Sesión 1 25mar2011

5
CURSO “ACHEGAS DAS NOVAS APLICACIÓNS DIXITAIS ÁS LINGUAS ESTRANXEIRAS” Sesión: Venres, 25/03/2011. 17h30-21h. Relator: Marco Vélez Barreiro EXPOSICIÓN TEÓRICA (1h45’) 1. INTRODUCIÓN: CONCEPTOS XERAIS (15’) a) A escritura colaborativa: blogues, wikis e Google Sites. b) Usos educativos de blogues, wikis e Google Sites: O diario persoal do profesor (escritura privada). O blogue da clase (escritura en equipo). O blogue divulgativo (escritura visible para todo o mundo). c) Qué é un blogue: natureza e utilidade. Exemplos de blogues: http://robertogonzalezdecuenca.blogspot.com/ e http://elblogdelingles.blogspot.com/ O concepto de post ou entrada. Creación e edición. A estrutura dun blogue: estrutura típica e modificacións posibles. O uso de material audiovisual (fotos, presentacións, vídeos, audio, ligazóns externas...) d)Principais plataformas de blogues de balde e as súas características. Blogger. http://www.blogger.com Wordpress. http://www.wordpress.com Typepad. http://www.typepad.com 2. A CONSTRUCIÓN DUN BLOGUE CON BLOGGER (1h15’) a) Creando un blogue. (15’) Creación dunha conta en Blogger. O deseñador de plantillas: personalizando a presentación.

Transcript of Sesión 1 25mar2011

Page 1: Sesión 1   25mar2011

CURSO “ACHEGAS DAS NOVAS APLICACIÓNS DIXITAIS ÁS LINGUAS ESTRANXEIRAS”Sesión: Venres, 25/03/2011. 17h30-21h.Relator: Marco Vélez Barreiro

EXPOSICIÓN TEÓRICA (1h45’)

1. INTRODUCIÓN: CONCEPTOS XERAIS (15’)

a) A escritura colaborativa: blogues, wikis e Google Sites.

b) Usos educativos de blogues, wikis e Google Sites:

O diario persoal do profesor (escritura privada). O blogue da clase (escritura en equipo). O blogue divulgativo (escritura visible para todo o mundo).

c) Qué é un blogue: natureza e utilidade.

Exemplos de blogues: http://robertogonzalezdecuenca.blogspot.com/ e http://elblogdelingles.blogspot.com/

O concepto de post ou entrada. Creación e edición. A estrutura dun blogue: estrutura típica e modificacións posibles. O uso de material audiovisual (fotos, presentacións, vídeos, audio, ligazóns

externas...)

d) Principais plataformas de blogues de balde e as súas características.

Blogger. http://www.blogger.com Wordpress. http://www.wordpress.com Typepad. http://www.typepad.com

2. A CONSTRUCIÓN DUN BLOGUE CON BLOGGER (1h15’)

a) Creando un blogue. (15’)

Creación dunha conta en Blogger. O deseñador de plantillas: personalizando a presentación. O configurador de cabeceira.

b) Creando a primeira entrada ou post (15’)

A edición de texto. A edición de HTML. Opcións de entrada:

i. Configurar “Comentarios dos lectores”.ii. Edición da data e hora da entrada.

Page 2: Sesión 1   25mar2011

Xestión de etiquetas nunha entrada: asignación e administración.

c) Incrustación de fotos. (15’)

Desde o equipo local. Desde a web.

d) Incrustación de vídeos. (15’)

Desde o equipo local. Desde a web (Youtube).

e) Editando a configuración do blogue: o menú “Personalizar”. (15’)

A pestana “Creación de entradas”.

i. Subpestana “Nova entrada”.ii. Subpestana “Editar entradas”.

iii. Subpestana “Editar páxinas”.

A pestana “Configuración”. A pestana “Deseño”. A pestana “Estatísticas”.

3. OS “GADGETS” DE BLOGGER (15’)

a) Arquivos do blogue.b) Entradas populares.c) Estatísticas do blogue.d) Seguidores.e) Cadro de busca.f) Texto.g) Imaxe.h) Barra de vídeo.i) Enquisa.j) Lista de blogues.k) Lista de ligazóns.l) Actualidade.m)Etiquetas.n) Ligazóns de suscrición.

Page 3: Sesión 1   25mar2011

CURSO “ACHEGAS DAS NOVAS APLICACIÓNS DIXITAIS ÁS LINGUAS ESTRANXEIRAS”Sesión: Venres, 25/03/2011. 17h30-21h.Relator: Marco Vélez Barreiro

EXERCICIO PRÁCTICO (1h45’)

CREACIÓN DUN BLOGUE PARA A SÚA ASIGNATURA DE INGLÉS OU FRANCÉS.

Obxectivos do blogue:

a) Ser un sitio web de referencia para os alumnos da súa clase.b) Servir de taboleiro de anuncios.c) Servir de repositorio de materiais ao que os alumnos poidan acceder desde as

súas casas.

1. CREANDO O BLOGUE: Acceda ao sitio web de Blogger (http://www.blogger.com) e cree unha conta. Escolla unha plantilla e un nome para o seu blogue.

2. CONFIGURANDO O BLOGUE: Configure o menú “Arquivos do blogue” para que aparezan en primeiro lugar as entradas máis antigas, con estilo “Menú desplegable” e con frecuencia semanal. Cámbielle o nome ao menú por estoutro: “Entradas antigas”.

3. CREANDO UNHA ENTRADA DE TEXTO: Faga unha entrada introducindo un título e un texto con letra “Arial”. Faga que o título teña unha fonte tamaño “Largest” de cor vermella. A continuación, inclúa no texto unha ligazón a un sitio web externo (por exemplo, http://www.nytimes.com/ ou http://www.ouest-france.fr/). Logo, faga unha lista numerada de elementos alineados no centro. Prema en “Vista previa” para ver cómo queda a entrada; logo, “Ocultar vista previa”.

4. CONFIGURANDO A ENTRADA: Asigne dúas ou tres etiquetas á entrada que acaba de redactar. Logo, configure as opcións de entrada para que non se permitan comentarios a esa entrada. Cámbielle a data de publicación á entrada por estoutra: 23/9/2009, ás 10:00. Finalmente, publique a entrada.

5. CREANDO UNHA ENTRADA CON IMAXES: Cree unha nova entrada asignándolle o título: “Incrustación de imaxes”. Escriba un pequeno texto introductorio e a continuación, suba desde o disco duro do seu ordenador a imaxe titulada “Foto1”. Publique a entrada.

6. EDITANDO UNHA ENTRADA XA PUBLICADA: Edite a entrada anterior e engádalle unha imaxe da web. Publique a entrada.

7. CREANDO UNHA ENTRADA CON VÍDEO: Cree unha terceira entrada co título “Incrustación de vídeo”. Suba desde o disco duro do seu ordenador o vídeo titulado “Vídeo1”. A continuación, vaia a http://www.youtube.com (noutra pestana do navegador), escolla un vídeo e incrústeo na entrada do blogue. Publique a entrada.

Page 4: Sesión 1   25mar2011

8. IMPLEMENTANDO GADGETS DE BLOGGER: Vaia á pestana “Deseño” e engada (e configure) na columna da dereita os gadgets seguintes: a) Buscar neste blogue; b) Imaxe; c) Barra de vídeo; d) Enquisa; e) A miña lista de blogues; f) As miñas ligazóns, g) Estatísticas do blogue, h) Entradas populares, i) Etiquetas e l) Páxinas vistas en total.

9. DIVULGANDO O BLOGUE: Averigüe a URL do seu blogue (se non se lembra, vaia desde a páxina principal do blogue a: Personalizar > Configuración > Publicación). Copie a URL e envíea desde a súa conta de correo ao enderezo [email protected]