Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

45
Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

description

Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades. PROXECTO EQUAL ILDER -. 1. ¿Por qué se fala de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes? 2. Un pouco de historia… …e de xeografía. 3. As políticas europeas - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

Page 1: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

Page 2: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - 1. ¿Por qué se fala de igualdade de oportunidades entre mulleres

e homes?

2. Un pouco de historia…

…e de xeografía.

3. As políticas europeas

4. ¿Cómo podemos incorporar medidas pola igualdade no noso traballo?

Page 3: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - Hoxe en día, cando se

fala de “igualdade” para as mulleres, as nosas primeiras ideas van cara a diferentes países do mundo, onde coñecemos casos de grave discriminación das mulleres:

Page 4: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

Page 5: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

Page 6: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

Page 7: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - Pensamos en Afganistán: as mulleres, durante o réxime

talibán, foron obrigadas a levar a “burka” ou gran velo que as cubre ata os pes, e impedíronlles ademáis que exerceran ningunha profesión.

Pensamos en Arabia Saudí: as mulleres non poden conducir nin caminar soas pola rúa, sen iren acompañadas dun parente varón.

Pensamos en China: as nenas son sistemáticamente rexeitadas a favor dos nenos, xa que as parellas chinesas só poden ter un fillo, e prefiren un neno, abandoando ás nenas en orfanatos ou abortando cando saben que o bebé que esperan é unha nena.

Page 8: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - Pensamos na India: as familias da noiva, na ocasión

dunha voda, teñen que pagar cantidades elevadísimas á familia do noivo en concepto de enxoival. Moitas quedan endebedadas de por vida, e no caso en que no paguen, danse moitos casos de asasiñatos de mulleres.

Pensamos nas mulleres violadas en todo o mundo polos “inimigos” cando hai unha guerra.

Page 9: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - Hai tamén

discriminacións contra as mulleres moito menos visibles e igualmente reprobables:

Brasil, Líbano ou Turquía teñen leis que suspenden a condena por violación se o violador casa coa vítima.

En Exipto a lei prohibe a mutilación xenital feminina, pero só no caso de operacións realizadas fora dos hospitais por persoas sen cualificación médica.

En Gabón, a muller casada ten que ter permiso do seu marido para viaxar ao estranxeiro

Page 10: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - Nunca pensamos no noso país.

Porque en España, a partir da aprobación da Constitución de 1978, as persoas son iguais ante a lei independentemente do seu sexo, raza, relixión…

Despois deste momento, as leis discriminatorias españolas foron abolíndose:

Page 11: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - En España, antes de 1975:

As mulleres representaban unha porcentaxe moi pequena dos traballadores. Normalmente non traballaban fora de casa se estaban casadas (só cando estaban solteiras ou viúvas). As súas ocupacións: mestras, enfermeiras, empregadas do fogar, axudantes nas labouras agrícolas.

Eran unha pequena parte dos estudantes de universidade.

Page 12: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - O Código Penal castigaba con gran severidade

o adulterio feminino, pero só castigaba ao home en caso de escándalo público ou se levaba a súa amante a casa.

As mulleres non podían dispor de bens públicos, e debían obedecir ao marido (Código Civil)

Non podían abrir unha conta bancaria sen permiso do seu marido, non podían adquirir bens nen dispor dos seus ingresos laborais (no caso de que traballaran).

Tan só en 1970 se modifica a lei que obrigaba a abandoar o posto de traballo ás mulleres despois de casadas.

Page 13: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - Despois de 1975 prodúcense moitas modificacións lexislativas, unhas de gran calado, outras en cuestións de forma:

Lei 40/1999, de apelidos dos fillos e fillas (pódese elixir cal vai antes, o do pai ou o da nai)

Lei de conciliación entre a vida familiar e profesional, do 2003.

Lei da orde de protección para as vítimas de violencia doméstica (2003)

Lei integral contra a violencia de xénero (2004)

Page 14: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

Sigue manténdose unha única discriminación “legal” contra as mulleres:

O apartado 1 do artigo 57 establece a preferencia do home sobre o muller na sucesión ao Trono de España: de aí toda a controversia en torno á nova filla que vai nacer dos príncipes de Asturias

Page 15: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

Pero…

Modificar as leis non significa que a sociedade vaia cambiar de inmediato.

Igualdade “formal” (ante a lei) non significa igualdade “material” (real).

Existen numerosos eidos nos que as mulleres aínda non teñen conquerido a igualdade cos homes

Page 16: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - Unhas cantas cifras:

O 70% das persoas analfabetas no mundo son mulleres.Uns 72 millóns de mulleres fallan no mundo, debido á prática de

abortos selectivos, infanticidio, abandono de nenas recén nacidas ou desatención durante a infancia.

O 53% das mulleres que viven nos denominados Países Menos Avanzados (PMA) non sabe ler nin escribir.

En Camerún, Chad, Guinea, Nixeria, Mali e Senegal, o 30% das mulleres casadas están dentro de unións polígamas.

As estimacións din que 4 millóns de nenas en todo o mundo son anualmente compradas e vendidas con destino ao matrimonio, a prostitución ou a escravitude.

Page 17: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

As mulleres son minoría nos parlamentos e gobernos mundiais.

Ocupan un número moi reducido de postos de responsabilidade nas empresas.

En moitos países do mundo están discriminadas pola lexislación.

Page 18: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - En España:

As mulleres son o 36% da actual composición do Parlamento español.

O 27,35% das concelleiras dos concellos de España (dato do 2003).

Nos altos cargos da administración, son un 31%, a pesares de que o número de ministros e ministras é paritario.

En embaixadas, as mulleres son tan só un 7,7%.

Page 19: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - En España,

As mulleres ocupan o 78% dos empregos a tempo parcial, e de todos os contratos a xornada completa, as mulleres son o 34,6%.

Cada ano abandonan o seu emprego por razóns persoais ou responsabilidades familiares 400.000 mulleres (fronte aos 14.500 homes que abandoaron por estas razóns no 2004).

Os homes cobran entre un 20 e un 40% máis de media.

As taxas de emprego das mulleres baixan cando te´ñen un fillo, mentres que no caso dos homes, aumentan

Page 20: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - As mulleres hoxe en día no noso país:

teñen máis dificultades para conquerir un posto de traballo, porque:

-se encargan, habitualmente en solitario, da casa, dos fillos e fillas e das persoas maiores, o que lles deixa menos tempo para traballar fóra da casa e para formarse.

-os empresarios prefiren contratar a homes que a mulleres porque os homes non teñen tantas responsabilidades familiares, e non abandoan temporalmente o posto de traballo por embarazo e/ou maternidade.

-habitualmente teñen formación en sectores ou especialidades onde o paro é máis elevado e non se poden ocupar noutros sectores moi masculinizados, onde si hay emprego, por falla de formación ou polos estereotipos que imperan na nosa sociedade.

Page 21: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

Se un home e unha muller, cos mesmos méritos e formación, se presentan hoxe en día a unha oferta de traballo, existen máis posibilidades de que sexa elixido o home que a muller.

Este feito dase, non porque o candidato home sexa mellor candidato, senón porque é home.

Page 22: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - As políticas de igualdade de oportunidades:

Tentan conquerir que as mulleres participen en todos os eidos da vida –política, económica, social, laboral, cultural- en igualdade de condicións que os homes.

Eso quere dicir que se eliminen os obstáculos que impiden a súa participación en igualdade, pero tamen…

Que o número de mulleres participantes e o número de homes se equilibren.

Page 23: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - Igualdade de oportunidades e

representación política.

Paridade: unha cuestión debatida.

A idea de que as mulleres deben ocupar o 50%, aproximadamente, dos cargos e das responsabilidades políticas ven do feito de que son tamén a metade da poboación do mundo, polo que cando non están suficientemente representadas, este feito constitúe unha perda para o conxunto da sociedade.

Empezou a falarse de “democracia paritaria” na Declaración de Atenas do Cumio Europeo Mulleres no Poder, en 1992.

Page 24: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - Un primeiro paso para esa “paridade” está no

establecemento de cotas nas leis electorais.

Este sistema, que deben aplicar os partidos políticos cando confeccionan as listas electorais, plantexa que o número de mulleres e homes nas listas sexa o mesmo, e que ocupen postos da mesma categoría dentro desas listas (que non vaian as mulleres ao final, onde non teñen opcións de seren elixidas)

Page 25: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

As medidas de cotas, en diferentes eidos e con distintas porcentaxes, téñense aplicado en varios países do mundo:

Francia, Noruega, Suecia, Dinamarca, Arxentina, Costa Rica, México, Paraguai, Bolivia, Venezuela, Honduras

Page 26: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

En España o proxecto de lei de igualdade que se tramita no Parlamento esixirá aos partidos políticos que as listas electorais teñan alomenos un 40% de mulleres (ou de homes) e non máis dun 60% do sexo máis representado.

Esas listas terán que ir confeccionadas incluindo un nome de home e sucesivamente outro de muller, ata o final.

Page 27: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

OS 16 PAÍSES DO MUNDO CON MÁIS DUN 25% NOS ÓRGANOS LEXISLATIVOS (2000)

SueciaVenezuelaBosnia-HerzegovinaEspañaCubaAustriaGranadaArgentinaVietnamNamibia

DinamarcaFinlandiaNoruegaPaíses BaixosIslandiaAlemaniaMozambiqueSudáfricaNueva Zelanda

Page 28: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

Ademáis da política, en Europa importa fundamentalmente o emprego

As políticas europeas pretenden conquerir a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Son particularmente incisivas na lexislación en materia laboral e na política nesa materia.

Actualmente, pretenden conquerir os seguintes obxectivos (programa de acción 2006-2010):

Independencia económica para mulleres e homes

Conciliación da vida privada e actividade profesional

Representación equitativa na toma de decisións

Erradicación de todas as formas de violencia de xénero

Eliminación dos estereotipos sexistas

Promoción da igualdade de xénero na política exterior e no desenvolvemento

Page 29: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - Como?

Conquerindo unha taxa de emprego feminino do 60% en Europa no 2010 (actualmente é do 55,7% e moito menor, 31,7% en mulleres de 55 a 65 anos).

O índice de desemprego das mulleres é superior ao dos homes (9,7% fronte a 7,8%).

Page 30: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - Eliminando as diferencias salariais (15%

menos nos salarios das mulleres con respecto aos dos homes en Europa).

Esto débese á segregación horizontal e vertical do mercado de traballo, aos estereotipos de xénero e ao acceso á educación e á formación, que tamén está sesgada.

Page 31: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - Aumentando o número de mulleres empresarias en

Europa (a porcentaxe está en torno ao 30%). De cote teñen que enfrontar situacións máis

difíciles cos homes para conquerir por en marcha unha empresa.

Chegando a acordos nas empresas para flexibilizar os requisitos laborais, tanto nos homes como nas mulleres.

Aumentando os servizos de asistencia para menores e maiores.

Animando aos homes a implicarse nas responsabilidades familiares.

Page 32: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - Mellorando a presencia das

mulleres na ciencia e tecnoloxía, xa que non chega ao 25% o número de mulleres en postos relevantes de investigación en Europa.

Fomentando o acceso das mulleres a carreiras universitarias científicas e técnicas, para conquerir un mellor equilibrio de xénero.

Page 33: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - Erradicando a violencia de xénero en

Europa Eliminando a trata de seres humáns,

unha forma moderna de escravitude, que afecta especialmente ás mulleres e a nenos e nenas.

Continuando a educar para eliminar os estereotipos sexistas que seguen influindo na educación e na formación, e posteriormente no mercado laboral, na publicidade e nos medios de comunicación.

E promovendo as mesmas políticas nos países candidatos ao ingreso na UE e nas relacións exteriores da Unión.

Page 34: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - ¿Qué fai o goberno europeo e os dos

Estados membros a favor da igualdade?

Loitar contra a desigualdade no mercado laboral:

Proporcionando formación ocupacional específica para as mulleres

Bonificando aos empresarios para que contraten preferentemente a mulleres

Modificando a lexislación para protexer o embarazo e a lactancia

Page 35: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

Apoiando a creación de servizos de proximidade Apoiando específicamente as empresas e

emprendimentos creados por mulleres (subvencións, microcretos, asesoramento, etc.).

Proporcionando formación ás mulleres naquelas especialidades onde están infrarrepresentadas

Page 36: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

Todo elo, por exemplo, a través da Iniciativa Comunitaria EQUAL, que pretende loitar contra as discriminacións existentes no mercado laboral.

EQUAL financia proxectos innovadores que pretendan colaborar para conquerir os cambios precisos no mercado laborar para facilitar o acceso de colectivos con dificultades (mulleres, inmigrantes, persoas de maior idade)

Page 37: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

¿Cómo podemos incorporar medidas pola igualdade no noso traballo?

En primeiro lugar, sendo conscientes da desigualdade existente na nosa sociedade nas posibilidades de participación de mulleres e homes.

Coñecendo, cada un/unha, os datos da situación diferencial de mulleres e homes na nosa área de actuación (emprego, empresa, formación, iniciativas empresariais,

Page 38: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

Avaliando as posibilidade que temos de actuar para tentar mellorar a situación, equilibrándoa:

Incorporando medidas que favorezan a participación das mulleres.

¿Cómo?

Page 39: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

1. Procurando que as canles de información utilizadas sexan as correctas para que a nosa oferta chegue a todos e a todas as posibles interesadas.

2. Utilizando unha lenguaxe que indique claramente que todas as propostas (de mulleres e homes) son benvidas: non utilización de lenguaxe sexista.

Page 40: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

3. Tentando mellorar a participación das mulleres a través da posta en marcha de distintas medidas:

-Avaliando a participación,

-comprobando as razóns polas que non é equilibrada -e incorporando medidas correctivas (medidas de conciliación, de formación, de apoio económico, porcentaxes de participación, etc.)

Page 41: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - Algúns exemplos de medidas correctivas:

-establecendo porcentaxes de participación para mulleres (en cursos de formación, programas, etc.) reservando prazas para elas.

-incorporando medidas de conciliación para que poidan participar nos cursos de formación (acordos con ludotecas, garderías, servizos de proximidade)

-facendo que os horarios dos cursos, reunións, convocatorias, iniciativas lúdicas ou deportivas, sexan axeitados á realidade do día a día das mulleres, para fomentar a súa participación (non demasiado tarde nas tardes, etc.)

.-formando en igualdade de oportunidades, para favorecer a sensibilización sobre esta cuestión, ao persoal da nosa entidade.

Page 42: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER - -incorporando actividades específicas para as mulleres, axeitadas aos

seus intereses e necesidades (desde concellos, fundacións, asociacións, etc.) e fomentando a súa participación no resto da programación.

-atendendo específicamente a que non queden relegadas das oportunidades que ofrece a Sociedade da Información (TICs) debido ás menores posibilidades de acceso.

-fomentando a incorporación de mulleres a postos de responsabilidade (directivas das asociacións, comisións, etc, poñentes para xornadas, conferencias, etc.) e animando ás mulleres á participación.

-proporcionando información e publicidade igualitaria dos nosos servizos e ofertas, que sexan atractivos tamén á participación das mulleres

Page 43: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

- Favorecendo o desenvolvemento das tarefas cotiás desenvolvidas polas mulleres (a través de medidas como espazo para deixar carritos de bebés, espazos para coches con sillas de bebés, información sobre buses ou transporte urbán para chegar ao lugar de desenvolvemento das actividades).

- Colaborando na desaparición de estereotipos que encasillan a mulleres e homes en determinado tipo de tarefas, impedindo o acceso igualitario duns e doutras e presentando imaxes igualitarias e que non caian neses estereotipos.

Page 44: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER -

Dese xeito podemos colaborar no desenvolvemento dunha sociedade máis igualitaria, fomentando a participación feminina na parcela de actividade que nos ocupa.

A tarefa é común, non podemos agardar a que os demáis o fagan por nós!

Page 45: Sesións de sensibilización en igualdade de oportunidades

PROXECTO EQUAL ILDER

Moitas grazas