Secretario: Manuel Vilar Álvarez n xuño 2/2014 PEDRÓN DE OURO...

4
máis escuro anonimato. Tivo lugar este primeiro cambio de impresións o 30 de marzo de 1964, luns de pascua en Pa- drón. E dos ditos pasaron aos feitos con toda rapidez porque mes e medio des- pois, o 17 de maio de 1964, tivo lugar nesta casa de Rosalía, que desde entón ata hoxe nos acolleu invariablemente, o acto de entrega do primeiro Pedrón de Ouro concedido ao poeta Faustino Rey Romero. Na noite dese mesmo día a Agrupación Teatral Cantigas e Agarimos, de Santiago, baixo a dirección de Rodol- fo López Veiga, representou “Os vellos non deben de namorarse”, de Castelao, para o que o incipiente Pedrón contou coa colaboración da Xunta de Festas de Padrón. Deseguido constituíuse o Padroado que, presidido por Octavio Sanmartín, quedou composto por Avelino Abuín, Máximo Sar, o xornalista Borobó, Ca- milo Agrasar, Faustino Rey Romero e Modesto Rodríguez Figueiredo. Foi este último, Modesto Rodríguez Figueiredo, un entusiasta vicepresidente do Pedrón, que morreu en acto de servizo, ao en- tregarlle a Xosé María Lema o premio de Etnografía que en 1976 convocara o Pe- drón. Modesto pronunciou un fermoso e apaixonado discurso que rematou cos coñecidos versos de Cabanillas: «Roseira que o trebón deixou espida é a sagra Terra nosa. ¡Temos que pôla ergueita, frorecida, cada pinga de sangue nunha rosa!» Ao concluír o recitado caeu debruzado sobre a mesa, sen que nada puidesen facer os que o asistiron. En honor a el, o Concurso de narracións breves que anualmente convoca o Pedrón leva o nome de Modesto Rodríguez Figueiredo. Paseniñamente fóronse incorporan- do ao Padroado do Pedrón de Ouro Avelino Pousa Antelo, Xavier Pousa, Xaquín Lorenzo, Xosé Porto Matalo- bos, Antonio Rodríguez Fraiz, Salva- dor García-Bodaño, Agustín Portela, ata a composición actual que confor- mamos, Fernando Acuña Castroviejo, Manuel Caamaño Suárez, Xosé María Dobarro Paz, Xosé Ramón Fandiño xuño 2/2014 P.D. tel. 981 583 620 n fax 981 554 840 n www.museodopobo.es n correo electrónico: [email protected] Director: Carlos García Martínez n Subdirectora: María-Xosé Fernández Cerviño n Secretario: Manuel Vilar Álvarez Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe n Edición: Nieves Ozores xuño 1 PEDRÓN DE OURO 2014 Reproducimos unha parte do discurso do presidente da Fundación do Pedrón de Ouro, Xosé Ramón Fandiño Veiga, coas palabras que dedicou ao Museo do Pobo Galego no acto de entrega: O Pedrón de Ouro naceu dunha idea compartida polo poeta Avelino Abuín de Tembra e o xurista Máximo Sar. Con- viron ambos na conveniencia de poñer en valor e exaltar cada ano a un dos nosos escritores, poetas, artistas, filóso- fos e científicos que na década dos 60 do século pasado viñan laborando no O 18 de maio celebrouse na Casa da Matanza o acto de entrega do Pedrón de Ouro 2014 ao Museo do Pobo Galego. Foi o mantedor Xosé Luís Méndez Ferrín e no mesmo acto fíxose entrega do Pedrón de Honra a Teresa Soeiro, profesora da Facultade de Letras da Universidade do Porto e socia do MPG.

Transcript of Secretario: Manuel Vilar Álvarez n xuño 2/2014 PEDRÓN DE OURO...

Page 1: Secretario: Manuel Vilar Álvarez n xuño 2/2014 PEDRÓN DE OURO …museodopobo.gal/web/uploads/pdf/PAXINAS_02-2014_env2.pdf · 2015-03-30 · de Santiago, baixo a dirección de Rodol-fo

máis escuro anonimato. Tivo lugar este primeiro cambio de impresións o 30 de marzo de 1964, luns de pascua en Pa-drón. E dos ditos pasaron aos feitos con toda rapidez porque mes e medio des-pois, o 17 de maio de 1964, tivo lugar nesta casa de Rosalía, que desde entón ata hoxe nos acolleu invariablemente, o acto de entrega do primeiro Pedrón de Ouro concedido ao poeta Faustino Rey Romero. Na noite dese mesmo día a Agrupación Teatral Cantigas e Agarimos, de Santiago, baixo a dirección de Rodol-fo López Veiga, representou “Os vellos

non deben de namorarse”, de Castelao, para o que o incipiente Pedrón contou coa colaboración da Xunta de Festas de Padrón.

Deseguido constituíuse o Padroado que, presidido por Octavio Sanmartín, quedou composto por Avelino Abuín, Máximo Sar, o xornalista Borobó, Ca-milo Agrasar, Faustino Rey Romero e Modesto Rodríguez Figueiredo. Foi este último, Modesto Rodríguez Figueiredo, un entusiasta vicepresidente do Pedrón, que morreu en acto de servizo, ao en-tregarlle a Xosé María Lema o premio de Etnografía que en 1976 convocara o Pe-drón. Modesto pronunciou un fermoso e apaixonado discurso que rematou cos coñecidos versos de Cabanillas:

«Roseira que o trebón deixou espidaé a sagra Terra nosa.¡Temos que pôla ergueita, frorecida,cada pinga de sangue nunha rosa!»

Ao concluír o recitado caeu debruzado sobre a mesa, sen que nada puidesen facer os que o asistiron. En honor a el, o Concurso de narracións breves que anualmente convoca o Pedrón leva o nome de Modesto Rodríguez Figueiredo.

Paseniñamente fóronse incorporan-do ao Padroado do Pedrón de Ouro Avelino Pousa Antelo, Xavier Pousa, Xaquín Lorenzo, Xosé Porto Matalo-bos, Antonio Rodríguez Fraiz, Salva-dor García-Bodaño, Agustín Portela, ata a composición actual que confor-mamos, Fernando Acuña Castroviejo, Manuel Caamaño Suárez, Xosé María Dobarro Paz, Xosé Ramón Fandiño

xuño 2/2014

P.D.

tel. 981 583 620 n fax 981 554 840 n www.museodopobo.es n correo electrónico: [email protected]: Carlos García Martínez n Subdirectora: María-Xosé Fernández Cerviño n Secretario: Manuel Vilar ÁlvarezRedacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas DíazAdministración: Xulia Vázquez Randulfe n Edición: Nieves Ozores

xuño 1

PEDRÓN DE OURO 2014

Reproducimos unha parte do discurso do presidente da Fundación do Pedrón de Ouro, Xosé Ramón Fandiño Veiga, coas palabras que dedicou ao Museo do Pobo Galego no acto de entrega:

O Pedrón de Ouro naceu dunha idea compartida polo poeta Avelino Abuín de Tembra e o xurista Máximo Sar. Con-viron ambos na conveniencia de poñer en valor e exaltar cada ano a un dos nosos escritores, poetas, artistas, filóso-fos e científicos que na década dos 60 do século pasado viñan laborando no

O 18 de maio celebrouse na Casa da Matanza o acto de entrega do Pedrón de Ouro 2014 ao Museo do Pobo Galego. Foi o mantedor Xosé Luís Méndez Ferrín e no mesmo acto fíxose entrega do Pedrón de Honra a Teresa Soeiro, profesora da Facultade de Letras da Universidade do Porto e socia do MPG.

Page 2: Secretario: Manuel Vilar Álvarez n xuño 2/2014 PEDRÓN DE OURO …museodopobo.gal/web/uploads/pdf/PAXINAS_02-2014_env2.pdf · 2015-03-30 · de Santiago, baixo a dirección de Rodol-fo

xuño 2

Veiga, Carlos García Martínez, Xosé Antonio Gómez Segade, Xoán López Rico, David Otero Fernández, Xesús Santos Suárez e Xosé Lino Vázquez Monxardín, presididos sucesivamente por Gustavo Santiago Valencia, Aveli-no Abuín e Manuel Caamaño.

Nun ano tan especial como o do noso cincuentenario, o Padroado da Fun-dación quere distinguir co Pedrón de Ouro ao Museo do Pobo Galego polo seu compromiso co patrimonio históri-co-antropolóxico e a súa condición de centro sintetizador da rede de museos etnográficos de Galicia. Xurdido da so-ciedade civil nun momento en que os profundos cambios sociais, económi-cos e ideolóxicos poñían en perigo a pervivencia da cultura popular, o Museo do Pobo Galego naceu co propósito de ser un referente da identidade galega que, con carácter dinámico, lle mostra-se aos propios galegos a cultura xerada polo pobo e aos foráneos como se foi conformando a personalidade e a tra-dición histórica de Galicia, sobre todo neste momento no que hai que loitar

para liberar a tradición dun conformis-mo que ameaza con sepultala, no que hai que loitar contra as inxustizas do mundo, contra o desequilibrio social e contra o poder que asoballa e que co-rrompe e que está a converter o eido cultural nun ermo dificilmente habitable. É o profesor Xusto Beramendi quen, como presidente do Padroado, recolle a Medalla e o Pergamiño que acreditan o Museo como Pedrón de Ouro 2014, pero o Museo do Pobo Galego é unha obra colectiva de centos de persoas, os anteriores presidentes do Padroado e os actuais director, subdirectora, secreta-rio, Xunta Reitora, equipo técnico, pa-tróns e socios. O Pedrón séntese orgu-lloso da traxectoria do Museo do Pobo Galego nos seus 38 anos de existencia e considera un deber moral apoialo como facho guieiro da galeguidade, tal e como a concibían os vellos mestres do Semi-nario de Estudos Galegos. E queremos, asemade, vincular o noso cincuentenario co 25 aniversario do pasamento de Xaquín Lorenzo, sig-nificado impulsor do Museo do Pobo

Galego e vicepresidente que foi do Pe-drón de Ouro e a quen esta institución o investiu como presidente de honra na romaría do Viso, na súa Lobeira natal, mentres a Coral de Ruada o no-meaba corista de honor e lle cantaba:

«Quen me dera en Lobeira,Quen en Lobeira me dera.Quen me dera en Lobeira,Lobeiriña, miña terra.»

Remato lembrando as palabras que en 1980, ao recibir o Pedrón de Ouro, pronunciou Álvaro Cunqueiro, xa moi ferido de morte, sentado nese valo de debaixo da parra: “É preciso para ben e para decoro do mundo que Galicia continúe. E se continúa a lingua nós continuaremos como pobo. E se a lin-gua non continúa, nós non continuare-mos como pobo”.

Quede constancia da nosa fonda gra-titude á Fundación do Pedrón de Ouro por este recoñecemento tan estimado, xunto cos parabéns polos 50 anos de labor incesante e xenerosa en prol da cultura galega.

>> En cumprimento do acordo da Asemblea de socias e socios do Museo, celebrada o 10 de maio de 2014, e a proposta da Dirección do Museo, a Xunta Reitora, en sesión de 14 de maio de 2014, acordou aprobar a “Carta de Servizos para Per-soas e Entidades Socias do Museo do Pobo Galego”:

I. Servizos para persoas socias· participar como membro de pleno

dereito na Asemblea anual de socios e socias,

· entrada gratuíta ao Museo para a persoa titular e entrada reducida para acompañantes (2 € por persoa),

· recepción de invitacións aos actos do Museo, das Páxinas informativas e de información por correo electrónico e participación nas actividades que se organicen,

· recepción gratuíta das publicacións que acorden os órganos competentes,

· préstamo domiciliario de biblioteca e videoteca nas condicións establecidas,

· desconto do 40% nas publicacións científicas do Museo e 10% de desconto noutros artigos á venda,

· participación activa na vida do Museo: elixir e ser elixida como

CARTA DE SERVIZOS para persoas e entidades socias do MPG

· doazón de publicacións do fondo de duplicados,

· préstamo de exposicións itinerantes, de fondos das reservas, biblioteca e videoteca do Museo, con fins didácticos e divulgativos, coas condicións específicas establecidas para cada caso,

· asesoramento en materia de etnografía, museografía e exposicións,

· uso preferente das dependencias do Museo, nas condicións regulamentariamente establecidas, para actividades do colectivo.

Para faceren uso destes servizos, as per-soas e entidades interesadas deberán acre-ditar a súa condición de socios ordinarios ou institucionais do Museo e estaren ao corren-te no pagamento das cotas.

1 As persoas que non dispoñan desta utilidade debe-rán notificalo ao Museo do Pobo Galego no teléfono 981 583 620, para que se rexistre o envío por correo ordinario.

2 Teñen esta condición aqueles colectivos que subscri-biran unha cota anual de 150 € ou superior.

3 A Biblioteca ten a disposición unha lista de títulos. Os gastos de envío correrán por conta do colectivo receptor.

4 Asinarase unha acta de cesión na que se especifica-rán os requirimentos relativos a seguros e gastos de transporte.

representante no Padroado e mais na Xunta Reitora; colaborar na Oficina de Socios e Socias e nas súas actividades; participar en actividades exclusivas, como excursións e saídas, exposición Entre amigos e outras; presentación á revista Adra de artigos relacionados coa cultura de Galicia, previa aprobación polo Comité de Redacción; prioridade nas actividades de voluntariado que organice o Museo.

II. Servizos para socios institucionais (concellos, centros docentes, aso-ciacións, empresas)

· participar como membro de pleno dereito na Asemblea anual de socios e socias,

· recepción de invitacións aos actos do Museo, das Páxinas informativas e de información por correo electrónico, e participación nas actividades que se organicen,

· recepción gratuíta das publicacións que acorden os órganos competentes,

· desconto do 40% nas publicacións científicas do Museo e 10% de desconto noutros artigos á venda,

· organización de visitas para grupos pertencentes á entidade socia, previa solicitude

O Museo recibiu a medalla de honor da Real Academia de Belas Artes

Page 3: Secretario: Manuel Vilar Álvarez n xuño 2/2014 PEDRÓN DE OURO …museodopobo.gal/web/uploads/pdf/PAXINAS_02-2014_env2.pdf · 2015-03-30 · de Santiago, baixo a dirección de Rodol-fo

xuño 3

>>

>>

>>

A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo

Producida pola Rede Museística Pro-vincial de Lugo. Ata o 31 de agosto

A mostra, comisariada por Teresa Pena e Fernando Arribas, presenta máis de 350 pezas coas que se amosa a evo-lución creativa do polifacético intelec-tual galego neste eido, que abrangue un período que vai dende 1947 ata 2006, con obras pertencentes ás tres fábricas que fundou e dirixiu: O Castro (Sada-A Coruña), Magdalena (Arxenti-na) e Sargadelos (Cervo-Lugo).

Esta singular exposición, a primeira que se realiza sobre esta faceta artís-tica de Díaz Pardo á que consagrou gran parte da súa vida, inclúe bos-

A Illa de Ons, unha cultura, unha identidade

Fotografías de Staffan e Mikael Mör-ling e achegas documentais de Josefa Otero Patiño.

Producida pola Consellería de Medio Rural e do Mar. Ata o 31 de xullo

A illa de Ons, na boca da ría de Pontevedra, ten unha fronte montesía cara ao mar e un interior agarimoso que protexe dos ventos unha comunidade mariñeira que acadou máis presenza ca en calquera das que for-man o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Aínda que o terreo permite a produción agraria, a dedicación á pesca determinou o carácter da illa e dos seus habitantes. Mais tamén esta especialización causou a decadencia da comunidade desde o mo-mento en que as súas xentes marcharon para Bueu ou Beluso na procura de me-llores portos para as novas embarcacións,

9ª Mostra de Cinema Etnográfico

Durante a primeira semana de xuño des-envolveuse a novena edición da Mostra de Cinema Etnográfico que organiza o Depar-tamento de Educación e Acción Cultural.Na sección Carlos Velo programáronse nove filmes:- En calquera lugar. Entre cá e lá, de Xes Chapela

(Galicia, 2012)- Fóra do Continente, de Nico Martínez Millán

(Galicia-Cataluña, 2014)- Pettring, de Eloy Domínguez Serén

(Galicia-Suecia, 2013)- Camping Wesertal, de Hugo Amoedo

(Galicia-Bélxica, 2013)- Souvenir, de Gerardo Carreras Cáceres

(Canarias, 2013)

EXPOSICIÓNS

son prototipos que non se chegaron a comercializar ou pezas que xa están esgotadas hai moito tempo.

para facer un percorrido pola vida comu-nitaria de homes e mulleres insulares nos anos 60-70, coas súas actividades cotiás e os grandes acontecementos das súas vidas. A pesca, a agricultura, a matanza, as festas, os casamentos, a morte,… son obxecto das fotografías expostas.

A Mostra está patrocinada polo Concello de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, e conta coa colaboración do Festi-val Espiello, da Comarca de Sobrarbe e do Cineclube Compostela.

quexos orixinais que ven a luz por vez primeira. Hai que subliñar tamén que moitas das obras que conforman a mostra son descoñecidas e outras

que a illa non podía acoller no seu porto no inverno.

A vida na illa, as condicións impostas pola xeografía e polo clima son tamén causas da identidade que reafirmaba os onsinos fronte aos demais e marcaba as diferen-zas. Con esta intención naceu esta mostra,

- A mesma terra, de Anxo Vázquez (Galicia, 2013)- Torreiros, de Pablo Ces (Galicia, 2013)- Dez centímetros máis perto do ceio, de Raquel Rei

(Galicia-Cataluña, 2012)- Shoots from Abyssinia, de Ovidio Fernández

(Galicia, 2013)

A sección Espiello incluíu as películas pre-miadas en Espiello 2013: Danzak pacha: la revelación de la chakana, de Polinario Tanta Ramírez (Perú, 2012), Metamorphosen, de Sebastian Mez (Alemaña, 2011) e Funeral season, de Matthew Lancit (Canadá, 2011). Presentáronse tamén dúas curtas selecciona-das polo Sundance Short Film Festival 2013: Irish Folk Furniture, de Tony Donoghue (Irlan-da, 2012), e 30%, Women and Politics in Sie-rra Leone, de Anna Cady (Reino Unido, 2012)

ActIvIDADes

Page 4: Secretario: Manuel Vilar Álvarez n xuño 2/2014 PEDRÓN DE OURO …museodopobo.gal/web/uploads/pdf/PAXINAS_02-2014_env2.pdf · 2015-03-30 · de Santiago, baixo a dirección de Rodol-fo

xuño 4

Premios

Nosos parabéns máis cordiais para a profesora Teresa Soeiro, socia e colaboradora do noso Museo, que como xa se menciona ao comezo destas Páxinas, foi distinguida pola Fundación do Pedrón de Ouro co Pedrón de Honra 2014. Asociada do Departamento de Ciências e Técnicas do Património na Facultade de Letras da Universidade do Porto, a profesora Soeiro acredita unha longa traxectoria de colaboración coas institucións académicas de Galicia, onde ten participado en numerosas escavacións arqueolóxicas e traballos

científi cos. Foi directora do Museu de Penafi el e coordinou e asesorou múltiples proxectos museolóxicos e exposicións.

NecrolóxicasO 1 de febreiro pasado fi nou na súa casa de Santiago de Compostela o profesor Manuel Remuñán Ferro, despois dunha longa vida dedicada á docencia do Dereito na USC e, no-meadamente, á defensa e promoción do patrimonio histórico de Composte-la e do Camiño de Santiago. Por estes merecementos cívicos foi distinguido coa medalla de ouro da súa cidade

natal e mais coa medalla Castelao da Xunta de Galicia.

O tamén socio Augusto Carro Otero faleceu o 31 de maio. Membro dunha coñecida familia compostelá, titular do establecemento Ultramarinos Carro, que seu avó Tomás fundara no Cantón do Toural no ano 1880. Era sobriño do sacerdote e académico Xesús Carro García, responsable da salvación de boa parte dos fondos do Seminario de Estudos Galegos no momento da súa disolución.

As nosas condolencias ás respectivas familias.

NOVAS DAS SOCIAS E SOCIOS>>

>>

>>

Na asemblea de socias e socios de maio de 2013 unha das cuestións que se suscitaran fora a de regular a colaboración das persoas asociadas nos labores do Museo. Neste sentido, a Xunta Reitora comprometeuse a formalizar a alta do Museo no pro-grama de voluntariado da Xunta de Galicia, e así se fi xo.

O programa foi inaugurado por María Castro Calvo, María Tilve Costas e Mariví Pardo Gómez, que colaboran asiduamente co depto. de Biblioteca e Arquivo, e por Isabel Vigo Rodríguez, alumna de máster da Universidade da Coruña (campus de Ferrol), que participa nas tarefas do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade www.apoi-mpg.org

VOLUNTARIADO

>> Campaña de ampliación do apoio social

Continúa a campaña de captación de novos socios e socias co fi n de ampliar a nosa base social e de camiñar con máis independencia e pegados á realidade que nos debe sustentar e á que nos debemos dirixir. Os socios e socias son fundamentais para que o proxecto do Museo do Pobo Galego siga vivo. Nos cinco primeiros meses superamos os 100 novos socios, pero aínda estamos lonxe do obxectivo sinalado, 500 altas en 2014. Esperamos seguir contando co apoio de todas e todos.

PáxinasInformativasdo Museo do Pobo Galego

Museo do Pobo Galego Colabora:San Domingos de Bonaval. 15703 Santiago de Compostelatel. 981 583 620· fax 981 554 840 www.museodopobo.es · correo-e: [email protected]

ESPAZO DOS PATROCINADORES E SOCIOS PROTECTORESFundación Juana de Vega www.juanadevega.org

A última entidade incorporada como socio protector do Museo do Pobo Galego é a Fundación Juana de Vega. Constituída no ano 1872, por vía testamentaria por Dª Juana María de la Vega Martínez y Losada, Condesa de Es-poz y Mina, o seu principal obxectivo era crear unha escola teórico-práctica de agricultura. Na década de 1970 o Padroado iniciou un expediente de cambio de fi ns dentro do espírito fundacional, que fi xera posible o funcionamento práctico da institución. Dende xullo de 1985, a Fundación está inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Xunta de Galicia.

No ano 1996 un convenio co Concello de Oleiros permite re-habilitar a casa pazo A Carballeira, sita en San Pedro de Nós, na que se instala a sede da Fundación, e na que funciona unha Escola Vinculada ao Uso Natural do Chan. Desde esa data, a Fundación incrementa notablemente o número de actividades e no ano 2004 modifi ca os seus estatutos ampliando o ámbito de actuación a toda Galicia e incluíndo dentro do obxecto social o impulso e a difusión da vida e obra de Dª Juana de Vega e do seu contexto histórico.

Dentro das novas actividades cabe destacar a creación no seo da Universidade de Santiago de Compostela da Cátedra Juana de Vega, a implantación do Máster Juana de Vega de Arquitec-tura da Paisaxe, o impulso dunha liña de actividade centrada na investigación, e a creación da Escola Galega da Paisaxe.

PATROCINADORESEngasa Energía de Galicia S.A.Fundación La RosaledaAluminios Cortizo S.A.

SOCIOS PROTECTORESEduardo Beiras García-MartíFundación Rodríguez IglesiasI.X.P. Ternera GallegaO 16 Casa de Xantar

Progando S.L.Restaurante María CastañaRestaurante La Bodeguilla de San RoqueCoop. Agraria Provincial da CoruñaR Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A.

Vitivinícola do Ribeiro – Viña CosteiraMadeiras OrnandaJ.J. ChicolinoGadisa RetailFundación Juana de Vega