Setembro 2014 - cofernet.com · Boletín gratuito para os socios de Cofer Setembro 2014 Edita:...

8
Nº 128 Boletín gratuito para os socios de Cofer Setembro 2014 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected] Séguenos @COFERferrol @COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste I Foro Empresa Responsable Cruz Vermella Española celebra en A Coruña este encontro no que tomarán parte especialistas en Responsabilidade Social Empre- sarial de primeiro nivel de impor- tantes empresas españolas. A cita será o 19 de setembro. Páx.5 ―De Castilla, paseo comercial‖ Arranca o programa de dinamiza- ción comercial da Asociación Novo Ferrol, cun mercado de artesanía e segunda man que terá lugar nas rúas do mercado de Recimil e a Praza de España. Páx. 4 Axenda e Lexislación Unha compilación dos eventos e feiras máis interesantes para o empresario programados para este mes nos principais recintos da xeografía nacional. Compila- mos tamén as últimas novidades lexislativas publicadas no pasa- do mes. Páx. 7-8 7º Congreso Internacional de Xoves Empresarios. Expertos de primeiro nivel como José Mª Gay de Liébana, Catalina Hoffman, Josef Ajram e Andy Stalman, en- troutros, participarán nestas se- sión que organiza a Asociación de Xoves Empresarios de Vigo. Páx. 5 Axudas á formación dos traba- lladores. O Ministerio de Emprego dispón 138,9 millón de euros para a última convocatoria de axudas á formación antes da entrada en vigor, en xaneiro de 2015, da nova normativa. O BOE de 27 de agos- to recolle as bases e prazos desta quenda de subvencións. Páx. 2 O financiamento, o grave pro- blema para as Start Up españo- las. Só un 7% dos emprendedo- res arranca os seus proxectos con créditos bancarios, mentres o 77% faino con recursos pro- pios. Éste e outros datos des- préndense do Mapa do Empren- demento en España Páx. 3 S U M A R I O S U M A R I O

Transcript of Setembro 2014 - cofernet.com · Boletín gratuito para os socios de Cofer Setembro 2014 Edita:...

Page 1: Setembro 2014 - cofernet.com · Boletín gratuito para os socios de Cofer Setembro 2014 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer ... Josef Ajram e Andy Stalman, en-troutros, participarán

Nº 128

Boletín gratuito para os socios de Cofer

Setembro 2014

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Séguenos @COFERferrol

@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste

I Foro Empresa Responsable Cruz Vermella Española celebra en A Coruña este encontro no que tomarán parte especialistas en Responsabilidade Social Empre-sarial de primeiro nivel de impor-tantes empresas españolas. A cita será o 19 de setembro.

Páx.5

―De Castilla, paseo comercial‖ Arranca o programa de dinamiza-ción comercial da Asociación Novo Ferrol, cun mercado de artesanía e segunda man que terá lugar nas rúas do mercado de Recimil e a Praza de España. Páx. 4

Axenda e Lexislación Unha compilación dos eventos e feiras máis interesantes para o empresario programados para este mes nos principais recintos da xeografía nacional. Compila-mos tamén as últimas novidades lexislativas publicadas no pasa-do mes. Páx. 7-8

7º Congreso Internacional de Xoves Empresarios. Expertos de primeiro nivel como José Mª Gay de Liébana, Catalina Hoffman, Josef Ajram e Andy Stalman, en-troutros, participarán nestas se-sión que organiza a Asociación de Xoves Empresarios de Vigo.

Páx. 5

Axudas á formación dos traba-lladores. O Ministerio de Emprego dispón 138,9 millón de euros para a última convocatoria de axudas á formación antes da entrada en vigor, en xaneiro de 2015, da nova normativa. O BOE de 27 de agos-to recolle as bases e prazos desta quenda de subvencións. Páx. 2

O financiamento, o grave pro-blema para as Start Up españo-las. Só un 7% dos emprendedo-res arranca os seus proxectos con créditos bancarios, mentres o 77% faino con recursos pro-pios. Éste e outros datos des-préndense do Mapa do Empren-demento en España Páx. 3

S

U

M

A

R

I

O

S

U

M

A

R

I

O

Page 2: Setembro 2014 - cofernet.com · Boletín gratuito para os socios de Cofer Setembro 2014 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer ... Josef Ajram e Andy Stalman, en-troutros, participarán

2

Industria convoca axudas para as asociacións empresariais innovadoras

Setembro 2014

O Ministerio de Industria, Ener-xía e Turismo ven de abrir no mes de agosto a convocatoria de subvencións a Asociacións Empresariais Innovadoras (Clusters) con obxecto de mello-rar a competitividade da Peque-na e Mediana Empresa. A convocatoria estará aberta por un período máximo de dous meses e con ela preténdese promover a excelencia deste tipo de agrupacións empresa-riais concentrando as axudas en proxectos de innovación, fo-mentando a cooperación entre

empresas e facilitando a súa participación en programas de innovación e internacionaliza-ción doutros organismos nacio-nais e europeos. Poderán optar a estas axudas, iniciativas relacionadas coa posta en marcha e desenvolve-mento de estructuras de coor-denación e xestión en Clusters incipientes; estudos de viabilida-de técnica; desenvolvemento de actividades innovadoras, e de actividades de innovación de produto. +info

Última convocatoria de axudas á formación dos traballadores antes da reforma de 2015

Antes da entrada en vigor do novo modelo de formación dos traballadores pactado polo go-berno e os axentes sociais para 2015, o Ministerio de Emprego ven de publicar no Boletín Ofi-cial do Estado (27 de agosto) a última convocatoria de subven-cións públicas para dar cursos aos traballadores segundo o modelo aínda vixente. Nesta convocatoria de transi-ción o Goberno amplia do 30 ao 50% a parte das axudas ás que poden acceder, ademáis das asociacións empresariais e sin-dicatos, os centros de formación debidamente acreditados. Destinaranse a esta convocato-ria un total de 138,9 millóns de euros para formar aos traballa-dores a través de programas estatais. A metade irán destina-dos exclusivamente a organiza-

cións empresariais e sindicais, e o outro 50% abrirase á libre concurrencia á que poderán optar tanto axentes sociais co-mo centros de formación do sector privado.

Cambios no 2015 A partir deste ano, a totalidade da partida adicada á formación dos traballadores quedará aber-ta á competencia. Ademáis será unha comisión formada por cinco funcionarios do SEPE, e coordenada polo subdirector xeral de Políticas Activas a que faga a avaliación das solicitudes de axudas e eleve un informe á Fundación Tripartita para a Formación no Emprego, na que están repre-sentados Goberno, sindicatos e empresarios. A Fundación fará unha proposta de resolución

contra da que caberá formular alegacións. Rematado o prazo de presentación de alegacións, e unha vez revisadas, a Funda-ción formulará unha proposta definitiva que trasladará á Di-rección Xeral do SEPE, á que lle corresponderá a decisión final sobre a adxudicación en firme da subvención. Aos 138,9 millóns de euros aprobados nesta convocatoria de transición, o Goberno su-mará outros 41,3 millóns para formar a menores de trinta anos. Esta partida estará tamén aberta nun 50% á libre concu-rrencia. Por outra banda, o Ministerio de Emprego anunciou tamén a súa intención de crear unha unidade específica de seguimento e control das actividades de for-mación.

AEF organiza curso sobre a norma UNE-EN-1090 en outubro A Asociación de Empresarios Ferrolterra ten previsto desen-volver no mes de outubro unha acción formativa referida á nor-ma UNE-EN-1090 de marcado CE para estructuras de acero e aluminio. O curso terá unha duración de catorce horas, dividido en dous días. Os interesados en tomar parte nesta acción formativa poden contactar coa secretaría da asocíación no correo electrónico i n f o @ e m p r e s a r i o s -ferrolterra.org

Page 3: Setembro 2014 - cofernet.com · Boletín gratuito para os socios de Cofer Setembro 2014 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer ... Josef Ajram e Andy Stalman, en-troutros, participarán

3

Setembro 2014

Ademáis, obsérvase unha maior profesionalización na financiación das start up. Sempre segundo os datos aporta-dos polo informe Spain Start Up, o 80% dos novos empresarios bus-can financiación e un 62% busca socios (estratéxicos, comerciais e tecnolóxicos) cos que chegar a acordos para desenvolver os seus proxectos conxuntamente. Un tercio das iniciativas analizadas responde a empresas orientadas a ofrecer produtos e servizos a ou-tras compañías, como servizos financieiros, marketing e publicida-de, e un 31% a empresas de tec-noloxías da información. O informe inclúe un detallado aná-lise do panorama por autonomías, situándose Galicia no sexto posto do ranking nacional. Madrid, Cata-luña e Andalucía ocupan o primei-ro, segundo e terceiro posto, res-pectivamente.

+info

O 77% dos emprendedores arrancan os seus proxectos empresariais con recursos propios

Home, de entre 35 e 44 anos, do sector tecnolóxico, con for-mación universitaria e que pon os seus proxectos en marcha con financiación propia. Éste é o perfil maioritario do empren-dedor segundo o Mapa do Em-prendemento, un informe elabo-rado polos promotores do Spain Start Up Summit, que terá lugar en Madrid entre o 8 e o 10 de outubro. O informe analiza e compara o panorama das start up españo-las respecto do resto da Europa Mediterránea e Latinoamérica, tomando como base as 3.000 start up, presentadas ao certa-me. Froito desta investigación, conclúese que a motivación que move aos emprendedores a pór en marcha unha iniciativa é porque nun 95% ven nesta saí-da unha oportunidade.

No noso país, o principal segmen-to de idade dos emprendedores sitúase entre os 35 e 44 anos, mentres en Europa e Lationaméri-ca está entre os 25 e os 34 anos. Ademáis, segundo se deduce do mencionado estudo a maioria dos emprendedores españois traballa-ban por conta allea e somentes un 7% estaba desempregado. A gran dificultade coa que se ato-pan os emprendedores no noso país, é segundo este informe, a financiación. O 77% deles poñen en marcha os seus proxectos con financiación propia, mentres un 27% faino co apoio familiar, e un 7% con créditos bancarios.

COMUNIDADE STARTUP EN GALICIA MAPA DO EMPRENDEMENTO

Fonte: Spain Start Up

Page 4: Setembro 2014 - cofernet.com · Boletín gratuito para os socios de Cofer Setembro 2014 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer ... Josef Ajram e Andy Stalman, en-troutros, participarán

4

Setembro 2014

Novo Ferrol arranca o seu programa de dinamización “De Castilla, Paseo Comercial” Cos vendedores do Mercado de Recimil organizarán o 6 de setembro a primeira das actividades: un Mercado de Artesanía e Segunda Man

O vindeiro día 6 de setembro, as rúas adxacentes ao Mercado de Recimil e o paseo peatonal da Praza de España volverán albergar unha nova edición do Mercado de Artesanía e Artigos de Segunda Man, promovido polas dúas asociacións de co-merciantes do barrio, a do Mer-cado de Recimil e Novo Ferrol. Colabora na organización o Concello de Ferrol e a Confede-ración de Empresarios de Fe-rrolterra, Eume e Ortegal (COFER). A inscripción para poder participar está xa aberta. Os interesados en participar poderán inscribirse de luns a venres de 10:00 a 12:30 nas oficinas de COFER (Cantón de Molíns, 8-9, entresuelo). Con esta actividiade a Asocia-ción de Comerciantes Novo Fe-

rrol arranca o seu programa “De Castilla, paseo comercial, pensa-do para dinamizar as áreas co-merciais nas que ten asociados: Praza de España, Recimil, Estei-ro, Estrada de Castela e Ultramar. Tras este mercado de artesanía e segunda man, virá una novidosa iniciativa denominada DIY Show que, baixo o lema “Faino ti mes-mo”. está pensado para servir de escaparate aos novos creadores, abarcando ámbitos como a deco-ración, a artesanía, a moda, o estilismo, a bisutería, o deseño, os complementos, as labores creativas, etc. Nesta primeira edición, prevista para o vindeiro día 13, o escenario onde se des-envolverá o certame será en Faxardo, estando prevista unha segunda edición na praza de Es-

paña para o día 20 de setembro.

O horario do certame nas dúas convocatorias será de 10 da mañá a oito do serán. A inscrición pode facerse tamén en COFER. Dentro da campaña semestral inclúense toda unha batería de actividades que se irán celebrando dende agora e ata o mes de de-cembro. Entre ditas actividades atópase o sorteo de regalos todos os venres entre os clientes dos establecementos asociados a No-vo Ferrol. O sorteo farase de xeito rotatorio e cada semana corres-ponderá aos establecementos co-merciais dunha zona diferente das que conforman a área de influencia de Novo Ferrol: Fajardo, Ultramar, Estrada de Castela, Esteiro e Pra-za de España. Desfiles de moda e feiras mono-gráficas son parte tamén do pro-

grama.

E.C.HO, a asociación de comerciantes, hostaleiros e empresarios de Catabois, incorporouse a COFER Dende o pasado 1 de agosto, a Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de Catabois, E.C.HO, está integra-da na nosa Confederación de Empresarios de Ferrolterra. Dende a súa constitución a enti-dade ven traballando intensa-mente en actividades dirixidas a dinamizar o tecido comercial e empresarial do seu barrio. Exemplo disto é a última festa

da empanada celebrada o pasado día 24 de agosto e que encheu as rúa de catabois de actividade. Instaláronse cinco posto de venda de empanada onde os fornos da zona puideron vender a receita elaborada para esta data, consis-tente en recheo de bacallau e mazá. Distribuíronse máis de 3.000 ra-cións, o que representa un total de 500 kilos de empanada.

Page 5: Setembro 2014 - cofernet.com · Boletín gratuito para os socios de Cofer Setembro 2014 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer ... Josef Ajram e Andy Stalman, en-troutros, participarán

5

Setembro 2014

A Asociación de Xoves Empre-sarios de Vigo está a traballar nos preparativos do que será o 7º Congreso Internacional de Xoves Empresarios, que terá lugar os vindeiros días 25 e 26 de setembro na sede do Centro Social Afundación da cidade olívica. O economista e colaborador de programas de radio e televisión e do xornal La Vanguardia, José Mª Gay de Liébana, tomará parte nestes encontros nos que se pretende, segundo explican os organizadores, “conectar aos emprendedores, creando unha rede de talento que fortalezca os seus proxectos para que avancen máis rápido e cheguen máis lonxe”. Os asistentes poderán coñecer de primeira man a experiencia

profesional de figuras como Cata-lina Hoffman, referente no sector da asistencia á terceira idade, e creadora incluso dun método pro-pio de atención ás persoas de idade avanzada. Numerosos premios avalan a súa traxectoria profesional. Hoffman forma parte do “Top 100 de Mulle-res Líderes” en España.

Josef Ajram, escritor, deportista e trader pronunciará unha charla motivacional, centrada na fixación de obxectivos, xestión do éxito e fracaso e o traballo en equipo. Para asistir, os interesados poden inscribirse contactando coas dife-rentes AJE de Galicia. No caso de Ferrol, no 981 33 33 22, ou no mail [email protected].

Expertos de primeiro nivel participan no Congreso de Xoves Empresarios organizado por AJE Vigo

RSE: I Foro Empresa Responsable Desenvolvemento profesional O vindeiro día 19 de setembro o auditorio do Centro Socio Cultural Afundación (antiga Fun-dación Novacaixagali-cia) acollerá o I Foro Empresa Responsable, organizado pola Cruz Vermella en colabora-ción co Ministerio de Emprego e Seguridade Social e o Fondo Social Europeo. O obxectivo deste en-contro non é outro que dar a coñecer ás PE-MES galegas casos de éxito, ferramentas, prácticas e diferentes

modelos para que os poidan aplicar de xeito fácil e direto, dentro das súas organizacións e fomentar así a respon-sabilidade social empre-sarial. O encontro diríxe-se especialmente a pe-quenas e medianas empresas galegas que queiran mellorar a súa estratexia de RSE e afrontar o futuro con novos retos. No transcurso do enco-ntro, plantexarase un novo modelo de conduta empresarial que sirva de referente. +info

A Confederación de Empresarios de A Coru-ña, convoca por segun-do ano consecutivo o Concurso para o Fo-mento do Desenvolve-mento Profesional, di-rixido a empresarios ou traballadores das em-presas asociadas á CEC, ben directamente ou ben a través dal-gunha das súas asocia-cións territoriais ou sec-toriais integradas como é o caso da Confedera-ción de Empresarios de Ferrolterra. No marco do concurso

elixiranse unha empresa e un empresario que contarán cunha praza becada ao 100% no programa master part-time da súa elección impartido por IFFE Busi-ness School. É imprescindible que quen opte a este acción formativa teña titulación universitaria. O programa impartirase en horario de venres tarde e sábado pola mañá. As bases están dispoñi-bles na páxina web da CEC.

Page 6: Setembro 2014 - cofernet.com · Boletín gratuito para os socios de Cofer Setembro 2014 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer ... Josef Ajram e Andy Stalman, en-troutros, participarán

Lexislación

6

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ORDE do 31 de xullo de 2014 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado Formega, do concello de Ferrol.DOG Nº152 DE 12 DE AGOSTO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases regula-doras das axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo FSE, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (SI429A).DOG Nº151 de 11 de agosto

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA ORDE do 24 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de con-correncia competitiva, de subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de co-mercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvol-vemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convo-catoria para o ano 2014 (código de procedemento IN201H). DOG Nº145 de 1 de agosto

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2014 pola que se publica o plan de estudos de graduado ou graduada en Xestión

de Pequenas e Medianas Empresas. DOG Nº145 de 1 de agosto

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde de 18 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concu-

rrencia non competitiva, de subvencións para fomentar o relevo comercial e se procede á súa convocatoria para o

ano 2014 (DOG Nº 145 de 1 de agosto de 2014).

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, ADMINSITRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.

Resolución de 23 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases que rexirán o

procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das

mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (DOG

Nº 145 de 1 de agosto de 2014).

MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL

Subvenciones

Resolución de 20 de agosto de 2014, del Servicio Público de Empleo Estatal, por la que se aprueba la convocato-ria para la concesión, con cargo al ejercicio presupuestario de 2014, de subvenciones públicas para la ejecución de un programa específico de ámbito estatal de mejora de la empleabilidad, la cualificación y la inserción profesional de jóvenes menores de treinta años, en aplicación de la Orden TAS/718/2008, de 7 de marzo. BOE Nº209 de 29 de agosto

MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA Comercio exterior. Real Decreto 679/2014, de 1 de agosto, por el que se aprueba el Reglamento de control del comercio exterior de material de defensa, de otro material y de productos y tecnologías de doble uso. BOE Nº 207 de 26 de agosto

MINISTERIO DE SANIDAD, SERVICIOS SOCIALES E IGUALDAD Resolución de 21 de julio de 2014, del Instituto de la Juventud, por la que se convoca el Certamen Nacional de Jóvenes Emprendedores para el año 2014. BOE Nº203 de 21 de agosto

MINISTERIO DE INDUSTRIA, ENERGÍA Y TURISMO Resolución de 21 de julio de 2014, del Instituto para la Reestructuración de la Minería del Carbón y Desarrollo Alternativo de las Comarcas Mineras, por la que se convocan las ayudas dirigidas a proyectos empresariales gene-radores de empleo, que promuevan el desarrollo alternativo de las zonas mineras, para el ejercicio 2014. BOE Nº197 de 14 agosto

MINISTERIO DE IDNUSTRIA, ENERGÍA Y TURISMO Resolución de 21 de julio de 2014, del Instituto para la Reestructuración de la Minería del Carbón y Desarrollo Alternativo de las Comarcas Mineras, por la que se convocan las ayudas dirigidas a pequeños proyectos de inver-sión generadores de empleo, que promuevan el desarrollo alternativo de las zonas mineras, para el ejercicio 2014. BOE Nº197 de 14 de agosto MINISTERIO DE INDUSTRIA, ENERGÍA Y TURISMO Orden IET/1492/2014, de 1 de agosto, por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas de apoyo a agrupaciones empresariales innovadoras con objeto de mejorar la competitividad de las pequeñas y medianas empresas.BOE Nº191 de 7 de agosto

Setembro 2014

+info

Page 7: Setembro 2014 - cofernet.com · Boletín gratuito para os socios de Cofer Setembro 2014 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer ... Josef Ajram e Andy Stalman, en-troutros, participarán

Setembro 2014

7

Axenda

RESTO DE ESPAÑA

FIRA DE BARCELONA

GALICIA

BISUTEX. Salón Internacional da bisutería e os complementos 10 ao 14 de setembro INTERGIFT. Salón Internacional do regalo e a decoración 10 ao14 de setembro MADRID JOYA. Salón Internacional de Xoiería e Reloxería Urbanas e de tendencia 10 ao 14 de setembro MERCEDES BENZ– FASHION WEEK MADRID 11 ao 16 de setembro MOMAD METRÓPOLIS. Salón Internacional do téxtil, calzado e complementos 12 ao 14 de setembro UNIBIKE. FEIRA DA BICICLETA 19 ao 21 de setembro. FORO DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO 24 e 25 de setembro

IFEMA. Feria de Madrid

SEATRADEMED 16 ao 18 de setembro SEAFOOD EXPO SOUTHERN EUROPE 22 ao 24 de setembro EXPOHOGAR OTOÑO 26 ao 29 de setembro EQUIPLAST, EXPOQUIMIA, EUROSURFAS 30 setembro ao 3 de outubro

Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada

28º FEIRA DO MOBLE DE GALICIA 20 ao 28 de setembro

Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo Centro Social Afundación—Vigo—R/ Policarpo Sanz 24-26 (Vigo)

7º CONGRESO INTERNACIONAL DE XOVES EMPRESARIOS 25 e 26 de setembro

FERROL

Mercado de Artesanía e Segunda Man de Recimil

6 de setembro. Barrio de Recimil e Praza de España. +info 981 33 33 22

DIY Show

13 de setembro. Fajardo // 20 de setembro. Praza de España. +info 981 33 33 22

Page 8: Setembro 2014 - cofernet.com · Boletín gratuito para os socios de Cofer Setembro 2014 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer ... Josef Ajram e Andy Stalman, en-troutros, participarán

Integran Cofer:

8

Sección de Empresas Independientes

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Síguenos @COFERferrol

@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste

Setembro 2014

Asociación de Campings do Noroeste

Asociación de Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de Instalaciones Eléctricas

Asociación de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales de Ferrol, Eume y Ortegal

Asociación de Empresarios de As Pontes

Asoc. Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas

Asociación de Comerciantes Mercado de Recimil

Asociación de Comerciantes Novo Ferrol

Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra

Asociación Profesional de Ximnasios e Activida-des Físicas de Ferrolterra

Asociación de Profesionales Inmobiliarios del Noroeste

Asociación de Peluqueros y Esteticistas de Ferrolterra

Asoc. Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña

Asoc. de Tecnologías de la Información y la Comunicación de Ferrolterra

Asoc. Veterinarios de Ferrol, Eume y Ortegal

Asociación de Jóvenes Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de As Somozas

Asociación de Empresarios, Comercian-tes y Hosteleros de Catabois

Asoc. de Empresas Siderometalúrgicas de A Coruña-Comarcal de Ferrol

Asociación Prov. Empresarios Marítimos de A Coruña