Rueiro Do Consumo

3
Visita didáctica “rueiro do consumo” Vigo 18 de marzo de 2010 Día mundial dos dereitos do consumidor O 15 de marzo celébrase o “Día Mundial dos Dereitos do Consumidor” que este ano ten como tema “O noso diñeiro, os nosos dereitos” e fará fincapé nos asuntos que preocupan aos consumidores en relación aos servizos financieiros (préstamos, hipotecas,...) Un consumidor informado é un consumidor que coñece os seus dereitos e que realiza cada acto de consumo dunha maneira segura e consciente. Existen varios organismos que nos axudan a coñecer e defender os nosos dereitos como consumidores, Ocu A OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) é unha asociación privada independente e sen ánimo de lucro que naceu en 1975 co obxectivo de promover e defender os intereses dos consumidores, orientalos nas súas eleccións como consumidor, traballar para axudalos a resolver os seus problemas de consumo e a facer respectar os seus dereitos fundamentais como consumidores. Informar, asesorar e defender os dereitos dos consumidores son os obxectivos da OCU. Se non se están respectando os teus dereitos como consumidor, a OCU está para defenderte. IGC O Instituto Galego de Consumo creouse co obxecto de desenvolver as actividades relacionadas coa defensa dos dereitos e intereses dos consumidores e usuarios galegos, como un organismo autónomo adscrito á Consellería de Innovación e Industria. Está rexido por un Consello de Dirección no que están representadas as organizacións de consumidores e usuarios de Galicia. Escola galega de consumo Escola galega de consumo Escola galega de consumo Escola galega de consumo Créase como un instrumento para coordinar as actividades de educación e formación no eido do consumo coa finalidade de impulsar e desenvolver a educación e formación dos consumidores galegos a través da realización de cursos, obradoiros, conferencias, publicacións e estudos.

Transcript of Rueiro Do Consumo

Page 1: Rueiro Do Consumo

Visita didáctica

“rueiro do consumo” Vigo 18 de marzo de 2010

Día mundial dos dereitos do consumidor O 15 de marzo celébrase o “Día Mundial dos Dereitos do Consumidor” que este ano ten como

tema “O noso diñeiro, os nosos dereitos” e fará fincapé nos asuntos que preocupan aos consumidores

en relación aos servizos financieiros (préstamos, hipotecas,...)

Un consumidor informado é un consumidor que coñece os seus dereitos e que realiza cada acto

de consumo dunha maneira segura e consciente.

Existen varios organismos que nos axudan a coñecer e defender os nosos dereitos como

consumidores,

Ocu

A OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) é unha asociación privada independente e

sen ánimo de lucro que naceu en 1975 co obxectivo de promover e defender os intereses dos

consumidores, orientalos nas súas eleccións como consumidor, traballar para axudalos a resolver os

seus problemas de consumo e a facer respectar os seus dereitos fundamentais como consumidores.

Informar, asesorar e defender os dereitos dos consumidores son os obxectivos da OCU. Se

non se están respectando os teus dereitos como consumidor, a OCU está para defenderte.

IGC O Instituto Galego de Consumo creouse co obxecto de desenvolver as actividades

relacionadas coa defensa dos dereitos e intereses dos consumidores e usuarios galegos, como un

organismo autónomo adscrito á Consellería de Innovación e Industria. Está rexido por un Consello de

Dirección no que están representadas as organizacións de consumidores e usuarios de Galicia.

Escola galega de consumoEscola galega de consumoEscola galega de consumoEscola galega de consumo

Créase como un instrumento para coordinar as actividades

de educación e formación no eido do consumo coa finalidade de

impulsar e desenvolver a educación e formación dos

consumidores galegos a través da realización de cursos,

obradoiros, conferencias, publicacións e estudos.

Page 2: Rueiro Do Consumo

Omic As Oficinas Municipais de Información ao Consumidor están nos Concellos,

como administración máis próxima ao cidadán. A súa finalidade é informar,

orientar e educar aos consumidores para un adecuado exercicio dos seus dereitos,

a través de campañas divulgativas, publicacións, certames, etc.

As OMIC atenderán e tramitarán as queixas, reclamacións e denuncias dos

consumidores realizando as mediacións oportunas para a resolución dos conflitos.

O Instituto Galego de Consumo convídanos a pasear polo “RUEIRO DO

CONSUMO” co gallo da celebración do Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores.

Terá lugar entre o 12 e 18 de marzo no IFEVI (Instituto Feiral de Vigo)

Descrición da actividade

Tendo en conta a influencia da publicidade, dos medios de comunicación e da propia

dinámica do mercado que nos leva a adquirir cada vez máis bens materiais, saber elixir e

entender o papel que o consumo xoga no sistema, tanto económico como social e sobre

todo educativo, é fundamental para que as persoas camiñen desde as idades máis

temperás ata a etapa adulta, cara un posicionamento crítico que lles permita realizar un

consumo responsable.

A actividade “Rueiro do Consumo” trata de percorrer unha rúa, na que poder

achegarse ao eido do consumo a través da realización de experiencias e actividades en

espazos tales como tendas, oficinas, bancos, exposicións,.....

A duración da actividade será superior ás dúas horas, e farase en grupos de 15

compoñentes aproximadamente.

As “paradas” nesta rúa serán as seguintes:

Un supermercado

No que poderedes realizar unha compra responsable.

Un ciber No que poderedes coñecer os criterios de páxina segura na rede,

nas compras a través de internet e xestión da conta de correo

electrónico.

Ag21 escolar e climántica Con actividades sobre paisaxismo e cambio climático. Podes

ver antes algunhas das actividades que teñen nas súas páxinas:

http://eduprimaria.climantica.org/

Page 3: Rueiro Do Consumo

oficina de banca Coñeceremos as reviravoltas asociadas a unha conta bancaria ou

o uso dos produtos ofertados (tarxetas de crédito, de débito, etc.) e

cousas máis complicadas, xa para os maiores.

Oficina de consumo Nun mapa poderedes pescudar cal é a asociación de consumidores ou OMIC máis

próxima á túa localidade. Explicarase o funcionamento de ditas oficinas e en que caso

debemos acudir a elas.

Sala de mediación e arbitraxe Realización dunha simulación de arbitraxe (resolución

de conflitos) , alternando cun conto para os máis pequenos.

Unha reprodución dunha casa Visualización de produtos retirados ou inmobilizados polo IGC

do mercado. Realización dun instrumento de seguridade .

Tenda de comercio xusto Exposición de produtos de comercio xusto coa intención de

dar a coñecer e sensibilizar aos asistentes de cara a un comercio

alternativo.

Galería de exposicións Exposición dos traballos premiados no curso anterior. Lembrades as comidas sas e

saudables? E a Archimboldo, e Carl Warner????

Artesanía. Baixolizo Averigua antes de ir que é iso do baixolizo.

Inega Instituto Galego de Enerxía , preséntanos unha exposición de

enerxías renovables.

Galicia calidade Coñeceremos a marca de garantía do goberno galego,

así como os produtos que teñen este cuño a día de hoxe.