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, 2013, nº 6, abril, páx. 24 e 36-38

l LUGRÍS FREIRE, Manuel. “Textos varios”. En: Areal, Revista Cultural de Sada.Sada: Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, 2013, nº 7, outubro, páx. 32-39

l LUGRÍS FREIRE, Manuel. Gramática do idioma galego. A Coruña: Imprenta Moret,1931. En: Consello da Cultura Galega [en liña] [Consulta 05/03/2014]. Dispoñible en:http://www.consellodacultura.org/mediateca/documento.php?id=120

l LUGRÍS FREIRE, Manuel. Soidades. En: Real Academia Galega [en liña] [Consulta05/03/2014]. Texto en HTML. Dispoñible en:http://www.realacademiagalega.org/biblioteca-virtual-monografias

l LUGRÍS RODRÍGUEZ, Manuel. “Un discurso de Lugrís Freire para a historia”.En: Areal, Revista Cultural de Sada. Sada: Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo,2011, nº 2, abril, páx. 27-29

l LUGRÍS RODRÍGUEZ, Manuel. “O espazo mítico de Manuel Lugrís Freire”. En:Areal, Revista Cultural de Sada. Sada: Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo,2011, nº 3, outubro, páx. 21-22

37

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 40: Roteiro Cultural Oleiros 2014

l LUGRÍS RODRÍGUEZ, Manuel. “Manuel Lugrís Freire na perspectiva da historia”.En: Areal, Revista Cultural de Sada, Sada: Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo,2013, nº 6, abril, páx. 16-18

l LUGRÍS RODRÍGUEZ, Manuel. “Lugrís Freire precursor no proceso nacional”.En: Areal, Revista Cultural de Sada, Sada: Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo,2013, nº 7, outubro, páx. 5-6

l “Letras Galegas: Manuel Lugrís Freire”. En: Real Academia Galega [en liña][Consulta: 05/03/2014]. Texto en HTML. Dispoñible en:http://www.realacademiagalega.org/figuras-homenaxeadas

l Manuel Lugrís Freire. O compromiso coa terra. [Santiago de Compostela]: SecretaríaXeral de Política Lingüística, 2006. DVD

l “Membros da Academia: Manuel Lugrís Freire”. En: Real Academia Galega [enliña] [Consulta: 05/03/2014]. Texto en HTML. Dispoñible en:http://www.realacademiagalega.org/

l MOURE ROJAS, Edmundo. “Un ilustre masón”. En: Areal, Revista Cultural deSada. Sada: Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, 2013, nº 6, abril, páx. 2-5

l NICOLÁS RODRIGUEZ, Ramón. Manuel Lugrís Freire: biografía e antoloxía.Vigo: Xerais, 2006

38

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 41: Roteiro Cultural Oleiros 2014

l NICOLÁS RODRIGUEZ, Ramón. Manuel Lugrís Freire: vida e obra.Vigo: Xerais, 2006

l PILLADO MAYOR, Francisco. Na outra banda da ponte: Materiais para unespectáculo didáctico sobre Manuel Lugrís Freire. A Coruña: Deputación Provincialde A Coruña. Servicio de Publicacións, 2006

l PILLADO MAYOR, Francisco. O teatro de Manuel Lugrís Freire. Sada: Ediciós doCastro, 1991

l A poesía e o teatro interseculares. Vigo: Asociación Socio-pedagóxica Galega, 1996

l RABUÑAL, Henrique. Manuel Lugrís Freire. Vigo: A Nosa Terra, 2006

l VALCÁRCEL LÓPEZ, Marcos. Manuel Lugrís Freire: o compromiso coa terra.Santiago de Compostela: Secretaría Xeral de Política Lingüística, 2006. CD-ROM

39

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 42: Roteiro Cultural Oleiros 2014

Bibliotecas PúblicasMunicipais

Premio Nacional María Moliner 2011

n Biblioteca Central Rialeda:Avda. Rosalía de Castro, 227A

15172 Perillo - OleirosTelf.: 981 639 511- Fax: 981 639 996

[email protected]

CATÁLOGO DO FONDOBIBLIOGRÁFICO

http://bmpg.rbgalicia.org/oleiros

Visita o noso blog:http://bibliotecasoleiros.blogspot.com

www.oleiros.org

Concellería de Cultura eNormalización Lingüística

Page 43: Roteiro Cultural Oleiros 2014