Sagrada familia

11
FESTA DA SAGRADA FAMILIA - Ciclo C El baixou con eles a Nazaré e vivía baixo a súa autoridade. A súa nai conservaba todas estas cousas no seu corazón. Xesús medraba en estatura, en sabedoría e en graza ante Deus e mais dos homes. Lc 2, 48-52

Transcript of Sagrada familia

FESTA DA SAGRADA FAMILIA - Ciclo C El baixou con eles a Nazaré e vivía baixo a súa autoridade. A súa nai conservaba todas estas cousas no seu corazón. Xesús medraba en estatura, en sabedoría e en graza ante Deus e mais dos homes.

Lc 2, 48-52

Pero é necesario recordar que

a familia pertence ao “patrimonio da humanidade” con máis razón que as cidades históricas, as reservas forestais ou os lagos máis fermosos.

Non é fácil falar da familia. Hoxe ábrense ante os nosos ollos moitas definicións da mesma.

Ter familias sas é unidas sería ata una inversión económica para a nosa sociedade.

Sería cínico quedarse neste aspecto, pero algunha vez habería que recordárllelo aos que organizan a

nosa vida.

As lecturas bíblicas deste domingo desvélannos o que permanece para sempre.

“O que honra a seu pai expía os seus pecados…. Ao que honra á súa nai o Señor escóitao ( Eclo 3, 3-17)

Os tempos cambiaron, pero segue sendo a proba e o froito do amor.

E o amor, non o egoísmo, ha de ser a base da comunidade familiar.

A liturxia da festa non esquece o toque peculiar que fai cristiá a unha familia.

Xesús é adolescente é sobe ao Templo cos seus pais.

Catro leccións que permanecen no tempo e polos séculos:

O neno perdido é finalmente atopado, fala cun ton que manifesta a súa dignidade.

O pequeno revélase como un gran Mestre.

Fronte aos pais da terra, refírese a Deus

como a seu Pai.

E a súa casa non é o obradoiro de cada día

senón a casa de oración.

Buscar o fillo amado é deber impostergable,pero hai outra busca

relixiosa que non se pode esquecer.

Ante a sabedoría que fala pola boca do fillo, resalta o

non saber e non entender

dos que viven ao seu lado.

O fillo que se amosa tan achegado ao divino, compórtase como humano e medra cada día

como todos.

Noso Pai, ti nos

despertaches á vida no seo dunha

comunidade de amor

Dámosche grazas por este don da

túa graza e confiámosche o camiño e os proxectos de

todas as nosas familias. Amén

Texto: José Román Flecha

Palabra do Señor Salamanca 2007